Paisaxe de montaña

7
Vexetación de montaña: Sabemos que coa altitude descende a temperatura e aumentan as precipitacións a oscilación térmica acentúase e as condicións climáticas tamén varían segundo a exposición das vertentes en relación ao vento ( barlovento e sotavento ) e ao sol ( avesedo e solaina)

Transcript of Paisaxe de montaña

Page 1: Paisaxe de montaña

Vexetación de montaña:

Sabemos que coa altitude descende a temperatura e aumentan as

precipitacións

a oscilación térmica acentúase

e as condicións climáticas tamén varían segundo a exposición das vertentes en relación ao vento ( barlovento e sotavento ) e ao sol ( avesedo e solaina)

Page 2: Paisaxe de montaña

Xénese das chuvias orográficas e efecto Föehn

Esquema da orientación das vertentes cara o Sol

A vexetación débese adaptar as particulares condicións de temperatura, sol e humidade das vertentes

Page 3: Paisaxe de montaña

Non debemos esquecer

tampouco os cambios que

experimenta a temperatura

coa altura

O gradiente vertical de temperatura (GVT) determina a elevación ou descenso da temperatura do aire en altura e a conseguinte condensación do vapor de auga: 0.65 ºC/100m

Page 4: Paisaxe de montaña

Como consecuencia de todos estos factores,a vexetación disponse en pisos que presentan formacións vexetais distintas en función da altura.

A cada altitude e disposición da montaña vaille corresponder unha

vexetación diferente, estratificada en pisos

Dando lugar ás CLISERIES

Page 5: Paisaxe de montaña

Cliserie dos Pireneos

Piso basal ( 800-1000 m ) A vexetación é semellante á das chairas limítrofes

Pisos montanos e subalpinos ( ata os 2000-2200m ) Caracterízanse por un aumento das precipitacións e un acusado descenso das precipitacións. Aparece ocupado por especies hidrófilas e criófilas como a faia ou as coníferas ( abeto, piñeiro negro, pinsapo ). No piso montano superior desaparecen as masas forestais sustituídas polos arbustos

Piso alpino e supraforestal ( a partir dos 2000-2200m ). Ocupado por unha vexetación herbácea e as pradarías.

Piso nival ( por riba dos 3000 m ). Tan só aparece nas montañas máis altas dos Pireneos e da Cordilleira Penibética. Piso das neves perpetúas, unicamente medran brións e líques

Page 6: Paisaxe de montaña

En calquera montaña a vexetación de cada piso se atopa a unha maior altitude na vertente da solaina ( vertente sur ) que na de avesedo ( orientada ao norte ), e é máis rica e densa na vertente de barlovento, máis húmida, que na de sotavento

Page 7: Paisaxe de montaña

Por último, a vexetación de montaña tamén varía segundo o lugar de España onde se atope. Na Península distinguimos, entón, as cliseries da montaña mediterránea, as da rexión eurosiberiana e as de Canarias. Dentro da eurosiberiana poderemos distinguir entre a Pirenaica e a do resto das montañas atlánticas.