Os instrumentos do Pórtico da Gloria
-
Upload
ceipvinhas -
Category
Education
-
view
147 -
download
1
Transcript of Os instrumentos do Pórtico da Gloria
OS INSTRUMENTOS DO PÓRTICO DA
GLORIAUnha orquestra
medieval en pedra
Un dos aspectos que máis chama a atención dentro da complicada composición escultórica
do Pórtico da Gloria é a variedade de instrumentos musicais que sosteñen entre as mans os vintecatro ancians do Apocalipsis,
taiados na primeira arquivolta do vano central.
Lexos de representar obxectos inventados, son un complexo catálogo de instrumentos reais e por tanto, un valioso testemuño que permite coñecer cómo era, ou alo menos,
cómo podía soar a música da época.
REDOMA
Recipiente de corpo ancho e redondeado na base e alongado e
estreito cara arriba.
Hai dúbidas sobre a súa utilidade, uso litúrxico, místico ou incluso como
un tipo de copa onde bebían os músicos.
REDOMAOs máis entendidos en estudos de música xacobea consideran que no Pórtico represéntase un tipo de cabaza vaciada e seca que os músicos daquela época empregaban como instrumento rudimentario de percusión ou a modo de diapasón para obter un timbre para afinar.
Entre uns e outros, os ancians tañen instrumentos pertencentes a case a totalidade
das familias de corda medievais.
ARPAE o instrumento máis antigo
que chega ao continente no século IX procedente de Irlanda.
Se trata do instrumento celta por excelencia.
ARPA SALTERIOÉ unha especie de triángulo con cordas situadas a
ambos lados da caixa de resonancia. Para ser tañida se sosten coma un arpa. Trátase dos instrumentos máis
enigmáticos que existen, porque non deixou casi ningún descendente para estudar a súa evolución. Sen
embargo, parece que foi moi popular na Idade Media, tan sólo superado polo salterio.
SALTERIOFoi o instrumento de corda punteada máis
popular da España medieval.De forma trapezoidal, os músicos, nesta
ocasión sentados, e co instrumento sobre os xeonllos, pulsaban as cordas cun pequeno
apéndice en forma de púa chamado plectro.
LAUDETrátase dun instrumento
punteado que non ten buratos sonoros visibles. O seu corpo, moi estreito con lados
casi rectos, esquinas fortemente redondeadas e fondo abombado parece indicar que o
instrumento resulta do vaciado dun medio tronco de madeira. .
FIDULA OU VIOLA OVALInstrumento de corda provisto dun masto
largo e caixa armónica, coas tapas superior e inferior de forma ovalada.
FIDULA OU VIOLA OVALParece que era un instrumento moi coñecido na Idade Media e de uso xeralizado, anque
variaba o número de cordas. Executábase fretando cun arco.
FIDULA OU VIOLA EN OITOInstrumento de arco provisto de masto e caixa
armónica, con tapas en forma de oito. No século XIII tiña cinco cordas.
No medievo chamábanno, as veces, vihuela.
ORGANISTRUM Citado nos textos medievais, o seu nome
deriva da contracción latina de “organum” e “instrumentum”.
ORGANISTRUM Trátase dunha especie de fídula integrada por
unha caixa de resonancia, de madeira, en forma de oito nos instrumentos máis antigos, e outra caixa alargada na parte correspondente
ao mango ou masto, onde van instaladas unhas teclas ou tiradores.
ORGANISTRUMAs cordas facíanse soar fretándoas
cunha roda xiratoria de madeira movida a súa vez por unha manivela.
ORGANISTRUMEstas cordas non se tañían cos dedos
directamente, senon que facíase mediante unhas teclas ou tiradores que se accionaban nuns casos pulsando e noutros tirando cos dedos, o que traducíase en sons máis ou
menos agudos.
Todos os instrumentos que acabamos de observar, poideron ser reproducidos grazas á
exactitude e ao detalle con que o Maestro Mateo esculpíu a pedra no Pórtico da Gloria.
Así, por tanto, ademáis do seu valor escultórico, a arquivolta externa no Pórtico
ofrece unha orquestra petrificada, fósil, unha imaxe iconográfica coma se estiveran
inmovilizados co seu xesto e coa súa postura daquel momento.
REDOMA
ARPA
ARPA SALTERIO
SALTERIO
LAÚDE
FIDULA OU VIOLA OVAL
FIDULA OU VIOLA OVAL
FIDULA OU VIOLA EN OITO
ORGANISTRUM
ORGANISTRUM
DEPARTAMENTO
DE
EDUCACIÓN
MUSICAL
DEPARTAMENTO
DE
EDUCACIÓN
MUSICAL
Pórtico da Gloria
C.E.I.P.
VIÑAS
POIO