Periodico 08

74
C.E.I.P. Domaio Curso 2007-2008 Nº 13

description

Revista escolar curso 08

Transcript of Periodico 08

Page 1: Periodico 08

C.E.I.P. Domaio Curso 2007-2008

Nº 13

Page 2: Periodico 08

Tomás, dende o percorrido que contigo fixemos polo bosque de Piñeiros Mansos no que tanto andabas cando neno, non te voltamos a ver. Agora sabemos que é para sempre... Sentímolo.... Pero aquel día e os que nos acompañaches ó monte cando iamos plantar árbores, fixeches que cada vez que miremos a Natureza que nos rodea teñamos por forza que pensar en tí. Tomás ti eres para nós coma un mensaxeiro, un Mensaxeiro de Vida, pois escoitándote, facíasnos sentir mimetizados con toda a vida que os nosos Montes tanto nos ofrecen e que a miudo esquecemos. E ó voltar por calquera espazo ceibe, escoitaremos a túa voz que dí “deixar no monte o que é do monte”. Este manifesto de respecto á mínima herba, á insignificante pedra, ó máis pequeno insecto, sí Tomás este fervor que tí sentías polos nosos Montes e no que neles habita, ou simplemente alí está, facíate grande, tan grande coma o sentimento de liberdade que nos envolve cando acadamos os cumios das montañas. Tomás, dende o Noso Colexio, tentaremos continuar loitando por ese amor que ti nos transmitías polo Monte. Unha aperta. Alumnos e mestres do CEIP Domaio

Page 3: Periodico 08

Sumario Educación Infantil 3 anos. O samaín...................................................................... 2 – 7 Educación Infantil 4 anos. O xardín...................................................................... 8 – 11 Educación Infantil 5 anos. Aprendemos a convivir......................................12 – 15 Pasteleiros por un día...............................................................................................16 – 17 Cada nome coa sús rima.................................................................................................. 18 Viaxe en tren......................................................................................................................... 19 Visita o monte veciñal de Domaio, 1º 2º e 3º............................................... 20 – 21 Estes son os nenos/as de 2º...........................................................................................22 Rimas e poesías...........................................................................................................23 – 25 Unha viaxe fantástica...............................................................................................26 – 27 Unha historia de conductas cívicas.............................................................................28 Noticia nos xornais.............................................................................................................29 A historia da miña planta.................................................................................................30 Unha experiencia moi sabrosa.......................................................................................31 Rimas sobre o marmelo....................................................................................................32 Educación Física..........................................................................................................33 – 36 “O Magosto”............................................................................................................................37 Rimas e poemas do magosto..................................................................................38- 39 Xosé María Alvarez Blázquez...................................................................................40 -41 IX Certamen Cartas De Amor.................................................................................42 – 43 Actividades da Biblioteca .......................................................................................44 – 46 Un acontecemento especial..............................................................................................47 O xogo do tornillo................................................................................................................48 “ O Nadal”................................................................................................................................49 Os desexos dos nenos/as de 4º para un mundo mellor..............................50 -51 Viaxamos coa familia..........................................................................................................52 “ O Entroido”...........................................................................................................................53 Conto solidario “Fátima unha intrépida exploradora”................................54 – 55 Rimas do entroido.................................................................................................................56 Un obradoiro de piñeiros mansos.................................................................................57 Un ecosistema “O Bosque”..........................................................,....................................58 O papel tes que reciclar.....................................................................................................59 Non tires o aceite usado... .............................................................................................60 Matemática – consumo –ecoloxía...................................................................................61 Andrés Reboreda e a compostaxe doméstica.................................................62 – 63 A páxina da nutrición .........................................................................................................64 Nós os de 6º...................................................................................................................65 - 68

1

Page 4: Periodico 08

EDUCACIÓN INFANTIL 3 ANOS. O SAMAIN Somos os nenos e nenas de 3 anos, este e o primeiro curso que estamos no cole de Domaio, e a primeira vez que participamos no concurso de cabazas que se celebra no cole polo samaín.

¡ Que sorpresa ver unha cabaza tan grande!. Imos contarvos como fixemos a nosa cabaza.

Coa axuda de Fátima comezamos a cortar a cabaza. 2

Page 5: Periodico 08

Entre todos quitámoslle as sementes e toda a carne que tiña dentro. ¡ foi un pouco pringoso!

Despois pintámoslle a boca e os ollos, puxémoslle o nariz e un gorro cun pouco de lá e a cabaza transformouse nunha cara de pallaso.

¡ Que divertido foi pintarnos! E parecernos a pallasos.

¿Sabedes o que nos deu un pouco de medo? Cando vimos as cabazas a escuras cunha candea dentro saíndolle a luz polos ollos e pola boca. 3

Page 6: Periodico 08

Coas cabazas que participaron no concurso fixemos unha exposición na entrada do colexio

entrada quedou fermosísima co ecorado e coa cantidade de abazas que había .

As había moi graciosas (pallasos,

daban un pouco de medo (dragons, vampiros, arañas, piratas...)

Despois os nenos/as de primaria fixeron unha votación para elixir as cabazas que máis lle gustaban. ¡Que seriedade!

ta tiñan unha urna.

Estas son as preferidas polosnenos/as do colexio.

4

¡ Que marabilla ¡ ¡cantas cores.!

Adc

enfermosm,osos...) e outras que

¡ Canto traballo! ¡Que imaxinación!

A

Page 7: Periodico 08

Debuxos da cabaza pallaso vista polos nenos de 3 anos.

5

Page 8: Periodico 08

LUCIA

Educación Infantil 3 anos. Une cada cabaza coa súa foto e colorea.

6

GUI

MARA

JAVIER

NOELIA

LUCIA

LAURA

Page 9: Periodico 08

7

IKER

ALEX

PABLO

IRIA

SERGIO

AITOR

XIAN

Page 10: Periodico 08

Educación Infantil .4 anos

Apareceu na clase unha cesta con bulbos. ¡Que sorpresa¡ que ben envoltos están. Pensando todos decidimos facer un xardin asi que mans a obra, ¡a plantalos¡

8

Page 11: Periodico 08

Fran foi a buscar as ferramentas para traballar.

