Pita Faladora

52
Nº 29 CEIP “Nosa Señora dos Remedios”, Ponteareas Curso 2008-2009

description

Xornal do 3º trimestre

Transcript of Pita Faladora

Nº 29 CEIP “Nosa Señora dos Remedios”, Ponteareas Curso 2008-2009

2

1. EDITORIAL........................................................................................................................ PÁX.3

2. LETRAS GALEGAS............................................................................................................ PÁX.4

3. LEMAS................................................................................................................................ PÁX.6

4. SEMENTEIRA..................................................................................................................... PