Piñeiros (Pinus pinaster e outros)

69

Transcript of Piñeiros (Pinus pinaster e outros)

Os piñeiros son un grupo de árbores das que se coñecen unhas 110 especies todas nativas do Hemisferio Norte, a non ser o piñeiro de Sumatra. O maior número de especies diferentes, case 50, atópanse nas montañas subtropicais de México.

CLASEAnxiospermas

ORDEPinalesFAMILIAPináceas

Teñen as follas, lineais, dispostas en grupos de entre dúas e cinco, e poden medir de 5 a 40 cm, segundo a especie. As piñas son leñosas, ovais ou cónicas, e de medidas moi diversas.

piñeiro bravo(Pinus pinaster)

pinocluster pinepin maritime

pinheiro bravo

Árbore de copa alta, cónica nos exemplares novos e globosa e irregular nos vellos, que pode acadar 30 m de altura. É orixinaria do Mediterráneo occidental. En Galiza é unha das árbores máis abondosas como consecuencia das repoboacións feitas nos últimos 200 anos. Pódese atopar por todas partes desde a beiramar ata os 1.500 m de altitude.

TALO:O toro é dereito, coas ponlas verticiladas e abertas, a casca é gris nos exemplares novos e castaña-vermella, moi cuarteada, nos exemplares vellos.

FOLLASAcículas longas e estreitas de 15 a 25 cm de lonxitude, de cor verde grisácea, coirentas, ríxidas e persistentes, dispostas por pares.

FLORESUnisexuais. Florece entre febreiro e abril.

As masculinas son grupos de pequenos conos de forma oval (de 2 cm de lonxitude) situadas nas ponlas baixas. Están formadas por unha bráctea que sostén dous sacos polínicos grandes.

As flores femininas son pequenos conos leñosos, de forma oval de ata 2 cm de lonxitude, de cor encarnada, que aparecen nos brotes terminais formando verticilos. En cada escama leñosa levan dous óvulos.

Os conos portadores das sementes (piñas) son de forma oval cónica, algo torcidas, de ata 20 cm de lonxitude e 8 cm. de ancho. Empezan sendo verticais e vanse inclinando ata que na madurez (2 anos) teñen a posición invertida e abren (no verán) para soltar as sementes (piñóns). Os piñóns son leñosos, de cor negra, cunha á membranosa que lle serve para que o vento os disperse. Miden 1 cm de lonxitude.

CICLO ANUAL-PIÑEIROFolla

Flor

Froitoxaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Os piñeirais son bosques ou plantacións de piñeiros. Ocupan o 36% da superficie arborada de Galiza e están formados, na súa maior parte por piñeiro do país (Pinus pinaster).

Piñeiro bravo de Leiro (Pontedeume). -35 m de altura e 4 m de perímetro.Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

Piñeiro bravo na praia de Cabanas.

Piñeiros bravos na praia de Broña (Serra de Outes). -máis de 4 m de perímetro.

Campus Sur (Santiago de Compostela)-O máis groso mide 3,33 m de perímetro.

Piñeiro bravo do Seminario(Ourense)

Piñeiro bravo en Freás(Cea)

Piñeiro de Cuíña (Guntín de Pallarés). Ten máis de 100 anos. Mide 33 m de altura e máis de 4,50 m de perímetro.

Piñeiro bravo de Alxén (Salvaterra de Miño) -46,1 m de altura, e case 4 m de perímetro.Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

Piñeiros bravos na Toxa (O Grove).Na parcela central hai varios exemplares moi altos que superan os 3 m de perímetro.

Piñeiro bravo na Toxa(O Grove).-3,40 m de perímetro.

Piñeiro bravo no Pazo de Rubiáns (Vilagarcía de Arousa)-3,67 m de perímetro.

Piñeiro bravo no parque do Castro(Vigo)-3,02 m de perímetro

Piñeiro bravo no Parque de Castrelos(Vigo)-2,50 m de perímetro

Piñeiro bravo no no Codesal (Camposancos, A Guarda).-3,98 m de perímetro.

