OIM RAB · O alcalde de Oimbra, Alfonso Villarino, durante a entrevista que mantivo en San-tiago de...

12
Configuración de novos servizos O Centro de Día será de utilidade para os nosos maiores A IX Feira do Pemento acolleu a centos de persoas dispostas a disfrutar dun fermoso día festivo de agosto. O xantar popular, as actuacións musicais, a feira multisectorial e o bo tempo, contribuiron ó exito desta nova edición. Oimbra foi un dos primeiros concellos da comar- ca en elaborar un Plan de Igualdade entre Homes e Mulleres. Asemade participa no convenio con Vicepresidencia da Xunta para dispór dun Punto de Información ás Mulleres. A Banda de Gaitas do Concello de Oimbra, as pandereteiras da Asociación Soutullo e a Banda de Bousés son os continuadores da tradición musical do noso concello e os animadores das festas e romarías da nosa terra. Éxito da Feira do Pemento Apoio ás mulleres Segue a tradición musical Número 6 Boletín de información e actualidade municipal Inverno 2006/07 OIM RA B www.oimbra.es

Transcript of OIM RAB · O alcalde de Oimbra, Alfonso Villarino, durante a entrevista que mantivo en San-tiago de...

  • Configuración de novos servizosO Centro de Día será de utilidade para os nosos maiores

    A IX Feira do Pemento acolleu a centos de persoasdispostas a disfrutar dun fermoso día festivo deagosto. O xantar popular, as actuacións musicais, afeira multisectorial e o bo tempo, contribuiron óexito desta nova edición.

    Oimbra foi un dos primeiros concellos da comar-ca en elaborar un Plan de Igualdade entre Homese Mulleres. Asemade participa no convenio conVicepresidencia da Xunta para dispór dun Puntode Información ás Mulleres.

    A Banda de Gaitas do Concello de Oimbra, aspandereteiras da Asociación Soutullo e a Bandade Bousés son os continuadores da tradiciónmusical do noso concello e os animadores dasfestas e romarías da nosa terra.

    Éxito da Feira do Pemento Apoio ás mulleres Segue a tradición musical

    Número 66 BBoletín dde iinformación ee aactualidade mmunicipal IInverno 22006/07

    OIM RABwww.oimbra.es

  • Páxina 2

    EEEE dddd iiii tttt oooo rrrr iiii aaaa llll

    A piques de remata-lo ano, pode ser esta unha boaoportunidade para facer balance do que representaronpara o concello de Oimbra estes últimos doce meses.Por sorte, e ao contrario do que aconteceu en boaparte de Galicia, os lumes forestais aínda respetaronesta fermosa terra, o que fala ben dos nososhabitantes, xa que só se contabiliza-ron pequenos focos, que hoxeaínda destacan entre overde dos nosos pradose montes.

    Foi un ano im-portante para levara cabo algúns dosproxectos de ser-vizos básicos quedemandaban osnosos veciños eveciñas. Algúnsxa están executa-dos, outros en trámi-te de elaboración oulicitación, e os menosdeberán agardar, por necesida-des orzamentarias, a próximos exer-cicios económicos.

    A mellora de camiños en Casas dos Monts e AsChas, o proxecto de abastecemento a Videferre, apraza maila área recreativa de Oimbra, a mellora dasinfraestructuras básicas no Rosal, A Granxa e Bou-sés, etc., son algúns exemplos deste empeño do Con-

    cello de Oimbra para ir sentando as bases dun pro-greso equilibrado do que se beneficiarán tódolospobos e parroquias do municipio. Outras actuaciónsigualmente necesarias inciden na dotación de novoscentros sociais, como é o caso da capitalidade muni-

    cipal, As Chas e O Rosal, coa importanteimplicación dos propios veciños.

