o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a...

25
Cerne EMPrESa Coñece as novas medidas laborais e fiscais aprobadas polo goberno P6 EntrEVISta Margarita Iglesias, Mis Mejores labores P23 o xornal da terra de Melide Nº 86. Marzo 2013. Distribución gratuíta Esgótase a paciencia tralo peche da Ponte da regada Os veciños de Santiso preparan mobilizacións para esi- xir o arranxo urxente da infraestrutura. Seis semanas despois de ser cortada ao tráfico seguen sen noticias. P13 o melindre busca ser Festa de Interese turístico Galego A Concellería de Turismo intenta por segundo ano obter a distinción e intensifica as conversas a nivel político e a presenza en feiras gastronómicas. P11 coMarca A parroquia de Visantoña recupera o Punto de auga de Puñín P14 cultura Así foi un dos entroidos máis concorridos dos últimos anos en Melide P20-21 Melide vístese de branco para a II edición do Salón da Voda O Pazo de Congresos e Exposicións da vila converterase de novo o 17 de marzo nun gran escaparate nupcial que amosará unha completa oferta de roupa para noi- vos, restaurantes, xoias, coches antigos, grupos musicais, hoteis, perru- querías, fotografía, axen- cias de viaxes... Trinta e cinco expositores parti- cipan nun evento que in- corpora ao seu programa os desfiles de moda e que sorteará un cruceiro polo Mediterráneo. P3 - Fotos antigas do Catastro de Melide - Concentración parcelaria - Legalización de pozos, traídas de auga, etc. - Imposto de sucesións JAVIER LÓPEZ LÓPEZ ENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049 - Partición de herdanzas (partixas) - Informes periciais e valoracións - Proxectos agrícolas - Catastro - Medición de terreos - Segregacións e agrupacións Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected] Rúa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.000 MELIDE (A Coruña) e pilgrim´s guide Guía del peregrino P15 peritosmelide.blogspot.com.es

Transcript of o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a...

Page 1: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

Cerne

EMPrESaCoñece as novas medidaslaborais e fiscaisaprobadas pologoberno P6

EntrEVISta

MargaritaIglesias,Mis Mejoreslabores P23

o xornal da terra de MelideNº 86. Marzo 2013. Distribución gratuíta

Esgótase a paciencia tralopeche da Ponte da regada

Os veciños de Santiso preparan mobilizacións para esi-xir o arranxo urxente da infraestrutura. Seis semanasdespois de ser cortada ao tráfico seguen sen noticias. P13

o melindre busca ser Festade Interese turístico Galego

A Concellería de Turismo intenta por segundo anoobter a distinción e intensifica as conversas a nivelpolítico e a presenza en feiras gastronómicas. P11

coMarcaA parroquia de Visantoña recupera oPunto de augade Puñín P14

culturaAsí foi un dosentroidos máisconcorridos dosúltimos anos enMelide P20-21

Melide vístese de branco paraa II edición do Salón da VodaO Pazo de Congresose Exposicións da vilaconverterase de novo o17 de marzo nun granescaparate nupcial queamosará unha completaoferta de roupa para noi-vos, restaurantes, xoias,coches antigos, gruposmusicais, hoteis, perru-querías, fotografía, axen-cias de viaxes... Trintae cinco expositores parti-cipan nun evento que in-corpora ao seu programaos desfiles de moda e quesorteará un cruceiro poloMediterráneo. P3

- Fotos antigas do Catastro de Melide

- Concentración parcelaria

- Legalización de pozos, traídas de auga, etc.

- Imposto de sucesións

JAVIER LÓPEZ LÓPEZENXEÑEIRO TÉCNICO AGRÍCOLA - Colexiado 1049

- Partición de herdanzas (partixas)

- Informes periciais e valoracións

- Proxectos agrícolas

- Catastro

- Medición de terreos

- Segregacións e agrupacións

Tfno./ Fax: 981 50 54 82 - Móbil 639 82 00 24 - E-mail: [email protected]úa Xosé Ramón Fdz. Castro, 14 - 15.000 MELIDE (A Coruña)

e pilgrim´s guideGuía del peregrino

P15

peritosmelide.blogspot.com.es

Page 2: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

2 Editorial Cerne 86. Marzo 2013

cerne Edición dixital en www.asetem.com

Publicación mensual de distribución gratuíta coorDInacIÓn E rEDaccIÓn: Iván G. blanco

EDIcIÓn: Asociación de Empresarios Terra de Melide (ASETEM-CCA)EnDErEZo: R/ Lino Sexto Sánchez 9, Melide (A Coruña)

Telf. e Fax: 981506188 E-mail: [email protected]ÓnS: Santiago Prado Conde, Xosé Núñez López, Asociación

de Troiteiros ‘Río Furelos’ de Melide, Rafael Rodríguez GaiosoaGraDEcEMEntoS: Pilar López, Adolfo Álvarez, Imprenta Meligraf

IMPrESIÓn: Publicaciones Tameiga S.L.DEPÓSIto lEGal: OR / 57 / 84

Cerne non se responsabiliza das opinións manifestadas polos seus colaboradores

-EDITORIAL..................................2-EMPRESA.....................................3-MELIDE.......................................11-COMARCA...................................13-CULTURA E LECER....................19-COLAbORACIóNS......................22-ENTREVISTA..............................23

ÍnDIcE

Editorial

O goberno central vén deaprobar un Real Decreto Leiencamiñado a estimular o cre-cemento e a fomentar a crea-ción de emprego. Cincuentamedidas saídas dos produti-vos venres dos Consellos deMinistros que foron presenta-das como a resposta ao dramado paro e que contemplanfundamentalmente bonifica-cións nas cotizacións á seguri-dade social e apoios fiscais.

Mais a letra pequena doconxunto de respostas, quese recolle na páxina 6 destexornal, xera grandes dúbidassobre a súa eficacia. O redu-cido espectro de aplicación,os condicionantes esixidos e afalta de concreción fan pensarque o impacto da súa aplica-ción no que se chama vidareal será mínimo. E fai quenos preguntemos tamén seestamos ante medidas convisos de seren efectivas ouante un parche improvisado.

Quizais para combater oelevado nivel de paro entre amocidade, un dos principaisproblemas hoxe en día, a in-mensa maioría das acciónsvai destinadas a menores de30 anos. Iso si, deixandonunha situación de total des-protección aos colectivos demaior idade. E aínda para axente nova, co fomento decontratos temporais semprevinculados ás prácticas e áformación, semella que aaposta pasa por crear traballo

Respostas que xeran preguntas

Tribuna de opinión

Si, queremosXunta Directiva de aSEtEM-cca

Non é un matrimonio, perosi cousa de dous. Asetem-Ccae o Concello de Melide embar-cáronse na organización doII Salón da Voda coma sedun casamento se tratase:coa mesma ilusión, cas mes-mas dores de cabeza, conmoito tempo de antelación,probando e cambiando, conmedo a equivocarse, dedi-cando horas extras, imaxi-nando como será e tratandode non incomodar a ninguén.

E se iso de casar é algoque debe pensarse dúas veces,tamén se fixo o propio á horade volver poñer en marchao salón. Cómpre ter sempreiniciativa pero non sobra ocriterio da prudencia candose está a falar dun evento cha-mado a ser referente en todaGalicia e que require unhamobilización considerable de

recursos económicos, traballoe tempo. Con todo, na balanzapesou máis o convencementode que o comercio melidenseestaría á altura das circuns-tancias unha vez máis e que oevento ha resultar positivopara a vida da vila en xeral.

É importante estar nomapa, saír na fotografía, aíndaque non se sexa o protagonistae haxa máis invitados que terodeen. É importante estar aí,ser visible, facer cousas. Poriso o II Salón da Voda de Me-lide será unha realidade encuestión de días. E como todanoiva que se prece, levará algonovo: unha pasarela de modae o sorteo dunha viaxe. A in-tención é atraer cada vez máismiradas e por iso a organiza-ción confeccionou o traxe comáximo esmero. Só falta queese día saia todo ben.

a base de precarizalo. Ante isto, non queda outra

máis ca seguir facendo pre-guntas: estamos ante medidaspara garantir o emprego ouante unha operación de ma-quillaxe tralo tirón de orellasque nos deu Europa polosescandalosos datos de paroxuvenil? Ese paro cuxa taxa sesitúa no 55,5%, a máis alta daUE por detrás de Grecia se-gundo a última enquisa publi-cada por Eurostat. E máis:están os políticos apegadosá realidade dos pobos quegobernan ous aos despachos eás doutrinas de partido? Queacontece con toda esa xente demáis de 30 anos: os que teñena vida empezada e se ven nunERE, sen emprego e con fillos,cunha hipoteca, no paro e senformación...?

Pode parecer contraditorio

que a patronal estea a cues-tionar unhas medidas que apriori benefician á empresa,pero non o é. Porque as em-presas, máis alá do seu obxec-tivo primordial e lexítimo dexerar beneficios, son taméncreadoras de emprego e de ri-queza, non de precariedade.Iso é o “pan para hoxe e famepara mañá”.

A recuperación real sustén-tase nunha cidadanía con ca-pacidade de consumo e paraconseguir iso as respostasante unha situación complexadeben ser contundentes. Nonvale a maquillaxe nin xerarmáis dúbidas, aínda que isose faga con frecuencia. Queé unha indemnización en dife-rido? E unha simulación decontrato? Poida que materiasobxecto do seguinte decretolei. O próximo venres.

DETRÁS DE LOS NÚMEROS HAY PERSONAS

¡PUES QUE SE APARTEN!

Page 3: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

Empresa 3Cerne 86. Marzo 2013

Grupos de música ofrecerán servizos e amenizarán o salón

SEGUROS BILBAO CATALANAOCCIDENTE

Grupo

C/ Ronda de Pontevedra

Nº 113 Bajo - 15800 Melide

Tlf/ Fax: 981506495

Móvil: 678055942

[email protected]

Rodrigo Fernández Pombo

Agente de seguros exclusivo

Nº de Reg. Mediador.: COO2636154917K

Melide, o mellor dos escaparatespara organizar un casamentoMelide volverá a ser un ano máis o lugar de referencia en Galicia para

todas aquelas parellas que estean pensando en casar. O Pazo de Congresos e

Exposicións da vila acollerá o próximo domingo 17 de marzo a segunda edición

do Salón da Voda, un evento impulsado conxuntamente pola asociación

de empresarios (Asetem-Cca) e o concello co que se pretende amosar que é

posible organizar o mellor dos casamentos sen necesidade de saír da comarca.

Durante nove horas, de 11:00a 20:00, o Salón da Voda deMelide concentrará unhavariada oferta de produtos eservizos onde as parellas po-derán atopar todo o precisopara organizar unha voda.Será un gran escaparate noque participarán 35 exposito-res de 16 sectores diferentes.

No da hostalería haberáopcións para todos os gustos.A oferta contempla dende co-medores de pequena capaci-dade para aqueles enlacesmáis íntimos, ata casas ru-rais, pazos e balnearios. Osector con máis representa-ción será o da moda, lenceríae complementos: un total de12 firmas entre as que seinclúen as dúas tendas meli-denses especializadas entraxes de noiva e de noivoe outra que elabora traxestradicionais galegos á man.Non faltarán os zapatos nintampouco as propostas demoda para invitados, madri-ñas, padriños e nenos dearras. Haberá tamén ofertade lencería con presenzade tendas especializadas encorpiños e tallas grandes.

Alianzas e arras centrarána oferta do sector da xoiería,que tamén amosará alfaias

para invitados. Por outrabanda, as florerías presenta-rán propostas de ramos paranoiva e deseños florais parabanquetes e igrexas. Taménestarán presentes tres perru-querías melidenses que amo-sarán as últimas tendenciasen peiteados, maquillaxe emesmo tatuaxes. Haberá de-mostracións en directo.