Pusémonos todos a traballar. 9

Ímola a plantar e xa veremos que nace.

¿Qué semente será esta?

Page 12: Periodico 08

10

Imos apretar ben a terra

Page 13: Periodico 08

E co tempo apareceu o xardín

Coloreame

11

Page 14: Periodico 08

12

Page 15: Periodico 08

13

Page 16: Periodico 08

14

Page 17: Periodico 08

15

Page 18: Periodico 08

¡¡ PASTELEIROS POR UN DÍA !!

Os nenos e nenas de primeiro fomos á panadería CORDO. A panadería chámase igual que o segundo apelido do noso compañeiro Fran. A súa nai e a súa tía son as panadeiras. Alí aprendemos a facer madalenas, esta é a receita. Ingredientes:

- ovos - azucre - sal - aromas de laranxa ou limón - aceite - fariña

Modo de elaboración: - Bater o azucre, os ovos, o sal e os aromas moi rápido e bastante tempo. - Despois botamos o aceite e batemos un pouco mais. - Engadimos a fariña e batemos mais lento. - Metemos a pasta nunha manga pasteleira e enchemos as cápsulas, que son os

moldes. - Metémolas no forno durante 15 minutos a 200 graos. - Decoramos as madalenas con chocolate, améndoas, guindas e todo o que

atopamos na pastelaría.

¡Grazas a Elena e Olalla, as mellores pasteleiras de Domaio !

Debuxo feito por Mónica

16

Page 19: Periodico 08

Para facer tantas madalenas tivemos que utilizar:

¡Quedaron tan bonitas que daba pena comelas, pero a verdade é que estaban riquísimas!

- 60 ovos - 3 quilos de azucre - 30 gramos de sal - 3 litros de aceite - 3 quilos de fariña - 30 gramos de levadora

¡Repartimos con todos os nenos e nenas do colexio, a verdade é que non podíamos con todas!

17

Page 20: Periodico 08

Coloca nos cadros o número que corresponde a cada nome e descubrirás o que fai cada neno ou nena de primeiro.

1-ALEX RIVAS 2-LORENA 3-IAGO 4-LÍA

visita ao doutor. nunca camiña coa cabeza baixa. estuda para ser mago. mete no forno un pastel. toca moi ben a harmónica. non atopa o seu afía. ten un dente de ouro. é calado, non di nin pío. arranxa o pelo co peite. toma torradas con mel. vai a praia e ponse morena. corre coma unha bala. fai cousas de costura. solo come turrón. busca moras entre as silvas. viaxa en avión. colle o autobús ás tres. está encerrado nun baúl. vai de paseo co can.

5-MANUEL 19-AIXA

6-ARÓN 18-AARÓN

7-MAURO 17-ALEJANDRO LEITE

8-LAURA 16-RAÚL

9-CARLA 15-MÓNICA

10-RAQUEL

14-AITOR 18

13-FRÁN 12-ANDRÉS 11-DARÍO

Page 21: Periodico 08

Os alumnos e alumnas de primeiro, segundo e terceiro fixemos unha viaxe en tren de Vigo a Pontevedra, ida e volta.

Busca na sopa de letras as palabras que aprendemos na nosa viaxe en tren: tren, vía, plataforma, panel de información, vagón , pasaxeiro, chegadas, saídas, billete, máquina, maquinista, revisor, estación.

P L A T A F O R M A S T F A M E C H I Q U A M S E O N A V I A T M A Q U I N A E P A L T O I C U Z M E L L O G I N O P E I Q U I S D S O A T C A E N T I C O E U N P M O S A I D A S A I L O I A Z A D S O B I C N A R E O E X A T I C O U F S U V T R E N A G H A L O M I B I S I A R S E T O R E V I S O R U T I G E N M P O L X M O X E L A O I A N H L R O P N D V D F S C O Q E V L T A G I A I F I E S T A C I O N O S E R O Q U E G I T N A D O G M N R O I M V O S T A L E I

Page 22: Periodico 08

VISITA AO MONTE VECIÑAL DE DOMAIO DOS ALUMNOS E ALUMNAS DE PRIMEIRO, SEGUNDO

E TERCEIRO DE PRIMARIA .

Itinerario: - Chegada en autobús ao Monte faro:

observación da paisaxe e antenas de telecomunicación.

- Camiñada para ver a caída da folla nas árbores frondosas.

- ¡ Qué desastre!, o monte queimado. - Un contraste, o bosque de coníferas

(pino Oregón. - Merenda e xogos en Chan da Arquiña.

Fai tanto vento que case podemos voar .

Agora que esta despexado podemos contemplar a paisaxe e as poboacións : Domaio, Moaña, Cangas …

¡Falta moito profe, estou cansa!

¡Mellor baixar que subir!

20

Page 23: Periodico 08

MERENDA E XOGOS EN CHAN DA ARQUIÑA.

¡Moitas grazas a Jorge e a todas as persoas que traballan

para que o monte veciñal de Domaio sexan un lugar para

aprender e disfrutar!

Faremos a montaña de follas mais alta do mundo

Aquí a merenda sabe mellor que no cole.

¿E esta cola para que é?

Eu quero volver na primaveíra.

21

Page 24: Periodico 08

22

Page 25: Periodico 08

23

Page 26: Periodico 08

24

Page 27: Periodico 08

A convivencia 25

Page 28: Periodico 08

26

Page 29: Periodico 08

27

Page 30: Periodico 08

28

Page 31: Periodico 08

29

Page 32: Periodico 08

A Historia da miña planta. Un dia miña avoa tirou unhas sementes pola ventá do comedor e co tempo naceu unha planta que se chama “CAMPANARIO” . Como a min me gusta moito a natureza, decidin levar unha rama para plantar no colexio. Corteina coas mans e leveilla á profe.

Ao día seguinte baixei ao patio co meu compañeiro Alex e plantámola xuntos. Ágora so hai que esperar a ver se lle saen as “campás” que son unhas flores moi bonitas.

