Para saber máis dos musulmáns

20
Para saber máis O MUNDO MUSULMÁN A cultura musulmá describe as prácticas culturais dos pobos que seguen o Islam. O Islam, en árabe م,ا سé unha relixión monoteísta (un so deus) que ten as súas bases no libro do Corán o cal establece como premisa fundamental para os seus crentes que “Non hai máis Deus que Alá e Mahoma é o derradeiro mensaxeiro de Alá”. Os seguidores do Islam denomínanse musulmáns. Estímase que na actualidade hai entre 1.000 e 1.200 millóns de musulmáns no mundo, é a relixión máis estendida do mundo. O Islam iniciouse coa predicación de Mahoma no ano 622 en La Meca (Arabia Saudita). Despois estendeuse rapidamente por todo o mundo, incluída España, que se chamaba Al Andalus, e que foi musulmá dende o ano 711 ata 1492. Máxima extensión de Al Andalus no ano 732 Al Andalus no ano 1492, antes de ser expulsados os musulmáns Países con maioría de población musulmá

Transcript of Para saber máis dos musulmáns

Page 1: Para saber máis dos musulmáns

Para saber máis

O MUNDO MUSULMÁN A cultura musulmá describe as prácticas culturais dos pobos que seguen o Islam.

O Islam, en árabe ا�س������م,é unha relixión monoteísta (un so deus) que ten as súas bases no libro do Corán o cal establece como premisa fundamental para os seus crentes que “Non hai máis Deus que Alá e Mahoma é o derradeiro mensaxeiro de Alá”.

Os seguidores do Islam denomínanse musulmáns.

Estímase que na actualidade hai entre 1.000 e 1.200 millóns de musulmáns no mundo, é a relixión máis estendida do mundo.

O Islam iniciouse coa predicación de Mahoma no ano 622 en La Meca (Arabia Saudita). Despois estendeuse rapidamente por todo o mundo, incluída España, que se chamaba Al Andalus, e que foi musulmá dende o ano 711 ata 1492. Máxima extensión de Al Andalus no ano 732 Al Andalus no ano 1492, antes de ser expulsados

os musulmáns

Países con maioría de población musulmá

Page 2: Para saber máis dos musulmáns

DOUTRINA MUSULMANA

Ten cinco puntos principias:

• A profesión de fe, é dicir, aceptar o principio básico de que so hai un Deus e que Mahoma é o último e máis importante dos seus profetas.

• A oración, que teñen que facer cinco veces ao día.

• O zakat ou azaque, tamén traducido como esmola, é dicir, compartir os recursos con quen o precisa.

• O sexún no mes do Ramadán.

• A peregrinación a La Meca (para quen poida) alomenos unha vez na vida.

Ademais, conforme ao Corán, todos os musulmáns teñen que crer en Deus, os seus anxos, os seus libros, os seus profetas, a predestinación e na próxima vida.

Page 3: Para saber máis dos musulmáns

ALÁ

Alá é a tradución ao castelán da palabra árabe Allah هللا

significa “o Deus único das relixións islámica, cristianismo e xudaísmo”.

Non ten unha representación en ningunha imaxe, por iso se utiliza o seu nome escrito en caligrafía árabe ornamental para adornar mesquitas e todo tipo de arquitectura.

Nome de Allah escrito en caligrafía árabe

A palabra Allāh está na orixe dalgunhas palabras castelás como "ojalá" (w[a] shā-llāh: y quiera Alá o y quiera Dios), "olé" (w[a]-llāh: por Alá o por

Dios) o "hala" (yā-llāh: oh Dios).

Page 4: Para saber máis dos musulmáns

O CORÁN

O Corán é o libro sagrado do Islam, que para os musulmáns contén a palabra de Deus Allah, revelada a Mahoma, quen se considera que recibiu estas revelacións por medio do Anxo Gabriel.

En vida de Mahoma, esas “revelacións” eran transmitidas oralmente ou escritas en follas de palmeira, en anacos de coiro ou ósos.

Cando morreu Mahoma, no ano 632, os seus seguidores comezaron a reunilas e escribiron os 114 capítulos do Corán chamados azoras, cada un dividido en versículos chamados aleyas.

Aínda que hai moitas traducións a todos os idiomas do Corán, para a oración emprégase so a lingua orixinaria, o árabe clásico.