    Tamén se realizan xestións pa-ra construi-las piscinas

    municipais e a solicitu-de dun novo Obradoi-

    ro de Emprego, des-tinado a mellora-lacapacitación pro-fesional dos no-sos veciños e ve-ciñas e facilitar-lle-lo acceso ó

    mercado laboral.Neste esforzo do

    Concello de Oimbraé partícipe a Deputa-

    ción Provincial de Ouren-se e, en menor medida, a

    Xunta de Galicia. Algunhas destas propostas deberían con-

    cretarse nos próximos meses, o mesmo que a aproba-ción definitiva do Plano Xeral de Ordenación Muni-cipal, un instrumento importante de planificaciónque debe establece-las liñas de crecemento de Oim-bra durante as próximas décadas.

    Na procura dun modelo de concello moderno e con miras ó futuro

    Os investimentos reais representan o maior capítulo de gastos

    Orzamento970.000

    euros

    Investimentos41,44*

    Bens correntese servizos 17,94*

    *En porcentaxe. Datos de 2006.

    Transferenciascorrentes 9,74*

    Transf.de capital 2,72*

    Persoal22,83*

    O Concello de Oimbra afrontou oexercicio económico de 2006 cunorzamento de 970.000 euros.Como en anos precedentes, oscapítulos de gastos máis importan-tes son os referidos a investimen-tos reais, persoal e bens correntese servizos, xa que entre os tressupoñen máis do 82 por cento dototal. O orzamento de gastos com-plétase con partidas moi inferiorespara afronta-las transferenciascorrentes (9,74%), os pasivosfinanceiros (4,02%) as transferen-

    cias de capital (2,72%) e os gastosfinanceiros (1,31%).

    Os principais ingresos nasarcas municipais do Concello deOimbra proceden das transferen-cias correntes e de capital (aporta-cións de outras Administraciónspúblicas), e dos impostos directos,taxas e outros ingresos.

    Ao igual que nos exercicios an-teriores procúrase manter un baixonivel de endebedamento público, apesar do gran esforzo inversor rea-lizado.

  • P á x i n a 3

    A DEPUTACIÓN MAILA CONSELLERÍADE MEDIO RURAL COLABORAN NA

    EXECUCIÓN DE INFRAESTRUCTURASIMPORTANTES PARA OIMBRA

    O alcalde de Oimbra,Alfonso Villarino,durante a entrevistaque mantivo en San-tiago de Compostelaco vicepresidente daXunta de Galicia,Anxo Quintana. Onoso rexedor munici-pal tamén tivo reu-nións de traballo copresidente da Depu-tación, José Luis Bal-tar, e cos delegadosde varias Conselle-rías da Xunta na pro-vincia de Ourense.

    O traballo nos despachos deu, como froi-to importante, o compromiso de execuciónde destacadas infraestructuas para Oim-bra. Por parte da Deputación Provincial deOurense, diversos proxectos de construc-ción de beirarrúas, pavimentacións eredes de auga. Augas de Galicia implíca-se na mellora do abastecemento a Videfe-rre; Medio Rural, na carballeira e na prazade Oimbra, así como no acceso ó centrosocial de As Chas;Traballo aportou variostraballadores para as brigadas de obrasdo Concello, etc.

    ¡Felices festas e próspero Aninovo!Achegándonos a estas datas tan entrañables do Nada,lquixera expresar, no nome da Corporación municipal edos traballadores do Concello, o desexo de que veñancheas de saúde e ledicia, e que o novo ano se encarguede facer realidade eses proxectos e bos propósitos per-

    soais que tódolos veciños e veciñas teñen en mente.Alfonso Villarino Rodríguez, alcalde

    ALFONSO VILLARINO REIVINDICA ANTE AXUNTA DE GALICIA OBRAS E SERVIZOSNECESARIOS PARA O NOSO MUNICIPIO

    Xa cos anteriores gobernos da Xunta presididos por Manuel Fraga eagora co bipartito, o Concello de Oimbra desenvolve un importante laborpara mellora-los servizos e as infraestructuras públicas en tódolos núcle-os de poboación. O alcalde, Alfonso Villarino, plantexoulle ó vicepresiden-te, Anxo Quintana, a necesidade de habilitar no noso municipio un puntode atención á infancia, para o que conta con parte das dependencias doactual grupo escolar. Tamén se referíu á construcción do Centro de Día edunha vivenda comunitaria, destinados a atende-las necesidades priorita-rias do colectivo de persoas maiores do noso municipio.