Debuxo da plantación do campanario

30

Page 33: Periodico 08

UNHA EXPERIENCIA MOI SABOROSA. No colexio de Domaio hai un marmelo, e del sae o marmelo. ¿E sabedes como se fai o doce de marmelo?. No noso cole , fixémolo en Outubro, cun novo invento que se chama Termo-Mix. Os ingredientes para facelo son: Azucre, Limón e por suposto, o marmelo con ou sen pel e cortado en cachiños pequeniños. Este ano, en vez dos mestres fixerono as nais. Unha delas e miña nai, chámase MARTA. Ela foi a que se encargou de dicir a qué temperatura se poñía a máquina. Tódolos alumnos foron a ver como se elaboraba. As mamás deixábannos probalo e preguntabanos se estaba moi doce ou moi agrio. Xa todo feito, as nais tomaron un café. Ao final de todo, os nenos dixeron que estaba riquísimo. En agradecimento ás nais, os profesores decidiron darlles un trozo de marmelo para levar a casa. Jennifer Sanjorge Paz. 6º de E. Primaria.

31

Page 34: Periodico 08

32

Page 35: Periodico 08

Anímate,¿ farás estes pasatempos?. 1. Une correctamente as partes do corpo

2. Escribe as partes do corpo.

33

Page 36: Periodico 08

3. Busca doce palabras relacionadas co corpo 4. Encontra as articulación do teu corpo.

5. Busca seis palabras relacionadas coas túas habilidades . 34

Page 37: Periodico 08

6. Organismograma. “Gobierna” el movimiento del ser humano

1. pueden ser largos, cortos o planos. 3. En singular, une un hueso con otro.

4. Conjunto de todos los huesos y articulaciones 5. Por ahí entran los alimentos 6. Son los encargados del

movimiento 7. En singular, se llena de aire

7. Sopa de letras.

8. Busca sete palabras relacionadas cun partido de fútbol. 35

Page 38: Periodico 08

9. Busca 10 deportes individuais. 10.Une as preguntas coas despostas.

36

Page 39: Periodico 08

¡Que bonitas as manualidades sobre a castaña dos nenos de infantil!

Fixemos bailar as buxainas durante moito tempo.

¡Que ben o pasamos xogando ao tragacastañas!

37

Page 40: Periodico 08

38

Page 41: Periodico 08

Alumnos e alumnas de 4º 39

Page 42: Periodico 08

XOSÉ MARÍA ALVAREZ BLÁZQUEZ 17 DE MAIO. DÍA DAS LETRAS GALEGAS 2008 Xosé María Álvarez

Blázquez (Tui , 1915-Vigo,1985)

É o editor, escritor e

animador cultural homenaxeado no Día das Letras Galegas 2008.

A súa obra literaria abrangue a poesía, a novela, o teatro e a narración biográfica; mais tamén investigou a literatura galega, o folclore, a arqueoloxía e a historia. Fillo de Darío Álvarez Limeses, militou na Federación de Mocedades Galeguistas e no Partido Galeguista. Membro da Real Academia Galega e Cronista Oficial e da cidade de Vigo, cofundou a editorial Monterrei en 1950, que refundou en 1964 como Edicións Castrelos.

Os seus poemarios máis destacados son Poemas de ti e de min (1949), escrito co seu irmán Emilio; Roseira do teu mencer (1950, Xerais 1992, 2008), Romance do pescador peleriño (1954); Cancioneiro de Monfero (S.XIII) (1953), e Canle segredo (1954).

Como ensaiista é autor de diversos estudos de literatura como Escolma de poesía medieval (1975) e Escolma de poesía galega II: A poesía dos séculos XIV a XIX (1959) ou Martín Codax. Cantor do mar de Vigo (Xerais 1998).

No ámbito da narrativa cabe citar Os ruíns (1936) e A pega ravilonga e outras historias de tesouros (1971); e como autor teatral publicou O zapato de cristal, que foi escenificando en Vigo o 2 de Xaneiro de 1947, ou Os pazos altivos, unha comedia en tres actos en verso.

Traballo feito polo alumnado de 6º de primaria 40

Page 43: Periodico 08

Ai ,nena, quen fora

paxariño louro da tua gaiola.

Ao nacer o dia

eu faria a estrela

da tua ledicia.

Ai,quen dera a entramos

un tempo sen tempo

de trescentos anos.

Ai , quen dera

, filla, o engado do

freire maila

paxariña.

Era un Ariño suave Que se ergueu pola mañán E viña de non se sabe. Era un recendo de rosas Da roseira de ningures, Que se meteu pola porta. Era unha cantiga leda Que nacía non sei onde E petaba na fiestra. Era unha gracia sutil Que baixaba das estrelas... Eras ti!

POLO LARANXAL tres avelaíñas andan a voar Unha,dúas,tres de présa que voan ,vense e non se ven polo laranxal tres avelaíñas andan a chuchar Unha,dúas,tres de tanto que chuchan, borachas de mel Caídas no chan, tres avelaíñas polo laranxal

O sol polas eiras, o orballo no prado, a gracia de Dios nos ares prendida,

e ti pequeniña.

Nos ares prendida, na da fonte, nas follas, nas herbas frolidas,

e ti pequeniña.

Nas herbas frolidas a gracia de Dios, a voz dos paxaros nos ares prendida,

e ti pequeniña.

