Páxinas Informativas - Inicio. Museo do pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/XULLO...

4
Xullo / 1 O Museo do Pobo Galego recibiu o Premio Nacional da Cultura galega do Museo do Pobo Galego Páxinas Informativas Dirección: Carlos García Martínez Secretaría: María-Xosé Fernández Cerviño Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe xullo 3/2008 P.D. Museo do Pobo Galego • San Domingos de Bonaval • 15703 Santiago de Compostela tel. 981 583 620 fax 981 554 840 www.museodopobo.es correo electrónico: [email protected] O xurado da primeira edición dos Premios Nacionais da Cultu- ra galega acordou seleccionar, na modalidade de cultura popu- lar e de base, a candidatura do Museo do Pobo Galego, valoran- do que o noso centro, que naceu como unha iniciativa cívico-cul- tural, vén realizando desde hai trinta anos un labor fundamen- talmente orientado á divulgación da cultura galega a través da posta en marcha de numerosas iniciativas. O vicepresidente primeiro do Padroado, Dr. Luciano García Alén, recolleu o premio o 14 de xuño e ofreceullo a todos os que participamos nesta empresa, coas seguintes palabras: O Museo do Pobo Galego naceu hai trinta e dous anos coa aspira- ción de chegar a ser un lugar da memoria recoñecido entre os espa- zos depositarios da identidade gale- ga e como un medio apropiado para a súa construción e transmi- sión social. O Premio Nacional da Cultura galega na modalidade de cultura popular e de base representa a cul- minación dun esforzo colectivo no que conflúen os precursores que no pasado loitaron por acadar este obxectivo e viron frustrados os seus logros en aciagas circunstancias; as persoas e institucións membros do Padroado do Museo do Pobo Gale- go; os seus socios e traballadores; as persoas que deixaron nel o seu lega- do material ou documental, e o público que, coa súa participación, lle dá sentido a este labor. É o coro- amento dunha traxectoria que se estende ao longo de tres décadas, mais tamén marca o limiar dunha nova xeira na que o compromiso coa normalización cultural de Gali- cia e co desenvolvemento da socie- dade galega, que inspirou a súa cre- ación, ha de seguir presente como unha misión irrenunciable. Celebrouse a asemblea dos Socios do Museo O día 3 de maio celebrouse a asemblea anual dos Socios do Museo. Entre os acordos adoptados, resolveu- se actualizar a cota anual, que queda en 25 para os socios ordinarios. Aproveitando a concorrencia dos socios, pre- sentouse o núme- ro 3 da revista ADRA. Como os actos programados nesa data non deixaron espazo para a lec- tura da memoria do Museo, repro- dúcese a seguir un resumo das acti- vidades realizadas entre xaneiro e maio de 2008.

Transcript of Páxinas Informativas - Inicio. Museo do pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/XULLO...

Page 1: Páxinas Informativas - Inicio. Museo do pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/XULLO 2008.pdf · Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García,

Xullo / 1

O Museo do Pobo Galego recibiu o Premio Nacional da Cultura galega

do Museo do Pobo Galego

Páxinas Informativas

Dirección: Carlos García Martínez ■ Secretaría: María-Xosé Fernández CerviñoRedacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe xullo 3/2008

P.D.

Museo do Pobo Galego • San Domingos de Bonaval • 15703 Santiago de Compostelatel. 981 583 620 • fax 981 554 840 • www.museodopobo.es • correo electrónico: [email protected]

O xurado da primeira edicióndos Premios Nacionais da Cultu-ra galega acordou seleccionar,na modalidade de cultura popu-lar e de base, a candidatura doMuseo do Pobo Galego, valoran-do que o noso centro, que naceucomo unha iniciativa cívico-cul-tural, vén realizando desde haitrinta anos un labor fundamen-talmente orientado á divulgaciónda cultura galega a través daposta en marcha de numerosasiniciativas.