USOS:A madeira utilízase para construcción, para facer embalaxes, móbeis e para fabricar taboleiros e pasta de celulosa. As piñas como combustible e as follas (faiscas, candeas...) como cama para o gando. As xemas novas empréganse como balsámicos e contra a bronquite.Da saiba extráense produtos químicos (resinas, disolventes...)

Atópase por case toda Europa e polo norte de Asia. Foi unha especie clímax en Galiza no Cuaternario. Na actualidade só se atopa plantado como especie de repoboación nas zonas altas. Pode medir ata 30 m de altura e 1,30 m de diámetro. As follas, en grupos de 2, miden de 3 a 7 cm. As piñas, oblongas, miden de 3 a 6 cm; os piñóns son moi pequenos e alados.

PIÑEIRO RUBIO, PIÑEIRO ALBAR, PIÑEIRO SILVESTRE (Pinus sylvestris)

PIÑEIRO MANSO(Pinus pinea)

O máis característico é a copa esférica nos exemplares novos e en forma de parasol nos exemplares vellos. Atópanse pés illados perto da costa e en zonas de influencia mediterránea.A acículas miden de 8 a 10 cm de lonxitude a van en grupos de dúas. Os conos (piñas) son ovais, grosos de ata 12 cm de lonxitude. Os piñóns son grandes (2 cm), coa á curta e comestibles.

Piñeiros mansos do Castelo de Santa Cruz (Oleiros).

Piñeiro manso do Pazo de Orto. (Abegondo). -25 m de altura e 5,40 m de perímetro.

Piñeiro manso na Feira de Verdillo(Carballo)

Piñeiro manso de Negreira.

Piñeiro manso en Boente (Arzúa).

Piñeiro manso en Ribadiso (Boimorto).

Piñeiro manso en Viñas Novas (Boa, Noia).-5,80 m perímetro.

Piñeiro manso en Lumeares (A Teixeira). -3,90 m de perímetro

Piñeiro manso no Santuario das Marabillas (Espiñoso-Cartelle). - 4,23 m de perímetro. Está seco.

Piñeiro manso dos Candeiras (Celeiros, Ponteareas)-30,8 m de altura e 4,95 m de perímetro. Desaparecido

Piñeiro manso en Carricovas

(Silleda).-4,20 m perímetro.

Piñeiro manso en Ponteliñares (A Estrada).

Piñeiro manso en Reirís(Caldas de Reis)

Piñeiros mansos no Parque de Compostela (Vilagarcía de Arousa)

Piñeiros mansos en Cortiñas(A Modia, Vilariño, Cambados)Un grupo de 15 exemplares.O máis groso mide 2,7 m de perímetro.

Piñeiro manso no Pazo de Cabido(A Torre, Baión, Vilanova de Arousa).-6,25 m de perímetro.

Piñeiro manso no Casal(Poio).-3 m de perímetro.

Piñeiro manso de Mexachán(Arcade, Soutomaior).

Piñeiros mansos na Capela de San Roque do Monte (Cangas)-4,90 e 4,50 m perímetro.

Piñeiros mansos da Quinta do Couselo (O Rosal)-28 m de altura; 4,38 m de perímetro.-26 m de altura; 3,68 m de perímetro.

Orixinario de California. É sensible ao frío e á xeada e so se planta en zonas próximas ao mar. É unha especie que medra rápido e pode acadar 30 metros de altura e 1 m de perímetro en vintecinco ou trinta anosAs follas, en grupos de 3, miden uns 15 cm. as piñas, ovoides cónicas, miden de 7 a 14 cm. Os piñóns son pequenos e alados. En Galiza foi moi plantado nas repoboacións forestais.

PIÑEIRO DE MONTERREIPIÑEIRO DE REPOBOACIÓN(Pinus radiata)

Piñeiros de Monterrei na serra do Portelo.

Piñeiros de Monterrei no Parque de Santa Margarida (A Coruña)

Piñeiro de Monterrei do Pazo de Santa Cruz (Oleiros). -20 m de altura e 5 m de perímetro.Incluído no Catálogo de Árbores Senlleiras da Xunta de Galiza.

Piñeiro de Monterrei de Ledoira (Frades). -4,40 m de perímetro.

