P O W E R N A D A L

17
TRADICIÓN DO AGUINALDO Na tradición galega,a finalidade de “cantar os Reis” era pedir o aguinaldo.Nos últimos anos,esta vella tradición volveu revitalizarse grazas a varios colectivos e de xeito especial grazas a Mini e Mero,mestres e membros do grupo “A Quenlla”.Estes son algúns dos cantos de Reis que recopilaron nun libro titulado “A carón da escola”. CANTOS DE REIS O NADAL E REIS Estas portas son de papel, aquí vive don Manuel; Dios lle dea tantas vacas como no curral hai lapas. Deseamos os reises anque señan poucos: un touciño enteiro e a mitá do outro. Deseamos os reises si nolos han dar, que somos de lonxe e hai moito que andar. Traemos a bota para levar o viño, a cesta prós ovos e un caraveliño. Déannos os reises, señores, por Dios, déannos os reises e quedan con Dios. Nesta casa caleada, caleada de pemento, que por moitos anos vivan os señores que están dentro. (Se non lles daban nada remataban así) Cantámoslle os reises guedellos de cabra; cantámoslle os reises e non nos deches nada. (Recollido en Mondoñedo polo colectivo Amencer)

Transcript of P O W E R N A D A L

Page 1: P O W E R  N A D A L

TRADICIÓN DO AGUINALDO Na tradición galega,a finalidade de “cantar os Reis” era pedir o aguinaldo.Nos últimos anos,esta vella tradición volveu revitalizarse grazas a varios colectivos e de xeito especial grazas a Mini e Mero,mestres e membros do grupo “A Quenlla”.Estes son algúns dos cantos de Reis que recopilaron nun libro titulado “A carón da escola”.

CANTOS DE REIS

O NADAL E REIS

Estas portas son de papel, aquí vive don Manuel; Dios lle dea tantas vacas como no curral hai lapas. Deseamos os reises anque señan poucos: un touciño enteiro e a mitá do outro. Deseamos os reises si nolos han dar, que somos de lonxe e hai moito que andar. Traemos a bota para levar o viño, a cesta prós ovos e un caraveliño. Déannos os reises, señores, por Dios, déannos os reises e quedan con Dios. Nesta casa caleada, caleada de pemento, que por moitos anos vivan os señores que están dentro. (Se non lles daban nada remataban así) Cantámoslle os reises guedellos de cabra; cantámoslle os reises e non nos deches nada. (Recollido en Mondoñedo polo colectivo Amencer)

Page 2: P O W E R  N A D A L

OS CANTOS DE REIS

En Galicia os homes, mozos e nenos percorrían as casas cantando e relatando o feito da adoración dos Reis, a fuxida a Exipto, a viaxe de Nazaret a Belén...As xentes dos lugares ofrecíanlles a cambio comida, ofrendas… Os cantos de Reis relatan a viaxe dos Magos sempre pola noite para ver o neno en Belén. Cando os “reiceiros” non facían ben as interpretacións non recibían o aguinaldo. A meirande parte dos vilancicos e cantos de reis e nadales que se cantaban en Galicia son de corte culto. Nótase na melodía,nos cambios de tonalidade, de ritmos… As cuadrillas de reiceiros saían o 24 de decembro para cantar os NADAIS e o cinco de Xaneiro para cantar os REIS.As cuadrillas estaban formadas por un gaiteiro –case sempre- e dous ou tres cantores. Ao chegar ás casas “pedían licencia para cantar” e comezaban o relato. Ao rematar pedíase, cantando, o aguinaldo e de seguido interpretaban unha “jota” ou unha muiñeira e convidaban a danzar ós da casa.

Cantámoslle os reixes guedellos de cabra cantámoslle os reixes e non nos deu nada.

Cantámoslle os reixes do qui-qui-ri-quí se non nos da nada , mexámoslle eiquí.

Os tres camelos dos reis

ó chegaren a Galicia, como non viron deserto, morrían os tres de risa. E, ó veren tanta auga

nos regatos e nas rías, _¡Que catarro imos coller como veña unha chovisca! Melchor taca unha gaita,

Baltasar un tamboril, o Gaspar, que non é músico,

alumea cun candil.

Page 3: P O W E R  N A D A L

COLOREA ESTA FICHA. OS RAPACES ESTÁN A CANTAR OS REIS

Page 4: P O W E R  N A D A L

BACALLAO CON COLIFLOR

Ingredientes: Coliflor, patacas, bacallao, pimentón, allos, aceite e sal. Preparación: Despois de remollado e desalado o bacallao uns dous días, cócese en auga con sal xunto coa coliflor e as patacas (aprox.unha media hora).Escórrese ben a auga e nunha tixola faise un refrito en aceite con allo e pimentón.Bótase por riba do bacallao e coliflor e sérvese).

