OUeC apoiará En Marea o #20D

3
Nota: contacto mediante correo electrónico en [email protected] contactos para entrevistas telefónicas: Montse Valencia / 988 38 81 82 / 655 23 02 59 COMUNICADO Ourense en Común apoiará á candidatura En Marea para as eleccións xerais do próximo 20 de decembro Ourense en Común xorde durante o segundo semestre de 2014 como un colectivo plural no que participa a veciñanza do concello, persoas de xeito individual e axentes cunha traxectoria previa de traballo en diferentes movementos sociais e políticos, en defensa do dereito á vida e ao traballo digno, da sanidade pública (gratuíta e universal), do ensino público (gratuíto e de calidade), do dereito á vivenda, do uso normalizado do galego como lingua propia e dunha cultura de nós para o mundo. Xorde como unha plataforma de confluencia cidadá para trasladar ao ámbito institucional os valores de progreso, solidariedade, tolerancia, igualdade e transparencia. Piares sobre os que asentar o firme compromiso de avanzar na creación e posta en práctica de ferramentas de participación efectiva coas que ampliar os límites do sistema democrático municipal , permitíndonos por fin ás veciñas de Ourense exercer o control real das nosas institucións independentemente de quen sexa responsable das mesmas. Ourense en Común presentábase ás eleccións municipais de maio de 2015 cun programa colaborativo elaborado mediante a combinación de decenas de mesas técnicas e encontros nos barrios rurais e urbanos do concello. Un programa que pretendía asentar as bases dun proxecto de cidade, elaborado de modo participado, con máis de trescentas propostas que converteron a Ourense en Común no grupo político con representación na nova corporación municipal con máis suxestións de renovación programática, a unha distancia maior de 100 puntos do Partido Popular, 200 do Partido Socialista de Galicia en Ourense e case 300 de Democracia Ourensana. Os resultados electorais do mes de maio de 2015, insuficientes para implementar o modelo de cidade proposto, permitiron abrir un vano de esperanza polo que introducir novos discursos, metodoloxías e prioridades que, situando o social no centro das políticas públicas, avanzaba na consolidación dun modelo de democracia real e directa. Durante o verán e outono de 2015 os esforzos colectivos das veciñas que conforman Ourense en Común, sen experiencia na política institucional , concentráronse na introdución destes valores na actual corporación municipal e a superación dunha realidade hermética deseñada por e para organizacións con aparatos a escala supramunicipal. Estruturas e procedementos que afastan á cidadanía dos seus órganos de representación apelando a unha sorte de eficiencia nesta xestión do común. Axioma a todas luces irreal como evidencian os numerosos casos de corrupción destapados nos últimos anos. A chegada de xentes con ampla formación pero sen experiencia na política institucional, nin medios materiais ou humanos á altura dos partidos tradicionais , supuxo un grande esforzo persoal primeiro para a confección dunha candidatura cidadá e despois para competir na campaña electoral en pé de igualdade co resto de organizacións políticas. Do mesmo modo que obrigou a posteriori a un esforzo extra para comprender, analizar e en parte afastarse das lóxicas viciadas da administración máis

description

Ourense en Común apoiará á candidatura En Marea para as eleccións xerais do próximo 20 de decembro por acordo asembleario do 23/11/2015 en base aos seguintes principios e acordos.

Transcript of OUeC apoiará En Marea o #20D

Page 1: OUeC apoiará En Marea o #20D

Nota: contacto mediante correo electrónico en [email protected]

contactos para entrevistas telefónicas: Montse Valencia / 988 38 81 82 / 655 23 02 59

COMUNICADO Ourense en Común apoiará á candidatura En Marea para as eleccións

xerais do próximo 20 de decembro

Ourense en Común xorde durante o segundo semestre de 2014 como un colectivo plural no

que participa a veciñanza do concello, persoas de xeito individual e axentes cunha traxectoria previa de

traballo en diferentes movementos sociais e políticos, en defensa do dereito á vida e ao traballo digno,

da sanidade pública (gratuíta e universal), do ensino público (gratuíto e de calidade), do dereito á

vivenda, do uso normalizado do galego como lingua propia e dunha cultura de nós para o mundo.

Xorde como unha plataforma de confluencia cidadá para trasladar ao ámbito institucional os valores de

progreso, solidariedade, tolerancia, igualdade e transparencia. Piares sobre os que asentar o firme

compromiso de avanzar na creación e posta en práctica de ferramentas de participación efectiva coas

que ampliar os límites do sistema democrático municipal, permitíndonos por fin ás veciñas de Ourense

exercer o control real das nosas institucións independentemente de quen sexa responsable das

mesmas.

Ourense en Común presentábase ás eleccións municipais de maio de 2015 cun programa

colaborativo elaborado mediante a combinación de decenas de mesas técnicas e encontros nos barrios

rurais e urbanos do concello. Un programa que pretendía asentar as bases dun proxecto de cidade,

elaborado de modo participado, con máis de trescentas propostas que converteron a Ourense en

Común no grupo político con representación na nova corporación municipal con máis suxestións de

renovación programática, a unha distancia maior de 100 puntos do Partido Popular, 200 do Partido

Socialista de Galicia en Ourense e case 300 de Democracia Ourensana.

Os resultados electorais do mes de maio de 2015, insuficientes para implementar o modelo

de cidade proposto, permitiron abrir un vano de esperanza polo que introducir novos discursos,

metodoloxías e prioridades que, situando o social no centro das políticas públicas, avanzaba na

consolidación dun modelo de democracia real e directa.

