Pesca e marisqueo na enseada de san simon

43

description

Unidade didáctica sobre a actividade pesqueira e marisqueira na Enseada de San Simón (Redondela, Soutomaior, Vilaboa). Contén un caderno para o profesorado e fichas con actividades e propostas didácticas para o alumando da ESO.

Transcript of Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Page 1: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Marisqueo

ePescanaEnseadadeSanSimón

UnidadeDidáctica

Page 2: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Proxecto Mar Traballo e Patrimonio

Edita Concellaría de Medio Ambiente

Concello de Redondela

Produce Trespés Soc. Coop. Galega

Textos Paulo Jablonski, Tania Martínez, Alberte Román

Fotografías P. Jablonski, A. Román

Ano 2013

Os textos foron editados baixo

unha licenza creative commons:

atribución, uso non comercial e

partilla baixo a mesma licenza

Page 3: Pesca e marisqueo na enseada de san simon
Page 4: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Sumario

Caderno do profesorado

Evolución da pesca na Enseada 6Organización do sector 11A pesca na Enseada de San Simón 14O Choco 17A comercialización 20Quero traballar no mar 22Futuro da pesca 24Bibliografía 25

Caderno do alumnado

Evolución da pesca na Enseada 27Organización do sector 30A pesca na Enseada de San Simón 32O Choco 34A comercialización 35Quero traballar no mar 39Futuro da pesca 41

Page 5: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadernodoprofesorado

Marisqueo

ePescanaEnseadadeSanSimón

Page 6: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

6

A historia da pesca na Enseada de San Simón é parte da historia xeralde Galiza e Europa e podemos entendela dentro das dinámicas sociais,económicas e ecolóxicas do mundo. A visión que ofrecemos aquí procura,dentro das limitacións do formato, atender a estes factores no contexto daEnseada.

Na Enseada de San Simón, a actividade da pesca está documentadadesde a prehistoria. No Castro da Peneda encontráronse abondosos restos dedepósitos de especies mariñas en diversos concheiros. Nestes depósitosatopáronse, sobre todo, moluscos. A chegada dos romanos incorporou unhanova técnica de conservación do peixe: a salga. Na ría de Vigo documéntasea explotación de diversas salinas. Durante a Idade Media, os gremios demareantes organizan a pesca nas rías galegas. No caso da ría de Vigo, asprimeiras ordenanzas documentadas que se conservan datan do ano 1573.

En Redondela existe unhaordenanza municipal do ano 1605 naque se regula a venda de peixe e ostrana vila. O peso da actividade pesqueiraen Redondela era central e podemosimaxinar a Ribeira chea de actividadecon regateiras e veciños axustando oprezo baixo a atenta mirada dosenviados municipais.

A chegada dos fomentadorescataláns a mediados do século XVIIIprovoca unha modificación das técnicasde pesca, as relacións sociais e laboraise crea un ambiente de conflito queafecta tamén ao caso de Redondela. En1763 toma corpo un novo motín ludistaen Redondela. Isto é, unha protestacontra estas novas artes de pescamediante a súa destrución. Mulleres ehomes de mar desta vila revélansecontra os fomentadores, neste caso,orixinarios da vila de Vigo.

Con todo, as maiorestransformacións na pesca dánse noséculo XX, no que se introducen novas

técnicas e tecnoloxías, desaparecen especies, poténcianse outras e o marcolexislativo englóbase na actual Unión Europea.

En termos de Historia da pesca, o século XX comeza en Galiza nadécada de 1880. Nestas datas conflúen dous fenómenos que provocan un

Evolución da pesca na Enseada Ficha 01

Page 7: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

7

cambio no deseño do mundo pesqueiro. Por un lado, asistimos aodesenvolvemento de novos medios de transporte, fundamentalmente oferrocarril que vai mellorar substancialmente a distribución do peixe cara ointerior. Por outro lado, Bretaña, primeira produtora mundial na altura desardiña en conserva, esgota este recurso nas súa costa.

A crecente demanda de produto fresco e para conserva impulsa osavances tecnolóxicos que se concretarán na adopción de novas artes de

pesca. Principalmente, falamos do cerco de xareta eda aparición dunha nova embarcación, a traíña, quepermitirá a pesca da sardiña fóra do espazomarítimo das rías galegas. As innovaciónstecnolóxicas aséntanse con relativa rapidez na costagalega. En Redondela, na altura de 1910 hai untotal de 14 traíñas. Este proceso non estará exentode dificultades e controversias sociais por parte dosxeiteiros e bolicheiros que se ven superados encapacidade produtiva e afectados pola baixada deprezos.

A primeira noticia das traíñas en Redondelaatópase no semanario local "El Pueblo" de 26 demaio de 1.898: "Crendo as vendedoras que asardiña que chegaba ao mercado fora pescada coatraíña, esmagaron cos seus pés a mercadoría,botándoa polo chan."

Entrados xa no século, asistiremos áincorporación masiva da máquina de vapor nasembarcacións de pesca, sobre todo nas de pesca dealtura, asentándose as bases da pesca industrialgalega do s. XX. Nesta altura introdúcense novas

artes de pesca que mudarán as formas de extracción para a pesca de peixefresco e as embarcacións da sardiña destinada a conserva precisan dovapor polo aumento do tamaño dos cercos de xareta. Se ben o vaporaparece por vez primeira no s. XIX, non será ata o XX cando se popularice oseu uso.

A difusión do vapor e o arrastre provocaron profundas mudas nasrelacións sociais do mundo pesqueiro. Moitos armadores seguiron sendopatróns nos seus barcos mais outros comezaron a ficar en terra, debendodelegar distintas funcións no persoal embarcado. Os patróns de pesca,elixidos polo armador entre os mariñeiros de máis experiencia e confianza,asumiron as competencias nas operacións de pesca, converténdose nosverdadeiros responsábeis da produtividade do barco. Pola súa banda, ospatróns de costa pasaron a ser responsábeis unicamente do buque e a

EvolucióndapescanaEnseada

Ficha01

Page 8: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

8

navegación, namentres que entre os tripulantes aparecían novas categorías,como maquinistas ou fogoneiros, necesitados de coñecementos distintos aosdos mariñeiros tradicionais. As modificacións nos procesos de captura e aprogresiva industrialización propicia a aparición dos primeiros sindicatosmariñeiros.

As grandes guerras da primeira metade do século tiveron unhaincidencia desigual na pesca. A Guerra Civil influíu de forma limitada nosector da pesca, tanto dende o punto de vista da produción como da flota.Será a II Guerra Mundial co peche temporal dos caladoiros do Gran Sol que

obrigará a flota desprazarse cara o banco Canario-Sahariano.

Nas diferentes etapas da ditadura franquista, apolítica pesqueira terá un denominador común:primar a pesca de altura sobre a flota e producióncosteira. As primeiras consecuencias fanse sentir nosector: increméntanse as capturas das especies dealtura (pescada, ollomol e bacallau) , consolídanse osbancos de Terranova e Gran Sol e reactívase o sectorda construción naval.

Nos anos 40 introdúcese en Galiza a produciónde molusco encordado en viveiros: bateas. O concellode Redondela terá que agardar ata o ano 1951 paracontar coa primeira concesión para esta modalidadede explotación. Esta innovación modificará o sectornas seguintes décadas creando un novo grupo, osprodutores de mexillón. Ao mesmo tempo, ainstalación de bateas na ría provocará o depósito desedimentos dos moluscos xerando os problemasambientais propios do monocultivo.

Na década de 1960, a ditadura experimentacerta liberalización económica e proxección internacional o que obriga aosector a renovarse para poder manterse nun mercado cada día máisacosado pola sobreexplotación e a competencia. Nace unha nova xeraciónde buques que introduce parte dos procesos transformativos a bordoaumentando a capacidade produtiva: barcos factoría. Redondela serátestemuña de excepción ao acoller na década de 1960 a factoría dePescanova, pioneira mundial no conxelado e procesamento de peixe abordo.