O vicepresidente primeiro doPadroado, Dr. Luciano GarcíaAlén, recolleu o premio o 14 dexuño e ofreceullo a todos os queparticipamos nesta empresa,coas seguintes palabras:

O Museo do Pobo Galego naceuhai trinta e dous anos coa aspira-ción de chegar a ser un lugar damemoria recoñecido entre os espa-zos depositarios da identidade gale-ga e como un medio apropiadopara a súa construción e transmi-sión social.

O Premio Nacional da Culturagalega na modalidade de culturapopular e de base representa a cul-minación dun esforzo colectivo no

que conflúen os precursores que nopasado loitaron por acadar esteobxectivo e viron frustrados os seuslogros en aciagas circunstancias; aspersoas e institucións membros doPadroado do Museo do Pobo Gale-go; os seus socios e traballadores; aspersoas que deixaron nel o seu lega-do material ou documental, e opúblico que, coa súa participación,lle dá sentido a este labor. É o coro-amento dunha traxectoria que seestende ao longo de tres décadas,mais tamén marca o limiar dunhanova xeira na que o compromisocoa normalización cultural de Gali-cia e co desenvolvemento da socie-dade galega, que inspirou a súa cre-ación, ha de seguir presente comounha misión irrenunciable.

Celebrouse a asemblea dos Socios do MuseoO día 3 de maio celebrouse a asembleaanual dos Socios do Museo.

Entre os acordos adoptados, resolveu-se actualizar a cota anual, que quedaen 25 € para os socios ordinarios.

Aproveitando a concorrenciados socios, pre-sentouse o núme-ro 3 da revistaADRA.

Como os actos programados nesadata non deixaron espazo para a lec-tura da memoria do Museo, repro-dúcese a seguir un resumo das acti-vidades realizadas entre xaneiro emaio de 2008.

Page 2: Páxinas Informativas - Inicio. Museo do pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/XULLO 2008.pdf · Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García,

Xullo / 2

1. OBRAS E INSTALACIÓNS

Estase procedendo á renovación dailuminación da sala do traxe paraadaptala ás necesidades de conser-vación dos materiais téxtiles.

2. MONTAXE DE SALAS

A montaxe das salas denominadas Daimprenta. Dos impresores e encader-nadores. Do libro e da prensa, inau-guradas oficialmente o 2 de xaneiro,completouse coa instalación de sina-lización na escaleira de acceso.

3. EXPOSICIÓNS

Redes de coñecemento. A JAE e a ciencia en Galicia.14 febreiro-25 marzo

Para conmemorar o centenario dacreación da Junta para la Amplia-ción de Estudios, o Consejo Supe-rior de Investigaciones Científicas,co patrocinio da Fundación CaixaGalicia, promoveu esta mostra,comisariada por Xosé A. Fraga.

Darío Basso. Algoritmi dixit:24 abril-15 xuño

Instalación pictórica coa que o artis-ta pretende incidir nas correspon-dencias entre artes, ciencias e cultu-ras de civilizacións dispares y anti-téticas: Oriente e Occidente.

Historia dunha emigración difusa.500 anos de emigración galega a Lisboa8 maio-15 xuño

Mostra gráfica e audiovisual, reali-zado pola produtora AcuarelaComunicación, que reconstrúeunha tradición con máis de 500anos de historia, a partir dos teste-muños de máis de 150 entrevistadosen Galicia e Lisboa, documentos,

fotografías familiares e institucio-nais e material bibliográfico.

Queremos coñecernos... Mulleres científicas.29 maio-29 xuño

A mostra, que organiza a Secretaríaxeral da Igualdade, recolle os perfísdun grupo de mulleres cunha tra-xectoria destacada en distintas áreasda ciencia e o coñecemento.

ItineranciasA exposición Debuxos e gravadosnas construcións populares, deHiginio Flores, exhíbese a partir do1 de xuño no Museo Seno de Cor-cubión.

