Os milagres de Santiago

60
1 Os Milagres de Santiago OS MILAGRES DE SANTIAGO ALFEO I Durante a Pascoa a cabeza de Santiago Alfeo está no seu relicario sobre o altar. Daquela un romeiro alemán con outros que o acompañaban colleu unha presada de moedas de prata e ofreceunas sobre o relicario. Entre as moedas había unha frecha. Cando a viron os que alí estaban preguntáronlle por que motivo a ofrecía. O romeiro contou que durante un combate cun inimigo, déronlle con aquela frecha na queixada dereita e atravesándolle a cabeza polo medio feríndoo no nariz. Cantos o viron coa frecha, non tiveron esperanza de que vivise. -E estando xa preparado para a morte, chamei por Santiago e pronunciando o seu nome saiu a frecha con tanta forza pola orella como se saíse da besta. E por iso a trouxen aquí, porque pola virtude de Santiago téñoa fóra da cabeza. II Un día no que os gardas estaban no altar no lugar que adoitaban, tres cabaleiros do condado de Peirigol viñeron a Santiago en peregrinaxe. Tendidos perante o altar, despois de rezar, tornáronse cara os gardas e dixéronlles: -Este home que vén connosco, erguédevos diante del e recibídeo moi ben porque o apóstolo fixo nel o milagre. Foi moi marabilloso, xa que o tirou da forca onde estaba enforcado. Aquel home do que eles falaban viña con eles e era moi novo. Estaba vestido con roupas moi nobres e parecía de moi alta liñaxe. Taía no pescozo unha póla de carballo anoada. Ao chegar diante do altar comezou a dicir: -Señor Santiago, aquí está o teu servo o que liberaches do lazo da morte. Entón os que alí estaban, preguntaron por que razón traía aquela póla no pescozo e que lle sucedera. Contoulle deste xeito: -O señor do castelo que eu agora teño tivo dous fillos, un era varón e outro muller. A muller casou cun cabaleiro moi poderoso e ruín quen despois da morte do sogro esixiu o castelo porque dicía que lle correspondía a metade por parte da muller. Quería desherdar o outro irmán. Eu tiña o castelo por mandado do seu sogro, e como entendía que era maior dereito o do fillo varón a herdar o castelo e aquel outro o quería desherdar defendín o castelo o máis que puiden. O marido daquela dona viu que eu me apoderaba do castelo e quería manter a fidelidade que prometera ao seu sogro. Por iso me odiaba e non pensaba noutra cousa que non fose en como me podería matar; porque pensaba que se me mataba despois podería tomar o castelo. Pensando nisto, veu un día onda min ao castelo e prendeume. Téndome no seu poder proporcionábame moitos tormentos. Nun momento en que me sentía moi atormentado díxenlle: -O tormento que me provocas non me pode derrotar xa que o señor Santiago me protexe de ti e agora che aparecerá aquí. O cabaleiro dixo: -Se o teu Santiago te pode liberar das miñas mans vereino agora. Tomou logo unha póla de carballo, esta que me vedes, e púxoma na gorxa e enforcoume. Estando enforcado, feríame arreo cunha lanza que tiña na man para que morrese axiña. -Estanto así vin claramente a Santiago que me afrouxaba o lazo da gorxa e facíame sentir o corpo como se estivese sobre unha escada. Logo que

description

Adaptación ao galego actual da obra medieval.

Transcript of Os milagres de Santiago

1 Os Milagres de Santiago

OS MILAGRES DE SANTIAGO ALFEO I

Durante a Pascoa a cabeza de Santiago Alfeo está no seu relicario sobre o altar. Daquela un romeiro alemán con outros que o acompañaban colleu unha presada de moedas de prata e ofreceunas sobre o relicario. Entre as moedas había unha frecha. Cando a viron os que alí estaban preguntáronlle por que motivo a ofrecía. O romeiro contou que durante un combate cun inimigo, déronlle con aquela frecha na queixada dereita e atravesándolle a cabeza polo medio feríndoo no nariz. Cantos o viron coa frecha, non tiveron esperanza de que vivise. -E estando xa preparado para a morte, chamei por Santiago e pronunciando o seu nome saiu a frecha con tanta forza pola orella como se saíse da besta. E por iso a trouxen aquí, porque pola virtude de Santiago téñoa fóra da cabeza.

II

Un día no que os gardas estaban no altar no lugar que adoitaban, tres cabaleiros do condado de Peirigol viñeron a Santiago en peregrinaxe. Tendidos perante o altar, despois de rezar, tornáronse cara os gardas e dixéronlles: -Este home que vén connosco, erguédevos diante del e recibídeo moi ben porque o apóstolo fixo nel o milagre. Foi moi marabilloso, xa que o tirou da forca onde estaba enforcado. Aquel home do que eles falaban viña con eles e era moi novo. Estaba vestido con roupas moi nobres e parecía de moi alta liñaxe. Taía no pescozo unha póla de carballo anoada. Ao chegar diante do altar comezou a dicir: -Señor Santiago, aquí está o teu servo o que liberaches do lazo da morte. Entón os que alí estaban, preguntaron por que razón traía aquela póla no pescozo e que lle sucedera. Contoulle deste xeito: -O señor do castelo que eu agora teño tivo dous fillos, un era varón e outro muller. A muller casou cun cabaleiro moi poderoso e ruín quen despois da morte do sogro esixiu o castelo porque dicía que lle correspondía a metade por parte da muller. Quería desherdar o outro irmán. Eu tiña o castelo por mandado do seu sogro, e como entendía que era maior dereito o do fillo varón a herdar o castelo e aquel outro o quería desherdar defendín o castelo o máis que puiden. O marido daquela dona viu que eu me apoderaba do castelo e quería manter a fidelidade que prometera ao seu sogro. Por iso me odiaba e non pensaba noutra cousa que non fose en como me podería matar; porque pensaba que se me mataba despois podería tomar o castelo. Pensando nisto, veu un día onda min ao castelo e prendeume. Téndome no seu poder proporcionábame moitos tormentos. Nun momento en que me sentía moi atormentado díxenlle: -O tormento que me provocas non me pode derrotar xa que o señor Santiago me protexe de ti e agora che aparecerá aquí. O cabaleiro dixo: -Se o teu Santiago te pode liberar das miñas mans vereino agora. Tomou logo unha póla de carballo, esta que me vedes, e púxoma na gorxa e enforcoume. Estando enforcado, feríame arreo cunha lanza que tiña na man para que morrese axiña. -Estanto así vin claramente a Santiago que me afrouxaba o lazo da gorxa e facíame sentir o corpo como se estivese sobre unha escada. Logo que

2 Os Milagres de Santiago

marcharon de alí todos os que se achegaran, a miña muller chegou onda min coas mans nos capelos e chorando moito. Chamoume polo meu nome. Dende onde estaba respondinlle: -Non chores, pensa en sacarme de aquí axiña porque vivo só porque Santiago me protexe. Así contou alí o romeiro como fora liberado do lazo da morte polo apóstolo Santiago. En sinal daquel milagre deixou alí sobre o altar a póla que traía e coa que fora enforcado. Con grande ledicia tornou á súa terra.

III

Un cabaleiro lombardo, do castelo de Carantia, chamado Emaus, veu en peregrinaxe a Santiago. Traía consigo dous compañeiros. Estando no lugar onde soen estar os gardas do altar, comezou a falar así diante dos que alí estaban: -Eu recibín deste apóstolo santo tal beneficio do que non era digno nin para recibilo nin para contalo. Sucedeume así: Pelexando cos meus inimigos fun ferido cunha frecha nunha perna que comezou a enfraquecer de tal xeito que sentín unha forte dor. A perna e a coxa secaron. Ao verme algúns amigos tan tolleito, aconselláronme que co que tiña, fose a algún lugar relixioso onde puidese servir a Deus e obter algunha substancia para manter o corpo. Eu confiando no consello preparei o necesario para que me levasen aló no outro día. A media noite mentres tanxian as campás os maitíns porque era entón a véspera de Santiago, a que se fai oito días antes do día de quendas agostas espertei do leito onde xacía coa miña enfermidade e dixen para min con gran medo e con gran sospiro: -Ai señor Santiago, debotamente eu iría ás túas horas se puidese! Comecei a volverme dun lado. Logo sen axuda de ninguén erguinme, cousa que antes non podía facer. Chamei ao servente que me servía que se marabillou ao verme estar erguido. Tomei logo un bordon nunha nan e puxen a outra no ombreiro do servente e comecei a andar. A coxa da perna que antes estaba seca recuperou a súa forza e sen axuda de ninguén andei sobre os pés coxeando un pouco e funme para o lugar relixioso onde quería estar. Alí vin as horas de Santiago. Despois que as vín pola graza de Deus volvín para a miña casa san e salvo coma antes. Louvei a Santiago que quixo que viñese aquí contar esta graza que del recibín.

IV

Sabede que un home bo de vida santa chamado Audón foi en peregrinaxe a Santiago.. Despois que tivo remata a súa romaría, entrou no reino de Portugal, e chegou a un couto de Santiago que se chamaba Correlhan, perto do río Limia. Repousou na casa dun labrador que se chamaba Agomiño, e estivo alí moi doente tres días. Porque entendeu que lle chega o día da súa morte, enviou ao seu hospedeiro aos cregos para que o levasen á igrexa de alí porque sería proveitoso se así o facían. Os cregos cando oíron isto, un deles chamado Martiño preguntou se traían cartos, segundo os cregos soen facer. Dende que souberon que non traía senón o bordon, a esportela e unha túnica, dixeron ao hospedeiro que se quixese ou puidese o levase á igrexa que eles o recibiría de bo grao.

3 Os Milagres de Santiago

El entón volveu para a súa casa e polo milagre de Deus atopou un asno e puxo o romeiro sobre o seu lombo. Levouno á casa e deitouno nun leito. El pediu o corpo de Deus. Cando viu que llo traían deitouse en terra e recibiuno con gran devoción con moitas bágoas. No outro día á tarde deixárono só no leito loitando coa morte. A media noite achárono caído en terra morto e volto contra oriente segundo é costume dos cristiáns. Isto foi cinco días antes de xaneiro, no día dos Inocentes, no ano de Encarnación de 1130. Entón viñeron os cregos a facerlle o seu oficio e soterrárono no camiño perto da igrexa. Parece que foi feito pola graza de Deus, que no lugar de Santiago fose atopado o corpo do seu santo romeiro que pasara xa por outros lugares. Porque dixo o profeta David: “Da boca dos mozos é dos que mañá recibirás loubanza. Gloria de loubanza recibiu este santo home das súas bocas. Porque despois todos os rapaces daquel lugar foron en procesíón berrando: “Oudón, santo de Deus, axúdanos!” Canto máis corrían os cregos detrás deles e ameazábanos máis dicían isto e poñían as súas ofrendas alí. Cousa correcta semella o ser loubado e honrado polos mozos sen pecado pois os anxos e os arcanxos recibiron a súa alma no día dos Santos inocentes. Asentárono consigo no santo Paraíso con moita alegría. Verdadeiramente este foi home de boa vontade e que nunca fixo mal coas súas mans e non recibiu a súa alma en van. Por iso recibiu de Deus graza e misericordia para ela. O Noso Señor que é misericordioso, por nos amosar a santidade e a bondade deste home bon fíxoo santo polos milagres que fixo. Moitos serían para poder describilos, pero algúns dos que coñecemos vos diremos aquí. Un home bo, crego de vida santa, que se chamaba Mendo e unha boa muller amiga de Deus chamabada Ega, dixeron que viran de noite arder candeas milagrosamente sobre o seu monumento. Tamén dixeron que as quixeran coller e non puideran. Algúns daquel lugar non o creron. Un home que se chamaba Paio, dos mellores que alí había, tomou unha candea sen lume e foi alí onde o seu corpo xacía. Ddixo: -Oudón, se ti es santo e amigo de Deus fai que se acenda esta candea de seu. E a candea logo se acendeu. Naquel tempo había naquela terra unha dona de gran liñaxe que tiña ámbalas dúas mans secas e paralisadas. Foi en peregrinaxe a San Martiño. Alí rezou e deulle moita saúde. Foille dito en soños que fose ao monumento deste santo Oudón e sandaría alí a outra man. Ela, desque espertou, preguntou onde xacía o seu corpo. Desque o soubo, coa súa nai foi aló en peregrinaxe e rezaron toda a noite a carón do monumento. Logo sandou de todo o corpo. Outra muller chamada Açenda, estaba coa rabia. Tiña peça e non durmía nin comía. Coa rabia fuxía como tola polos lugares despoboados. Levárona ao seu monumento e despois que foi sandada adormeceu. Chegou alí outro home, que se chamaba Pedro, cego dende había moito tempo. De vagar rezou alí con moitas bágoas. Logo recobrou a luz dos ollos. Despois nunca se quixo marchar dalí. Pregou aos que alí vivían que despois da súa morte o soterrasen canda o seu monumento. Outra moza de importante familia, chamada Leda que vivía en Bragança, estaba endiañada e levárona onda santo Oudón. Posuiuna o diaño e comezou a bradar: -Oudón, por que me botas da casa na que moro dende hai moito tempo? E dende que isto dixo, saiu axiña dela e ficou san.

4 Os Milagres de Santiago

Tamén naquel tempo, un cabaleiro moi bon chamado Gomes, que vivía cabo daquel lugar tiña gran pesar porque tiña moita dor e era manco. Non se podía erguer do leito. Mandou que o levasen ao monumento deste santo. Permaneceu alí toda a noite rezando. Cando amenceu atopouse san e deu grazas a Deus e a santo Oudón. Deixou alí o leito en que viñeran, e foise sandando e polo seu pé para a súa casa. Estes milagres e outros moitos amosou e fixo Deus a través daquel home santo Oudón. Naquel lugar do apóstolo Santiago, a aqueles que o demandan e o teñen por mester. Librou a moitos de grandes perigos. Cada vez que veñen treboadas ou se queren danar os froitos por algunha razón, se alí as xentes van en romaría e lle fan ofrendas e rezan, pola graza de Deus e polo seu rogo, están libres de todos os males e volven en paz para as súas casas.

5 Os Milagres de Santiago

PAIXÓN DE SANTIAGO ALFEO

Santiago Alfeo chamado así para diferencialo deste Santiago primeiro que se chama Cebedeo. Ambos os dous tomaron os nomes dos pais. Xacobe é nome hebreo, e na nosa lingua quere dicir enfanador de homes. Este é chamado no Evanxeo Santiago o Menor, e foi o primeiro bispo que houbo. Comom era un home xusto a escritura chamáballe varón de voz e artífice da verdade. Era tan santo home que a xente daquela terra pelexaban un cos outros por tocar o pano da súa vestidura. Este Santiago estando en Xerusalén onde predicaba de Xesucristo fillo de Deus, foi derrubado do altar no templo e apedreado polos xudeus. Foi soterrado alí nas proximidades do templo. Xosefo dá testemuño del como Santo home. Cría que pola súa morte Xerusalén fora destruída segundo oiredes máis adiante. Despois que o Noso Señor subiu aos ceos, Santiago Alfeo foi ordenado bispo de Xerusalén polos outros apóstolos. Era chamado Xusto porque estando no ventre da súa nai xa era santo. Nunca bebeu viño nin sidra, nin comeu carne, nin se cercenou, nin deixou coroa, nin barba, nin se bañou, nin se untou de aceite segundo adoitaban facer entón os homes, nin se vestiu non sendo de paño de liño. Tantas veces estivo de xeonllos ao día rezando a Deus, que traía calos neles. Por isto e porque nunca deixaba de facer ben era chamado o Xusto, que quere dicir home “dereito”. As escrituras chámanlle Elías, que tanto quere dicir tanto garda da xustiza como do pobo. Destacaba entre os outros apóstolos pola súa vontade, que era home moi grande. Os xudeus deixábano entrar no Santa Santorum, o lugar máis santo e máis honrado que tiñan segundo a súa lei. Foi o primeiro entre os outros apóstolos que dixo misa. Porque estaba moi cheo de santidade, despois que o Noso Señor subiu aos ceos, concedéronlle os apóstolos a honra de que dixese misa con vestimenta de bispo. Segundo dixo San Xerome, sempre foi virxe. Por Venres Santo, cando puxeron a Noso Señor na cruz, prometeu que non comería ata que o vise resucitar, e así o fixo. No día en que o Noso Señor resucitou aparecéuselle e dixo aos outros que con el estaban, que lle puxesen a mesa. Tomou o pan e bendiciuno. Deullo a Santiago dicíndolle: -Irmán, como porque o fillo de Deus resucitou. Ao cabo de sete anos de ser bispo, nun día de Pascua, viñeron os apóstolos a Xerusalén e preguntoulles polos milagres e marabillas que Deus a través deles facía. Eles dixéronllos diante de todo o pobo. Ensinaron e predicaron con el no templo a Caifás e aos outros xudeus durante sete días. Os xudeus cando se quixeron bautizar pola súa predicación, entrou un home de súpeto no templo e comezou a berrar: -Ai homes de Xerusalén!, por que vos deixades enganar así por estes encantadores? Deste xeito alborotou ao pobo, que quixeron despois apedrear a todos os apóstolos. Aquel home subiu despois ao altar onde estaba Santiago predicando e lanzouno ao chan. Dende entón Santiago comezou a coxear moito. Isto fixéron sete anos despois que o Noso Señor subise aos ceos. Despois no ano que el cumpría trinta anos de bispado, os xudeus ruinmente foron onda el e dixéronlle: -Rogámosche que te dirixas ao pobo que erra pensando que Xesús é Deus. Que así o prediques e fagas entender ao pobo que aquí estará no día de Pascoa. Nós confirmaremos o seu erro e daremos ao pobo testemuño de que ti es un home bon e santo como ti dis.

6 Os Milagres de Santiago

Entón fixérono subir no templo a un lugar alto e dixéronlle: -Home santo de boa vida a quen todos nós habemos de crer, dinos que che parece o parecer do pobo que está dicindo que Xesús é Deus. Entón Santiago con voz moi alta dixo: -Por que me preguntades polo fillo de Deus? Porque se el se atopa á dereita de Deus, o seu pai, e aínda ha de xulgar os mortos e os vivos. Despois que dixo estas palabras, comezou a dicir en voz moi alta a todo o pobo: -Homes de Xerusalén, oide! Eu estou aquí este momento para dar testemuño de Xesucristo Nazareno que os xudeus crucificastes porque diciades que era encantador e que non era verdadeiro fillo de Deus. É o verdadeiro fillo de Deus, e antes que o ceo e a terra fosen creados foi feito. Aqueste é aquel que da semente de David tomou carne no ventre da Virxe e fíxose home. Naceu no tempo do Rei Herodes, e morreu en tempos de Poncio Pilato. Resucitou de entre os mortos ao terceiro día, e deunos poder aos que eramos os seus dicípulos, para que no seu nome puidésemos iluminar aos cegos, sandar endiañados, curar enfermos e resucitar mortos. Despois que probou ante nós que resucitaría de entre os mortos, díxonos todas as cousas que nos ensinara antes da súa Paixón. Despois que nos amosou as mans en que traia os sinais das chagas, díxonos que quería ir aos ceos onda seu Pai. Nós ficamos moi tristes. El véndonos así tristes, pediunos que non o estivésemos. Dixo: ”-Alegrádevos porque vou onda meu pai e enviareivos ao Espíritu Santo que vos durará para sempre e vos confortará. Despois disto ao cabo de corenta días da súa resurreción, estando nós presentes, subiu aos ceos. O que vimos deixounos moi marabillados. Estando así apareceron dous anxos que nos dixeron: -Este Xesús que agora partiu daquí, da mesma maneira volverá. Ao cabo de poucos días, sendo vós os apóstolos de Xesucristo, que é Deus e fillo de Deus, así virá sobre vós de enriba o seu espírito como de luz e vos incensará a cada un. De alí en diante soubemos falar todas as linguas e dicir as grandes cousas que foran feitas por Nostro Señor Xesucristo fillo de Deus vivo. Despois que Santiago foi testemuña desta resposta que agora oídes, o pobo escoitábao moi de grado e comezaba a louvar moito a Deus e dicir así en hebreo: “Osana fillo de David”, que quer dicir en lingua galega; “Señor sálvanos!” Despois os escribas e os fariseos comentaron uns aos outros: “Mal facemos que escoitamos a este que tal testemuño dá de Xesucristo, vaiamos cara a el alí onde está. Derrubémolo ao chan para que os outros queden entón espantados e non crean o que el dí” Todos xuntos comezaron a dicir en alta voz:”O Xusto errou e non dixo ben”. Aquí se cumpriu o que dixo Isaías: “Expulsemos o Xusto de entre nós porque non é beneficioso”. Entón achegáronse os fariseos e dixéronlle: “Nós rogámosche que corrixiras o erro que o pobo tiña de Xesucristo e ti acrecentáchelo máis”. Entón díxolles Santiago: “Eu corrixín o erro e amosei a verdade” Estando nisto e oíndo o pobo as predicacións creron en Xesucristo. Derrubárono do altar do templo ao chan, e malia a caída que tivo, ergueuse sen ferida, comezou a sentirse máis forte e a predicar mellor ca antes. Os escribas e os fariseos comezaron a dicir: “Apedreemos o Xusto”. Entón comezaron a apedrealo duramente. Santiago deitouse e ficou axeonllado. Dixo así: “Prégoche Deus Padre que lles perdoes o seu pecado”. Un dos fillos de Rechab e de Rechabín do cal dá testemuño Xeremías o profeta, comezou a dicir en voz alta: “Este xusto que vós apedreades está orando. Prégovos que o deixedes”. Entón

7 Os Milagres de Santiago

levantou un dos fariseos un pao de ferro que tomou e deulle con el facéndolle tan grande ferida na cabeza que lle esmagou todos os miolos e botoullos fóra. Con este tormento foi asasinado o Apóstolo benaventurado. Os pobos daqueles lugares que crian moito nel, cando viron isto, quixeron prender a aqueles que isto fixeran pero eles fuxiran. Entón os pobos que tiñan crenza no fillo de Deus soterraron o corpo no templo con moita honra. Este Santiago Alfeo fillo da irmá da nai do Noso Señor, que lle chaman as escrituras irmán do Noso Señor, porque era o que máis se lle semellaba de todos os homes do mundo. Como se lle semellaba tanto, deu Xudas sinal que aquel que bicase prendesen. Este Santiago chamado home de luz, traballador da verdade, era tan santo que o home que o vise cobizaba moito as teas da roupa que traía vestida. El foi o que deu testemuño da verdade aos xudeus e ás outras xentes, de Xesús fillo de Deus vivo, que reina por sempre Xamais.