Este contexto redunda nunha viraxe do peso das diferentes flotaspesqueiras. O desenvolvemento da pesca de altura fará que gran parte dosmariñeiros embarquen en longas campañas aos caladoiros de Namibia,Gran Sol, Arxentina e outros mares. Con todo, a comezos dos anos 70,

EvolucióndapescanaEnseada

Ficha01

Page 9: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

9

Galiza experimenta unha crise pesqueira provocada, por un lado, porelementos de carácter endóxeno: aumento desmesurado do tamaño dosbarcos de altura e gran altura, descenso dos rendementos, aumento dosprezos do combustíbel e unha crecente sobre-explotación dos recursos. Maistamén por elementos esóxenos: muda da lexislación internacional sobre aexplotación dos recursos mariños co estabelecemento de Zonas Económicas

Exclusivas (ZEE) de forma xeneralizada a partir destadécada.

A pesca entra na década de 1980 arrastrando osproblemas estruturais da sobre-explotación, adescapitalización das empresas pesqueiras, oestabelecemento das ZEE e o desleixe da flota litoral eartesanal. Como novo factor, a lexislación que se lleaplica provén dunha tríade institucional: Estado,Autonomía, a partir de 1983 e, dende 1986, a CEE.

A comezos dos 80 comézase unha ordenacióndo sector dende o Ministerio de Pesca. Estas medidasserán complementadas pola Xunta que aplicará, sobretodo, medidas de vixilancia e melloras deinfraestruturas. A entrada na CEE terá na pesca unhaincidencia contundente. Dende o organismo europeotómanse medidas enfocadas cara a conservación eprotección dos stocks e a redución da flota. Ao mesmotempo, supón entrar en competición directa conoutros membros con importantes flotas pesqueiras. Os

primeiros efectos non se fan esperar: redución das zonas de pesca, descensodos prezos do peixe, regulación dos acordos con terceiros países e certaincerteza xeneralizada no sector.

Os obxectivos, porén, serán a recuperación dos caladoiros propios ea protección dos recursos. Así, dende a Xunta apróbase un Plan deOrdenación dos Recursos Pesqueiros e Marisqueiros de Galiza e oestabelecemento de permisos de explotación, entre outras medidas, a partirde 1993. A propia reforma da Política Pesqueira Comunitaria (PPC) domesmo ano debuxa un escenario neste mesmo sentido.

Nas décadas seguintes, os cruces de intereses entre os diferentespaíses da UE e certa desvantaxe estrutural de Galiza no seo do EstadoEspañol define a política pesqueira. A partir do ano 2003, a UE suxire fixarobxectivos a longo prazo e adoptar medidas para corrixir a sobrecapacidade da flota pesqueira. O concepto de pesca sostible imponse nomarco comunitario.

Os efectos das dinámicas globais afectan de primeira man ao sectorpesqueiro da Enseada de San Simón. A participación de mariñeiros nas

EvolucióndapescanaEnseada

Ficha01

Page 10: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

10

grandes marés, a industrialización do sector da conservación da materiaprima, a mingua de peso das confrarías e as lonxas do interior da Ría de Vigona captura e venda de peixe son notables. A Enseada de San Simónconverterase nunha zona dedicada, principalmente, ao marisqueo a pé a eflote, produción de mexillón e, de forma minoritaria, á pesca con rede.

EvolucióndapescanaEnseada

Ficha01

Page 11: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

11

As persoas que traballan no mar organízanse en base a agrupacións econfrarías. A Enseada de San Simón está dividida en tres administraciónspesqueiras: as Confrarías de Redondela, Arcade e Vilaboa. Esta últimaconstitúe a máis recente de toda Galiza, creada en 2012, a partir dunhaasociación de mariscadoras.

As confrarías son entidades gremiais cuxa orixepenetra o ronsel dos tempos da Idade Media. Existendocumentos que falan de mariñeiros de Redondelaagrupados no gremio do Mar no s. XVIII. A actualconfraría nace como “Sociedad de Marineros de SanJuan” a finais do s. XIX. O seu cometido era o de darservizo e cobertura aos seus asociados actuandocomo unha especie de seguridade social. A sociedadepermaneceu no tempo organizando diversos actossociais, alén dos estritamente sectoriais ata o golpede Estado de 1936. Unha vez finalizada a GuerraCivil, estas sociedades pasarán a denominarseConfrarías de Pescadores.

A Confraría de Pescadores “San Juan” deRedondela constitúese no ano 1944. É unhacorporación de dereito público sen ánimo de lucrocomposta dunha parte pública (colaboración econsulta coa Administración) e unha parte privada(organización e comercialización da produción) .Todas as confrarías teñen asignada unha extensiónde actuación. No caso de Redondela, o seu ámbito de

explotación abrangue dende Soutoxuste (caseta do Ceboleiro) ata a praia deArealonga (Chapela) .

Organización do sector Ficha 02

Page 12: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

12

No ano 2012, as diferentes confrarías da Enseada teñen a seguintecomposición:

Entre as funcións das confrarías, destacamos:

Informar e asesorar aos seus socios sobre as leis que lles afectan.Facilitar a formación dos seus socios e socias.Dar a súa opinión á Administración sobre os asuntos que lles afectan.Vixiar as zonas que lle fosen encomendadas para a súa explotación.Organizar a produción mediante os plans de explotación e a súacomercialización a través da regulación de prezos e da oferta deproduto.

A confraría está formada por socios e socias quepoden ser persoas físicas ou xurídicas sempre e candodesenvolvan unha actividade empresarial ou laboraldentro do ámbito territorial da confraría coacorrespondente autorización administrativa para aextracción de recursos mariños vivos. As persoassocias son as depositarias finais do rumbo daconfraría.

Org

anizacióndosecto

rFicha02

Sector Redondela Vilaboa Arcade

Marisqueo a pébivalvos

139 socias 62 socias 85 socias

Marisqueo a flotebivalvos

50 embarcacións98 tripulantes

15 tripulantes 51 embarcacións80 tripulantes

Artes menores 12 embarcacións 24 embarcacións

Cerco e racú 18 embarcacións

Bateeiros 10 embarcacións Org

anizacióndosecto

rFicha02

Page 13: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

13

A organización dunha confraría componse dos seguintes órganosreitores:

Xunta xeralÉ o órgano superior de goberno e decisión da confraría onde están

representados todos os sectores. Os membros son elixidos polos socios por unperíodo de catro anos.

O CabidoÉ o órgano de goberno e xestión da confraría e está conformado por

traballadores e armadores a partes iguais. Os seus membros son elixidos polaxunta xeral ou asemblea por un período de catro anos.O Cabido é o órgano encargado de levar o día a día da confraría.

Patrón ou Patroa maiorÉ o representante da confraría e é elixido/a entre os membros da xunta

xeral.

Agrupación de mariscadorasDentro dunha confraría pode existir unha agrupación de socios e socias

que se dedican á mesma modalidade de traballo e que se asocian paradefenderen os seus intereses económicos e profesionais. O caso dasmariscadoras é relevante na medida do peso económico do seu traballo e dasituación de desigualdade estrutural na que se atopa a muller no sector. Non éfrecuente atopar a mulleres en postos de máxima responsabilidade maliaseren unha parte esencial do sector.

As agrupacións contribúen a mellorar as explotacións, o seu coidado,planificación e distribución do traballo. Promociona a formación entre aspersoas asociadas e enfatiza o carácter colectivo do traballo do marisqueo.As agrupacións organízanse en base a unha asemblea e unha xunta directivaque leva o día a día da agrupación. No caso da Enseada de San Simón, é derelevancia que a confraría de Vilaboa nacese grazas ao impulso da Asociaciónde Mariscadoras de Vilaboa.

Org

anizacióndosecto

rFicha02

Page 14: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

14

A Enseada de San Simón conta cun ciclo produtivo diversodeterminado pola súa riqueza na produción de bivalvos e choco e, por outrolado, limitado pola sobre-explotación, presión urbanística e contaminacióndas súas augas. En tempos, a pesca da sardiña foi unha actividade central naEnseada. Ao longo da súa costa existían multitude de “postas”, puntos desdeonde mariñeiros e mariñeiras pescaban empregando a técnica da “arte”,lanzamentos en media lúa da rede desde terra apoiados por unhaembarcación no mar. As postas foron comúns ata os anos posteriores áGuerra Civil. A pesca coas artes do cerco, xeito, trasmallos, betas ou bolichesconstituíu o cotiá dunha Enseada que veu minguada a súa biodiversidade copaso dos anos.

