Palabras de Carol

2
Boas tardes e grazas por acompañarnos neste día tan importante. Familia, amigos, compañeiros... sabemos que todo chega ao seu fin, que todo comeza e remata, e por iso aquí estamos. Hoxe péchase un capítulo máis nas nosas vidas, un capítulo no que quedaron sementados esforzos, preocupacións e desvelos que deron lugar a unha recolleita de triunfos e satisfaccións. O tempo pasou, e paradoxicamente agora están preto no recordo os días afastados cando se abría ante os nosos ollos, por primeira vez, a porta deste colexio, ao que lle debemos tanto. Aqueles pequenos fráxiles, inseguros e tímidos, que miraban ao futuro cunha certa cara de confusión, hoxe son mozos e mozas ilusionados e optimistas que se prepararon a conciencia para labrarse un bo futuro. Críamos que isto non chegaría nunca, pero agora toca o momento da despedida, toca a hora de dicir adeus. Compañeiros, distintos caracteres, aspiracións e experiencias separáronnos pero eu quédome co que nos une. Que quizais non fomos a mellor clase, por suposto, pero é a nosa clase. A nosa vida non é a mesma desde o primeiro día que entramos no Centro. Maduramos, medramos, aprendemos a respectar e a apreciar os pequenos detalles e hoxe botamos o telón a unha escena máis da nosa vida onde nos convertemos nunha gran familia. Agora, pese a que nos custe, chegou o momento da despedida. Houbo malas experiencias, claro, pero, co paso do tempo, cando o espazo nos separe, cada momento, cada anécdota, cada chiste, cada frase, cada palabra, cada sorriso, cada pequeño xesto de agarimo… quedará na memoria e botarémolos de menos. Familias, sen o voso apoio, sen a vosa constancia e esperanza en nós, non estaríamos aquí. E si o día de mañá chegamos alto, será grazas a vosoutros. Todos levamos unha boa formación froito do esforzo duns excelentes mestres que nos deron o mellor de sí mesmos e que loitaron día a día para formarnos como persoas. Grazas a todos, a cada un de vós, pero, Pili, a ti debémosche demasiado; espero que sempre nos recordes. Contigo aprendemos non só o escrito nos libros, senón o modo no cal cun sorriso todo parecía máis fácil. Ensináchesnos a ser respectuosos e a saber manexarnos polo mundo adiante. Moitas grazas por facer de nós persoas de proveito e falo por toda a clase cando digo que sempre te levaremos con nós. Grazas polo teu esforzo, tempo e paciencia. Con

Transcript of Palabras de Carol

Page 1: Palabras de Carol

Boas tardes e grazas por acompañarnos neste día tan importante. Familia, amigos, compañeiros... sabemos que todo chega ao seu fin, que todo comeza e remata, e por iso aquí estamos.

Hoxe péchase un capítulo máis nas nosas vidas, un capítulo no que quedaron sementados esforzos, preocupacións e desvelos que deron lugar a unha recolleita de triunfos e satisfaccións.

O tempo pasou, e paradoxicamente agora están preto no recordo os días afastados cando se abría ante os nosos ollos, por primeira vez, a porta deste colexio, ao que lle debemos tanto. Aqueles pequenos fráxiles, inseguros e tímidos, que miraban ao futuro cunha certa cara de confusión, hoxe son mozos e mozas ilusionados e optimistas que se prepararon a conciencia para labrarse un bo futuro.

Críamos que isto non chegaría nunca, pero agora toca o momento da despedida, toca a hora de dicir adeus.

Compañeiros, distintos caracteres, aspiracións e experiencias separáronnos pero eu quédome co que nos une. Que quizais non fomos a mellor clase, por suposto, pero é a nosa clase. A nosa vida non é a mesma desde o primeiro día que entramos no Centro. Maduramos, medramos, aprendemos a respectar e a apreciar os pequenos detalles e hoxe botamos o telón a unha escena máis da nosa vida onde nos convertemos nunha gran familia. Agora, pese a que nos custe, chegou o momento da despedida.

Houbo malas experiencias, claro, pero, co paso do tempo, cando o espazo nos separe, cada momento, cada anécdota, cada chiste, cada frase, cada palabra, cada sorriso, cada pequeño xesto de agarimo… quedará na memoria e botarémolos de menos.

Familias, sen o voso apoio, sen a vosa constancia e esperanza en nós, non estaríamos aquí. E si o día de mañá chegamos alto, será grazas a vosoutros.

Todos levamos unha boa formación froito do esforzo duns excelentes mestres que nos deron o mellor de sí mesmos e que loitaron día a día para formarnos como persoas.

Grazas a todos, a cada un de vós, pero, Pili, a ti debémosche demasiado; espero que sempre nos recordes. Contigo aprendemos non só o escrito nos libros, senón o modo no cal cun sorriso todo parecía máis fácil. Ensináchesnos a ser respectuosos e a saber manexarnos polo mundo adiante. Moitas grazas por facer de nós persoas de proveito e falo por toda a clase cando digo que sempre te levaremos con nós. Grazas polo teu esforzo, tempo e paciencia. Con

Page 2: Palabras de Carol

estas torpes e sinceiras palabras espero que quede claro que non te esqueceremos e que ti recordes ese algo especial de cada un de nós.

San José da Guía, chegou o momento. Todas as túas paredes gardarán ano tras ano entrañables recordos, pero agora tócanos partir. Non o deixemos nun adeus, senón nun ata sempre.

Grazas!