ORIENTACIÓN NA ESO

2
NORMAS BÁSICAS DA AULA O alumnado deberá: 1. Pedir permiso para entrar na aula, saudar educadamente e amosar un trato respectuoso co resto das persoas. 2. Non deambular pola clase sen autorización do profesorado e sentar correctamente, evitando bambearse e facer ruídos. 3. Respectar as regras da comunicación no que se refire a escoitar a quen fala , respectar a quenda de palabra e ter en conta as opinións dos demais . 4. Os papeis e outro lixo non deberán ser botados nunca ao chan nin polas ventás. 5. Non pintar as mesas nin as cadeiras. 6. Evitar as condutas que alteran a atención da clase: rir de maneira indebida, berrar , mascar chicle , consumir alimentos , usar aparatos de música ou teléfonos móbiles (agás uso didáctico supervisado polo profesor/a). 7. Agardar a autorización do/a profesor/a para abandonar a aula; e antes de saír, deixar as mesas e as cadeiras en orde , a luz apagada e a porta pechada . 8. Está prohibido permanecer nas aulas durante o recreo (agás se se conta coa supervisión do profesorado). IES PEDRO FLORIANI Rúa Pedro Floriani nº 2, C.P.: 36800 REDONDELA (Pontevedra) Telf: 986 40 19 11 Fax: 986 40 39 44 Correo electrónico: [email protected]

Transcript of ORIENTACIÓN NA ESO

Page 1: ORIENTACIÓN NA ESO

NORMAS BÁSICAS DA AULA

O alumnado deberá:

1. Pedir permiso para entrar na aula, saudar educadamente e amosar un trato respectuoso co resto das persoas.

2. Non deambular pola clase sen autorización do profesorado e sentar correctamente, evitando bambearse e facer ruídos.

3. Respectar as regras da comunicación no que se refire a escoitar a quen fala, respectar a quenda de palabra e ter en conta as opinións dos demais.

4. Os papeis e outro lixo non deberán ser botados nunca ao chan nin polas ventás.

5. Non pintar as mesas nin as cadeiras.

6. Evitar as condutas que alteran a atención da clase: rir de maneira indebida, berrar, mascar chicle, consumir alimentos, usar aparatos de música ou teléfonos móbiles (agás uso didáctico supervisado polo profesor/a).

7. Agardar a autorización do/a profesor/a para abandonar a aula; e antes de saír, deixar as mesas e as cadeiras en orde, a luz apagada e a porta pechada.

8. Está prohibido permanecer nas aulas durante o recreo (agás se se conta coa supervisión do profesorado).

9. Os traslados, entradas e saídas das aulas faranse de forma silenciosa e ordenada.

10. O alumnado, agás que cambie de aula, ten que permanecer dentro das aulas entre clases. Queda terminantemente prohibido ir ao baño nos cambios de clase; se precisa ir, agardará ao profesor que chegue e pediralle permiso.

NOTA: Este documento ten un carácter simplemente informativo e orientador

IES PEDRO FLORIANI

Rúa Pedro Floriani nº 2, C.P.: 36800

REDONDELA (Pontevedra)Telf: 986 40 19 11 Fax: 986 40 39 44

Correo electrónico: [email protected]

1º ESO (LOMCE)

Page 2: ORIENTACIÓN NA ESO

A EDUCACIÓN SECUNDARIA OBRIGATORIA:A ESO é una nova etapa educativa que se cursa despois da educación primaria e que se estrutura en dous ciclos: o 1º ciclo consta de 3 cursos (1º, 2º e 3º ESO) e o 2º ciclo que consta de 1 curso (4º ESO).

O alumnado promocionará de curso cando superase todas as materias cursadas ou teñan avaliación negativa en dúas materias como máximo e repetirán curso cando teñan avaliación negativa en tres ou máis materias, ou en dúas materias que sexan Lingua Galega e Literatura ou Lingua castelá e Literatura ou Matemática de forma simultánea.

HORARIO: Luns: de 9:00 h ás 14:30 h e de 16:50 h ás 18:30 hResto dos días: de 9:00 h ás 14:30 h

MATERIAS: En cada curso da ESO hai un conxunto de materias que todo alumnado debe cursar (troncais) e outras específicas e de libre configuración.

1º ESO

BIOLOXÍA E XEOLOXÍA 4 h

MATEMÁTICAS 5 h

XEOGRAFÍA E HISTORIA 3 h

LINGUA CASTELÁ E LITERATURA 4 h

1ª LINGUA ESTRANXEIRA 3 h

LINGUA GALEGA E LITERATURA 4 h

EDUCACIÓN FÍSICA 2 h

RELIXIÓN OU VALORES ÉTICOS 1 h

EDUCACIÓN PLÁSTICA, VISUAL E AUDIOVISUAL 2 h

2º LINGUA ESTRANXEIRA 2 h

TITORÍA 1 h

LIBRE CONFIGURACIÓN DO CENTRO 1 h

Total 32 h