Pautas dificultades atencion

6
IES. AS BARXAS DEPARTAMENTO ORIENTACIÓN TF986315368 R/ Fonte do Unicornio 2- 36950 MOAÑA Telf. 986-314243 Fáx. 986314300 REFLEXIÓNS PREVIAS Tanto os alumnos diagnosticados con T.D.A. (trastorno por déficit de atención), T.D.A.H. (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) ou Síndrome de Asperger, teñen un funcionamento neurolóxico diferente, tendo en común unha alteración na “función executiva” (da que se encarga básicamente o lóbulo frontal). Os fallos na función executiva conlevan dificultades para planificar, organizar e controlar a actividade, afectando tanto ás tarefas cognitivas (aprendizaxes) como ao control emocional e conductual. A educación secundaria é unha etapa que coincide coa adolescencia, momento evolutivo especialmente difícil para o alumnado que presenta algún tipo de dificultade especifica. É o momento no que o sistema cambia para ser menos controlador e espérase un maior grao de responsabilidade nos rapaces e rapazas, o número de profesores aumenta con esixencias a menudo diferentes para cada materia e os contidos fanse máis abstractos e complexos. En seundaria é necesario dominar as ferramentas de aprendizaxe e ter suficiente capacidade de concentración para estudiar. Este tipo de alumnado pode ter grandes problemas para adaptarse ás novas esixencias educativas desta etapa. Os expertos aconsellan medidas que teñen que ver, sobre todo, cun cambio de metodoloxía máis que cos apoios sobre os contidos escolares. Todos eles inciden na “externalización “ das normas, pautas, instruccións, tempos, etc. Como unha das claves para que teñan referentes claros que orienten a súa acción. Non basta con explicar ou dicir, hai que facelo “visible” para que o teñan presente en todo momento e evitar que repitamos MEDIDAS PARA O TRABALLO DIARIO DO ALUMNADO CON DÉFICIT NA FUNCIÓN EXECUTIVA (T.D.AH., T.D.A., ASPERGER,…)

description

pautas

Transcript of Pautas dificultades atencion

Page 1: Pautas dificultades atencion

IIEESS.. AASS BBAARRXXAASS

DDEEPPAARRTTAAMMEENNTTOO OORRIIEENNTTAACCIIÓÓNN

TTFF998866331155336688 R/ Fonte do Unicornio 2- 36950 MOAÑA

Telf. 986-314243 Fáx. 986314300

REFLEXIÓNS PREVIAS

Tanto os alumnos diagnosticados con T.D.A. (trastorno por déficit de atención),

T.D.A.H. (trastorno por déficit de atención e hiperactividade) ou Síndrome de

Asperger, teñen un funcionamento neurolóxico diferente, tendo en común

unha alteración na “función executiva” (da que se encarga básicamente o

lóbulo frontal). Os fallos na función executiva conlevan dificultades para

planificar, organizar e controlar a actividade, afectando tanto ás tarefas

cognitivas (aprendizaxes) como ao control emocional e conductual.

A educación secundaria é unha etapa que coincide coa adolescencia, momento

evolutivo especialmente difícil para o alumnado que presenta algún tipo de

dificultade especifica. É o momento no que o sistema cambia para ser menos

controlador e espérase un maior grao de responsabilidade nos rapaces e

rapazas, o número de profesores aumenta con esixencias a menudo diferentes

para cada materia e os contidos fanse máis abstractos e complexos. En

seundaria é necesario dominar as ferramentas de aprendizaxe e ter suficiente

capacidade de concentración para estudiar. Este tipo de alumnado pode ter

grandes problemas para adaptarse ás novas esixencias educativas desta etapa.

Os expertos aconsellan medidas que teñen que ver, sobre todo, cun cambio de

metodoloxía máis que cos apoios sobre os contidos escolares.

Todos eles inciden na “externalización “ das normas, pautas, instruccións,

tempos, etc. Como unha das claves para que teñan referentes claros que

orienten a súa acción. Non basta con explicar ou dicir, hai que facelo “visible”

para que o teñan presente en todo momento e evitar que repitamos

MEDIDAS PARA O TRABALLO DIARIO DO ALUMNADO CON DÉFICIT NA FUNCIÓN EXECUTIVA

(T.D.AH., T.D.A., ASPERGER,…)

Page 2: Pautas dificultades atencion

instruccións e recriminacións que acaban por facer mella na súa autoestima, e

que os fai máis dependentes da nos intervención.

