O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

42

description

Análise da expansión e tendencias das redes sociais galegas e descrición das novas ferramentas sociais da Rede. Autoría: María Yáñez e Berto Yáñez

Transcript of O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Page 1: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza
Page 2: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza
Page 3: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Introdución 5

Obxectivo do informe 5

Contextualización 7

O uso de Internet polas redes sociais 11

Blogs 13

Blogaliza 15

Uso das ferramentas e servizos de blogueo 15

Blogs políticos 18

Blogs comerciais 19

Novas tendencias de blogueo: O microblogueo 19

Os fotologs 21

A foto é o de menos: Fotolog.com 21

A foto é o importante: Flickr.com 23

Outros servizos 24

MySpace e derivados 25

Os músicos e MySpace 26

Facebook 27

Redes sociais de novas 29

Chuza! 30

A Galipedia 33

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 3

Page 4: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

A influencia de Internet e as novas ferramentas sociais nos medios de comunicación 36

La Voz de Galicia 37

Faro de Vigo / La Opinión Coruña 39

El Correo Gallego 40

Vieiros 40

Xornal.com 41

Licenza de uso deste documento 42

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 4

Page 5: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Introdución

Unha rede social é unha das formas de representación das relacións comuni-

cativas dos seres humanos entre si ou entre os seus agrupamentos de inte-

reses mutuos.

O termo rede social non leva implícita a tecnoloxía: relacionarse entre os seus

membros, comunicarse e formar grupos de intereses comúns é algo que leva fa-

cendo a Humanidade dende que se lle puido chamar así, pero foi coa chegada de

Internet cando o termo se dimensionou ata acadar unha notoriedade a nivel mun-

dial.

Obxectivo do informe

O seguinte informe trata sobre o uso de Internet e as novas ferramentas sociais por parte

da rede social en Galiza, e nel tentaremos facer unha exposición clara e simple da

penetración da rede social, o seu uso e as ferramentas que existen para que os

galegos se comuniquen socialmente en Internet. Os obxectivos son os seguintes:

• Determinar os inicios e trazar unha breve historia do uso de Internet por par-

te da rede social en Galiza.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 5

Page 6: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

• Examinar os servizos sociais e analizar como Internet potenciou a súa ex-

pansión.

• Analizar a adaptación dos medios de comunicacións tradicionais a Internet e

ás novas ferramentas sociais.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 6

Page 7: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Contextualización

Datos clave:

• O 40% dos fogares españois, 6,4 millóns, dispón xa de conexión a

Internet e máis de 21 millóns de cidadáns de máis de 10 de anos

accederon á Rede. O 68% declárase internauta intensivo e Inter-

net consolídase como o servizo utilizado no fogar con mellor rela-

ción prezo-utilidade.1

• En Galiza a porcentaxe de uso de computadores nos últimos tres

meses é do 46,6% da poboación. En canto a usuarios frecuentes

da Internet a porcentaxe é do 34,4%.2

• O uso medio de Internet achégase ao uso de televisión por parte

da xuventude europea. 3

Podemos marcar como comezo da popularización da rede social o ano 1995,

cando Randy Conrads crea Classmates.com4, un sitio web onde os usuarios po-

dían rexistrarse e engadir os colexios onde estudaron e os anos que estiveron ne-

les, de xeito que o sistema automaticamente mostraba os compañeiros de clase

que estaban rexistrados e permitía poñerse en contacto con eles.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 7

1 http://observatorio.red.es/estudios/documentos/xv_oleada.pdf2 http://www.ine.es/jaxi/menu.do?type=pcaxis&path=/t25/p450&file=inebase&N=&L=3 http://www.eiaa.net/news/eiaa-articles-details.asp?lang=1&id=1544 http://www.classmates.com

Page 8: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

A pesar desta boa idea a explosión da rede social en Internet non chegou ata o

ano 2003 coa irrupción dos blogs como ferramenta sinxela de publicación de con-

tido e de debate en rede, e da Wikipedia5 como punto de reunión para crear con-

tido de forma colaborativa.

Foi no ano 2005 cando a rede social acadou a súa fama coa popularización de

servizos similares como Friendster6 e MySpace7, os chamados sistemas de perfís

onde os usuarios rexistrados tiñan un perfil público no que podían crear contido

de maneira limitada, e outros usuarios comentaban e se engadían como “amigos”.

A palabra do ano para a prestixiosa revista Time no ano 2006 foi “Ti”8, en referen-

cia ao usuario de Internet que creaba contido, usaba ferramentas de comunica-

ción, se relacionaba socialmente e facía evolucionar e mudar día a día a Rede.

A pesar da limitada implantación de Internet en Galiza historicamente -tendencia

que por sorte está cambiando9- podemos afirmar que nunca nos quedamos atrás

no tocante á rede social. Tanto no uso de ferramentas como en dispoñibilidade de

ferramentas autóctonas.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 8

5 http://www.wikipedia.com6 http://www.friendster.com7 http://www.myspace.com8 http://www.time.com/time/magazine/article/0,9171,1569514,00.html 9 Así o expresa o informe do INE de outubro de 2007:

http://www.sociedadedainformacion.eu/actualidade/nova.php?id=702&lg=gal

Page 9: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

De feito, os inicios da Internet galega están marcados por unha peculiaridade im-

portante: o noso carácter de pobo emigrante e a cantidade de galegos que aínda

viven fóra, moitos deles en sitios onde hai 10 anos xa se usaba con normalidade

Internet mentres aquí era aínda algo exótico. Os galegos espallados no exterior

teñen a primeira e máis básica necesidade de estabelecer unha rede social con

outros galegos a milleiros de quilómetros de distancia. Isto sábeo moi ben Lois

Rodríguez, editor de Vieiros, portal que naceu en 1996 pensado para unir xente

que vivía en moitas partes do mundo a través da lingua galega: “Daquela vímolo

claro e empezamos a ver as posibilidades de Internet: parecía feita para os gale-

gos!”. Outro exemplo pode estar noutra rede pioneira en Galiza como é Fillos.org.