4. PUBLICACIÓNSEstá no prelo a publicación dosmateriais do segundo foro do Insti-tuto de Estudos das Identidades,Inmigración, cidadanía e identida-de, patrocinado polo Parlamento deGalicia.

Está tamén no prelo a tese de douto-ramento de Fátima Braña Rei sobreo Museo do Pobo Galego.

Estase a colaborar co CGAI e coa Fil-moteca Española na edición dunDVD do filme de Antonio Román eXaquín Lorenzo, O carro e o home.

5. CONSERVACIÓNO total de rexistros do inventario defondos do Museo é de 9.725 pezas.No período xaneiro-maio ingresa-ron 91 elementos, todos eles comodoazón.

Atendendo á clasificación temática,73 destas pezas son ferramentas; 7corresponden a transporte; 5 a usodoméstico; 3 a relixiosidade e cren-zas; 2 son obxectos de uso persoal e1 obxecto de arte.

Doazóns: Parroquia de Aríns: Andas de levaros mortos. Esta doazón chegou a tra-vés de Pablo Tomé, arquitecto doConsorcio de Santiago, encargadoda rehabilitación da igrexa parro-quial de Aríns

Aurelio Rivas Varela, fillo do escultorJosé Rivas: conxunto de 71 ferramen-

tas procedentes do taller do seu pai.

Outras persoas e institucións quedoaron ou depositaron pezas foron:

Pilar Antelo DocampoAsociación Cultural La MontañesaMercedes Díaz RodríguezFamilia BaltarLuís Iglesias DizConchi LosadaRosa Lourido RegueiraMaría Ruibal VázquezXepe Torres

Para a exposición Na frente, unhaestrela, organizada pola Real Acade-mia Galega, cedeuse en préstamo unconxunto de ferramentas de Fran-cisco Asorey para a talla da pedra.

Tramitáronse nove solicitudes dereprodución de fondos do Museo. Afinalidade destas solicitudes son apublicación en libros e xornais (4), tele-visión (4) e edición de CD e DVD (1).

6. BIBLIOTECAO libro de rexistro contabiliza untotal de 52.310 títulos con 58.830volumes; neste reconto están incluí-dos os 14.278 volumes correspon-dentes á Biblioteca Baltar.

O total de títulos da hemerotecachega xa ás 1.862 revistas, e máis de17.000 exemplares informatizados.Nestes momentos o número derevistas abertas é de 95 títulos.

Page 3: Páxinas Informativas - Inicio. Museo do pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/XULLO 2008.pdf · Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García,

Xullo / 3

Este ano ingresou diverso materialdocumental (manuscrito ou impre-so) que non é posible contabilizarpor estar aínda en proceso deinventariado.

Ademais do servizo de consulta electura, a Biblioteca tamén atendepeticións de préstamo para exposi-cións e reprodución de fondos.

7. DEPTO. DE EDUCACIÓN E ACCIÓN CULTURAL

O DEAC mantén os servizos que xaveñen sendo habituais para opúblico non especializado, como oprograma de visitas monitoradas,préstamo de recursos didácticos easesoramento. A cifra de persoasatendidas neste programa superouas 13.000, sendo a maioría gruposde escolares e da terceira idade.

O DEAC segue a responsabilizarsedo seguimento do Proxecto Didác-tico Antonio Fraguas, o que impli-ca a relación cos centros seleccio-nados na 5ª edición, IES Concep-ción Arenal de Ferrol e IES deMelide.

En canto ás actividades, duranteeste semestre o DEAC organizou asseguintes:

— Cantos e Danzas de Reis: obra-doiro infantil realizado en xanei-ro e dirixido por Luís Prego.

— Arqueoloxía para familias: unhaactividade na que participaronpais, nais e nenos ao redor dopatrimonio arqueolóxico galego.Foi dirixido por Xosé Valtierra,asesor do Concello de Vigo.