Page 5: P O W E R  N A D A L

PAVO RECHEO Ingredientes: Pavo, xamón , magro de porco picado, carne de vaca picada, touciño de xamón picado, manteiga de porco, un ovo, unha copiña de coñac, noz moscada, sal e pementa.Para a gornición: ceboliñas, cenorias, manteiga, azucre e caldo. Preparación da gornición: Pelar as cenorias e cocelas en auga con sal (dez minutos). Escórrense e colócanse coas ceboliñas peladas nun recipiente con manteiga para dourar.Engádese o cubiño de caldo disolto en auga quente, o azucre e sal, e cocen destapadas ata que o caldo se consuma. O pavo,despois de limpo e aderezado co coñac, sazónase con sal, pementa e noz moscada.Faise o recheo do pavo mesturando o magro, a carne e o touciño,as mazás raiadas e o ovo e métese no interior do pavo,coséndoo,sazonando e untando conmanteiga.Métese no forno e rocíase a miúdo co seu zume ata que estea tenro e dourado( aprox.uns 50 minutos por cada kilo de pavo)

Page 6: P O W E R  N A D A L

CAPÓN ASADO

Ingredientes: Capón, manteiga de porco, pan rallado, limón, carne picada de porco, ovo, mazá rallada, viño branco, allo e sal. Para a gornición: patacas ou castañas. Preparación: Mestúranse os ingredientes do recheo e logo límpase e sálase o capón, frotándoo con manteiga e limón. Rechéase o capón e introdúcese no forno ( sobre 2 horas). Rociarase progresivamente o capón co zume que solta. Repousará uns 10 minutos antes de trocealo.

Page 7: P O W E R  N A D A L

ROSCÓN DE REIS

Ingredientes: Fariña, manteiga, azucre, leite, levadura, ovos, sal, auga de azahar e froitas confitadas. Preparación: Faise unha masa con fariña, leite, levadura e sal.Ponse nun recipiente redondo,cóbrese con papel aluminio e métese ó forno (40º- 50º) durante hora e media. Coa fariña restante ,o azucre, a manteiga , a auga de azahar e os ovos faise outra masa fina que se mestura coa masa de que estivo no forno. A masa resultante ponse nun recipiente grande, cúbrese con papel de aluminio e vai ao forno a 40º durante outra hora. Por último, faise un burato no centro da masa e métese alí un “regalo-sorpresa”.Con ovo batido repásase a superficie do roscón colocando azucre en cadradiños, améndoas trituradas e froitas confitadas,repousa media hora e vai ao forno a 200º durante 10 minutos e outros 15 a 175º .

Page 8: P O W E R  N A D A L

O Nadal ten os seus propios rituais.Algúns dos máis significativos da tradición galega son: • Ao prender lume no fogar , conservar algún dos leños como símbolo ou talismán de protección da casa (tradición galega do Tizón de Nadal). • Colocar na casa ferraduras, campaiñas, muérdago ou acivro para a protección do fogar. • Prender unha candea nadaleira –símbolo de poder e forza solar- ó tempo que se dí:

Se o ritual se fai en grupo prenderase unha vela por cada persoa presente –ata un máximo de tres-, arderá uns minutos, apagaranse sen soplar e deixando arder a vela central ata consumirse. As apagadas gardaranse para volvelas prender ó longo do ano para pedir saúde, prosperidade, amor e protección.

“Poderes do Sol e da Luz : neste día, cando o Sol acada a súa menor forza e, ó mesmo tempo, comeza o seu lento camiño de renacemento, cando nace o neno Deus Sol, pedímosvos que iluminedes esta vela coa forza do renacemento e o poder de crecemento”.

Page 9: P O W E R  N A D A L

O TIZÓN DE NADAL Otero Pedraio definía o tizón coma : " un cañoto grande dun árbore , que nas montañas do leste da provincia de Lugo, en moitos sitios de Pontevedra, e noutras terras, botan ó lume na noite do 24 de Nadal, e deixan queimar deica a mitá, e o que queda gárdano para cando hai treboada; entón, bótano de novo a arder na lareira, para arreder o pedrazo e os raios. Nalgús lados, semella que aproveitan a borralla para botaren nos eidos, o cual sí que é un verdadeiro rito fertilizante de maxia agraria. Mais tamén tén relación coa presencia das ánimas da familia na noite de Nadal, arredor do lume. O tizón de Nadal é rito coñecido e usado en toda Europa, e faise tamén en moitas partes de España. En Cataluña vén ser o que chaman tió, no que baten os nenos da casa para que lles boten dulces, que os pais meten dentro. A súa orixe recúa con seguranza deica os tempos mais vellos.".