O ciclo anual de extracción comeza coa pesca do choco na primavera,entre marzo e xuño; a pesca de especies peláxicas ata finais do verán e, apartir de outubro, a práctica do marisqueo ata o mes de marzo do anoseguinte. Na actualidade, o marisqueo esténdese ao longo do ano. Asactividade de maior peso son:

Marisqueo a pé e a floteCultivo do mexillón en bateaCaptura do ChocoPesca da anguía

Toda a actividade do sector nas augas interioresdo litoral está regulada pola Consellaría do Mar. Esteé o organismo que outorga os títulos administrativosque habilitan para exercer a actividade de explotacióndos recursos mariños. A actividade pesqueira emarisqueira está regulada por lei e o estabelecementode épocas de veda, regulamentación das artes eaparellos corresponde á Consellaría. A explotacióndos recursos marisqueiros regúlase mediante plans deexplotación anuais que propoñen as Confrarías erevisa a Consellaría.

Se tomamos o caso da confraría de Redondelacomo exemplo, no ano 2012 contou con dous plans conxuntos (marisqueo aflote, zamburiña, volandeira) , dous en solitario (marisqueo a pé epoliquetos a pé) e un plan de pesca con trasmallos para o choco. Estes plansteñen unha grande importancia, tanto polo número de persoas queparticipan neles como polo volume de pesca e de ingresos xerados.

Pesca da Enseada de San Simón Ficha 03

Page 15: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

15

Na modalidade de marisqueo a flote, os recursos principais que extraenson: ameixa fina, ameixa xapónica, ameixa babosa, croque nos bancos dointerior da Enseada de San Simón (O Cabalo, Area Nova-Puntal-Río doMedio) e ameixa rubia, ameixa babosa e carneiro nos bancos da zona externada Ría de Vigo, por fóra da Ponte de Rande (Rodeira, Tirán, Cabo de Mar,Cíes, Canido, etc) .

No marisqueo a flote a arte máis común é o raño. É de tracción manuale consiste nunha longa vara de varios metros que o mariscador lanza a augatan lonxe como sexa o mango. A continuación, vai traendo o aparello cara aembarcación arrastrándoo polo fondo. Unha vez ao pé do barco, sobe o rañoque vai deixando no traxecto as areas e ficando o molusco no seu cope.

O marisqueo a pé constitúe, en número de persoas, a máis numerosadas actividades na Enseada. Se nos centramos no marisqueo a pé, do quetemos datos do ano 2012, no conxunto das tres confrarías, son un total de319 persoas as que se dedican á extracción de marisco. Tal e como vemos nocadro, Redondela é a confraría con maior número de persoas extractorascontando con máis da metade dos efectivos. Na composición deste grupo depersoas traballadoras é destacado sinalar a maioritaria presenza de mulleresmariscadoras. Tradicionalmente esta é unha actividade maioritariamentepracticada por mulleres.

PescadaEnseadadeSanSim

ón

Ficha03Plan de explotación nº de participantes

Marisqueo a pé bivalvos 139 mariscadoras

Marisqueo a flote bivalvos 98 embarcacións

Zamburiña e volandeira 3 embarcacións

Poliquetos 6 mariscadoras

Choco 43 embarcacións

Zona Total Mulleres Homes

Redondela 161 139 22

Arcade 69 68 1

Vilaboa 89 89 0

Total 319 296 23

Page 16: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

16

Os principais recursos que extrae este sector son: ameixa fina, ameixaxapónica, ameixa babosa e croque. As mariscadoras realizan labores delimpezas de algas e de vixilancia nas praias durante gran parte do ano(sobre todo no verán) , para tratar de manter os recursos en óptimascondicións. E levan a cabo traballos de semicultivo de ameixa xapónica apartir de semente de criadeiro dende fai varios anos.

Os bivalvos extráense con diversas artes, todas elas manuais. No casode Redondela, son principalmente, catro: sacho, legón, angazo e gancha.Estas son diferentes aparellos para extraer o molusco que habita por baixodos areais da Enseada.

O peso do cultivo de mexillón na Enseada de San Simón no global daRía de Vigo é certamente reducido. En total, hai operativas 75 bateas dascase 500 que hai no conxunto da ría. Todas elas dedicadas ao mexillón. Amaior flota de mexilloeiros da Enseada de San Simón están amarrados noporto de San Adrián ocupando o espazo laboral dos polígonos de bateas doestreito de Rande, por outro lado, a zona máis profunda da Enseada de SanSimón.

Na Enseada tamén se extrae peixe. Destaca a pesca de anguía nofondo da Enseada mediante a arte do butrón. Esta actividade está altamentecontrolada pola escaseza do recurso. Normalmente, as embarcacións domarisqueo a flote contan no seu permiso de explotación con autorización

para traballar con outras artes de pesca: trasmallos,nasas (para a extracción de choco) ou bou de man.Segundo a arte e a época do ano, poden vir á redeespecies como a faneca, robaliza, linguado, congro,raia, solla, muxo, salmonete, xouba, rincha ou chinchoe xurelo.

Parte da flota da Enseada pesca en augasexteriores. Isto acontece coa modalidade de cerco, naque en Redondela hai 18 barcos que realizan as súasvendas na lonxa do Porto de Vigo.

PescadaEnseadadeSanSim

ón

Ficha03

Page 17: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

17

O choco é unha especie de molusco cefalópodo que se distribúe noAtlántico desde o mar Báltico ata as costas africanas, e polo Mediterráneo. Éunha especie que se pode atopar en augas superficiais ata os 200 metros.Habita en fondos de area e lodo, introdúcese nas praderías submarinas deceba (Zostera sp. ) que existen no interior das rías para desovar. As condiciónsecolóxicas da Enseada de San Simón constitúen un hábitat ideal para a críado choco.

A pesca do choco está regulamentada e limitada segundo a época doano e a modalidade de pesca. Así, os pescadores deportivos poden pescar 5 kgpor licenza e día. Pola contra, os pescadores profesionais, que destinan ascapturas á comercialización, contan con vedas anuais. A pesca do chococomeza no mes de marzo e se prolonga ata o mes de xuño. Neste tempo,utilízanse as artes do trasmallo e a nasa.

O trasmallo consiste nunha rede de tres panos. Os lances que serealizan son dunha duración de 4–5 horas. Unha vez caladas as redes,agárdase o tempo descrito e víranse na embarcación. Os chocosdesenmállanse a bordo onde se fan os pertinentes descartes.

As nasas son unhas estruturas hemicilíndricas cubertas por unha rede elastradas por pedras e que están unidas a un cabo en número variable. Nundos estremos conta cun funil que permite a entrada da presa e non a súasaída. Trátase dunha arte selectiva, é dicir, coa que case exclusivamente secapturan chocos. Dentro das nasas colócanse ramallos de piñeiro que atraenás femias para desovar e aos machos para as fecundar. As nasas lárganse aomar unha vez e víranse cada día. Inspecciónase o seu interior e devólvense aomar ata que comece a veda ou sexa necesario a súa limpeza.

No cadro podemos observar o volume de capturas entre os anos 2001 e2012 que veñen a demostrar tanto a importancia do recurso como a súavariabilidade. Estes datos avalan a atención que lle merece o choco áconfraría de Redondela. A entidade ten desenvolvido varios proxectos nosúltimos anos encamiñados ao coidado dos criadeiros do cefalópodo así comovalorizar a súa comercialización e a sobrepesca.

O choco Ficha 04

Page 18: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

18

Así, coñecedores das vida do choco, creouse un viveiro artificial dedesove a base de ramallada de piñeiro. A resina do piñeiro contribúe áfixación das ovas e a follaxe á protección de depredadores. A experienciaaumentou a ratio de supervivencia da especie. A campaña do ano 2012deu excelentes resultados nas capturas.

Na perspectiva dacomercialización, levouse a cabo unhacampaña de etiquetado do choco ecreación dunha marca de calidade dochoco da ría para valorizar o produto ediferencialo no mercado. A achega devalor engadido, baseado na tradición da

pesca do choco en Redondela e da calidade do produto contribúe afortalecer o sector e a permanencia de moitos postos de traballo. Nestesentido, a labor emprendida basea o desenvolvemento da pesca do choco

Ochoco

Ficha04Ano Quilos

Importe(EUROS)

2001 13.259 74.171,18

2002 38.070,5 179.221,54

2003 55.444,25 239.410,15

2004 40.010 152.928,11

2005 41.671,5 165.281,63

2006 26.381,75 116.114,44

2007 42.220,75 174.357,95

2008 29.024 149.067,80

2009 14.611,75 73.593,58

2010 18.111 76.686,06

2011 27.879,75 151.638,99

2012 50.712,5 295.905,60

2013 8.903,5 41.200,08

Capturas do choco na lonxa de

Redondela (2001-2012)

Fonte: Pescadegalicia.com

Page 19: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

19

na produción local, atendendo tanto as condicións decría e crecemento como a súa trazabilidade nacomercialización.