No Corán aparecen moitos persoeiros dos libros sagrados do xudaísmo, a Torá, e do Cristianismo, a Biblia como Adán, Noé, Abrabam, Moisés, Xesús de Nazaret e Xoan o Bautista aparecen mencionados como profetas islámicos.

A primeira azora nunha copia manuscrita do Corán

Page 5: Para saber máis dos musulmáns

PROFETAS O Corán di que Deus mandou un mensaxeiro ou profeta a cada comunidade, pedindo adorar so a Deus. Todos eran seres humanos, non deuses. O Corán menciona máis de 20 profetas, dende Adán ata Mahoma, o derradeiro.

Xesús de Nazaret, o Deus fillo do Cristianismo é para o Islam un máis dos profetas e saúdase igual que a Mahoma. Tamén se respecta especialmente á súa nai María, que mesmo ten unha Azora e é a única muller mencionada no Corán.

Representación común de caligrafía do nome de Mahoma.

Mahoma naceu o ano 570 e foi un líder relixioso, político e militar árabe que fundou a igrexa do Islam. Para os musulmáns non creou unha nova relixión senón que restaurou a orixinal. Predicou durante 23 anos, despois dos 40, e considérase como un home próximo á perfección, posuidor de virtudes en todos os campos da vida, espirituais, políticos, militares e sociais. As revelacións que predicaba eran memorizadas e rexistradas polos seus compañeiros e serán o Corán. Predicou en La Meca, pedíndolle á xente que deixase o politeísmo (adoraban a varios deuses). Por iso foi perseguido.

Despois de 13 anos de predicación Mahoma e os musulmáns realizaron a Héjira, ou emigración, a cidade de Medina en 622. Alí estableceuse como autoridade política e relixiosa. A Sunna son libros que conteñen a recompilación da vida de Mahoma, e é de gran valor para os musulmáns.

Page 6: Para saber máis dos musulmáns

LUGARES SANTOS Os lugares santos do Islam son tres: as cidades de La Meca e Medina, así como a Mesquita de Al-Aqsa en Xerusalén

A Meca é a cidade a onde os musulmáns teñen que peregrinar unha vez na vida se poden. Nela naceu Mahoma e atópase a Masjid Al-Haram, onde rezar Nela considérase como ter a recompensa de 100.000 oracións. Nesta mesquita está localizada a Kaaba, templo construído polo profeta Abraham e Ismael . Nos arredores atópase Mina e o Monte Arafat, onde Mahoma pronunciou o seu sermón de despedida fronte a máis de 100.000 persoas e o permanecer aí está considerado como unha parte importante da peregrinación.

Page 7: Para saber máis dos musulmáns

Medina é un lugar moi querido polos musulmáns porque recibiu ao profeta Mahoma cando emigrou de La Meca, doulle refuxio, recibiuno e aceptou a súa mensaxe . Os seus habitantes foron coñecidos como os “Ansar” por telos acollido e facer vencer ao Islam. Mahoma di que en Medina duplícase a recompensa polas boas accións, unha oración na Mesquita do profeta ten a recompensa de 1.000 oracións. Tamén dixo que na súa entrada hai anxos que a protexen das epidemias. Declarouna como sagrada e dixo que expulsa á mala xente , e debido á elevada posición que lle foi concedida a esta cidade e aos seus habitantes, informou que Deus os defende maldice a todo aquel que os ameace inxustamente. En Medina é onde Mahoma morreu e foi enterrado.

Page 8: Para saber máis dos musulmáns

Mesquita de Al-Aqsa A Mesquita de Al-Aqsa é a terceira mesquita máis sagrada do

Islam. Encóntrase en Xerusalén. A tradición musulmá relata que é o lugar onde Mahoma ascendeu aos ceos . A este acontecemento chámaselle Al-Israh wa Al Miray (viaxe nocturno e ascensión). No capítulo 17 do Corán fala diso e o rezar nela equivale á recompensa de 500 oracións.

Page 9: Para saber máis dos musulmáns

ETIQUETA Hai moitas prácticas establecidas que comprenden a categoría de adab islámico e que poderíamos chamar etiqueta.