Traballo feito polo alumnado de 6º de primaria

41

Page 44: Periodico 08

IX Certamen de Cartas de Amor. Concello de Moaña. Tres alumnos de 6º de primaria resultaron gañadores na categoría A ( 8 a 16 anos). Ola: ¿Qué tal estás? Espero que ben. Fai tempo que non te vexo e estráñote moito; ainda que non o saibas ti es o máis lindo que hai, e nesta carta só procurarei dicirche o moito que te quero e o importante que es na miña vida. Cando estou triste, vexo a túa cariña reflexada nos meus recordos, e iso é o que me enche de felicidade para non estar triste e pensar que algún día te volverei a ver. E quero que saibas que cada unha das letras desta carta están escritas con todo o amor que eu sinto por ti. Quérote moito. Agardo que chegues axiña e así pasalos días xunto a ti. QUÉROTE Saúl Categoría: A (de 8 a 16 anos) Autor: Saúl Menduíña Solla Primeiro premio Ola:¿Como che vai?, Agardo que ben.Cando chego ó colexio e miro para ti o meu corazón non aguanta a berra, láiase , pero que podo facer,aguanto e berro. Se me deixara levar polos meus impulsos bicaríate unha e mil veces, pero pensarías que estou tola, que…Cando falo coas miñas amigas de amoríos, de se che gusta este ou aquel, o que a mim me gusta, como é guapo, tamén lle gusta a outras.Dame moita rabia que mo digan porque quero que so sexa para min, non penso compartilo con ninguén. Ás veces ata me da rabia que o miren,que cousas teño, que parva son… Na casa, miña nai veme ás veces nas nubes e dime: “pero Silvia ¿Qué che pasa?¡Non andarás con amoríos!Déixate de tonterías,só tes que estudiar, do outro xa terás tempo máis adiante que aínda eres moi nova, só tés 11 anos”. Xa levamos xuntos no Colexio máis de tres anos.E estou farta de esperar e vou estoupar se non lle digo que para min é o neno máis guapo que coñecín. Enches a miña vida. Non sei que é o que tes, que non te podo olvidar.Eres o mellor que me puido pasar. Cada noite penso en ti e paso moitas noites sen durmir, pero teño sorte pois ó día seguinte pódote ver no Colexio.¡Que sorte teño! 42

Page 45: Periodico 08

Bueno xa non teño máis que contar.Só tiña que escribir e decirche o moito que te quero. Moitos bicos. Silvia Categoría: A (de 8 a 16 anos) Autor: Silvia Camaño García Segundo premio Ola: ¿Qué tal estás? Agardo que ben. Xa fai moito tempo que non te vexo. Estou moi ansioso de facelo. Quéroche decir o moito que te quero e que sen ti non podería vivir . Eres como un anxo da garda que sempre me está protexendo . Eres o mellor que me pasou na vida. Se te perdera non podería soportalo e xa non tería sentido a miña vida. Ogallá poderamos estar xuntos, pero non podo verte case nunca . Cando estou contigo síntome a persoa máis feliz do mundo e, cando non estás, a máis triste. Gustaríame que poideramos estar sempre xuntos. Se estiveras aquí abrazariate con tódalas miñas fQuérote

orzas. moito. Bicos.

Cristian

s tres premiados diante do Concello de Moaña

43

Categoría: A (de 8 a 16 anos) Autor: Cristian Entenza SuárezTerceiro premio

O

Page 46: Periodico 08

HISTORIA DE MANTECA

( A mascota da bilbioteca)

Ola! Eu son MANTECA,

a mascota da biblioteca.

Nacín no barrio de Verdeal,

un sitio que non está nada mal.

Vivo no colexio de Domaio,

do que case nunca saio.

Durmo agachada e quente

nun libro de nanas imponente.

Para comer, moita aventura,

e algunha que outra confitura.

A todos animo a ler

porque si, por pracer.

As lecturas son amigas,

axudan a sentir alegría.

Os nenos e nenas que len

viven aventuras cen.

Gústame ler, gústame rir,

gústame vervos á biblioteca vir.

Disfruto cos contos que contan historias

de meigos, de bruxos, de nenos e norias.

Polas tardes saio ao patio do cole,

xogo ao fútbol e meto moitos goles.

No cole de Domaio gústame vivir

porque cos nenos estou sempre a rir.

Deixo voar a mente

cando me mira a xente.

Viaxo a moitos lugares

surcando todos os mares.

Vente axiña comigo

a esta aventura, meu amigo.

Busco un libro de maxia

que me leve a outra galaxia.

Se vés comigo ler,

moitas cousas poderás ser,

dun barco o seu capitán,

un heróe de antifaz,

unha princesa ou un león…

todo isto conseguirás

cos meus libros

e a túa imaxinación.

Pois si,

eu son Manteca,

a mascota da biblioteca,

e teño corpo de galleta

porque a miña historia

é coma unha receita.

Teslle que botar fariña

que trae Garfio dende China

surcando os sete mares

con tempestades a pares.

Despois amasar axiña

con auga fresca da Fontiña.

Mistúralle, se queres, zucre

ou cabaza da Cincenta,

de Brancaneves a mazá,

mel da Carapuchiña

e por riba chocolate da

casiña.

Pero cando no forno a metas

ollo que non estea a bruxa,

pois se tropezas e caes

ficas ti convertido en galleta.

Isto díxomo Pinocho,

Ti o cres?

Eu so un pouco.

E antes de rematar

algo che quero contar:

como a vida é tan dura

lánzate á lectura.

Xa sei quea ti che iría mellor

que che falara do ordenador,

pero non o quero facer

mentras ler sexa un pracer.

Polo tanto, meu amigo,

vén á biblioteca comigo,

libros a cachón terás

e con eles disfrutarás,

e se o fas por afección

mellor ca por prescripción,

porque se non o tes

non o les.

Ás portas dun mundo máxico

na biblioteca vas estar

dígocho en poucas palabras:

seguro, vaiche gustar!

44

Page 47: Periodico 08

OUTRAS COUSAS DA BIBLIOTECA Concurso de postais.

Concurso de cabazas

Benxamín (Rodeira-Edebé) gustou a grandes e pequenos cos seus contos e os seus debuxos e caricaturas.

Pasámolo moi ben cos contos de Iago (contacontos de Xerais-Anaya). 45

Page 48: Periodico 08

46

Para celebrar o Día do Libro leváronse a cabo 2 actividades:

• os nenos dende 1º ata 6º fixeron a lectura continuada do Quixote,

• os nenos de 2º recitaron e escenificaron un montón de poesías.

Page 49: Periodico 08

Un acontecemento especial. Na casa de Nerea de 4 anos houbo un acontecemento moi especial, naceron tres años e chamáronos: Blanquita, Arco Iris e Rosita.

Como a nai ovella non podía cos tres, Nerea axudaba dándolles o biberón. Nerea quere amosárvolos 47

Page 50: Periodico 08

EL

JU

EG

O

DE

L

TO

RN

ILL

O

48

Page 51: Periodico 08

49

O Carteiro Real recolleunos as cartas aos nenos e nenas de Ed. Infantil e 1º Ciclo, pero díxonos que o mellor regalo son os amigos.

Papá Noel trouxo lambetadas para todos os que se portaron ben durante o ano.