A festa non pode faltar entoda boa voda que se prece epor iso a animación musicalserá parte importante da feira.Varias empresas presentarános seus servizos ante os visi-tantes e serán tamén a banda

sonora do Salón da Voda conactuacións en directo ao longode toda a xornada. Soará amúsica de cámara, discotecasmóbiles e a voz de solistas.Tamén os invitados poderántomar nota tras un pequenopercorrido polo salón: electro-domésticos, vaixelas, mobilia-rio e utensilios para o fogarserán boas opcións para ofre-cer como regalo. Completarántan variada oferta os coches deépoca, os stands de reposteríae produtos artesáns, comer-ciais de viños, imprentas, estu-dos de fotografía, novas tecno-loxías e axencias de viaxe.

35 EXPOSITORES COA OFERTA MÁIS VARIADA

Partindo das mesmas premisasde calidade e variedade que seaplicaron no ano 2012, o Salónda Voda incorpora desta voltanovos alicientes que engadiránatractivo e lle outorgarán ungrao máis de categoría.

O corredor central do recintode exposicións converteraseo domingo 17 nunha pasarelade moda que servirá para lu-cir a roupa e os complemen-tos de varios dos comerciosparticipantes. Haberá douspases, un ás 13:00 e outroás 18:00 horas, nos que seamosarán varios vestidos denoiva e madriña, ademais detraxes de noivo e roupa paranenos de arras e invitados.

Por outra banda, as pare-llas que vaian casar este anoou o próximo e visiten o Sa-lón da Voda terán dereito aentrar no sorteo dun cruceirode 7 días polo Mediterráneo.Tan só terán que cubrir unformulario de participaciónno stand da axencia de via-xes, que estará situado ásaída do recinto. O sorteorealizarase o propio día dafeira a última hora da tarde eservirá para que unha dasparellas saia coa viaxe de lúade mel baixo o brazo. Antesde realizar o cruceiro, osnoivos afortunados deberánacreditar que casaron.

DESFILES E SORTEO DUN CRUCEIRO

Convencida de que o boca aboca segue a ser unha boaforma de publicidade, a orga-nización imprimiu 5.000 díp-ticos para repartir entre osasistentes ao mercado quecada domingo acolle a vila deMelide. Neles recóllese unplano coa distribución dosstands e unha relación de to-dos os comercios participan-tes agrupados por sectores.

Por outra banda, segueoperativa a páxina webwww.sa londeboda.com,posta en marcha co gallo daprimeira edición do salón. Através dela pódese accederaos datos de contacto dos ex-positores así como a informa-ción relacionada coa feira.

MÁXIMA DIFUSIÓN

Na feira haberá 10 modelos diferentes de coches de época

Page 4: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

4 Empresa Cerne 86. Marzo 2013

Visítanos o 17 de

marzo no Salón

da Voda de Melide

Avda. América, 3 MELIDE

Nova sección de bebés: sacos, edredóns, cunas...

Descontos especiais en:

lencería de noiva, detalles e invitacións

por reservas feitas no

Salón da Voda de Melide

Reserva de 3 artigos: 15% de desconto

Reserva de 2 artigos: 10% de desconto

Reserva dun artigo: 5% de desconto

Page 5: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

Empresa 5Cerne 86. Marzo 2013

Ekaté, Sisuka Moda, A boa Viña e Tu boutik foron algúns dosestablecementos que participaron por primeira vez na feira

Mercamelide insufla optimismo tras pechar cun balance positivoFoi un sopro de aire fresconecesario e agardado. Os bosdatos cos que pechou a XI edi-ción do Mercamelide caeroncomo auga de maio en plenomes de febreiro e representantoda unha inxección de opti-mismo para o comercio meli-dense nunha época difícil. Obo nivel de vendas e a afluen-cia masiva de xente duranteos dous días que se celebrou oevento fixeron que a últimaedición da feira de saldos fose“mellor ca moitas das anterio-res”, segundo recoñeceronalgúns dos establecementosparticipantes sondados porAsetem-Cca.

O balance foi, en xeral, po-sitivo. “Mentiría se che digoque non me compensa estaraquí”, comentaban dende ostand de Mis Mejores Labores,“a pesar de que hai que des-montar a tenda e dá moitotraballo, non me importaríavir todas as fins de semana”.Nunha liña semellante se ma-nifestaba El baúl de la Piquer,quen confirmaba que despoisdunha edición de verán “horri-ble”, as cousas desta volta íanmoito mellor: “Dámonos porsatisfeitas. Sabemos que conprezos tan baixos non faremosunha gran caixa pero o stockestá saíndo moi ben e iso éo que nos interesa”.

O balance foi tamén posi-tivo para os comercios queparticiparon por primeira vezno Mercamelide e que confir-maron xa a súa presenza napróxima edición, como foi ocaso de Sisuka Moda: “decidínvir porque todo o mundo medicía que compensaba e nonme arrepinto; para o ano volvoseguro”. Outro exemplo é ode Subministros Cire, cuxopropietario declaraba sorpren-dido que “non contaba quenos fora tan ben”. Malia que avenda de maquinaria resultoumáis frouxa, a escasas horasda clausura da feira asegurabaterlle dado saída “ao 80%do stock” de roupa, calzado eferramentas.

Marca MelideAs boas sensacións non só sereduciron ás vendas e moitosestablecementos destacan queo elevado número de persoasque pasaron polo Mercame-lide o 16 e o 17 de febreiro con-verteron a feira nunha “moiboa plataforma publicitaria”.

Así o recoñecía Electrosán,unha tenda que leva dousanos participando e que apro-veitou o evento para darse acoñecer e presentar a súaoferta de electrodomésticos:“vémolo como un investi-mento a longo prazo e sobretodo como unha axuda paraque a xente vexa que en Me-lide hai de todo e pode vir aquía mercar”. Nese sentido desta-cou tamén que a marca Melidechega cada vez máis lonxe eque “este ano se fixo moi boapublicidade da feira e notamosque veu máis xente de fóra”.

a clave, a innovaciónTanto a patronal melidensecomo a Concellería de Comer-cio e Promoción Económicaamosan a súa satisfacciónpolos bos resultados do Mer-camelide e coinciden á horade sinalar que a innovación éunha das claves para que afeira vaia a máis ano tras ano:

“se a xente atopa sempreo mesmo, deixará de vir”,explica o edil Santos López.Nese sentido destacou a pre-senza de novos sectores esteano, a incorporación do ser-vizo de cafetería, os segway ea gravación en directo do vide-oclip Mercamelide Style, queserá lanzado en breve ás redessociais. Pola súa banda, a pre-sidenta de Asetem-Cca, SoniaValiño, considera “un acerto”potenciar a oferta de ociocomo complemento da comer-cial: “quedou demostrado queé unha medida que resultaefectiva, que atrae a xente eque dinamiza a feira. É unhaboa liña na que hai que seguirtraballando”, asegura.

O reto para vindeiras edi-cións é buscar novas ideaspara seguir incrementando asvendas: “xa conseguimos quea xente nos coñeza e veña,agora hai que facer que mer-que máis”, sinala López.

A maquinaria agrícola e de obras foi unha das novidades este ano

Xa teñen o don de xentese buscan o don de linguas

Unha hora e media de clasetodos os días durante dúassemanas. Non será temposuficiente para aprender unidioma pero si para facersecoas nocións básicas que per-mitan saír do paso con maiorsoltura na relación cos pere-grinos estranxeiros que come-zan a chegar a Melide. E nisoestán os hostaleiros da vilaque participan no curso de in-glés organizado polo Concellopara os profesionais do sector.

As motivacións e as aspi-racións son variadas pero amaioría coincide ao sinalarque “fai moita falta” todo oque se poida aprender: “creoque toda a xente de Melidedebería desenvolverse unpouco en inglés, aínda que só

Alumnos do Curso de Inglés para hostaleiros na aula do Telecentro

sexa pola afluencia de peregri-nos que temos”, comentaunha alumna.

Igual de variados sontamén os perfís; hai quencomeza de cero e vai collendo“vocabulario e algunhas fra-ses” ata quen viviu en Inglate-rra varios anos e acode paraperfeccionar o que xa sabe.Os máis asisten para “refres-car a memoria” e evitar que afalta de dominio do idioma llesxogue malas pasadas: “undía quixen indicarlles ondepodían durmir e o primeiroque se me veu á cabeza foi´let´s go to bed´, dunha can-ción de The Cure”, comentaoutra das asistentes, “non sa-bía que lles estaba a dicir quese meteran na cama comigo!”.

NOTICIAS BREVES

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, anunciou que aConsellería de Economía e Industria lanzará de forma inmediataunha nova liña de axudas para favorecer proxectos de innova-ción e emprendemento entre as pequenas e medianas empresas(pemes). O xefe do executivo galego comprometeu unha partidade 12 millóns de euros para o programa, cuxos pormenores nonespecificou. O anuncio foi realizado durante o acto de presen-tación da Axencia Galega de Información (Gain), un novo orga-nismo con sede en Santiago que foi definido como “un órganovital para deixar atrás a recesión e saír reforzados da crise”.

novas promesas para as pemes

O VI Plan Galego para a Igualdade entre Mulleres e Homespresentado o pasado mes de febreiro contempla 53 actuaciónspara aproveitar o talento feminino e concienciar sobre a necesi-dade de que as mulleres participen activamente no mercadolaboral e profesional. Destacan as liñas de subvencións para aposta en marcha de iniciativas empresariais para mulleres epara a creación de emprego feminino. Tamén o acompañamentoen proxectos de renovación e relanzamento liderados por mu-lleres que estean orientados ao mantemento da competitividade.

aproveitando o talento feminino

Page 6: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

6 Empresa Cerne 86. Marzo 2013

MEDIDaS laBoraIS

cotIZacIÓn Á SEGurIDaDE SocIalaPlIcaBlES a XÓVEnES traBalla-DorES Por conta ProPIa.

Traballadores Autónomos, dados de alta apartir da entrada en vigor do Estatuto doTraballador Autónomo, menores de 30 anos(homes) e menores de 35 anos (mulleres) teránunha redución (15 primeiros meses) e unhabonificación (15 meses adicionais) do 30% dacota resultante de aplicar o tipo mínimo decotización vixente sobre a base mínima decotización; é dicir, en 2013 o desconto suporía77 euros menos de cotización cada mes.

Alternativamente, os traballadores por contapropia de Autónomos ou do Mar, menores de30 anos, sen traballadores por conta allea e quecausen alta inicial ou que non estiveran de altanos 5 anos anteriores á data de efectos desta,poderán aplicar as reducións e bonificaciónssobre a cota de continxencias comúns (incluídaincapacidade temporal) resultante de aplicará base mínima o tipo mínimo de cotización vi-xente. Poderá aplicarse por un período máximode 30 meses, segundo a seguinte escala:

a) Redución do 80% da cota durante 6meses seguintes á alta. En 2013, un autónomoque cotice pola base mínima, sen coberturade continxencias profesionais, pagaría 52,03euros.

b) Redución do 50% da cota durante 6meses seguintes ó período anterior. Despoispagaría (con datos de 2013) 128,79 euros mes.

c) Redución do 30% da cota durante 3meses seguintes ó período do apartado b).Neste tramo (con datos de 2013) pagaría179,96 euros mes.

d) bonificación do 30% da cotadurante os 15 meses seguintes á finalizacióndo período de redución. Neste tramo (con datosde 2013) pagaría 179,96 euros mes.

rEDuccIÓnS E BonIFIcacIÓnS DEcuotaS Á SEGurIDaDE SocIal ParaPErSoaS con DIScaPacIDaDE QuESE EStaBlEZan coMo traBallaDo-rES Por conta ProPIa.