8 Os Milagres de Santiago

DESTRUCIÓN DE XERUSALÉN

Contaba Xosefo que pola morte de Santiago foi destruída a cidade de Xerusalén e o reino dos xudeus. Non só pola morte de Santiago, tamén pola morte de Xesucristo, segundo dixo. “Aínda virá tempo que non ficará en ti pedra sobre pedra porque non coñeceches o tempo do teu Salvador. Porque o Noso Señor non quere a morte dos pecadores agárdaos despois da súa morte corenta anos que tornasen onda el e fixesen penitencia dos seus pecados. Por non ter ningunha escusa envioulles os apóstolos e concretamente a Santiago, que viviu moito tempo entre eles. Mostraba e predicaba a crenza e lles ensinaba que fixesen penitencia. Despois que o Noso Señor viu que eles non querían volver á crenza, quixo para os espantar mostrarlles moitas marabillas naqueles corenta anos que os agardou. Di Xosefo que naquel tempo apareceu durante un ano sobre a cidade de Xerusalén unha estrela moi luminosa con forma de espada, que lanzaba raios que ardían como fogo. Na súa festa de Pascoa, ben entrada a noite, vendo no templo tanta claridade sobre o altar de Xerusalén, que pensaron todos que era día claro. Unha becerra que tiñan para facer sacrificio diante de todos pariu unha aña. Ao cabo dalgúns días, cando se quería poñer o sol, viron chegar de toda aquela terra polo aire carretas e moitas xentes armadas que se xuntaban nas nubes e cercaban a cidade con xentes horribles. Na festa de Pentecostés, de noite, na ora que os sacerdotes entraban no templo a rezar segundo o seu costume, sentiron un grande tremor. Á destra escoitaron grandes berros: “Ímonos destes lugares”. Catro anos antes de que chegase Vespasiano na festa que os xudeus chamaban Cabañolas un home que se chamaba Xesús, fillo de Ananías, de súpeto comezou a berrar: “Vós de oriente, vós de occidente e vós de catro ventos, vós de sobre Xerusalén e sobre o templo, vós sobre os esposos e esposas, e vós sobre todo o pobo”. Polos seus berros foi apreixado e ferido, e berraba cada vez máis. Levárono ante o xuíz, e atormentárono por feridas de tal forma que se lle vían os ósos. Non choraba nin rogaba que o deixasen. A grandes berros dicía isto e ademais engadía: “Maldito sexas ti e os da terra de Xerusalén”. Despois que o Noso Señor viu que os xudeus que el coidara por tanto tempo non querían volver a el pola predicación dos apóstolos nin polas marabillas que lles mostraban, despois de corenta anos enviou Tito a Vespasiano a Xerusalén e destruírona toda segundo oiredes. E a razón porque estes aló foron é esta. COMO FOI DESTRUÍDA A CIDADE DE XERUSALÉN Pilatos viu que condeara con enganos a Noso Señor a morte. Como tiña medo do emperador Tiverio César e por se escusar enviou un emisario, que se chamaba Albano, perante o emperador. Naquel tempo Vespasiano tiña o señorío concedido polo emperador en Galicia. O emisario de Pilatos, indo polo mar, tivo o tempo contrario e lanzouno en Galicia. Alí había o costume que se a tempestade aló lanzase algún navío, os homes e canto trouxesen quedase en poder do señor dalí. Por elo foi levado o emisario perante Vespasiano. Este preguntoulle quen era e para onde ía. El respondeulle que era de Xerusalén e ía a Roma. Vespasiano díxolle: “Da terra dos sabios, es médico e débesme sandar agora”.

9 Os Milagres de Santiago

Vespasiano dende pequeno tiña unha enfermidade no nariz, saíanlle dela avespas. Como non podía ser sandado era chamado Vespasiano. O emisario respondeulle: -Señor medicina non sei ningunha, por iso non te podo sandar. Vespasiano díxolle: -Se ti non me podes sandar fareite matar-. O escudeiro respondeu: -Aquel que dá a luz aos cegos, resucita os mortos e sanda os endiañados, sabe que eu non son médico-. Vespasiano dixo: - Quen é ese de quen dis cousas tan importantes? Respondeu: -É Xesús Nazareno a quen os xudeus por envexa mataron. Se ti cres nel, pola súa graza serás sandado. Vespasiano dixo: -Creo no que resucita os mortos, que me poderá liberar desta enfermidade. Dito isto caéronlle as avespas do nariz e ficou logo sandado. Dixo con gran pracer. -Certo que o fillo de Deus é quen me puido liberar desta dor. Irei ao emperador, e obterei o seu permiso para destruír a todos os traidores que foron culpables da súa morte. Entón mandou ao emisario de Pilatos que fose con saúde para a súa terra. Vespasiano foise a Roma. Alí obtivo do emperador Tiverio César licencia para destruír a terra dos xudeus, Xerusalén. Botou moitos anos xuntando un número de xente innumerable. No tempo do emperador Nerón, chegou Vespasiano con moita xente a Xerusalén , no día de Pascoa e cercouna. Encerraron dentro a moita xente que alí viñera á festa de Pascoa. Antes que a vila fose cercada, foi amosado polo Espíritu Santo aos santos e aos cristiáns que vivían en Xerusalén, que fosen de alí para un castelo chamado Pela, que está tras o río Xordán. Porque Noso Señor quería vingarse daquela vila e do pobo maldito. Vespasiano cercou primeiro en Xudea unha cidade que se chamaba Jenanpara, da que era príncipe Xosefo, que se defendeu nela moi fortemente cos seus. No momento que viu que non a podía manter meteuse nunha casa soterrada con doce xudeus. Estiveron alí catro días sen comer. Os xudeus querían morrer antes, segundo a vontade de Xosefo, que obedecer o señorío de Vespasiano. Queríanse matar uns aos outros e ofrecer o seu sangue en sacrificio a Deus. Como Xosefo era mellor ca eles, queríano sacrificar de primeiro para que Deus tivese antes con eles misericordia. Xosefo que era coñecedor e non quería morrer así, constituíuse/erixiuse en xuíz para ordenar aquela morte e aquel sacrificio. Mandou botar a sortes de dous en dous. Así morreron todos agás el e outro co que tiña que botar a sortes. Entón Xosefo que era moi listo e rápido tomou a espada do outro e preguntoulle se quería que escollese entre morte e vida. O outro con moito medo respondeu: -Eu non quería morrer e pola túa graza quería vivir. El deixouno. Despois Xosefo mantivo unha conversa cun privado de Vespasiano, que era amigo seu, para que lle gañase a súa graza para que non o matase. Así o fixo. Entón Xosefo foi perante Vespasiano e Vespasiano díxolle: -Ti merecías a morte se non foses protexido polo rogo deste vasalo meu. Xosefo respondeu: -Se te ofendín nalgunha cousa, podo corrixila. Vespasiano díxolle: -O que está prisioneiro, que pode facer? Xosefo dixo: -Non podo facer pouco se fago que creas a miña palabra. Vespasiano díxolle: -Outórgoche que digas o que queiras, todas as cousas boas que queiras dicir oireinas sen odio. Xosefo dixo entón: -Queres saber por que Nerón emperador de Roma se matou, e os

10 Os Milagres de Santiago

romanos por que te fixeron emperador? Vespasiano díxolle: -Se ti es profeta por que non adiviñaches que ti e esta cidade habíades ser sometidos ao meu poder? Xosefo dixo: -Antes de que ti viñeses hai corenta días anuncieino. Logo chegaron emisarios de Roma que comunicaron a Vespasiano o nomeamento como emperador e mandaban a por el. Entón Vespasiano deixou a Tito, o seu fillo en Xerusalén e foise a Roma. Tito, coa alegría que lle producira que o seu pai fose emperador veulle a dor de friaxe aos nervios, volveuse paralítico e tolléuselle unha perna. Cando Xosefo oiu que estaba doente preguntou pola dor que tiña e polo tempo en que adoecerea. Non lle souberon dicir que dor era, pero dixéronlle que adoecera cando vira que seu pai era emperador. Xosefo que era moi sabio e moi entendido, despois de oír aquilo, comprendeu que lle viñera pola alegría que tivera. Recordou que o feito contrario sanda o home doutra. A doenza que vén con pracer pérdese con pesar. Preguntou se había home na corte a quen Tito quixese mal. Dixeron que había un escudeiro a quen tiña tanta saña que non o quería ver nin oír falar del. Xosefo foise onda Tito e díxolle: -Señor se queres ser sandado perdoa a todos aqueles que comigo viñesen. Tito respondeu: -Todos aqueles que contigo viñan estarán seguros. Entón Xosefo mandou que lle desen de xantar axiña. Mandou pór a mesa á dereita da de Tito, e sentou o escudeiro ao que Tito quería mal cabo del. Tito, cando o viu, encheuse de noxo e de tanta saña, que a dor e a friaxe que tiña nos membros por pracer, tornouse en tanta quentura que axiña sandou. Tito dende que viu isto, recibiu a Xosefo e o escudeiro na súa graza e na súa protección. Despois de dous anos de asediar Xerusalén, de todos os males que aos de dentro máis atormentaban, a peor a fame. Era tanta que os pais e as nais comían os fillos, os maridos as mulleres, e as mulleres os maridos, de xeito que as mans e os dentes esnaquizábanse todos. Os mozos que eran máis garridos caían coa fame como animais mortos por onde andaban. Moitas veces alí eran soterrados e os soterradores morrían axiña sobre eles. Tan malo era o cheiro dos que morrían que, antes os soterraban nas súas casas os que con eles tiñan que tratar. Dende que faleceu a xente que os soterraba, lanzábanos tras os muros. Tito, arredado da vila, cando viu os vales e os foxos cheos de tantos corpos de homes mortos, que toda a terra estaba chea do seu mal cheiro, ergueu as mans ao ceo chorando e dixo: -Señor Deus! Ti ves que eu non fago isto. Tanta fame había dentro da vila, que comían os coiros e as correas. A unha boa muller de boa liñaxe, que era rica, entráronlle os ladróns na casa e colléronlle canto tiña. Non lle quedou nada para comer. Colleu nas mans un fillo que quería moito, e dixo: -Desventurada nai e mais desventurado fillo! Para que te protexín con fame, con tanto traballo e con tanto perigo? Ven agora, meu fillo, serás manxar de túa madre, e quedará por exemplo da miña pena e da miña maldade. Dende que isto dixo, degolou o fillo, coceuno e comeu unha metade. A outra metade gardouna. Ao cheiro da carne entraron na súa casa os que tiñan fame, e ameazárona. Ou lles amosaba onde tiña a carne ou mataríana. Con medo foi pola metade do mozo a onde o puxera, amosoullo e díxolles: -Eis moi grande parte del que vos gardei. Ela cando descubriu os membros do mozo, quedaron tan espantados, que non puideron falar. Ela díxolles: - Meus fillos, comede sen medo que é o meu fillo. Tróuxeno no ventre e xa comín del. Non queirades ter máis piedade cá súa nai, nin vos arrepiedes máis ca min que son muller. Porque se non sodes quen de

11 Os Milagres de Santiago

vencer o noxo ou o dó que del tedes, comereino eu todo, como comín xa a outra metade. Fóronse da casa espantados e con moito medo. Despois, no segundo ano de Vespasiano como emperador, tomou Tito Xerusalén e destruiu toda a vila. O templo dende os alicerces. Apreixou a todos os xudeus que alí atopou, e pronunciou sentencia de acordo coa súa xente.Dixo: - Estes que azoutaron Noso Señor Xesucristo con leño verde, ferírono con lanza nós enforcarémolos en leño seco e ferirémolos con lanzas. Estes que tomaron a túnica de Noso Señor Xesucristo e fixeron dela catro partes e nós tomémolos e partámolos en catro partes. Venderon Noso Señor Xesucristo por trinta moedas e nós daremos trinta deles por cada moeda. Tito como o dixo así o fixo. Segundo di Xosefo foron vendidos noventa e sete mil xudeus, e un millón cen mil morreron polas armas ou pola fame. Cando Tito entrou en Xerusalén atopou alí un muro moi antigo e mandouno furar. Achou dentro del un home canoso, moi fermoso e que parecía honrado. Preguntoulle quen era. El díxolle que era Xosé da cidade de Arimatea, na terra de Xudea. Que o pecharan e tapiaran alí os xudeus porque soterrara o corpo de Xesucristo. Dixo ademais, que dende aquel momento fora protexido pola graza de Deus e confortado polo lume do Espíritu Santo. Dixo Nicomedes no seu Evanxeo, que cando Noso Señor resucitou, aparecéuselle, quitouno da prisión, levouno á cidade de Arimatea de onde era. Isto pode ser certo, porque despois de que o Noso Señor o sacou da prisión, mentres predicaba a súa crenza, foi apreixado polos xudeus e pechárono alí. Despois da morte de Vespasiano, nomearon emperador ao seu fillo Tito, que foi home moi piadoso e liberal. Segundo Santo Eusebio, bispo de Cesarea, e San Xerome, foi tan bo que un día á noite lembrouse que naquel día non fixera ben ningún nin dera ningunha cousa. Dixo: - Amigos, perdín este día. Despois de moito tempo quixeron os xudeus poboar Xerusalén, e foron alá un día pola mañá e acharon tantas cruces de orvallo, que se marabillaron e fóronse. No outro día volveron e aparecéronlles nas roupas cruces de sangue. Ao terceiro día volveron e o terreo botou tal quentura de lume que os queimou a todos.

12 Os Milagres de Santiago

HISTORIA DE PILATOS

Houbo un rei chamado Tiro ao que lle gustaba unha moza chamada Pila, filla dun muiñeiro chamado Atos,. Tivo dela un fillo. Despois que naceu o neno a súa nai tomou o seu nome e o do seu pai e xuntounos poñéndolle o nome de Pilatos. Cando Pilatos tivo tres anos, enviouno a súa nai onda o seu pai Tiro. Este tiña un fillo da súa muller, a raíña, que era da mesma idade ca Pilatos. Des que os mozos foron medrando, traballaban e loitaban moitas veces un co outro. Lanzaban as pedras coas fondas tal como fan os mozos. O fillo lexítimo, como era de mellor posición, era máis dócil e mellor que Pilatos en todas as cousas e estaba máis preparado para as armas. Pilatos coa envexa que tiña por isto, e co odio que lle tiña, matouno a traizón. O rei cando o oiu pesoulle moito e chamou os seus conselleiros, e homes principais da súa corte para pedirlles consello sobre o que debía facer con Pilatos pola traizón que cometera contra o seu irmán. Todos eles dixeron unanimemente que merecía a morte. O rei pensou no seu desexo e como non quixo xuntar un penar co outro enviouno a Roma como refén do tributo que tiña que dar cada ano ao emperador; por liberarse da morte do fillo. Naquel tempo estaba en Roma un fillo do rei de Francia que do mesmo xeito fora enviado aló como tributo. Fixéronse compañeiros. Como Pilatos viu que o outro era mellor ca el en todas as cousas e que o preferían máis, por envexa matouno. O emperador preguntou aos romanos que lle faría. Eles dixeron que quen mata ao seu irmán e ao fillo do rei de Francia, será home destinado a grandes fazañas. Posto que quen fixo isto aos coñecidos que non fará a todos aqueles que se alzasen contra o señorío de Roma. Posto que merecía a morte, propuxeron que o fixesen xuíz da ínsua que chaman Poncio onde moraba unha xente que non quería obedecer ao señor. Por ventura que os conquistaría ou daríanlle eles o seu merecido. O emperador así o fixo e enviouno aló. Pilatos foi á ínsua, entendendo ben por que o enviaban. Como era bravo e ruín, a aquela xente mala con ameazas, con promesas, con rogos e con tormentos someteuna ao seu poderío. Como conquistou a aquela xente tan brava da ínsua de Poncio foi chamado de alí en diante Poncio Pilatos. Herodes como oiu falar de que era moi sabio e moi bo coas armas, envioulle polos seus mensaxeiros moitos agasallos para que fose onda el. Fíxoo no seu lugar señor da terra de Xudea e de Xerusalén. Pilatos gañou alí moita fortuna e foise a Roma onda o Emperador Tiberio non o sabendo Herodes. Polo grande servizo que fixo ao emperador, gañou del aquelo que tiña de Herodes, e por esta razón foron sempre inimigos Herodes e Pilatos ata a morte de Noso Señor. Daquela fixéronse amigos por iso llo enviou Pilatos porque el tiña moito desexo de ver as marabillas que del oira. Contan nas Historias Escolásticas que eran aínda inimigos por outra razón: un home que se facía chamar fillo de Deus, enganara moita xente da terra de Galilea e levounos consigo a un lugar onde lles dixera que subiría aos ceos. Pilatos foi na súa procura e matouno con todos aqueles que nel crían porque tivo medo que como enganara aqueles que así o fixese a todos os xudeus. Por isto lle quería mal Herodes, porque aqueles que el matou eran de Galilea, o seu señorío. Despois que Pilatos deu Noso Señor aos xudeus para que o crucificasen, tivo medo da represión do emperador Tiberio César porque o fixera matar

13 Os Milagres de Santiago

erroneamente, enviou un seu privado chamado Eriazar a Roma onda o emperador para se escusar. O emperador estaba doente dunha doenza moi grave, e non sabendo o emperador que Pilatos e os xudeus mataran a Xesucristo, enviou onda Pilatos un privado seu chamado Velosiano, que fose canto antes puidese á terra de Xerusalén e lle dixera que alí andaba o que curaba todas as dores e enfermidades coa súa palabra. Que llo enviase e o curase daquela enfermidade que tiña. O emisario foise con outros cabaleiros que lle deu o emperador ben preparados e contoulle o mandado que traía do emperador. Pilatos moi espantado, pediulle prazo de catorce días para que lles dese resposta. Mentres preguntou Velosiano a unha muller chamada Verónica, onde podería atopar a aquel Xesús que viña a buscar. Ela díxolle: Ese por quen ti preguntas era meu Deus e o meu Señor. Prendérono os xudeus por envexa e entragárono a Pilatos para que o xulgase. El mandouno crucificar. Velosiano explicoulle o motivo da súa viaxe e que lle pesaba porque non podía acadar o fin da súa viaxe. Verónica díxolle: -Cando Xesús, meu señor, ía polas terras pregar, eu tiña del moito amor e saudade de ver o seu rostro. Quixen mandar pintar a silueta do seu rostro, que era o máis fermoso do mundo, nun pano por conseguir pracer e conforto cando a vise. Conteillo, e el pediume o pano, púxoo na súa cara e deumo gravado coa figura do seu santo rostro. Se o teu señor vise este pano e o observase humildemente, estou certa que logo sería sandado da súa dor. Díxolle: -Ese pano pódoo mercar con ouro ou prata? Ela respondeulle: -Non. Mais por ter crenza e devoción; eu irei contigo onda o emperador para llo amosar. Despois que o vexa, volverei con el. Entón Velosiano levouna consigo a Roma, e díxolle ao emperador: - Xesús, a quen ti tanto desexabas ver, Pilatos e os xudeus matárono erradamente. Velaquí unha muller que trouxo un pano gravado co seu rostro. Di que se o observas e lle pides mercede moi humildemente, axiña serás sandado. Entón o emperador mandou encher os camiños de panos de ouro e de seda, e mandou que lle trouxesen a imaxe. Tan pronto como a viu e a adorou foi sandado. Entón o emperador mandou prender a Pilatos e trouxéronllo a Roma. Cando o emperador soubo que chegaba á vila, con moita saña mandouno traer ante si. Pilatos, cando o oiu, vestiu a túnica que fora de Nostro Señor e foi levado perante el. Despois que o emperador o viu con ela vestido perdeu todo o odio que lle tiña. Ergueuse ante el e como non puido dicirlle nada malo, deulle permiso para que se fose. Despois que Pilatos marchou da súa presenza, o emperador quedou moi triste porque non conseguira vingarse. Mandouno prender outra vez e xurou que non lle escaparía. Cando llo trouxeron, o emperador salvouno outra vez e perdeu todo o odio que lle tiña. O emperador e os outros que alí estaban cando isto viron, marabilláronse moito porque lle tiña tanta saña cando non o vía, e cando o vía non podía contra el facer nada do que desexaba. Pola graza de Deus ou por algún cristián que coa intervención de Deus, llo fixo entender ao emperador, mandoulle quitar aquela túnica. Despois que lla tiraron o emperador recuperou a súa saña e marabillouse porque lle dixeran que aquela virtude que Pilatos antes tiña era pola túnica que fora de Xesucristo. Mandouno meter no cárcere ata que tivese consello cos seus príncipes sobre a morte que lle daría. Despois sentenciou que o matasen de xeito moi deshonrado. Pilatos cando o soubo, cravouse un coitelo e matouse. Así faleceu. Cando o emperador o soubo dixo: -Verdadeiramente tivo unha morte deshonrosa da súa propia man.

14 Os Milagres de Santiago

Mandoulle atar unha moa na gorxa e arroxalo no Tíber. Os diaños que son espíritus malos e suxos, alegráronse moito co seu corpo, malo e suxo. Non deixaban de alzalo polos aires e de lanzalo no fondo do río. Despois que estaba na auga facía nela moito balbordo e treboada. Cando estaba no aire producíanse moitas tempestades, turbacións e coriscos espantosos de xeito que cantos alí vivían tiñan moito medo. Por isto os romanos mandaron tirar o corpo do río, e por escarnio levárono a Viena e lanzárono no Ródano. Viena chamada en latín “carreiro do inferno”. Porque naquel tempo era un lugar maldito, axiña os demos foron onda el e facían alí co seu corpo como fixeran a primeira vez. Os homes de alí non puideron sufrir os espantos que os demos facían, tomaron aquel corpo maldito e enviárono a soterrar a unha terra próxima á cidade de Lazeme. Como alí non podían descansar cos diaños levárono de alí e lanzárono nun pozo que atoparon nun monte onde aínda agora din que aparecen os demos e fan moitas cousas malas e marabillosas.

15 Os Milagres de Santiago

TRASLADO DA CABEZA DE SANTIAGO ALFEO Un home de boa vida e do boa liñaxe chamado Pero Afonso, foi criado e educado na lei de Noso Señor na igrexa de Santa María de Carboeiro, que estaba cabo dun río que chaman Neva, que era naquel tempo moi pequena. Había nela oito herdeiros e cada un deles levaba a súa parte e tirouna do poder dos leigos. De mozo este Pero Afonso, tomou o abeto e a regra de San Bieito con outros nesta igrexa. Ao cabo do tempo fixérono o seu abade. Fixo alí moi bo mosteiro, celas, refortoiro e todas a outras cousas que entendeu que eran mester para os monxes. Puxo alí cáliz e vestimentas, comprou casa, herdades e outras moitas posesións, cantas entendeu que podía abondarlles. Gañou do rei moitos privilexios polo que contou. Aconteceu que un día falando dos milagres de Santiago con outro monxe, díxolle que vira a cabeza de Santiago na igrexa de Xerusalén. O abade cando a viu, doeuse moito porque a cabeza estaba tan alonxada do seu corpo, sabendo que era de Santiago Zebedeo, irmán de San Xoán Evanxelista, cuxo corpo xace en Galicia. Buscando un cuarto falou co monxe de como conseguila. Foille dito de noite en soños que se o tentaba acadaríao. Aconteceu un día que don Paio, arcebispo de Braga cuxo sufragáneo era aquel mosteiro veu visitar o mosteiro. Estando no cabido dos monxes, o abade contou ao arcebispo todo o que lle contara, o monxe da cabeza de Santiago. Como lle fora dito en soños, que se quixese a trouxera a España. Díxolle ao arcebispo que lle dese licenza e o aconsellase, que el de bo grao o tentaría. O arcebispo oiu o que lle dicía o abade, louvoullo moito e mandoulle a el e ao monxe co que falara e aos chantres de Braga, que puxesen o seu empeño en acadalo. Deulles licenza e beizóns, fíxolles xurar que se fose mercede de Deus que o acabasen, trouxésena á igrexa de Braga. Foron moi ledos e dispuxéronse con gran prazer a comezar o seu camiño na era de mil cento trinta e oito anos. Coa axuda de Deus chegaron sans a Xerusalén e foron á arca onde estaba posta a cabeza do santo apóstolo. Observaron como estaba e pareceulles que non era nada doado. O abade confiado do que lle fora dito en soños por Santiago, xaxuou cos seus compañeiros tres días. Despois foi a un lugar onde depositaban os corpos dos homes mortos e escollendo unha cabeza escondeuna. Foise cos outros ao lugar onde estaba a cabeza de Santiago, estiveron en oración e fixeron a súa ofrenda. Cando o abade quixo poñer a cabeza que traía no lugar onde estaba a de Santiago non atopou a que trouxera senón outra no seu lugar; entendeu que era un milagre de Deus. O abade tomou aquela cabeza e foise con ela á igrexa, fíxose o doente e desque fixo a súa ofrenda rogou aos gardas que o deixasen pasar alí a noite. Os gardas accederon ao seu rogo. Alí estivo en intensa oración ata que adormeceron os gardas cando o fixeron. Foi moi de vagar á arca onde estaba a santa cabeza e tentou abrila. Como tivo medo, tornou outra vez a rezar. Tentouno de novo pero non puido abrirla. Tivo medo de espertar os gardas co ruído cando abrise a arca. Volveu por terceira vez á arca con moitas oracións e lágrimas; pola graza de Deus achouna aberta. Logo silencioso tomou a cabeza de Santiago e puxo no seu lugar a que traía. Cando tanxeron os maitíns, saiu da igrexa e levando consigo a santa cabeza. De camiño chamouno polo nome unha monxa que estaba encerrada nunha cela onde facía vida de santidade. O abade cando oiu chamar polo seu nome tivo moito medo, e botouse no chan. A monxa díxolle: -Non teñas medo, levántate e ven onda min que che direi o que debes facer. Ti es abade de Santa María de Carboeiro e traes a cabeza de Santiago e lévala a

16 Os Milagres de Santiago

España. De ningún xeito a leves a Braga nin manteñas o xuramento que fixeches ao seu arcebispo, porque ti non podes nin debes ir contra a vontade de Noso Señor. Non creas que por elo caerás en perigo. Toma a cabeza de Santiago e lévaa a Galicia, onde xace o corpo de Santiago Zebedeo. Isto que che digo é verdade. Debes facer o seguinte: cando chegues ao porto atoparás unha nave aparellada con canto houberes mester. Despois de embarcar nela terás moita dor causada pola febre. Entón os teus compañeiros furtarán da cabeza dous dentes, e levantarase unha grande tormenta, que por pouco a nave non será afundida. Os teus compañeiros e os outros que alí estarán, con medo de morte, chamarán a Noso Señor que por rogo de Santiago vos liberará do perigo da treboada. Entón levantaraste como se o fixeses dun sono pesado. Mandaraslles que devolvan os dentes á cabeza onde os colleron. Cando o fagan a treboada cesará e chegarás ao porto san. Desde que chegardes a España, iredes cara a cidade de Burgos. Cando entredes nela tanxerán todos os sinos sen axuda do home. Medoñentos deixaredes a rúa porque vos esconderedes nunha casa. Alí producirase unha forte discusión cos teus compañeiros sobre a cabeza porque o chantre quererá levala para Braga, e ti para a igrexa de Santiago. O anfitrión cando vos escoite, irá onda a raíña e diralle que traedes a cabeza de Santiago e a queredes partir cun serra. Entón a raíña descalza e con moita xente irá á pousada, e non poderá de ningún xeito entrar convosco na casa. Prometeravos moitas cousas, e ademais prometerache que a levará á igrexa de Santiago, e que che dará do seu para que ti e os outros esteades sempre ben provistos. Entón tomarás dous dentes e un pouco de cabelo e daraslla á raíña dona Urraca. Ela con moita honra, levaraa á igrexa de Santiago, porque esa é a vontade de Deus. Ti san tornarás para a túa terra. Todo isto aconteceu como dixo a monxa. O abade foise ao seu mosteiro onde o recibiron moi ben e con moita honra. Fixo alí vida en santidade e prediciulles aos frades moito tempo antes da súa morte, o día que tiña que morrer; e así sucedeu. Morreu na era de mil cento corenta e dous.

