Paco Martín

5
Paco Martín Entrevista IES Manuel García Barros A Estrada Literatura Galega do Século XX e da Actualidade Texto: © Cc-by-sa-3.0 Fotos: © Todos os dereitos reservados viernes 17 de febrero de 2012

Transcript of Paco Martín

Page 1: Paco Martín

Paco Martín

EntrevistaIES Manuel García Barros

A Estrada

Literatura Galega do Século XX e da Actualidade

Texto: © Cc-by-sa-3.0Fotos: © Todos os dereitos reservados

viernes 17 de febrero de 2012

Page 2: Paco Martín

Imaxino que si. Sobre todo no caso de linguas como é a nosa que, malia estaren minorizadas, teñen unha moi prestixiosa tradición literaria. Os certames literarios serven, cando menos, para que moitas das persoas que cren na escrita como arte para compartir teñan unha porta aberta pola que lles sexa posible entrar nese mundo ao que aspiran. A participación nun certame literario pode axudar a que outras persoas, polo xeral con intereses semellantes, teñan oportunidade de saber da obra do concursante e mesmo facer que poida ser coñecida por outros. Son, ben o sabedes, moitas as escritoras e moitos os escritores que comezaron a súa carreira grazas a un destes certames.

Paco Martín

1. Que opina sobre os certames literarios? Cumpren estes unha función importante na normalización dunha literatura?

2. Que supón para Vostede que lle recoñezan o seu labor literario coa concesión dun premio literario? Con cal dos premios que lle outorgaron se sente máis satisfeito?

Eu pertenzo a unha xeración na que a importancia da palabra, falada e escrita, era enorme, na que se contaban historias, os cativos contabamos aos demais a película que o domingo puideramos ir ver ao cine... Escoitar, ler e falar eran as fiestras ao mundo, as canles polas que era posible deixar que descorresen os nosos soños e en calquera deles nos era permitido intervir. Chegou, despois, a tiranía dos mass media e aqueles que tiveramos o noso papel, máis ou menos importante, de actores pasamos a simples espectadores-receptores do que a radio, a tele ou as axencias de noticias tiñan a ben botarnos na maseira para que nós soamente o consumiramos. Supoño que, ademais de todas esas razóns que xa todos coñecedes, é posible que houbese tamén un aquel de rebeldía contra aquel silencio sutilmente imposto. Lembro agora o poema de Novoneyra: “De tanto calar, xa falo eu só” Está claro que ese afán de comunicar, de compartir soños e sentimentos, de te sentir algo que aínda pode ser activo, ten moito que ver con isto da escrita. Eu teño un amigo que vive lonxe e ao que soamente vexo de cando en vez. Cando iso se dá e lle pregunto: Como vai todo? El engurra os ombros e, sorrindo, contesta: Bulimos! Pois iso: que se saiba que bulimos.

Se hei contar verdade a miña participación en certames foi máis ben escasa. Creo que soamente me cheguei a presentar a dous... Outra cousa son aqueles premios aos que non te tes que presentar. En calquera caso creo que sempre resulta satisfactorio que alguén pense que aquilo que fas non é de todo inútil. Resultoume moi gratificador o Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, especialmente porque aquela foi a primeira vez que se lle concedía un premio nacional a un libro escrito en galego.

3. Que feito o motivou a comezar a escribir? Marcou esta circunstancia a súa posterior obra literaria? Alumnos de Literatura Galega do s.XX cos libros doados por Paco Martín.

viernes 17 de febrero de 2012

Page 3: Paco Martín

Eu son de natural optimista mais recoñezo que os esforzos que están a facer aqueles que xogan no equipo contrario ao que eu defendo son moitos, moi fortes e case sempre ben pagos –cos cartos de todos- o que lles dá vantaxe. A desconsideración e descarada falla de respecto ao idioma ás que os leva a ignorancia, esa fonética vallisoletana que utilizan xornalistas, autoridades e todos aqueles que pretenden afastarse do común dos falantes, ese instrumento nefasto -que tanto diñeiro público custou e que non me estrañaría nada que fose proxectado co fin de facer o mal que faia- que é o “tradutor automático” castelán-galego (que todos sabemos que non ten sentido nin nunca preciso foi), estragador implacable da nosa sintaxe e axudante de conselleiros que digan “Desván de los Monjes”, a triste pobreza léxica e sintáctica dos que máis falan nos medios e que en teoría deberan dar exemplo. O Presidente actual da Xunta -ao igual que o anterior e mais o seu vicepresidente- pensan que falan galego cando utilizan un castelán mal traducido, desprezando a lingua á que lle deben respecto (e mesmo os cartos que cobran) e o que producen é tristura, carraxe e tamén noxo. Esta xente, se en verdade sentise unha miga de consideración por ela, deberan saber que cuns meses de relativo esforzo e nas mans de alguén que en verdade saiba facelo poderían dignificar a súa fala ao tempo que tamén se dignificarían eles. Tampouco non estou moi convencido de que teñan demasiado interese no que aquí se escribe nin sequera no que antes se escribiu, pero iso de limitar a importancia da literatura ao momento da fotografía coa autora ou o autor do bestseller do momento non é exclusivo deste noso país. Tamén é certo –e moito máis importante- que aínda hai moitas persoas que si se interesan, que len, que escriben –coñezo moitas rapazas e rapaces, moi novas de idade e dunha excelente formación cultural, literaria e superior calidade humana-, e que fan, con seguridade e convicción, canto cren que deben facer para que sexamos quen somos as mil primaveras máis que Cunqueiro desexou.