Traballadores con discapacidade igual ousuperior ó 33%, que causen alta en Autónomosou no R. Mar, beneficiaranse durante 5 anosdunha bonificación do 50% da cota que resultede aplicar sobre a base mínima vixente o tipovixente, excepto Incapacidade Temporal. En2013, o desconto ascendería a 113,76 euros.

Cando estes traballadores teñan menos de 35anos, causen alta en Autónomos ou R. Mar ounon estiveran de alta nos 5 anos anteriores enon teñan traballadores a cargo, poderán apli-carse reducións e bonificacións sobre a cota decontinxencias comúns, excepto incapacidadetemporal, resultante de aplicar á base mínimao tipo mínimo de cotización vixente, por unperíodo máximo de 5 anos, segundo a seguinteescala:

a) Redución do 80% durante 12 meses.b) bonificación do 50% durante os

4 anos seguintes.

coMPatIBIlIZacIÓn Da PrESta-cIÓn Por DESEMPrEGo co InIcIoDE actIVIDaDE Por conta ProPIa,Para MEnorES DE 30 anoS.

Os beneficiarios de prestacións de desempregocontributiva que inicien unha actividade porconta propia, poderán compatibilizar o perciboda prestación de desemprego coa realización daactividade. Requisitos:- Menores de 30 anos na data de inicio daactividade, sen traballadores a cargo.- Período máximo de compatibilidade: 270 días Prazo de caducidade da solicitude ó SEPE:15 días dende o inicio da actividade por contapropia. De non facerse a solicitude neste prazoo traballador non podería acollerse á compati-bilidade.

aMPlIacIÓn DaS PoSIBIlIDaDES DEaPlIcacIÓn Da caPItalIZacIÓn DaPrEStacIÓn DE DESEMPrEGo.

Os beneficiarios da prestación de desempregocontributivo, menores de 30 anos poderáncapitalizar o 100% da prestación con destino aaportación ó capital social dunha entidademercantil de nova constitución ou con antigüi-

dade máxima de 12 meses, sempre que desenvolva na sociedadeunha actividade profesional ou laboral indefinida (de duraciónmínima 18 meses); estando excluídos aqueles que estiveranligadas contractualmente con ditas sociedades e os TRADE(Autónomos dependentes).

O pago único da prestación realizarase polo importe da inver-sión necesaria para desenvolver a actividade, incluído o importede cargas tributarias de inicio da actividade, co límite do 60%da prestación ou do 100% para homes menores de 30 anose mulleres menores de 35 anos no momento da solicitude.Os menores de 30 anos tamén poderán destinar a capitalizacióna gastos de constitución e posta en funcionamento da entidade,pago de taxas, servizos específicos de asesoramento, formacióne información relacionados coa actividade a emprender.

As prestacións de desemprego que se perciban na modalidadede pago único están exentas do IRPF, condicionada ó mante-mento da participación ou actividade durante 5 anos.

SuSPEnSIÓn Da PrEStacIÓn Por DESEMPrEGotraS rEalIZar unHa actIVIDaDE Por contaProPIa.

A prestación de desemprego suspenderase por realizacióndunha actividade por conta propia de duración inferior a 24meses; ou de duración inferior a 60 meses no caso de empren-dedores menores de 30 anos, que causen alta no R. Autónomosou R. Mar.

EXtIncIÓn Da PrEStacIÓn Por DESEMPrEGotraS rEalIZar unHa actIVIDaDE Por contaProPIa.

A prestación de desemprego extinguirase pola realizacióndunha actividade por conta propia de duración igual ou superiora 24 meses; ou igual ou superior a 60 meses no suposto detraballadores por conta propia menores de 30 anos que causenalta inicial no R. Autónomos ou R. Mar.

cotIZacIÓn Por contInXEncIaS ProFESIonaISE cESE na actIVIDaDE.

A cobertura de accidente de traballo e enfermidade profesional,así como a protección por cese na actividade, terá caráctervoluntario para os traballadores por conta propia menoresde 30 anos.

MEDIDaS FIScaIS

IncEntIVoS no IMPoSto DE SocIEDaDES ParaEntIDaDES DE noVa crEacIÓn.As entidades constituídas a partir do 1 de xaneiro de 2013, querealicen actividades económicas, tributarán no primeiro períodoimpositivo no que a base impoñible resulte positiva e noseguinte, de acordo coa seguinte escala:

a) Ata 300.000 euros de base impoñible, ó 15%b) Pola base impoñible restante, ó 20%

Esta escala non será de aplicación na cuantificación dos pagosfraccionados do imposto que se calculen pola modalidade esta-blecida no artigo 45.3 da Lei do Imposto de Sociedades.

IncEntIVoS no ÁMBIto Do IrPF.

Os contribuíntes que inicien unha actividade económica a partirdo 1 de xaneiro de 2013, en estimación directa, poderán reducirun 20% do rendemento neto positivo, no primeiro períodoimpositivo no que o rendemento sexa positivo e no seguinte.Para aplicar esta redución o rendemento neto non poderásuperar os 100.000 euros anuais.

Non se aplicará a redución no período impositivo no que máisdo 50% dos ingresos procedan dunha persoa ou entidade da calo contribuínte obtivera rendementos do traballo no ano anteriorá data de inicio da actividade.

RESUMO DAS MEDIDAS FISCAIS E LABORAIS DE APOIOAO EMPRENDEDOR E DE ESTÍMULO DO CRECEMENTO E DA

CREACIÓN DE EMPREGO APROBADAS POLO GOBERNO CENTRAL (REAL DECRETO LEI 4/2013) - PARTE I

Page 7: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

Empresa 7Cerne 86. Marzo 2013

EMPrEnDEDorES En MElIDE

-Vai incorporar un novoservizo á súa tenda. Enque consiste?-Trátase de axudarlle á clientaa atopar a súa talla exacta desuxeitador, para que se adapteperfectamente á feitura do seucorpo. Hai mulleres cos peitosmoi grandes ou que teñen des-compensada a talla da espaldae a talla da copa, o que crea di-ficultades para atopar un su-xeitador que lles sente ben.Para evitar iso, o 13 de marzovisitaranos unha profesionalque lles axudará a determinara talla perfecta para cada unhadelas.

-como se fai iso?-É moi doado. Abonda con to-mar varias medidas cunhacinta e aplicalas a unhas tá-boas de valores xa preestable-cidos. As mulleres que estean

interesadas poden pasar polatenda para anotarse e pararecoller as invitacións. Asmedicións vanse realizar de10:00 a 13:30 da mañá e de15:30 a 18:00 pola tarde. Esta-mos dando cita previa paraque ninguén teña que estarna tenda esperando.

-Por que se apuntou a estainiciativa?-A miña idea dende que abrína tenda foi especializarme edende o principio vin que ha-bía moitas clientas que tiñanproblemas para atopar suxei-tadores que lles acaesen ben:porque se lles botaba o peito,porque as cortaba, porque llesquedaba frouxo nas costas...calcúlase que o 80% das mu-lleres leva unha talla equivo-cada e non o sabe. É unhapena, porque cando o suxeita-

dor senta ben é máis cómodo,suxeita mellor e realza o peito.Eu xa viña tendo bastantemercancía de tallas grandes etrataba de atopar a talla axei-tada a base de probar. Agora,co criterio dunha profesional,será máis doado.

-Ás veces o problema dastallas grandes é que nonhai variedade para elixir.Iso está superado?- Por suposto. En concreto,este novo servizo que incorpo-rei vouno prestar a través detres casas que están especiali-zadas en tallas grandes e queteñen catálogos con infinidadede modelos coloridos, actuaise modernos. E non só en len-cería, senón tamén en traxede baño e roupa interior paranoivas. Iso de atopar só a corcarne, branca e negra pasou á

historia; a lencería elegante ebonita xa non é unha cuestiónde tallas.

-o sector das noivas ta-mén é problemático? - Eu non diría problemático,pero por exemplo ata haipouco parecía que tiñas queter un corpo perfecto para po-

Mª FE SÁNCHEz ASCARIz, “bERENCELLO”

“atopar lencería elegante e bonita xa non é unha cuestión de tallas”

der poñer un corsé o día da túavoda. Iso tamén está supe-rado. Este ano estanme che-gando corsés preciosos paranoivas con tallas especiais. Osquilos non son un problemanese aspecto. O 17 de marzoestarei no Salón da Voda e le-varei unha mostra das últimasnovidades en moda nupcial.

Mª Fe Sánchez apostou por especializarse en tallas grandes

BERENCELLO

Queres saber a talla exacta do teu peito?

MÉRCORES 13 DE MARZO

visitaranos unha profesional en tallaxe

Pídenos información sen compromiso e recolle

a túa invitaciónRúa do Convento, 2

MELIDE

Page 8: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

8 Publicidade Cerne 86. Marzo 2013

Cantón de San Roque, 11MELIDE

Síguenos en

Con preto de 70 anos de histor ia ás súas costas, a f inais de 2011 Ferretería

Noguerol deu un paso adiante para introducirse no mundo da menaxe de

exclusividade. Pouco tempo despois esta aposta de negocio viuse reforzada

e ampliada coa apertura dunha nova tenda en pleno corazón de Melide:

1945 by Noguerol é dende entón un comercio de referencia para quen queira

vestir ben o seu fogar.

O local, situado na Rúa do Convento, conta con 300 metros cadrados onde

os clientes poderán atopar unha ampla gama de produtos de decoración e

interiores, baños e calefacción, ademais dunha planta enteiramente dedicada

á menaxe especializada: moble auxiliar, vaixelas, cubertería, cristalería, baterías

e máquinas de coc iña, iluminac ión, téxtil, limpeza e mesmo art igos para

campings e terrazas.

1945 by Noguerol aposta por produtos con liña de deseño e un prezo accesible

que non se poden atopar noutros lugares. Marca a diferenza con negocios

semellantes porque traballa con provedores que non proceden do mundo da

ferretería e que garanten exclusividade. Por iso hoxe en día 1945 by Noguerol

é o mellor lugar para construír un fogar vangardista no que non falte de nada.

Page 9: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

Publicidade 9Cerne 86. Marzo 2013

ERUOM

Polígono Industrial do TambreVía Galileo,91589O SANTIAGO DE COMPOSTELAwww.eruom.com

viños

D.O. Ca. RiojaAllendeMugaObaloArneguiAzpilicuetaRioja BordónRamón BilbaoMarqués de TeránMarqués de Riscal

D.O. Ribera del DueroTarsus PradoReyCruz de AlbaCondado de OrizaDominio de AtautaPago de los Capellanes

D.O. RuedaNaiaMonteblanco

D.O. RibeiroViña Costeira

Tel. 981 519 999Fax. 981 519 [email protected]

XAN GARCÍA MONTERO, comercial

Móvil:678 543 24O

D.O. Vinos de Madrid

Tagonius

D.O. SomontanoPirineos

D.O. BierzoDominio de Tares

Vinos del mundoArgentina, Australia,Chile

D.O. NavarraCastillo de JavierPalacio de la Vega

D.O. BierzoDominio de Tares

D.O. ToroFariña

V.T. Castilla y LeónDominio DosTaresViñas del Cénit

V.T. CastillaMano a Mano & VentaLa OssaPago del Vicario

D.O. Rías BaixasNoraLuscoVeigadaresTerra D´OuroViña SobreiraMar de FradesSeñorío de Sobral

D.O. ValdeorrasGalgueira

D.O. Ribeira SacraPincelo & 1985

ChampagnePerrier Jouët

Aceite ArteOlivaAgua Solán de Cabras

CAFETERÍA - PIZZERÍA

Telf. 981 50 79 06

Avda de Lugo, 25MELIDE (A Coruña)

HOSTELERÍA E INSTITUCIONES COMPLEMENTOS DIVERSOS

INFORMACIÓN Y PEDIDOS

TEL: 981.50.57.50

www.proquintas.com

Desengrasantes. Ambientadores. Detergentespara vajillas, suelos, paredes, cristales,

tapicerías

Exterminadores de insectos. Dispensadores deambientadores e insecticidas. Dosificadores dejabón. Secadores de manos. Mopas, bayetas...