A pesca do choco non é unha actividademáis en Redondela. Trátase dunha actividade cun altopeso simbólico, cultural e social. Existe unhaidentificación social con este animal que transcende oámbito mariñeiro. O choco está presente no maiorequipo de fútbol do concello. O choco encóntrase nocancioneiro popular: "Para peixe fresco Vigo/ para

chocos Redondela/ para camaróns Moaña/ e para caciques Pontevedra”.Desde o ano 1986 celébrase unha festa gastronómica dedicada a este produtona vila do Concello.

O choco é un exemplo de como, sen sermos de todo conscientes,Redondela ten unha estreita relación co mundo mariñeiro. O nome dechoqueiro, para denominar ás persoas de Redondela relaciónase,popularmente, co cefalópodo.

Ochoco

Ficha04

Page 20: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

20

Para que chegue o produto do mar ao consumidor, é necesario unconxunto de medios que teñen como fin controlar as cantidades do recursoextraido, evitar o furtivismo e garantir a saúde do consumidor. Tanto o peixecomo o marisco non poden ser vendidos de forma directa.

A primeira venda realízase nunha lonxa ou nun punto de vendaautorizado. No caso da Enseada, as lonxas teñen unha escasa actividade. Oprincipal recurso, o marisco, véndese na lonxa de Vigo, que concentra unhagrande parte da actividade comercial marisqueira da Ría. Dependendo do

banco marisqueiro, os controis de volume ecalibre das pezas pódese realizar a pé de praia.A lonxa de Cesantes ten unha actividade casereducida á venda de choco. Con todo, o seufuncionamento non defire de calquera outralonxa.

A lonxa é un punto de venda e control doproduto do mar. É un lugar de paso necesariopara a comercialización de peixe. Na lonxaefectúanse diversas operacións:

Pésanse os lotes de peixe ou marisco quese poñen á venda; realízase a poxa; emítenseas facturas ou albarás, como comprobantes decompra; dánse as guías de descarga, quepermiten levar o produto dunha lonxa a outrae, para os compradores, o documento de

rexistro que xustifica que o produto que leva foi mercado nunha lonxa ounun punto de venda autorizado por unha persoa, tamén, autorizada.

A PoxaA modalidade máis común de poxa é “á baixa”. Cántase o prezo de

forma que se comeza co valor máis alto e vaise baixando ata que uncomprador berra “meu” ou preme un botón no caso de existir marcadorelectrónico. Ese comprador ou compradora queda co lote. Se o prezo nonconvence ao extractor ou extractora, pode retirar o seu lote antes de queninguén poxe por el. Unha vez feita a venda entrégaselle ao comprador todaa documentación que certifique que o produto provén dunha persoaprofesional autorizada.

Na poxa poden participar os compradores por xunto, que comprangrandes cantidades; os compradores polo miúdo, que compran para a vendaen postos particulares; os industriais, que compran en grandes cantidadespara o procesamento; e os mariñeiros e mariscadoras que poden poxar poloseu produto cando o prezo non sexa o agardado.

A comercialización Ficha 05

Page 21: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

21

O traballo do mar require de preparación e de titulación específicaque capacita á persoa interesada para o desenvolvemento das tarefasmariñeiras. O alumnado interesado en formarse para traballar no mar tenvarias posibilidades no ensino regrado e no non regrado. Na Enseada deSan Simón pódese traballar desde a terra, no marisqueo a pé ou a flotenalgunha embarcación ou enrolarse nalgún barco de pesca fóra do interiorda Ría. Imos ver que pasos e que requisitos son necesarios para desenvolvero traballo no mar.

Ciclos formativos

Existe unha variada estrutura de formaciónmariñeira regrada, incluída dentro dos ciclos mediose superior de formación. Con todo, non todos oscentros de estudo contan con esta oferta. En Galizason catro os centros especializados: Illa de Arousa,Vigo, Ferrol e Ribeira. Estes centros contan coninstalacións especiais para desenvolver os módulosformativos. Hai que ter en conta, que a parte prácticadesta formación é totalmente necesaria.

Nestes centros pódense estudar os seguintesciclos formativos: Acuicultura; Mergullo; Supervisióne control de máquinas e instalacións do buque;Navegación, pesca e transporte marítimo eTransporte marítimo e pesca de altura.

Os ciclos son medios e superiores e o acceso ésemellante a outros ciclos da mesma categoría.

Con todo, para as principais actividadesmariñeiras desenvolvidas na Enseada existe unhaformación non contemplada nos ciclos anteriormentedescritos.

Marisqueo

Quen quixera dedicarse ao marisqueo, ha de saber que, naactualidade, só poden mariscar aquelas persoas que teñan o PERMEX(Permiso de Explotación Marisqueira) . O número de permisos asignadopara cada zona de marisqueo determínase na Consellería do Mar e dependedos plans de explotacións de cada confraría.

Quero traballar no mar Ficha 06

Page 22: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

22

As persoas que queiran solicitar o PERMEX teñen que cumprir unhaserie de requisitos:

Non ser titulares de concesión ou autorización administrativa para aexplotación dos recursos mariños nas zonas marítimas e marítimo-terrestres.Estar empadroado nun concello da costa.Ter máis de 18 anos (ou ser menor emancipado) e non pasar dos 65anos.Ter o marisqueo como medio fundamental de vida.Ter o certificado de mariscador/a

Non todas as persoas que solicitan o PERMEX acceden a el, xa que encondicións de concorrencia competitiva, existe un baremo no que se puntúanos méritos de cada persoa solicitante.

Traballar desde unha embarcación

O proceso para exercer o oficio de mariñeiro/a – pescador/a ten unproceso diferente. En primeiro lugar, hai que ter cumpridos os 16 anos e, coneles, superar un curso de formación sobre coñecementos teóricos e prácticossobre o mundo do mar. Con este curso, a persoa interesada pode sermariñeira axudante, pero non gobernar un barco. Para tal misión, deberá terun mínimo de 6 meses de embarque. Este permiso é necesario para mariscar aflote, por exemplo.

Se quixera aumentar a capacitación e ser patrón ou patroa dun barcode litoral, terá que contar con 18 anos e superar un curso teórico e práctico de250 horas. Con esta titulación poderá patronear unha embarcación de 12metros de eslora cunha potencia de 100 Kw e navegar ata 12 millas da costa.

O paso seguinte é o de patrón ou patroa costeira polivalente. Nestecaso, o curso necesario é de 800 horas das que 300 son prácticas. Os contidoscapacitan ao alumnado no manexo do motor, da embarcación, as dinámicasmariñas das correntes, meteoroloxía, sinaléctica do mar, seguridade,socorrismo, etc.

Esta titulación permite gobernar barcos de ata 24 metros de eslora e de400 Kw de potencia a 60 millas da costa.

En todo caso, para o exercicio da pesca e do marisqueo na Enseada deSan Simón, é suficiente con ter o título de mariñeiro-pescador/a e/ou o depatrón ou patroa de barco litoral.

Quero

traballarnomar

Ficha06

Page 23: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

23

O futuro da pesca e marisqueo na Enseada de San Simón presentaretos propios do lugar e outros que son comúns á pesca en Galiza.Presentamos algunhas das problemáticas de maior peso no sector e posiblesmedidas de mellora.

As condicións ambientais da Enseada de San Simón non son as máisóptimas para a conservación da actividade pesqueira e marisqueira. Malia asproteccións establecidas por constituír un espazo dentro da Rede Natura2000, a Enseada sofre unha forte presión urbanística, verquidos incontroladosnas súas augas, recheos que debilitan o seu sistema de correntes e fluxosmariños, presenza de especies invasoras, etc.

O control de verquidos, a concienciación social, o estreitamento dasnormas construtivas no litoral ou a mellora dos procesos de depuración dasaugas residuais son medidas necesarias.