Durante o verán e outono de 2015 os esforzos colectivos das veciñas que conforman Ourense

en Común, sen experiencia na política institucional, concentráronse na introdución destes valores na

actual corporación municipal e a superación dunha realidade hermética deseñada por e para

organizacións con aparatos a escala supramunicipal. Estruturas e procedementos que afastan á

cidadanía dos seus órganos de representación apelando a unha sorte de eficiencia nesta xestión do

común. Axioma a todas luces irreal como evidencian os numerosos casos de corrupción destapados

nos últimos anos.

A chegada de xentes con ampla formación pero sen experiencia na política institucional, nin

medios materiais ou humanos á altura dos partidos tradicionais, supuxo un grande esforzo persoal

primeiro para a confección dunha candidatura cidadá e despois para competir na campaña electoral en

pé de igualdade co resto de organizacións políticas. Do mesmo modo que obrigou a posteriori a un

esforzo extra para comprender, analizar e en parte afastarse das lóxicas viciadas da administración máis

Page 2: OUeC apoiará En Marea o #20D

Nota: contacto mediante correo electrónico en [email protected]

contactos para entrevistas telefónicas: Montse Valencia / 988 38 81 82 / 655 23 02 59

próxima ao cidadán como é o Concello de Ourense. Só coa colaboración desinteresada de decenas de

persoas e colectivos foi posible que Ourense en Común exercera e siga a exercer a día de hoxe unha

labor de oposición construtiva.

Entre outros condicionantes, este enorme desgaste e a necesaria concentración de esforzos na

política municipal mantivo a Ourense en Común afastado dos diferentes procesos de confluencia que

pretendían replicar a maior escala o acontecido nas eleccións do 24 de maio de 2015. Así é que malia

a participación individual nas diferentes iniciativas, as asembleas extraordinarias convocadas para

tomar unha decisión colexiada ao respecto decidiron concentrar todos os esforzos no compromiso

asumido unicamente no plano municipal.

Ourense en Común, ao igual que o resto de candidaturas municipalistas que emerxeron na

pasada primavera, xurdía cun fin de base local para a constitución de alternativas electorais deseñadas

dende a máxima transparencia, participación e horizontalidade nos seus procesos de construción. Con

todo, a práctica diaria evidencia a necesidade dunha análise autocrítica para reconfigurar a propia

estrutura organizativa e adaptala ás emerxencias e demandas sociais. Nese horizonte trabállase xa coa

realización de enquisas abertas á participación sobre cal debe ser o seu papel nas institucións. Na

mesma liña avánzase na redacción dun plan estratéxico que será aprobado e referendado nunha grande

asemblea cidadá no mes de xaneiro baixo o título Repensar Ourense en Común.

No plano territorial comézanse a tecer redes de cooperación intermunicipal para a

socialización de experiencias que permitan desenvolver e aplicar accións políticas conxuntas a

diferente escala. Obxectivo central e prioritario no que se avanza na actualidade coa construción de

novos espazos de confluencia a escala provincial como a denominada Rede de Candidaturas Veciñais

de Ourense. Unha iniciativa de colaboración e intercambio entre diferentes candidaturas xurdidas en

Ourense no marco das últimas eleccións municipais.

De igual modo o defendido proceso de renovación democrática, iniciado antes nas rúas e

materializado nas últimas citas electorais tomando as principais cidades do estado español, debe ter

como obxectivo final recuperar todas as institucións, tamén as autonómicas e estatais, das mans dunha

minoría corrupta que goberna para enriquecerse e servir aos seus propios intereses.

Dende Ourense en Común entendemos que os próximos comicios electorais de decembro e

do vindeiro ano 2016 serán esenciais para superar unha lóxica política histórica na que se perpetuaron

no poder unhas elites baixo a alternancia bipartidista. Fronte a propostas baseadas na corrupción, na

especulación inmobiliaria, no malgasto e na falta de transparencia das contas, ao carón da privatización

sistemática de servizos públicos e ao distanciamento e deshumanización das administracións,

debemos propoñer agora novas políticas fundamentadas na xestión do común, priorizando o social e

afondando nos principios de xustiza social, igualdade de xénero, sustentabilidade, democracia

participativa e compromiso ético. É por isto que a asemblea extraordinaria de Ourense en Común

celebrada o luns 23 de novembro tomaba por un referendo superior a 2/3 os seguintes acordos:

Page 3: OUeC apoiará En Marea o #20D

Nota: contacto mediante correo electrónico en [email protected]

contactos para entrevistas telefónicas: Montse Valencia / 988 38 81 82 / 655 23 02 59

Apoiar á candidatura electoral de En Marea para os vindeiros comicios do mes de decembro.

Así é que, malia a non ter participado no seu proceso de confección e recoñecer déficits en

materia de participación e transparencia na súa construción, enténdese que esta é a única

candidatura que pode dar continuidade ao proceso de renovación democrática nas

institucións iniciado nas eleccións municipais do 24 de maio.

Apoiar ás listas para as candidaturas ao parlamento e ao senado pola provincia de Ourense e,

malia a recoñecer a súa pluralidade integrando nas mesmas a persoas moi valiosas e activas

como David Bruzos, manifestar que Ourense en Común non foi participe da súa elaboración.

Anunciar o compromiso de Ourense en Común de colaborar de forma proactiva na futura

construción dun espazo de confluencia amplo, aberto á participación e transparente para as

eleccións ao Parlamento de Galicia do ano 2016 co que pechar un ciclo electoral que debe

recuperar todas as institucións e poñelas novamente ao servizo da cidadanía.