MANTENIMIENTO INDUSTRIAL AUTOMOCIÓN CONSTRUCCIÓN AGROPECUARIA PISCINAS CELULOSAS

Aceites de corte, taladrinas. Antiproyecciones para soldadura. Decapantes. Imprimaciones.

Proteciones antioxidantes. Desblocantes.

Anticongelantes. Champús y ceras delavado. Desengrasantes de motores.

Disolventes para brea y alquitrán.

Desencofrantes. Plastificantes. Acelerantes. Impermeabilizantes

de caucho, silicona

Detergentes para circuitos de ordeño o tanques. Raticidas,

insecticidas (especial cucarachas)

Algicidas. Floculantes. Correctoresde PH. Limpiadores de cerco.

Cloro. Desincrusctantes.

Manteles, servilletas, toallas,bobinas industriales y

domésticas

Un producto para cada necesidad

QUÍMICA INDUSTRIAL

Page 10: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

10 Publicidade Cerne 86. Marzo 2013

Compra y venta de muebles desegunda mano y antigüedades

MUEBLES DE SEGUNDA MANO

Calle Progreso, 15 - MELIDE 607 847 374653 979 664

Abrimostodos losdomingos

SEMANA SANTA 2013 - HORARIO DE CULTOSDomingo de Ramos (24 de marzo)10:00 - Melide e Furelos11:00 - Melide (San Roque), Leboreiro e 

12:00 - Melide (bendición de ramos) e

13:00 - Os Ánxeles.18:00 - Sacramento da Penitencia.19:00 - Melide. Santa Misa.                                                                                  

Santa María.

Zas de Rei.

Xoves Santo (28 de marzo)Misas da Cea do Señor:17:00 - Furelos.         18:00 - Santa María.18:30 - As Cazallas.    19:00 - Melide21:00 - Melide Hora Santa                                                                               

Venres Santo (29 de marzo)09:00 - Procesión do Perdón e Rezo do  

11:00 - Rezo do Vía Crucis en Furelos.12:00 - Rezo do Vía Crucis nas Cazallas.17:00 - Oficios en Furelos.18:00 - Oficios en Santa María.18:00 - Procesión Santo Enterro en Melide.18: 30 - Oficios nas Cazallas.19:30 - Oficios en Melide.

Vía Crucis en Melide.

21:30 - Procesión da Virgen de la Soledad en Melide.

Domingo de Pascua (31 de marzo)

Sábado Santo (30 de marzo)

20:00 - Vixilia Pascual en Melide (para todas as parroquias)                                                                              

- Misas en Melide: 10:00, 11:00 (San Roque), 12:00, 13:00, 20:00- Misas nos Ánxeles: 10:00, 11:00, 12:00 (solemne), 19:00

Unidad Pastoral de Melide

Page 11: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

Melide 11 Cerne 86. Marzo 2013

o conflito polo aparcadoiro da rúaGalicia enquístase e chega á xustizaA situación do aparcadoiro daRúa Galicia está xa nos tribu-nais. Os propietarios do solar,que decidiron pechar os acce-sos ao recinto hai case tres me-ses alegando incumprimentode contrato por parte do Con-cello, presentaron unha de-manda contra a administra-ción local na que reclamanpreto de 46.000 euros. Enconcreto, solicitan o pago doIbI correspondente aos anos2011 e 2012 (949 euros); o pe-che perimetral e o acondicio-namento do terreo, valoradonuns 15.000 euros; e unhaindemnización por incumpri-mento de contrato que naactualidade rolda os 30.000e que seguirá aumentando arazón de 200 euros diarios.

A orixe do conflito remón-tase ao ano 2009, cando ospropietarios e o anterior go-berno local (bNG e PSOE)asinaron un documento pri-vado para a cesión da parcelaa cambio do pago do IbI. Nonobstante, segundo o executivoactual (PP) non existe rastrode dito acordo nos rexistrosdo concello: “non hai ningún

decreto en relación con todoiso nin foi levado nunca aunha xunta de goberno ou aun pleno”, explicou a alcal-desa, Ánxeles Vázquez, quenconsidera que a actuación dobipartito foi “escura, irregulare irresponsable”.

Recentemente ámbalasdúas partes foron chamadas aun xuízo de conciliación noque “foi inviable chegar a unacordo”, polo que a demandaseguirá o seu curso. Vázquezsinala que o concello “non ten

nada en contra dos propieta-rios” e que debe seguir “asliñas que marca a lei”. Nesesentido resalta que sería “to-talmente irregular” aceptar opago do IbI.

Con todo, Vázquez manifes-tou que “un mal arranxo é me-llor ca un bo xuízo” e confía enchegar “a un bo fin” para queo custo sexa o menor posiblepara as arcas municipais.Anunciou ademais que convo-cará á oposición para tomardeterminacións conxuntas.

bloques de pedra obstaculizan os accesos dende hai 3 meses

turismo redobra os esforzos paraconseguir a distinción do melindreO próximo 12 de maio celebra-rase a XXII edición da Festado Melindre e por primeiravez podería ser baixo a deno-minación de Festa de IntereseTurístico Galego. Tras un pri-meiro intento fallido, a Conce-llería de Turismo non cesa noseu empeño e recoñece que adía de hoxe lograr a distincióné un “obxectivo primordial”que concentra todos os seusesforzos. Nesa liña o edil doramo, Santos López, aseguraque se reforzaron as conversascoa Consellería de Cultura eque se está a intensificar a pre-senza en feiras gastronómicas.

Logo de pasar polo IIISalón Turístico de Galicia ce-lebrado en Silleda e pola Feirado Queixo de Arzúa, os melin-dres son estes días o produtoestrela do stand co que o Con-cello de Melide está a partici-par en Xantar 2013, o SalónGalego da Gastronomía queacolle a cidade de Ourense. Alíos visitantes poden saborear arepostería tradicional en mari-

daxe con licores feitos porempresas melidenses.

Presentación na coruñaOutra das bazas que está axogar o Concello é lograr amáxima difusión na promo-ción do doce por excelenciade Melide. Para conseguilo, aConcellería de Turismo vén deanunciar que a Festa do Me-lindre se presentará este anona Coruña. A data está aínda

sen determinar pero xa estáconfirmada a participación noacto do alcalde da cidade,Carlos Negreira, e da Direc-tora Xeral de Turismo, NavaCastro. Por outra banda San-tos López confirmou que, apesar da polémica xerada oano pasado, volverán os docestípicos doutras zonas de Es-paña e avanzou que haberáunha pregoeira “de nivel” queatraerá moitos visitantes.

En 2012 a festa presentouse na Praza de Abastos de Compostela

O bNG de Melide vén de pre-sentar unha nova queixa anteo Valedor do Pobo, a segundano que vai de ano, logo de quea alcaldesa, Ánxeles Vázquez,demorase catro meses a con-sulta de expedientes munici-pais por parte da oposición.Os nacionalistas denuncian a“grave actitude de totalita-rismo” da rexedora e solicitana mediación do Valedor nunhasituación que consideran “es-perpéntica” e na que Vázquez“fai e desfai na administraciónpública como se non tiveseque dar contas á veciñanza”.

A primeira das queixas veumotivada logo de que o go-berno local non entregase uninforme solicitado por bNGe PSOE para coñecer se un tra-ballador municipal fora ampa-rado polo PP para impartir uncurso do INEM en horariolaboral ao mesmo tempo queseguía cobrando do concello,o que suporía unha situaciónde irregularidade. O executivoxustificou a negativa en queestaba a solicitar a vida laboral

de todos os traballadores paradetectar posibles incompatibi-lidades, pero o bNG viu nisounha manobra “para taparmentiras e irregularidades” epediu consultar a informaciónno propio concello. Foi entón,segundo os nacionalistas, can-do o equipo de goberno adioua consulta 4 meses, o quemotivou a segunda queixaante o Valedor do Pobo.

Para o voceiro do bNG,Xosé María Santín Amo, isto éunha mostra “evidente” de quea alcaldesa “oculta informa-ción e está convertendo o con-cello nun organismo escuro ecunha xestión sospeitosa”.

13 incompatibilidadesTras analizar a vida laboralde todos os traballadores mu-nicipais, o PP deu a coñecerque se detectaron 13 posiblessituacións de incompatibili-dade. bNG e PSOE cren quese utilizou ao conxunto dosempregados como coartadapara tapar “o trato de favor”cun deles.

Ánxeles Vázquez, de novoante o Valedor do Pobopor “xestión sospeitosa”

Detido un melidense nunhatrama que defraudaba IVE

A Axencia Tributaria desman-telou o pasado 25 de febreirounha organización internacio-nal con base en Galicia dedi-cada á fraude do IVE a travésda comercialización de conso-las para xogos e materialinformático. A operación, de-nominada “Marcianitos”, sal-douse con 14 detencións entoda España, unha delas enMelide e outra en Arzúa. Atrama tiña ramificacións en

varios países europeos e teríadefraudado polo menos 5 mi-llóns de euros nos últimosdous anos mediante “socieda-des trucha”, “sociedades pan-talla” e testaferros que nalgúnscasos mesmo eran cidadánsque estaban cumprindo penasde cárcere no estranxeiro. Asdilixencias seguen abertas e ainvestigación baixo segredo desumario, polo que non trans-cendeu os nome dos detidos.

Rexistro de vivendas propiedade dos detidos (Foto:Axencia Tribut.)

Page 12: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

12 Melide Cerne 86. Marzo 2013

o triunfo do vangardismoFoto-DEnuncIa

É bo costume resaltar dalgúnxeito aqueles lugares queforon relevantes na historiapor un ou outro motivo: “aquíviviu Picasso”, “aquí naceuRosalía de Castro”, “aquígravaron os beatles o seuprimeiro disco”. A Rambla deSan Pablo tamén ten o seupropio sitio de culto. Non hainingunha placa que o identifi-que porque xa non queda ondecolgala pero é igualmente visi-

ble e recoñecible grazas aun pneumático delicadamentepintado de vermello cunhacaixa metálica da mesma corque sae do seu ventre e e seenvolve en brillantes cintasplásticas. “Aquí houbo unhafarola”, reza o monumento,metáfora das luces e sombrasdo ser humano. Os novos con-ceptos de arte chegan a Melidepara quedarse. Que ninguénpense que é unha chapuza.

NOTICIAS BREVES

A alcaldesa de Melide, Ánxeles Vázquez, ocupadende o pasado 11 de febreiro un novo posto;o de voceira do PP na provincia da Coruña.A rexedora foi escollida polo presidente pro-vincial, Carlos Negreira, para desempeñar estecargo de nova creación dende o que Vázquezasegura que dará “todas as explicacións queteña que dar nese labor de achegamento á ci-dadanía”. A alcaldesa declárase “satisfeita” coadesignación e cre que se pensou na súa persoa“porque todo o mundo sabe que non me doenprendas en dicir as cousas que penso e quecreo que son boas para a sociedade”.