Durante anos o propio Vieiros foi lugar de referencia e participación desta rede de

galegos, a través dos foros e dos primeiros chats públicos de ámbito galego. Aín-

da que pouco a pouco se incorporaron máis, apostando pola especialización (Có-

digo Cero e as novas tecnoloxías) ou polo ámbito local (Lugonet, A Estrada Dixi-

tal...)

O gran cambio produciríase a partir do 2003, ano no que ocorreron varios feitos

que marcaron o inicio das redes sociais en Internet tal como as coñecemos.

• A cobertura da ADSL aumentou e os prezos popularizáronse, polo que o

usuario medio de Internet podía pasar cada vez máis tempo contectado.

• A aparición de blogs galegos incrementouse exponencialmente.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 9

Page 10: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

• En marzo apareceu a Galipedia10 (versión en galego da Wikipedia)

• A finais de ano apareceu Arredemo11, o primeiro caso importante de uso áxil

de Internet por parte dunha rede social, e un intento de canalizar toda a de-

manda de comunicación socio-cultural horizontal xurdida co Prestige.

Estes factores -entre outros máis minoritarios- deron lugar ao que se lle pode

chamar primeira explosión da rede social en Galiza. Os seguintes apartados des-

cribirán os puntos de confluencia de internautas galegos activos ou non.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 10

10 http://gl.wikipedia.org/ 11 http://www.arredemo.info

Page 11: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

O uso de Internet polas redes sociais

Datos clave:

• Segundo a Asociación de Publicidade Interactiva europea o 42%

dos usuarios de Internet visitan regularmente redes sociais como

Myspace, Facebook, Bebo, blogs, etc... O ano pasado este dato

era do 23%.12

• Como dato curioso este ano 2007 o consumo de redes sociais en

Internet superou ao contido para adultos.13

Antes da popularización de Internet as redes sociais non tiñan a posibilidade de

funcionar a nivel global dunha forma eficiente, xa que para isto era preciso que os

individuos que forman a rede tivesen medios para contactar entre si de forma

constante.

Coa aparición de Internet a capacidade natural humana para comunicarse viuse

potenciada de tal forma que como consecuencia apareceron e evoluíron novas

formas de organización social en rede: persoas de diferentes partes do mundo,

diferente idade e diferente grupo social que compartían intereses (ou mesmo sen

eses intereses comúns, tan só gañas de comunicarse) podían formar parte dun

grupo ao mesmo nivel. Factores coma este lévannos a falar dunha certa democra-

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 11

12 http://www.guardian.co.uk/technology/2007/nov/12/Internet 13 http://www.economist.com/displayStory.cfm?story_id=9040354

Page 12: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

tización ou horizontalidade da comunicación por Internet, que non era posíbel cos

medios dos que dispoñíamos antes.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 12

Page 13: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Blogs

Datos clave:

• Hai máis de 70 millóns de blogs en todo o mundo e cada segundo

se crean 1,4 blogs. Créanse unha media de 17 entradas ou posts

por segundo. 14

• En Galiza hai dúas redes principais de blogs: A Blogoteca con

máis de 1000 blogs e unha media de 65 blogs novos ao mes.15 En

Blogaliza créanse máis 70 blogs ao mes de media.

• Actualmente o Blogomillo (blogs en galego) coñecido conta con

4512 blogs.16

Podemos datar a finais do 2003 e comezos do 2004 a primeira visibilización do

fenómeno blog en Galiza, coa aparición dos primeiros blogs de referencia: Todo

Nada, As túas balas, Cabrafanada, Capítulo 0... é tamén cando os medios tradi-

cionais galegos empezan a falar de blogs, dándoos a coñecer ao gran público. A

rede Blogaliza, que foi a primeira en crear un directorio de blogs en galego, tiña en

xaneiro de 2003 rexistrados 11 blogs. En xaneiro de 2004 eran 2717.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 13

14 Technorati15 http://abertal.com/ga/web/notic.php?ide=2816 http://blogaliza.org/index.php?val=lblogomillo17 Fonte: Pedro Silva, administrador de Blogaliza

Page 14: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

No 2004 este número multiplícase por 10: en xaneiro de 2005 estaban identifica-

dos 300 blogs en galego. O número de lectores de blogs tamén aumenta expo-

nencialmente, toda vez que o fenómeno esperta cada vez máis a curiosidade dos

medios de comunicación. En abril de 2006, data na que se realiza o primeiro con-

greso galego sobre blogs (EnBlogsʼ0618), organizado polo Consello da Cultura Ga-

lega, as cifras son moito maiores e publícanse os primeiros informes sobre o esta-

do da bloguesfera galega. Xusto no momento en que a Rede se está a facer moito

máis ampla, heteroxénea, complexa e inabarcábel. O nacente fenómeno dos blogs

nese ano por fin madurou.

Esa fase de madurez supón unha estabilización e asentamento, paralela á que se

vive no ámbito global. Os medios tradicionais comezan a incorporar blogs nas

súas edicións dixitais, nacen os primeiros blogs comerciais, e algúns políticos co-

mezan a utilizalos de maneira regular. Na campaña electoral farano de maneira

masiva, sen que esta actividade teña continuidade pasadas as eleccións.