    O alcalde de Oimbra reuníuse tamén nestes últimos meses cos dele-gados provinciais de Medio Rural, Xosé Rodríguez; Medio Ambiente,Celso Fernández; Presidencia, Concepción Camiña; Política Territorial,Raúl Fernández; Vicepresidencia e Benestar Social, Ferreiro Abelleira; ede Educación, Gonzalo Iglesias Sueiro. Nas xuntanzas abordáronse diver-sos proxectos para mellora-los servizos públicos, educativos e as infraes-tructuras locais no noso concello.

  • P á x i n a 4

    Novos proxectos serven para mellora-la calidade de vida da nosa xente

    O Concello define as prioridades das obras na procurade equilibra-los servizos en tódolos núcleos

    A estrada de Videferre-Oimbra, novos tramos de beirarrúas, os centros sociais e amellora das redes de abastecemento e saneamento, proxectos salientables

    Como en anosprecedentes, o

    Concello deOimbra desen-volveu ou xes-tionou durante

    o ano 2006unha morea deproxectos e ini-ciativas que xa

    son perceptiblesen tódolos eidos

    e que contri-búen a mellora-

    los servizos e,en definitiva, a

    calidade devida da nosa

    xente.

    OBRAS CON MEDIO RURALPARA OIMBRA E AS CHASA Consellería de Medio Rural asinou

    un convenio co Concello de Oimbra paralevar a cabo varios proxectos de interesena capitalidade municipal e nas Chas. Acuantía económica é de 135.000 eurospara acomete-la mellora e acondiciona-mento da praza de Oimbra, a carón docentro social e do centro de día, asícomo a urbanización da carballeira queacolle a Feira do Pemento, e a reformados accesos ó centro social de As Chas,de recente construción.

    A CONSTRUCCIÓN DASPISCINAS, EN TRÁMITE

    O Concello de Oimbra encargou unhamemoria que servirá de pauta para oconvenio que subscribirá coa DeputaciónProvincial de Ourense para construirunhas piscinas públicas na zona da Car-balleira do Concello. O proxecto contem-pla tamén unha zona recreativa e un edi-ficio que acollerá unha cafetería, vestia-rios, servizos e o almacén.

    Solicitude dun novo ObradoiroO Concello presentoulle á Consellería de Traballo daXunta de Galicia a solicitude dun novo Obradoiro deEmprego, coa finalidade de que preste apoio teórico epráctico a 36 persoas do noso municipio. As especiali-dades demandadas son as de albanelería, canteiría emedio ambiente. Os traballos a desenvolver que figuranna memoria son os de adecentamento do casco antigode Oimbra, unha área recreativa en Videferre, etc. Naimaxe, o forno de A Granxa, restaurado polo primeiroObradoiro de Emprego do Concello de Oimbra.

    Os Planos Provinciais deObras, nos que participan aDeputación de Ourense mailoConcello de Oimbra, destinaneste ano 70.350 euros ás obras deconstrucción de beirarrúas, pavi-mentacións e abastecemento noRosal, A Granxa e Videferre.Tamén, outros 30.000 € para amellora do alumeado público. Beirarrúas en Videferre

    Operarios das brigadas municipais deobras realizan traballos de reparaciónde varios tramos de escaleiras noscasco antigo de Oimbra. A recupera-ción do patrimonio é un obxectivosempre importante.