Piñeiro de Monterrei da capela de San Roque de Moar (Frades) -3,50 m de perímetro.

Piñeiro de Monterrei de Vilarello (Frades)-4,15 m de perímetro.

Piñeiro de Monterrei da Casa de Otero (Santa Comba).

Piñeiro de Monterrei do Pazo Mariñán (Bergondo).

Piñeiro de Monterrei de A Valiña(Vimianzo)

Piñeiro de Monterrei de Carnés(Vimianzo)-4,14 m de perímetro.

Piñeiro de Monterrei de Portoganoi(Santa Marta de Fixós, Lugo).

Piñeiro de Monterrei de Balmonte(Castro de Rei)

Piñeiros de Monterrei en Rigueira(A Pastoriza).

•Piñeiro de Monterrei do Monte Aloia (Tui). -27 m de altura; 3,80 m de perímetro.

Piñeiro de Monterrei do Parque de Compostela(Vilagarcía de Arousa)

Piñeiro de Monterrei do Castelo de Soutomaior-3,44 m de perímetro

Piñeiro de Monterrei da Illa de San Simón (Redondela)-3,10 m de perímetro.

•Piñeiro de Monterrei de O Castro. (Vigo)-17 m de altura; 4,85 m de perímetro.

É orixinario das zonas boscosas das montañas de México e Guatemala. Pode medir de 20-35 m de altura e só 50 a 80 cm de diámetro. As follas, en grupos de 5, ás veces 4 ou 6; miden de 12 a 15 cm de lonxitude. As piñas, ovoides e lixeiramente curvadas, miden de 12 a 15 cm e teñen piñóns de 6 a 7 mm cunha á de ata 2 cm.

PIÑEIRO DE MONTEZUMA(Pinus montezumae)

Piñeiro de Montezuma do Viveiro Central de Areas. (Toxeira, Tui)-30 m de altura, 2,80 m de perímetro.

É nativo do surleste dos Estados Unidos. Acada unha altura de 30 a 35 m e un diámetro de 1,2 m. As follas de 20 a 45 cm de longo están en grupos de 3. As piñas miden de 15 a 25 cm teñen piñóns de 7 a 9 mm cunha á de ata 4 cm.

PIÑEIRO DE FOLLA LONGA (Pinus palustris )

Piñeiro de folla longa do Viveiro Central de Areas. (Toxeira, Tui)-3,1 m de perímetro.

É orixinario de México e do sur dos EE. UU. Pode medir de 20 a 40 m de altura e acadar 1,20 m de diámetro. As follas, colgantes, en grupos de 3, miden de 15 a 30 cm. As piñas, cónicas e curvadas, aparecen en grupos e miden de 7 a 9 cm. Os piñóns son alados

PIÑEIRO AMARELO MEXICANOPIÑEIRO CHORÓN(Pinus patula)

Piñeiro chorón mexicano do Castelo de Soutomaior-2,52 m de perímetro.

Piñeiro chorón mexicano do Parque de Cotorredondo (Vilaboa)

ESCOLMA LITERARIA

NO PINALArrecende a resina e marusía...Baixan do monte os corvos revoandoe na flauta o rapaz que garda o gandorepenica unha donda canturía.Rosma o vento mareiro unha elexíaantre os pinos, xemendo e barbullando,e un abó coa netiña vai xuntanoas faíscas ao pé da serventía...

Ramón Cabanillas “No desterro”, 1913

ADIVIÑASUnha casa de madeiratoda de alcobas chea,en cada alcoba unha damaa que abran as portas espera(Piña e piñóns)

Casa pechada, e en cada alcoba unha dama.(Piña e piñóns)

TRADICIÓN ORAL

CANTIGAS

Arrimeime a un pino verdepor ver se me consolaba,e o pino como era novo (ou verde)ao verme chorar, choraba.

Alto pino, pino alto,que ao ceo chega coa rama,non me derrames o pinoque me derramas a alma.

Ou que piñeiro tan alto,ou que boas piñas ten;debaixo non se lle chega,arriba non vai ninguén.

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, InternetXullo 2015