— Contos e Historias de orixepopular: ciclo de narradorespeninsulares que se desenvol-veu os sábados desde o 10 demaio e ata o 7 de xuño. Os con-vidados son os galegos QuicoCadaval e Celso F. Sanmartín, ozamorano José Luís Gutiérrez“Guti”, o portugués AntonioFontinha e o vasco Joxe MariCarrere. Para esta actividadecontouse coa colaboración doInstituto Camões.

A coordinadora do DEAC asistiu aoFestival de Cinema Documental

Etnográfico da Comarca de Sobrarbe(Huesca), Espiello, onde se montoua exposición O carro e o homecoproducida co CGAI e se lle dedi-cou a sección Panorama a esta cinta.

8. OUTRAS ACTIVIDADES

Algunhas das actividades que serealizaron nas dependencias doMuseo foron:

— 26 marzo mesa redonda encadra-da na exposición Redes de coñe-cemento.

— Durante cinco fins de semanade marzo e abril desenvolveuseun curso de formación en Artepara profesores de secundaria,organizado pola Consellería deEducación e Ordenación Uni-versitaria.

— 14 abril Xornada técnica deMuseos organizada en colabora-ción co Consello Galego deMuseos, na que se presentou osistema DOMUS de documenta-ción e xestión museográfica.

— 6 e 7 maio a produtora Pórticorealizou gravacións para unvídeo encargado pola Presiden-cia da Xunta de Galicia paracelebrar o Día das Letras Galegasna emigración.

— 7 maio presentación do DVD Os batáns do Mosquetín, segun-do unha idea do patrón Xosé M. Lema.

— 14 e 28 maio No marco da expo-sición Historia dunha emigra-ción difusa celebráronse dúasconferencias sobre a emigracióngalega a Portugal, a cargo dosprofesores Camilo FernándezCortizo e Domingo GonzálezLopo.

— Durante o mes de maio o Museoacolleu por segundo ano conse-cutivo a actividade Contos noCamiño, organizada por OQOeditora co patrocinio da S.A. deXestión do Plan Xacobeo. A actividade clausurouse o 29de maio.

Como vén sendo habitual, utiliza-ron as dependencias do Museopara as súas xuntanzas e asembleaso Consello Galego de Museos, aasociación Mámoa de aleitamentonatural, a Fundación Pedrón deOuro, a Asociación Galega deAntropoloxía, a Asociación doTraxe Galego e mais a Asociaciónde Escritores en Lingua Galega.

9. FUNDACIÓN ANTONIO FRAGUAS

Resolveuse a 6ª edición do Proxec-to Didáctico Antonio Fraguas. OXurado decidiu por unanimidadeseleccionar na modalidade deEnsino primario o proxecto Asadiviñas na fala viva do CEIP ACristina de Carballo e, en Ensinosecundario, a proposta do IESTerra de Turonio de Gondomar,Ceibes no monte. O xurado fixotamén unha mención ao proxectoA Mariña luguesa, un produto domar e do barro, presentado poloIES Monte Castelo de Burela.

10. INSTITUTO DE ESTUDOS DAS IDENTIDADES

Segue adiante o proxecto Sons evoces da identidade, consistentena dixitalización, catalogación,estudo e difusión do patrimoniooral. Actualmente están en proce-so de tratamento os fondos de donXesús Mato, correspondentes áprovincia de Lugo. O proxectopresentouse nun seminario cele-brado en Ourense no mes de abril.

Page 4: Páxinas Informativas - Inicio. Museo do pobo Galegomuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/XULLO 2008.pdf · Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García,

Xullo / 4

PREMIOSO profesor Justo Beramendi, presi-dente da Xunta Reitora do Museo,está a colleitar os premios máisimportantes pola publicación da súaobra De provincia a nación. Historiado galeguismo político (Vigo: Xerais,2007). Esta magna investigaciónvaleulle o premio Losada Diéguez emais o Premio da Crítica Galicia.Igualmente, neste ano foille concedi-do o Pedrón de Ouro.