A pesca en Galiza ten experimentado unha forte sobre explotaciónhistórica que minguou a presenza de diversidade de especies na súa costa. NaEnseada temos dous claros exemplos: as ostras e a sardiña. Estas dúasespecies eran comúns a mediados do s. XX e, na actualidade, estánpracticamente desaparecidas debido á sobre-explotación.

A sobre-explotación soluciónase deixando de extraer o recurso. Maissendo conscientes de que esta medida tería grandes efectos sociais, pódensepensar propostas intermedias: a aplicación dos principios da pesca sostible derespecto das tallas mínimas e os volumes de capturas, a creación de viveirosou espazos-reserva de especial protección ou o uso de artes e aparellosaxeitados ás medidas, cantidades e selección das especies capturadas. Asobre-explotación non só é responsabilidade do sector, senón que se fainecesaria unha regulamentación da pesca deportiva, cando menos, de certasespecies.

O furtivismo favorece a sobre explotación das especies e resultaeconomicamente pernicioso para o sector. O traballo de cultivar o marisco nosareais fica sen a súa recompensa total se parte dese recurso é extraido deforma non autorizada. Pensemos nunha plantación de tomates na que parteda produción fose para ás mans de persoas alleas á propia produción. Ofurtivismo é o mesmo fenómeno pero no mar.

Esta práctica combátese mediante a concienciación de que a actividademariñeira é unha actividade colectiva onde a acción individual ten efectossobre o global. A concienciación é necesaria xunto con medidas de controlmáis intensos.

Relacionado con esta problemática sitúase a pouca visibilización daactividade mariñeira na sociedade. Malia ser unha actividade que emprega acentos de persoas na Enseada, semella estar virada de costas á sociedade.Neste sentido, o distanciamento físico da vila de Redondela respecto do marten contribuído ao fenómeno.

Futuro da Pesca Ficha 07

Page 24: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

24

Achegar o mar á xente é labor das persoas do sector, valorizando o seutraballo e o seu produto, mais tamén das Administracións públicas. Vivir omar como se fose propio e sentirse orgulloso do mar próximo poderíansemellar ideas disparatadas, mais é desde a identidade e identificación co mardesde onde se pode mellorar.

A viabilidade da actividade pesqueira e marisqueira depende, engrande medida, da capacidade de converter o recurso natural en recursoeconómico. Neste sentido, os produtos de orixe non se poden esvaecer noanonimato do lote do mariñeiro. Se o recurso é de calidade e esa calidade éfroito do traballo e do lugar de cría, estas terán que contribuír á súavalorización. Por outro lado, a comercialización dos recursos mariños estáinzada de intermediarios que chegan a inviabilizar a propia actividadepesqueira e marisqueira. Quen extrae o produto do mar está, moitas veces, ávontade dos compradores e comercializadores do propio recurso.

A comercialización é un dos grandes retos do sector do mar. Nestesentido, medidas como a venda directa, a creación de cooperativas ouestratexias conxuntas de venda e comercialización favorecen que as persoasque viven do mar, poidan seguir vivindo. Por outro lado, as accións decreación de marcas de calidade e control do recurso, como é o caso do chocoen Redondela, favorecen a valorización da actividade.

Futu

rodaPesca

Ficha07

Page 25: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odopro

fesora

do

25

Bibliografía

Alejandro Muíños, Xermán e Rodríguez Mariño, Eleuterio (sd):Aproximación á historia do sector pesqueiro galego: Desenvolvemento dasactividades pesqueiroas ata os nosos días (1700-1990) . Universidade deSantiago de Compostela (Documento policopiado)

Arnaiz Ibarrondo, Ricardo et all. (2000) : A pesqueira da sepia con trasmallona Ensenada de San Simón. Xunta de Galicia.

Fernández González, Ángel I. (2005) : “De la roca a la cuerda. Orígenes ydesarrollo de la industria mejillonera en Galicia (1946-2005)”, ponencia doVIII Congreso de la Asociación Española de Historia Económica Santiago deCompostela, 13-16 de setembro de 2005

García Allut, Antonio (2003) : “La pesca artesanal gallega y el problema de lacomercialización: lonxanet.com, una alternativa más que virtual”, Zainak. Nº25, pp 17-32.

García Villanueva, José Antonio et all. (Coords) (2002) : Manual deformación para o marisqueo. Xunta de Galicia, Consellaría de Pesca e AsuntosMarítimos. Santiago de Compostela.

Gil Moure, Roberto “Historia das Traíñas en Redondela”. En liña(http://www.ipdca.com/internovas/historias/traineras/traineras.htm,consultado o 18 de marzo de 2013)

Martínez Crespo, José (2007) : Ordenanzas municipales de las villas deRedondela y Vilavella del año 1605”, Gallaecia, nº 26, pp. 365-384.

Recursos internet

www.pescadegalicia.comwww.chocoderedondela.comhttp://anecdotarioredondelan.jimdo.com/

Page 26: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Marisqueo

ePescanaEnseadadeSanSimón

Cadernodoalumnado

Page 27: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

27

Na Enseada de San Simón, a actividade da pesca está documentadadesde a prehistoria. No Castro da Peneda atopáronse abondosos restos dedepósitos de especies mariñas en diversos concheiros. Nestes depósitosatopáronse, sobre todo, moluscos. A chegada dos romanos incorporou unhanova técnica de conservación do peixe: a salga. Na ría de Vigo documéntase aexplotación de diversas salinas. Durante a Idade Media, os gremios demareantes organizan a pesca nas rías galegas. No caso da ría de Vigo, asprimeiras ordenanzas documentadas que se conservan datan do ano 1573. EnRedondela existe unha ordenanza municipal do ano 1605 na que se regula avenda de peixe e ostra na vila. O peso da actividade pesqueira en Redondelaera central e podemos imaxinar a Ribeira chea de actividade onde regateiras eveciños axustaban o prezo, baixo a atenta mirada dos enviados municipais.

A chegada dos fomentadores cataláns a mediados do século XVIIIprovoca unha modificación das técnicas de pesca, as relacións sociais elaborais e crea un ambiente de conflito que afecta tamén ao caso deRedondela. En 1763 toma corpo un novo motín ludista en Redondela. Isto é,unha protesta contra estas novas artes de pesca mediante a súa destrución.Mulleres e homes de mar desta vila revélanse contra os fomentadores, nestecaso, orixinarios da vila de Vigo.

Con todo, as maiores transformacións na pesca dánse no século XX, noque se introducen novas técnicas e tecnoloxías, desaparecen especies,poténcianse outras e o marco lexislativo englóbase na actual Unión Europea.

A crecente demanda de produto fresco e para conserva impulsa osavances tecnolóxicos. Aparece unha nova embarcación, a traíña, quepermitirá a pesca da sardiña fóra do espazo marítimo das rías galegas. EnRedondela, na altura de 1910 hai un total de 14 traíñas. Este proceso nonestará exento de dificultades e controversias sociais por parte dos xeiteiros ebolicheiros que se ven superados en capacidade produtiva e afectados polabaixada de prezos.

Entrados xa no século, asistiremos á incorporación masiva da máquina

de vapor nas embarcacións de pesca. A difusión do vapor e o arrastreprovocaron profundas mudas nas relacións sociais do mundo pesqueiro.Moitos armadores seguiron sendo patróns nos seus barcos mais outroscomezaron a ficar en terra, debendo delegar distintas funcións no persoalembarcado. As modificacións nos procesos de captura e a progresivaindustrialización propicia a aparición dos primeiros sindicatos mariñeiros.

Nas diferentes etapas da ditadura franquista, a política pesqueira teráun denominador común: primar a pesca de altura sobre a flota e producióncosteira. As primeiras consecuencias fanse sentir no sector: incremento dascapturas de especies de altura (pescada, ollomol e bacallau) e reactivación dosector da construción naval.

Nos anos 40 introdúcese en Galiza a produción de molusco encordado

A pesca da Enseada no tempo Ficha 01

Page 28: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

28

en viveiros: bateas. O concello de Redondela terá que agardar ata o ano 1951para contar coa primeira concesión para esta modalidade de explotación.Esta innovación modificará o sector nas seguintes décadas creando un novogrupo, os produtores de mexillón.

Na década de 1960, nace unha nova xeración de buques que introduceparte dos procesos transformativos a bordo aumentando a capacidadeprodutiva: barcos factoría. Redondela será testemuña de excepción ao acollerna década de 1960 a factoría de Pescanova, pioneira mundial no conxelado eprocesamento de peixe a bordo.

