Personaxes de Asterix

12
Esta é a aldea gala que se resiste a ser conquistada polos romanos. Dentro das murallas a vida é feliz e pacífica, valóranse as tradicións e a harmonía rural.

Transcript of Personaxes de Asterix

Page 1: Personaxes de Asterix

Esta é a aldea gala que se resiste a ser conquistada polos romanos. Dentro das murallas a vida é feliz e pacífica, valóranse as tradicións e a harmonía rural.

Page 2: Personaxes de Asterix

Asterix é un pequeno guerreiro astuto e intelixente. As misións máis perigosas son realizadas por él. Recibe a súa forza sobrehumana da poción máxica.

Page 3: Personaxes de Asterix

Obelix e o amigo inseparable de Asterix. De oficio repartidor de menhires, gran amante dos xabarís e das boas peleas. Sempre está disposto a todo para seguir a Asterix nunha nova aventura.

Page 4: Personaxes de Asterix

Panorámix é o druída da aldea, recolle herbas e prepara pocións máxicas. O seu maior triunfo é a brebaxe que da forza sobrehumana a quen a toma.

Page 5: Personaxes de Asterix

Ideáfix é o canciño de Obelix, que o acompaña nas súas aventuras. É o único can ecoloxista coñecido, que ouvea de pena cando cortan unha árbore.

Page 6: Personaxes de Asterix

Abraracúrcix é o xefe da tribu, maxestuoso e valente, aínda que algo supersticioso. Non teme máis que a unha cousa: que o ceo lle caia sobre a cabeza, pero como él di, “iso non vai a pasar mañán”.

Page 7: Personaxes de Asterix

Karabella é a muller do xefe da aldea. Sabe que pode mandar e o fai, sobre todo na vida do seu marido Abraracúrcix. Está metida en tódolos chismorreos da aldea.

Page 8: Personaxes de Asterix

Julio César é o xefe dos romanos. Intentará por tódolos medios conquistar a aldea gala de Asterix e Obelix.

Page 9: Personaxes de Asterix

Asurancetúrix é o artista da aldea. As opinións sobre o seu talento están divididas: el opina que é xenial e os demais pensan que é un pelmazo.

Page 10: Personaxes de Asterix

Esautomátix é o ferreiro. Cando se enfada ponse moi colorado. É moi bruto e musculoso.

Page 11: Personaxes de Asterix

Ordenalfabétix é o pescadeiro da aldea. Os peixes son a súa vida, pero como sae a pescar moi de tarde en tarde, a súa mercancía non sempre está fresca.

Page 12: Personaxes de Asterix

Edadepiédrix ten casi 100 anos pero non lle falta enerxía. Sempre está de mal humor, discute por todo e non lle teme a nada.