Ossentidosppt

10
O ser humano ten cinco sentidos: Vista Oído Gusto Tacto Olfacto Cada sentido reside nun órgano do corpo. Uns sentidos están máis desenvolvidos ca outros. Os máis desenvolvidos soen ser a vista e o oído.

Transcript of Ossentidosppt

Page 1: Ossentidosppt

O ser humano ten cinco sentidos: Vista Oído Gusto Tacto Olfacto

Cada sentido reside nun órgano do corpo. Uns sentidos están máis desenvolvidos ca outros. Os máis desenvolvidos soen ser a vista e o oído.

Page 2: Ossentidosppt

Os órganos dos sentidos son os seguintes:

Sentido Órgano

Vista Ollo Oído Oído Tacto Pel Gusto Lingua Olfacto Nariz

Page 3: Ossentidosppt

O sentido da vista permítenos coñecer as formas, as cores, o tamaño e incluso adistancia á que están os obxectos (necesitamos os dous ollos).Os órganos do sentido da vista son os ollos. A súa función é captar a luz.O ollo capta a información e envíaa ao cerebro polo nervio óptico.Para coidar a vista debemos protexer os ollos do sol, do cloro e da sucidade (conxuntivite: irritación dos ollos).

Page 4: Ossentidosppt
Page 5: Ossentidosppt

Os ollos están protexidos polas:pálpebras, cellas e pestanas.A luz entra no ollo pola córnea (membrana transparente). Pasa a través da pupila.A pupila está rodeada por un anel coloreado; o iris. A continuación está o cristalino, que é unha lente converxente.Na parte máis profunda está a retina, que é a membrana na que se forma a imaxe.A imaxe formada na retina é levada ao cerebro polo nervio óptico.

Page 6: Ossentidosppt

O oído permítenos captar os sons. Como temos dous oídos polo que podemos saber en que dirección chega o son. Hai sons agradables e sons desagradables (ruídos).Os oídos son os órganos do sentido do oído. Teñen unha parte externa e outra interna.Debemos manter os oídos limpos e secos. Hai que acudir ao médico se nos doen e evitar os sons demasiado fortes.

Page 7: Ossentidosppt

A orella é a parte externa do oído. Dela sae un tubo, o conduto auditivo. Chega ao tímpano (unha membrana moi fina que vibra cos sons). O tímpano está unido a unha cadea de osiños que se moven cando vibra o tímpano.A cadea de osiños únese o caracol ( órgano que capta os sons). Os sons levaos ao cerebro o nervio auditivo.

Page 8: Ossentidosppt

O sentido do olfacto, permítenos captar os olores dalgunhas substancias. O órgano do sentido do olfacto é o nariz. No seu interior está a pituitaria amarela, que é a que capta o olor.

Page 9: Ossentidosppt

O sentido do gusto permítenos captar os sabores: doce, salgado, amargo, ácido e umamí (carnes, queixos fortes,soia).O principal órgano do gusto é a lingua, que ten uns avultamentos chamados papilas gustativas, que captan os sabores.

Cando comemos traballan á vez o gusto e o olfacto.

Page 10: Ossentidosppt

O sentido do tacto serve para saber algunhas características dos obxectos. Se un obxecto é liso ou engurrado, suave ou áspero, se está quente ou frío. Tamén se algo toca a nosa pel notámolo, cando sufrimos un golpe ou unha picadura sentimos dor. O seu órgano é toda a pel; pero algunhas partes son máis sensibles ca outras.