A pesca entra na década de 1980 arrastrando os problemas estruturaisda sobre-explotación, a descapitalización das empresas pesqueiras, oestabelecemento das Zonas Económicas Exclusivas e o desleixe da flota litoral eartesanal. Como novo factor, a lexislación que se lle aplica provén dunhatríade institucional: Estado, Autonomía, a partir de 1983 e, dende 1986, aCEE.

Nos anos 90, a Xunta aproba un Plan de Ordenación dos recursospesqueiros e marisqueiros de Galiza e o estabelecemento de permisos deexplotación, entre outras medidas. Nas décadas seguintes, os cruces deintereses entre os diferentes países da UE e certa desvantaxe estrutural deGaliza no seo do Estado Español define a política pesqueira. A partir do ano2003, a UE suxire fixar obxectivos a longo prazo e adoptar medidas paracorrixir a sobre capacidade da flota pesqueira. O concepto de pesca sostible

imponse no marco comunitario.

Actividade. 1 No texto hai oito conceptos en cursiva. Busca informaciónsobre eles e escribe un parágrafo indicando o seu significado

Actividade. 2 A introdución de novas tecnoloxías na pesca sempre foimotivo de conflito no sector. O 26 de maio de 1898, podíase ler no semanarioredondelán de "El Pueblo" o seguinte comentario:

"Crendo as vendedoras que a sardiña que chegaba ao mercado fora pescadacoa traíña, esmagaron cos seus pés a mercadoría, botándoa polo chan."

Relaciona este feito co conflito ludista descrito no texto e intenta buscarexemplos na actualidade deste tipo de fenómeno.

Actividades

Page 29: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

29

Actividade. 3 Nas ordenanzas municipais de Redondela de 1705 podemosler:“ordenaron que por quanto en la mar y distrito de la dicha villa de Redondela

suelen morir ostra en alguna cantidad y algunas perssonas, ansi vezinos como

forasteros, la vienen a pescar a la jurisdicion que la dicha villa tiene por la mar

con unas armadixas que se dizen rastros, y con las dichas armadijas matan toda

la cria de la dicha ostra de manera que a venido a pereçer y pereçe, y si esto no

se remedia seran pareçer la dicha ostra de todo como otras veçes a paresçido (. . . )

ordenaron que no la maten con dichos rastros atento que ay otras maneras con

que se puedan matar sin daño de la dicha cria, y la persona que truxere e matare

con el dicho rastro pierda la dicha armadixa de rastro y el barco con qeu la fuera

a matar e pague mill maravedis de pena aplicados segun atras se contiene”

Lendo atentamente este texto, procura dar resposta ás seguintes cuestións:Que problemática hai na Redondela de 1605 respecto á ostra?É a primeira vez que a vila se atopa nesta situación?Cal é o remedio que propón a ordenanza?Relaciona esta ordenanza co concepto de “pesca sostible”

Page 30: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

30

As persoas que traballan no mar organízanse en base a agrupacións econfrarías. A Enseada de San Simón está dividida en tres administraciónspesqueiras: as Confrarías de Redondela, Arcade e Vilaboa. Esta últimaconstitúe a máis recente de toda Galiza, creada en 2012, a partir dunhaasociación de mariscadoras.Confrarías:

Entre as funcións das confrarías, destacamos: Informar e asesorar aosseus socios sobre as leis que lles afectan. Facilitar a formación dos seus sociose socias. Dar a súa opinión á Administración sobre asuntos que lles afectan.Organizar a produción mediante os plans de explotación e a súacomercialización a través da regulación de prezos e da oferta de produto.Vixiar as zonas que lle fosen encomendadas para a súa explotación.

A confraría está formada por socios e socias que poden ser persoasfísicas ou xurídicas sempre e cando desenvolvan unha actividade empresarialou laboral dentro do ámbito territorial da confraría. As persoas socias son asdepositarias finais do rumbo da confraría.

A organización dunha confraría componse dos seguintes órganosreitores:

Xunta xeral

É o órgano superior de goberno e decisión da confraría onde estánrepresentados todos os sectores. Os membros son elixidos polos socios por unperíodo de catro anos.

O Cabido

É o órgano de goberno e xestión da confraría e está conformado portraballadores e armadores a partes iguais. Os seus membros son elixidos polaxunta xeral ou asemblea por un período de catro anos. O Cabido é o órganoencargado de levar o día a día da confraría

Patrón ou Patroa maior

É o representante da confraría e é elixido/a entre os membros da xuntaxeral.

Agrupación de mariscadoras

Dentro dunha confraría pode existir unha agrupación de socios e sociasque se dedican á mesma modalidade de traballo e que se asocian paradefender os seus intereses económicos e profesionais. O caso dasmariscadoras é relevante na medida do peso económico do seu traballo e dasituación de desigualdade estrutural na que se atopa a muller no sector. Non éfrecuente atopar a mulleres en postos de máxima responsabilidade maliaseren unha parte esencial do sector.

Organización do sector Ficha 02

Page 31: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

31

As agrupacións contribúen a mellorar as explotacións, o seu coidado,planificación e distribución do traballo. Promociona a formación entre aspersoas asociadas e subliña o carácter colectivo do traballo do marisqueo.As agrupacións organízanse en base a unha asemblea e unha xunta directivaque leva o día a día da agrupación. No caso da Enseada de San Simón, é derelevancia que a confraría de Vilaboa nacese grazas ao impulso da Asociaciónde Mariscadoras de Vilaboa.

Actividade. 1 Cando un mariñeiro ou mariñeira vai pescar, sae na súaembarcación e o que captura é para el ou ela. O mesmo acontece cando aactividade é o marisqueo, sexa a flote ou a pé. Se, de forma aparente, aactividade mariñeira-pescadora ten este carácter individual, por que pensasque é tan necesario que existan agrupación de mariñeiros e mariñeiras?

Actividade. 2 En relación coa anterior cuestión, imaxina unha Enseada deSan Simón sen Confraría e sen agrupación de mariscadoras. Realiza unhatáboa indicando elementos positivos e negativos de tal situación en relaciónaos seguintes temas: conservación do recurso, prezo do recurso, formacióndas persoas profesionais, incidencia do furtivismo.

Actividade. 3 No mar traballan homes e mulleres. Busca información sobreo peso económico das mulleres na actividade mariñeira-pescadora na Enseadae, tamén, na presenza de mulleres nos órganos de dirección das diferentesConfrarías. Unha vez que teñas esta información reflexiona sobre a situación.Pensas que existe unha relación proporcional entre un dato e outro? Calespoden ser as razóns que expliquen esta situación? Que farías para mudar estarealidade?

Actividades

Page 32: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

32

A Enseada de San Simón conta cun ciclo produtivo diversodeterminado pola súa riqueza na produción de moluscos e choco e, por outrolado, limitado pola sobre-explotación, presión urbanística e contaminacióndas súas augas. O ciclo anual de extracción comezaba coa pesca do choco naprimavera, entre marzo e xuño; a pesca de especies peláxicas ata finais doverán e, a partir de outubro, a práctica do marisqueo ata o mes de marzo doano seguinte. Na actualidade, o marisqueo esténdese ao longo do ano.

Segundo os datos da Confraría de Redondela, as actividade de maiorpeso son:

Marisqueo a pé e a floteCultivo do mexillón en bateaCaptura do chocoPesca da anguía

Toda a actividade do sector está mediada por plans de explotación dapesca e dos recursos marisqueiros que as confrarías presentan de forma anual.

Estes plans contan coas cantidades de repoboación, lugares de cría,cantidades de captura, días de veda, etc. Os plans de explotación permitenpracticar unha extracción responsable e sostible do recurso.

Na modalidade de marisqueo a flote, os recursos principais que extraenson: ameixa fina, ameixa xapónica, ameixa babosa, croque. No marisqueo aflote a arte máis común é o raño.

O marisqueo a pé constitúe, en número de persoas, a máis numerosadas actividades. Na composición deste grupo de persoas traballadoras édestacado sinalar a maioritaria presenza de mulleres mariscadoras.Tradicionalmente esta é unha actividade altamente feminizada.

Os principais recursos que extrae este sector son: ameixa fina, ameixaxapónica, ameixa babosa e croque. Os bivalvos extráense con diversas artes,todas elas manuais. No caso de Redondela, son principalmente, catro: sacho,legón, angazo e gancha.

