PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e...

17
PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA 10 000 BC. (2008). Película sen ningún rigor histórico pero da que se pode aproveitar o inicio para reconstruír o modo de vida dos cazadores paleolíticos. Era a época no que o gran mamut percorría a terra e cando xurdiron as primeiras ideas e crenzas da humanidade. Ao, el último Neandertal (2010). Ao, un cazador nómade que vive en harmonía coa natureza, percorre Europa en busca dos últimos superviventes do seu clan. Os homo sapiens rexéitano polos seus trazos físicos, pero el acaba por namorarse de Aki, unha homo sapiens que acaba de ter un fillo. El clan del oso cavernario (1985). Ayla, unha nena cromagnon de 5 anos, queda illada da súa tribo logo de ser producir un terremoto sendo acollida por un grupo de neandertales. Ayla, que pertence a unha especie máis desenvolvida intelectualmente, achega os seus coñecementos o clan de acollida, pero as súas cualidades acaban por provocar o rexeitamento e a expulsión do grupo, de modo que debe sobrevivir por si mesma sen a axuda do clan.

Transcript of PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e...

Page 1: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA

10 000 BC. (2008). Película sen ningún rigor histórico pero da que se

pode aproveitar o inicio para reconstruír o modo de vida dos

cazadores paleolíticos. Era a época no que o gran mamut percorría a

terra e cando xurdiron as primeiras ideas e crenzas da humanidade.

Ao, el último Neandertal (2010). Ao, un cazador nómade que vive

en harmonía coa natureza, percorre Europa en busca dos últimos

superviventes do seu clan. Os homo sapiens rexéitano polos seus

trazos físicos, pero el acaba por namorarse de Aki, unha homo

sapiens que acaba de ter un fillo.

El clan del oso cavernario (1985). Ayla, unha nena cromagnon de 5

anos, queda illada da súa tribo logo de ser producir un terremoto

sendo acollida por un grupo de neandertales. Ayla, que pertence a

unha especie máis desenvolvida intelectualmente, achega os seus

coñecementos o clan de acollida, pero as súas cualidades acaban por

provocar o rexeitamento e a expulsión do grupo, de modo que debe

sobrevivir por si mesma sen a axuda do clan.

Page 2: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

En busca del fuego (1981). A invención do lume foi un dos grandes

avances técnicos da Prehistoria. Na película, tres tribos de homínidos

buscan fórmulas para conseguir facer lume.

Hace un millón de años (1966). Película de aventuras con graves

erros históricos animada polas espectaculares loitas de dinosaurios e

o escultural corpo da actriz Raquel Welch e as aventuras amorosas de

Tumak –expulsado do seu clan por pelexar co seu pai- e Loana –

membro da tribo que o acolle-. Os grupos dos primeiros homínidos

debían sobrevivir en loita cos grandes depredadores e as tribos rivais.

La guerra del hierro (1983). O descubrimento do ferro permitiu

elaborar con este metal ferramentas de traballo fixo deste metal unha

poderosa armaHace 20.000 años, cuando la humanidad luchaba día

tras día por la supervivencia, se descubrió el hierro, que se convirtió

en laq nueva materia prima para fabricar armas y herramientas de

trabajo. (FILMAFFINITY)

Los hermanos pobres de Conan Ollo!

Los forjadores del mundo (1983). Na idade prehistórica, dúas

tribos de homes cavernícolas, que consideran os osos como

mensaxeiros dos deuses, manteñen unha gran rivalidade. Son os

Kon e os Akray, cortadores de cabezas que practican o

canibalismo. (FILMAFFINITY)

Page 3: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

PELÍCULAS AMBIENTADAS NO ANTIGO EXIPTO

Cleopatara (1963). Esta gran superprodución merecedora de

numerosos premios recrea a época na que o vitorioso Xulio César

vai a Exipto para tratar de evitar a guerra civil entre Cleoptara e seu

irmán que comparten o poder naquel país. A raíña cautiva coa súa

beleza ao militar romano, que a proclama raíña absoluta de Exipto e

coa que casará logo do nacemento do fillo de ambos, Cesarión.

Cleopatra (2007). Nesta versión, o filme centra a súa atención nos

esforzos da raíña Cleopatra por manter a identidade helenística de

Exipto e a súa independencia do poder de Roma.