• O saúdo “salamu alaykum” que quere dicir “a paz sexa con vos” • Dise “bismilah” que quere dicir “no nome de Alá” antes das comidas • So usan a man dereita para comer e beber. • Usan a man esquerda para o aseo, como asoarse o nariz. • Hai rituais de enterro que se denominan salat al Janazah ou “oración fúnebre”, xa que bañan e envolven o

cadáver nun manto branco e posteriormente colócano na tumba. • A dieta está restrinxida, e teñen alimentos prohibidos como o

porco, sangue, alcohol. Toda a carne debe proceder de animais herbívoros sacrificados no nome de Deus por un musulmán , xudeu ou cristián, A alimentación permitida para os musulmáns coñécese como alimentos halal.

• No que se refire ao aseo persoal, a hixiene é fundamental á hora de rezar, o de dou lugar en moitos países musulmáns a unha refinada cultura da limpeza e da auga.

Page 10: Para saber máis dos musulmáns

INDUMENTARIA Para os seguidores do Islam, o puritanismo na indumentaria é

considerado como unha orde de Alá que establece no Corán no que Mahoma estableceu o que está permitido usar ou non para os musulmáns e o que é recomendable e o que non o é.

Tanto o home como a muller non deben levar roupas demasiado xustas nin provocativas á vista dos demais, cando se está fronte a persoas alleas á súa familia, a excepción das súas parellas.

Está plenamente prohibido que o home vista como muller e viceversa.

Non hai unha indumentaria específica, pero si uns criterios que recomendan:

• Para a muller levar cuberto o corpo agás mans e rostro • Para o home levar cuberto dende xeonllos ata o peito.

O respecto destas normas con respecto á indumentaria é moi diferente segundo a observancia relixiosa de cada país, e mesmo de cada familia.

Page 11: Para saber máis dos musulmáns

Vestimenta masculina. Normalmente a vestimenta do home está conformada por un

kufi que é un tipo de sombreiro ou gorro que levan na cabeza. Normalmente é de cor branca, aínda que existen diferentes cores e modelos.

Tamén levan thobe, que tamén se coñece como thawb, thaub ou suriyah, esta vestimenta é longa ata a altura dos xeonllos, de mangas longas, pode ser de diferentes cores, pero normalmente emprégase a cor branca sobre todo para o Yuma, que se realiza cada venres (podería equivaler á misa dos domingos dos católicos).

Page 12: Para saber máis dos musulmáns

Vestimenta feminina

Pode levar varios tipos de vestimenta.

O hiyab é un código de vestimenta feminina islámica que establece que debe cubrirse a maior parte do corpo e que na práctica se manifesta con distintos tipos de prendas, segundo zonas e épocas e que en moitos casos se combina coas máis modernas prendas de moda .

Tamén hai mulleres musulmanas que non levan o hiyab na vida cotiá, agás no momento de realizar a oración.

Page 13: Para saber máis dos musulmáns

OS IMÁNS En termos xerais un imán (en árabe, إمام) é a persoa que dirixe a oración colectiva no Islam. Significa máis ou menos literalmente “o que está diante”. Adoitase pensar que os imáns son o equivalente musulmán dos curas ou rabinos, pero non é así: o islam carece de clero, e un imán, en principio, pode ser calquera persoa que coñeza ben o ritual do rezo. Sitúase diante dos demais fieis nas mesquitas e serve de guía para realizar o ritual da oración, aínda que non é obrigado seguilo. A miúdo afírmase que cada musulmán pode ser o seu propio imán con tal de que saiba rezar correctamente e que o cargo de imán so existe mentres dura a oración. Na práctica dáse certa profesionalización. Hai persoas que seguen estudos específicos para dedicarse a esta tarefa, e a elección dun imán recae nun principio na propia comunidade que o vai seguir.

Page 14: Para saber máis dos musulmáns

FESTIVIDADES

Eid Al Fitr

Significa Feliz Id.

A Festa Eid Al Fitr pode compararse co noso Nadal, é unha das festas máis importantes para os musulmáns Fanse compras coma as nosas polo Nadal. Faise para celebrar o final do Ramadán. O Ramadán é o noveno mes do ano lunar, e todo musulmán debe cumprilo .

Tanto os homes como as mulleres deben deixar de comer (sexún), de fumar, perfumarse ou ter relacións sexuais dende a saída do sol ata o anoitecer. As únicas excepcións son os enfermos, os viaxeiros, os nenos e as mulleres embarazadas.

Estas prohibicións desaparecen ao caer a noite. O final do Ramadán celébrase con grandes festas

O Ramadán dura 29 días aproximadamente.

