PILAR PALLARÉS CLAUDIO RODRÍGUEZ FER ARS VIVENDI ALÉN · CLAUDIO RODRÍGUEZ FER ALÉN Cando nos...
1
PILAR PALLARÉS ARS VIVENDI às veces fica só unha estátua quebrada na que o tempo acumula rosas da humidade e unha flora imprecisa de estacións nevoentas non tentar recompor a liña do sorriso non lle buscar nos ombros un calor que fuxiu deixar que a noite cegue a sua branca fronte tan tersa na vellez, tan preservada ainda que as larvas e as formigas devoren os seus ollos e que o que onte viveu, caia en olvido De Livro das devoracións (1996) CLAUDIO RODRÍGUEZ FER ALÉN Cando nos abrazamos imos a outromundo onde nos abrazamos e marchamos a un transmundo onde nos abrazamos e onde quizais só nos abrazamos. De Tigres de ternura (1982)
Transcript of PILAR PALLARÉS CLAUDIO RODRÍGUEZ FER ARS VIVENDI ALÉN · CLAUDIO RODRÍGUEZ FER ALÉN Cando nos...
PILAR PALLARÉS
ARS VIVENDI
às veces fica só unha estátua quebradana que o tempo acumula rosas da humidadee unha flora imprecisa de estacións nevoentas
non tentar recompor a liña do sorrisonon lle buscar nos ombros un calor que fuxiu
deixar que a noite cegue a sua branca frontetan tersa na vellez, tan preservada ainda
que as larvas e as formigas devoren os seus ollose que o que onte viveu, caia en olvido
De Livro das devoracións (1996)
CLAUDIO RODRÍGUEZ FER
ALÉN
Candonos abrazamosimosa outromundoondenos abrazamose marchamosa un transmundoondenos abrazamose onde quizais sónos abrazamos.
De Tigres de ternura (1982)