El píncipe de Egipto (2000). Película de animación que narra a historia

de Moisés, un bebé hebreo abandonado no río Nilo pola súa nai e atopado

pola esposa do faraón, que decide crialo como fillo propio. Cando Moisés

descubre a verdade do seu nacemento, confuso e desorientado, fuxe ao

deserto, onde recibe a chamada de deus para que libere os escravos hebreos

do xugo dos exipcios. Pero o novo faraón, Ramsés, co que se criara de

neno, non está disposto a liberalos.

Page 4: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

Exodus: dioses y reyes (2014). Biografía de Moisés, o hebreo que

conseguiu liberar os hebreos escravizados polos exipcios

conducíndoos fóra das fronteiras dos dominios do faraón.

Faraón (1966). Durante o imperio novo Exipto está atravesando

unha crítica situación polos ataques dos asirios e o empobrecemento

crecente da poboación. Nesta situación, o faraón decide enfrontarse

ao poderoso corpo dos sacerdotes que acumulaban inmensas

riquezas nos templos. Pero as reformas que pretendía establecer o

faraón foron anuladas polos sacerdotes.

La reina del sol (2007). Película de animación e aventuras

ambientada na época do reinado do faraón Akhenatón e Nefertiti.

Los diez mandamientos (1956). A película foi unha das maiores

superproducións na época e narra a historia de Moisés, o hebreo

rescatado das augas do Nilo e criado na familia dos faraóns, pero

cando coñece a súa historia decide renunciar á súa vida de

privilexios e conducir o pobo dos hebreos á Terra Prometida da que

falaba a Biblia.

Los diez mandamientos (2007). Película de animación centrada na

vida de Moisés, o hebreo que libera a seu pobo da escravitude na que

vivían en Exipto e o conduce á liberdade.

Page 5: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

Nefertiti, reina del Nilo (1961). Historia novelada da raíña Nefertiti,

esposa do faraón Akhenatón, o impulsor da reforma relixiosa que

impuxo o monoteísmo relixioso de Atón. Pero os sacerdotes dos

outros deuses rebeláronse e provocaron unha guerra que

ensanguentou o país durante anos.

Ramses (2007). Película de animación sobre as guerras dos exipcios

contra os hititas e das ambicións dos sacerdotes polo control do

poder no país do Nilo.

Sinué el egipcio (1954). Adaptación irregular ao cine da famosa

obra do mesmo título de M. Waltari que narra a vida dun humilde

orfo que acaba por converterse nun afamado médico que dedica a

súa vida a aliviar a dor dos pobres. Cando Sinué e seo amigo

Horemheb salvan das fouces dun león ao faraón, este, en

agradecemento, introdúceos na súa corte.

Tierra de faraones (1955). O faraón Keops ordena construír a

pirámide onde, tras a súa morte, repousarán seus restos e desexa que

sexa unha obra que supere en grandeza a calquera feita ata entón.

Pero as canteiras esgótanse e para completar a obra decide cobrar

tributos a Chipre. Como a illa non ten recursos, envía a súa raíña, que

acabará casando co faraón. Pero a fermosa raíña Nellifer acabará

vítima das súas intrigas e ambicións, sepultada en vida co propio

faraón na gran pirámide.

Page 6: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

PELÍCULAS AMBIENTADAS NA GRECIA ANTIGA

7 espartanos (1962). Aventuras de Darío, quen conseguiu a súa

liberdade polo valor mostrado nas loitas de gladiadores en Roma.

Cando regresa a súa patria, Esparta, descobre o asasinato de seu pai

por parte de Hiarbaa, quen pretende tamén asasinar a Darío para

casar coa súa prometida.

300 (2006). Adaptación do cómic de Frank Miller sobre a famosa

batalla das Termópilas que tivo lugar no ano 480 a. C. Foi a batalla

que enfrontou ao poderoso exército persa de Xerxes e os exércitos

aliados de Atenas e Esparta e que rematou coa vitoria dos gregos, a

pesar de ser moi inferiores en número.

300. El origen de un imperio (2014). Durante as guerras médicas

que enfrontaron a gregos e persas, o xeneral Temístocles trata de

conseguir a unidade dos helenos como única vía para poder vencer o

poderoso exército de Xerxes e evitar así a conquista de Grecia.