    Máis proxectos

  • P á x i n a 5

    O centro social de As Chas amplía os servizos do pobo

    Os veciños de O Rosal teñen un novo espacio comunitario

    Os veciños e veci-ñas de As Chasdispoñen agora dunfuncional e modernocentro social, grazasó esforzo comparti-do pola Conselleríade Servizos Sociaisda Xunta de Gali-cia, a Vicepresiden-cia mailo Concellode Oimbra.Trátase dun edificioconstruído en dous

    niveis. A plantabaixa está contem-plada para usosvarios, como alma-cén, e o primeiroandar acolle os ser-vizos e un gransalón de actos, noque xa se teñencelebrado algúnsdos cursos e char-las promovidospola Asociación deMulleres.

    Avanza a bo ritmo a construcción do Centro de DíaA carón do centrosocial de Oimbraestáse a ultimar acosntrucción doCentro de Día. Ostrámites comezaroncoa Consellería deFamilia do Gobernode Manuel Fraga,que aportou o finan-ciamento para a pri-meira fase, e segui-ron coa actual Vice-presidencia da

    Xunta, que facili-tou a segunda. Ocuste do proxectoascende a 150.000euros, dos que 90%procede da aporta-ción da Admi-nistración Autonó-mica, e o 10% res-tante, do Concello.Agora trabállasenas divisións e ins-talacións interioresdo edificio.

    Outra iniciativapara dotar a tódo-

    los núcleos domunicipio de cen-

    tros sociais atopá-mo-la en O Rosal.Eiquí procedeuse áreforma da antigaescola unitaria, a

    carón do campo dafesta.

    O investimento,neste caso, é de

    90.772 euros, cun 70

    por cento de parta-ción do Plan Lea-

    der Plus da UniónEuropea e do

    Concello de Oim-bra, e o resto, dos

    propios veciños deO Rosal. Este

    núcleo equipáraseasí ós outros

    pobos do munici-pio que xa dispo-

    ñían de centrossociais.

  • P á x i n a 6

    COOPERACIÓNTRANSFRONTEIRIZAA promoción do em-prego, a mellora dasinfraestructuras e a con-servación do legado cul-tural común son algun-has das iniciativas plas-madas xa pola Asocia-ción de Desenvolvemen-to do Val do Támega,que agrupa a Universida-des e concellos raianosde Ourense e Portugal.Moitas delas forman par-te de programas trans-fronteirizos da Unión Eu-ropea que tamén benefi-cian a Oimbra.

    Alfonso Villarino asistíu á xun-tanza de Chaves xunto ós alcal-des do Val do Támega de Galiciae do Norte de Portugal. Taménestivo presente o titular daDeputación, José Luis Baltar,xunto ó presidente e ó xerentedo Instituto Ourensán de Desen-volvemento (INORDE).

    ABASTECEMENTOPARA VIDEFERRE

    O organismo autónomo Augasde Galicia S.A. aprobou o proxecto,que está pendente de adxudicación,para acometer unha importantemellora no abastecemento de augaa Videferre. O orzamento de licita-ción é de 172.700 euros. Vansefacer novas captacións e canaliza-cións, o bombeo e un novo depósitocon capacidade para 200 metroscúbicos.

    MELLORA DA REDEVIARIA LOCAL

    A Deputación Provincial deOurense implícase, un ano máis, nodesenvolvemento das infraestructu-ras viarias de Oimbra, a través dedous importantes proxectos. Porunha banda, destina 150.000 eurosa unha nova fase da estrada deOimbra a Videferre; e por outra,75.000 euros para continua-la refor-ma da estrada de Oimbra-Rabal eque serve para remata-la conexiónentre Oimbra e San Cibrao.

    FOMENTO DO EMPREGOCase vinte persoas estiveron

    contratadas nestes últimos mesespolo Concello de Oimbra, a travésde convenios subvencionados con

    varias Consellerías da Xunta. Amaior ocupación céntrase nas briga-das municipais de obras, con 12operarios, pero tamén nas de MedioAmbiente e no servizo de Axuda noFogar.

    PLAN DE AFORROENERXÉTICO

    O Concello de Oimbra recibíuunha subvención da Consellería deIndustria para acomete-lo Plan deAforro Enerxético. Trátase de redu-ci-lo custe do servizo, pero senafectar á calidade do mesmo, xaque se manterán ou ampliarán ospuntos de luz nos diferentes núcle-os do noso municipio.