O peso do cultivo de mexillón na Enseada de San Simón no global daRía de Vigo é certamente reducido. En total, hai operativas 75 bateas das case500 que hai no conxunto da Ría.

Na Enseada tamén se extrae peixe. As embarcacións do marisqueo aflote de Redondela contan no seu permiso de explotación con autorizaciónpara traballar con outras artes de pesca: trasmallos, nasas (para a extracciónde choco) , bou de man. Na modalidade de cerco, en Redondela hai 18 barcosque realizan as súas vendas na lonxa do Porto de Vigo.

Pesca da Enseada de San Simón Ficha 03

Page 33: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

33

Actividade. 1 A pesca e o marisqueo necesitan de diferentes artes eaparellos. Alén dos aquí sinalados, coñeces algún máis. Enumérao, describe oseu aspecto, funcións e especies para as que se utiliza.

Actividade. 2 Os dous cadros que se mostran representan os topes decaptura por maré do ano 1961 e do ano 2012. Analiza a información que seobserva. Fíxate na presenza ou ausencia das distintas especies e nascantidades máximas de extracción e procura explicar as diferenzas.

Actividade. 3 Na páxina web www.pescadegalicia.com poderás atopar unhalistaxe con todas as embarcacións de Redondela. Unha vez atopes dita listaxe,procura buscar o significado dos seguintes conceptos: Lista, matrícula, folio,eslora, potencia e caladoiro.

Que embarcacións pensas que se utilizarán para o marisqueo a flote, epara pescar chocos?

Os nomes dos barcos son moi diversos, pero hai certas característicasque se repiten. Cal é a máis común? Procura atopar unha explicación.

Topes de captura

A pé (mariscadoras)

Ameixa babosa 2 Kg

Ameixa fina 2 Kg

8 Kg

Ameixa bicuda

12 Kg

Caramuxo 5 Kg

Longueirón vello 15 Kg

Relo Determinarase na resolución

Especies

Ameixa xaponesa

1 Kg

Berberecho

Actividades

Page 34: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

34

O choco é unha especie de molusco cefalópodo que se distribúe noAtlántico desde o mar Báltico ata as costas africanas, e polo Mediterráneo. Éunha especie que pode atopar en augas superficiais ata os 200 metros. Habitaen fondos de area e lodo, introdúcese nas praderías submarinas de ceba(Zostera sp. ) que existen no interior das rías para desovar. As condiciónsecolóxicas da Enseada de San Simón constitúen un hábitat ideal para a críado choco.

A pesca comercial do choco realízase con dúas artes diferentes: ostrasmallos e as nasas. A súa pesca practícase entre os meses de marzo e xuño.

A Confraría de Redondela ten desenvolvido, nos últimos anos, variosproxectos de potenciación da cría do choco e de valorización do produto.

A pesca do choco non é unha actividade máis en Redondela. Trátasedunha actividade cun alto peso económico, simbólico, cultural e social. Existeunha identificación social con este animal que transcende o ámbito mariñeiro.

Actividade. 1 Busca información sobre as artes do trasmallo e as nasas.Descríbeas e explica o seu funcionamento. Cal pensas que é a máis adecuadapara a pesca do choco? E a máis selectiva?

Actividade. 2 A pesca do choco ten un período de veda. Por que pensas queexiste esta veda? A que contribúe a existencia de vedas de pesca? Afecta estaveda a todo tipo de pesca, incluída a deportiva?

Actividade. 3 A Confraría de Redondela ten unha máquina de etiquetaxe dochoco. En que contribúe esta etiquetaxe na valorización do choco? Cal é adiferencia entre un choco de Redondela e outro de Bueu? Que se pretendecon esta iniciativa? Podes buscar información na páxina webwww.chocoderedondela.com.

Actividade. 4 Se é verdade que o choco non é un produto máis da Enseadade San Simón, fai unha relación da presenza do choco fóra da lonxa deCesantes. A partir desa lista, pensa como se podería valorizar a produción dechoco en Redondela.

O choco Ficha 04

Actividades

Page 35: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

35

O proceso da pesca remata coa súa comercialización. Para que chegueo produto do mar ao consumidor, é necesario un conxunto de medios queteñen como fin controlar as cantidades do recurso extraído, evitar ofurtivismo e garantir a saúde do consumidor. Tanto o peixe como o marisconon poden ser vendidos de forma directa.

A lonxa é un punto de venda e control do produto do mar. É un lugarde paso necesario para a comercialización de peixe. Na lonxa efectúansediversas operacións:

Pésanse os lotes de peixe ou marisco que se poñen á venda; realízase apoxa; emítense as facturas ou albarás, como comprobantes de compra; dánseas guías de descarga, que permiten levar o produto dunha lonxa a outra e,para os compradores, o documento de rexistro que xustifica que o produtoque leva foi mercado nunha lonxa ou nun punto de venda autorizado porunha persoa, tamén, autorizada.

A actividade que se presenta é unha versión do material didáctico “El joc de lasubhasta” do Museu da Pesca de Palamós (http://www.museudelapesca.org)

Actividade. 1 Esta é unha actividade que pretende simular o funcionamentodunha poxa de peixe. Cada participante terá un dos papeis das persoas queinterveñen no proceso: un poxador, un representante da confraría e catrocompradores.Con tal de aproveitar o xogo, unha vez rematada a poxa, todos osparticipantes comentarán a súa estratexia.Para realizar a actividade recoméndase visitar unha poxa na lonxa ou explicarcomo funciona todo o proceso.Xogaremos con tres especies diferentes: choco, ameixa fina e xurelo

Personaxes e datos da partida:

Este é un xogo de roles para grupos de seis alumnos/as. Cada un/ha teráunha calculadora e un sobre persoal que non poderá mostrar a ningún ataque se fagan os comentarios finais. Cada alumno ou alumna interpretará a unpersonaxe. No comezo do xogo, cada alumno ou alumna recibirá un sobre copersonaxe que terá que interpretar cos detalles do seu papel. Dentro do sobreatoparán os euros necesarios para o xogo.

A comercialización Ficha 05

Actividades

Page 36: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

36

Os detalles de cada rol son:

Poxador/a: Porá o prezo máximo do peixe ou marisco e irá baixando o prezode 10 en 10 céntimos ata que algún comprador/a berre “meu”. Para fixar osprezos, terá que ter en conta os prezos do día anterior.

Representante da Confraría: tomará nota de quen compra que lotes, fará afactura e cobrará. Ten que lembrar que hai que sumar unha taxa da Confraríado 4% sobre total do lote.

Mucha ou Moncho vende a varios supermercados: Encargáronlle que tiña quecomprar, como mínimo, 4 kg de xurelo, 3 kg de choco e 3 kg de ameixa.Conta con 80 euros.

Palmira ou Tomás vende na praza de Redondela ten que comprar, comomínimo, 3 kg de xurelo, 4 kg de choco e 2 kg de ameixa. É importante quenon perda o choco, porque hai un restaurante que necesita o xénero para unxantar duns clientes que non pode perder. Conta con 75 euros.

O comprador ou comprador do Restaurante Casa Chisco ten que comprar,como mínimo, 3 kg. de xurelo, 4 kg. de choco e 3 kg de ameixa para poderprepara un xantar de aniversario. Conta con 85 euros.

A dona da peixería O Recuncho ten que comprar, como mínimo, 5 kg dexurelo, 3 kg de choco e 2 kg de ameixa. O xurelo está segura de que ovenderá e os chocos e as ameixas son unha encomenda dun veciño que ten unxantar de amigos e amigas. Conta con 70 euros.

Os prezos de onte na lonxa foron:

Xurelo: 2.1 euros/kgChoco: 4.8 euros/kgAmeixa fina: 9.7 euros/kg

Caixas de peixe

Estas son as caixas de peixes expostas na lonxa. Fixádevos ben e facede osvosos cálculos para saber o prezo que vos convén mellor!