Paco Martín

5. Séntese personificado nalgunha obra que escribiu? Pode unha obra dun autor ser allea case totalmente ao devalar existencial do seu autor?

Non. Ou polo menos non teño conciencia de que así sexa nin nunca o pretendín. Outra cousa é que resulte practicamente imposible evitar que en calquera obra, literaria ou non, apareza a presenza, máis ou menos explicitamente, algo do autor e daquilo que o rodea.

4. Que opina da situación actual da lingua e literatura galega? Hai futuro para ambas?

Paco Martín nunha cerdeira.

viernes 17 de febrero de 2012

Page 4: Paco Martín

O que en verdade me gusta é escribir. Para que público? Pois para aquel que encontre na miña escrita algo co que conecte. Non creo demasiado no reparto da literatura por idades –agás nos primeiros niveis, claro-. Cando se fala de literatura infantil e xuvenil debería falarse de libros que tamén len as rapazas e mais os rapaces, sen que iso teña carácter de exclusividade. Nin moito menos. É certo que os que fomos mestres nun tempo no que era imposible obter material de traballo na nosa lingua viámonos na necesidade de facelo nós. Entre as máis significadas carencias estaban as lecturas, de aí que sexamos moitos os ensinantes que viñemos dar niso que chaman escritores de literatura infantil pero que en realidade escribimos para todos. Como ben sabedes hai libros da miña autoría situados polos editores en todos os chanzos de idade. O que si resulta innegociable é o do idioma. O que non quere dicir que estea en contra das traducións –de feito por aí andan as que fixeron aos meus libros-.

Paco Martín

Xa se fixeron algunhas curtas. Sei que moita da miña escrita é debedora do cine en maior ou menor medida e que, polo tanto, non é de todo allea a esa linguaxe. Son –se cadra debera dicir fun- un cinéfilo recalcitrante e a miña afección non esmoreceu, pero non teño un especial interese en que se faga cine a partir do que escribo. Son modos distintos de narrar.

7. Gustaríalle que algunha obra súa fose levada ao cine? E se é así cal lle gustaría?

8. Cal cree que foi a súa obra que tivo máis aceptación entre os lectores? Cal sería esa circunstancia ou temática que produciu esa simbiose obra-lector?

Sen dúbida “Das cousas de Ramón Lamote”, que leva 25 –ou 26- edicións e pasa dos 100.000 exemplares en galego. Supoño que o personaxe, non demasiado usual pero si doadamente identificable, o lugar onde se move e as circunstancias nas que o fai, que poden darse en calquera parte, e ese algo indefinible -e para min descoñecido- que fai que sexa recoñecido por igual en calquera vila de Galiza ou de Andalucía, en Costa Rica, México, Buenos Aires ou Nova York... A min, con case trinta títulos publicados, non me parece moi xusto que así sexa., pero...

6. Cal é o público para o que lle gusta escribir? É por identificación ou ben por outras circunstancias?

Paco Martín nunha homenaxe no 2011

viernes 17 de febrero de 2012

Page 5: Paco Martín

Paco Martín

Interésanme esencialmente as xentes. Os temas, como marco no que elas se moven, tamén, mais sen preferencias.

9. Hai algún tema sobre o que lle guste especialmente escribir? En caso afirmativo, cal sería o motivo desa temática?

A estas alturas sei xa que serían case imposibles unha sen a outra polo que sempre estiven identificado por igual coas dúas. Diría que o meu traballo de mestre serviu en moita medida para o desenvolvemento da miña faceta de escritor, e tamén que as miñas inquedanzas literarias serviron moito para o meu labor como mestre.

10. Vostede foi mestre de escola dende o 1961 ata o 2000. Con que faceta se sente máis identificado, o ensino ou a escritura de novelas?  Beberon estas últimas da súa profesión?

Cando recibíu o E de escritor.

Resúltame imposible responder a este modelo de cuestionarios nos que non se permite máis ca unha resposta a cada pregunta. Non son quen a facelo. Nunca fun, nin quixera ser, tan tallante nos meus criterios. Estou fabricadocon demasiados vimbios: libros, películas, musicas, xentes e lugares..., feito de moitas vivencias... E sei tamén que -falo por min, claro- aquilo que un día definiu case por enteiro o paradigma do que eu imaxinaba para algún aspecto determinado acabou, co tempo e a experiencia, sendo substituído, e sen que este substituto chegase tampouco a definitivo...Creo que a este tipo de preguntas non é posible dar respostassinceras, por máis que se pretenda.Desculpádeme, pero así é. Prégovos que fagades por comprender estas miñas carencias.Moitas grazas.

A estas alturas sei xa que serían case imposibles unha sen a outra polo que sempre estiven identificado por igual coas dúas. Diría que o meu traballo de mestre serviu en moita medida para o desenvolvemento da miña faceta de escritor, e tamén que as miñas inquedanzas literarias serviron moito para o meu labor como mestre.

CUESTIONARIO XENÉRICO A TODOS/-AS OS/AS ESCRITORES/-AS

viernes 17 de febrero de 2012