Ao tempo, os bloggers máis avezados (ou early-adopters) tamén demandan outro

tipo de ferramentas coas que completaren a súa actividade blogueira. E é aí cando

as redes sociais despregan toda a súa capacidade de satisfacer as demandas dos

usuarios. Dende compartir fotografías ata recomendar música, dar avisos instan-

táneos, ou publicar e valorar noticias. A persoa rexistrada en Blogger19 (ou similar)

ten que comezar a rexistrarse en moitos máis sitios se quere ser alguén en Internet

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 14

18 http://www.consellodacultura.org/enblogs/19 http://www.blogger.com

Page 15: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

e aproveitar ou compartir os servizos que lle dá a Rede, se quere desenvolver toda

a súa personalidade dixital. Nace a web 2.0. Tamén para os galegos.

Blogaliza

En xaneiro do ano 2003 aparece Blogaliza20, un punto de encontro na Rede para

blogueiros galegos. Ao principio é unha simple páxina cun directorio de blogs, un-

ha lista de correo e un canal de IRC onde usuarios e autores de blogs podían co-

municarse en tempo real.

Pouco tempo despois a páxina foi tomando máis protagonismo dentro dos blogs

e implementou novas e a automatización do rexistro dun blog no directorio, pero

non foi ata o ano 2006 cando multiplicou a súa popularidade ao ofrecer un servizo

de aloxamento de blogs.

Uso das ferramentas e servizos de blogueo

Os primeiros blogs que apareceron en Galiza usaban os limitados servizos gratui-

tos de publicación de blogs que estaban dispoñíbeis naquela época: un primitivo

Blogger, Livejournal21 e Blogia22 eran os máis populares e, con moito, a que máis

se usou aquí era Blogger, bastante diferente ao que é agora: os posts non tiñan

título, non estaban dispoñíbeis os comentarios e era bastante complicado sen co-

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 15

20 http://www.blogaliza.org 21 http://www.livejournal.com22 http://www.blogia.com

Page 16: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

ñecer HTML crear unha lista de blogs amigos, polo que tiña bastantes carencias

como rede social. Aínda así, pouco a pouco, comezaron a aparecer servizos que

complementaban o servizo de blogs e que foron os que axilizaron a creación da

comunidade máis grande de blogs do mundo, e a que máis blogs en galego xun-

tou ata a aparición de Blogaliza anos máis tarde.

Como alternativa naquela época ao uso dun servizo de publicación estaba o uso

dunha ferramenta de publicación de blogs ou CMS23 (Content Management Sys-

tem), pero estaba restrinxida a 2 factores importantes: para poñela a funcionar era

preciso ter un perfil tecnolóxico e coñecer algunha linguaxe de programación co-

mo Perl, PHP, HTML e por outra banda ter a disposición de facer unha pequeno

investimento no blog (gastos de dominio/hosting) ou dispor dalgún servizo gratuito

de hosting que daquela non eran moi frecuentes.

Os CMS máis famosos da época onde se xestaron a maioría dos blogs en galego

eran MovableType24 e B225, ambos os dous programas estables e sólidos que aín-

da están vixentes hoxe en día. De feito o CMS orientado a blogs máis famoso ho-

xe en día é Wordpress26 que naceu como derivado do B2.

Xa no ano 2004 e 2005 foron aparecendo máis servizos e diversificándose os

blogs e as plataformas, aínda que mantiña a supremacía con diferenza Blogger

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 16

23 http://en.wikipedia.org/wiki/Content_management_system 24 http://www.movabletype.org/25 http://cafelog.com/ 26 http://www.wordpress.org

Page 17: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

nos servizos de publicación, e eses dous anos foron os da popularización de

Wordpress como ferramenta de publicación.

Foi no marco do citado congreso EnBlogs cando apareceron a mesma semana

dúas apostas galegas relacionadas cos blogs: por unha banda Pedro Silva, xestor

de Blogaliza, decidiu ofrecer aloxamento de blogs nese dominio, e lanzouse a Blo-

goteca27: un sistema propio de xestión de blogs.

O crecemento do número de blogs en Galiza segue sendo a tónica xeral na rede social este ano

2007, notándose un aumento da actividade a nivel de actualización os últimos meses.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 17

27 http://www.blogoteca.com/

0

100

200

300

400

Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xull Ago Set Out

Uso de blogaliza.org

Novos blogs rexistradosBlogs actualizados

Page 18: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Blogaliza decidiu basearse no Wordpress multi-usuario, un sistema de código libre

e de rexistro aberto, mentres que a Blogoteca ofrece un xestor de contidos pe-

chado de creación propia. As dúas plataformas foron evolucionando ao longo do

tempo e implementando novas funcións como os sistemas anti-spam necesarios

para o rexistro aberto de Blogaliza ou tamén o soporte para a publicación de ima-

xes por parte da Blogoteca.

Actualmente Blogaliza ten máis de 400 blogs activos (que publicaron un novo post

no último mes) o que a fai unha das plataformas máis populares de blogs galegos,

preto de superar en presenza ao propio Blogger.

Blogs políticos

Aínda que nas eleccións autonómicas do ano 2005 xa algúns dos candidatos tiñan

como complemento na súa campaña os blogs, foi nas municipais do ano 2007

cando os partidos políticos decidiron apostar fortemente polo uso dos blogs coma

ferramenta de comunicación áxil e inmediata co electorado.

A irrupción de campaña na blogosfera foi tomada sempre con escepticismo por

parte de usuarios habituais, e non adoitan durar moito máis da campaña para a

que foron feitos. Esta é a razón pola que, aínda que son moi visitados pola promo-

ción que teñen, non acostuman a afianzar moita comunidade nen debate.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 18

Page 19: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Blogs comerciais

Coa aparición fai tres anos de Xataca28, inaugurouse no Estado o primeiro blog

comercial ou profesional. Esta tendencia xestiona os blogs como micromedios nos

que publican varios editores que reparten entre eles os ingresos xerados pola pu-

blicidade.