Voceira provincial

O Xulgado número 1 de Arzúadá por rematadas as dilixen-cias previas do xuízo polasobras da depuradora do polí-gono industrial. Deste xeito oproceso entra na fase da vistaoral, que dará comezo tresanos e medio despois de queo PP (entón na oposición) pre-sentase unha querela contrao anterior goberno (bNG ePSOE) por entender que secometeran irregularidades aocertificar as obras da EDARsen que estas se realizasen.

cea segue encausadaNa denuncia interposta polospopulares acusábase a exalcaldesa, Socorro Cea, dunpresunto delito de prevarica-ción, fraude e falsificación do-cumental. Na querela taménse incluía a catro membros daXunta de Goberno Local: osedís nacionalistas ConcepciónCastro, Antonio Varela e Anto-nio Díaz máis o daquela te-nente da alcaldesa, o socialistaManolo Prado.

No auto publicado recente-mente polo Xulgado de Arzúadecrétase o sobresemento das

causas contra todos eles, poloque quedan fóra do proceso.Non obstante, Socorro Ceasegue encausada e xunto conela tamén un representantee un técnico da empresaadxudicataria da obra (UTEMacraut - Aldasa).

“Polo interese xeral”Na fase de intervencións paradeterminar se había indiciosde delito, iniciada poucos díasdespois das eleccións de 2011que propiciaron o cambio degoberno, Socorro Cea declarouque actuou en todo momento“movida polo interese xeral”.A ex rexedora sinalou quese certificou a obra da EDARseguindo todos os pasos indi-cados pola Consellería deIndustria para non perder asubvención, de 437.000 euros,e fixo constar ademais quepese a certificar a obra “o Con-cello de Melide nunca recibiunin un só céntimo do convenioasinado coa Xunta”. Aseguroutamén que por entón habíaoutros seis concellos namesma situación ca Melideque non foron investigados.

comeza o xuízo oral polocaso da EDar do polígono

Paralizan tramos da a-54e estiran as obras ata 2017

O Ministerio de Fomentocomunicou oficialmente queparaliza ata 2015 as obrasda Autovía Santiago-Lugo notreito comprendido entre Pa-las de Rei e Guntín. Os traba-llos, que foran adxudicadospolo anterior goberno centralno ano 2009 e tiñan comodata de remata finais de 2014,prolongaranse agora ata 2017.

Os representantes do PSOEna comarca xa anunciaronque presentarán mocións nosplenos dos seus respectivosconcellos para esixir que se

retomen as obras. Consideranque é “un desprezo para a ve-ciñanza” e alertan que moitasdas actuacións xa feitas “nonvalerán para nada dentro dedous anos”.

Pola súa banda, o ex minis-tro de Fomento, José blanco,impulsou unha proposiciónnon de lei no Congreso dosDeputados para que se con-trate conxuntamente “e coamaior brevidade posible” oproxecto e a obra de constru-ción dos treitos Arzúa-Melidee Melide - Palas de Rei.

Socialistas de Melide, Guntín, Palas e Monterroso nas obras da A-54

O Concello de Melide pechouo ano 2012 cun remanente de20.995,55 euros. É a primeiravez dende 2003 que un exer-cicio económico se cerra enpositivo. A alcaldesa, ÁnxelesVázquez, atribúe este feito “ásmedidas de austeridade e con-tención de gasto” aplicadas“en todos os departamentoslocais” e considera que “nunmomento no que baixaron assubvencións e os ingresos,dicir que temos remanente eque pagamos todas as facturasé un logro”. Por outra banda,Vázquez destaca que ao longodo último ano non se concer-tou ningún préstamo e sinalaque se pagaron 411.00 eurosde débeda bancaria, que adata 1 de xaneiro de 2013 as-cende a 1.740.344,85 euros. Ogoberno local estima que serematará de pagar en 2015.No que se refire ao presenteexercicio, “as contas están aodía”, aseguran, tralo paga-mento de 80.210,95 euros enfacturas ata data 4 de febreiro.

remanentepositivo porprimeira vezen dez anos

A Deputacion da Coruña aprobou no seu de-rradeiro pleno o convenio de colaboración coConcello de Melide que permitirá rematarplanta baixa da Casa da Cultura. A instituciónprovincial achegará 123.900 euros para unstraballos que se centrarán no falso teito, asportas de entrada, os acabados dos vestíbulose escaleiras, a substitución dos paneis dealuminio da fachada e diferentes traballos dealbanelaría. As obras tamén inclúen a instala-ción dun sistema de seguridade, megafoníae telecomunicacións. Estímase que o edificioestea operativo no mes de xuño.

o último empuxón

A Xunta de Goberno Local aprobou a contra-tación de varias obras relacionadas co deportepor valor de 395.430 euros. Entre elas atópaseo arranxo da piscina climatizada municipal.Cun prazo de execución establecido para o 30de xuño,as instalación volverán a estar opera-tivas no verán, un ano e medio despois deque foran pechadas debido ás deficiencias quepresentaban. As outras obras contratadas sona construción das pistas de pádel e dun espazode ocio infantil no Pazo de Congresos. Nestecaso os prazos de execución rematan o 30de outubro e o 30 de xuño respectivamente.

Piscina nova no veránOs alumnos de segundo de bacharelato do IESparticiparon por segundo ano no concurso dedebates Parlamento Xove, organizado polaXunta. Alcanzaron as semifinais, que se cele-braron no salón de plenos da Deputación daCoruña, e quedaron no posto 17 de 24. Máisalá da posición numérica, queda a aprendizaxe“da tolerancia, do saber falar e saber escoitar”.Así o expresou Dolores Vázquez, mestra e co-ordinadora do grupo de debate do instituto,unha iniciativa posta en marcha recentementecoa que o alumnado aprende a defender asideas propias respectando as contrarias.

Saber falar e escoitar

Page 13: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

Comarca 13 Cerne 86. Marzo 2013

o GDr axuda a descubrir osusos alternativo do monte

Coa entrada do mes de marzodeu comezo o curso de UsosAlternativos do Monte que oGDR Ulla-Tambre-Mandeoestá a desenvolver na Escolade Agricultura Ecolóxica deVilasantar. A formación, queconsta de tres módulos, come-zou coas herbas aromáticase medicinais. Os alumnosaprenderon os seus numero-sos aproveitamentos, tanto

para a gastronomía como paraa saúde e a estética e recibirontamén información teórica epráctica sobre os procesos desementeira, poda e tratamen-tos. Nas vindeiras semanas, eata o mes de maio, abordarános módulos dedicados aos froi-tos do bosque e á apicultura.A alta demanda obrigou a in-crementar o número de prazasdo curso de 15 a 25.

Alumnos analizando as sementes a través do microscopio

rouban mercancía por valor de6.000 € nun almacén de VisantoñaPolbo, costela de porco, lagos-tinos, luras, cigalas, paleta decordeiro... é parte do botín queconseguiron substraer os la-dróns na noite do 25 ao 26 defebreiro do almacén de RaúlPazos, un veciño da parroquiade Visantoña (Santiso) que sededica ao reparto de produtosconxelados.

“Non nos enteramos denada”, explica o afectado, quevive xusto enfronte da naveonde gardaba a mercancía, aospés da estrada que une Melidee Ribadulla. “Cando fun paratraballar atopei a pechadurado almacén forzada e a cámarade frío aberta”. Unha simpleollada serviulle a este veciñode Visantoña para comprobarque os ladróns “sabían aoque ían” e que seleccionarana mercancía de máis valor:“non a levaron a rumbo, foroná máis cara”, sinala, “ao preco-ciñados non lles tocaron eincluso os arredaron paracoller produtos que custanmáis”. Este xeito de proceder

faille pensar a Raúl Pazos quecon toda probabilidade a mer-cancía será revendida, xa que“levaron todo o que lles valepara colocar nun restaurante”.

A cámara de frío non foi oúnico obxectivo dos ladróns,que tamén deron boa conta doque había dentro do camiónfrigorífico, aparcado diantedo almacén: “deixárono limpo,levaron todo o que tiña”. En-tre os numerosos produtossubstraídos atopábanse trescaixas de polbo valoradasen 600 euros. Son só partedun botín que Raúl Pazosvalora aproximadamente nuns6.000 euros.

Ademais da mercancía, oscacos romperon a ventá do ca-mión para acceder á cabina,onde “remexeron todo cantohabía na busca de cartos”, ex-plica o afectado, “non lles que-dou nada por mirar”. A buscadeu resultado e fixéronse convarios pagarés que estabanmetidos dentro dunha axenda.Por se fora pouco, entraron

A Deputación da Coruñaaprobou por unanimidadeo Plan de Conservación devías provinciais para 2013,que conta cunha dotaciónde 8.012.079 euros, 1,5 mi-llóns máis ca o ano pasado.No que se refire á Terrade Melide, investiranse untotal de 282.355 euros paraarranxar as seguintes vías:DP-4601 da estrada Me-lide-Toques a Figueiras,DP-4602 Furelos a Meiree prolongación, C4603 Me-lide a Ribadulla, DP-4604Melide ás Pías por Toques,DP-7901 Chorén ao lugarda Cruz, DP-8001 Crucesa Penablanca, DP-8002Camiño a San Antolín.

As actuacións contemplano desbroce de maleza, aper-tura de cunetas, tratamentodas estradas, colocación desinais, reparación de siste-mas pluviais, rebacheos easfaltados en superficie nocaso de seren necesarios.

a Deputaciónarranxarásete estradasda comarca

os veciños de Santiso preparan as pancartaspara reclamar o arranxo da Ponte da regadaLevan máis dun mes senpoder utilizar unha das prin-cipais vías de comunicación domunicipio e están convencidosde que só a presión cidadápode facer que a Xuntaarranxe canto antes a Ponte daRegada. Por iso os veciños deSantiso, que xa se constituíronen plataforma, están dispostosa coller un autobús e plantarseen Compostela con pancartase chifres para levar as súas rei-vindicacións ante a Conselle-ría do Medio Rural. “Ao mellorcalquera día facemos unhatrasnada”, explicaba un dosveciños na asemblea que con-vocaron en Visantoña a finaisde febreiro para tratar a pro-blemática, “hoxe en día todofunciona a base de presión enós estamos dispostos a facero que sexa necesario”.

A intención de manifestarseé clara e mesmo existe xa unlema: “Se non a fan eles, facé-mola nós”. O único que falta éfixar a data, unha cuestión quedepende da visita que os técni-cos da Xunta e de Augas deGalicia farán á zona nos próxi-

mos días e da que deberíansaír determinacións e prazosconcretos. En caso contrario,os veciños, que aseguran estardispostos “a dar moita leña”,pasarán á acción.

Unha das principais preo-cupacións é que a burocraciae os trámites administrativosdilaten no tempo o arranxo daponte, que para os habitantesda zona é algo “urxente” e quenon pode esperar. Segundoexplicou o alcalde de Santiso,Fernando Suárez, tras unhareunión mantida coa Conse-lleira do Medio Rural, “naXunta non quixeron poñerprazos en ningún momento”,unha resposta que indigna aosveciños. “Se tiveramos un con-selleiro en Ribadulla, amaña-ban a ponte en menos de dúassemanas”, apuntaba un deles,ao que outra cidadá secun-daba: “vaise apurar a facelacando haxa unha emerxencia eteñamos que ir dar a Melidepara chegar a Santiago? Istoé como cando botan sal naestrada despois de que sevaian vinte coches”.

transtornos no día a díaA Ponte da Regada, situada naestrada que comunica Santisocon Arzúa, quedou cortada ácirculación o 28 de xaneirotras sufrir danos na estruturapor mor dun temporal. Dendeentón, rutinas habituais comodesprazarse ata a vila arzuápara ir a traballar ou mercarconvertéronse nun auténticopesadelo para os veciños dazona. As alternativas supoñen

investir como mínimo 15minutos extra e facer ata 18quilómetros máis de traxecto.Tal é o caso da estrada de SanRomán, na que se contabilizanata 38 fochas: “probei todas asalternativas e a máis curta éesa, pero a estrada estase des-facendo. Quedamos sen pontee agora imos quedar sen co-ches”, queixábase unha veciñaque pide, tamén, que infraes-trutura se arranxe “xa”.