    A BANDA ANCHA CHEGAA TÓDOLOS POBOS

    A Dirección Xeral de PromociónIndustrial e da Sociedade da Infor-mación, dependente da Conselleríade Innovación e Industria da Xuntade Galicia, incluíu a Oimbra entre osconcellos galegos que se beneficia-rán da primeira fase do programa deextensión da banda ancha en zonasrurais e illadas. A instalación, quefacilitará o acceso a Internet e ásnovas tecnoloxías da información,corresponde a Telefónica de Espa-ña S.A.

    Diversas iniciativas munici-pais, en colaboración coa Deputa-ción Provincial de Ourense, contri-búen a manter en bo estado acomunicación por estrada entre osdistintos pobos do concello. Asestradas que comunican Oimbracon Videferre e San Cibrao son

    dúas das máis beneficiadas.

    O fomento do emprego e o acceso ás novas tecnoloxías,outras prioridades non menos importantes

  • P á x i n a 7

    Xunta de Montes, Concello e Plan Leader contribuiron ó seu financiamento

    Apertura do centro social de OimbraApertura do centro social de OimbraA apertura do Centro Social de Oim-bra convertíuse nun sinxelo acto, presi-dido polo titular da Xunta Rectora deMontes en Man Común, AntonioPardo Pérez, pero ó que asistiron moi-tos veciños e veciñas do pobo e o alcal-de, Alfonso Villarino, en representa-ción da Corporación Municipal. Tralabendición ritual das instalacións, acargo de don Camilo Gómez, o presi-dente da Xunta de Montes anunciouque o edificio xa estaba listo para cum-pri-la súa función de ofertar novos ser-vizos e dependencias á xente de Oim-bra: sexa para celebrar reunións, actoslúdicos e culturais, como tanatorio,etc. A inauguración oficial terá lugarmáis adiante, conxuntamente co Cen-tro de Día que se está a construir acarón do novo edificio veciñal.

    O Centro Social é un bo exemplode colaboración cidadá coas distintasAdministracións públicas, xa que foiunha iniciativa da Xunta de Montes,asumida despois para o seu financia-mento polo Concello de Oimbra, oPlan Leader Plus da Unión Europea eos propios veciños e veciñas. O custeda obra foi de 220.629 euros, para o querecibiron unha subvención do 56,65%(o Concello de Oimbra aportou o 7,15por cento desa subvención (en total,máis de 8.000 euros).

    O centro social deOimbra encheuse deveciños e convidadospara comproba-loestado definitivo dasinstalacións. Un edi-ficio moderno e fun-cional vaise adaptarás necesidades dopobo e ás demandasdo propio vecindario.O presidente daXunta de Montes,Antonio Pardo, dei-xou claro o carácter“aberto” deste centrosocial.

  • P á x i n a 8

    O Concello conta cun Puntode Información ás Mulleres

    Oimbra dispón dun Punto de Atención áMuller (PIM), a través do protocolo asinado coServizo de Promoción de Igualdade da Xuntade Galicia. As mulleres que o soliciten recibi-rán asistencia persoalizada, tanto a nivel xurí-dico como psicolóxico, para resolve-los seusproblemas familiares ou de parella. Este ser-vizo realiza tamén trámites referidos ás áreasde emprego, con orientación e informaciónsobre ofertas e posibilidades profesionais;xurídicos, sobre dereitos de familia, malos tra-tos, etc.; e de recursos, moitas veces deriva-dos cara ós servizos sociais de atención pri-maria.

    O PIM é un servizo máis dentro da Redede Información e asesoramento ás mulleresda Comunidade Autónoma de Galicia, no quese atopan, entre outros, o Centro da Muller 24Horas e o Teléfono da Muller.