¡Canta xente no festival de Nadal! O ximnasio queda moi pequeno.

¡Que paisaxes tan bonitas ¡ Os de cuartos son uns verdadeiros artistas.

Tarxetas postais feitas con todo tipo de materiais.

Unha árbore feita de nomes ¡Que orixinal!

Os festeiros de quinto déronos moi bos consellos para pasar o Nadal e comezar o ano 2008.

Page 52: Periodico 08

OS DESEXOS DOS NENOS E NENAS DE 4º PARA UN MUNDO MELLOR

Que non haxa contaminación. Que todos compartamos o que temos. Lorena

Tamara

Que todas as persoas teñan unha

vivenda digna. Marcos

Que todos teñamos os médicos e as medicinas que precisemos. Jennifer

Que non haxa abusos por parte dos que teñan máis poder. María Que todos os nenos e nenas poidan ir ao

colexio. Rodrigo

50

Page 53: Periodico 08
Page 54: Periodico 08

51

Que ningunha persoa pase fame. Que todas as persoas teñan traballo. Eva Alex

Q e u que non se cometan Que haxa paz no mundo. in ux stizas con ninguén. Nicolás Noa

Que non haxa nenas e nenos Que todas as persoas coidemos abandoados. aos animais. Andrea Sergio

Page 55: Periodico 08
Page 56: Periodico 08

VIAXAMOS COA FAMILIA VIAXE A VALENCIA En Semana Santa fun a Valencia. Alí vin as FALLAS. Había fadas, xenios, galiñas e moitas cousas máis. Tamén vin a MASCLETÁ, que son fogos, e as falleiras. Visitei o MUSEO DAS ARTES E DAS CIENCIAS. Había tiburóns, golfiños, medusas, focas, baleas, paxaros, etc. Despois vin un circuito de motos. Aloxeime cos meus pais e o meu irmán nun hotel que está a carón do centro comercial Boaire que é o máis grande de España. Lorena de 4º

Lorena no Museo das Artes e das Ciencias

IAXE A ASTURIAS V

ste ano fun de vacacións de Semana Santa a Asturias coa miña familia, dous amigos e

isitamos AS MURALLAS DE LUGO. ha cascada preciosa de varios

áfico e despois visitamos Ribadeo e Castropol. porto

añá, estaba nevando. Xogamos coa neve e

Rodrigo de 4º

Rodrigo, Sergio e Brais nas Murallas de Lugo e disfrutando da neve.

52

Eas súas familias. Na viaxe de ida vO xoves fixemos a ruta de Seimeira, onde miramos unmetros de altura. Pola tarde fomos ao museo do pan onde nos ensinaron como se sementaba o trigo, como se recollía, como se moía no muiño e como se facía o pan. Logo probámolo, ¡que bo estaba!. O venres fomos a un museo etnogrO sábado estivemos na feira do queixo en Taramundi.Á tarde cando pasamos polode montaña de Garganta, empezou a nevar. O domingo, cando nos levantamos pola mfixemos un boneco. Despois volvemos a Domaio.

Page 57: Periodico 08

¡GRAN REPRESENTACIÓN DO CONTO SOLIDARIO ¡ “ FÁTIMA UNHA INTRÉPIDA

EXPLORADORA”

¡Bota a nasa a modo que vas asustar as nécoras ¡

Agora que xa están saniños bailaremos un pouquiño.

53

Personaxes: Médicos/as e enfermeiros/as : Ed. Infantil Chapuceiros sen fronteiras :1º e 2º Poboado veciño: 3 º e 4º Habitantes de Moharizo : 5º e 6º Outros personaxes do conto: curandeiro,

reporteira, exploradora, indios ...

¡Aínda non fixeron nada e xa pararon para comer o bocadillo!

Non sei se chovera moito pero polo menos pasarémolo moi ben.

¿Verdade que estamos todos moi guapos?

Page 58: Periodico 08

Ilustrado por Iria Soto e Jessica Miranda. 5º Primaria

54

4) Ufrín canta e baila ao redor dos enfermos implorando aos seus deuses. A situación era límite. Neste tempo unha reporteira e fotógrafa interesouse por aquel pobo. Polo día tiraba fotos e pola noite mandaba mensaxes a redacción da súa revista. Así, Fátima unha intrépida viaxeira,que facía amigos por todo canto sitio ía, enterouse da existencia de Moharizo e decidiu chegar ata alí.

3) Debaixo dunhas palmeiras unha nai non sabe como axudar ó seu fillo, ten fiebre e o "curandeiro" Ufrín non atopa as plantas necesarias para curar

1) Moharizo é unha lonxana e afastada aldea. O Sol está no solpor e unha ringleira de nenos agardan para coller auga dun pozo do que só se pode sacar auga dúas horas na semana..

2) Pero cando Rayco tira da corda o seu caldeiro sae baleiro;o neno berra desesperado Daida o tranquiliza. Reparten a pouca auga que recolleran e voltaron as súas casas satisfeitos.

5) Fátima.- Quérovos axudar. Coñezo a enfermeiros e médicos que virán axiña. Xefe.- Graciñas Fátima.

6) - Abre a boca - Di aaaaaaaaaa....- Saca a lingua ...uiiiiii que mala pinta !!! ... enfermeira este neno precisa xarope. - Imos ver a temperatura.... (poñen a man na frente dun enfermo) – Temperatura altísima.Termómetro -Temos que revisar os oidos. O que me temía ¡Infección!! -Doutora prepara a inxección!!!!!

Page 59: Periodico 08

55

9) A noite oscureceu toda a aldea e Rayco quedouse a durmir. Estaba inquedo, revolvíase no chan, algo lle estaba a pasar, soñaba...........

10) Rayco.- Quen sodes? Porqué ides vestidos dese xeito? De donde é que vindes?Indios.- Jau Rayco, somos da tribu dos Siux, xentes que habitan moi lonxe, ao outro lado do mar. Estamos no teu soño pero cremos que temos algo que vos pode axudar. A nosa danza fai milagres.

11)Rayco.- Non é posible que nos axudedes, estades no meu soño. Indios.- Nos coñecemos o teu desexo máis querido “Que veña a chuvia”. Rayco.- Sí , é certo, pero todo eso é imposible. Nen danza, nen milagres, nen chuvia, nen indios Siux. Indios.- Non tes nada que perder. Danza con nos, Rayco.

