Ourense fronte ao cambio climático

2
Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de decembro (04/12/2015). Ourense fronte ao cambio climático Moción presentada para a aprobación dunha batería de medidas encamiñadas a sumar o Concello de Ourense á loita global contra o cambio climático. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS: PREÁMBULO, DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN A UE propuxo en 2009 a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro entre o 25 e o 40 % para 2020 e entre o 80 e o 95 % para 2050, sobre a base de 1990. O último informe sobre Cambio Climático (AR5) do Panel Intergubernamental da organización das Nacións Unidas (IPCC), publicado en 2014, propón que estas emisións globais de gases de efecto invernadoiro deben alcanzar o seu punto máximo en 2015, sendo este ano o punto de non retorno. Este mesmo informe apunta á necesidade de reducir as emisións a unha taxa anual de arredor do 6 % coa fin de non perder a derradeira posibilidade para manter o aumento da temperatura mundial media por debaixo de 2 °C (o Acordo de Copenhague recollía que se deberían facer esforzos para manter a suba por debaixo de 1,5 ºC). De non acadar este obxectivo tanto a ONU como a Unión Europea concordan nunha inmediata aceleración de consecuencias derivadas do cambio climático. A actividade diaria en cidades como Ourense é responsable do 70-80 % das emisións de gases de efecto invernadoiro. As vagas de calor, inundacións, secas e tempestades, con perdas de colleitas, danos e perda de vidas humanas, serán cada vez máis frecuentes se non freamos este proceso nin adaptamos a estes cambios os nosos concellos. EPÍLOGO: Think Global, Act Local Neste mes de decembro apróbase na Conferencia de París (COP 21/CMP 11), baixo o marco de Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, un acordo internacional co obxectivo final de avanzar no enorme reto de afrontar Cambio Climático acelerado pola acción humana. As negociacións avanzarán nas seguintes áreas: - Compromisos e plans adaptados á realidade de cada país para o período posterior ao ano 2020, recompilados nas contribucións previstas e determinadas a nivel estatal. - Transparencia internacional e rendición de contas das accións de cada un dos países participantes. - Apoio tecnolóxico para países en desenvolvemento para promover un futuro baseado en fontes de enerxía limpa e resiliencia climática. - Traxectoria de emisións e dirección a longo prazo a escala global.

description

Moción do Grupo Municipal Ourense en Común a presentar no pleno ordinario do mes de decembro (04/12/2015). Moción presentada para a aprobación dunha batería de medidas encamiñadas a sumar o Concello de Ourense á loita global contra o cambio climático.

Transcript of Ourense fronte ao cambio climático

Moción do Grupo Municipal Ourense en

Común a presentar no pleno ordinario do mes

de decembro (04/12/2015).

Ourense fronte ao cambio climático

Moción presentada para a aprobación dunha batería de medidas encamiñadas a sumar o Concello

de Ourense á loita global contra o cambio climático.

EXPOSICIÓN DE MOTIVOS:

PREÁMBULO, DIAGNOSE E XUSTIFICACIÓN

A UE propuxo en 2009 a redución das emisións de gases de efecto invernadoiro entre o 25 e o 40

% para 2020 e entre o 80 e o 95 % para 2050, sobre a base de 1990. O último informe sobre Cambio

Climático (AR5) do Panel Intergubernamental da organización das Nacións Unidas (IPCC), publicado en

2014, propón que estas emisións globais de gases de efecto invernadoiro deben alcanzar o seu punto

máximo en 2015, sendo este ano o punto de non retorno. Este mesmo informe apunta á necesidade de

reducir as emisións a unha taxa anual de arredor do 6 % coa fin de non perder a derradeira posibilidade para

manter o aumento da temperatura mundial media por debaixo de 2 °C (o Acordo de Copenhague recollía

que se deberían facer esforzos para manter a suba por debaixo de 1,5 ºC). De non acadar este obxectivo

tanto a ONU como a Unión Europea concordan nunha inmediata aceleración de consecuencias derivadas

do cambio climático.