Page 15: Para saber máis dos musulmáns

O ano 2012 corresponde co Ano da era da Héxira 1433. As datas do Ramadán serán do 15 de xullo ao 12 de agosto.

Cando remata o Ramadán empeza o mes de Sh´awwal, coa festa máis grande, a festa de Aid Al Fitr, ou “festa da ruptura do sexún”, que se celebra con moita ledicia. Repártense bendicións e desexase felicidade, persoalmente ou mandándose tarxetas, dando grazas a Deus por ter superado as dificultades do Ramadán.

Page 16: Para saber máis dos musulmáns

O día comeza bañándose e vestíndose coa mellor roupa. Despois acódese á mesquita para as oracións.

Máis tarde a xente intercambia agasallos e visita aos parentes e amigos. Dáse esmola aos pobres. Ao longo do día reflexiónase sobre o significado do Islam e téntanse limar as diferenzas coa familia e os amigos, para poder empezar unha nova vida baixo o signo da paz e a reconciliación. Repártense dóces, comida e bebidas sen alcohol nas mesquitas e fogares e as celebracións duran tres días nos países islámicos.

Page 17: Para saber máis dos musulmáns

Id ul Ada

70 días despois do Id al Fitr celébrase o Id ul Ada ou Festa do Sacrificio . Nela celébrase o sacrificio que fixera o profeta Abrahám dun animal. A vítima orixinal dese sacrificio

debía ter sido o seu fillo. O símbolo para o día é un carneiro (ou cabra, vaca, ovella, touro ou camelo, que non está especificado o

animal, agás que debe ser de boa calidade e gozar de boa saúde) A carne do animal repartirase entre os que o mercaron (pode ser máis dunha familia) e tamén entre as

familias necesitadas do barrio que non o puideron mercar. Hai feiras de animais vivos que se habilita exclusivamente para este Id

Page 18: Para saber máis dos musulmáns

CALIGRAFÍACALIGRAFÍACALIGRAFÍACALIGRAFÍA

A caligrafía árabe está asociada coa arte xeométrica islámica do arabesco nas paredes e tamén nos teitos das mesquitas, así coma nos textos escritos.

É moi venerada como forma de arte islámico porque constitúe un enlace entre a lingua dos musulmáns e a súa relixión.

O instrumento habitual para a escritura é o cálamo, empregado aínda hoxe en día para a caligrafía artística.

O cálamo é unha cana que nun extremo ten un corte transversal. Ese corte determina a alternancia entre trazos grosos e finos característica da maioría dos estilos caligráficos.

No Magreb e Al Andalus empregábase un cálamo rematado en punta, como as tradicionais plumas europeas.

Page 19: Para saber máis dos musulmáns

Calendario musulmán

É un calendario lunar.

Basease en ciclos lunares de 30 anos, deles 19 anos teñen 354 días, e 11 anos teñen 355 días.

Os anos de 354 días chámanse anos simples e divídense en seis meses de 30 días e outros seis meses de 29 días.

Os anos de 355 días chámanse intercalares e divídense en 7 meses de 30 días e outros cinco de 29 días.

Anos e meses vanse alternando.

Cada 33 anos musulmáns equivalen a 32 anos gregorianos.

A orixe deste calendario é o día do inicio da Héxira, que no noso calendario correspondería ao 16 de xullo de 622.

Page 20: Para saber máis dos musulmáns

O ano islámico actual é o 1433, aproximadamente do 26 de novembro de 2011 ao 14 de novembro de 2012.

Os días da semana son sete:

• al-áhad (ا#ح��د «o primeiro»), domingo • al-ithnáyn (ا�ثني����������ن «o segundo»), luns • al-thalatha (الث�ث�����������اء «o terceiro»), martes • al-arba‘a (ا#ربع������اء «o cuarto»), mércores • al-jamís (الخمي������س «o quinto»), xoves • al-yuma‘a (الجمع���ة «a xuntanza»), venres. Chámase así porque é o día festivo no que se realiza a oración colectiva nas mesquitas. • as-sabt (الس���������بت «o sábat»), sábado

Os meses son doce:

1. Muharram 2. Safar 3. Rabi' al-Awwal 4. Rabi' al-Thani 5. Yumada al-Wula 6. Yumada al-Thania 7. Rayab 8. Sha'abán 9. Ramadán 10. Shawwal 11. Du al-Qa'da 12. Du al-Hiyya