17 Os Milagres de Santiago

PSEUDO-TURPÍN

Turpino, pola graza de Deus arcebispo de Rens e compañeiro de Carlos nos grandes feitos e lides que lle aconteceron en España, a vós don Leoprando, dean de Aquisgrán saúde en Xesucristo. Porque outro día enviástesnos a dicir a Viana, onde nós estabamos doentes das feridas que tiñamos, que vos escribísemos como o noso emperador Carlos librou as terras de España e de Galicia do poderío dos mouros, todas aquelas aventuras que vivimos a terra de España e de Galicia durante catorce anos, na certeza de como pasou facémolo saber a vosa irmandade. COMO SE MOSTRARON A CARLOS AS ESTRELAS NO CEO Sabede que o apóstolo glorioso entre todos os que foron a pregar polo mundo, foi el o primeiro que o fixo en Galicia. Despois que Herodes o mandou matar en Xerusalén, trouxeron o seu corpo os discípulos por mar a Galicia, onde el fora enviado a pregar. As xentes que el convertera perderan polos seus pecados a crenza en Deus ata que foi recuperada no tempo de Carlos despois que conquistou con moito traballo moitas partes do mundo: Inglaterra, Francia, Alemaña, Leorena, Bretaña, Borgoña, Italia e todas as outras terras e cidades de mar a mar. Tirounas do poder dos mouros coa axuda de Deus, coas armas e tornounos á súa crenza. Como xa estaba canso deste traballo que levara, decidiu descansar. Mentres observaba o ceu, viu un camiño de estrelas que comezaba sobre o mar de Frisa e ía por Alemaña, Italia, Francia, Aquitania e ía dereita por medio da Gascuña, por Navarra, por España, ata rematar en Galicia, lugar onde o corpo de Santiago xacía agochado. Carlos vendo isto moitas noites decidiu que podería ser un sinal. Xacendo de noite, pensando nisto, apareceulle un cabaleiro nunha visión fermosísima e preguntoulle: -Quen es ti? El díxolle: -Eu son o apóstolo Santiago, criado de Xesucristo e fillo de Zebedeo, irmán de San Xoán Evanxelista, a quen o Noso Señor pola súa misericordia escolleu no mar de Galilea para pregar a súa crenza aos pobos. O que Herodes mandou degolar en Xerusalén cuxo corpo agora xace soterrado escondidamente en Galicia, terra sometida ao poder dos mouros e afastada de Deus. Marabíllome moito, ti que tantas terras e tantas vilas liberaches do poder dos mouros, non libraches a miña. Porque che fago saber, así como te fixo Deus o máis poderoso dos reis da terra, do mesmo xeito te escolle para librares a miña terra e o meu camiño do poder dos mouros. Para darche gloria eterna. O camiño de estrelas que viches no ceo, demostra que debes ir co teu poder a librar o meu camiño e a miña terra, e entrar en Galicia onde xace o meu corpo. Despois que isto suceda de todas as terras cristiáns irán aló en romaría, terán aí de Deus perdón dos seus pecados e daranche alí moitos loores polas boas cousas e marabillas que fixeches. Isto farase durante a túa vida ata o fin do mundo. Agora vaite axiña e axudareiche en todas as cousas. Polo traballo que alí levaras gañareiche de Noso Señor a gloria do Paraíso; e o teu nome será sempre loado. Deste xeito aparecéuselle o apóstolo Santiago tres veces. Desque isto viu, esforzándose na promesa que lle fixera a Santiago, xuntou moita xente e entrou en España para conquistar os mouros. A primeira cidade que cercou Carlos en España foi Pamplona. Estivo asediándoa durante tres meses e non a puido tomar porque era moi forte e estaba moi ben defendida polos muros. Desque viu que non a podía tomar,

18 Os Milagres de Santiago

rezou a Deus deste xeito: -Señor Xesucristo en cuxa crenza eu vin a esta terra para destruír a xente pagá porfiosa que está contra a túa lei, rógoche Señor que me deas graza para que poida tomar esta cidade na honra do teu santo nome. Señor Santiago, se é verdade que ti te me apareceches dáme poder para que a poida tomar. Entón pola intervención de Deus e o rogo de Santiago, caíron todos os muros da cidade polos alicerces. Logo o rei Carlos mandou pasar todos os mouros que estaban dentro a espada, agás os que se quixesen bautizar e tomar a cenza de Deus. Os mouros desde que viron esta marabilla, por onde queira que el fose, dábanlle tributos e obedecíano. Entregábanlle todas as vilas de modo que someteu toda aquela terra baixo o seu señorío. Marabíllanse os mouros porque a xente de Francia boa, moi ben vestida e de moi fermoso rostro. Sen arma ningunha saían onda eles e recibíannos moi honradamente e con moita humildade. Foi en romaría ao monumento de Santiago e desde alí a Padrón onde meteu o conto da lanza no mar, e deu lores e grazas a Santiago e a Noso Señor porque alí chegara con saúde sen contratempo ningún. Dixo que de alí en diante non podía ir máis. Os galegos, que foran devoltos á crenza de Deus pola predicación de Santiago e dos seus discíplos que regresaron despois á seita dos mouros, foron bautizados polo arcebispo don Turpín. Os que non se quixeron bautizar uns foron pasados a espada e outros a cativerio dos critiáns. Desde aí foise o rei a conquistar toda España de mar a mar. As cidades e vilas que aí conquistou son estas: Viseu, Lamego, Duuma, Coimbra, Lugo, Ourense, Padrón, Tui, Mondoñedo e Braga arcebispado, a cidade de Santa María de Guimaraes, Compostela, que era entón vila pequena; Alcalá, Guadalaxara, Salamanca, Uceda, Olmedo, Conalias, Madrita, Talavera que é lugar de moitas froitas, Medinaceli que está nun lugar elevado, Verlanga, Osma, Siguenza e Segovia que é vila importante, Galamata, Sepúlveda, Toledo, Calatrava, Badaxoz, Truxillo, Aguadiana, e Mérida, Altamora, Palencia, Lucerna Ventosa que chaman Cáceres que está en Valverde; Capera, Astorga, Oviedo, León, Carrión, Burgos, Náxera, Calahorra, Viana que chaman Arcos; Estella, Calataiude, Os Milagres, Tudela, Zaragoza, Pamplona, Baiona, Xaca, Osca, e soía haber alí noventa torres, Tarazona, Barbastro, Rosas, Urxel, Elna, Girona, Barcelona, Tarragona, Lleida;Tortosa, Rodergali e Carbona, que teñen castelos fortes, igualmente Durelia, Ascalona, Algaieti e a cidade de Adania (Deydana), Ispalida, Úbeda, Baeza; Petrosa na que hai moita prata, Valencia, Denia, Xátiva, Granada, Córdoba, Ávila; Açitiana onde xace San Torcado, confesor de Xesucristo e discípulo de Santiago; e alí onde xace está unha oliveira, que pola praza do Espírito Santo, o seu día o 15 de maio, frolece e madurece o seu froito. A cidade Besorton na que hai cabaleiros moi fortes que chaman na lingua dos árabes. A illa de Maiorca, a cidade de Bugia que por tradición ten rei propio. A illa de Agabila, Goara que é cidade de Barbaria, Meloyda, Ebitia, Formenteira, Alcoroz, Tarifa, Almería, Moneca, Xibraltar, Marraquex, Ceuta que está nos estreitos de España onde está o mar verde. Ademais tomou toda a terra de España e de Andalucía que tiñan os mouros, a terra dos serranos, dos pardos, dos casteláns e terras dos árabes, dos navarros e dos viscaíños. Todas estas terras, lugares, vilas e cidades, foron sometidas polo moi nobre Carlos, algunhas sen batalla e outras por batalla, con moita intelixencia todas sometidas so o seu señorio agás Lucerna que agora chaman Borroas, que está en Valverde, entón moi ben amurallada e moi forte. Despois volveu a ela e tívoa cercada durante catro meses. Permanecendo cercada porque non a

19 Os Milagres de Santiago

podía tomar, rogou a Santiago que lle gañase a graza de Deus para que a puidese ter. Feita a oración, caeron todos os muros da vila. Desde entón converteuse nun lugar no que non podía vivir ninguén e apareceu no medio dela un lago moi fondo e moi negro no que hai peixes moi grandes e pretos. Houbo alí algúns reis da terra de Francia e de Alemaña. De Alemaña viñeron antes ca este e conquistaron algún destes lugares, mais non todos: e despois foron sometidos ao poder dos mouros ata o tempo que este Carlos o Magno conquistou toda España e someteuna baixo o seu señorío, porque tivo outros reis que tiñan o mesmo nome, concretamente tres: Carlos Martel, Carlos Calvo, Carlos Maynete, mais a este chaman Carlos o Magno porque conquistou toda España coas súas armas. Despois de conquistar estes lugares, maldiciu estas tres cidades porque lle foron malas de tomar: Lucerna, Ventosa, Capara. DO ÍDOLO DE MAHOMA Despois que Carlos maldiciu estas tres cidades, os ídolos que atopou alí e en España destruíunos todos agás o que hai en terra Andalusí que chaman Sala Cádix, que quere dicir en lingua hebraica Deus. Din os mouros que este ídolo fixoo Mahoma por encantamento e meteu nel unha lexión de diaños e ninguén o poderá romper xamais. Cando chega algún mouro onda el para facer oración ou pedir mercede a Mahoma sándao e cando chega algún cristián vaise enfermo. Se algunha ave pousa nel, morre axiña. Aquel ídolo está na beira do mar nun penedo antigo moi ben labrado e moi nobre, á mourisca. No fondo é moi ancho e cadrado, encima estreito e tan alto que pode voar un corvo. Sobre el está en pé feita unha imaxe de metal en forma de home, e ten o rostro contra o medio día, e na man dereita ten unha chave grande que lle caerá, segundo din os mouros, ao nacer en Francia un rei que someterá toda España a crenza de Deus. Cando eles viron caer a chave esconderán so a terra canto teñen e fuxirán. COMO CARLOS ENRIQUECEU A IGREXA DE SANTIAGO Do ouro que lle deron os príncipes, enriqueceu a igrexa de Santiago, e viviu alí tres anos. Puxo bispo e cóengos segundo regra de San Isidro, sinos, libros, vestimentas e todas as outras cousas que pertencen á igrexa. Co ouro que lle quedou fixo outras moitas igrexas, a de Santa María de Aquisgrán, outras adicadas á devoción de Santiago en Bedes, Tolosa, outra nunha vila que se chama Axa (Aix?) e San Xoán de Sardona que está no camiño de Santiago. Fixo outra en París entre o río Sena e o Monte dos Mártires e outras moitas abadías polo mundo para acrecentar e enxalzar a santa lei de Xesucristo. COMO ARGOLANDO CONQUISTOU ESPAÑA CON MOITA XENTE Despois que Carlos acabou coa conquista, foi para Francia. Un rei mouro de África chamado Argolando, entrou en España con moita xente, conquistouna toda tomando castelos e vilas. Os cristiáns que estaban dentro expulsounos e matounos. Cando Carlos o oiu, volveu outra vez coa súa cabaleiría para conquistar España como antes, con el veu o duque Milo de Inglaterra, pai de Rolán. Aquí vos relataremos un milagre que Deus fixo en Baiona a Vella para dar exemplo aos que recollen as vontades dos finados e non cumpren as súas ordes.

20 Os Milagres de Santiago

MILAGRE DE SANTIAGO Estando Carlos na Baiona dos bascos coa súa cabaleiría, un cabaleiro chamado Romarico, estando doente de morte confesou, cumpriu a penitencia e recibiu o corpo de Deus. Mandoulle un crego que un cabalo que traía o mandase vender e dar por Deus a cregos e a pobres pola súa alma. Mandoulle a un parente que o fixese así, e despois morreu. O parente con cobiza dende que vendeu o cabalo, tomou os cartos que por el lle deran e gastounos en comer, beber, vestir e no que desexou. Polo xuízo de Deus, que adoita vir sobre os que se portan mal, ao cabo de trinta días viu o cabaleiro de noite en soños a aquel parente, e díxolle: -Porque eu deixei na túa man a miña posesión para que a deses pola miña alma para ser salvado, sabe que me perdoou Deus todos os meus pecados, e porque ti non o quixeches dar alí onde eu mandei e o tomaches para ti fixéchesme permanecer trinta días nas penas do inferno de onde saío. Sabe que pola mañá estarei no Paraíso e ti estarás onde eu saín. Entón o cabaleiro desapareceu. El espantouse moito, levantouse moi cedo de mañá e contoulle a todos o que lle acontecera. Os da hoste marabilláronse moito e falando entre si de tan gran suceso, de súpeto oíron grandes berros no aire como ruxidos de leóns, lobos e touros. Os diaños entre aqueles bramidos, levárono logo vivo e san de entre eles. Moitos a cabalo e a pé buscárono polos montes catro días e nunca o atoparon. Aos doce días indo o exército do rei polos montes de Navarra e Álava, atoparon o seu corpo desfeito nun monte preto do mar, estaba nun penedo que tiña tres leguas de alto, a catro xornadas de Baiona, alí deixaran os diaños o seu corpo e levaran a alma para os infernos. Desto deben entender os que teñen a encomenda para so dos finados e non o queren dar onde eles mandan: estarán perdidos para sempre. DA BATALLA ONDE FLORECERON AS LANZAS Despois disto Carlos e o duque Milo coas súas hostes, entraron en España a buscar ao rei Argolando. Achárono en Terra de Campos cabo do río que chaman Çea nuns prados. Nun lugar moi bo e chan onde despois fixeron unha igrexa moi grande e moi boa onde xacen Facundo e Primitivo mártires, por orde e axuda do emperador Carlos. Alí hai agora moi boa vila e moi rica, e a igrexa é abadía de monxes. Chegando a compaña de Carlos decidiron que se quixese lle daría lide de XX cabaleiros contra XX, ou de XL contra XL, ou de cen contra cen, ou de mil contra mil, ou un contra un. Carlos enviou logo cen cabaleiros que loitasen con outro cento de Argolando e morreron todos os mouros. Despois pelexaron dous centos contra douscentos e morreron todos os mouros. Ademais Argolando enviou dous mil contra dous mil e foron todos os mouros vencidos. Tan pronto como mataron os primeiros os outros fuxiron. Ao terceiro día lanzou Argolando sortes en puridade e atopou que se pelexasen con Carlos que o vencería. Envioulle dicir que no outro día que pelexaría contra todos os que quixese; o emperador accedeu. Entón achegáronse un grupo de cristiáns que colleron as armas coas que ían pelexar, e chantaron os cabos das lanzas ante as tendas que estaban nuns prados na ribeira do río. No outro día acháronas con cortiza e con moi fermosas follas. Aqueles eran os que naquela loita tiñan que recibir coroa de martirio pola crenza de Noso Señor. Eles cando viron isto marabilláronse moito por tan fermoso milagre, e cortaron as lanzas a rentes do terreo. Das raíces que quedaron naceron varas das que se fixeron grandes árbores que aínda hoxe están naquel lugar, moitas delas freixos. Marabillosa cousa era, e de gran

21 Os Milagres de Santiago

pracer, que pola morte que habían de ter os corpos, habían de ter as almas vida eterna. Entón comezaron a pelexar con dureza de xeito que morreron alí corenta mil cristiáns. O duque Milo, pai de Rolán, xunto con aqueles a quen floreceron as astas, recibiron alí a coroa de martirio. Mataron o cabalo de Carlos, e el quedou de pé con dous mil cristiáns e no medio da batalla. Desenfundou a espada Gaudiosa, e golpes tan forte que cortaba moitos corpos pola metade. Cando anoiteceu mouros e cristiáns foron para as súas tendas. No outro día viñeron, para axudar a Carlos, catro marqueses de terra de Italia, con catro mil homes moi bos para pelexar. Cando Argolando o soubo, fuxiu á terra de León, e Carlos volveu para Francia coa súa xente. Non hei de dubidar que os que naquela loita morreron pola crenza, de Noso Señor, terán por elo a gloria do Paraíso. Do mesmo xeito que os cabaleiros de Carlos, na vésperadía, preparaban as armas para pelexar, así como deben preparar os pecadores de antemán as súas armas, que son as boas obras, para pelexar contra os pecados. Cando aquel que asume a boa crenza contra a mala, o sufrimento contra a saúde, a xenerosidade contra a avaricia, a humildade contra a sobervia, a castidade contra a luxuria, a oración contra a tentación do demo; a pobreza contra a riqueza, a perseverancia do ben e se cala contra os denuestros, e segue a vontade do seu corazón, a súa lanza, que é a alma, estará florida o día do xuízo ante a face de Noso Señor. Ai, que benaventurada e florida está no reino dos ceos, a alma do que neste mundo saiba loitar e vencer os seus pecados! Así como os cabaleiros de Carlos foron asasinados na batalla pola crenza de Deus, así nós debemos matar os nosos pecados, en canto vivamos neste mundo, facendo boas obras porque ímos á gloria de Deus. A BATALLA ENTRE CARLOS E ARGOLANDO Despois disto Argolando xuntou moitas xentes, Maobitas, de Etiopía, de África, de Persia e doutras moitas terras; Teixafín rei de Arabia, BORRABELUM rei de Alexandría, Amaro rei de Bugia, OSPINUM rei de Agabilla, FATIMUM rei de Barbaria, AILIS rei de Marrocos, APHINORGIUM rei de MAIORICAE, Aleimán rei da Meca, Abrahin rei de Sevilla, e Alamanzor rei de Córdoba. Chegou con aquela hoste a unha cidade, que está na Gascoña, que chaman Axeu, e tomouna. Entón envioulle emisarios para que fose onda el cuns poucos cabaleiros, que lle daría sesenta cabalos cargados de ouro e de prata, e outras moitas riquezas se lle quixese obedecer. Isto facíao para coñecelo e despois matalo na batalla. Carlos entendeuno ben, e con dous mil cabaleiros foise a dúas légoas da cidade de Axeu, e deixounos alí a todos agachados menos a sesenta que levou consigo ata un monte moi preto da vila, onde podía vela ben. Deixou alí a aqueles cabaleiros, mudou os panos que traía, deixou a lanza, e foise no seu cabalo. Con el un cabaleiro que levaba un escudo ás costas, porque era costume naquel tempo. Así foise dereito á vila. Os que saían da vila, preguntábanlles que querían. Eles dixeron que eran emisarios do rei Carlos, que os enviaba onda Argolando. Entraron con eles na cidade, leváronos perante el, e dixeron: -Argolando, rei Carlos envíanos perante ti, e mándache dicir que vén con sensenta cabaleiros segundo lle mandaches dicir. Quérete servir e ser o teu cabaleiro se cumprises o que lle prometeches. Que te vaias ver con el en sinal de paz, con outros sesenta cabaleiros. Sobre isto falarás con el.

22 Os Milagres de Santiago

Nin Argolando nin os seus coñeceron a Carlos [e Argolando díxolles]: -Ídevos e dicídelle a Carlos que me agarde. Carlos paroulle ben mentes, e catou moi ben a cidade por onde era máis firme para combater. Viu os reis que estaban dentro e a xente que tiñan consigo. Así foi para onte tiña os sesenta cabaleiros e con eles onde estaban os dous mil. Argolando armouse moi axiña e levou consigo sete mil cabaleiros, coa intención de matalo. Carlos cando o viu comezou a fuxir e acolleuse entre os seus. Foise a Francia e xuntou consigo moita xente. Volveu a vila de Axeu e cercouna durante seis meses. Ao sétimo mes puxo nos muros máquinas de guerra e castelos feios de madeira con que a combatía moi fortemente. Argolando, cando viu isto, el e os outros reis, os mellores da súa corte, fuxiron de noite con moito medo, ás agachadas polas canles e polos buratos dos muros da vila. Así escapou das mans de Carlos, pasando o río Garaña que vai ao pé da vila. No outro día o emperador Carlos entrou na cidade con moita honra. Matou alí moitos mouros e outros fuxiron atemorizados, en toral morreron dez mil mouros. A BATALLA DE SANTES ONDE FROLECERON AS LANZAS Despois disto Argolando foise daquela para Sandes, que era entón dos mouros, e viviu aí coa súa xente. Carlos foise detrás del e mandoulle dicir que lle entregase aquela cidade. Argolando non lla quixo dar, e envioulle dicir que lle daría batalla en tal preito para quen vencese a batalla fose súa a cidade; Carlos otorgoullo. Así na véspera do día que tiña que ser a batalla, tendo Carlos os da súa hoste moi ben preparados, e moi ben armados de todo o que había mester, xacendo nuns prados entre o castelo que chaman Talaburgo e a vila, na ribeira do río que chaman Charanta, algúns dos cristiáns chantaron as súas lanzas diante das tendas, e no outro día pola mañá acháronas floridas e con cortiza. Aqueles eran os que na batalla habían recibir martirio pola crenza en Deus. Deste milagre que viron estaban moi ledos. Entón tallaron as lanzas polo pé, xuntáronse conxuntamente e entraron de primeiros na batalla. Mataron moitos mouros, e no cume foron alí asasinados un total de catro mil. Mataron alí o cabalo a Carlos, que se sentiu moi atormentado cos mouros que eran moitos e moi fortes. En pé esforzándose coa súa xente matou alí moitos mouros. Eles non o puideron sufrir, porque estaban xa cansos da morte que fixeran nos cristiáns, fuxiron e acolléronse na cidade. Carlos perseguinos e cercou toda a cidade sacando a parte do río. Argolando atemorizado cando chegou a noite fuxiu polo río. Carlos cando o vin, foi detrás deles, matou o rei de Agabila, o rei de Bugia e outros moitos mouros en número próximo aos catro mil. COMO CARLOS REUNIU O SEU PODERÍO DE FRANCIA Daquela Argolando pasou os portos e as serras e foise a Pamplona. Mandou dicir a Carlos que quería pelexar con el. Cando llo dixeron a Carlos, volveu a Francia e con moita présa mandou a todos os seus de lonxe e de preto que viñesen onda el. Ordenou que todos os homes que estaban sometidos a servidume que loitasen con el serían libres eles e os seus fillos para sempre xamais. Mandou que de alí en diante os franceses que fosen con el librar España do poder dos mouros non fosen servos de ningunha xente forasteira.