A actividade diaria en cidades como Ourense é responsable do 70-80 % das emisións de gases de

efecto invernadoiro. As vagas de calor, inundacións, secas e tempestades, con perdas de colleitas, danos e

perda de vidas humanas, serán cada vez máis frecuentes se non freamos este proceso nin adaptamos a

estes cambios os nosos concellos.

EPÍLOGO: Think Global, Act Local

Neste mes de decembro apróbase na Conferencia de París (COP 21/CMP 11), baixo o marco de

Nacións Unidas sobre o Cambio Climático, un acordo internacional co obxectivo final de avanzar no enorme

reto de afrontar Cambio Climático acelerado pola acción humana.

As negociacións avanzarán nas seguintes áreas:

- Compromisos e plans adaptados á realidade de cada país para o período posterior ao ano

2020, recompilados nas contribucións previstas e determinadas a nivel estatal.

- Transparencia internacional e rendición de contas das accións de cada un dos países

participantes.

- Apoio tecnolóxico para países en desenvolvemento para promover un futuro baseado en

fontes de enerxía limpa e resiliencia climática.

- Traxectoria de emisións e dirección a longo prazo a escala global.

O Concello de Ourense ten unhas competencias limitadas e a súa situación xeográfica fica lonxe

do cumio de París. Malia ao anterior debemos ser conscientes que as nosas accións teñen un impacto

ambiental que non distingue de fronteiras nin de administracións menores ou maiores. Compre lembrar unha

vez máis que Ourense é, segundo datos do Observatorio de Sostibilidade de España, a terceira capital de

provincia máis motorizada só por detrás das insulares Palma de Mallorca e Santa Cruz de Tenerife. Só o

reducido da nosa poboación permite que a calidade do aire que respiramos non supoña un problema de

saúde pública municipal en determinadas épocas do ano.

Porque cada pequeno xesto conta o Concello de Ourense non pode quedarse ao marxe dun dos

maiores retos aos que se enfronta a humanidade. Debemos avanzar con medidas que fagan máis habitable

o noso municipio para as persoas que nel vivimos pero tamén para quen nos sucederán.

É por todo o anterior que o grupo municipal Ourense en Común presenta ao Pleno para o seu

debate e aprobación os seguintes

ACORDOS:

1. Cuantificación e inventario de emisións nas dependencias e empresas municipais, así como

nos centros de ensino nos que é responsable do seu mantemento.

2. Fixación dun obxectivos de redución como os propostos polas institucións europeas.

Adoptando plans e medidas necesarias para conseguir a redución fixada de emisións, como

plans de produción e autoconsumo con enerxías renovables, o aforro e a eficiencia enerxética

coas tecnoloxías dispoñibles e a rehabilitación enerxética dos edificios.

3. Contratación do 100% do subministro de electricidade de orixe renovable para as

dependencias municipais.

4. Introdución de cláusulas de compromiso social e sustentabilidade en futuros pregos de

contratación: transportes, residuos, etc.

5. Pór en marcha accións fiscais de bonificación para estimular á poboación local e empresas

para que asuman obxectivos e medidas similares.

6. Establecemento de campañas anuais de comunicación, formación e educación cidadá sobre

o Cambio Climático e as súas causas, consecuencias e alternativas.

7. Compromiso da actual corporación para implementar, previa proposta da Mesa de Mobilidade

Municipal:

a. Transporte Público Municipal limpo, eficiente e adaptado ás necesidades das veciñas

de Ourense.

b. Deseño e execución de carril bici cun percorrido completo que comunique os

principais nodos de atracción da cidade.

c. Progresiva pacificación do tráfico rodado e expulsión do transporte motorizado do

centro urbán.

8. Compromiso da actual corporación para garantir no Plan Xeral de Ordenación Municipal o

maior número de espazos verdes e zonas arboradas.

9. Compromiso da actual corporación a introdución na planificación urbanística a adaptación a

fenómenos climáticos extremos e avanzar no desenvolvemento de enerxías renovables non

contaminantes, nomeadamente a xeotermia.

E para que conste aos efectos oportunos Martiño Xosé Vázquez Mato, en calidade de concelleiro e

voceiro do grupo municipal de Ourense en Común, asina o presente documento en Ourense a 30/11/2015

Asdo. Martiño Xosé Vázquez Mato