Page 7: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

Alejandro Magno (2004). Versión bastante libre da vida e

conquistas de Alexadre Magno, fillo de Filipo de Macedonia e o

gran difusor dos valores helénicos nas terras incorporadas ao seu

inmenso imperio. A película destaca a personalidade do protagonista

e a relación cos seus pais e amigos máis próximos.

Alejandro Magno (1956). Alejandro Magnoun maedonio educacdo

por sabios gregos como Aristóteles e admirador da cultura helena foi

un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu

formar un inmenso imperio grazas ás numerosas batallas gañadas aos

seus inimigos.

El coloso de Rodas (1961). Mentres Darío, o heroe grego, está

descansando en Rodas, comeza unha revolta de escravos que tratan

de liberarse do dominio do tirano que goberna a illa e que busca a

alianza dos fenicios para dominar a revolta. Pero os escravos contan

coa axuda do heroe.

El joven Hércules (1998). A película narra as aventuras de Hércules

cando aínda é un mozo que se exercita no combate na academia de

Quirón. Alí coñcerá a Jasón, fillo do rei de Argos, a quen axudará no

intento de localizar o prezado vellocino de ouro.

El león de Esparta (1962). No ano 480 a.C. os valorosos gregos, moi

inferiores en número, enfrontáronse ao poderoso exército dos persas

na batalla das Termópilas. Contra todo pronóstico, o éxito foi para os

gregos que impediron así a conquista do seu país.

Page 8: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

El monstruo de Creta (1960). A película está baseada nun dos mitos

gregos, a lendo do Minotauro, un ser metade touro e metade home,

que habita nunha laberíntica morada en Creta. Para mantelo contento,

o tirano rei da illa debe sacrificar no seu honor o maior número

posible de virxes. O heroe Teseo, coa axuda de Ariadna, intentará

acabar coa súa vida penetrando no labirinto.

Electra (1962). Adaptación da traxedia grega "Electra" de Eurípides

que narra o regreso do rei Agamenón ao seu reino, Argos, rematada

a guerra de Troia. Durante a súa ausencia, a raíña Clitemnestra, nai

de Electra e Orestes, namorouse do cruel Egisto e os dous amantes

preparan o asasinato do lexítimo rei.

Furia de titanes (1981). A película recrea mitos e lendas do olimpo

grego. Cando o rei de Argos decide sacrificar a súa filla Dánae e a

seu neto Perseo, Zeus decide salvalos e arrasar a cidade. Perseo

crece feliz ata que a deusa Thetis, para vingarse de Zeus que

castigou a seu fillo Calibos cunha horrible deformidade, secuestrado

e o abandona á súa sorte. Entón Zeus ordena aos deuses que ofrezan

regalos a Perseo para que poida defenderse, armas coas que poderá

facerse invisible e invulnerable.

Furia de titanes (2010). Remake da película do mesmo título de

198. Adaptación libre do mito de Perseo, fillo de Zeus e Dánae. A

nai e o fillo son encerrados nun cofre polo avó, Acrisio, e chimpados

ao mar. A corrente lévaos ata a illa de Sérifos onde Perseo se cría ata

que coñece cal é o seu destino, marcado polos deuses, e ten que

iniciar un longo camiño cheo de dificultades que terá que ir

superando.

Hércules (1997). Película de animación sobre o personaxe deste

heroe grego, fillo dos deuses Hera e Zeus. Enviados do Hades

conseguen sacalo do Olimpo para eliminarlle a súa inmortalidade.

Hércules terá que superar numerosas probas ata que poida retornar á

súa morada no Olimpo, a morada predilecta dos principais deuses.

Page 9: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

Hércules, el origen de la leyenda (2014). A mitoloxóa grega creou o

mito de Hércules, fillo da raíña Alcmena e de Zeus, o pai dos deuses

olímpicos. Descoñecedor da súa auténtica identidade, Hércules sofre

do desprezo do rei Anfitrión que favorece sempre a seu fillo

lexítimo, Ificles, pero a súa forza e sagacidade conseguirán o seu

triunfo.

