Paz 2013

11

Transcript of Paz 2013

Page 1: Paz 2013
Page 2: Paz 2013

O DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E DA PAZ (DENIP) é o 30 de xaneiro.

Empezouse a celebrar, grazas ao educador Llorenç Vidal Vidal, no ano 1964 en España. O 30 de xaneiro é o aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

Cada ano, desde 1964, o día 30 de xaneiro é o Día da Paz e Non Violencia en commemoración do asasinato a tiros de Mahatma Gandhi en 1948.

Llorenç Vidal Vidal foi educador, poeta e pacifista mallorquín que fixo o posible para difundir a mensaxe da paz a través da súa iniciativa. Creada por él en 1964 é recoñecida polo Ministerio de Educación e Ciencia en novembro de 1976.

Page 3: Paz 2013

Mahatma Gandhi

Madre Teresa de Calcuta

Page 4: Paz 2013

Nelson Mandela

Albert Einstein

Page 5: Paz 2013

Juan Pablo ll

Martin Luther King

Page 6: Paz 2013

Un símbolo da paz é:

A pomba da paz cun ramo de olivo no peteiro.

Outro símbolo é:

O CDN (campaña para o desarme nuclear) é un círculo con tres raias.

Page 7: Paz 2013

A pomba:

Na Biblia lemos como Noé enviou unha pomba despois do diluvio para atopar algún sinal de vida, a pomba volveu con algunhas follas de olivo no peteiro, coma un sinal de que a Terra voltaba a ser verde e todo era paz despois da tempestade.

O CDN:

En 1958, o desiñador británico Gerald Holtom recibe o encargo de crear un símbolo para a primera manifestación a favor do desarme nuclear. Despois foi utilizado polos hippis.

Page 8: Paz 2013

•A paz comeza cunha sonrisa (Madre Teresa de Calcuta).

•Non hai camiño para a paz. A paz é o camiño (Mahatma Gandhi).

•O home feliz é aquel que sendo rei ou campesiño encontra a paz no seu fogar (Juan Pablo ll))

•A paz esixe catro condicións: verdade, xustiza, amor e liberdade (Pablo vl).

•Non basta con falar da paz. Un debe crer nela e traballar para conseguila (Mahatma Gadhi).

• Perdoar é o valor dos valentes.(Gandhi)

•Soamente, podes ter paz si ti a proporcionas (Madre Teresa de Calcuta).

•Entrar na paz consigo mesmo é o medio mais seguro de comenzar a estar en paz cos demais (Marie von Edner – Eschenbach).

•Si queres a paz, prepara a guerra (anónimo)

• Non hai paz sen xustiza, non hai xustiza sen perdón (Dalai Lama)

Page 9: Paz 2013

MOHANDAS KARAMCHAND GANDHI.

Mohandas Karamchand Gandhi tamén chamado Mahatma Gandhi.

Naceu o 2 de outubro de 1869 en Porbandar ( INDIA) e faleceu o 30 de xaneiro de 1948 en Nova Delhi (CAPITAL DA INDIA) a os 79 anos de idade.

Estudou Dereito na Universidade de Londres e pasou a traballar como avogado.

Comenzou a predicar a non violencia activa e inventou unha forma de protestar pacífica “A loita de fame.”Foi detido varias veces porque quería a paz e que se trataran a todas as personas por igual.

O que Gandhi fixo pola paz:Esinou a construir unha sociedade mais humana.Educou as nenas, nenos, adolescentes e mozos a convivir en paz..Evitaba os desordes e os motíns.

Gandhi gañou o premio Nobel da Paz, cando xa falecera pero déronllo a outra persoa, anque o xurado dixo que o premio era para Gandhi.Gandhi faleceu o 30 de xaneiro de 1948, asesinado por Nathuron Godse, o corpo foi queimado e as súas cinzas botadas no río Gánxes.

Page 10: Paz 2013

TERESA DE CALCUTA

Teresa de Calcuta naceu como Anges Gonxha Bojaxhiu en Skopje (REPÚBLICA DE MACEDONIA) o 26 de agosto de 1910 e faleceu en Calcuta (INDIA) o 5 de setembro de 1997 aos 87 anos de idade.

Foi unha relixiosa católica albanesa coñecida pola súa labor humanitaria na India. Foi beatificada polo Papa Xoán Paulo II en 2003.

Cando tiña trinta anos fíxose misioneira. En Irlanda recibiu o nome de Irmá María Teresa de Calcuta.

En 1928 decidiu que dedicaría a súa vida a Deus. Foi entón cando cambiou o seu nome a “Teresa”. Comenzou a preucuparse polos pobres da cidade de Calcuta (India). Isto levouna a formar un grupo co obxectivo de axudar aos marxinados da sociedade, especialmente enfermos, pobres e persoas que non tiñan fogar.

En 1979 recibiu o premio Nobel da Paz, pola súa loita e a axuda aos necesitados e aos máis pobres.

Na súa morte acudieron 4.000 Misioneiras da Caridade.

Page 11: Paz 2013

FEITO POLAS NENAS E NENOS DE 6º DO C.E.I.P. “CASTRO DE OURO” (ALFOZ)

MARÍA, ZAIRA, CLARA, MANUELÁLVARO, LUCÍA, SONIA, EVA