Os estudos nos conservatorios superiores de música · Os estudos nos conservatorios superiores de...

2
Os estudos nos conservatorios superiores de música

Transcript of Os estudos nos conservatorios superiores de música · Os estudos nos conservatorios superiores de...

Os estudos nosconservatorios superiores

de música

Os estudos nos conservatorios superiores de música

Que finalidade teñen as ensinanzas de música?

As ensinanzas de música teñen como finalidade proporcionarlle ao alumnado unha formación artística de calidade e garantir a cualificación dos futuros profesionais da música.

Que duración ten cada especialidade?

Os estudos teñen unha duración de catro anos en todas as especialida-des e os itinerarios dos novos plans en proceso de implantación.

Que título se obtén ao remate dos estudos?

Os estudos superiores de música conducen a un título superior, equiva-lente para todos os efectos aos de licenciatura ou grao universitario, ou equivalente.

Cal é a oferta educativa actual nos conservatorios superiores de música en Galicia?

Hoxe conviven os plans de estudos antigos, en proceso de extinción, e os novos, que se veñen implantando progresivamente desde o curso 2010-2011. A nomenclatura antiga só recoñecía especialidades, entanto que a nova recoñece especialidades e itinerarios. Na práctica, en ambos os sistemas, o alumnado pode cursar as seguintes especialidades cos seus correspondentes itinerarios, de ser o caso:

Comúns nos conservatorios superiores de música da Coruña e Vigo: canto, clarinete, composición, contrabaixo, fagot, frauta traveseira, guitarra, óboe, pedagoxía, percusión, piano, saxofón, trombón, trompa, trompeta, tuba, viola e violoncello.

Especí�cas do Conservatorio Superior de Música da Coruña: acordeón e jazz. Especí�cas do Conservatorio Superior de Música de Vigo: instrumentos da

música tradicional e popular de Galicia, e musicoloxía.

Cales son os requisitos de acceso ás ensinanzas superiores de música?

Para acceder ao grao superior dos estudos de música débense cumprir os seguintes requisitos:

Ter o título de bacharelato ou titulación equivalente, ou ter superada a proba de acceso á universidade para maiores de 25 anos, ou superar unha proba de

madureza especí�ca para maiores de 19 anos que acredite que se posúe a madureza en relación cos obxectivos do bacharelato e os coñecementos, as habilidades e as aptitudes que cómpren para cursar con aproveitamento as correspondentes ensinanzas.

Superar unha proba ordinaria especí�ca da especialidade á que se pretenda acceder, mediante a que se acredite a posesión das competencias previas necesarias para o aproveitamento destas ensinanzas superiores. A posesión do título profesional de música fará parte da cuali�cación �nal da proba especí�ca, ponderándose nun 40 % do valor da cuali�cación �nal.

A que ámbitos profesionais se pode acceder ao rematar os estudos superio-res de música?

As persoas tituladas superiores en música nas especialidades que se ofrecen na Comunidade Autónoma de Galicia poden exercer nos seguintes ámbitos e, en xeral, como profesionais de calquera outro relacionado coa música que requira do seu grao de capacitación e especialización:

Interpretación en formacións e agrupacións propias do seu ámbito (orquestras, agrupacións de cámara, solistas, etc.).

Dirección de agrupacións (orquestra, coro, banda, etc.). Composición de música, tanto para o ámbito tradicional do concerto como

para os medios de difusión masiva. Dirección de arranxos musicais. Docencia das correspondentes especialidades ou xeneralista en universida-

des, conservatorios, centros de ensino obrigatorio, escolas de música e similares.

Edición cientí�ca de música. Xestión de patrimonio musical. Investigación, crítica en medios de comunicación xeral ou especializados, e

asesoría musical.

Máis información en

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación UniversitariaDirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación EducativaSubdirección Xeral de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime EspecialServizo de Ensinanzas de Réxime EspecialEdi�cio Administrativo San Caetano. 15781 – Santiago de CompostelaTel.: 981 546 555 / 981 546 556Fax: 981 546 551www.edu.xunta.es/web/node/2534

Conservatorio Superior de Música de Vigo.Manuel Olivié, 23. 36203 Vigo.Tel.: 986 471 144Fax: 986 481 807www.conservatoriosuperiorvigo.com/ [email protected]

Conservatorio Superior de Música da Coruña.Manuel Murguía, 44.15011 A CoruñaTel.: 981 141 295Fax: 981 140 655www.csmcoruna.com/[email protected]