Ifigenia (1977). Adaptación da traxedia grega de Eurípides "Ifigenia

en Aulide", centrada nos episodios da preparación do inicio da

guerra de Troia, cando as tropas dos aqueos estaban a organizar a

súa partida desde Áulide. A deusa Artemisa, furiosa porque os

gregos mataron a una animal que ela protexía, calmou os ventos de

modo que os barcos non podían navegar esixindo, para que volvesen

a soprar, o sacrificio de Ifigenia, filla do rei Agamenón, situación

dramática pola decisión que debe tomar.

Inmortales (2011). Aventuras ambientadas nun imaxinario ataque

do brutal rei Hiperión a Grecia para conseguir unha arma que ten un

poder extraordinario: o arco Epiro feito polo deus Ares no Olimpo.

Quen posúa este arco poderá liberar os Titáns, que desde o comezo

dos tempos están encerrados no monte Tártaro. Pero o arco, en mans

de Hiperión significaría a fin da raza humana, de modo que Zeus

decide encomendar ao campesiño Teseo a misión de acabar co

tiránico rei.

Jasón y los argonautas (1963). O mito de Jasón vai unido ao dos

seus compañeiros de navegación, os argonautas, cos que viaxa e

supera numerosas probas que os deuses poñen no seu camiño.

La batalla de Maratón (1959). No contexto das guerras médicas, que

enfrontaron a gregos e persas, as pequenas cidades helenas, aliadas e

dirixidas por Atenas, conseguiron gañar unha importante batalla, a de

Maratón, derrotando ao poderoso exército dirixido por Darío.

Page 10: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

La guerra de Troya (1961). Segundo a mitoloxía grega, o amor de

Paris e Helena desencadeou unha das guerras máis longas e de

maiores consecuencias para o mundo heleno, a guerra de Troia,

guerra na que participaron os máis destacados heroes gregos e

troianos.

La ira de Aquiles (1962). Durante o décimo ano da guerra de Troia,

a tensión entre Aquiles e Agamenón foi en aumento, situación que

provocou a división entre os gregos e o risco de derrota.

La leyenda de Eneas (1962). Eneas e un grupo de fuxitivos que

logran escapar de Troia, chegan ás ribeiras do río Tíber e fundan

unha cidade, a futura Roma, concibida como a cidade ideal na que

reinaría a paz e a tranquilidade, pero que cambiaría o seu primeiro

proxecto por outro máis bélico e dominante.

Las troyanas (1971). Rematada a guerra de Troia coa caída da

cidade en mans dos aqueos, as mulleres troianas deben afrontar un

duro destino: o de ser convertidas en escravas e trasladadas ás cortes

dos príncipes gregos.

Lisístrata (2002). As cidades de Atenas e Esparta están librando

unha interminable guerra. Para pór fin a este conflito, Lisístrata

convence ás mulleres de ambos bandos para que inicien unha folga

de sexo, estratexia que dará o seu froito.

Page 11: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

Medea (1969). Adaptación da traxedia grega de Eurípides na que se

mostra o contraste entre dous mundos: o representado pola maxia de

Medea e o racional que encarna Jasón.

Troya (2004). No ano 1193 a.C., Paris, príncipe de Troia e fillo de

Príamo, rapta a Helena, esposa de Menelao, rei de Esparta, o que

desencadea a guerra de Troia, na que se enfrontaron gregos e troianos

durante máis de dez anos. No bando grego destacou o heroe Aquiles

e no dos troianos Héctor, fillo maior de Príamo. A película narra

algúns destes episodios da máis famosa das guerras da antigüidade.

Ulises (1954). Adaptación da “Odisea” de Homero. Tras a

finalización da guerra de Troia coa vitoria dos gregos, un dos seus

heroes, Ulises, navegou durante anos para poder regresar á súa patria,

Ítaca, pois os deuses puxeron no seu camiños numerosos obstáculos

que alongaron a viaxe durante máis de 10 anos.

Page 12: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

PELÍCULAS AMBIENTADAS NA ROMA ANTIGA

A la sombra de las águilas (1966). Aventuras de guerra e amores

entre romanos e tribos bárbaras establecidas nas zonas de Iliria e

Panonia. A superioridade das armas romanas conseguen sufocar a

revolta dos bárbaros.