23 Os Milagres de Santiago

Todos aqueles que estaban presos mandounos soltar, aos pobres mandoulles dar algo, mandou vestir aos que estaban nus, indultou aos que cometeran crimes e os que estaban desterrados devolveuno ás súas terras con honra, os que eran escudeiros fíxoos cabaleiros moi honrados, aos que odiaba e desterrara perdoounos e recibiunos na súa graza. Amigos, inimigos e estranxeiros, levounos todos consigo para entrar en España. A todos os que levou para conquistar España, eu don Turpín pola graza de Deus os bendicín e librei de todos os pecados. Reuníronse con Carlos cento corenta e catro mil homes a cabalo para loitar contra Argolando. Os nomes dos nobres que ían con el son Don Rolán, fillo do duque Milo de Inglaterra e de Berta irmá do rei Carlos, que tiña moi boa xente, conde de Mans e señor de Blayas con catro mil de a cabalo. Oliveiros, conde de Jeves, cabaleiro moi forte e moi sabio na batalla, fería moi ben coa espada e moi valente coas mans, con tres mil. Estultus conde de LIGONENSIS, fillo do Conde don Oudón, con tres mil. Arastiano rei de Bretaña con sete mil. Eugelero duque de Aquitania, con catro mil cabaleiros, que eran espertos en armas, sobre todo en arcos e frechas. Gaifero rei de Bordel, con tres mil GELINUS e Gelmo e Salomón compañeiro de Estultus. Baldovín irmán de Rolán, GANDELBODUS rei de Frisia, con sete mil cabaleiros. Arnaldo de Belanda, con dous mil cabaleiros. Haaman duque de Baiona, con dez mil cabaleiros. Ougel rei de Dacia, con dez mil cabaleiros, que era home que fixo moi bos feitos. Lamberto, príncipe de Bedes, con dous mil. Sansón duque de Borgoña, con dez mil cabaleiros, Bernaldo de Montealván, Galter de Tremes, Guillén, Garín duque de Lorena, con catro mil; Relo de Borgoña, Bernaldo de Nuble, Gaimar, Estrumito, Teodorico, Ivorio, Beringel, Ato, Galarón que despois foi traidor. Traia Carlos da súa propia terra, corenta mil cabaleiros. A xente de pé era incontable. Todos eran moi bos cabaleiros de Xesucristo e de moita sona en armas, máis poderosos e máis fortes que todos os outros do mundo, grazas a eles no mundo era exaltada a crenza de Deus. Así como Noso Señor con doce apóstolos e discípulos gañou todo o mundo, Carlos emperador de Roma e rei de Francia, gañou con estes cabaleiros a terra de España á honra do nome de Deus. Entón xuntáronse todos nas proximidades de Bordel, cubrindo toda a terra de ancho e longo no equivalente a dous días de camiño, e ao cabo de seis légoas oíanse as súas voces e o seu ruído. Arnaldo de Belanda pasou primeiro os portos de Roncesvalles e foise a Pamplona. Despois del o conde don Estulto coa súa xente, detrás o rei Arastaño, o duque Angeleiro cos seus; despois o rei Gundalboi coa súa xente; Ougel rei e Constantín adiantado de Roma coas súas xentes, o rei Carlos con toda a outra xente, cubrindo toda a terra dende o río RUNAE ata o monte que está a tres légoas de Pamplona no camiño francés. Tardaron oito días en pasar os portos. Carlos enviou dicir a Argolando que lle dese a vila de Pamplona onde estaba que el fortalecera moi ben de novo ou que saíse a loitar con el. Argolando entendeu que non podía defender a vila, quixo antes saír da vila a loitar, que morrer nela deshonradamente, envioulle dicir que lle dese prazo en que puidese saír coa súa xente da vila para loitar. Quería antes falar con el porque desexaba moito ver a Carlos. Alí acordaron unha trégua. COMO LOITARON OS DO EMPERADOR SOBRE A CRENZA

24 Os Milagres de Santiago

Carlos e Argolando despois que acordaron unha trégua, saíu Argolando con todos os seus da cidade e detívoos cabo da vila. Foise con sesenta cabaleiros dos mellores para onde estaba Carlos con todos os seus a media légoa de aí. Carlos e Argolando deixaron toda a súa xente nun lugar moi chan ao cabo da vila que ten en ancho e longo tres légoas, entre o camiño francés. Entón dixo Carlos: -Ti Argolando que me tomaches a miña terra por engano, a terra de España e Gascoña que eu gañei pola graza de Deus e puxen en poder dos cristiáns. Os reis dela tornei ao meu señorío. Despois que volvín a Francia mataches os cristiáns que eu aí metera, e destruíches as cidades e os castelos, queimaches toda a terra. Sabe que por isto teño gran pesar. Argolando cando vin que lle falaba Carlos en árabe, marabillouse moito e tivo gran pracer. Carlos aprendera a linguaxe dos mouros en Toledo onde vivira cando era novo. Entón Argolando respondeulle: -Rógoche que me digas por qué a terra en que ti non tes dereito, que nunca herdou teu pai, nin teu avó, nin teu bisavó, nin foi nunca da túa liñaxe, por qué a tomaches á xente da nosa lei. Carlos dixo: Porque Noso Señor Xesucristo, que fixo o ceo e a terra, escolleu a nosa xente cristián entre todos os outros e fíxoa señor sobre todas as outras xentes do mundo. Por iso sempre convertín cando puiden os da túa fe á nosa. Argolando dixo: -Por boa fe, incorrecto é que a nosa fe obedeza á túa, porque a nosa é mellor cá túa, porque nós temos a Mahoma que foi mensaxeiro de Deus que el nos enviou, cuxos mandados temos. Temos os nosos ídolos que son moi poderosos a quen oramos e por quen vivimos e reinamos, que nos mostran as cousas que han de vir deste noso santo Mahoma. Carlos respondeulle: -Ai Argolando! Coidas ti que non temos nós os mandados de Deus? Certo que non temos nós os mandamentos vanso do home, mais nós cremos e oramos ao Pai e ao Fillo e ao Espírito Santo, e vós errades e credes aos diaños que tendes nos vosos animais que vos enganan. Pola nosa crenza, as nosas almas despois da morte van á vida eterna que é o Paraíso, e as vosas van á morte eterna que é o Inferno. Por isto ben parece que a nosa lei é mellor cá túa. Por esta razón bautízate ti e a túa xente e salvarás a vida, senón pelexa comigo e terás mala morte. -Non queira Deus, dixo Argolando, que eu reciba o bautismo e negue ao meu señor Mohoma que é señor de todo mai eu e a miña xente pelexaremos contigo por tal preito que se a vosa fe é máis favorable a Deus cá nosa, sexamos vencidos. A parte que for vencida fique sempre deshonrada. A parte que venza teña honra para sempre. Con todo isto se a miña xente for vencida e eu ficara vivo, quero recibir o bautismo. Así foi acordado. Entón fixeron loitar no campo XX cabaleiros dos cristiáns contra XX dos mouros por aquel preito, e morreron todos os mouros. Despois XL contra XL e morreron todos os mouros. Outra vez pelexaron cen contra cen e morreron os cristiáns porque temeron a morte e quixeron fuxir. Isto dá a entender aos cristiáns que loitan pola crenza de Deus que por ningún motivo deben fuxir. Porque aqueles que fuxían morreron, así os cristiáns deben loitar fortemente contra os pecados, se fuxiran morrerían deshonradamente. Aqueles que loitaban ben contra os seus inimigos da alma que son os espíritos malignos que a fan pecar, venceranos rapidamente. Así dixo San Paulo: “Non serán coroados nos ceos, senón aqueles que neste mundo loitan cos seus pecados”. Despois pelexaron dous centos e morreron os mouros, e despois foron mil e morreron todos os muros. Entón acordaron unha tregua, e foi Argolando falar con Carlos. Díxolle e confirmou que era mellor a lei dos cristiáns cá dos

25 Os Milagres de Santiago

mouros, e prometeu ao emperador que se bautizaría no outro día el e a súa compaña. Despois volveu onda os seus e dixo aos reis e príncipes que con el estaban se querían bautizarse, recibisen o bautismo. Algúns deles aceptaron e outros non. COMO ARGOLANDO NON QUIXO BAUTIZARSE POLOS POBRES MAL ATENDIDOS No cuarto día na hora terceira, estableceron unha trégua. Argolando foi onda Carlos por causa de se bautizar. Atopouno comendo na mesa con moitas mesas arredor nas que estaban arcebispos, bispos e moitos cabaleiros, frades negros, cóengos regrantes, e moitos homes vestidos de moitos xeitos. Preguntou a Carlos quen eran cada un deles. El díxolle: -Aqueles que están vestidos igual e todos birretes da mesma cor son arcebispos e bispos que nos ensinan os mandamentos da nosa fe, quítannos os pecados e dannos a beizón de Deus. Aqueles que ves dos hábitos negros son abades e monxes de mellor vida que aqueloutros, que sempre están de oración e pregando a Deus por nós. Aqueles que vedes das sobrepellizas, chámanlles cóengos regrantes, que fan vida de Santos e din oracións e rogan a Deus por nós. Argolando viu á parte trece pobres moi pequenos e moi mal vestidos que non tiñan nin mantelo na mesa e tiñan mal de comer e de beber. Preguntou quen eran aqueles homes, e Carlos díxolle: -Aqueles homes son mensaxeiros de Deus a quen manda dar de comer cada día por amor de Deus e dos doce apóstolos. Argolando díxolles: -Aqueles que están cabo de ti, son moi honrados e ben vestidos e aqueles que ti dis que son mensaxeiros de Deus, están lonxe de ti, mal tratados, mal vestidos e morren de fame. Sabe que serve mal ao seu señor e avergónzao aquel que serve mal aos seus mensaxeiros. A túa fe que dicías que era boa, agora dás a entender que é mala. Entón partiu de onda el, non se quixo bautizar e foise onda os seus. Entendeu Carlos que polos pobres que viu Argolando ser mal tratados deixárase de bautizar. Mandoulles de alí en diante dar moi ben de vestir e tratalos moi ben. Os que non o fixesen así oirán a súa voz espantosa no día do Xuízo en que dirá así: “Partide de min malaventurados e ídevos para o lume do Inferno, porque me vistes ter fame e non me destes de comer, vístesme ter sede e non me destes de beber; sabede que a lei e a crenza de Deus, pouco val no cristián, se non fai as obras.” Di San Paulo que como o corpo sen alma morre así morra a súa crenza sen boas obras. Por isto Argolando negouse a bautizar. COMO ARGOLANDO MORREU E OS MOUROS FORON VENCIDOS Declarada a batalla por ambas partes, no outro día armáronse todos para loitar e demostrar cal fe era mellor. Carlos tiña cento trinta e catro mil de cabalo, e Argolando cen veces mil. Os cristiáns distribuíronse en catro ás e os mouros en cinco. A primeira á dos mouros entrou primeiro a batalla e foi vencida, despois unha peza dos mouros quixeron auxiliar aos que estaban vencidos, Despois que os mouros comprobaron que os seus estaban sendo derrotados, xuntáronse todos e protexeron entre eles a Argolando. Os cristiáns cando o

26 Os Milagres de Santiago

viron, cercáronos, Arnaldo de Belenda coa súa xente, o conde Estultus coa súa, Aarastianos coa súa compaña, o rei Gundalboi coa súa, Ouguel, Constantín coa súa xente, e o rei Carlos coa súa incontable hoste. O primeiro home que lles atacou foi Arnaldo de Belanda cos seus, arremeteu contra eles dando grandes golpes nos mouros a destro e sinistro, ata que chegou onde estaba Argolando e matouno coa espada. Produciuse entón un grande balbordo, e os cristiáns atacáronos con forza por tódolos flancos e matáronos a todo. Tanto era o sangue dos mouros que alí morreron que nadaban os cabalos nela ata as cinchas. Salvaron a súa vida o rei Almanzor de Córdoba e o rei de Sevilla que fuxiron de alí cuns poucos. Mataron todos os mouros que acharon na vila de Pamplona. Carlos loitou con Argolando sobre a nosa crenza e matouno. Por isto parece certo pensar que a fe dos cristiáns é mellor porque todas as outras fes santas do mundo e pola súa vontade os que a ben tiñan son honrados no Paraíso sobre as ordes dos anxos. Todo cristián que creu ben e firmemente de corazón e fixo boas obras en canto puido, verdadeiramente estará no reino dos ceos con Xesucristo que é cabeza da que os cristiáns son membros. Despois Carlos moi ledo da lide que vencera xuntou onda el a súa xente e foise ao monte de Arga que está no camiño de Santiago e repousou alí. Algún dos cristiáns cobizoso do que tiñan os que morreran na loita volveron alí de noite non o sabendo Carlos, cargándose de ouro, de prata e doutras moitas moitas reliquias e volveron para a hoste. Almanzor rei de Córdoba que xacía con outros moitos mouros que fuxiran da lide escondidos no monte, saiu contra eles e matounos a todos en número de mil cristiáns. Debemos entender que se aqueles desde que veceron os seus inimigos e matáronos con cobiza volveran polo que posuían por este motivo morreran a mans dos inimigos. Así os cristiáns que manifestan os seus pecados e deles fan penitencia, non debe despois tornar a eles, porque se a eles volven seran asasinados polo inimigo da alma, que é o demo. Así como aqueles que volveron a roubar perderon a vida deste mundo, e recibiron morte deshonrada, así os homes do mundo volverán perder a vida eterna e gañarán o Inferno que será por sempre xamais o seu fin. A BATALLA DE FURRO ONDE APARECERON AS CRUCES VERMELLAS Noutro día dixeron a Carlos que o señor de Navarra, que chaman Furro, estaba no monte Garsín e quería loitar con el. A véspera da loita, rogou Carlos a Deus que lle mostrase cales eran os que tiñan que morrer naquela lide. Noutro día, des que estiveron armados todos os cristiáns, apareceulles a aqueles que habían de morrer sobre as lorigas, detrás, e nos ombros, cruces vermellas. Cando o viu Carlos entendeu que aqueles eran os que tiñan que morrer na loita se entrasen en batalla. Pecháronos a todos nun lugar onde lle dicían misa para que non morresen naquela batalla. Ningún puido torcer o desexo de Deus nin os seus feitos. Despois que a loita foi vencida e morto o príncipe Furro con tres mil mouros, volveu Carlos onda os que deixara encerrados e atopounos a todos mortos, que eran cento cincuenta cristiáns. Aqueles santos loitadores que escaparon da lide dos mouros, non deixaron por elo de recibir martirio pola vontade de Deus. Despois tomou Carlos o castelo do monte Garsín, e toda a terra de Navarra, e someteuna ao seu señorío.

27 Os Milagres de Santiago

COMO ROLÁN LOITOU CONTRA FERRAGUDO O XIGANTE E COMO O MATOU Despois que Carlos venceu a batalla chegoulle noticia da chegada a Náxera dun xigante da liñaxe de Goliat, que se chamaba Ferragudo. Era da terra de Siria, e enviárao Mirando, señor de Babilonia con vinte mil turcos para loitar con Carlos. Aquel xigante non temía lanza nin frecha e tiña a forza de XL homes esforzados. Carlos cando o soubo foise aló axiña. Ferragudo cando o viu saiu cara el e preguntou se había alí quen loitase un por un. Carlos enviou cara a el a Ougel, e o xigante, cando o viu só no campo foi para el moi manso e lonzoulle a man destra e tomouno con todas as súas armas, levouno, tomouno con todas as súas armas, e levouno así como unha ovella para o castelo véndoo todos. O xigante tiña doce cóbados de longo, e nun cóbado e no rostro e un palmo no nariz e nos brazos e nas pernas catro cóbados e nos dedos tres palmos. E Carlos cando isto viu, enviou a Arnaldo de Montealván que loitase con el; e o xigante levouno ao castelo como fixera o outro. E despois envioulle a Constantín adiantado de Roma e o conde de OELUS. E el tomou un coa man destra e outros coa sinistra e levounos ao castelo. Así que lle enviaron vinte cabaleiros dous en dous fíxolles como a aqueles outros e levounos todos a prisión. Carlos cando viu isto, marabillouse moito e non ousou enviar outros que loitasen con el. Entón Rolán obtivo licencia do emperador para ir loitar con e. Deulla moi a desgaña, e despois foise contra o xigante. O xigante lanzou contra el a man púxose ante el no cabalo, e foise con el para o castelo. Rolán esforzouse moi ben e tomou confianza en Deus e garrouno pola barba e torceuna na sela e caíron ambos os dous en terra e levantáronse moi axiña e subíronse aos cabalos. Rolán desenfudou a espada, e tentando matalo, fallou, deulle no cabalo e partiuno polo medio. Ferragudo de pé ameazouno moito coa espada, e Rolán deulle coa súa no brazo no que tiña a espada e non llo cortou, mais derruboulle a espada. Ferragudo dende que a perdeu pensou en matar a Rolán, pechou o puño e deulle con el na cabeza do cabalo e matoullo. Loitaron de pé sen espadas ata a hora nona feríndose coas pedras e cos puños. Dende que foi hora de véspera pediu trégoa Ferragudo a Rolán, e foise para o seu castelo. Acordaron entre eles achegarse no outro día a loitar sen cabalos e sen lanzas. Decidio isto volveuse Rolán onda os seus. No outro día de mañá cedo achegáronse ambos os dous ao campo segundo o que prometeran. Pero Ferragudo levou espada, mais non lle prestou nada. Rolán levaba na man un moi bo pao retorto como caxato co que lle deu todo o día moi fortes feridas, mais non o enfeblecía nada. Dáballe tamén con moi boas pedras redondas e rexas das que xacían moitas no campo, e así loitou con el ata o mediodía. Non se puideron ferir. Despois acodaron entre eles unha trégoa, e Ferragudo tivo sono e deitouse a durmir. Rolán que era cabaleiro mozo moi educado púxolle unha pedra so a cabeza para que durmise máis descansado. Mentres durmía Rolán nin outro ousaron matalo, porque tiñan tal costume desde que había trégoa non farían mal o cristián ao mouro, nin o mouro ao cristián, porque aquel que a rompía logo morrería.

28 Os Milagres de Santiago

Ferragudo des que durmiu abondo espertou e sentouse Rolán a carón del. Preguntoulle como era tan forte e tan rexo que non o fería nin pedra nin pao, e o xigante díxolle: -Sabe que por min non entra ferro senón polo embigo. El falaba en lingua de España de xeito que o entendía moi ben Rolán. O xigante comezou a observalo e preguntoulle como se chamaba. El díxolle que se chamaba Rolán. El díxolle: -De que liñaxe es que tan rexo e tan forte es en armas? E Rolán respondeu: -Nós somos da liñaxes dos franceses. E Ferragudo díxolle: -Os franceses que lei teñen? E Rolán respondeu: -Nós pola graza de Deus somos cristiáns e obedecemos aos mandamentos de Xesucristo, e loitamos pola súa crenza canto podemos. O xigante cando lle oiu mencionar o nome de Xesucristo dixo: -Quen é ese Cristo en quen ti cres? Rolán díxolle: -É fillo de Deus Padre e da Virxe Santa María, morreu na cruz, soterrado no momento descendeu aos Infernos. Ao tercerio día resucitou e de alí foise aos cesos onde está á parte dereita de seu Padre. Ferragudo dixo: -Nós cremos que o Deus que fixo o ceo e a terra é un e non tivo pai nin fillo; e así como el non naceu de ningúen, así non naceu outro del; e así non hai tres deuses, senón un. -Verdade dis, dixo Rolán, que el é un, mais no que dis non son tres, isto erras, porque se cres no Pai, cres no fillo e no Espírito Santo, porque o Deus que é Pai, é Fillo e Espírito Santo, pero é un deus que é en si tres persoas. Ferragudo dixo: -Se ti dis que o Pai é Deus, e o Fillo é Deus e o Espírito Santo é Deus, tres Deuses son logo. -Non dixo Rolán, mais tres persoas nun Deus. Digo eu que el é un e hai nel tres persoas, e foron e son e serán para sempre iguais. Cando é o Pai tal é o Fillo e tal é o Espírito Santo. Os anxos no ceo obedecen e honran a un. Deus en tres persoas, e Abrahán viu tres e el adorou un. O xigante díxolle: -Como demostras que tres poden ser un? Rolán díxolle: -Eu direicho e mostrareicho por criaturas irmás e por cousas do mundo: así como na citola cando a tanxen, hai tres cousas, a arte, a corda e a man con que a tanxen, pero é unha citola, así en Deus son tres cousas, Padre e Fillo e Espírito Santo pero é un Deus. Así como no sol son tres cousas: o resplandor e a claridade e a quentura, pero é un sol. Así como na améndoa son tres cousas: a cortiza de cima e a casca e a vianda de dentro e é unha améndoa. Na roda do carro son tres cousas: o madeiro do medio, os brazos e o círculo, pero é unha roda. En ti mesmo hai tres elementos: o corpo, os membros e a alma pero es un home, e así en Deus hai tres persoas que é unha Trindade, pero é un Deus. Ferragudo dixo: -Agora entendo que pode ser tres persoas nun Deus; mais como o Padre tivo Fillo, esto non o entendo. -Cres ti, dixo Rolán, que fixo Deus a Adán? -Creo, dixo Ferragudo. -De que maneira, dixo Rolán, non naceu de virxe pero tivo fillos, así Deus Padre non naceu de ninguén pero xerou fillo de si mesmo pola súa santidade durante todos os tempos, así como a el promove. -Prázeme, dixo Ferragudo, do que dis, mais de que maneira se fai home quen era Deus, isto non sei. Dixo Rolán: -Aquel que creou o ceo e a terra, fixo da Virxe fillar carne sen concepción de home pola súa santa inspiración. -Non o podo entender, dixo o xigante, de que maneira puidese el nacer do ventre de Virxe sen semente dentro de home, e como el naceu de Deus Padre sen madre así naceu feito home de madre sen padre e tal nacemento pertence a Deus. Por gran cousa, dixo o xigante, como a Virxe tivo fillo sen home? Dixo Rolán: -Aquel que nas fabas fai nacer os gurgullos e nas árbores os vermes sen axuda de ninguén, os peixes e as abellas e moitas serpes sen concepción de macho e fai delas ter crías, ese fai da Virxe, Deus e home nacer, ficando salva a súa virxinidade sen semente de home. Aquel que o primeiro home, segundo xa dixen, fixo nacer sen concepción de outro home