No ano 2007 apareceu a primeira rede comercial de blogueiros galegos: Bloguei-

ros29, formada actualmente por 4 editores e que conta cun só blog, Trebellos30, de

temática tecnolóxica. De momento, a comunidade que rodea o blog é algo limita-

da pero está nun proceso de crecemento dende que naceu.

En breve Blogueiros vai sacar un segundo blog sobre economía, finanzas e afo-

rros.

Novas tendencias de blogueo: O microblogueo

Coa aparición nos últimos tempos de ferramentas como Twitter31 e Jaiku32 apare-

ceu un novo concepto que está collendo moito pulo: o microblogueo. Trátase de

pequenos espazos onde usuarios rexistrados no servizo publican pequenas entra-

das dun máximo de 150 caracteres. O uso que se lle dá a estes sistemas é a sim-

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 19

28 http://xataka.com/29 http://blogueiros.org/30 http://trebellos.org/31 http://www.twitter.com32 http://www.jaiku.com/

Page 20: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

ple conversa, o seguimento de eventos ou viaxes ou o uso como reflexo de esta-

dos de usuario.

O microblogueo veu da man da proliferación de dispositivos móbiles xa que é un

tamaño de contido moi cómodo tanto para recibir como para emitir dende un mó-

bil, PDA ou dispositivo similar.

Unha implementación autóctona do microblogueo son os chíos33 de Chuza!, un

sistema de actualización de estado de usuarios integrado dentro da rede social

que está acadando un certo éxito. En breve será implementada a posibilidade de

actualizar o estado de usuario dende o teléfono móbil.

Un exemplo pintoresco de microblogueo é un grupo de usuarios galegos de Twi-

tter que baixo o lema “Lemos Galego34” publican con regularidade nos seus perfís

de Twitter comentarios de 150 caracteres sobre libros galegos que len. Aínda que

actualmente este grupo de usuarios non é moi activo é un exemplo moi bo para

visualizar as sinerxias ás que pode dar lugar un sistema tan sinxelo como Twitter

ou derivados.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 20

33 http://chuza.org/chios/34 http://lemosgalego.blogaliza.org/

Page 21: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Os fotologs

Datos clave:

• Fotolog.com ten máis de 12 millóns de usuarios rexistrados e máis

de 300 millóns de fotos, dato que cada día aumenta en máis de

200 mil.

• Flickr ten 8 millóns de usuarios rexistrados e almacena unha can-

tidade de fotos que se achega aos 1000 millóns.35

• O 7% das contas de fotolog.com están feitas no Estado Español.

• Hai máis de 75.000 fotos en flickr.com co tag Galiza ou Galiza.36

• A Fotoblogoteca conta con máis de 10.000 fotos.37

A foto é o de menos: Fotolog.com

Aínda que existen varias ferramentas parecidas, ningunha acada as cifras nin a

dimensión social de Fotolog.com38. Algo tan sinxelo como publicar unha foto cun

texto debaixo, xunto coa posibilidade de enlazar os fotologs amigos e que estes

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 21

35 http://www.lavozdeGaliza.es/tecnologia/2007/09/24/00031190619802458874.htm36 http://www.flickr.com/search/?q=Galiza+OR+galiza&m=tags&ss=2&ct=6 37 http://abertal.com/ga/web/notic.php?idc=1 38 http://www.fotolog.com/

Page 22: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

che deixen comentarios, é máis que suficiente para un usuario que non é dema-

siado experto nin activo en Internet, se cadra non ten moita experiencia na Rede,

pero si dispón de conexión na casa e cámara dixital. A introdución destes dous

elementos tecnolóxicos na vida dos rapaces galegos parece ir ligada necesaria-

mente a un fotolog, nun proceso de contaxio a través dos compañeiros de institu-

to ou de pandilla inédito ata agora, e grazas ao cal podemos estar falando, a finais

do 2007, de varios milleiros de fotologs en Galiza.

O cómputo é difícil de facer porque Fotolog.com non achega as cifras globais de

usuarios galegos, cómpre ir buscando por cada localidade. E hai case 700 locali-

dades galegas con usuarios de Fotolog.com rexistrados! Dende parroquias con

poucos habitantes a grandes urbes como Vigo, onde se profundizamos un pouco

podemos comprobar que se actualizan nun día uns 1.500 fotologs. Cifras estas

que superan con moito a implantación dos blogs en Galiza. Se falamos de foto-

logs escritos en galego, a proporción é pequena ao falarmos de xente nova e moi-

ta dela urbana. Pero non debemos obviar o dato das 700 localidades con usuarios

de Fotolog.com, cando aquí só temos 7 cidades. A implantación da banda larga

no rural galego, tanto nas casas como nos institutos e cibercafés, fai que a maioría

dos adolescentes de hoxe teñan acceso á Rede e que fagan un uso activo das

súas posibilidades de comunicación coa mesma naturalidade coa que usan o telé-

fono móbil. SMS, messenger e fotolog: velaí os tres medios principais de comuni-

cación entre os adolescentes galegos. Vivan no medio rural ou no urbano. Cada

vez se despexan máis as diferenzas.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 22

Page 23: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

A foto é o importante: Flickr.com39

Aparte dos usuarios que toman o fotoblog como un vehículo de comunicación e

relación con outros usuarios, simplemente tamén están os afeccionados/profesio-

nais da fotografía que ven os sistemas de publicación de fotos como algo máis

avanzado e onde prima a foto por riba do texto, do debate e da relación con ou-

tros usuarios sen querer deixala de lado.