Ágora (2009). No século IV a.C. a cidade exipcia de Alexandría era

o centro máis destacado da ciencia e a súa biblioteca a máis completa

da época. Alí investiga a astrónoma Hipatia, que loita por salvar a

ciencia legada polos antigos gregos, pero a intolerancia relixiosa e a

incultura acabar por impoñerse a través da destrución e a morte de

quen trata de explicar as verdades científicas con razoamentos.

Aníbal, el peor enemigo de Roma (2006). Aníbal foi o dirixente

cartaxinés que conseguiu frear o avance de Roma e levar o seu

exército ás portas da capital do imperio grazas á posta en práctica de

hábiles e novidosas estratexias de combate.

Page 13: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

Año 79: la destrucción de Herculano (1962). Desde mediados do

século I o cristianismo avabza en adeptos a pesar das dificultades que

interpoñen as autoridades imperiais. A película narra os amores do

tribuno Marco Tiberio, namorado de Livia, unha escrava convertida

ao cristianismo. Pero todas as dificultades cesarán pola erupción do

volcán Vesubio no ano 79.

Asesinato de Julio César (1970). O poder que en Roma estaba

conseguindo reunir César orixina o receo de varios patricios

romanos, que temen que acabe actuando como un tirano. Por iso

organizan unha conxura para asasinalo e o encargado será Bruto no

ano 44 a.C.

Atila, el rey de los hunos (2001). Atila foi un dos máis destacados

xefes do pobo dos hunos que se enfrontou aos exércitos romanos e

conseguiu importantes éxitos. Chegou a establecerse ás portas de

Roma, pero non atacou a cidade e acabou sendo derrotado polos

exércitos romanos aliados cos visigodos.

Augustus: el primer emperador (2003). O cónsul Octavio acabará

proclamándose Augusto, o primeiro emperador de Roma, tras o

asasinato de Xulio César e a derrota de Marco Antonio. Iniciábase así

unha nova etapa na historia de Roma, a do imperio e Ocatavio

tomará o sobrenome de Austusto.

Bajo el signo de Roma (1957). No ano 272 d.C. o emperador

Aureliano quere someter os habitantes de Palmira, reino gobernado

pola raíña Zenobia. Con intrigas e presións, Palmira converterase

nunha nova provincia do imperio e Zenobia esposa do emperador.

Page 14: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

Ben-Hur (1959. Acción ambientada durante o mandato dos

emperadores Octavio Augusto e Tiberio, no século I d.C., e

protagonizada por Ben-Hur, fillo dunha acomodada familia de

Xerusalén, e Mesala, un tribuno romano que dirixe os exércitos de

ocupación. Son amigos, pero un accidente involuntario convérteos

en inimigos irreconciliables. Ben-Hur e a súa familia sufrirán moitas

penalidades pola falsa acusación de atentar contra a vida do novo

gobernador romano. É a película con máis Óscar (11) da historia.

Cartago en llamas (1960). Narra a historia da destrución de Cartago,

a cidade que encabezou a resistencia á expansión romana polo

Mediterráneo ao longo das tres guerras púnicas. Pero a guerra non é

óbice para que o amor xurda mesmo entre parellas de bandos

opostos.

Centurión (2010). No ano 117 d.C. na Bretaña, un grupo de soldados

romanos que foron atacados e dezmados polo ataque das tribos

indíxenas, trata de sobrevivir. Liderados por Quintus Dias tratan de

chegar á fronteira e poñerse a salvo antes que a vingativa Etain acabe

con eles.

El último gladiador (1964). O exército romano do emperador

Calígula conquista Bretaña e captura como escravo a Glauco, ao que

levan a Roma para que loite como gladiador. A fortaleza do escravo

consegue que saia vitorioso de numerosos combates, pero terá que

superar duras probas antes de poder retornar cos seus e liberar a súa

familia.

Espartaco (1960). Este filme, que recibiu numerosos premios, narra

a rebelión dos escravos romanos liderados por Espartaco nos anos

73-71 a.C. Espartaco, un escravo de Tracia que fora vendido como

gladiador, conseguiu levantar a miles de escravos e o movemento

puxo en serias dificultades ao goberno da república romana.

Finalmente a revolta foi sufocada e centenares de escravos

condenados a morrer crucificados.