Estrada cortada ao tráfico coa Ponte da Regada ao fondo

ademais en dous vehículospropiedade da familia, aíndaque só levaron unha cazadora.

cúmulo de coincidenciasOs ladróns tiñan o seu día desorte e todo lles coincidiu benpara cometeren o roubo senser descubertos: “á miña mu-ller cadroulle de levantarse ás6 da mañá e ao pouco de acen-der a luz sentiu que arrincabaun coche pero non lle deumaior importancia”, apuntaRaúl, quen engade que esedía tamén fallou a mellor dasalarmas posibles: “temos unhacadela que está seguido dandoas horas pero esa noite non la-drou. Supoñemos que comofacía tanto frío estaba dur-mindo do outro lado da casae non se enterou”. E outraalarma, a dun dos coches dafamilia, tampouco soou maliaque lle romperon unha ventá.Si o fixo varias horas máistarde cando un axente daGarda Civil se achegou aovehículo para tomar parte.

Page 14: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

14 Comarca Cerne 86. Marzo 2013

reencontro cos recordos na aldea de Puñín

Poucas veces acontece que osrecordos volven ser de socatounha realidade presente, máisna aldea de Puñín, en Visan-toña, o que levaba anos rele-gado ás lembranzas dos máisvellos e agochado baixo assilvas volve ser hoxe o quefoi hai tres ou catro décadas.A viaxe no tempo é ben doadade facer e abonda con camiñarpola pista entre as casas atachegar ao fondo da aldea paraatoparse de novo coa augaclara do regato e o pozo arte-sán no que se acumulaba augapara beberen as vacas e regaros prados nos meses máissecos. Na cima da pendenteque baixa cara ao rego volveestar a fonte, co seu banco depedra ao lado que tan bo xeitohabía dar para breves parra-feos á sombra nas tardes deverán mentres as sellas nonacababan de encher.

O Punto de Auga de Puñínvolve a ser parte do patri-monio de Santiso. Tras anosbaixo a maleza, o gobernolocal púxose mans á obra pararecuperar o entorno e poñeren valor o que foi un lugar detraballo e de encontro paramoitos veciños da parroquia.Lonxe de darlle os usos quetivo no seu día, o obxectivo

agora é que o lugar se convertanunha pequena área recrea-tiva e pase a formar partedos atractivos paisaxísticosdo concello. Nese sentido, oequipo de goberno asume ocompromiso de manter a raia

a maleza e rozar periodica-mente a zona para evitar quetoxos, silvas fieitos e pólasvolvan cubrir en pouco tempoo que estiveron ocultandodurante as últimas tres oucatro décadas.

Canalización de pedra do Rego de Puñín, présa de auga, fonte e vista xeral da área

acción conxuntaOs traballos de recuperaciónno entorno do regato de Puñínforon posibles grazas a unconvenio que o Concello deSantiso asinou coa Conselleríado Medio Rural. En virtude

do acordo, a administraciónautonómica puxo a man deobra mentres que a maquina-ria e os materiais necesarioscorreron a cargo do concello.

A actuación consistiu ensanear a zona, que estaba amonte, realizando unha cortae poda selectiva de árboresao tempo que se afeitou toda amaleza. Descubriuse o regatoe restaurouse a parede decroios por entre a que transco-rren as augas. Por outrabanda, recuperáronse tanto opozo como a fonte. O lugar dePuñín atópase nun lugar estra-téxico, a menos dun quilóme-tro dos tamén restauradosmuíños do Tajo e da rutade sendeirismo, polo que ogoberno local confía en quea recuperación desta zonacontribúa a potenciar o atrac-tivo turístico do concello.

Os veciños agradecen arecuperación do patrimoniolocal, que consideran “unhacuestión máis de querer cade gasto”, segundo apuntanalgunhas voces, e agardanque non suceda con Puñín omesmo ca con outras áreas re-creativas de Santiso creadascon anterioridade e cuxa con-servación, aseguran, “podíaser moito mellor”.

os veciños de Visantoña asumen o arranxo do cruceiro parroquialViron que estaba caendo edecidiron botarlle a man parasalvalo. Convencidos de queo cruceiro parroquial non so-portaría a lentitude dos trámi-tes burocráticos, os veciñosde Visantoña non dubidaronen poñerse mans á obra pararealizar “unha sinxela repara-ción” que garantise a súa con-tinuidade.

O monumento semellabater os días contados dende quehai varios meses fose vítimadun accidente aínda sen acla-rar a día de hoxe que puxoen serio compromiso a súaestabilidade. Algunhas fontesapuntan a que un coche seempotrou contra el unha noitee despois se deu á fuga sen darparte. Outras aseguran que foiun autobús da ruta escolar oque bateu contra el mentresdaba marcha atrás. En cal-quera caso, a plataforma docruceiro viuse afectada e as pe-dras sobre as que se sustentadesprazáronse considerable-

mente, deixándoo en riscode derrubamento. “Vimos quecaía, que o iamos perder, aante iso invitei a algúns veci-ños da parroquia a que meaxudasen a recuperalo”, sinalaDaniel Roibás, a persoa queasumiu a iniciativa de arran-xar o monumento. “Hai unsmeses caeu o cruceiro de Se-rantes e rompeu en catro oucinco cachos; como se recu-pera despois iso?”, engade.

Intervención mínimaA intención era clara pero,

con todo, Roibás define ainiciativa veciñal como “unatrevemento”, en referencia áestrita política que aplica aDirección Xeral de Patrimonioda Xunta á hora de autorizar oarranxo ou a restauración demonumentos. “Ás veces nonche deixan nin limparlle asherbas e o musgo”, sinala,“pero eu decidín facermeresponsable de todo aquiloque puidese suceder para non

envolvernos na burocracianin perdernos en trámitesadministrativos”.

A cruz de pedra non podíaesperar moito tempo e á rapi-dez da intervención contribuíuo feito excepcional de que ocruceiro de Visantoña é dospoucos que hai en Galicia detitularidade parroquial, poloque non foi preciso solicitarpermiso á curia. A actuaciónfoi comunicada a Patrimonioe os veciños procederon aoarranxo sen alterar no máismínimo a estrutura orixinal.Os traballos consistiron enempurrar os chanzos da plata-forma cunha pá mecánica paradevolvelos ao seu sitio e logoforralos con pedras máis pe-quenas de xeito que quedasenseguros. Para curarse en saúdee previr novos incidentes nondesexados, un veciño doouseis pequenos piares de pedrade cantería que foron coloca-dos arredor do cruceiro a xeitode protección. O cruceiro antes e despois do arranxo realizado polos veciños

Page 15: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

Publicidade 15Cerne 86. Marzo 2013

capela de San roque Praza do convento

Camino de SantiagoImprescindibles del peregrino

en MelideMelide, where you will find

everything you need

Continente

C/ Luis Seoane, 8

15800 MELIDE (A Coruña)

HOSPEDAJE - BAR

RESTAURANTE

Telf: 981 50 61 82 - 699 61 37 59

Novo

Almorzos

Habitacións

Unha carta con

Menú do día

pratos moi variados

Terrazas

Tfno.: 981 815 333 - Fax.: 981 507 560Rúa San Antón, 18 - 15800 MELIDE

www.pousadachiquitin.es - [email protected]

Ponte románica de Furelos

Tfno - Fax: 981 50 73 72 . Móvil: 687 59 20 90

Coto - Leboreiro - MELIDE (A Coruña)

San Antonio, 3

MELIDE

Tlf: 627 809 017

CAFETERÍA Y

CHURRERÍA

DESAYUNOS

BOCADILLOS

CHURROS

Desde las 6 a.m.Cátedra, 1

MELIDE

Page 16: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

16 Publicidade Cerne 86. Marzo 2013

23 de marzo - 1º aniversario

FESTA COYOTERegALosaZAFATAS

gogos

O melllor Entroido !!!

Rúa Principal, 6 - MELIDE

Telf: 696 77 41 63

XORNAL

CERNE

Departamento de publicidade

663 687 322981 506 188

[email protected]

Page 17: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

Publicidade 17Cerne 86. Marzo 2013

Page 18: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

18 Publicidade Cerne 86. Marzo 2013

Page 19: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

Cultura e lecer 19Cerne 86. Marzo 2013

a coral afronta nova etapacoas sopranos na directiva

Parte da antiga xunta directiva na asemblea celebrada o 8 de febreiro

“Vaille vir moi ben o cambio”,di convencido Javier Rodrí-guez Pampín, que tras catroanos na presidencia da CoralPolifónica de Melide deixa ocargo para dar paso a un novoequipo directivo integrado sópor mulleres. A formaciónmusical aprobou o pasado mesde febreiro en asemblea ocambio na dirección e, deacordo co recollido nos estatu-tos, as sopranos asumirán asrendas en substitución dacorda dos tenores. “É un bo

cambio”, sinala RodríguezPampín, “ata agora eramos to-dos homes e as mulleres sonmáis detallistas; traerán novasideas”. A directiva entrante es-tará presidida por Ánxela Ló-pez. Na vicepresidencia estaráMarina Lea e como secretariaEstela Guerreiro. Mª CarmenFernández será a tesoureira.

O antigo equipo directivovaise co convencemento de“ter recuperado a autoestima ea calidade” cunha coral que“estaba nun momento baixo”.

Escuela ayude prepara oasalto aos nacionais de loita

Equipo da Escuela Ayude no último campionato desputado, en Murcia

A loita olímpica segue dándo-lle alegrías á Escuela Ayude.Unha das súas deportistasmáis laureadas, Cora Ayude,fíxose coa medalla de ouro encategoría cadete nos campio-natos de España celebrados opasado 23 de febreiro. Xuntocon ela, outros tres loitadoresmelidenses formaron parte daselección galega desprazada aMurcia, onde tamén fixeronun bo papel. Xandre Freireconseguiu o bronce na moda-

lidade de loita grecorromana,bruno Agra quedou 5º e ArónAyude 7º. A dirección da es-cola cualifica estes resultadoscomo “bastante buenos” tendoen conta que os loitadorescompetiron nunha categoríasuperior á que lles corres-ponde. É por iso que agardaque o número de medallassexa maior tralos campionatosde España para as categoríasjunior e escolar. A cita será enGranada os días 8 e 9 de marzo.

Vázquez arias estrea cincoobras de creación propia

Vázquez Arias nos ensaios previos ao concerto (Foto: Susy Suárez)

Doce anos de actividade crea-tiva feitos música de cámara.O director do ConservatorioMunicipal e da Orquestra Sin-fónica de Melide, FernandoVázquez Arias, presentou oprimeiro de marzo cinco obrasorixinais compostas por elmesmo entre os anos 2000e 2012. Sobre o escenario doConservatorio Profesional daCoruña e coa cidade herculinacomo telón de fondo, VázquezArias fixo viaxar ao público através dos sons coa súa Sonata

Compostelana para piano,na que en catro movementosrecrea o ambiente de lugaresemblemáticos de Santiago. Aesta peza sumáronse outrascatro de inspiración galega einfluencias clásicas: Trío enLab M para piano, violín e vio-loncello; Cuarteto de cordasen Do m; Elexía apaixonadapara piano e violoncello; eSuitte do camiño para quin-teto de cordas. No recital par-ticiparon sete instrumentistasdo conservatorio coruñés.

casa alongos saca a escenaas súas mellores iniciativas

Fran Lugrís, Antón Durán “Morris”, Concha Casares e José Crusat

Como se dunha metáfora setratase, Casa Alongos com-partiu os seus viños e licorescon máis de 150 profesionaisdo teatro galego. A asociaciónde actores e actrices escolleuesta empresa melidense paraservir o catering da festa dosnomeados aos premios MaríaCasares. Mais non é o únicoescenario onde estivo presenteCasa Alongos; o pasado 25de febreiro esta firma localcontou a súa experiencia nas

xornadas sobre iniciativas em-prendedoras de éxito ligadasao aproveitamento dos recur-sos no rural que organizou aFundación Juana de Vega daCoruña. A xira por Galiciacontinúa e a próxima “fun-ción” sera no salón gastronó-mico Vigourmet, onde o 9 demarzo, en colaboración conPastelería Trisquel, presentaránovas creacións culinariasbaseadas na maridaxe derepostería artesanal e licores.