29 Os Milagres de Santiago

lixeiramente pode facer nacer o seu fillo, que fose home e que nacese do ventre da Virxe sen semente dentro de home. -Ben pode ser, dixo Ferragudo, que naceu da Virxe, mais se foi fillo de Deus, de ningunha maneira podería morrer, porque Deus nunca morrerá. -Ben dixeches, dixo Rolán, que pode nacer da Virxe e que naceu como home. -Mais se naceu, como prendeu morte? El naceu como home e prendeu morte, como home, porque todo aquel que nace morre, e se é de crer a necenza, así é de crer a morte e a resurrección. -Como é de crer que resucitou? dixo Ferragudo. -Porque, dixo Rolán, el naceu e morreu e resucitou ao terceiro día. Ferragudo dixo a Rolán cando isto oiu: -Porque me dis tantas palabras baleiras? Porque é cansanzo que non pode ser, que o home morto torne entre os vivos despois. Dixo Rolán: -Non foi só o fillo de Deus que resucitou de entre os mortos mais verdadeiramente todos os homes que existiron dende o comezo do mundo e que existiran de aquí en diante resucitarán despois do fin e irán ao día do xuízo ante a súa cadeira oír sentencia para recibir premio do ben e do mal que fixeron. E Deus que de moi pequena árbore fai moi grande e moi alta, e do grao de trigo que xace seco e podre so a terra fai enverdecer e medrar e dar froito, así tornará todos os homes, na súa carne mesma, e no seu espírito, vivos ao día do ............. que tanxían moi fortemente. E as voces delas e aos sons das campías e diante a semelduen das carantoñas, que eran moi feas, espantáronse os cabalos dos cabaleiros de Carlos e comezaron a fuxir con moito medo tales frechas, e os cabaleiros de ningún xeito os podían deter. As dúas ás dos cristiáns cando vion fuxir a primeira comezaron todos a fuxir. E entón os mouros con gran pracer foron tras eles ata que os cristiáns, chegaron a un monte que estaba a dúas légoas da vila. Os mouros xuntáronse todos e os cristiáns, cando aquelo viron, acordaron agardalos e loitar con eles. Os mouros afastáronse xa canto a afora, e os cristiáns ficaron alí as súas ás e permanecern alí. E no outro día tiveron consello Carlos cos seus cabaleiros, e mandou cubrir as cabezas dos cabalos de lenzos e encher as orellas dentro de panos, para que non puidesen ver as carantoñas nin oír as voces das campás. Despois que os cabaleiros tiveron feito isto, volveron os cristiáns todos á loita moi esforzadamente e non sufrindo nada o engano dos mouros, entón loitaron con eles moi fortemente des a mañá até o mediodía, e mataron moitos deles peo non os puideron vencer. Os mouros estaban todos xuntos e tiñan entre si unha carreta tirada por moitos bois, e sobre ela andaba un pendón vermello. E tiñan entre eles por costume, que ninguén fuxise en canto o visen andar alzado. O rei Carlos entendeuno, e como estaba armado de moi boa espada e protexito da graza de Deus, entrou entre as ás dos mouros dando moi grandes feridas a destro e sinistro, mantando moitos deles ata que chegou onde estaba a carreta, e deu coa espada na asta na que estaba o pendón e cortouno. Axiña todos os mouros comezaon a fuxir dun cabo e do outro, e alí foron todos os cristiáns e os mouros xuntos. Almanzor rei de Córdoba fuxiu con dous mil e acolleuse na vila. No outro día Carlos foi contra el, e Almanzor sentiuse apoucado da xente, deulle a vila, e despois Carlos deulla por tal preito que se tornase cristián e lle obedecese con ela e a tivese de alí en diante. Despois disto Carlos deu as terras e provincias de España aos cabaleiros e xente que andaban con el, deu logo aquela terra aos que se ofreceron a quedar nela. Deu a terra de Navarra e a dos vascos aos de Bretaña, a terra de Castela aos franceses, terra de Náxera e de Zaragoza aos gregos e aos de Pula; terra de Aragón aos de Pitheus, a terra de Andalucía, que é cabo do mar, aos alemáns, e a terra de Portugal aos de Dacia e de Flandes. Os franceses non

30 Os Milagres de Santiago

quixeron poboar en Galicia porque lles parecen terra montañosa e egrexia. De alí en diante non foi ninguén que ousase loitar en España contra Carlos. COMO TURPINO CONSAGROU A IGREXA DE SANTIAGO Despois que Carlos deixou os príncipes e os que eran mayorais en España, foise a Santiago en romaría. E os herexes que atopou naquela terra devolveunos á crenza de Deus; e os que deixaran a lei dos cristiáns e se tornaran á dos mouros, a uns matou e aos outros enviou a Francia. E dalgunhas vilas fixo bispados e puxo aí cóengos e cregos, e fixo consello na cidade de Santiago, e por consello dos bispos de España e dos príncipes que alí estaban, por amor de Santiago, estableceu que todos os reis e os príncipes de España e de Galicia, ata ben os que entón eran como os que habían de vir, abedecesen ao bispo de Santiago. E en Padrón non quixo facer bispo porque non a contaban por vila, e mandou que fose dependente da igrexa de Santiago. E entón en Turpín, arcebispo de Reus, consagrei moi honradamente a igrexa de Santiago, por mandado do emperador Carlos, con LX bispos. E subxugou o emperador a igrexa de Santiago toda a terra de España e de Galicia, e mandou que llel desen cada ano de canto alí, estivesen para sempre catro diñeiros e que fosen eese motivo de alí en diante liberados de toda servidume. E estableceuse naquel día que de alí en diante a igrexa de Santiago fose chamada apostólica porque aí xace o corpo de Apóstolo, e todos os bispos de España fixesen alí consello moi a miúdo, e que todos os reis de España recibisen as coroas dos reinos da man do bispo de alí, e todos os bispos de España trouxesen os báculos. E se por pecados nalgunhas vilas e lugares minguase a crenza de Deus, que fose corrixida polo bispo de Santiago, e gran dereito é de se corrixir naquela igrexa a crenza, que así como por San Xoán Evanxelista irmán de Santiago, na parte de oriente foi feita en Efeso igrxa apostólica e enxalzada a crenza de Noso Señor, así por Santiago seu irmán na parte de occidente, en Galicia, onde xace o seu corpo, é feita igrexa apostólica e enxalzada a crenza de Xesucristo. E aquestas son dúas igrexas: en Éfeso que é na destra parte de Xesucristo, no reino temporal, e Compostela que está á sinistra, que destas dous irmáns recibiron por herdanza cando os apóstolos partiron entre si as provincias do mundo, para pregar a crenza de Deus porque eles pediran a Xesucristo que non estivese á súa destra parte no seu reino e o outro á sinistra. Tres igrexas apostólicas e principais entre todas as outras están no mundo que os cristiáns adoitan honrar polos merecementos dos santos que nelas están, mais que todas as outras: a igrexa de Roma, e a de Santiago e a de San Xoán en Éfeso. E así como Noso Señor escolleu tres apóstolos entre todos os outros: San Pedro, Santiago, San Xoán, para lles amosar os seus segredos segundo se di nos evanxeos, así as igrexas deles fixo máis honradas no mundo entre todas as outras. E con dereito estas son principais, que así como estes apóstolos pasaron todos os outros en graza e honra así aqueles lugares nos que eles preducaron onde xacen os seus corpos, debeu ser máis honrados de dentro ca todos os outros do mundo, e con dereito a igrexa de Roma é primeiramente máis honrada porque a consagrou e honrou San Pedro príncipe dos apóstolos pola súa predicación e polo seu sangue que ái esparexen cando o mataron, e polo seu corpo que aí xace. E a outra máis honrada é a de Santiago porque entre todos os apóstolos foi máis honrado en dignidade e en

31 Os Milagres de Santiago

honestidade despois San Pedro, e é privado entre todos os apóstolos porque recibiu primeiramente martirio ca eles, e foi coroa na igrexa do Noso Señor, e por isto a súa igrexa é moi honrada porque a tornou á crenza pola súa predicación e a consagrou soterrando aí o seu corpo santo, e aínda agora a honra moito por moitos milagres que aí fixo sen número. E a terceira igrexa despois estas máis honrada, é a de Efeso, porque San Xoán Evanxelista dixo nela, ante todos os bispos que el fixera polas outras cidades, que aí estaban reunidos, aos cales el chmaba anxos no Apocalipse, primeiramente o Evanxeo: “No comezo era a palabra”, e poque a consagrou coa súa predicación e con moitos milagres, e fixo aí a sepultura para o seu corpo. E se algúns xuíces de Deus ou dos homes fosen malos de entender de algún xeito, e non os poderen definir nas outras igrexas do mundo, de dereito nesas igrexas débense de razoar e definir. E así naquel tempo foi Galicia liberada do señorío dos mouros, pola verdade de Deus e de Santiago e pola axuda de Carlos. E despois foi sempre honrada ata este presente día na crenza de Deus. COMO E EN QUE XEITO ERA NOMEADO O EMPERADOR CARLOS E COMO O GARDABA DE NOITE E DE DÍA OS VASALOS Rei Carlos tiña os cabelos brunos e a face vermella, e tiña o corpo moi ben feito e de bo estado, e a catadura brava. E tiña de longo doce pés dos seus que eran moi longos, e era moi arrizado e moi rexo e moi sabedor das armas. E tiña no rostro un palmo, e na testa un palmo e pouco máis, e os ollos semellaban de león e resplandecían como a pedra carbuncula; e tiña un medio palmo nas sobrecellas e era sañudo, entón quen quer que el cataba tiña del medo. E na cinta que el traía arredor tiña visto palmos sen aquela que se colgaba dela a fibela soamente. E ao xantar comía pouco pan, e comía un cuarto de carneiro, ou dúas galiñas, ou unha pata, ou unha perna de porco, ou un polo, unha grúa ou unha lebre. E bebía pouco viño e moito augado. El era tan arrizado que o cabaleiro, estando armado sobre o seu cabalo, de unha ferida que lle daba coa espada por riba da cabeza, atravesaba a el e ao cabalo. E estendía coas mans rapidamente catro ferraduras de cabalo, e erguía moi axiña un cabaleiro armado que lle subise en terra e na palma alto enriba ata a cabeza, sen axuda de outra man. E era moi franco nos seus lamentos e era moi dereito nos seus xuízos e de moi boa palabra. E catro veces noa no facía en España cortes: polo Nadal, por Páscoa, por Pentecostés, por Santiago; e pon a coroa que pertencía a rei, e tiña na man o cetro. E ante a súa cadeira tíñalle unha espada nía, segundo fai o emperador; e arredor del cada noite velábanno cento vinte cabaleiros moi bos, corenta un terzo da noite, dez á cabeza e dez aos pés, é dez á parte dereita, e dez á esquerda, e tiña cada un deles unha espada núa na man dereita, e unha candea acesa na esquerda, e así os corenta o outro terzo e así os outros corenta o outro terzo ata o día, mentres os outros durmían. Mais os grandes feitos que el facía serían malos de contar a cantos pagarían de oír en como el morou en Toledo e como el matou na loita ao rei Bramante por amor de rei Galafre de Toledo cuxo inimigo el era; e como conqueriu moitas terras e moitas provincias polas súas armas e as meteu á crenza de Deus, e en como as requintou e en como tirou moitos corpos de santos que xacían

32 Os Milagres de Santiago

soterrados en terra e os meteu en monumentos de ouro e de prata; e en como foi ao Sepulcro de Xerusalén, e en como trouxo o leño da cruz de Xesucristo e repartiuno por moitas igrexas, e antes causaría a man e a pena dos grandes feitos del a quen todos o quixesen escribir, pero pol que vos diremos des que liberou a España dos poderes dos mouros en como tornou para Francia e como mataron a Rolán e os outros cabaleiros na loita de Roncesvalles. BATALLA DE RONCESVALLES E DA MORTE DE ROLÁN E DOS OUTROS LOITADORES Despois que Carlos gañou toda España para a honra de Deus e do Apóstolo Santiago, saíndo xa de España, chegou a Pamplona co seu exército. E entón vivían en Zaragoza dous reis mouros de Persia, MARSINUS e BELIGUANDUS e enviáronos a Amirando, señor de Babilonia, a España, e eles obedecían a Carlos e servíano de moi boa mente en todas as cousas segundo eles demostraban. E o emperador envioulles dicir por Galarón que se bautizase ou lle desen tributo. E eles enviáronlle trinta cabalos cargados de ouro e de prata e doutras doas de España. E enviaron aos outros príncipes e cabaleiros, trescentos cabalos cargados de moi bo viño e mil mouras moi fermosas de que fixesen a súa vontade. E en segredo dixeron a Galarón a traizón, e déronlle vinte cabalos cargados de ouro e de prata e de vestiduras para qaue os dispuxese tanto que puidesen matar os cabaleiros a Carlos, e el así o otorgou e recibiu o haber. E afirmada así a traizón entre os mouros e Galarón, foise Galarón onde Carlos e presentoulle o presente que eles lle enviaban, e díxolle que MARSIUS quería ser cristián e que se dispoñía de camiño para se ir a Francia para bautizarse e de alí en diante quería por el ter a terra de España. E os maiores cabaleiros e mellores de Carlos non quixeron seón tomar o viño que el lles traía, e os outros cabaleiros, que non eran tan bos, tomaron as mouras. E o rei Carlos, crendo o que lle dicía Galarón, tratou de pasar os portos de Roncesvalles e volverse a Francia. E por consello de Galarón mandou a Rolán o seu sobriño, conde d Mans e señor de Blayas e Oliveiros, conde de Jenes, con outros cabaleiros mellores e con vinte mil cristiáns, que quedasen en Roncesvalles a gardar a retagarda ata que el pasase os portos con toda a outra xente, e eles así o fixeron. E porque nas noites que pasaran algúns dos que se embebedaran do viño que lles enviaran os mouros e cometesen pecado coas mouras e coas outras mulleres que traían de Francia, quixo Deus que morresen alí. E en canto a Carlos e Galarón e o bispo Turpín pasaron cos outros vinte mil e Rolán e Oliveiros gardaban a retagarda de Roncesvalles apareceron moi cedo de mañá Marsil e Velningado con cincuenta mil mouros, e saían dos montes e das devesas onde permaneceran agochados dous días e dúas noites por orde de Galarón, e fixeron deles dous grupos, un de vinte mil e outro de trinta mil. E a dos de vinte mil veu primeiramente ferir sobre os cristiáns, e os cristiáns volveron a eles e loitaron de a mañá ata a hora terza, e mataron todos os mouros que non quedou ningún deles. E eles estando cansados da loita que tivemos os outros XXX mil mouros viñeron sobre eles e mataron todos os cristiáns, que non ficou ningún deles senón uns poucos que non estivesen feridos e os outros degolados, e outros con importantes feridas de lanzas e cortados con segures e outros feridos con frechas e con dardos, e a outros esfolaban con coitelos, e aos outros queimaban no lume, e aos outros

33 Os Milagres de Santiago

aforcaban. E foron alí asasinados todos os mellores cabaleiros de Carlos, agás Rolán e Baldovín e Turpín e Tedrico e Galarón. Baldovín e Tedrico esparexéronse polo monte e esconderónse e por iso sobreviviron.E entón os mouros andaron detrás deles e non os puideron atopar, e volveron unha légoa hacia onde os viran. E agora debemos preguntar por que Noso Señor deixou matar os que non pecaron coas mouras nin se embebedaron con aqueles que o fixeran. Isto foi porque Noso Señor non quixo que volvesen para a súa terra, para que non cometesen outros pecados e outras malas couas polas que perdesen as almas. Por lles dar martirio, alí recibiron gloria eterna. Aqueles que pecaran quixo que morresen alí no seu servizo para lles perdoar os pecados por aquela morte que alí recibiron. Non deben dicir que Deus piadoso non dá permios aos homes polos traballos que por el reciben neste mundo a aqueles que confesan os seus pecados e obteñen penitencia. Porque eles como quer que pecasen quixeron morrer polo seu amor e por elo están na gloria do Paraíso. Por isto, cando algúns vaian loitar non deben levar ningunha muller consigo. Porque Darío e Antonio, que eran príincipes moi poderosos deste mundo, levaron consigo as mulleres nas loitas que tiñan, foron ambos os dous vencidos, Dario por Aleixandre, Antonio polo emperador Octavio Augusto. Por tanto non as debe levar aló ninguén, porque son o seu do corpo e da alma. Aqueles que son borrachos e fornicadores significa que os cregos de misa e os homes de orden deben loitar contra os pecados; e non lles convén embebedarse nin ter mulleres. Se o fixesen serán presos dos seus inimigos que son os demos. Por riba morrerán de mala morte. Despois que rematou a loita, segundo tedes oído, Rolán estaba só, comezou a mirar contra os mouros. Estaba moi lonxe deles, e achou un mouro moi negro, que xacía escondido no monte en que fora a loita. Prendeuno e atouno moi forte a unha árbore con catro pólas. Deuxouno alí atado, subiu nun monte e mentres os mouros pasaban viu que eran moitos. Voltou camiño de Roncesvalles, por onde ían os que querían pasar para onde estaba o rei Carlos. Aló comezou a tanxer un corno que traía de marfil. Cerca de cen cristiáns que estaban agachados polos montes, depois que oíron o son do corno foron todos hacia el. Con aqueles cen cristiáns volveuse alí onde deixara o muro preso. Soltouno e alzou a espada sobre a súa cabeza e díxolle: -Se comigo fores e me amosares a Marsil deixareite vivo, senón sabe que te matarei. Porque Rolán non coñecía aínda a Marsil. Entón foise o mouro con el e amosoullo entre unha compaña de mouros que estaba lonxe. Tiña un cabalo roibo e un escudo redondo. Entón Rolán deixou o mouro e esforzándose na mercede de Deus, foise moi vivamente contra os moutos con aqueles cen cristiáns que ían con el e ferido con eles. Viu estar un que era de máis corpo que todos os outros, e feriuno, de xeito que unha parte do mouro caiu do cabalo á destra e a outra á sinistra. Os outros mouros, cando viron aquilo, comezaron a fuxir e deixaron a Marsil no campo con uns poucos. Logo esforzado pola virtude de Deus entrou entre aquelas ás dos mouros dando moi grandes golpes a destro e a sinistro. Derrubando e matando moitos deles. Foise despois cara a Marsil que ía fuxindo, e pola graza de Deus matouno entre os outros. Naquela loita os cen cristiáns que foron con Rolán, morreron todos . E Rolán escapou con catro feridas de lanza moi grandes, outras moitas feridas de frechas, de mazas e de pedras. Berlingando des que soubo que o rei Marsil estaba morto, fuxiu de alí con outros mouros. Tedrico e Baldovín ficaron no monte agochados como vos dixemos. Os outros cristiáns feridos xacían nas devesas e outros pasaban a oirtis oara ibde estaba o rei Carlos. Carlos

34 Os Milagres de Santiago

pasara xa os portos con todos os seus, e non sabían nin migalla do que acontecera. Entón Rolán moi canso das feridas e da loita na que estivera, con gran pesar dos príncipes e cabaleiros que aló morreran, e coidando nas feridas que traía, foise indo polos montes só e chegou ao pé do monte de Roncesvalles. Alí descendeu do cabalo nun prado moi bo, ao pé dun penedo de mármore onde, só había alí unha árbore. Traía aínda unha espada súa que era moi fermosa e moi forte de gume, moi clara e moi luminosa, chamábase Durandas. Durandas tanto quere dicir: “a que dá duros golpes” como “a que fere fortemente aos mouros”, porque de ningún xeito pode quebrar, antes falecerá o brazo que a espada. Entón tirouna Rolán da vaina e acariñouna. Comezou a chorar e dicir: -Ai espada fermosa, que nunca estivo suxa nin enferruxada, mais sempre foi fermosa e clara e convenivela de ancho e de longo, máis forte e máis firme ca todas as outras. O mango ten de marfil moi branco feito a xeito de cruz, con moi fermosa gavilán/arrais dourada e con moi bo pomo da espada dourado de berilo na empuñadura. En ti está escrito o gran nome de Deus, comezo e fin. O teu moi bo gume é cercado da virtude de Deus. Quen usará de aquí en diante a túa fortaleza? Quen te posuirá? Quen te terá? Quen te tiver nunca será vencido nin será asustado polo contrario, porque sempre será comprido da axuda e graza de Deus. Por ti foi destruída xente dos mouros, moita mala xente porfiosa morta. Por ti a lei de Xesucristo é enxalzada, a loor e gloria, e Deus por ti é enxalzada. Ai cantas veces, por ti vinguei o sangue do meu señor Xesucriso! Cantos inimigos matei contigo! Cantos mouros e xudeus destruín contigo para enxalzar e loar a crenza! A xustiza de Deus por ti... moitos pés e moitas mans de ladróns. Ai espada moi benaventurada e moi prestes de gume, que nunca tiven outra semellante de ti ni a hei de ter. O que labrou, antes nin despois nunca fixo outra tal. Nunca home por ti foi ferido que puidese escapar. Ah, que gran pesar teño se algún mal cabaleiro, porfiroso ou covarde te ten! Despois que dixo isto, teméndose que a tivesen no seu poder os mouros, deu con ela tres veces nun penedo de mármore xunto ao cal estaba. Cada vez fendeuno ata o terreo, e a espada ficou san sen ningún dano, segundo era antes. Tomou o corno e comezou a tocar por se viña algún dos cristiáns que xacían escondidos, algúns daqueles que xa pasaron os portos, para estar na súa morte, para tomar a súa espada, o seu cabalo e ir despois contra os mouros por se podían matar algúns. Tanxeu moi forte o corno que aínda que era de marfil fendeuno co bafo. A el quebrantáronselle as veas do pescozo e os nervios. Carlos oiu o son do corno onde estaba coa súa hoste. De alí a onde estaba Rolán había oito millas no que chamaba o “Val de Carlos”. Cando o oiu Carlos mandou preparar os seus e quixo ir aló. Mais Galaron que sabía a traizón dixo: -Señor non vaias aló porque non é nada. Que por lixeira cosa adoitaba Rolán tanxer o corno, el non ten mester da túa axuda agora. Andará agora detrás dun veado tanxendo o corno. Ai que mal consello e que engano do traidor Galarón! Semellaba a traizón de Xudas! Xacendo así Rolán no prado sobre a herba, tiña tanta sede que máis non podía, e non podía ter auga. Entón chegara xa Baldovín e el fixera sinal que lle buscasen auga. Baldovín buscou andando de un cabo e do outro e non a pode atopar porque non había alí senón morte... Ergueu a man e bendiciuno. Con medo de que o matasen os mouros, cabalgou no cabalo de Rolán, deixouno e foise buscar a hoste de Carlos que xa pasara. Despois que el se foi chegou Tedrico onde xacía Rolán. Comezou a chorar moito sobre el, e díxolle que se confesase dos seus pecados. Nese día confesárase e recibira o corpo de Deus

35 Os Milagres de Santiago

antes de entrar na loita. Era naquel tempo costume que todos os que tiñan que loitar se confesasen aos seus bispos e aos seus cregos e deles recibían o corpo de Deus antes de entrar na loita. Entón Rolán mártir de Xesucristo alzou os ollos ao ceo e dixo: -Señor Xesucristo, por cuxa crenza eu deixei a miña terra e vin a esta terra estraña por enxalzar a cristiandade. Aquí onde eu moitas loitas vencín aos mouros pola túa graza. En moitas feridas, loitas, pelexas, escarnios, febres, cansanzos, fame, frío e moitos outros traballos padecín. Encoméndoche, Señor, esta miña alma nesta hora en que xazo. Así como por min e polos pecadores quixestes nacer e morrer na cruz, ser soterrado en monumento, descer aos Infernos, quebrantalos, tirar de alí os teus santos, ao terceiro día resucitar de entre os mortos, despois subir aos ceos que nunca foron desamparados da túa presenza e da túa santidade. Así a miña alma, Señor, pola túa misericordia sexa libre da morte perdurable que é o Inferno. Confésome, Señor, que son culpado e moi pecador, mais que ti que es piadoso e perdoador de todos os pecados que os homes fan despois que se tornan a ti con boa contrición. Das a esquecer por sempre e perdóache caso de Nínive e a Santa María Madalena e a San Pedro que te negou, porque se converteron e tornaron.....á terra de Santiago por razón de roubar nin por facer outro mal. Pensaba e dicía outro que non había no mundo senón o bo varón Santiago que era Deus dos cristiáns. Despois que partiu de alí foise e chegou a unha vila que chaman Ovrigana onde estaba unha igrexa moi fermosa de San Romano. Tiña moitos ordenamentos de moi bos libros e moitas cruces de prata, de ouro e honrada de moitas vestiduras de ouro moi boas. Almanzor des que chegou a aquela igrexa, tomou todas as cousas que alí atopou e destruíu toda a vila. Albergaron alí naquela vila coas súas cabalarías. Un caudillo da súa compaña entrou naquela igrexa, viu unhas columnas de pedra moi ben lauradas de ouro e de prata. Coa maldade e coa envexa que tivo, colleu un berce de ferro, e meteuno por so as bases e deulle cun mallo de ferro e deitounas en terra. Unha vez ergueu o mallo e coidou derrubar daquel golpe toda a igrexa. Quixo construír Noso Señor do seu xuízo e fixo del animal de pedra co seu mallo na man, dentro na igrexa de San Romano, e a tal color cal era a túnica que traía vestida, e soen dicir algúns romeus que aló van en romaría, que aquela pedra bota de si mal olor. Cando Almanzor viu isto dixo aos cabaleiros da súa casa: -Moita é para honrar e para temer ao Deus dos cristiáns que tales criados ten. Como quer que xa sexan pasados deste mundo para aquel outro collen dereito de aqueles que lles son reveos, así como se estivesen vivos. Porque un tolleu o lume e de outro fixo pedra muda. Porque Santiago tolleu o lume dos ollos e San Romano, porque el volveume o lume dos meus ollos e San Romano non me quer dar o meu home. Pois que así é fuxamos desta terra e ímonos. Entón foise así o pagán confundido coa súa compaña, e nunca houbo despois quen ousase vir conquistar a terra de Santiago. Sabede que quen quer vir para destruíla, que será condeado naquel outro mundo; segundo que sempre todos aqueles que a gardaron do poder dos mouros terá premio do Rei Celestial.