    O alcalde de Oimbra, Alfonso Villarino, asinou un convenio coadirectora xeral do Servizo de Promoción da Igualdade do Homee da Muller, Ana Luisa Bouza, para a posta en marcha destanova prestación de carácter social. Na imaxe, Villarino, xunto ódelegado provincial de Vicepresidencia da Xunta, á directoralxeral de Igualdade e os alcaldes de Viana, Verín e Vilardevós.

    O Concello de Oimbra puxo en servizo a súa páxina web coafinalidade de achegar a Administración ós cidadáns e paraque calquera pesoa, en calquera lugar do mundo, poidacoñecer a través de Internet o noso municipio. Neste portal deOimbra en Internet ofrécese información sobre os servizosmunicipais, pero tamén sobre a nosa historia e patrimonioarquitectónico, tanto os monumentos da arquitectura civilcoma da relixiosa, a través dos datos de interese e unhagalería de fotografías representativas do que é hoxe en díaun concello moderno coma o noso.

    Esta páxina web irá actualizándose progresivamente, deacordo cos novos servizos e demandas dos cidadáns, facili-tando todo tipo de xestións e tramitacións que no futurotamén poderán facerse a través de Internet.

    wwwwww..ooiimmbbrraa..eess Plan de Urbanismo

    O Concello remitíulle á Xunta de Galicia oanteproxecto do Plano Xeral de OrdenaciónMunicipal. O seguinte trámite será a aproba-ción inicial en sesión plenaria e a exposición ópúblico. Daquela, os técnicos da empresa encar-gada da súa elaboración explicaránlles ás perso-as interesadas a proposta de delimitación domunicipio en zonas verdes, residenciais, de usocomercial, industrial, etc. Posteriormente, revi-saránse, unha por unha, tódalas alegacións pre-sentadas, antes de acomete-la aprobación defini-tiva por parte da Corporación e da Xunta.

    A páxina web do Concello de Oimbra concíbese comoun xeito sinxelo e accesible para coñecer un poucomellor o noso municipio, a través da historia, dosmonumentos e dos atractivos medioambienais, perotamén os servizos que benefician de xeito directo ecotián á nosa xente.

  • P á x i n a 9

    Establece un programa de actuacións ata o ano 2008

    O Concello elaborou o Plan de Igualdadedestinado a mellora-la calidade de vida

    das mulleres de OimbraO Concello de Oimbra, en colaboración coa Vicepresidencia da Igualdade edo Benestar da Xunta de Galicia, elaborou o “Plan Municipal de Igualdade deOportunidades” que pretende facilitar unha maior integración das mulleres donoso municipio na vida socioeconómica a través de programas formativos ede autoestima, e de apoio a iniciativas empresariais ou de autoemprego.Este Plan de Igualdade de Oimbra comezou co estudio da realidade familiar,social, económica e laboral das mulleres do noso municipio, a partir dos indi-cadores estatísticos e dun complexo análese de campo, no que tiveron unhaparticipación clave tanto as asociacións de mulleres, o departamento de Ser-vizos Sociais e o propio Concello de Oimbra.

    Este Plan pretende sensibilizar á poboación local sobre as situacions dediscriminación que sofre actualmente a muller, favorecendo un cambio deactitudes, mediante a realización de campañas, conferencias, xornadas, etc.sobre a situación de discriminación e falla de igualdad real na que seguenvivindo as nosas mulleres. Outro aspecto trata de favorece-la formaciónlaboral das mulleres e mellora-lo acceso das mulleres ó emprego, progra-mando accións formativas específicas para mulleres desempregadas (aten-ción domiciliaria a maiores, artesanía, medio ambiente,...) e a formación nasnovas tecnoloxías (informática, internet). Elo implicaría tamén un estudiodas necesidades formativas e da situación laboral das mulleres en Oimbra.Para subsanar estas dificultades, o Plan de Igualdade de Oimbra propónunha serie de actuacións que se desenvolverán nun prazo de catro anosanos (2005-2009).