Comezou como unha festade amigos e coñecidos quedecidiron xuntarse parapasar unha noite de confra-ternidade e diversión peroa experiencia resultou tanpositiva que ademais deconsolidarse está a medrar.É a Festa dos Singles, quepor segundo ano vai con-verter Melide na capitalgalega dos solteiros e de-mais xente sen compro-miso. Celebrarase o 16 demarzo na Pulpería Eze-quiel, onde se servirá unmenú a base de pulpo echurrasco. Durante a ceahaberá sorteo de regalos eoutras sorpresas. A festacontinuará despois na dis-coteca Palladium e na zonade pubs. As persoas intere-sadas en participar podenanotarse ata o día 15en stilosingle.ning.com ouchamando ao número deteléfono 600 519 131.

Melide acolleo 16 de marzoa II Festa dossingles galegos

A Concellería de Promo-ción Económica e Turismoorganiza por segundo anoo concurso de carteis anun-ciadores da Festa do Melin-dre. O prazo para a entregade propostas xa está aberto.Poderán participar osmaiores de 16 anos e pre-sentar tantos traballoscomo desexen, sempre ecando sexan orixinais e nonresultaran premiados conanterioridade. A técnica aempregar será libre (óleo,acuarela, debuxo artístico,fotografía, collage...) e atemática será o melindre ea repostería tradicional daTerra de Melide. O prazopara a entrega de obrasremata o 5 de abril, dataa partir da cal se escolleráo cartel ganador, que reci-birá un premio de 300 eu-ros. As bases do concursoestán dispoñibles na webwww.concellodemelide.org.

concurso de carteis daXXII Festa do Melindre

Page 20: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

20 Cultura e lecer Cerne 86. Marzo 2013

a auga desloce un Entroido quemedra en participantes e nivel

SObRE-DOSE DE RETRANCA NAS COPLAS DE PARRADO

O Cabalo de Troia, 1º premio na categoría de comparsas

O Entroido 2013 tivo unhaconvidada de excepción quemalia ser agardada non deixoude amolar: a choiva. Un orba-llo persistente fixo acto de pre-senza no día grande, o martes,e deixou deserto de disfracese algarabía o Cantón de SanRoque ao tempo que impediuo tradicional desfile polas rúasda vila. Pero a auga non foiquen de botar a festa por terrae o Pazo de Exposicións e Con-gresos reuniu baixo o seu teitotodo o balbordo dunha cele-bración que semella ir a máisano tras ano, a xulgar polaasistencia masiva de xente queacudiu ata o lugar para parti-cipar da troula.

A festa non só medra en nú-mero de entroideiros, senóntamén en canto á calidade dosdisfraces e propostas daquelesque se presentan ao concurso.Tal foi o caso da categoríade comparsas, onde se fixo coprimeiro premio (700 euros)o xigante cabalo de Troiada Asociación Charamela deMelide, ao que lle tiveron que“cortar” a cabeza para podersacalo do recinto, pois noncabía pola porta. En segundolugar quedou “A invasión doOeste”, de Visantoña, coa re-creación dun saloon e a loitaentre indios e vaqueiros acargo dos seus 45 compoñen-tes. Levaron 500 euros.

Na categoría de grupos,onde participaron 12 concur-santes, os 300 euros do pri-meiro premio foron para“Unha monada de Gibraltar”,sete primates melidenses quesaíron ao escenario comendoplátanos e reivindicando agolpe de música a devolucióndo Peñón. En segundo lugar(200 euros) quedaron “As an-duriñas”, de Sobrado, cunhaproposta moi orixinal que foidas máis aplaudidas polopúblico e na que recreaban acatro mulleres facendo o pino.

Menos concorrida, perocun alto nivel, foi a categoríaindividual, á que se presenta-ron dúas persoas. O primeiropremio (200 euros) foi para“Fantasía de Carnaval”, a pro-posta dunha melidense querepite ano tras ano no podio eque luciu un disfrace feito consacos de plástico. En segundolugar quedou a representaciónfuturista de “billenium”, che-gado de Lugo. Primeiro e segundo premio na categoría individual

Primeiro premio de grupos, “Unha monada de Gibraltar”

Detalle do Salón do Oeste, segundo premio de comparsas

“No nejocio que eu tra-ballo, pódesme mirar sevas, é hotel e restaurantee chámase bar-Cenas.Aínda que damos cenas,o menú non vale paraver, pois se entran todoshai moito onde roer”.Non podía ser doutroxeito. Coa actualidademarcada pola cuestiónpolítica e as sombras so-bre as contas do PP, Ma-nolo Parrado subiu aoestrado da Praza das Co-les disfrazado de cama-reiro do bar Cenas parapronunciar un ano máiso pregón que pon fin aoEntroido melidense. Co

igualdá”.Iñaki Urdangarín ardeu

no lume do Entroido o anopasado e este volveu repetirprotagonismo. Iso si, com-partido con seu sogro: “agoraten que pagar e non llechegha o ferrollo. Terás quebotarlle unha man se non llabota seu sogro. Se queres sersolidario como é o pueblo es-pañol, xa podes ir aforrandopara mexar nun orinol”.

En clave localNon estivo só o camareiroParrado á hora do servizo.Antes do menú principal,Amiguete encargouse dosentrantes cunhas coplas ade-rezadas cun toque local quetamén foron do gusto dosasistentes: “Quen aprendetantos nomes que lle dan ácorrupción? Gürtel, Nóos,Palma Arena, Palau, Poke-mon e Campeón. No Levanteos primeiros, por aquí os ou-tros dous. Hai merda en todaEspaña, salpicando a tododios. O Pokemon é de alcal-des, mais a nosa seica non,pero hai un fillo adoptivometido no Campeón”. Nontodo foi política nun menúvariado: “a miña conta eas neuronas, todo está arra-sado, como o mobiliario doFurelos por encherme dema-siado. E se morro estou tran-quilo, teño sitio asegurado,porque disque o velorio vaiser pronto ampliado”.

Rematado o pregón, co-mezou o lume. Por se nonestaba xa suficientementequeimado, as lapas acabaroncoa figura de Mariano Rajoy.

uniforme impecable e variossobres colgando do mandil,presentou un menú do máisacedo antes as ducias de per-soas que se congregaronpara escoitar as súas coplas:“hai patatas a lo pobre,tamén menú á carta, cadaunha no seu sobre. Os sobresco seu relleno en láminas aonatural, canto máis rellenoleven, máis alegra ao perso-nal. Máis este ten unha ven-taxa, que é bo de masticar,por se alguén por gardar aliña vai a Suíza a esquiar”.

Tampouco faltaron nospratos servidos por tan pecu-liar camareiro boas dosesde crítica á acción dos gober-nos actuais e sobre todo aoincumprimento das prome-sas formuladas. Sostendounha manchea de propa-ganda electoral, dedicoullesalgunhas das coplas conmáis retranca: “non é men-tira ningunha, que ma man-daron a min, non cumplironpara nada o que no papel chedin. Aquí no papel que traiopodédelo comprobar, nues-tro compromiso contigo yque puedes confiar. Las pen-siones están seguras, non seidas que falarán, das quequedan vitalicias por admi-nistarnos mal? Mellorar aeducación era outros dosseus puntos, máis ninguénestá contento, nin profesoresnin alumnos. Pois pareceque é pensado, e vaino ver sepodes, para que destaquenos ricos e non estudien osprobes. Por iso tamén dicían,e é outra barbaridá, ponotamén o papel, que iba haber

Page 21: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

Cultura e Lecer 21Cerne 86. Marzo 2013

Había tempo que non se recordaba en Melide unha noite de Entroido con tanta xente disfrazada polas rúas da vila. as festas especiaisorganizadas por bares e pubs engadiron un ingrediente máis á movida dos sábados e lograron reunir a centos de mozos e mozas conorixinais disfraces. Indios, pallasos, cabereteiras, xoaniñas e choqueiros certificaron que esta celebración (tamén) está en pleno auxe.

Entroideiros en Melide

Page 22: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

22 Colaboracións Cerne 86. Marzo 2013

A lingua galega no software libre

Rafael Rodríguez Gaioso, presidente de Melisa

Unha das grandes diferen-zas que atopamos entre o soft-ware liberado baixo unhalicenza libre e o software pri-vativo é o uso do galego nainterface de usuario. Froitoda posibilidade de acceso emodificación do código fonte,é que multitude de voluntariosparticipan na tradución desoftware libre cara ó galego.

Unha das primeiras sorpre-sas que atopa un usuario quese inicia no uso de ferramen-tas libres é que o seu ordena-dor pode comunicarse conel na súa lingua, o galego. Esobre todo é unha maneira demanter vivo o idioma, ao con-tar coa posibilidade de utilizarferramentas coma os correcto-res ortográficos, ademais de

acostumarse a utilizar de xeitocorrecto os nomes de diferen-tes elementos que utilizamosa diario nos nosos equipos.

Moito do traballo feito atao momento ten detrás a ungrupo de tradutores galegosque se organizan baixo o co-lectivo Trasno (trasno.net).Creado no ano 1999, levatraducidos centos de aplicati-vos que usan acotío miles deusuarios, coma por exemplo,LibreOffice, Mozilla Firefox,Ubuntu, WordPress, KDE,Gnome, etc...

As motivacións que levan aunha persoa a dedicar partedo seu tempo á tradución desoftware son moi variadas,pero destaca en todos eles apaixón que senten pola lingua

e por introducila nun sectorque estivo (e está en parte)dominado polo inglés.

Coma sempre, dende aquíanimamos a que as persoas in-teresadas en axudar contactenconnosco, ou ben con Trasno,para poder colaborar en todoo traballo que queda por facerpara que a nosa lingua sigapresente nos nosos dispositi-vos. Calquera usuario quesaiba utilizar un ordenador eposúa coñecementos de inglése galego pode converterse nunvoluntario. En todo caso, cal-quera tipo de axuda sempre ébenvida cando estamos a falarde traballos colaborativos.[[email protected]],[ f a c e b o o k . c o m / m e l i s a .melide].

Tenda: 981 505 723 - Queixería: 981 510 702Balada - Visantoña (SANTISO)

[email protected]

Santiago Prado Conde (Chago), antropólogoLendo o Cerne do mes pasado,atopeime cunha foto denunciada Fonte de Priorada, en Me-lide, que poñía ao descubertoo estado de abandono no quese atopaba. Isto fíxome recor-dar unhas notas que tiñagardadas sobre o Día Mundialda Auga e pensei que era mo-mento de tratar un tema tanimprescindible para a supervi-vencia da humanidade.

Como xa sabemos, 2013 foideclarado polas Nacións Uni-das o ano do aproveitamentoda auga, sendo o día 22 deabril cando se celebra o DíaMundial da Auga, que tencomo obxectivo concienciarsobre a necesidade de aforraro líquido elemento. Así o reco-lle unha das notas que tiñagardadas: “este ano 2013quere inducirnos ao aforroda auga, xa que sen auga purae sen aire respirable dificil-mente poderemos seguir ca-miñando pola vida…”.