36 Os Milagres de Santiago

GUÍA DE PELEGRIÑOS

COMO E DE QUE XEITO ESTÁ EDIFICADA A IGREXA DE SANTIAGO A cidade de Compostela está entre dous ríos, o Sar e o Sarela. O Sar está cara a oriente entre o Monte do Gozo e a cidade, e o Sarela cara occidente entre o Monte Pedroso e a cidade. As entradas e portas son sete: a do Camiño Francés, a da Pena, a do Santo Romeu, que vai para a Trindade, a de Faxeiras que vai para Padrón, a da Mámoa, a de San Francisco, a sétima é a porta de Mazarelas por onde entra o prezado viño á cidade de Santiago. AS CAPELAS QUE ESTÁN DENTRO E NA IGREXA DE SANTIAGO Na cidade hai dez igrexas. A de Santiago Apóstolo Cebedeo, que resplandece no medio sobre todas as outras. A de San Pedro apóstolo abadía de monxes negros, que está no Camiño Francés. A de San Miguel de Cisterna. A de San Martiño de Piñeiro que foi bispo e é abadía de monxes. A da Santa Trindade. A de San Fiz mártir. A de San Bieito. A de San Paio mártir que está tras a cabeza de Santiago á parte dereita. A décima é a de Santa María e vai aló por entre o altar de San Nicolás e Santa Cruz. A igrexa de Santiago ten de longo cincuenta e tres estados do home, da porta de occidente ata o altar de San Salvador. No ancho ten trinta e nove da porta do Camiño Francés ata a porta meridiana que está contra os Orifices. No alto contra dentro catorce estados. A porta de Occidente ten dúas entradas. Por grande, por gran fermosura e por obra moi traballada destaca entre todas as outras portas. É maior e máis fermosa ca todas as demais. É a máis marabillosamente traballada e con moitos banzos por fóra e por dentro. Con máis columnas de mármore labrado e de moitas e variadas figuras de moitos animais e de todos os santos. AS TORRES DA IGREXA DE SANTIAGO Na igrexa hai nove torres. Dúas sobre a porta da fonte, dúas sobre a porta meridiana, dúas sobre a porta de occidente, outras dúas están sobre dous torreóns, outra está no medio da igrexa entre o coro e o altar. Esta do medio é a máis nobre e fermosa das que están en toda a igrexa. Esta torre está sobre dúas pezas moi fortes, pintadas como se fosen de mármore e por dentro e por fóra pintada de obras moi marabillosas, cuberta de chumbo. Mais destas que vos dixemos unhas están xa rematadas e outras por rematar. NÚMERO DE ALTARES QUE HAI NA IGREXA DE SANTIAGO

37 Os Milagres de Santiago

Os altares que hai na igrexa de Santiago nomeámolos de seguido por orde. O primeiro, está cabo da porta do Camiño Francés contra a parte esquerda, é de San Nicolás. Do mesmo xeito o de Santa Cruz. Ademais na proximidade da coroa da igrexa está o altar de Santa Fe Virxe, e tamén o altar de San Xoán apóstolo e evanxelista, e tamén o de San Salvador que está na cabeza maior da igrexa. O altar de San Pedro Apóstolo, o altar de Santo André, o de San Martiño bispo. Último é o de San Xoán Bautista. Entre o altar de Santiago e o de San Salvador, está o altar de Santa María Magdalena onde se cantan as misas de mañá aos romeiros. Encima no pazo soen estar tres altares: un é o de San Miguel Arcanxo, o outro está á parte dereita, de San Bieito; e o outro na parte esquerda, de San Pedro e de San Paulo e de San Nicolao bispo, e soe ser aí a capela do arcebispo. EN QUE LUGAR XACE SOTERRADO O CORPO DE SANTIAGO CEBEDEO Na igrexa xace soterrado baixo o altar maior, o corpo do moito honrado e benaventurado apóstolo Santiago. Segundo din xace metido nun arca de mármore. Aquela arca está labrada marabillosamente, non é moi grande nin moi pequena. De ningunha maneira de alí pode ser cambiada segundo encima dá testemuño San Teodomiro que foi bispo de alí, foi quen o atopou hai moito tempo segundo tedes oído. De ningunha maneira o puideron mudar de alí. Disto tomen vinganza os transmontanos e os envexosos, que din que as súas reliquias xacen só na súa terra. Certo é sen ningunha dúbida que o corpo deste apóstolo xace enteiro naquel lugar. Está naquel lugar todo creado o seu corpo de pedras preciosas que chaman carbúnculo. Esta pedra é emperador de todas as outras pedras preciosas; aquel lugar é honrado con moi boas obras divinas que nunca faltan, de moitos cirios celestiais que arden alí sempre e dos anxos divinos que nunca alí cedan servindo de noite e de día. Sobre este sepulcro que vos dixemos, está nun altar pequeno que os seus discípulos fixeron alí, segundo din. Aquel altar, por amor do apóstolo e dos seus discípulos, nunca pode ser destruído nin tirado de alí. Sobre el está o altar pequeno feito en tres caras, pechado por detrás e aberto por diante, de xeito que se quitaran a táboa de prata que está ante o altar vello, poderano ver moi ben. Se algún quixer dar pano de lenzo para cubrir o altar de Santiago, débeo dar de nove palmos de ancho e vinte e un de longo. Se quixer dar pano para o frontal de diante, débeo dar de sete palmos en ancho e trece de longo. A TÁBOA DE SANTIAGO A táboa de prata que está diante ante o altar, foi elaborada marabillosamente de ouro e prata. Está labrado no medio da táboa de prata o Trono Domini que son vinte e catro anciáns coa orde de San Xoán apóstolo e evanxelista que os viu como conta no seu libro da Apocalipse. Doce á dereita; teñen nas mans violas e redomas de ouro que dan de si moi bo olor; no medio deles está Noso Señor “in sede maxestade”, e ten unha man no libro da vida, e coa outra bendicindo. Os catro Evanxelistas están arredor do trono onde está sentado Noso Señor e sontéñeno. Noutra orde están sentados os doce apóstolos, seis

38 Os Milagres de Santiago

á dereita e seis á esquerda. Entre uns e outros están labradas moi boas columnas, moi fermosas e moi boas flores ao seu redor. Encima desta táboa están escritos estes versos: “Don Diego bispo de Santiago fixo poñer aquí esta táboa co tesouro de Santiago aos cinco anos que ser bispo, e ten en total setenta e cinco marcos de prata. Cando o dito bispo acabou esta obra era entón rei don Afonso” A cobertura d o altar de Santiago está traballada moi marabillosamente con boas pinturas e debuxos de figuras de moitas maneiras, é cadrado, e está sobre catro columnas, feito moi convenal, tanto en ancho, en longo e en alto. Dentro na primeira orde son oito figuras de mulleres de que fai conmemoración san Paulo, en cada canto están dúas, e sobre as súas cabezas están senllos anxos de pé que teñen, encima do cimborio, nas mans o Trono Domini. No medio do trono está o Año de Deus que ten a cruz co pé, e os anxos son tantos como as virtudes no cimborio. De fóra na primeira orde están catro anxos coas súas trompas nas mans que representan o día do Xuízo, dous diante e dous detrás. Nesta mesma orde están os catro profetas: Moisés e Abrahán á dereita, Isaac e Xacob, que teñen senllos rolos nas mans; na segunda orde están os doce apóstolos ao redor. Na cuberta enriba están catro anxos que gardan o altar. Mais en cada un dos catro cantos encima do cimborio e na cuberta están as figuras dos catro Evanxelistas. No primeiro arco, no cume do cimborio, que mira hacia occidente está alzada a figura do Pai, no segundo que mira contra setentrión, que está contra os cambeadores, a persoa do Espírito Santo; ademais sobre esta está unha mazá, na que hai unha cruz moi preciosa. DAS TRES LÁMPADAS QUE ESTÁN ANTE O ALTAR Ante o altar están penduradas tres lámpadas grandes á honra de Xesucristo e de Santiago. A que está no medio é moi grande e moi ben labrada en maneira de morteiro. Ten no seu interior sete couselas-casulas que semellan sete, galardóns do Espírito Santo. Destas sete couselas-casulas saen sete lumes, e non entra nelas senón óleo de bálsamo, de mirto ou de oliva. No medio destes está unha cousela-casula grande, e cada unha destas están moi ben labradas coas imaxes dos apóstolos. A alma do rei don Afonso, rei de Aragón, que a ten en Santiago, segundo din, descansa no reino dos ceos. Os mestres que primeiro edificaron a igrexa de Santiago, un chamábase don Bernaldo o Vello e era mestre moi marabilloso, e o outro Roberto, con outros cincuenta mestres traballaban nela cada día. E eran administradores deste labor, don Saguemo vicario de coenga e do Gosende abade, e reinaba entón don Afonso rei das Españas, era bispo don Diego, moi nobre e moi fidalgo. A igrexa comezouse na era de mil dous centos dezaseis. Do ano en que foi comezada ata a morte do moi nobre rei don Afonso rei de Aragón pasaron setenta e tres anos, ata a morte de don Henrique rei de Inglaterra pasaron setenta e dous anos, ata a morte de don Luís moi nobre e moi rico rei de Francia setenta e tres anos. E do ano en que a primeira pedra foi posta no comezo da igrexa ata o postrimeiro, trinta e tres anos. Aquela igrexa des o tempo en que foi comezada ata hoxe é nomeada por todo o mundo, resplandece sobre todas as outras polos milagres de Santiago. Alí dá saúde aos enfermos, alumea aos cegos, libra aos endiañados, aos xordos oído, aos tolleiitos fainos andar, aos endiañados sandar, e aos pecadores que

39 Os Milagres de Santiago

veñen rogar, óeros e recíbeos coas súas ofrendas. De todas as partes do mundo veñen alí afrecer os seus dós, e dan lores ao Noso Señor. COMO DEBEN SER RECIBIDOS OS ROMEIROS DE SANTIAGO Todos os romeiros de Santiago, pobres ou ricos, que veñan en romaría a visitar o altar de Santiago, de vida ou de ida, deben ser recibidos moi ben e moi homildemente, con moita caridade, de todas as xentes. Quen quer que os ben recibir, lles dea bo galardón e bo albergue, non terá por hóspede só o romeu, mais terá a Santiago o Noso Señor Xesucristo onde dixo no Evanxeo: “quen vos reciba a min me recibe”.....

40 Os Milagres de Santiago

MILAGRES DE SANTIAGO ESCRITOS POLO PAPA CALIXTO No ano da encarnación de Noso Señor Xesucristo de mil cento oito, na terra de Francia un home casou cunha dona por ter fillo. Aínda que viviu con ela moito tempo, polos seus pecados non puideron ter fillo que herdase os seus bens. Doéndose por elo moito, puxo na súa bondade ir en romaría a Santiago pedirlle que lle dese fillo. E así o fixo logo. Des que estivo na igrexa ante o altar, rogando moi de corazón e con moitas lágrimas rezando e pedíndolle aquilo por que viñera. Santiago viuno e cumpriulle o seu rogo. Acabada a romaría encomendouse ao apóstolo, e volveu á súa terra con saúde. Descansaron alí tres días rezando. E volveu coa súa muller e tivo dela un fillo varón,. Coa grande alegría que tiveron e polo amor de Santiago foi o seu nome Xacobe. Cando o mozo cumpriu quince anos, o pai e a nai con outros parentes, indo en romaría co mozo a Santiago ao chegar con saúde ao monte de Ouqua enfermou o mozo de forma que morreu. O pai, a nai e os parentes que viñan con el cando viron que estaba morto, choraron moito por el segundo costume da súa terra, de forma que todos os daquel lugar marabilláronse pola dor e polo pesar que tiñan. A nai con gran pesar, doéndose máis que todos e aloucada, comezou a berrar e a chamar por Santiago, dicindo: -Señor Santiago que pola graza que recibistes do Noso Señor gañáchesme este fillo que agora xace morto, rógoche, Señor, que mo deas agora vivo. Creo ben que o podes facer. Se non o fixeses eu matareime agora, ou me enterrarei con el viva. Estando xustamente preparando o necesario para soterralo, os parentes levábano xa para a cova, cando pola graza de Deus e polo rogo do apóstolo Santiago, ergueuse o mozo vivo e san, como se espertase dun sono. Cantos alí estaban, cando viron este milagre alegráronse moito e deron moitas lores a Deus. O mozo tornando a súa consciencia comezou a dicir diante de cantos alí estaban como desde a sexta feira á hora terza que lle saíra a alma do corpo, ata o sábado na hora nona que resucitara, a alma del estivera moi descansada no seo de Santiago que o tomara polo brazo dereito e lle dixo así: -Levántate e cos teus compañeiros vai visitar o meu altar. Entón toda a compaña como ía, co mozo, viñeron cumprir a súa romaría e ofreceron ao altar daquel Señor por cuxo rogo el nacera e tornara da morte á vida. Ao chegar contaron alí entón como fora e deron lores a Deus e a Santiago e volveron en paz para a súa terra. “Por Noso Señor foi isto feito e é gran milagre nos nosos ollos”.

II

Mellor é para os homes, según di a Escritura, non prometer as cousas que non han de cumprir. Aconteceu que trinta homes bos da terra de LOTARINGE decidiron ir en romaría a onde xace o corpo do apóstolo Santiago, no ano da Encarnación de Noso Señor Xesucristo de mil oitenta anos. Por acabar a súa romaría máis compridamente e porque as vontades dos homes cambian en moitas situacións, acordaron que sucedese o que sucedese non partisen uns sen os outros. E para que este acordo fose cumprido xurárono sobre os santos

41 Os Milagres de Santiago

Evanxeos. Este xuramento fixeron vinte e nove, só un non quixo xurar. Feito isto iniciaron o seu camiño. Indo pola Gascuña chegaron sans a unha cidade que se chama Ponte Clusa. A un daqueles vinte e nove veulle tal dor que non puido saír de alí. Os compañeiros cando isto viron, por gardar o seu xuramento, levárono de alí con moito traballo ás veces en besta, ás veces de pé, dándolle as mans ata Roncesvalles. Onde non habia máis de cinco días de camiño levoulles con el quince días. Estando alí sentíronse moi atormentados con el e non mativeron o xuramento. Deixárono alí. Aquel que non fixera o xuramento, por facer ben e con dó del, ficou con el só. Logo aquela noite moso con el nunha rúa que chaman San Miguel ao pé daquel monte. No outro día á mañá dixo o enfermo ao seu compañeiro que se el o quixese axudar que probaría de subir aquel monte. O compañeiro díxolle que non o deixaría ata a morte. Cando chegaron ao cume do monte chegou a noite, saíu a alma do corpo daquel enfermo e Santiago tomouna e levouna ao descanso eterno do Paraíso. Cando o romeu vivo viu o compañeiro morto tivo moito medo naquel monte ermo pola noite que era escura e polos bascos, mala xente que vivían arredor do monte. Vendo que non podía axudar por si nin ter axuda de outro, encomendouse a Noso Señor. Pediu a Noso Señor e a Santiago moi de corazón que lle enviase axuda. Noso Señor que é fonte de piedade, que non desampara a aqueles que nel teñen esperanza, enviou onda el o apóstolo Santiago, que fose na súa axuda e o confortase. Santiago en forma de cabaleiro no seu cabalo veu onda el e díxolle: -Que fai aí? -Señor dixo o romeu, desexo soterrar o corpo deste compañeiro meu morto, mais neste despoboado non teño forma como o soterrar. Santiago díxolle: -Ponme aquí este morto, e cabalga tras de min ata que atopempos o lugar onde o enterremos. El fíxoo así e pola piedade de Deus e pola súa virtude de Santiago, andaron aquela noite o que andarían en doce días de camiño. Antes que se erguese o sol, púxoo no lugar que chaman Monte do Gozo, a unha légoa de onde xace o seu corpo. Díxolle ao vivo que fose á súa igrexa e dixese aos cóengos que fosen todos soterrar moi honradamente o corpo daquel romeu: -Des que isto fose feito e fixeses a túa oración, tornarás á túa terra. Cando chegares preto da cidade que se chama León, atoparás os teus compañeiros que te desampararon a ti e ao enfermo. Dilles así: -O apóstolo santo mándavos dicir por min que porque deixastes ao voso compañeiro e lle incumpristes xuramento, as vosas oracións e a vosa peregrinaxe, non a recibiredes ata que fagades penitencia deste pecado. O romeu viu o que el lle dicia, entendeu ben que aquel era o apóstolo de Xesucristo. Queréndose botar aos seus pés para bicarllos, o cabaleiro de Xesucristo non lle apareceu máis. Feito o que o apóstolo lle encomendara, voltando para a súa terra atopou cos compañeiros naquel lugar mesmo onde o apóstolo lle dixera. Contoullo todo na orde que lle acontecera e as ameazas que lle enviaba por el. Eles escoitando isto, quedaron todos moi espantados e marabillados, foron ao bispo da cidade de León e contáronlle como lles sucedera. Confesáronlle aquel pecado, tomaron alí del penitencia e viñeron cumprir a súa romaría. Por este milagre demóstranos que quen quer que o Noso Señor promete a cousa, que lle debe a acabar con bo corazón e con alegría, e terá por elo bo premio.

42 Os Milagres de Santiago

III

No ano de encarnación de Noso Señor Xesucristo de mil cen, cando era don Guillerme conde de Pitheus, baixo o señorío de don Luís rei de Francia houbo tan grande mortandade na xente do condado de Apitheus que ás veces levaban a enterrar o señor da casa con toda a súa compaña. Naquel tempo un home bo con moito medo e por escapar a aquela peste decidiu na súa vontade ir en peregrinaxe a Santiago coa súa muller e con dous fillos nunha besta. Chegou a Pamplona e morreu a muller. Un caseiro malo con quen se hospedaba tomoulle canto traía por burla. Viuse desamparado e espoliado do quetiña e da besta na que traía os fillos. Tomou os fillos pola man con moito traballo. A pesar de todo comezou a andar o seu camiño. Indo así con moita pena e pesar, atopou un home mo ben vestido que traía con el un asno moi grande e moi forte. O romeu contoulle o que lle sucedera naquel camiño. O home bon díxolle con moita piedade: -Porque vexo as túas coitas préstoche este asno para que leves estes mozos á vila de Santiago onde eu son cidadán. Empréstocho coa condición de que ti mo devolvas alí. O romeiro viu aquilo, moi ledo. Tomou o asno e puxo nel os mozos e chegou a Santiago de noite. Estando xa na moi honrada igrexa nun lugar apartado rezando aparecéuselle o Apóstolo glorioso vestido con vestimenta moi fermosa, e díxolle: -Irmán, non me coñeces? O romeu dixo: -Señor, non. E Santiago díxolle: -Eu son o Apóstolo de Deus que che prestei o meu asno en terra de Pamplona cando viñas con moito traballo. Dende agora préstocho ata que vaias á túa terra. O teu caseiro ruín de Pamplona o que che tomou con engano o que traías, caíu de encima do seu sobrado ao fondo e morreu de mala morte. Dígoche máis, todos os caseiros que viven no camiño porque veñen á miña casa, que contra dereito toman as posesións dos meus romeus vivos ou mortos que se debía dar ás igrexas e a pobres polas súas almas, estarán perdidas para sempre. Cando o romeu viu isto quíxolle bicar os pés e entón o moi honrado Apóstolo desapareceu ante os seus ollos. O romeu, moi ledo e moi confortado de aquilo que vira e que oíra, tanto que foi á mañá e puxo no asno os fillos e foise polo seu camiño. Cando chegou a Pamplona atopouse que o caseiro caíra do sobrado, rompera o pescozo e morrera segundo lle dixera Santiago. De alí foi moi ledo para a súa terra. Cando chegou á súa casa baixou os mozos do asno e desapareceu. Os que o oíron contar quedaron marabillados, porque este non era asno senón o vedadeiro anxo, que envía Noso Señor aos seus amigos que o aman e que o temen para os gardar do mal.

IV

No ano da Encarnación de Noso Señor de mil noventa uns homes bos de Alemaña [...] un home chamado Frinoso levaba unha nave cargada de romeus que desexaban ir a terra Santa, e veu contra eles unha nave de un mouro que se chamaba Avito, para capturalos, e levalos a todos para a súa terra. Despois que se xuntaron ambas as dúas naves, comezaron a loitar moi fortemente e aquel mariñeiro cristián que se chamaba Frinoso, estando armado de loriga, de elmo e de escudo, caiu entre ambas as naves no fondo do mar. Esforzándose

43 Os Milagres de Santiago

moito en obter a piedade de Deus comezou a chamar de corazón a Santiago dicindo: -Glorioso Señor Santiago, precioso máis do que se podería dicir, cuxo altar, peza que eu pecador xa biquei, pídoche que me libres con todos estes irmáns que te chaman e a ti se encomendan. Entón o Apóstolo benaventurado apareceu no fondo mar, tomouno pola man e púxoo ileso encima da súa barca. Entón Santiago dixo ao mouro señor da barca, oíndo todos: -Se non deixades esa barca e a estes cristiáns, e farei que ti e a túa barca con todos os teus, sexades sometidos ao seu poder. O mouro respondeu: -Ai moi nobre señor! Eu que te amei por que me amezas con que me quitarás a miña presa? Ti que es o deus do mar que tes contra a nosa xente? E Santiago díxolle: -Non son eu o deus do mar, senón o servente do seu Deus, que socorro aos que me chaman nos seus perigos, así no mar como na terra, segundo é vontade de Deus. Logo pola virtude de Deus e pola axuda de Santiago a nave comezou a perigar a causa dunha gran tempestade. A nave dos cristiáns guiándoa Santiago foi con saúde ao porto onde desexaba. Frinoso dende que foi ao sepulcro nese mesmo ano, tornou en romaría a Santiago a visitar alí o seu altar. Contoulle ás persoas e cóengos o que lle sucedera e fixeron con el procesión moi importante e tiveron moita alegría.

V

No ano de Encarnación de Noso Señor, de mil cento dous, un bispo chegado da casa santa de Xerusalén nunha nave, estando cabo do bordo lendo un libro, viu unha onda moi grande e lanzouno ao mar con outros que por alí andaban. Arredada a nave deles sesenta cóbados, e eles en perigo sobre as ondas do mar, chamaron a Santiago para que os socorrese con grandes voces. Santiago foi axiña alí, e estivo sobre as ondas cabo deles de forma que non se lles mollaban os pés. Díxolles: -Meus fillos, non teñades medo. Entón tornou ao mar e mandou que devolvese á nave a aqueles que alí levara. Chamou os mariñeiros, que detiveron a barca e a onda do mar, coa axuda de Santiago, volveu á barca os que de alí levara e entre eles o bispo co seu libro aberto na man e sen dano ningún. Entón desapareceulles o benaventurado apóstolo. O bispo moi agradecido de que Deus e Santiago o liberasen polo seu rogo de tan gran perigo, foi en romaría a Galicia onde xace o seu corpo, e fixo na súa honra esta oración: -Ai, axudador de todo o mundo, honra dos apóstolos, luz clara e nobre dos galegos, avogado dos romeus, señor Santiago, destruídor dos pecados, solta as cadeas das nosas maldades e trainos a porto de saúde. Apiádate agora de nós no perigo da morte ti que socorres aos que te chaman nos perigos do mar e da terra, apiádate de nós no perigo da morte amén.

VI

No ano da Encarnación de Noso Señor de mil cento tres, un cabaleiro de moi bo liñaxe, estando en Tiberia na terra de Xerusalén, prometeu a Santiago que lle dese poder para vencer naquela loita a todos aqueles mouros. Porque na

44 Os Milagres de Santiago

maior parte nos homes non é verdade deu en esquecer o que prometera a Santiago e non o satisfaceu. Por elo tivo tal dor que lle chegou a morte. Santiago aparecéullese de noite en soños a un escudeiro seu e díxolle que se o seu señor quixese cumprir o que prometera logo sería sandado. O escudeiro así llo foi dicir ao seu señor, e o cabaleiro cando isto oiu, pediu bordón e esportela a cregos de misa que alí estaban que o bendicisen, e llo desen. Eles así o fixeron. No momento que llo deron axiña sandou, da dor que tiña. Tomou logo o que había mester, e comezou a súa romaría. Entrou nunha nave sobre o mar e desde que estivo nela levantouse tan grande tempestade que todos aqueles que ían na nave coidaron morrer. Entón todos os romeiros a unha voz chamaron a Santiago para que os axudase.... prometéronlle cartos para a obra da súa igrexa, que o cabaleiro recibiu alí. Santiago aparecéuselle logo na barca en forma de home naquel perigo no que estaban e díxolles: -Meu fillos non teñades medo porque aquí estou convosco a quen chamastes, tede confianza en Xesucristo e teredes saúde neste mundo e no outro. Entón Santiago baixou o treu e as cordas, botou fóra as áncoras e fixo estar parada a nave. E mandou que amansase a tempestade. Feito isto así desapareceu. Santiago tiña o rostro moi fermoso ca ningún deles vira antes nin despois. E logo fóronse ao porto que desexaban que estaba na terra de Pula, e de alí os cabaleiros e os outros romeus foron moi ledos por terra en romaría a Santiago. Os cartos que recibira na barca deixounos na arca para a obra de Santiago.