O exemplo máis claro disto é Flickr: unha rede de intercambio de fotografías onde

usuarios rexistrados de todo o mundo publican as súas fotos a grande calidade e

se relacionan con outros usuarios que publican fotos similares en estilo, ubicación

xeográfica, etc...

En Flickr hai unha grande comunidade galega tanto a nivel cualitativo como cuan-

titativo, tan só hai que ver o tag galiza40 para ver a variedade e o nivel de calidade

de fotos tanto realizada por fotógrafos galegos como por visitantes.

Outro dos aspectos reseñábeis de Flickr que pasa desapercibido en Fotologs.com

é a importancia que lle dá á licenza das fotos, potenciando a distribución destas

baixo unha licenza libre como Creative Commons41, o que fai o servizo un banco

de fotos con licenzas abertas incribelmente grande. Este foi un factor que lle deu

moito pulo ao servizo dende o principio.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 23

39 http://www.flickr.com/40 http://www.flickr.com/photos/tags/galiza/interesting/ ou

http://www.flickr.com/photos/tags/Galiza/interesting/41 http://creativecommons.org/

Page 24: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Como ferramenta máis avanzada que Fotolog.com, dentro Flickr son moi impor-

tantes os Pools ou grupos onde diversos usuarios gardan as súas fotos baixo un-

ha temática única. Un exemplo claro para ilustrar isto foi o grupo Arde Galiza42

que acadou unha certa relevancia o pasado ano durante os incendios de verán

onde os usuarios publicaban fotos relacioadas cos lamentábeis lumes ocorridos

ese ano.

Outros servizos

Picasa e Fotoblogoteca son servizos alternativos de publicación de imaxes con

certo uso na comunidade galega. O primeiro é propiedade de Google e está com-

pletamente integrado na súa rede de servizos, o que o fai moi accesíbel para to-

dos os usuarios que usan algún servizo de Google.

A Fotoblogoteca é un servizo lanzado por Abertal43 como complemento á Blogote-

ca e trátase máis dunha extensión ou funcionalidade a maiores da súa ferramenta

de publicación de blogs para facer sinxelo aos usuarios a tarefa de publicación de

fotografías e está bastante diluída entre os blogs tradicionais.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 24

42 http://www.flickr.com/groups/arde_galiza/43 http://www.abertal.com/

Page 25: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

MySpace e derivados

Datos clave:

• Myspace supera o medio millón de usuarios rexistrados no Esta-

do.

• É un servizo usado masivamente por músicos para promocionar

os seus grupos. En Galiza a maioría dos grupos teñen a súa conta

en myspace.

• Facebook é a rede social de perfís que máis está crecendo. No Es-

tado ten 180.000 usuarios rexistrados o que representa o 0,39 %

da poboación. En países como Canadá é usado por máis do 22%

da poboación.

Malia o arrase dos fotologs, se falamos de adolescentes e Internet, a nivel global,

o primeiro que nos vén á cabeza é a rede social MySpace44. En Galiza tamén está

presente e tampouco é doada de computar a estas alturas. Só navegando a fondo

por unha mostra aleatoria de MySpaces (uns 200) podemos sinalar algunhas ob-

servacións sobre os perfís dos usuarios galegos.

Esta é, ademáis, unha das vantaxes e características do MySpace respecto a ou-

tros espazos máis anónimos como Fotolog: do que se trata aquí é precisamente

de crear perfís, de publicar a información que queremos para darnos a coñecer.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 25

44 http://www.myspace.com

Page 26: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Por iso podemos estabelecer unha primeira diferenza entre o uso de Fotolog e

MySpace: no primeiro a comunicación é máis privada, máis “entre colegas”, non

se trata de darnos a coñecer ao mundo senón de relacionarnos cos que xa nos

coñecen. A imaxe pública que mostramos é máis íntima, e por iso mesmo máis

inaccesíbel para os que non son coñecidos de antes. Facer amigos novos é algo

secundario, pero acaba ocorrendo, máis a través de amigos comúns ca de intere-

ses comúns.

En MySpace o obxectivo é coñecer e que te coñezan. Para iso tes un lugar fixo

onde colocar os teus datos básicos: nome ou alcume, foto, lugar de residencia,

idade... pero tamén signo do zodiaco, música favorita, películas favoritas,...

deixando moitas veces claro que tipo de amigos se buscan ou que se busca ne-

ses posíbeis amigos. O perfil pódese ir actualizando, mesmo a xeito de blog, pero

non fai falla para ser activo no myspace, abonda con comentar e ser comentado,

con ter ansia de coñecer outros perfís, deixar que outros te coñezan e ter a posibi-

lidade de ir pertencendo a diferentes redes ou comunidades ao mesmo tempo. A

socialización dos galegos do século XXI excede con moito o ámbito familiar, esco-

lar, laboral ou local grazas a estas ferramentas. E o seu éxito só se entende dende

as novas necesidades de comunicación que nos pide ao vivirmos nunha socieda-

de global.

Os músicos e MySpace

Pequenos e grandes grupos, novas promesas e clásicos, atoparon en MySpace

un entorno perfecto de comunicación; en Galiza non é menos. Podería decirse

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 26

Page 27: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

que o MySpace é o punto de referencia de reunión de músicos galegos en Internet

sobre todo en canto á visibilidade: esta rede social conseguiu cohesionar de certa

forma unha nova produción musical galega permitindo que músicos accederan ao

que estaban facendo outros músicos, un grande problema que as redes sociais

solucionaron en moitos outros aspectos da produción cultural.