No caso do alumnado con S. de Asperger, que son fundamentalmente

pensadores visuais, estes apoios son básicos para guiar o seu: listados, axendas

visuais, esquemas ou mapas conceptuais, etc. Polo tanto, un aula organizada

con apoios visuais favorece tanto a éstes como aos alumnos con T.D.A.H. e, en

xeral, a todo o grupo. Son apoios moito máis inclusivos, xa que insértanse na

dinámica xeral da aula e benefician a todos.

As metodoloxías activas (que se basan máis no que o alumno fai) e

cooperativas, adáptanse mellor ás súas necesidades xa que evitan a

desconexión da atención e permite o apoio entre iguais, a imitación e o control

por parte do grupo. Ademáis, estaremos actuando na esfera das habilidades

sociais (autoestima, empatía, cooperación, toma de decisión, etc.), tan

importantes para este tipo de alumnado e para todos en xeral.

DIFICULTADES DUN NENO OU NENA CON DIFICULTADES DE ATENCIÓN NA AULA.

Dificultade para escoitar e seguir instrucións, teñen problemas para comenzar

calquera traballo e a miudo non o rematan a tempo.

Dificultade para concentrarse, distráense, son desorganizados e olvidadizos.

Interrumpen conversaciones, falan sen permiso ou moi alto.

Teñen problemas para sentarse quedos ou estar no seu sitio durante un tempo

longo.

Soen ser impopulares porque son imprevisibles e o seu comportamento pode

chegar a ser irritante, disruptivo e difícil de controlar.

RECOMENDACIÓNS PARA PROFESORADO.

1. MODIFICACIÓNS NO AMBIENTE DO AULA:

-Proporcionar ambientes estructurados que posibiliten as aprendizaxes,

eliminando obxectos innecesarios e distractores.

-A necesidade de moverse debe ser considerada como un aspecto relevante na

planificación de actividades e na utilización dos espazos da aula, sendo necesario

establecer tempos nos que se lles permita moverse.

-Cando sexa posible, deben axustarse os horarios en función do índice de fatiga, de

rendimento escolar ou de efecto da medicación (cando a toman).

Page 3: Pautas dificultades atencion

-Reservarase un tempo para que ordene a súa mesa e materiais (libros, cadernos)

decíndolle cómo debe facelo e supervisándoo ata que se convirta nun hábito.

-O emprego de medios técnicos e informáticos favorecerá a súa atención e

motivación (encerado dixital, ordenador, láminas, etc.).

-Crear ambientes predecibles (rutinas, descansos, horarios, axendas, etc..).

2. ADAPTACIÓNS METODOLÓXICAS XERAIS.

ONDE SENTARSE:

Situalos onde haxa menos distracción por exemplo na primeira fila, cerca do

mestre ou mestra e mellor lonxe da porta e a ventana.

Deben situarse onde teñan moito contacto visual co mestre ou mestra.

Mellor emparellalos con nenos ou nenas máis tranquilos.

RUTINAS E ORGANIZACIÓN

É importante escribir na pizarra os deberes e o horario ou ben nunha folla de

papel que teña á vista. Tamén é útil ter un espazo visible e accesible na aula

para poñer a información, chamando a atención do alumno cando haxa

novidades.

Ter na mesa só o necesario para facer a tarefa proposta.

Ter autoinstruccións na súa mesa para desenvolver a tarefa.

Utilizar a axenda como método memorístico e para a comunicación cos pais e

nais sobre deberes, traballos, exames….(asegurarse de que anotou ben ata que

faga o hábito).

As reglas da aula deben ser poucas, claras, sinxelas e repetidas

frecuentemente, asegurándonos que o neno ou nena as entende ben

pedíndolle que as repita.

Manter rutinas constantes durante o curso.

Avisar sempre como norma cando empeza e cando remata a clase, desta forma

o alumno/a poderá centrarse nos cambios e aceptalos sen problema.

Avisar sempre con moita antelación e lembrar os cambios nas rutinas e no

horario, por exemplo cando hai saídas, excursións, actividades

novas….asegurándonos que o entendeu.

Dar avisos, novidades ou temas diferentes ao finalizar a clase, xa que do

contrario conseguiremos que o alumno pase o tempo preguntando sobre a

excursión, ou intentando pensar como será……

Page 4: Pautas dificultades atencion

OUTRAS

Asegurar a comprensión das explicacións ou das instruccións para realizar

as tarefas.

Fragmentarlle as tarefas.

Adaptar o tempo de realización das tarefas, así como a cantidade das

mesmas.