VII

No ano da Encarnación de mil cento catro un romeiro, de regreso de Xerusalén para a súa terra viña por mar nunha nave. Estando no bordo dela caiu ao mar e comezou a chamar a Santiago para que o socorrese. Outro compañeiro seu lanzoulle un escudo e díxolle: -Oh!, glorioso apóstolo Santiago, cuxa mercede e axuda ti chamas, ese che socorra agora. O romeiro tomou o escudo e pola mercede de Santiago que o guiaba, andou tres días e chegou a porto san e contou ante todos o que lle acontecera desde aquela hora que caera da barca e chamara a Santiago que o trouxera polos cabelos sempre a salvo ata alí.

VIII

No ano da Encarnación de Noso Señor de mil cento cinco, un home chamado Bernaldo de un castelo que chaman Corzan, predérono os seus inimigos en Italia no bispado de Mutisa e botárono na cadea no fondo dunha torre. E de día e de noite chamaba a Santiago para que o socorrese. O apóstolo de Noso Señor apareceulle e díxolle: -Vente e ségueme ata Galicia. E entón quebroulle as cadeas e desapareceu. El cos colares das cadeas á gorxa esforzándose na mercede de Santiago, subiu enriba da torre e saltou do cume dela fóra, pero a torre tiña sesenta cóbados de alto. Pola graza de Deus e pola mercede de Santiago, non se danou e foise san e con saúde.

45 Os Milagres de Santiago

IX

No ano de Encarnación de mil cento seis, foi un cabaleiro en terra de Pula a quen lle inchou a gorxa coma un odre cheo de vento e nunca puido atopar mestre que o sandase. Esforzándose na mercede de Santiago, dixo que se puidese ter unha cuncha das que os romeiros traen de Santiago que puxese naquela dor que logo sería sandado. E así foise moi ledo axiña en romaría a Santiago.

X

No ano da Encarnación de Noso Señor de mil cento sete, un mercador querendo ir a unhas feiras por gañar coas súas mercadorías, foi ao señor daquela terra onde el quería ir, que chegara a aquela vila na que moraba, e rogoulle que o levase consigo a aquelas feiras, que o volvese salvo á súa casa con todo o seu. O cabaleiro así llo prometeu pola súa verdade. O mercador crendo a palabra de tan bo home levou as súas mercadorías e foise con el. O cabaleiro coa cobiza que o demo lle meteu, prendeuno e atouno fortemente e meteuno nun cárcere e tomoulle canto traía. O mercador lembrouse de moitos milagres que oiu dicir que Santiago fixera, chamouno na súa axuda e díxolle: -Señor Santiago, líbrame deste cárcere e prométoche a min e todas as miñas cousas. O benaventurado Señor Santiago oiu o seu rogo e a súa oración, e unha noite estando os gardas aínda espertos, apareceu no cárcere e mandoulle que se levantase. Levouno consigo enriba da torre, e a torre minguou tanto que xuntou o cume co terreo de xeito que o comerciante sen salto e sen dano ningún, baixou dela libre de todas as cadeas. Entón os gardas saíron despois del, e estiveron preto del, pero non o viron e volveron atrás cegos. El tomou as cadeas coas que fora apresado, e foise en romaría a Santiago. Púxoas alí onde aínda están diante do seu altar colgadas en testemuño desta milagre.

XI

No ano da Encarnación de Noso Señor Xesucristo de mil cento trinta, un cabaleiro chamado Dalmacio, deu unha puñada no rostro incorrectamente a un home seu que se chamaba Roberto e era romeiro de Santiago. Roberto cando o ferían dicía: -Santiago, axúdame! O cabaleiro caiu en terra como morto. Cregos de misa que estaban alí ameazárono de excomuñón. O cabaleiro dixo ao romeiro: -Roberto, romeiro de Santiago, perdóame e roga pola miña saúde ao apóstolo en quen confías. Roberto rogou por el, e pola graza de Deus e pola axuda de Santiago. Foi axiña o cabaleiro sandado.

XII

46 Os Milagres de Santiago

No ano da Encarnación de Noso Señor de mil cento dez, dúas cidades en Italia estaban enfrontados entre eles. Os seus cabaleiros xuntáronse para loitar. A parte que foi vencida, comezou a fuxir rapidamente. Entre os vencidos había un cabaleiro que tiña o costume de ir en romaría a Santiago. Desque viu que os da súa parte uns estaban mortos. Os outros presos, e xa desauciados da súa vida, tanto que non podían falar, na vontade comezou a chamar a Santiago que se apiadase del. A berros comezou a chamar: -Santiago, se a túa mercede for deste perigo tan grande tirarme, sen ningunha demora irei en romaría á túa casa. Levarei ante o teu altar este cabalo meu que amo moito. Despois rezou. Santiago que non se nega aos que llo piden con bo corazón e os socorre á penas moi rápido, apareceu entre el e os inimigos que detrás del ían correndo. Para defendelo gardou deles en seis légoas que despois del foron correndo. Ninguén diga que isto foi por bondade do cabalo que ben parecía no que el non valía XX soldos daquela moeda, mais foi pola graza e pola defensa do apóstolo Santiago gardado. El por cumprir o que prometera foi en romaría a Santiago e levou consigo o cabalo. Presentouno ante as portas do altar. Os cregos e os leigos cando oíron este milagre foron todos con gran pracer a igrexa e deron loores a Santiago.

XIII

Tres cabaleiros do castelo D’Ongon, que está no arcebispado de León sobre el Rodoo, decidíronse a ir en romaría a Santiago, e fixérono así. Indo polo camiño atoparon unha muller MULIERCULAM que levaba no seu saco cousas que necesitaba. Ela cando os viu rogoulles no amor a Santiago que se apiadasen dela, e que aquel saco que levaba llo puxesen nas súas bestas, porque lle supoñía moito traballo telo que levar en tan longo camiño. Entón un daqueles cabaleiros pediulle o saco e levoullo. Na véspera a muller indo onda eles tomaba aquelas cousas que necesitaba do saco. Ao cantar o galo cando os romeiros comezaban a andar o seu camiño, dáballe o saco ao cabaleiro para andar máis lixeiramente. O cabaleiro por amor do Apóstolo, servía así a aquela pobre e andaba o seu camiño. Doce días antes de que chegase a Santiago un romeu que xacía doente no camiño, rogou a aquel cabaleiro que lle prestase o cabalo para que puidese ir a Santiago, se non era deste xeito morrería porque non podía andar. O cabaleiro polo amor de Santiago apóstolo púxoo no cabalo e tomou o seu bondón e o saco da muller pobre no ombreiro. Indo así, polo sol que queimaba o camiño que era longo e co saco, comezou a adoecer. Desque sentiu a dor comprendeu que lle viñera polo traballo que levaba pero quíxoo sufrir por amor a Santiago e foi de pé despacio ata a súa igrexa. Despois que fixo alí a súa oración, pola doenza que traía do camiño foise para a pousada e deitouse nun leito. Xaceu alí algúns días agravándose moito a dor. Cando os outros cabaleiros, os seus compañeiros, viron isto foron onde el, dixéronlle que se confesase e pedise aquelas cousas que pertencen a un cristián cando se achega a morte. El cando oíu isto volveu o rostro cara deles e non lles puido falar. Así xaceu tres días sen fala. Os cabaleiros choraron moito con gran pesar, porque coidaban que quería morrer, xa que non fixera nada a prol da súa alma. Un día coidando eles que quería dar o folgo/morrer,

47 Os Milagres de Santiago

estando eles ao seu arredorl, con gran pesar agardando a súa morte suspirou e dixo: -Dou grazas a Deus e ao meu Señor Santiago porque son libre. Eles cando isto oíron preguntáronlle. El dixo: -Sabede que des que eu sentín que me apretaba a dor pensei en confesar os meus pecados, en facerme unxir e recibir o corpo de Deus. Tendo eu isto na miña vontade, veu unha compañía de demos que me apertaron tanto que por palabra nin por sinal, desde aquela hora non puiden mostrar ningunha cousa que cumprise para a saúde da miña alma. O que vós diciades entendíao e moi ben, mais non podía responder nin migalla, porque os demos que viñeron, uns apertáronme a lingua os outros pechábanme os ollos e os outros trabábanme na cabeza e no corpo e revolvíanme dun cabo e do outro contra a miña vontade. Agora ante pouco que me falase entrou Santiago, e traía na man esquerda por escudo o saco, que eu trouxera á muller, e na man dereita traía o bordón do romeu doente que eu puxen no meu cabalo por lanza. E logo con gran saña veu onda min e ergue o bordón. Pareceume que aos demos que me tiñan, dáballes grandes pancadas e eles con moito medo fuxiron, e el despois deles. Fíxoos ir pola forza por un recanto da casa que lles amosou. Agora pola graza de Deus e pola axuda de Santiago, son libre daqueles que me querían matar, e podo falar. Enviádeme polo crego que me traía o corpo de Deus, porque non teño permiso para vivir máis neste mundo. Eles enviárono aló e, ao deterse o crego, dixo a un cabaleiro: -Amigo, de aquí en diante non te queiras achegar máis a Garín Calveiro, teu señor, que ti serviches ata aquí, porque sabe verdadeiramente que el está perdido e axiña morrerá de mala morte. -Despois sucedeu así. Despois que aquel bo romeiro tivo bo fin, foi e soterrárono, os outros romeiros volveron á súa terra e contaron todas as cousas a Garín Calveiro. El tomouno a mofa e non se quixo castigar nin facer enmenda do mal que fixera. Despois aos poucos días ao matar un cabaleiro a lanza do outro cravouse nel e matouno. Por este milagre e por outros sexa Deus loado e o Apóstolo Santiago.

XIV

Ao cabo da cidade de León sobre o Rrodoo, nunha rúa vivía un mozo que se chamaba Giraldo vivía polo que gañaba no mester da PELLETARIA. Desde que lle morrera o pai, daquelo que gañaba gobernaba a súa nai. E el non era casado, ademais vivía coa súa nai só e moi castamente. Vivindo así, forzou a cobiza da carne e pecou cunha moza. Porque xa antes tiña pensado ir en romaría a Santiago ao outro día, comezou a andar o seu camiño con dous veciños seus. Levaba consigo un asno, e atopou un pobre que ía en romaría para aló. Eles por acompañalo e mais polo amor de Santiago, levárono consigo e dábanlle o que necesitaba. Isto facíanlle eles xuntamente e voluntariamente. O demo que tivo envexa do que eles facían, da esmola e do ben que facían, apareceu en puridade en forma de home bo e honesto a aquel mozo que pecara, e díxolle: -Sabes quen son eu? E o romeiro respondeu: -Non. E o demo dixo: -Eu son Santiago apóstolo cuxa casa ti vas cada ano honrar coa túa ofrenda dende hai moito tempo. Sabe que eu que me alegraba contigo porque coidaba que fixeses ben como comezaras, e terás bo premio.

48 Os Milagres de Santiago

Mais no outro día antes de saír da túa casa pecaches cunha muller, e non o confesaches nin fixeches por el penitencia. Así andas co teu pecado e coidas que Deus e mais eu recibamos a túa romaría. Non convén que así sexa, porque aquel que quixer andar en romaría polo meu amor primeiramente convenlle que confese moi humildemente os seus pecados, e despois faga penitencia deles. O que doutro xeito fai, perde a súa romaría. Despois que lle dixo isto, desapareceu. O romeu ficou moi triste. Propúxose de corazón regresar e confesarse co seu crego. Así comezou outra vez na forma de antes, e pensando nisto apareceulle o demo outra vez e díxolle: -Por que coidas tornar á túa casa facer penitencia para regresar a min despois máis digno? Cres que che sexa perdoado por bágoas e por xaxúns? Estás moi enganado. Mira ti e cre no meu consello, porque noutro xeito nunca poderás estar a salvo. Como queira que ti pecases, eu ámote moito, e por eso veño a ti por darche consello para que esteas salvado se me quixeses crer. E o romeiro respondeu: -Pensaba eu facer como ti dis, mais posto que me dis que non me cómpre de o facer, dime que é o que che praz e o por que poida estar salvado. Eu fareino de grado. O demo dixo: -Se ti quixeses ser liberado compridamente deste pecado, corta logo aquilo co que o fixeches. O romeiro asustouse moito de tal consello, e dixo: -Se eu fixese aquesto que ti me mandas, non poderei vivir, e serei homicida de min mesmo. Ademais oín dicir que aquel que se mata que estará perdido. Entón o demo comezou ao escarnecer e díxolle:-Ai necio que pouco entendes do que che cómpre para a saúde da túa alma! Porque se ti nesta situación morreras serás mártir. Atormentarás así o teu pecado, e sen dúbida axiña ti virás onda min. Ai, se ti foses tan sabio que non dubidases de te matar! Eu sen dúbida con moita compaña dos meus compañeiros; viría por ti e recibiría a túa alma. Estaría contigo para sempre xamais. O romeiro que era inocente, creu na palabra que el dicía, e decidiu facelo así. Na noite, despois que adormeceron os outros romeus, tomou o coitelo e cortou todo aquilo con que pecara. Despois chantou un coitelo polo ventre e matouse. Ao saírlle o sangue e axitarse moi rexamente, espertaron os romeiros e preguntáronlle que tiña. El que daba o folgo con moita pena non lle respondeu. Eles espantados erguéronse axiña e acenderon candeas. Atopárono deitado sen fala, tal como morto e tiveron moito medo que se alí agardasen á mañá se lles atribuirá a súa morte. Fuxiron logo e deixárono así envolto no sangue co outro romeu pobre e o asno que traía. Despois que amenceu levantouse o señor da casa e atopou o romeu morto, e non souberon de certo a quen [...] días dicindo e amosando aquel milagre tan fermoso que Deus fixera nel polo rogo de Santiago. E as chagas que el tiña logo sandaron, que non ficoron senón os seus sinais. Naquel lugar que cortara naceulle unha tal como berruga pola que facía os ouriños cando lle era mester. Ao cabo dos tres días preparou o seu asno e iniciou o seu camiño co seu outro compañeiro pobre que gobernaban por amor de Santiago. Cando chegou preto de Santiago, saían xa dalí os seus compañeiros que del marcharon. Cando os viron vir de lonxe co seu asno, dixeron un aos outros: -Semellan aqueles homes os compañeiros que nós deixamos, e aquel asno que traeu, semella o que con eles quedara. Despois que se foron achegando e se recoñeceron uns aos outros e souberon o feito como acontecera, alegráronse moito e foron para a súa terra. Confirmou aquilo que os outros del contaron, e amosou os sinais que traía das feridas das

49 Os Milagres de Santiago

que morrera. Viuno moi honrado santo Hugo abade de Cluni con outros moitos e contouno por moitas veces e en moitos lugares. E eu por amor do Apóstolo, e por non esquecelo fíxeno escribir, e mandei que en todas as igrexas celebrasen este milagre e os outros que Santiago fixo, cada ano o 3 de outubro. Amén.

XV

Un conde de San Xil, que se chamaba Poncio, foi a Santiago en romaría cun irmán. Desde que entrou na igrexa atoparon o lugar pechado onde repousa o corpo do Apóstolo. Como non puider rezar, segundo a súa vontade, pregaron ao que tiña a chave que lles abrise a porta para permaneceren e rezaren. El non llo quixo facer porque era costume naquel tempo, que desde que se poñía o sol, ata o outro día pola mañá, tiña as portas pechadas. Eles por iso marcharon tristes para a súa pousada e mandaron xuntar todos os romeus que viñeran na súa compaña. Despois que estiveron xuntos, o conde dixo que fosen todos con el pregar a Santiago se el pola súa virtude lles quería abrir a porta. A eles preguntoulle moito e buscaron candeas que tivesen nas mans mentres rezaban. Antes da noite acendéronas e entraron na igrexa. Eran preto de douscentos e foron diante das portas do altar. Rogaron berrando e dixeron: -Benaventurado señor Santiago, apóstolo de Deus, se che praz esta romaría que nós aquí fixemos, ábrenos as portas para que poidamos rezar ante ti. Antes que eles rematasen estas palabras, as portas do altar abríronse e fixeron tanto ruído que cantos alí estaban pensaron que racharan. Eles cataron, viron rachados os ferrollos, as cadeas e as pechaduras coas que as portas foran pechadas. E nisto podemos entender que boamnete oe el e recibe o rogo dereito dos que o demandan para que os romeiros tan axiña cumprían o seu rogo que lle facían; e por iso, o Apóstolo de Deus precioso!,rogamos a túa piedade que nos socorra, para que sexamos protexidos dos enganos do demo na vida deste mundo de tal xeito que posamos por boas obras e pola túa axuda ir ao reino de Deus no que ti con el vives e reinas por sempre xamais. Así abríronse as portas sen axuda, por virtude, aos romeiros. Eles entraron con gran pracer; e como quer que se alegraron moito do milagre que viron, moito máis se alegraron porque lles parecía que Santiago, cabaleiro de Noso Señor que nunca foi vencido, estaba vivo e que realmente axiña lles abrira as portas cando oira o seu rogo e o cumprira.

XVI

Certamente todos os homes que viven na cidade de Santiago saben que había/existía un home bo chamado Estevo, comprido da graza de Deus. Era da terra de Grecia, e deixou un bispado que tiña polo amor de Santiago, e foise onda el en romaría. Deixou as cousas deste mundo por se achegar máis compridamente aos mandados de Deus. Non quixo volver máis á súa terra e foi aos amoires da igrexa onde xace o corpo do precioso Apóstolo. Deitouse aos pés deles e pediulles por amor de Santiago, que deixara as honras e as

50 Os Milagres de Santiago

riquezas deste mundo, que lle desen dentro na igrexa un lugar no que rezase de alí en diante. E eles viron que de bispo que fora voltara a tal pobo por servir a Deus, déronlle alí un lugar no que fixeron unha vela onde sempre ver o altar de Santiago para que el de día e de noite e facía moi boa vida. E un día que era festa de Santiago, rezando, en compaña de romeiros que viñeran en romaría, parouse cabo desta cela na que el estaba, a pregar deste xeito: -Señor Santiago, bo cabaleiro, líbranos dos perigos deste mundo e do outro. E o home bo cando isto oiu, pesoulle e berrarlles e díxolles: -Homes sandeus e xente tola, non debedes chamar a Santiago Cabaleiro mais pecador que deixou o barco e as redes no mar de Galilea e foise con Noso Señor. El fíxoo pescador dos homes porque pola súa predicación gañou moitas almas para el. Na noite daquel día que o home santo isto dixo, apareceulle Santiago honrado de vestiduras por brancas, armado como cabaleiro de moi fermosas armas que resplandecían máis que os raios do sol. Tiña dúas chaves na man, e chamou dús veces, e a terceira díxolle: -Estevo, amigo de Deus, que mandache que me chamasen pescador e non cabaleiro, sabe que por isto che aparezo así para que digas de aquí en diante que son cabaleiro de Deus que vou ante os cristiáns cando loitan cos mouros e fago que venzan. Acho a graza de Deus para que todos os que me amosen e me chamasen de corazón, que os defendese de todos os perigos. E para que ti creas de certo isto, con estas chaves que eu teño na man, abría as portas da cidade de Coimbra que o rei do Fernando hai sete anos que a ten cercada, e mañá á hora terza meterei dentro os cristiáns, e dareilla no seu poder. E desde que isto tivo dito, desapareceu. Á mañá, desde que saíron dos maitíns chamou o home bo os mellores cregos e leigos que atopou. Contoulles como vira todo isto e oíra, e como despois apareceu que era ben certo, e escribiu o día e a era. Despois que a cidade foi invadida, atoparon que fora na hora que el dixera. Dalí en diante aquel home pregou que quen quixese pedir o favor a Santiago, que lle chamase cabaleiro, porque el era aquel que axudaba e lidiaba por aqueles que tiñan verdade. El por ter o seu amor fixo de alí en diante mellor vida e máis oración. Viviu alí en servizo de Deus todo o tempo da súa vida. Despois da súa morte enterrárono na igrexa moi honradamente. Disto enviaron un testemuño ao rei.

XVII

Un cabaleiro que se chamaba Guillerme, estaba en guerra cun conde chamado de Fonte Calcar. O cabaleiro buscou xente e entrou na súa batalla co conde. Ao minguarlle a xente, cando fuxía, prendérono e trouxérono ante o conde. O conde mandouno logo degolar, e logo o cabaleiro comezou chamar en voz moi alta: -Santiago apóstolo, que por mandado de Herodes foches degolado coa espada en Xerusalén, axúdame e líbrame deste perigo. Entón aquel que o matara, deulle tres feridas na gorxa coa espada, e nin o feriu nin apareceu nel o sinal de ferida. Desde que viu que non podía impedir co gume, volveu a punta da espada e deulle con ela no ventre. De tal xeito o gardou Santiago que a ferida non a sentiu nin o feriu. O conde cando viu isto e os outros que alí estaban, marabilláronse moito, e mandouno meter en prisión

51 Os Milagres de Santiago

nun castelo seu. No outro día cando comezou a mañá, estando o cabaleiro con grandes suspiros pedindo mercede a Santiago. O Apóstolo cheo de misericordia parouse ante el e díxolle. -Velaquí a quen ti chamaches. Entón encheuse a casa de moi bo cheiro e de moita claridade, de xeito que todos os cabaleiros e outros que xacían dentro coidaban que estaban na igrexa do Paraíso. Santiago naquela claridade tomouno pola man ante todo e levouno ata a parte postrimeira do castelo. Os gardas ficaron así como cegos. Abriu as portas e levouno consigo ata unha media légoa do castelo. O cabaleiro polo seu amor foi axiña en romaría á súa igrexa. Chegou alí no día que lle fan a festa do translado, e contou todo aquesto como vos temos dito, con gran pracer dando lores a Santiago.

XVIII

Un home de bo lugar da terra de Bregona, que se chamaba Giberto, levaba catorce anos doente dos membros de forma que non se podía axudar deles. A súa muller polo seu ben levouno en dúas bestas en padiola a Santiago en romaría. Non quixo pousar non sendo non hospital cabo da igrexa. Díxoselle en soños que estivese sempre de xeonllos ante o altar de Santiago ata que recuperase a saúde nos membros. El así o fixo dúas veces, e a terceira noite apareceu Santiago. Tomouno pola man e levantouno. O home bo preguntoulle quen era, e el respondeu: - Eu son Santiago, apóstolo de Deus. Ti home estás sandado da dor que tiñas. O home bon por amor de Santiago, estivo na igrexa trece días facendo esmola rezando e dicindo a todos a mercede que lle fixera Santiago. Foise así san e salvo para a súa terra.

