Oracion fin e comezo ano

11

Transcript of Oracion fin e comezo ano

Ao rematar o ano, Señor, dedícoche a

miña acción de grazas.

Grazas por todo o que neste ano

me concediches porque cho pedira.

Grazas tamén por aquilo que me deches

sen telo pedido, e

por todo o que me outorgaches sen

merecelo.

Grazas pola saúde, polo benestar,

polas alegrías e as satisfaccións.

por aquela man que me levantou,

por aquel consello que me guiou,

polas palabras que me alentaron,

por ese sorriso que me alegrou,

por aqueles brazos que me recibiron.

Graciñas.

Grazas tamén

pola enfermidade,

polas penas e os sufrimentos.

Ti sabes os porqués!

É o misterio da nosa existencia.

Eu confío en Ti.

Pero sobre todo, douches grazas,

Señor,pola fe que teño en Ti.

Neste tempo, un tanto confuso, é, ás veces, difícil

crer.

Grazas, porque nas tebras me

iluminaches,

polas caídas en que me levantaches, porque perdoaches os meus

pecados.

Graciñas, en fin, por todo aquilo

que ignoro e do que debese darche

grazas.

Graciñas, Pai.