Dende os primeiros anos Myspace ten dispoñíbeis ferramentas orientadas cara a

promoción de música: dende un reproductor de MP3 nos perfís para promocionar

os cortes, coma un sistema para promocionar eventos musicais ou ata a posibili-

dade de inclusión de vídeo. Esto foi creando, pouco a pouco, un circuito musical

paralelo dentro das marxes da rede social en Internet, nalgún dos casos permeá-

bel co circuito musical máis tradicional.

Facebook

Dende hai un ano unha nova rede de perfís está dando moito que falar, trátase de

Facebook45, un sistema moito máis limpo e ordeado que MySpace, que na súa

creación estaba orientado sobre todo a estudantes como ferramenta para poder

facer seguimento entre compañeiros de facultade. De feito, un renomeado artigo

de fai uns meses formulaba o feito de que os usuarios de MySpace e Facebook

proviñan de diferentes clases sociais ou niveles educacionais.

Esta división non se nota tanto en Galiza, onde a comunidade de Facebook non

supera os 1000 usuarios, pero é curiosa a entrada deste servizo en Galiza: a tra-

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 27

45 http://www.facebook.com

Page 28: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

vés de xente emigrada ou estudantes en países onde está máis popularizada esta

rede. A modo de exemplo: buscando a palabra “Galiza” atopamos ducias de gru-

pos de usuarios creados para buscar persoas dun mesmo apelido espalladas polo

mundo, con maior ou menor éxito. Volvemos ás raíces da Internet galega: as fe-

rramentas son moito máis avanzadas que hai dez anos e o número de usuarios in-

finitamente maior, pero as necesidades de comunicarse son practicamente as

mesmas.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 28

Page 29: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Redes sociais de novas

Na Wikipedia defínense as novas ou ligazóns sociais coma “servizos baseados na

web onde se mostran e son compartidas listaxes de ligazóns de Internet creadas

polos usuarios”. Foi pioneiro nesta idea, fai máis de 4 anos, Digg46, un servizo en

liña que xunta “ligazóns sociais, blogueo e sindicación”, dun xeito non xerárquico

e cun control editorial democrático”.

Segundo esta definición os sistemas de novas sociais pouco se diferenciarian dun

foro ou un blog máis ou menos desenvolvido. A diferenza fundamental das novas

sociais a respecto doutras plataformas de publicación de novas, son os que pode-

riamos traducir coma “filtros de colaboración”: algoritmos sociais que analizan

globalmente as preferencias dos usuarios, reflexadas en forma de votos positivos

ou negativos, para decidir que novas son o suficientemente importantes para se-

ren destacadas.

En certo xeito, as novas sociais son o resultado dunha evolución natural da propia

información na Rede. No momento en que a tecnoloxía dispoñíbel está o suficien-

temente avanzada como para permitir, por velocidade, accesibilidade e facilidade

de uso, que calquera usuario, cuns coñecementos básicos, poida participar na

creación, elaboración e control das informacións ás que accede habitualmente e

nas que, porén, está máis interesado, isto faise realidade.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 29

46 http://digg.com

Page 30: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Chuza!

Datos clave:

• Digg, a rede social de novas máis usada a nivel mundial, acadou

en marzo deste ano o millón de usuarios. Menéame, a máis usada

a nivel estatal, supera os 60.000 usuarios. Chuza é a rede social

máis usada en Galiza e superou os 2.000 usuarios en outubro des-

te ano.

• Chuza leva indexadas, valoradas e comentadas máis de 25.000

novas nun 1 ano e medio.

A rede social de novas galega por excelencia naceu en febreiro do 2006, pouco

despois da aparición de Digg a nivel mundial, e unha vez que apareceu a versión a

escala estatal: Menéame!47 Unha das achegas que fixo Menéame á versión ingle-

sa foi unha versión mellorada do código, que ademais se liberou. Dese xeito puido

nacer Chuza!48, a versión galega, antes que moitas versións en portugués, eus-

quera ou catalán. E unha das redes máis consolidadas e con maior tráfico de no-

vas e usuarios.

O éxito de Chuza explícase, en boa parte, pola súa oportunidade: nace no mo-

mento que explicamos anteriormente como de consolidación e estabilización da

bloguesfera galega. O número de blogs de contido creado polos usuarios multipli-

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 30

47 http://meneame.net48 http://chuza.org

Page 31: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

couse e diluíuse a relevancia dos máis influíntes, sen que houbera un centro ou re-

ferente claro ao que acudir. Se a este feito, lle engadimos que boa parte dos

blogs, máis que crear contido propio, enlazaban e comentaban contido alleo (dou-

tras bitácoras ou dos medios tradicionais), a aparición de Chuza podía cubrir estes

aspectos de maneira complementaría ao blogomillo. De feito, non é casual que os

primeiros usuarios rexistrados en Chuza fosen blogueiros. Se a función principal

dun blog é compartir información, este novo sistema permitía facelo a unha escala

moito maior: calquera persoa podía participar, no grao que quixese, en configurar

un directorio de novas interesante para a comunidade internauta galega. Envián-

doas, votándoas, comentándoas. Sen a participación tan activa que implicaba

manter un blog. Así, a día de hoxe, con pouco máis de 20 meses de vida, Chuza

superou os dous mil usuarios e as 10.000 visitas diarias. Cada día pasan á portada

unhas 30 noticias, as máis votadas polos usuarios, que configuran unha caste de

revista de prensa popular na que teñen cabida dende os principais titulares dos

medios tradicionais ata as noticias máis especializadas de corte tecnolóxico, de

denuncia social, os artigos de opinión -en prensa ou en blogs- máis aplaudidos

polos lectores... pasando tamén polos contidos máis anecdóticos, humorísticos.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 31