52 Os Milagres de Santiago

EPIFANÍA

[...] e deixáballes saber que por estas dúas cousas nin eles nin outros non saberían ningunha cousa do que ha de vir.... Segundo imaxines era... que algunhas veces daba... E despois san... imaxes por ... as que tiñan.... as súas casas... honradas... que quería facer cando quería ir en hoste? Ou saír das súas terras e demandar algunha cousa. Por iso os Reis Magos cando souberon polo profeta Balán que tal Rei nacera tiveron por ben de saber pór as súas imaxes que home debía ser aquel que era nado, e demandáronlle resposta. O espírito entrou no demo e díxolles que nacera o Salvador. E eles cando isto oíron puxéronse moi ledos. Tiveron por ben ilo adorar, e puxéronse logo de camiño. Por elo os Reis Magos porque viron estar queda a estrela sobre Xudea, viñeron logo a Xerusalén que era capital do reino. Chegaron alís aos trece días despois que Xesucristo naceu. Dixo Santiago que viñeron alí en dromedarios, que son camelos coseros e andaban máis ca outras bestas. Viñeron neles por vir máis axiña,por ver que sería daquela gran marabilla. E por iso din algúns que andaron tantos quilómetros en tan poucos días. COMO OS TRES REIS SE MOVERON CANDO VIRON A ESTRELA Di San Crisóstomo que lle apareceu a estrela en Oriente moito tempo antes que nacese Xesucristo. Por isto que se moveron axiña tan pronto como viron a estrela, e puideron chegar a Xerusalén e a Belén aos trece días de nacer Xesucristo. Nós dicimos todas estas palabras porque aquela estrela nunca mái apareceu despois daquela hora que naceu Xesucristo. Segundo di Fulxencio aquela estrela cando Xesucristo naceu..., foi creada e... separada das outras estrelas... e era tan intensa que á luz do día non a ecurecía. Acorda nisto San Xerome, no que despois oiredes. COMO CHEGARON A XERUSALÉN Multitude de camelos te cubriran e de dromedarios de Madian e de Afan. Despois que os reis chegaron a Xerusalén dixo San Mateo no seu evanxeo que dixeron: “-Ú é aquel que naceu Rei dos xudeus? Nós vimos a estrela en Oriente, e vímolo adorar.” “Cando isto oiu o rei Herodes, turbouse, e todos os de Xerusalén con el. Reuniu a todos os príncipes dos sacerdotes e os mestres do pobo e preguntoulles onde había de nacer Cristo. Eles dixeron que en Belén, cidade de Xudea, segundo está escrito polo profeta Xeremías: “E ti Belén, terra de Xudea, non serás menor entre todas as cidades honradas de Xudea, que de ti sacarei príncipe que rexerá o meu pobo de Israel.” Entón o rei Herodes, chamou ás agachadas aos tres Reis Magos, e soubo por eles o tempo en que lles aparecera por primeira vez a estrela. Enviounos a Belén, dicçindolles: -Ide e preguntade de todo corazón por aquel neno. Dende que o atopedes, tornade e vinde onda min e dirédesmo. Eu ireino adorar. Eles cando isto oíron, fóronse axiña. Despois que saíron de Xerusalén, apareceulles a estrela de oriente que estaba sobre Xudea. Naquela hora moveuse e foi diante deles guiándoos ata que se parou sobre o lugar onde un neno xacía. Eles cando o

53 Os Milagres de Santiago

viron alegráronse e entraron na casa e atoparon o neno con Santa María... Deitáronse ante el, adorárono abrindo os seus tesouros ofrecéronlle os seus presentes: ouro, incenso e mirra. Alí se cumpriu o que daquela profetizara David cando dixo: Os reis de Tarso e de Ínsola, lle ofreceran agasallos, e os reis de Arabi e Saba, adoran as súas ofrendas ao Señor Deus.” Noutro lugar dixo: “E viran a Xesucristo e presentáranlle ouro de Arabia e bedicírano todo o día”. E Isaías cando dixo: “E naquel tempo trouxeran ao Señor Deus das hostes e pobo separado, e espataranse tanto que despois del nunca houbo outro igual.” Isto dixo el polos Reis Magos que viñeron da terra de Persia, que foi sempre pobo moi esquivo e moi forte. Puxo todos porque viñeron os reis que eran cabeza de todos, que onde vai a cabeza van todos os demais membros. COMO OFRECERAN OS REIS AO SEÑOR Sabede que estas tres cousas que trouxeron os tres Reis Magos e ofreceron a Xesucristo porque souberon polas demandas que fixeron nas súas terras que Xesucristo era rei porque é poderoso. Trouxeron incenso porque é espiritual que é como xeito de holocausto porque era Deus, e trouxeron mirra que é para untar os corpos dos homes mortos porque era home mortal. Sabede tamén que o ouro que lle ofreceu o rei de Sabia, que foron trinta moedas moi grandes dos da moeda de Thero o pai de Abrahán, que fixo o magno rei de Babilonia. E por estas trinta moeda vendeu despois Xudas a Xesucristo. E de como estas trinta moedas viñeron dun noutro. Sabede que despois que os tres Reis Magos ofreceron os seus dons a Xesucristo, abriron as súas arcas e derons dos seus moitos tesouros algo a Xosé e María. Do que lles deron viviron eles moto tempo en Exipto, cando ela andaba fuxindo. Quedaron os Reis Magos aquela noite alí, e tiñan no corazón de vir a Xerusalén onda o Rei Herodes. Cando se quixeron deitar rogaron a Deus que os guiase ao seu servizo, e o anxo veu onda eles en visión a onde durmían, e dixo San Mateu evanxelista que lles dixeron en soños que non fosen por casa do rei Herodes, mais que se fosen por outro camiño ás súas terras. Eles así o fixeron. Logo que foi pola mañá encomendaron a Xosé e a María a Deus, adoraron o neno con moita alegría, fóronse felices e agradecidos de canto lles acontecera. Despois saíron e foron por outro camiño que non era polo que viñeran. Foron por unha cidade de Cecilia que estaba cerca do mar e que se chamaba Tarso. Embarcáronse rumbo ás súas terras. Sabede que a estrela que os guiou nunca despois apareceu, pero din algúns que Beeda, estando nun mosteiro, escribiu que no tempo de Paula e de Ustochio dúas santas virxes que vivían en Belén, preto dun pozo, e din máis que por... esto dixera que o tiñan as monxas por burla, e que o deixaran da monxía algúns días da súa compaña,. Mais como que que esto sexa, dixemos que aquela estrala nunca antes apareceu, mais o neno Xesús que a creou, logo que naceu, por mostrar o seu nacemento, e por guiar os tres Reis. Dixemos que logo que se os tres Reis volveron, e ela tivo cumprido o seu oficio, logo se desfixo e volveuse naquilo que fora feito, e así nunca xamais apareceu. Nisto lembra San Xrome: “Aquela estrela foi mensaxeira do

54 Os Milagres de Santiago

necemento do Noso Señor, e nunca apareceu diante de quen ao neno Xesús criou,e desde que tivo acabada a súa misión despois deixou de existir.”

55 Os Milagres de Santiago

A ASCENSIÓN DA VIRXE

COMO SANTA MARÍA FOI LEVADA AOS CEOS E COMO CANTABAN OS ANXOS QUE ÍAN CON ELA Debemos saber e facer saber aos inimigos de Deus como e cando Santa María foi levada aos ceos. Cando o anxo veu onda ela atopouna no templo rezando con outras moitas virxes e santas. O anxo díxolle: -María, érguete e toma o lume da vitoria que che traio. Douche esta palma en lembranza de que venciches todas as cousas que están contra o desexo de Deus e sabe que de hoxe en tres días serás levada deste mundo. O Noso Señor enviará todos os apóstolos que vexan a gran gloria que vas recibir. Santa María dixo ao anxo: -Señor, rógoche que me digas o teu nome. O anxo díxolle: -Porque que res ti saber o meu nome, porque o meu nome é grande e marabilloso. E a humilde señora, cando viu que non podería saber máis calou. COMO SANTA MARÍA SE FOI AO MONTE OLIVETE Despois que viu o que lle dixo o anxo, foise ao monte Oulivete e deitouse en oración tendo a palma na man que lle dera o anxo que viñera a ela con moita luz. Despois foise para a súa casa e gardou a palma con moita honra. Espiuse de canto tiña vestido e vestiuse con moi bos panos. Bendiciu a Deus e louvouno moito. Dixo: -Señor, eu bendizo o teu nome que foi e é e será santo e louvado por sempre. Pídoche que me deas a túa beizón e que fagas que o demo non teña en min ningún poder, nin veña a min na aquela hora que me dadares daquí partir. COMO SANTA MARÍA PREGOOU AS SÚAS PALABRAS O outro día convidou a todos os parentes, os seus amigos e os seus veciños. Díxolles: -Amigos, oíde e crede o que vos direi agora. Mañá, sairei daquí e iremei onda o meu Señor Xesucristo. Por iso vos rogo que veledes comigo ata aquela hora que me teña que ir daquí. Sabede que na hora en que a miña alma debe saír do corpo, ou doutro calquera, veñen dous anxos, un bo e outro malo. Se o anxo bo atopa nela boas obra lévaa ao lugar dos santos. Se o anxo malo atopa nela malas obras, pagase por iso moito e lévaa consigo ás penas. Pártese entón do ben e vai moi triste. COMO SAN XOÁN FOI RECIBIDO POR SANTA MARÍA Os que estaban con ela dixéronlle: -Que faremos nós pois vós tedes tal medo de tal cousa a vosa morte? A quen creremos que está aberto o reino dos ceos? Eles falando nesto San Xoán chamou á porta e abríronlla, e el entrou. Santa María, logo que o viu, recibiuno moi ben e suspirou e díxolle en voz alta: -

56 Os Milagres de Santiago

Padre, lémbrate da encomenda do teu señor Xesucristo e o teu mestre. Do que che dixo cando te me encomendou, cando partiu de vós, cando recibiu a morte pola nosa salvación. San Xoán díxolle: -Señora e nai, que queredes que vos faga? Dixo ela: -Quero que me gardedes e metades o meu corpo no monumento, porque o día de mañá se partira a miña alma do meu corpo; e ves por que che digo que me gardes, porque oín dicir que dicían os xudeus: “Suframos ata que morra e tomaremos o corpo dela e queimarémolo.” Cando San Xoán lle oiu dicir isto, que tiña que morrer, volveu a Deus o seu corazón e díxolle: -Ai Señor, cales somos, por que tantas penas levaches? Entón amosoulle a Santa María os panos para que vestise. Deulle a palma que lle dera o anxo, e díxolle: -Prégoche, padre, que despois que eu for morta, leves esta palma perante o meu leito. San Xoán díxolle: -Eu non podería facer isto senón e cos meus irmáns os apóstolos, se vise, con quen o faga. En tanto que esto tivo dito, eis os apóstolos que viñeron cada un dos lugares onde estaban, en candansúa nave que os puxeron perante a porta da casa onde xacía Santa María, non sendo Santo Tomé. Cando se viron nun todos achegados, así sen sospeita saudáronse, e dixeron: -Señor Deus, dámosche grazas, porque xa se cumpriu o que dixo David o profeta: “Ai Deus, que ben é, e que fermosa cousa, moraren os irmáns conxuntamente, e dixeron uns contra os outros: -Oremos e roguemos todos a Deus, para que nos mostre por que nos trouxo ata aquí. Dixo San Pedro a San Paulo: -Irmán prega ti por nós primeiro. Dixo San Paulo: -Como pregarei eu primeiro pois ti es o apóstolo da nosa claridade, e o primeiro dos apóstolos e dos meus irmáns que aquí están e que son mellores ca min, pois ti prega por nós todos, para que Deus enviara a súa graza sobre nós. Cando os apóstolos viron a humildade de San Paulo, puxéronse moi ledos. San Pedro abriu as mans e os brazos e dixo: -Deus, que de todo tes poder e tes sobre todas as cousas e sobre as ordes que son chamadas querubín, e ves os abismos. A ti erguemos as nosas mans e os nosos brazos en semellanza de cruz, que atopamos en ti folganza porque ti es único con teu pai, e teu pai en ti co Espírito Santo. Entón entraron todos e humildáronse a Santa María dicindo con moita alegría: “Deus te salve chea de graza, Deus está contigo.” Dixo ela: -E vós meus irmáns, e rógovos que me digades como chegastes hoxe aquí. Por que soubestes que a miña alma tiña que partir do meu corpo? Entón dixo San Xoán, primeiro entre o apóstolos: -Eu estaba nunha cidade predicando a moita xente, e veu sobre min unha nube moi luminosa, cercoume e tomoume ante a mirada de todos. Véndoo eles púxome aquí e atopo moita xene con Nosa Señora Santa María así como vedes. Dixo que tiña que morrer mañá, e por iso vos rogo que non choredes nin teñades semblante de dor perante o pobo. Que non dubiden nos seus corazóns, porque digan que estes homes temen á morte. Pois que son apóstolos de Deus e predican a outros. Confortémonos e poñamos o rostro de que estamos moi ledos, para que o pobo sexa firme e non dubide en fe nin en obra. Despois desto dixeron os apóstolos o lugar onde pregaran, e como o poderoso Padre os puxera alí. Santa María alegrouse moito na ledicia do Espírito Santo e dixo: -Dendígote eu Señor, bendito sexas, porque me chamaches para levarme, e todos os apóstolos que estivesen á miña morte. Bendigo eu o teu nome que é e será bendito polos séculos dos séculos. Despois que Santa María estou tivo dito, meteu aos apóstolos no seu cuarto,e amosoulle os panos que tiña para a súa sepultura. San Pedro chamou a xente para que viñera alí e díxolles: - Véxovos de corazón e de alma, así que á hora

57 Os Milagres de Santiago

que veña Deus, que vos ache a todos vixiando un corazón e que nos alumee da gloria do Espírito Santo. Díxolles: -Non temades que a morte non é a de Santa María, ante esta vida, porque a morte dos Santo vida é diante de Deus. Tan axiña como dixo isto, veu unha luz tan grande que non se podían ver uns a os outros. E unha voz dixo a San Pedro: -Sabede que convosco estou e estarei sempre ata a fin do mundo. Cando San Pedro oiu isto dixo: -Señor, é de xustiza que te bendizamos e bendicímoste, Señor, gobernador e gardador dos nosos corpos e das nosas almas; pedímosche por mercede que non marches de nós nin de todos os cristiáns que ti compraste polo teu santo nome. COMO ENTROU A CLARIDADE ONDE ELA XACÍA Despois que San Pedro tivo dito isto e moitas outras cosas boas que eran para dicir en tal lugar e de tal xeito, ergueuse Santa María e foi rezar a outro cuarto. Rezou aquela oración que antes rezara cando o anxo lle dera a palma. Despois de rezar, volveu alí de onde saíra, e deitouse no seu leito. Cando foi a hora na víspera, produciuse un gran trono e entrou pola casa un olor tan saboroso que todos adormeceron ao sabor do olor, non sendo os apóstolos e as virxes a quen mandou Santa María que non durmisen por ningunha cousa, senón que velasen por ver o pracer, a ledicia e a gloria da súa ida cara a Deus, e que fosen alí testemuñas para os outros. Despois disto, xacendo durmida alí veu aquel Xesucristo que nunha nube moi branca cun importante número de anxos. Entraron na casa onde xacía Santa María; San Miguel príncipe dos anxos comezou a cantar o seu canto moi fermoso, os outros anxos e toda a compaña dos santos lles responderon e cantaron con el. Cando Santa María viu o se bendito fillo e Señor, bendiciuno e díxolle: -Bendito sexas ti, ai meu Señor, porque cumpriches moi ben o que me prometeches e non podería eu agradecer de ningún xeito, canto ben e canta mercede en mi fixeches. Entón Xesucristo, con gran pracer e en paz recibiulle a alma. Díxolle a San Pedro: - Toma o corpo de Santa María e vaite á parte dereita desta miña cidade. Atoparás alí un monumento novo. Entérraa alí. Garda o seu corpo morto como eu mandei que fose gardado en vida, porque é templo e casa de Deus. Despis que isto foi feito, as tres virxes que a velaban e gardaban,lavárona e vestírona e deitárona no leito. Todos os que durmiran ao sabor do olor que vos dixemos espertaron. San Pedro tomou a palama que lle dera o anxo a Santa María, e dixo a San Xoán: -Ti es virxe e debes ir ante o leito da bendita Virxe, leva a palma e vai loando a Deus. San Xoán dixo: -Ti es maior entre nós, debes ir diante e levar a palma ata que cheguemos ao lugar onde nos mandou Xesús. Entón tomaron os apóstolos o leito nos seus ombreiros e levárona. Noso Señor tomo os apóstolos co leito nunha nube loando a Deus co leito, San Pedro comezou a cantar: -Na saída de Israel de Exipto, da casa de Xacob entre bárbaros houbo moita alegría. Os outros días dicían: -Ao que botou da pedra mares de auga, e a pena en fontes, a aquel sexa lor, non a nós. Señor, non a nós pois o teu nome dá gloria e alegría. Tamén dicían: -Señor das virtudes, ese é rei da gloria. Mais ben sabede que ningún home doutra fe nos pode ver, mais oirannos. Os príncipes xudeus oíron voces do canto que cantaban enriba da nube, asustados e moi espantados dixeron entre si: -Quen pode ser tanta xente que

58 Os Milagres de Santiago

así van loando a Deus? Aqueles que alí estaban dixeron: -Santa María está morta, e os apóstolos van con ela así louvando a Deus. Logo que isto oíron, enchéronse de xenreira e dixeron: - Matemos os apóstolos e queimemos o corpo daquela María que trouxo o enganador. Entón colleron armas e paos, e quedaron á espreita para que cando saísen da nube e quixesen enterrar o corpo facer o que dixeran. Os anxos que ían na nube en compaña dos apóstolos cegaron a todos aqueles xudeus. Uns caían en terra, outros daban coas súas cabezas contra as paredes, e os outros andaban apalpando contra pedras, contra paredes, para saber por onde ían ir. Un príncipe deles que veu despois, cando viu o leito e ao seu carón os apóstolos cantando e rezando sobre o corpo de Santa María anoxouse e dixo: - Ai aquela casa daquel que nos ofendeu a nós e a toda a nosa liñaxes! Deixouse ir moi sañudamente ao leito e quixo coller a palma e tirala en terra. Cando estendeu as mans para facelo secáronlle as dúas. Unha parte del pegouse contra o leito e a outra parte del estaba colgada do leito contra a terra. El cando viu isto, comezou a ter moita dor e rogar aos apóstolos e sobre todo a San Pedro que o desprendese do leito. Díxolle: -Pedro lémbrate do que meu pai che fixo cando a moza che preguntou: -Verdadeiramente ti non estabas con Xesús Nazareno? Protexeute el entón, de forma que non te prenderon. Agora rógovos a todos que teñades mercede de min e non me teñades en pouco. San Pedro díxolle: -Isto que ti rogas nen está en nós senón en ti, porque se ti cres que Xesucristo é o fillo de Deus, axiña serás soltado e sandado. El dixo: -Sempre cremos nas nosas oracións que é o fillo de Deus, mais o demo que sempre é inimigo dos homes, cegou os nosos corazóns e nunca nolo deixou dicir pola boca. San Pedro dixo: -Toma as túas mans e a túa palma e vai pola cidade. Di a todos os xudeus que están cegos de corazón, quen crea que Xesucristo é fillo de Deus vivo, abriránselle os ollos e terá o ben de Deus e a súa virtude. Díxolle: -Pon esta palma sobre os ollos daqueles que isto cren, verán e entenderán que é Deus e o gran ben. Se for cego dos ollos abriránselle e verán, o que non crea non poderá nunca ver ninguén da súa proxenie, nin aquí nin enriba nos ceos. Foise entón o príncipe dos sacerdotes, se ía san e ledo non é necesario preguntar. Foise á cidade e atopou moitos deles chorando, cegos e xemendo moito. Contaban a todos aquelo que lle sucedera. Aqueles que creron o que el dicía, axiña viron de todo en todo, e os que non creron foron axiña cegos de todo. Os apóstolos que estaban xa co seu leito onde lles dixera Xesucristo, meteron o corpo da virxe gloriosa no monumento no lugar que se chama “Val de Xosefa”. Os apóstolos estando arredor do monumento, veu Xesucristo onda eles con moitos anxos, e dixo: -A paz sexa convosco irmáns. Deste xeito fixo levar aos anxos o corpo de Santa María do monumento, que nunca os apóstolos o entenderon. Despois que Xesucristo os salvou do xeito que oístes, deulles despois a súa beizón e foise. Eles volveron para a vila pensando que deixaban o corpo de Santa María no monumento onde o puxeran. COMO SANTA MARÍA FOI LEVADA AOS CEOS E COMO FOI DEMOSTRADO A SANTO TOMÉ NO VAL DE XOSEFA

59 Os Milagres de Santiago

Despois que os apóstolos regresaron a Xerusalén, estaba Santo Tomé apóstolo predicando nunha cidade a moita xente. Pasou unha nube, arrebatouno de alí e tróuxoo a Xerusalén. Deixouno no Val de Xosefa no lugar onde fora soterrado o corpo de Santa María. Cando se viu alí marabillouse moito, e alzou os ollo cara o ceo para facer oración a Noso Señor. Viu que Santa María subía aos ceos a alma con moita compañía de anxos e moi fermosa. Ían arredor dela cantando e louvando a Deus e con moita alegría. Cando Santo Tomé viu aquilo entendeu que Santa María pasaba deste mundo e púxose de xeonllo. En voz alta dixo: -Virxe Señora, nai de Noso Señor Xesucristo, rógoche e pídoche por mercede que non me deixes agora aquí desamparado nin así triste de vos falar e dicir aquesto que eu agora vexo que pode ser. Que saiba contar a verdade de aqueste feito aos apóstolos meus irmáns cando me xunte con eles. Santa María respondeu entón e díxolle: - Tomé, vaite para Xerusalén onde soen morar os apóstolos. Atoparalos alí a todos xuntos. Ti serás por eles retado porque non estiveches con eles na miña morte e no soterramento do meu corpo. Mais dilles como me viches subir aos ceos en corpo e alma. E que dixen que de aquí en diante que me chamasen en todos os lugares, e en todas as cousas que me houberen mester, e eu oireinos e rogarei ao meu Señor Xesucristo por eles. Santo Tomé díxolle entón: -Señora, de moi bo grao farei isto que ti me mandas; mais rógoche que me deas algún sinal para que me crean. Santa María deulle entón unha fita e díxolle: -Levarás esta fita que me cinguiron como sinal de que a miña alma partiu do meu corpo. Esta fita é a que eles meteron comigo no monumento. Foise logo naquela compaña aos ceos. Despois de todo isto Santo Tomé volveuse para aquel lugar de Xerusalén onde estaban os apóstolos xuntos. Eles no momento en que o viron, puxéronse moi ledos con el e recibírono moi ben. Dixo entón San Pedro: -Tomé, como es tan desventurado, como eu coido e entendo que non está a crenza de Xesucristo arraigada en ti outra vez che teño como agora que non quixeches crer que nós víramos a Xesucristo despois da súa morte. Pola túa mala sospeita non nos creches ata que o viche e que se che mostrou en carne ao teu lado. Santo Tomé díxole: -Porque polo pesar ti fixeches a Xesucristo non quixo que ti foses connosco á morte da súa nai a Virxe Santa María. Dixo Santo Tomé como se diso non soubese nada: -E está morta a Nosa Señora? San Pedro dixo: -Si. Santo Tomé dixo: -Onde a soterraron? Dixo San Pedro: -No Val de Xosefa. Non quixo Deus que ti estiveses alí xunto con nós. Dixo el: -Non fun eu convosco alí, mais tamén quero eu que saibas por min que ela non está non Val de Xosefa. Dixo San Pedro: -As túas crenzas son esas? Dixo Santo Tomé: -A miña crenza é sen erro, non hei de crer o que non vexo, maiso que vexo iso creo e afirmo. Direivos por que e como aconteceu. Entón comezoulles a dicir como o tomara a nube e o puxera no Val de Xosefa. Como vira a Santa María subir aos ceos, e lle dera a fita asi como xa vos dixemos antes. Despois de lle contar todo o que lle acontecera, amosoulle a fita. Tan axiña como viron a fita coñecérona. Dixo San Pedro dirixíndose aos apóstolos: -Así non está o seu corpo no monumento, como di Santo Tomé?

60 Os Milagres de Santiago

Dixo entón a Santo Tomé: -Non se falla, porque eu a vin ir do mesmo xeito que a vin aquí neste mundo. Ía en corpo e alma completamente. Disto dúbida non tiñamos. Entón foron con moita xente do pobo ao monumento. Abrírono e non atoparon alí o corpo que alí puxeran, non sendo os panos cos que a enterraran. Os apóstolos e os que ben crían, cando isto viron puxéronse moi ledos e louvaron a Deus. Os xudeus e os maldicentes quedaron tristes e con moito pesar. San Pedro tivo a San Tomé por ben andante e pediulle perdón do odio que tivo contra el. O outro día despedíronse uns dos outros. Foise cada un ao lugar de onde viñeran a predicar a fe de Xesucristo para que sexa honrado e servido e amado para sempre xamais no ceo e na terra. AMÉN.