    María Luisa Santiago

    A elaboración do Plano de Igualdadeno Concello de Oimbra foi responsa-bilidade de María Luisa SantiagoPérez. “Hai que comezar -asegura-por promover unha participaciónactiva das mulleres nas actividadesque se van levar a cabo nos próximosanos e que contribuirán a amplia-losseus horizontes nos eidos laboral,asociativo, cultural, etc., para acadarunha plena igualdade de oportunida-des a tódolos niveis”.

    Josefa Álvarez Araújo presideunha das asociacións de mulleresmáis activas e dinámicas da nosacomarca. As trinta asociadas orga-nizan cursos, charlas didácticas,viaxes culturais...

    Josefa Álvarez, presidenta da Asociación de Mulleres de As Chas:

    “A unión anima a facer moitas cousas”As Chas é un bo exemplo de colaboración veciñal que se deixa ver en iniciati-vas como a construcción de varias fontes, o apoio ó centro social ou o funcio-namento da Asociación de Mulleres Rurais, que preside Josefa Álvarez Araújo.P.- ¿¿CCaannddoo ssee ccoonnssttiittuuííuu eessttaa aassoocciiaacciióónn??Josefa.- Hai uns catro anos. Agora temos unhas trinta asociadas e perten-cemos á Federación Provincial de Asociacións de Mulleres Rurais.P.- ¿¿QQuuee aaccttiivviiddaaddeess ddeesseennvvoollvveenn??Josefa.- Temos un curso de galego, no centro social, patrocinado pola Direc-ción Xeral de Política Lingüística. Fixemos outro de pinturas a man, unha char-la sobre prevención e lexislación de incendios, e un curso de poda, a cargo deCastro Gago, que é o responsable de Extensión Agraria de Verín. E a finais denovembro, unha proxección con charla-coloquio sobre a violencia de xénero.P.- SSeemmeellllaa qquuee AAss CChhaass éé uunn ppoobboo ccooaa xxeennttee mmooii uunniiddaa......Josefa.- É verdade, e a unión anima a facer moitas cousas. Por exemplo,cando organizamos unha viaxe ás Rías Altas, houbo unha participación masi-va, na que tamén foron os maridos. O certo é que hai bo ambiente neste pobo.P.- QQuueerree ddiicciirr qquuee vvaann sseegguuiirr vvoosstteeddee nneessttaa lliiññaa ddee ttrraabbaalllloo..Josefa.- Sí, e xa estamos preparando novas actividades, coma un curso deperfeccionamento de galego e outro de cestería, ou algo así. Agora vaise cons-truir un muro entre o centro social e o cruceiro, que vai quedar moi ben. Esta-mos contentos e queremos loitar para ter, como mínimo, outro tanto como o quexa conseguimos.

  • P á x i n a 1 0

    Gran aceptación das clases de rritmos latinos e de ximnasia de mantemento

    Os Reis Magos volverán o 5 de xaneiroá cita cos máis novos de Oimbra

    Éxito do curso de ppiinnttuurraa eenn tteellaaorganizado polo Concello

    Os ritmos latinos non pasan de moda e poreso moitos veciños e veciñas asisten ás clasesde iniciación e perfeccionamento que se desen-volven no novo centro social de Oimbra, organi-zadas polo Concello, coa colaboración da Vice-presidencia da Xunta. Salsa, merengue, cha-cha-cha, etc. Calquera estilo serve para move-loesquelete e manterse en forma. E para os quenon lles guste o baile hai outra posibilidade: asclases de ximnasia de mantemento, nas que par-ticipan moitas mulleres do noso concello. Trátasedunha actividade que se ven celebrando desdehai varios anos e que continúa a petición das pro-pias participantes, convencidas das avantaxesque un bo estado físico ten para a propia saúde.

    O 5 de xaneiro, os máis novos teñen unha cita cosReis Magos en Oimbra. Como xa ven sendo habitualdesde hai varios anos, a Asociación Cultural “Soutu-llo” mailo Concello cursaron unha invitación formalás Súas Maxestades de Oriente para que entreguenpersoalmente os agasallos ós nosos nenos e nenas. Xaestá confirmado que realizarán un percorrido polasrúas do pobo, acompañados pola Banda de Gaitas deOimbra e, despois, entregarán os xoguetes a tódolosrapaces menores de 12 anos. A organización taménconvicará a tódolos presentes a unha “chocolatada”.