Page 15: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

Gladiator (2000). Esta é unha das películas ambientadas no mundo

romano que mereceu numerosos premios e nominacións. A través da

vida de Máximo Décimo Meridio, un leal xeneral hispano que,

debido ás intrigas entre o emperador Marco Aurelio e seu ambicioso

fillo Cómodo, foi convertido en escravo. Máximo trunfa como

gladiador mentres trata de vingar a morte da súa familia e a do seu

propio emperador, asasinado polo seu fillo Cómodo.

Golfus de Roma (1966). Visión cómica en clave de comedia musical

sobre as peripecias dun astuto escravo que, para gañase a liberdade,

ofrécese ao seu amo para axudalo a conquistar os amores dunha

moza da que está namorado.

Julio Cesar (1953). Adaptación ao cine da obra teatral de

Shakespeare do mesmo nome sobre a concentración de poder que foi

acumulando Xulio César unha vez rematada a guerra civil que o

enfrontou a Pompeio. No ano 44 a.C. varios patricios romanos, entre

os que destacaban Casio e Bruto, organizaron unha conxura contra

quen se estaba convertendo en ditador e organizaron a súa morte.

Katherine of Alexandria (2014). Historia novelada na biografía

desta mártir cristiá do século V condenada por criticar publicamente

os deuses romanos.

La batalla de Germania (1967). Película bélica na que se mostra o

enfrontamento entre os exércitos romanos do emperador Augusto e

as tribos bárbaras dos teutóns dirixidos por Arminius.

Page 16: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

La legión del águila (2011). Adaptación ao cine da novela de

Rosemary Sutcliff sobre a vida dun lexionario romano e un escravo

celta que van en busca da Lexión IX, corpo de exército que

desaparecera no norte de Escocia e que estaba dirixida polo pai do

lexionario protagonista.

La túnica sagrada (1953). No século I, durante o reinado do

emperador Tiberio, o nobre Marcelo disputa con Calígula, fillo e

herdeiro do emperador, e consegue arrebatarlle ao escravo grego

Demetrio. Como castigo pola ousadía, Marcelo é enviado como

tribuno a Palestina chegando pouco despois de que o gobernador

Poncio Pilato condenase a Cristo a morrer crucificado.

La vida de Brian (1979). Divertida comedia e intelixente sátira que

relata a vida dun desastre de home, contemporáneo de Cristo, ao que

o pobo confunde co Mesías.

Los últimos días de Pompeya (1959). Glauco, un centurión romano,

regresa á súa casa de Pompeia e atópase con que foi incendiada por

un grupo de cristiáns. Para pedir xustiza acode ao edil e coñece á súa

filla, a fermosa Elena.

Marco Antonio y Cleopatra (1972). Marco Antonio coñece a

Cleopatra, a raíña de Exipto, durante a campaña militar de conquista

do norte de África e namórase dela. Tras recibir tristes noticias sobre

membros da súa familia, regresa Roma para unirse a Lépido e a

César Octavio contra Pompeio.

Page 17: PELÍCULAS AMBIENTADAS NA PREHISTORIA · un dos máis destacados conquistadores do mundo antigo e conseguiu ... marcado polos deuses, ... el origen de la leyenda (2014).

Pompeya (2014). Historias e amores en Pompeia no ano 79 a.C.

cando o Vesubio entrou en erupción e sepultou a cidade baixo unha

capa de cinzas e lava.

Quo vadis (1951). Gran superprodución dos anos 50 con

espectaculares carreiras de cuadrigas en amplos escenarios. A trama

está centrada nas dificultades do xeneral romano Marco Vinicio e

Ligia porque ela é cristiá, todo elo no medio dun mundo romano do

que se destacan interesantes aspectos.

Salambó (1960). A acción sitúase no século III a. C. en Cartago,

cidade que contrata uns mercenarios para enfrontarse a Roma. Pero

Cartago, debilitada tras a derrota da primeira guerra púnica, non pode

cumprir as promesas feitas aos mercenarios e estes atacan a cidade.

Salambó, a filla do cartaxinés Amílcar Barca, tratará de recuperar o

veo sagrado de Cartago que os mercenarios roubaron.

Titus (1999). O xeneral romano Titus Andrónicus regresa a Roma

tras a vitoriosa campaña contra os godos. Para celebralo, sacrifica

aos deuses o fillo do caudillo vencido. A hora da vinganza de

Tamora, a súa nai, chegará cando Saturninus é nomeado emperador

e case con ela.