Page 32: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

O número de novas enviadas a chuza experimentou un crecemento constante dende a aparición

do servizo. O número de usuarios novos mensuais mantense durante o 2007, superando os 120

novos rexistrados por mes. No mes de outubro de 2007 chuza superou os 2.000 usuarios rexis-

trados converténdose desa forma na comunidade en liña galega con máis alto nivel crecemento.

usuarios novos novas enviadas

0

200

400

600

800

1000

1200

1400

1600

1800

2000

Xan Feb Mar Abr Mai Xuñ Xull Ago Sep Oct

Uso de chuza.org no 2007

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 32

Page 33: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

A Galipedia

Datos clave:

• A wikipedia en inglés é unha enciclopedia editábel por todo o

mundo que conta con máis de 2 millóns de entradas e case 6 mi-

llóns de usuarios.49

• A Galipedia, versión en galego da wikipedia, supera as 29.000 en-

tradas e conta con 2.700 usuarios.50

O 8 de marzo de 2003 apareceu a versión galega da enciclopedia máis coñecida

dos últimos anos, a Galipedia. Nun primeiro momento podíase pensar que se tra-

taba só de verquer os contidos da Wikipedia ao galego como o están a outros

moitos idiomas. Pero a gran achega da Galipedia está en crear contidos propios,

información de ámbito galego que non se poida atopar en ningunha outra wikipe-

dia do mundo.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 33

49 http://meta.wikimedia.org/wiki/List_of_Wikipedias50 http://gl.wikipedia.org/wiki/Especial:Statistics

Page 34: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

A Galipedia está experimentando un grande avance este ano 2007, o número de artigos está a

piques de superar os 30.000 artigos.

En novembro de 2007 o número de artigos publicados na Galipedia está próximo

a alcanzar os 30.000. Citando a propia Galipedia cando cumpriu as 20.000 entra-

das: “Son poucos en comparación co millón e medio da Wikipedia en inglés, non

obstante son resultado dun esforzo moito maior. A Wikipedia en galego é dese ti-

po de proxectos que, sen facer ruído, van creando o substrato dunha iniciativa

moito máis fonda. Persoas con distintas opinións, ideoloxías, crenzas na procura

dun obxectivo común. (...) Lonxe queda aquel 22 de xullo de 2003 en que un cola-

borador de Ribadeo nun esforzo en solitario comezou a crear contidos para a Wi-

kipedia en galego. Pasados 1231 días, ducias de editores acrecentaron a Galipe-

dia xunto cos outros proxectos irmáns: Wikisource para textos orixinais, o Galizio-

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 34

Page 35: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

nario para entradas de dicionario, Galicitas para citas textuais e Galilibros para a

publicación de libros. Neste momento ata hai unha extensión da comunidade ga-

lega en Commons cun repositorio de imaxes común a todos os wikis, que desde o

pasado 30 de novembro alberga máis dun millón de ficheiros multimedia”51.

Grazas o traballo colaborativo destes editores, na súa maioría anónimos, hoxe a

Galipedia supera, con moito, en número de entradas á Wikipedia en vasco, en bre-

tón ou en islandés, e está moi preto de superar ao Grego.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 35

51 http://gl.wikipedia.org/wiki/Wikipedia:20.000_artigos

Page 36: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

A influencia de Internet e as novas

ferramentas sociais nos medios de

comunicaciónO ano 2007 foi o ano dos redeseños dos medios de comunicación de corte máis

tradicional en Internet. Non só era necesaria unha renovación gráfica máis adap-

tada aos tempos actuais, senón tamén unha reformulación da figura do visitante/

usuario neses medios. Mentres que historicamente o visitante neses medios tiña

unha aptitude pasiva, a evolución da Rede cara a unha presenza maior do usuario,

tanto nos debates como na creación de contido, fixo que moitos deses xornais ti-

vesen en conta estes factores á hora de abordaren os seus cambios. Este ano o

visitante pasou a ser usuario.

En xeral si que se notou un avance en canto a servizos para o usuario nos medios

que redeseñaron este ano. Para analizar a implantación das ferramentas sociais

nos medios de comunicación tradicionais máis importantes en Internet basearé-

monos en 4 puntos:

• Identidade do usuario dentro do medio: Se o medio non ten un sistema

de rexistro/perfís de usuario, a capacidade que teñen os membros de esta-

belecer relacións entre si vese limitada pola carencia de posibilidades de

definir unha identidade dixital.

• Capacidade de interación entre usuarios: Os usuarios do medio deben ter

as ferramentas necesarias para relacionarse entre usuarios a nivel básico. O

exemplo máis claro disto é a figura do “Engadir amigo”: algo tan simple co-

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 36

Page 37: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

mo poder dicir se estoutro usuario é “amigo”, permite crear tecidos relacio-

nais dentro da rede que doutra forma son imposíbeis.

• Capacidade dos usuarios para crear contido: As ferramentas que o me-

dio pon a disposición do usuario para emitir contido dentro do medio, dende

o envío de novas ata unha wiki ou un debate aberto.

• Ferramentas de debate/valoración: A capacidade dos usuarios para ava-

liar o contido creado polo medio ou por outros usuarios, sexa mediante votos

ou comentarios.

Analizamos estes factores nos xornais en Internet que redeseñaron este ano:

La Voz de Galicia

O cambio máis esperado deste último

ano foi o redeseño de La Voz de Galicia

en xullo de 2007. O cambio deulle moita

máis importancia á intervención do usua-

rio aumentando, por unha banda, a inte-

ractividade en xeral da web, e pola outra

-a que nos interesa- aumentando lixeira-

mente ou dándolles máis protagonismo ás ferramentas polas que os usuarios po-

den crear e valorar o contido.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 37

Page 38: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

O novo xornal electrónico carece dun sistema de perfil de usuarios rexistrados, po-

lo que os usuarios habituais carecen dunha páxina propia onde gardar información

ou facer seguimento do contido xerado.