Na primeira convocatoria dos PremiosNacionais da Cultura galega, forongalardoados, entre outros, o patrónManuel Gallego Jorreto no apartadode arquitectura e espazos públicos, eo socio Francisco Díaz-FierrosViqueira na modalidade de pensa-mento e cultura científica.

O Arquivo do Reino de Galicia,membro institucional do Padroado,recibiu o Premio da Crítica Galicia2009 na categoría de Iniciativas culturais.

Por último, cabe facer constar os para-béns ao Museo Provincial de Lugo,tamén membro institucional doPadroado, que neste ano celebra o 75aniversario da súa creación.

DESPEDIDAEn marzo pasado xubilouse ManuelPérez Brocos, empregado municipalque durante vintedous anos veu encar-gándose da recepción do Museo, etamén socio da institución. A súa cali-dade persoal e a súa dedicación foron

recoñecidas nun xantar de despedidaque lle ofreceu o Museo, coa asistenciados membros da directiva e do cadro depersoal. Na asemblea xeral do 31 demaio o Padroado entregoulle un diplo-ma en agradecemento polos leais servi-zos prestados ao Museo.

NOTICIAS CON NOME PROPIO

EXPOSICIÓNSNa lembranza de D. Xesús TaboadaChivite. 1907-200726 xuño-27 xullo 2008O Museo Arqueolóxico de Ourense e oMuseo do Pobo Galego, coa colabora-ción do Grupo Marcelo Macías e o patro-cinio da Consellería de Cultura e Depor-te, homenaxean a D. Xesús Taboada Chi-vite no centenario do seu nacemento.

A vida de D. Xesús Taboada Chivite,vicepresidente que foi do Padroado

do Museo do Pobo Galego, estivoentregada á investigación e ao espalla-mento dos valores culturais de Gali-cia, con especial dedicación á súa bis-barra do Val do Támega. Esta exposi-ción biobibliográfica percorre os fitosmáis importantes do seu acontecer,tanto no persoal como no eido dainvestigación, nun intento de difundire aproximar ás novas xeracións ocoñecemento de como se avanzou naconfiguración da identidade e sepuxeron os alicerces da renovación nainvestigación histórica de Galicia.

O Laxeiro informalista na colecciónAlcalde-VarelaOrganiza: Fundación LaxeiroInauguración: 10 xullo, 20:00h; ata o31 de agosto

No ano do centenario do nacemento deLaxeiro, a Fundación Laxeiro propónunha aproximación á súa obra, aten-dendo a tres criterios: investigación,

coa edición do catálogo razoado uni-versal; divulgación, coa organizacióndas actividades para escolares "Coñecea Laxeiro", e programación, coa organi-zación de diversas exposicións, nasede da Fundación e noutros museos einstitucións de Galicia.

O Museo do Pobo Galego acolle unhamostra que aborda a etapa informalistado artista de Lalín, que arrinca a partirda súa viaxe a Bos Aires en 1951 e rema-ta en 1970. A colección Alcalde-Varelaé, probablemente, a colección particularmáis completa de obra de Laxeiro.

4, 12, 15, 19 e 23 de xullo ás 18:00h:Concertos express, dentro do programado III Festival Via Stellae. Patrocinan:Consellería de Innovación e Industria –S.A. de Xestión do Plan Xacobeo

ACTIVIDADES DO MUSEO

OUTRAS ACTIVIDADES

NECROLÓXICAInformamos con pesar do falecemento do socio Felipe Molinero Gil. Moi coñecidoe estimado en Compostela, nos medios periodísticos e no ámbito asociativo vincu-lado á natureza e ao deporte, Felipe Molinero, natural de Bilbao, exerceu durante osúltimos vinte anos a profesión de xornalista, primeiro na delegación local de El Ideal Gallego, e desde 1997 como xefe de prensa do Concello compostelán.