Xurelo: 4 kg, 3,8 kg, 4,2 kg, 3,6 kg, 3 kgChoco: 3,6 kg, 5 kg, 4,3 kg, 4,1 kg

Page 37: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

37

Ameixa fina: 3,4 kg, 2,9 kg, 4,7 kg

Desenvolvemento do xogo

Cada caixa de peixe será como unha carta da baralla. No comezo do xogo,estarán todas postas cara arriba no medio da mesa. Todos os participantes napoxa tomarán nota do que hai na lonxa. Todos e todas poderán observalasdurante uns minutos.Despois, o poxador ou poxadora sinalará unha das caixas (cartas) e fixará unprezo de saída bastante máis alto que o prezo de compra-venda do díaanterior. Irá baixando o prezo de 10 en 10 céntimos de euro ata que un doscompradores ou compradoras berre “meu”. Nese momento, o representanteda confraría emitirá unha factura. O comprador ou compradora pagará eretirará a carta correspondente á caixa.Namentres, os outros compradores e compradoras farán unha novaconfiguración da situación para saber cal é a mellor estratexia a seguir.O ou a representante da Confraría xa terá os papeis das facturas coa seguinteinformación:

Confraria de pescadores de RedondelaComprador/a:Especie:Peso da caixa:Prezo kg:Prezo da caixa:4% de taxas da confraría:10,5% de recibo compensación (IVE) :Prezo total a pagar:

Unha vez rematado este proceso, o poxador ou poxadora escollerá unha novacaixa e repetiremos o proceso ata rematar as 12 caixas que están á venda.Unha vez rematado todo o proceso, o poxador ou poxadora e a persoarepresentante da Confraría terán que calcular o prezo medio da venda decada especie e apuntalo. Será o prezo referencia para a poxa do día seguinte.Agora toca a quenda aos compradores e compradoras. Haberá quen teñacomprado todo o que necesita, outras non por falta de cartos, outras por nonter a decisión de mercar a tempo ou outros mercaron máis do que tiñanpensado

Page 38: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

38

Cada comprador ou compradora ten que fixar o prezo ao que quere vender oxénero. Cando todas as persoas compradoras o teñan decidido, escribiranonun papel e o porán boca arriba na mesa, á vista do resto de participantes. Seé moi caro, venderán pouco, se é moi barato, gañarán pouco!Unha vez finalizada a interpretación, resta falar sobre as diferentes estratexiasque cada quen utilizou para comprar e vender o peixe. Realizade un cadroexplicando a estratexia de cada un/ha, os resultados da poxa e posiblesmelloras para o futuro.En todo o proceso de venda do peixe, o papel dos mariñeiros e mariñeiras écase inexistente. No debate incluíde este temas:

Que capacidade ten de incidir no prezo final do xénero?Pode haber situación onde se pague un prezo por baixo dos custes deprodución?Que estratexias serían positivas para que mariñeiros e mariñeiraspoidan recibir polo seu traballo unha xusta recompensa?

Page 39: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

39

Naia, Rita e Daniel son tres amigos de Redondela que cursan 4º daESO. Entre as súas preocupacións está a do seu futuro laboral. Non saben moiben o que queren ser de maiores. A nai de Rita é mariscadora e o pai deDaniel é mariñeiro. Os dous pertencen á Confraría de Redondela. Os traballosdo pai e a nai de Naia non están relacionados co mar.

Saben que o traballo no mar é duro e, por veces, escoitan na casa queas cousas non van de todo ben. Mais, por outro lado, o mar sempre estápresente nas conversas da casa. As familias de Rita e Daniel non poden vivirsen o mar. Algo saben das moitas tarefas que se poden desenvolver no mar een terra, pero non están moi seguros de todo.

Despois de falar, deciden investigar sobre a posibilidade de continuar atradición familiar de Rita e Daniel.

Axuda ao noso grupo de amigos a informarse sobre o traballo no mar.

Actividade. 1 Calquera persoa pode ser mariñeira-pescadora e mariscadora?Que tipos de estudos ou formación son necesarios para chegar a sermariñeiro/a ou mariscadora? Busca información na páxina web daConsellería do Mar sobre as vías que Rita, Daniel e Naia teñen.

www.medioruralemar.xunta.es/mar/investigacion_e_formacion/formacion

Actividade. 2 No mar hai multitude de traballos e tarefas. Fai unha listaxecon todos os oficios-traballos que coñezas relacionados co sector pesqueiro-marisqueiro.

Actividade. 3 A diferencia doutros traballos, no mar, as tarefas estánrepartidas ao longo do ano. Pensa nun ano de vida dunha persoa que sededica á pesca en Redondela e realiza un cadro ordenando os traballos pormeses.

Actividade. 4 Na casa de Daniel fálase moito do duro que é o traballo no mar.Busca información sobre os perigos desta actividade. Enuméraos e pensaposibles medidas de seguridade.

Actividade. 5 Como se remunera o traballo no mar? Investiga sobre o salariodas persoas que traballan no mar. É un salario constante? De que depende o

Quero traballar no mar Ficha 06

Actividades

Page 40: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

40

salario? Pensas que pode chegar a ser un salario digno para sustentar unhavida?

Actividade. 6 Por último, e para axudar a que Rita, Daniel e Naia tomen unhadecisión, fai un cadro con cinco razóns para traballar no mar e outras cincopara buscar outra actividade. Unha vez realizado o cadro, debate cos teuscompañeiros e compañeiras de clase sobre o tema.

Page 41: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

41

O futuro da pesca e marisqueo na Enseada de San Simón presentaretos propios do lugar e outros que son comúns á pesca en Galiza.Presentamos algunhas das problemáticas de maior peso no sector e posiblesmedidas de mellora.

As condicións ambientais da Enseada de San Simón non son as máisóptimas para a conservación da actividade pesqueira e marisqueira. Malia asproteccións establecidas por constituír un espazo dentro da Rede Natura2000,a Enseada sofre unha forte presión urbanística, verquidos incontrolados nassúas augas, recheos que debilitan o seu sistema de correntes e fluxos mariños,presenza de especies invasoras, etc.

O control de verquidos, a concienciación social, o estreitamento dasnormas construtivas no litoral ou a mellora dos procesos de depuración dasaugas residuais son medidas necesarias.

A pesca en Galiza ten experimentado unha forte sobre explotaciónhistórica que minguou a presenza de diversidade de especies na súa costa. NaEnseada temos dous claros exemplos: as ostras e a sardiña. Estas dúasespecies eran comúns a mediados do s. XX e, na actualidade, estánpracticamente desaparecidas debido á sobre explotación.

Para paliar a sobre explotación pódense aplicar os principios da pescasostible de respecto das tallas mínimas e os volumes de capturas, crearviveiros ou espazos-reserva de especial protección, usar artes e aparellosaxeitados ás medidas, cantidades e selección das especies capturadas.

O furtivismo favorece a sobre explotación das especies e resultaeconomicamente pernicioso para o sector. Esta práctica combátese mediante aconcienciación de que a actividade mariñeira é unha actividade colectivaonde a acción individual ten efectos sobre o global. A concienciación énecesaria xunto con medidas de control máis intensos.

Relacionado con esta problemática sitúase a pouca visibilización daactividade mariñeira na sociedade. Achegar o mar á xente é labor das persoasdo sector, valorizando o seu traballo e o seu produto, mais tamén dasAdministracións públicas.

A viabilidade da actividade pesqueira e marisqueira depende, engrande medida, da capacidade de converter o recurso natural en recursoeconómico. Se o recurso é de calidade e esa calidade é froito do traballo e dolugar de cría, estas terán que contribuír á súa valorización. Quen extrae oproduto do mar está, moitas veces, á vontade dos compradores ecomercializadores do propio recurso.

Futuro da Pesca Ficha 07

Page 42: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Cadern

odoalumnado

42

A comercialización é un dos grandes retos do sector do mar. Nestesentido, medidas como a venda directa, a creación de cooperativas ouestratexias conxuntas de venda e comercialización favorecen que as persoasque viven do mar, poidan seguir vivindo.

Actividade. 1 Os problemas son problemas ata se que atopa unha solución.Le o texto atentamente e realiza un cadro coas problemáticas que afectan áEnseada de San Simón: Xunto ás problemáticas pensa que solucións sepoderían artellar. Isto é necesario para solventar os problemas, mais nonsuficiente. Agora só falta atopar as persoas que teñen que levar adiante ditassolucións. Engade a cada solución un comentario sobre quen podería oudebería ser responsable das accións a tomar.Vendo o cadro resultante, que se pode facer desde o voso Instituto paramellorar esta situación?

Actividades

Page 43: Pesca e marisqueo na enseada de san simon

Financia