12)A rapariga sorría, unha nova axuda estaba a chegar pois o que estaba a acontecer en Moharizo corría de boca en boca. En toda a contorna se falaba do que alí estaba a pasar. Os habitantes dun pobo cercano pero que non tiña os graves problemas de Maharizo reuníronse e decidiron mandarlle aos profesionais máis prestixiosos en agricultura, pesca e ensinanza.

7) Un equipo de persoal sanitario permaneceu en Moharizo pero os problemas de auga continuaban. Fátima pensou nos seus amigos constructores.

8) Arquitecta.- Boas! Somos “ Chapuceiros sen fronteiras que facemos obras case enteiras”Fátima.- Oh fantástico! Aquí hai moito que facer.Arquitecta.-Manolo, pásame eses planos.( Ao remate do traballo un fantástico depósito recollía tódalas augas do río subterráneo).

14) Despois de toda a axuda recibida, os habitantes de Maharizo sentíronse moi ledos porque tiñan vivendas, alimentos, sabían ler e estaban sans. Para celebralo organizaron unha grande festa. Conto escrito e representado polos alumnos

do CEIP Domaio. Día da Paz 2008.

Page 60: Periodico 08

56

Page 61: Periodico 08

UN OBRADOIRO DE PIÑEIROS MANSOS O mercores 30 de outubro os cursos de 5º e 6º achegámonos ata a praia de Barra acompañados por nosos “profes” e por Tomás e Jorge, persoas relacionadas coa Comunidade de Montes de Domaio. Nesta saída, Jorge e Tomás, nos fixeron comprender como as plantas vanse adaptando ao medio no que viven e así o bosque de piñeiros mansos que alí hai, aguantan os temporais medrando xuntos e con pouca altura, dobrando as súas copas para que o vento non os dane.

Despois baixamos a praia, e observamos a vexetación que medra sobre as dunas que axuda a conservalas, por iso cando andabamos sobre as dunas, Tomás pediunos que intentaramos non pisar estas plantas. Baixo a sombra do piñeiral merendamos sen manchar a natureza, pois os papeles e plásticos os iamos metendo nunha bolsa que botamos

no contedor do colexio. Pero as mondas de mandarinas ou os carozos das mazás, podiámolas tirar porque son biodegradables. Disfrutamos dun día esplendido e trouxemos para o “cole” piñas dos piñeiros mansos (foto nº1). As piñas foron abrindo e uns piñóns enormes saíron (foto nº 2). Botámolos en auga e, despois metímolos na neveira (foto nº 3).

Pasadas dúas semanas sacámolos da neveira, e plantámolos en macetiñas (foto nº 4). Os piñóns foron xerminando, e pasados uns días xa medraran coma dez centímetros máis. Cos piñóns tódos os nenos do colexio participaron na súa plantación (foto nº 5) e agora temos un viveiro de piñeiros mansos (pinus pinea ). Agora temos que agardar unha

sabia (un ano ) para transplantalos a terra. Que bonita é a nosa paisaxe. Témola que coidar !!!! Por Uxía Veleiro Carril e Iván Currás González. 5º de Primaria. 57

Page 62: Periodico 08

Por Rubén Pequeño e José Carrera de 5º de Primaria. Pensaches algunha vez que se deseparece unha especie, por pequena que nos pareza, pódese por en perigo todo o ecosistema? O bosque ou a fraga como queirades chamarlle e ese espazo donde, como todos sabemos, habitan moitísimos seres vivos: coellos, raposos, esquíos, gaviláns, infinidade de insectos, árbores enormes, plantas pequenas, bueno a lista é interminable. Cando imos ao bosque de merenda, ou imos pasear ou xogar cos amigos disfrutamos de momentos divertidos e non nos decatamos de que as fragas están expostas a perigos que as poden destruir, como por exemplo os incendios. Por iso o traballo medioambiental que Uxía, Iria, Iván, Rubén e Jose realizamos, o enfocamos a resaltar este perigo que os nosos montes sufriron hai dous veráns, no 2006. Confeccionamos un mural donde un bosque estaba en perigro por culpa dun conductor que tiraba un cigarro sen apagar dende o seu coche. Logo, lle colocamos un lema,

“Se o bosque non queres queimar, non tires o cigarro sen apagar” E como quixemos compartir con outros nenos do Colexio a nosa experiancia, construimos unha maqueta que representaba unha frondosa fraga chea de plantas e árbores, co seu río, diferentes animais e unha familia disfrutando dun fermoso día. Pero tamén había grandes rochas sen vexetación, espidas. Que é o que pasara? Pois que un incendio queimara a vexetación, logo viñeron fortes chuvias e arrastraron toda a terra que cobría as rochas. Unhas das consecuencias destes desastres son: por un lado que se rompe a cadea alimentaria coa desaparición de vexetais e animais que lle servían de alimento a outros seres vivos e por outra parte estes desastres favorecen a erosión. Para facer máis divertida a visita doutros compañeiros, tiñamos nuha caixa pechada con compromisos para ser responsables co medioambiente e cada neno collía un por un buraco que tiña a caixa e despois llo lía a todos. Uxía e Iria elabaron unha pegatina alusiva que lle dabamosa cada un dos visitantes. Finalmente, temos que dicir que o tempo que traballamos en grupo foi tan divertido que mentres elaborabamos os murais compuxemos un rap que lle cantabamos aos outros nenos cando nos viñan ver para contarlles as nosas experiencias.

58

Page 63: Periodico 08

O PAPEL TES QUE RECICLAR SE MENOS ARBORES QUERES TALAR

Este foi o lema co que titulamos o noso mural. Neste traballo participamos Brais, Jéssica, Lucía. Patricia, Laura e Josi, de 5º de primaria. Sobre todo pasámolo moi ben!!!! O mural tiña molinillos de papel, coches de cartón, casiñas feitas de caixas, debuxos, un bosque e uns nenos que tiraban os papeis no contedor blanco.