Priorizar os obxectivos fundamentais, cambiar a temporalización, simplificar

obxectivos.

3. COMO DAR INSTRUCIÓNS DE FORMA MÁIS EFECTIVA.

Sempre debemos manter o contacto ocular e aproximarnos ao alumno ou

alumna.

Instruccións claras, sinxelas, curtas e moi concretas: por exemplo diríamos

“garda o estoxo na carteira”, pero non diríamos “a ver se eres máis ordeado”.

4. MELLORAR A SÚA CONCENTRACIÓN.

Utilizar métodos de ensino novedosos que sorprendan e motiven ao neno

ou nena cada día e deste modo tamén conseguimos motivar ao resto da

aula.

Evitar que a meirande parte do ensino sexa verbal.

Eloxiar con frecuencia.

Suliñar as palabras chave ou ideas principais dunha tarefa, instrucción…

(por exemplo problema de matemáticas, lectura comprensiva…..).

Usar reloxo para que o neno ou nena sexan conscientes do tempo que lles

falta ou xa levan, os nenos e nenas TDAH, Asperger ou con Dislexia non

soen ter noción do tempo.

Darlle toques de atención constantes cando a tarefa sexa longa (mellor que

sexa unha sinal discreta acordada con él) .

Encargarlle recados que supoñan erguerse da cadeira.

Combinar instrucións verbais con sinais auditivas e visuais.

5. COMO ADAPTAR OS EXAMES

Os nenos e nenas TDAH, ASPERGER ou con DISLEXIA non poden controlar ben o

tempo e fácilmente se distraen con estímulos externos. Presentarlle un exame

ao uso non é positivo e os seus resultados sempre van ser moito máis baixos do

que realmente eles poden.

Page 5: Pautas dificultades atencion

PAUTAS A SEGUIR Á HORA DE FACER UN EXAME:

Pode ser útil entregar tantos folios como preguntas de exame teñamos,

é dicir, se hai un exame con 5 preguntas, damos cinco folios e en cada

folio unha pregunta. Non se dan xuntos, danse por tempos. Marcamos

ao neno ou nena o tempo que ten para responder cada unha das

preguntas e cando pase, quitámoslle ese folio e dámoslle o seguinte.

O enunciado ten que ser claro en forma, é dicir, de ser posible suliñar as

partes importantes ou usar negriña para resaltar o máis chamativo.

Preguntas cortas e directas. Pode ser interesante dividir en varias

preguntas os enunciados complexos evitando dar máis de unha

instrucción na mesma pregunta.

Avisar ao neno ou nena do tempo que queda cando xa sexa inferior a

cinco minutos para entregar el exame.

Deixarlle tempo para repasar unha vez remate, sempre tempo contado

e visual.

En nenos ou nenas con dislexia engadida e tamén en Asperger, facer

exames orais de asignaturas que requiran moita escrita.

Non penalizar en exceso en exámenes que non sexan de Lengua, Lingua

por mala caligrafía, ortografía ou presentación. É mellor revisar

posteriormente o exame con el ou ela e dicirlle que unha vez xa

correxido o pase a limpo na casa como traballo de deberes.

6. PARA MELLORAR O COMPORTAMENTO

Crear un clima de aula axeitado

Establecer e consensuar as normas, limites e consecuencias das

accións. Normas de clase.

Crear lazos de empatía co alumno/a, organizando actividades que

axuden a establecer relacións interpersoais positivas.

Favorecer o traballo cooperativo.

Permitirlle a este tipo de alumnado válvulas de escape posibilitando

movementos controlados (recados...) ou facelo portagonista da

explicación.

Previr a aparición de conflictos

Ignorar interrupcións menores ou mal comportamento leve, mellor

correxilo e falalo a nivel individual despois.

Distraer ao neno ou nena de mal comportamento redirixindo hacia un

comportamento adecuado.

Page 6: Pautas dificultades atencion

Usar intelixencia emocional e reforzos positivos, non desafiar nin entrar

en batallas sobre todo se o neno ou nena é NEGATIVISTA DESAFIANTE.

Os castigos deben ser curtos, explicados con calma e previamente

pactados.

Os castigos deben aplicarse inmediatamente despois do mal

comportamento.

Evitar sarcasmos, enfados ou berros.

Ensinar ao neno ou nena a darse conta dos seus síntomas.

Empezar cada día coma se fose o primeiro, non lembrar todo o tempo

ao alumno ou alumna o que pasou o día anterior.