    As participantes no curso de pintura entela entregáronlle a Alfonso Villarino un fer-moso cadro co escudo do Concello de Oim-bra. Foi durante o acto de clausura quecoincidíu tamén cunha exposición no localsocial dos traballos realizados: cadros,tapetes e manteis.

    Durante varias semanas, un grupo de25 mulleres asistíu ás clases organizadaspolo Concello de Oimbra para aprender astécnicas básicas de debuxo e pintura deco-rativa en tela, impartidas por unha monitorade artes plásticas. Foi unha actividade máisdas moitas que desenvolven as mulleres deOimbra coa colaboración do Concello.

    Bailes latinos

  • Páxina 11

    A novena edición da Feira do Pemento deOimbra confirmou as expectativas do Con-cello: centos de persoas acodiron a unha cele-bración xa tradicional na nosa comarca, naque se misturan a gastronomía e o carácterde escaparate dos nosos productos de cara óexterior. Na feira multisectorial houbo expo-sicións de productos de artesanía, embuti-dos, dóces, maquinaria agrícola, adegas, etc.Todo elo sen restar protagonismo ó nosopemento, figura estelar dun evento festivocada vez máis popular e con resonancias entoda a Comunidade Autónoma.

    Durante todo día houbo degustación depementos e un concurso de pratos de cociña,a partir deste producto hortícola, no que moi-tas cociñeiras amosaron o seu inxenio e ori-xinanalidade, combinando o pemento con

    diferentes carnes e pescados. Foi o preámbu-lo da comida popular, á que asistiron máis demil comensais.

    A actuación musical correu a cargo daBanda de Gaitas de Oimbra, que realizou ospasarrúas e acompañou ós Grupos de BaileRexional e ás Pandereteiras da AsociaciónCultural “Soutullo”.

    Un ano máis visitou a feira o presidenteda Deputación Provincial de Ourense, JoséLuis Baltar, acompañado pola súa dona, Ali-cia Blanco, polo delegado de Medio Rural,Xosé Rodríguez, e polo alcalde de Oimbra,Alfonso Villarino. O bo tempo contribuíu adar realce a esta Feira do Pemento, unha citaobrigada no primeiro domingo de agosto paraveciños e visitantes desexosos de compartirunha xornada difícil de esquecer.

    OOOO pppp eeee mmmm eeee nnnn tttt oooo ,,,, pppp rrrr oooo tttt aaaa gggg oooo nnnn iiii ssss tttt aaaa dddd uuuu nnnn hhhh aaaa ffff eeee iiii rrrr aaaa cccc aaaa dddd aaaa vvvv eeee zzzz mmmm áááá iiii ssss pppp oooo pppp uuuu llll aaaa rrrr

  • A Banda de Gaitas do Concello de Oimbra participou congran éxito na animación de moitas das festas e romarías quese celebran ó longo do ano no noso municipio. Os grupos depandereteiras e de baile (nas dúas imaxes inferiores) repre-

    sentaron a Oimbra en festivais e certames musicais celebra-dos en localidades como Viana do Bolo, Manzaneda ouVilanova dos Infantes, acompañadas case sempre polaBanda de Gaitas.

    Edita: Concello de Oimbra - Imprime: Gráficas RODI - Dep. Legal: OU-225/01

    A tradición musical...

    ...continúaA Banda de Gaitas

    do Concello de Oim-bra, as Pandereiteiras

    da Asociación Sou-tullo e a Banda deMúsica de Bousés

    son, na actualidade,os continuadores dagran tradición musi-

    cal que tivo sempre ono municipio. Un

    dos mellores exem-plos foi a Banda de

    Música de Oimbra,que estivo en activo

    de 1919 a 1925, e de1943 a 1965.

    Banda de Música de Bousés