Unha vez postos en alertalaranxa para que non a des-aproveitemos, véñenme á me-moria recordos moi curiosossobre a historia da utilizaciónda auga no rural galego enépocas pasadas. Se nos referi-mos a tempos primitivos,podemos contemplar como asprimeiras casas dunha aldeaeran construídas sempre aopé dunha fonte que non secara

nin sequera no verán. Istofacíase aínda que o terreo dosarredores fora de acceso com-plicado e resultase difícil cons-truír un pozo.

Esa auga potable impres-cindible para a vida e tan cus-tosa de carrexar ata o fogartiña dúas aplicacións princi-pais que nalgúns casos traíangrandes problemas para oscampesiños galegos. Unhadelas era a de facer andar osmuíños para moer o gran, sencuxa fariña non había pan,alimento base en toda casade aldea. Tal tarefa levabaconsigo o sacrificio de ter queir vixiar o muíño unha ou máisveces na noite, ou inclusopasal toda enteira dentro del,sentado nun tallo ou nunhapedra. Se o muíño paraba,había que saír fóra e andarrío arriba para ver se alguéndesviara a auga para algúnprado e por iso non chegabaao muíño. Outro problema eraque só podía haber un pradode herba verde onde houberaunha fonte para regalo, valén-dose de regos que coas súascorrespondentes fielas a dis-tribuían por todo aquel terreo.

O progreso demostrounosque os prados preferían comermáis abono e beber menosauga, aínda que fora potabledunha e viñera dunha dasmellores fontes.

Precísase ben común

Cos resultados das últimaseleccións ao goberno do es-tado facía un repaso quetrataba de confrontar asilusións daqueles que votaronao partido gobernante co quese coñece como economía doben común (Nº71). Nese nú-mero facía alusión a que máisadiante expoñería polo miúdoen que se basea esta teoría.Vistos os acontecementos,penso que é pertinente traelaa colación de novo.

A economía do ben comúné un termo acuñado polo eco-nomista austríaco Christian-Felber e baséase, de xeitoresumido, na acción de com-partir, é dicir, mudan radical-mente os significados de éxitoempresarial ao centrarse estena contribución ao ben co-mún. Pero que é o ben co-mún? Pois aquel que decidande xeito participativo aquelesque forman parte dun enteempresarial e mídese en ren-dementos de tipo social,ecolóxico e de distribución.Arguméntase que aquelasempresas que consigan estesobxectivos deberán gozar deincentivos e vantaxes legaisque, loxicamente, lles permiti-rán cubrir os seus custos éti-cos. É así como se podeentender que o beneficiofinanceiro deixe de ser o finpara converterse nun medio

co que alcanzar o novo obxec-tivo, o ben común. Isto nonquere dicir que non se poidanestablecer escalas salariais ouque as plusvalías non repercu-tan entre os que as crean; defeito contémplanse, pero nondeben superar en vinte veces osalario mínimo. Deste xeito,segue argumentándose, asempresas poderán recuperar oseu tamaño óptimo sen preo-cuparse de ser absorbidas poroutras porque o obxectivo derendibilidade mudou do uni-camente económico ao social.

Se ben é certo que estenon deixa de ser un modeloutópico, non deixa de ser tam-

pouco un modelo que algun-has empresas comezaron xa ausar con certo éxito. É un mo-delo, por exemplo, que nonpermitiría que aqueles que seforraron durante anos poidanen ben pouco tempo dicir estararruinados e despedindo ma-sivamente. Uns poucos anosde crise non poden ser sufi-cientes para dilapidar as gran-des plusvalías xeradas, algoque queda ben claro candoatendemos a como moitosgrandes empresarios regulari-zaron os cartos dos paraísosfiscais coa famosa amnistíafiscal e a costa do sufrimentoda gran maioría.

Día mundial da auga

Xosé Núñez López

Page 23: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

Entrevista 23Cerne 86. Marzo 2013

MARGARITA IGLESIAS FOCIñOS, MIS MEJORES LAbORES

“Gústame seguir unha liña xuvenil e tertodas as novidades que saen ao mercado”É o claro exemplo de como un negocio evoluciona no tempo, aíndaque no seu caso os prazos son moito máis curtos do habitual. Tan só 15meses despois de abrir as súas portas, Mis Mejores Labores deixou atráso tradicional concepto de mercería para incorporar unha ampla variedade

de artigos para bebé e apostar decididamente pola lenzaría de noivas e osdetalles de voda, bautizo e comuñón. Detrás de tanta iniciativa está Mar-garita Iglesias, o perfil dunha emprendedora nata coa cabeza posta as 24horas no seu negocio e unha declarada paixón pola novidades do mercado.

Margarita Iglesias na súa tenda da Avenida de América

“Estou traendomoita lenzaría denoivas para quepoidan escollere atopar algofóra do común”

“Vendo por catálogo todotipo de artigospara bebé: sillas,berces, capazos,mantas, sacos...”

-unha simple ollada á súatenda abonda para saberque aposta por un estilomoderno e orixinal. -Margarita Iglesias (M.I.):Si, Mis Mejores Labores tenclaramente un estilo xuvenil.Non fuxo do clásico, porquehai que vender de todo, peroprocuro marcar unha liña des-enfadada e ter na tenda todasas novidades que van apare-cendo no mercado. A cada co-mercial que entra pola portapídolle cousas novas e elesmesmos me din que son moiatrevida, a única que arriscasen probar. O suxeitador máisraro que saia ao mercado, tenpor seguro que o vou coller. Amin gústame introducir todasas novidades posibles e vexoque ao final dá resultado.

-cales foron as últimasque incorporou?-M.I.: Agora mesmo estánvindo faixas redutoras e anti-celulíticas. No referido aosuxeitadores, veñen recheosmáis naturais, outros paralevar co lombo ao aire ou ospalabra de honor que noncaen. O último que trouxené un suxeitador con variasposicións que se adapta a dife-rentes tipos de vestidos e deescotes. Calquera deles vaimoi ben de cara aos eventos deverán e tamén para as vodas,que é un sector polo que estouapostando; intento ter cadadía máis mercancía para queas noivas teñan onde escollere atopen tamén algo que sesaia do común.

-Vai participar no Salónda Voda de Melide?-M.I.: Si, alí estaremos o 17de marzo. Estoume especiali-zando na lenzaría de noivas epara iso empecei a traballarcunha casa que ten un estilode corpiños e batas que nonhabía aquí en Melide. Ao salón

levarei unha mostra de roupainterior, para que as noivasaprecien a calidade dos arti-gos, e logo por catálogo terei aoferta de tres marcas de lenza-ría diferentes. Tamén levareicatálogos dos detalles de vodae invitacións, que é o últimoservizo que incorporei natenda, xunto cos detalles debautizo e comuñón.

-E tamén os artigos parabebé. o negocio cambioumoito en pouco tempo...-M.I.: Hai que actualizarseconstantemente. A miña ilu-sión era montar unha tendaen exclusiva con cousas pararecén nacidos, pero hai que irpouco a pouco. Con esta novaliña comecei en decembro.Fíxeno porque hai moitosnacementos ultimamente eporque me encantan os bebés.Na tenda teño roupa e despois

a través de catálogo vendo detodo: berces, carros, capazos,sacos, sillas, sillas de paseo,edredóns, mantas, sabas, toa-llas… E logo como me gustanas manualidades e non parode discorrer, utilizo cueiros epreparo regalos para recénnacidos con forma de castelo,de pastel, de biberón, de tio-vivo... son máis orixinais cáscestas de sempre.

-cal é o segredo para queunha tenda funcione ben? -M.I.: Traballar moito e dedi-car as 24 horas do día ao nego-cio. Eu cando volvo para a casasigo traballando. E se non se-gues traballando, a cabeza tenque estar funcionando sempreporque como te quedes e vaiascon medo, mal asunto. Euhoxe por hoxe estou contenta,non me podo queixar de comovai a tenda. Necesitaría un

baixo que fose o dobre do queteño para vender todo o quequerería, pero é moi cedo paracambiar. Miña nai xa me dixocando abrín que era unhaloucura, pero que fas se nonte arriscas? Traballo non haie tes que buscar a maneira deatopar algo…

-Por que te decantachespola actividade comercial?-M.I.: Rematei de traballar evin que as miñas compañeirasquedaran no paro unha detrásdoutra e que eu ía polo mesmocamiño. Aos dous días xa pen-sei que había que facer algofose como fose. Xa tiña a ideada mercería na mente porqueme gustan moito as manuali-dades. En Melide xa había algodiso pero o mercado non es-taba saturado e vin que habíaun oco se lle daba un enfoquexuvenil. E así naceu a tenda.

Antes traballara nun tallerde coches e recambios e noPrimark. Nada que ver conlevar un negocio propio.

-Que é o máis difícil candose comeza un proxectonovo coma este?-M.I.: Aprender tantas cousasen tan pouco tempo. Suxeita-dores hai 30.000 modelos di-ferentes e o mesmo pasa coasmedidas das sabas de berces,miniberces e capazos, que é oque me ocupa agora a cabeza.Pero tampouco o vexo extre-madamente difícil. Hai quepoñerlle interese e así vasaprendendo día a día. E des-pois se che gusta, resulta máisdoado. A min encántame aatención ao público e gústamesacar cousas novas e que asclientas as proben e busquennovos estilos, que leven cousasdiferentes, fóra do clásico.

Page 24: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

CERNE Cerne 86. Marzo 2013

SOMOS Os locais de REFERENCIA EN MELIDE!!

O próximo 17 de marzo A Boa Viña estará noSalón de Voda de Melide presentando toda a súavariedade de viños, cervexas, cafés e tapas. Nonperdas os desfiles de moda, ás 13:00 e ás 18:00,nos que participará unha camareira do PUB Q+!

Esperamos a vosa visita!!

O Entroido, todo un éxito!

Page 25: o xornal da terra de Melide€¦ · corpiños e tallas grandes. Alianzas e arras centrarán a oferta do sector da xoiería, que tamén amosará alfaias p arinv td os. P u b and ,

Kull

Pub

DISCOTECA

Pontecarreira

5 de diciembre

sabado 12 xaneiro

Melide Aloha

OlympusOrquesta

O concello de Toques aplicará man firme cos ma-deireiros que traballan nos montes do municipio.Tralos últimos danos causados no mobiliariourbano por unha empresa que traballaba noentorno do Castro da Graña, a administración lo-cal ameaza con denunciar a aqueles profesionaisque non reparen os estragos que a súa actividadeproduce en sinais, farolas, pistas ou beirarrúas.En 2013 creará unha taxapara os madeireiros.

B

R

E

V

E

S

Santiso dará un toque de atención ás empresas eparticulares que están en débeda coa administra-ción local. A día de hoxe o concello ten sen cobrararredor de 6.000 euros en licenzas de obras, dosque 2.000 corresponden a facturas con máis dedous anos de antigüidade. Outro dos principaisfocos de morosidade detectouse na axuda a do-micilio, onde hai beneficiarios que levan máisdun ano sen pagar, “e non é porque non poidan”.

O PP de Santiso solicitou que se limite a tonelaxena estrada que vai de Seoane á Ponte da Cornella.Segundo denunciou, a miúdo pasan tráileres detransporte de animais cun peso excesivo queestán a provocar a aparición de fendas en variascasas. “Se non facemos nada, algún día vai haberproblemas”, asegurou a concelleira MatildePallares. O PP sostén ademais que os camiónspasan moi preto das casas “a altas velocidades”.

control aos madeireiros Perseguindo aos morosos Moito peso e velocidade