Viñeron nenos/as de distintas clases para velo e nós lles explicabamos que era moi necesario reducir o consumo de papel para evitar que talaran tantas árbores. Tamén propoñiamos a reutilización dos papeis; unha opción sería usalos polas dúas partes, ou aproveitalos para facer manualidades por exemplo elaborar novo papel a partir dos papeis de periódicos. Para iso temos que cortar cachiños de papel e os metemos en auga, despois disto triturámolos coa batidora ou amasamos coas mans e engadímoslle cola (non é necesario pero queda mellor). Removemos. Ten que quedar unha pasta grisacea.

Poñemos a pasta sobre unha tela; poñemos outra tela enriba, e con un rodillo coma os das empanadas, estiramos a pasta tratando de que bote a auga. Deixamos secar uns cantos días. E xa podemos pintar nela!!!! Necesitas: papel de periódico, auga, batidora, 2 telas e paciencia. Advertencia: isto é mellor facelo coa supervisión dun adulto.

Laura Carrera, Josué Calvar de 5º de Primaria. 59

Page 64: Periodico 08

“Non tires o aceite usado pode ser reutilizado”

Por Henar Alvarez Pequeño e Patricia González Garrido 5º Primaria.

Ana, Marta, Jéssica, Henar e Patricia somos un grupo de compañeiras que traballamos sobre os perigos que provocan os aceites que se botan polos vertedoiros das nosas casas despois de fritir e que van parar ao mar ou aos ríos.

RESULTA PERIGOSO PARA OS PEIXES E AS AVES !!! Como sabedes, o aceite flota na auga, entón forma unha capa pola superficie que non deixa osixenar a auga, logo se a auga non está osixenada os peixes non poden realizar a función da respiración con normalidade e poden morrer. As aves tamén sofren se atopan aceite na auga pois énchenselles as plumas de graxa e non son quen de chegar ata o fondo na procura do seu alimento. O noso lema é “ Non tires o aceite usado, pode ser reutilizado” Pero preguntaredes o que se pode facer con ese aceite que está tan negro e que tamén resulta moi perxudicial para o noso sangue, pois damos dúas ideas, unha é facer xabón, nosas avoas seguro que lembran como se fai, pois hai tempo era moi habitual elaboralo na casa e a outra opción sería ir recollendo aos poucos nunha botella e tiralo a un contedor especial para estes aceites que se atopa enfronte da iglesia da parroquia de Domaio.

60

Experimento.- Puxemos un recipiente con auga e outro con auga e aceite. En cada recipiente botamos unha boliñá de algodón que simulaban uns parruliños. O parruliño na auga limpa non tiña problema para ir en busca de comida ao fondo, pero o outro parrulo non se podía mergullar. Quen lle lo impedía??????? Realiza esta experiencia !!!!!!

Para comunicarllelo a todos os nenos do colexio e llo dixeran as súas nais e pais, confeccionamos un mural sobre o que explicamos o perigoso que resulta que os aceites cheguen ata o mar.

Page 65: Periodico 08

MATEMÁTICAS – CONSUMO – ECOLOXÍA Por Lucía Otero e Brais Solla de 5º de Primaria. Observando nos primeiros meses do curso que a maioría dos nenos traían envolta a merenda en papel de aluminio… calculamos que:

61

Se cada envoltorio mide 30 cm.

30 cm x 5 días/semana = 150 cm que gasta un neno/semana. 1´5 m x 37 semanas que ten o curso = 55´5 m neno/curso. 55´5 m x 150 rapaces que ten o colexio = 8.325 m

Durante o curso todos os nenos do colexio gastarían unha media de 8.325 m de papel de aluminio. ¡FIXÁDEVOS QUE ESAXERACIÓN! Postos un a continuación doutro faríamos un camiño de Domaio ata Moaña.

Neste momento os nenos e nenas do colexio traemos a merenda en envoltorios máis ecolóxicos como as bolsiñas de tea ou en envases plásticos reeutilizables. Agardamos que aos lectores e lectoras deste xornal lles sexan útiles as nosas aportacións para o coidado do medioambiente e así ser cidadáns máis responsables. Se precisades máis información podedes entrar nestas páxinas web: www.reboreda.es www.voznatura.es www.ecoembes.es www.ecovidrio.es www.adega.info www.ecopibes.com (esta páx. ten xogos ecolóxicos)

Page 66: Periodico 08

Andrés Reboreda, no CEIP. Domaio, explica de xeito activo, a alumnos e familias, a Compostaxe Doméstica con Bokashi de EM (Microorganismos Efectivos) Para sensibilizar aos alumnos e as nosas familias da necesidade de que cada persoa debe realizar accións individuais que axuden na loita contra o efecto invernadoiro, os Profesores do CEIP. Domaio puxéronse en contacto con Andrés Reboreda que, dun xeito sinxelo, ameno e activo, explicounos, aos nenos e nenas e as nosas familias, un método doado de tratar o lixo orgánico que se produce nos fogares, evitando así que sexa queimado, coa consabida producción de gases nocivos, ó mesmo tempo que podemos contribuir a mellorar a calidade dos solos das nosas veigas e dos nosos montes. Foron varias as xornadas que Andrés Reboreda pasou no colexio de Domaio, nun principio planificando e despóis levando a práctica actividades de concienciación medioambiental. Nestas xornadas elaboramos Bokashi de Microorganismos Efectivos, aprendimos como se trasforman os desperdicios das comidas en compóst por medio do bokashi, levamos o compóst a nosa horta e despóis de misturalo coa terra e agardar 15 días, fixemos sementeiros de chícharos, cenorias,cebolas, leituga, coles, prixel, pepinos e prantamos patacas na horta. Queremos agradecer a Andrés a súa colaboración.

62

Ingredientes do Bokashi: Salvado de trigo máis agua sen cloro con melaza de cana de azucre e microorganismos efectivos.

Nais e pais preparando Bokashi que levaron a súas casas nuha bolsiña ben pechada para que non lle entrara o aire. Para usalo agardaron de 15 a 20 días.

Page 67: Periodico 08

A NOSA FELICITACIÓN PARA

LOLA, BEA E ROMINA Vaia a nosa felicitación para Lola, Bea e Romina, encargadas de atender ós nenos no comedor, que despóis de escoitar as instruccións de Andrés Reboreda estiveron dispostas a realizar compostaxe doméstica cos residuos que se producen a cotío. Deste xeito participan no Proxecto Medioambiental do Colexio, reducindo o lixo dos contedores e proporcionando o compóst que mellora o solo da horta, devolvéndolle á terra microorganismos e nutrientes re-equilibrantes.

