O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
Transcript of O turismo en A Bacariza. Marta 3ºB
O turismo en Rianxo
O turismo en A Bacariza
Marta Lorenzo García 3ºB
• A Bacariza forma parte da parroquia de Isorna, pertencente ao Concello de Rianxo.
• Limita cos concellos de Dodro e Catoira.
• É de carácter rústico e consta dunhas excelentes paisaxes e vistas.
• A Bacariza está bañada polas augas do Río Ulla, por este río levaron a Santiago o Apóstolo ata Pontecesures, e tamén foi polo que descenderon os pobos Vikingos para invadir aos pobos Celtas. E a parte diso é unha excelente zona para pescar.
• A illa fundamental que hai na Bacariza é a Insua, que está compartida por diversos concellos (Valga, Dodro, Rianxo, Catoira e Pontecesures)
• Na Bacariza hai dous cruceiros. O máis recente foi construído no ano 1907. Son dous grandes monumentos que vale a pena visitar.
• Podemos atopar tres fontes, a máis antiga é a fonte da “Aldea de Baixo”. Cada unha delas ten un lavadoiro.
• A carón da fonte da “Aldea de Baixo” hai un rego ao que se lle denomina como “Rego das Pereiriñas”.
• Tamén poderemos atopar présas de auga.
• Na Bacarizaatópase a primeira rúa do Concello de Rianxo. Esta foi unha antiga cañada real que agora se coñece como rúa Lugar de Bacariza (as dúas imaxes da esquerda). A parte disto tamén hai moitos outros camiños cunha excelente paisaxe e que se conservan moi ben dende tempos antigos.
• En A Bacariza hai tamén hórreos e pombais. Estes , aproximadamente, foron construídos no ano 1800, son construcións feitas en pedra de moito valor cultural.
• Hai muíños de auga de moita antigüidade e elaborados en pedra.
• (A segunda fotografía son as ruínas dun muíño moi antigo)
• A vexetación máis típica que podemos atopar na Bacariza é de, a parte de zonas de cultivo, carballos, eucaliptos, pinos, castiñeiras e árbores de froito.
• Os animais que podemos atopar son:Acuáticos: patos, gaivotas, garzas, cangrexos, londras, corvos mariños, robalizas, anguías, sollas e lampreas.Terrestres: raposos, lobos, lebres, xabarís, coellos, vacas, cabalos e esquíos.
• Pola Bacarizapasan a Autovía do Barbanza e a estrada AG11, ademais de outras moitas estradas e camiños; por isto poderiamos dicir que A Bacariza é un lugar bastante accesible para o turismo.
• Na Bacariza, os comercios que hai son o bar Xeixiñal, e unha industria de madeira chamada HermanosCima.
• Hai unha escola unitaria pertencente ao CRA de Rianxo, fundada no ano 1960 aproximadamente. A ela asisten todos os rapaces de tres a sete anos.