O Tizón de Nadal,cepo ou cachopo é unha rama grande de carballo, que se botaba á lareira na noite de Nadal mentras a familia cantaba panxoliñas e contaba contos.Segundo a tradición, as cinzas tiñan propiedades máxicas, polo que se ga rda ban na casa para reutilizalas en caso de tronadas.

Page 10: P O W E R  N A D A L

O ACIVRO , ACEVO OU XARDÓN

Arbusto con follas de beiras onduladas e espiñentas cun froito,non comestible,con forma de boliña vermella que madura en outono e se emprega como elemento decorativo. En Galicia pode atoparse na serra de San Mamede (concellos de Maceda, Montederramo, Vilar de Barrio e Laza), na serra dos Ancares, en O Incio, no val do Lóuzara, no monte Oribio (Concello de Samos), no Courel (especialmente na Devesa da Rogueira) na fraga de Caaveiro ou no concello de Gondomar. Debido á unha tala incontrolada deste arbusto polo Nadal,chegou a estar en perigo de extinción,sendo declarado especie protexida. Segundo algunhas crenzas , o acivro está íntimamente relacionado co Nadal.Era costume que, na entrada do inverno, as tribus xermánicas colocaran pólas de acevro nos seus cuartos.

Page 11: P O W E R  N A D A L

A ÁRBORE DE NADAL

Xa os celtas celebraban a chegada do inverno decorando unha árbore, no centro da vila, con froitos e ovos.Os romanos tamén seguiron con esta tradición e adornaban as árbores con obxectos brillantes e velas,que representaban o sol,a lúa e as estrelas.Dende o s. XVI e ata a actualidade seguiuse con esta tradición.

Page 12: P O W E R  N A D A L

AS UVAS DE NOITEVELLA

A tradición de tomar as doce uvas, remontase a principios do século XX. Na Noitevella do 1909, os colleiteiros decidiron tomar as uvas da sorte, na última noite do ano, para desfacerse do excedente de uvas que tiñan. A celebración da Noitevella remóntase ós inicios do Imperio Romano cando convidaban a xantar ós amigos e intercambiaban mel con dátiles e figos para empezar o ano con bo sabor.

Page 13: P O W E R  N A D A L

FEIRA DOS CAPÓNS DE VILALBA Tradición moi arraigada na capital da Terra Chá lucense,onde, nas vísperas do Nadal, se celebra esta feira para vender os capóns cebados de forma tradicional nas capoeiras.

Page 14: P O W E R  N A D A L

COLOREA ESTA POSTAL DE NADAL

Page 15: P O W E R  N A D A L

- Polo Nadal, cada ovella no seu curral. - Polo Nadal, volta ao casal. - As festas do ano por onde quixeres, as Navidades coas túas mulleres. - Se a noite de Nadal foi de luar, labra ben pra sementar. Se a noite de Nadal foi de escuro, sementa no terrón duro. - Nadal en domingo, vende os bois e bótao en trigo. - Nadal en venres, sementa onde puideres. - Mes de Nadal, mes de capón a carón do lar. - En Nadal, chover e nevar e escarabanar. - Friaxe no Nadal, non fai mal. - Bo ano, Nadal soleado. - Nadal chuvioso, xaneiro ventoso. - En Nadal, inverno a carroal. - Entre Nadal e xaneiro inverno verdadeiro. - Nadal e xaneiro fan o inverno enteiro. - En decembro descansar e en Xaneiro traballar. - Nadal novo, fonda ben o arado e Nadal escuro, sementa no duro. - Cada cousa no seu tempo, e os nabos no Advento. - Castañas en Nadal, saben ben e prestan mal. - En Nadal todas as cousas andan mal. - Nas oitavas de Nadal o que aforra ben se val. - No mes de Nadal, a carón da lareira vaite sentar.

Page 16: P O W E R  N A D A L

LENDAS DE NADAL

• Segundo unha lenda recollida en Vilalba,“ As ovellas non berran cando as matan porque cando os soldados de Herodes perseguían ó Neno Xesús, preguntáronlle a un pastor se sabía onde nacera Xesús e entón unha ovella berrou: En Beléeeen, en Beléeeen”. Por iso, como castigo, non berran cando as matan.

• Ao seu paso por Lugo,“O río Miño baixa paseniñamente porque cando pasou por Lugo a Sagrada Familia a Virxe díxolle ó río: _ Río Miño, pasa quedo e caladiño, non me desperte-lo meu Neniño”

• Tamén,segundo a tradición popular,“A Sagrada Familia ao pasar por Palas de Rei, a Virxe díxolle ó río Roxán: _ Cala, río, cala, non despertes o meu pequeniño que está durmindo moi acurrucadiño

O RÍO MIÑO,AO SEU PASO POR LUGO O RÍO ROXÁN ,NO CONCELLO DE PALAS DE REI

Page 17: P O W E R  N A D A L

Desexa a toda a comunidade educativa Bo Nadal e fel iz Aninovo