Por unha agricultura ecolóxica e a mellora dos nosos solos !!!! Dende estas páxinas animamos a todas as familias a fabricar compóst cos residuos orgánicos tanto cos restos das comidas como cos restos vexetais das veigas. Todo é poñerse. As xeracións futuras volo agradecerán. Un repaso ás nosas actividades composteiras: Nunha primeira sesión Andrés explicounos, aos alumnos de 5º e 6º, en que consistía o Bokashi de EM e con él, elaboramos este producto. Metímolo nunhas bolsas, ben pechado e sen aire. Así estivo 20 días, e xa estaba preparado para mesturalo cos residuos orgánicos e logo elaborar compóst. Noutra sesión levamos o compóst que se conseguiu cos residuos do comedor. O levamos a horta donde tentamos facer agricultura ecolóxica. Alí mesturamos o compóst coa terra, tapamos con plásticos e agardamos 20 días. Por último, nesta terra enriquecida con microorganismos e nutrientes re-equilibrantes, botamos patacas, mentres os nenos dende infantil ata 4º de primaria fixeron sementeiras de productos da horta: cenorias, cebolas, prixel, leitugas, tomates, pepinos…

Por Marta Castro González e Ana González Suárez. 5º Primaria.

Para saber máis: www.reboreda.es 63

Page 68: Periodico 08

A PÁXINA DA NUTRICIÓN “ as merendas no recreo ”

Ter unha boa alimentación é unha das preocupacións das nais e dos pais dos nosos alumnos e como sabedes, os profesores dedicamos atención especial a este tema polo importante que é para o desenrolo dos nenos unha alimentación axeitada. A miúdo cando lle preguntamos aos especialistas en nutrición consellos para que os nosos nenos estean correctamente alimentados responden que isto resulta moi doado de conquerir se os nosos fillos manteñen unha dieta equilibrada. Unha dieta equilibrada é a que está formada polos alimentos que aportan unha cantidade adecuada de todos e cada un dos nutrientes que necesitamos para ter unha saúde óptima, polo tanto a dieta debe ser variada sendo aconsellable consumir productos frescos e de tempada. Pero con frecuencia abandonamos os bos hábitos alimentarios debido a falta de tempo e algunhas veces por comodidade. Aproveitamos dende este periódico escolar para animar as familias dos nosos alumnos a que coiden a dieta dos seus fillos e por iso adxuntamos en “ folla solta ” unha pirámide de alimentos donde se atopan algunhas recomendacións que poden ser útiles. Nesta foto podemos ver a un grupo de nenos dispostos a tomar a súa merenda de recreo. A maioría cun bocadillo, “e vaia bocadillos”, de chourizo, xamón, queixo, chocolate, mantequilla con mermelada …. mmmm… cando chega esta hora están ansiosos de botarlle o dente, (dígovolo eu que os vexo). Pero tamén están os que traen froita, mazáns, naranxas, ameixas e non falta un iogurt. E para beber, augua, simplemente agua. É que hai algo mellor ? Todo san e saudable !!!!! Así están de contentos !!!!!

Rematamos a páxina facendo un chamamento ás familias sobre o consumo de certos productos que están moi de moda, que teñen un bo marketing por iso son tan atractivos para os nosos fillos pero pensade que moitas veces a publicidade é enganosa.

Referímonos ao ABUSO de zumes envasados, ao ABUSO de actimeles ou similares, ao ABUSO de bollería envasada e repleta de graxas.

Co uso continuado e abusivo deste tipo de productos se lle introducen no corpo dos pequenos, grandes cantidades de azúcares facendo traballar en exceso ao seu fígado; por outro lado algúns productos din que reforzan ao organismo fronte as enfermedades pero deste xeito, o organismo non as fabrica él mesmo polo tanto deixará de realizar certas funcións importantes na defensa das agresións externas; e que dicir das graxas, creo que xa todos sabemos os perigos do colesterol.

CEIP Domaio, 2008.

64

Page 69: Periodico 08

6º DE PRIMARIA 1999-2008

65

Page 70: Periodico 08

66

Page 71: Periodico 08

67

Page 72: Periodico 08

68

Page 73: Periodico 08

Tan

ia

Ale

x Ja

iro

Dia

na

And

rea

Yai

za

Kat

ia

Saúl

R

aque

l Je

nnife

r A

arón

C

rist

ian

Lor

ena

Jess

ica

Iván

Si

lvia

C

arlo

s

Page 74: Periodico 08

Un ano máis chega o colexio de Domaio a festa dos MAIOS. Este costume é moi antigo e non se dá so en Galicia senón que aparece, con distintas formas, por todo Europa e por outras partes do mundo. Na cultura tradicional, que é fundamentalmente rural, teñen moita importancia os cambios de estación, pois son os que marcan os traballos no campo.

O MAIO é o triunfo da primavera, gracias a ela temos un montón de xestas, de fiuncho, de calas, de margaridas, pampullos,... pero nos meses de primavera (Marzo, Abril, Maio), é cando poñémos a semente para que ó cabo duns poucos meses, a terra nos regale os seus froitos.Nesta época sementámos o millo despois de labra-las patacas, as viñas xa están botando os gromos que se converterán en fermosos acios.

Os maios son forma pero tamén son copla, canción. Os nenos/as cantamos arredor do maio, cantámoslle á primavera, pero tamén aproveitamos para falar do que pasa na parroquia, no país ou do que vemos nos medios de comunicación. E, ¡como non, tamén nos encanta criticar ós nosos mestres. Escoitemos xa como cantan os maios deste ano. Que isto nos sirva para respetar e coidar un pouco máis as flores, as árbores e plantas que nos rodean.

Este é o maio máis enrolado no C.E.I.P. Domaio Imos todos a celebralo

Este é o maio cheiño de flores fiunchos, cartuchos pampullos de colores Despedimos aos de sexto Con moitísma dor Botarémolos de menos A súa alegría e o seu humor.