Na parte superior da portada acostúmase a destacar galerías de fotos enviadas

polos usuarios e na parte media concéntrase a sección “participa”, onde están as

enquisas/debates comentábeis, xunto con información sobre como enviar novas ao

medio (usando o correo electrónico xa que carece dun proceso automatizado para

iso).

Existe unha sección propia de participación que actua como directorio dos diferen-

tes puntos de participación dentro do xornal, a modo de ampliación da sección da

portada.

No interior dalgunhas novas permítense os comentarios e existen ferramentas para

compartir a nova, tanto por correo electrónico como usando os sistemas de alma-

cenaxe de links sociais máis importantes. Nas columnas dereitas de portada e inte-

rior aparecen listados de novas máis visitadas frecuentemente, o que pode funcio-

nar como un sistema de filtrado social moi básico, ao ter unha referencia do que

pode ser máis interesante usando o baremo do número de accesos.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 38

Page 39: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Faro de Vigo / La Opinión Coruña

Estes dous xornais usaron a mesma

plantilla para o redeseño ao seren da

mesma empresa editorial (EPI).

A integración de ferramentas sociais foi

bastante tímida e conservadora: as no-

vas poden ser valorábeis, comentábeis e

compartíbeis tanto por mail como en sis-

temas de almacenaxe de links sociais máis importantes. E na columna dereita apa-

recen frecuentemente listados das novas máis votadas e mellor valoradas.

Mantiveron e potenciaron as clásicas enquisas/foros de debate monotemáticos e

na portada teñen unha zona propia onde acceder facilmente a esas zonas de parti-

cipación.

Dun tempo a esta parte están potenciando o envío de contido por parte dos lecto-

res en forma de galería de imaxes de usuarios.

Carece dun sistema de rexistro de usuarios e o sistema de envío de comentarios é

do máis anónimo que hai nos xornais galegos, tan só pedindo no formulario de en-

vío o nome e o texto do comentario.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 39

Page 40: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

El Correo Gallego

A implantación das ferramentas sociais

en El Correo Gallego é moi parecida á do

Faro de Vigo, aínda que moitas delas xa

estaban presentes antes do redeseño:

noticias comentábeis, valorábeis e envío

a sistemas de almacenaxe de links so-

ciais. Listados de novas máis valoradas,

visitadas e comentadas dende a portada.

Dispoñen dunha zona de envío de contido dos usuarios limitada a envío de fotos

de denuncia non accesíbel dende a portada de forma permanente.

Vieiros

Probablemente Vieiros foi o xornal que

máis apostou pola rede social no seu re-

deseño en marzo de este ano. É o unico

medio galego que ten un sistema de per-

fís de usuarios (en desenvolvemento)

que identifica a cada usuario dentro do

xornal e permite facer un seguimento da

súa participación.

As novas son valorábeis, comentábeis e dispón de ferramentas para compartir as

novas. Existen zonas de participación mediante enquisas e debates accesíbeis

dende a portada do xornal.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 40

Page 41: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Poucos meses despois da publicación da nova versión do xornal apareceu Open

Vieiros, un sistema de publicación de contido automatizado para que os usuarios

envíen novas e debates de forma sinxela. A aposta por este sistema está dando

moi bos resultados, xa que o crecemento da comunidade de Vieiros aumentou

moito nos últimos meses.

Xornal.com

A aposta polas ferramentas sociais na

nova versión de xornal.com foi máis

ben limitada. Tan só está presente unha

enquisa en portada e as novas son co-

mentábeis e dispoñen da opción de en-

viar a sistemas de almacenaxe de links

sociais.

Carece de sistema de usuarios.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 41

Page 42: O uso de Internet nas redes sociais de Galiza

Licenza de uso deste documento

Este documento distribúese baixo licenza Creative Commons Atribución/ Non Comercial/ Compartir Igual. Vostede é libre de copiar, distribuír e comunicar publicamente a obra, e facer obras derivadas dela baixo as condicións seguintes:

Recoñecemento: Debe recoñecer os créditos da obra do xeito especificado pola (persoa) autora ou pola licenciadora (pero non de xeito que suxira que ten o seu apoio ou apoian o uso que fan da sua obra).

Non comercial: Non pode empregar esta obra para fins comerciais.

Compartir baixo a mesma licenza: Se altera ou transforma esta obra, ou xera unha obra derivada, só po-de distribuír a obra xerada baixo unha licenza idéntica a esta.

Teña en conta que ao reutilizar ou distribuír a obra, ten que deixar ben claro os termos da licenza desta obra; algunha destas condicións pode non aplicarse se se obtén o permiso da persoa titular dos dereitos de autoría e nada nesta licenza menoscaba ou restrinxe os dereitos morais dela.

Os dereitos derivados de usos lexítimos ou outras limitacións non se ven afectados polo anterior. Isto é un resumo facilmente lexible do texto legal (licenza completa) que pode obterse na seguinte URL:

http://creativecommons.org/licenses/by-nc-sa/3.0/deed.gl

Este documento foi elaborado por María Yáñez e Berto Yáñez para a Fundación para o Fomento da Cali-dade Industrial e o Desenvolvemento Tecnolóxico de Galicia, pertencente á Consellaría de Innovación e Industria.

A publicación deste informe correspóndese coa iniciativa CES-LA2-I4 Acceso libre aos contidos de orixe pública, do Plano Estratéxico Galego da Sociedade da Información (PEGSI).

O contido deste informe non representa necesariamente unha posición oficial da Xunta de Galiza.

O uso de Internet nas redes sociais de Galiza 42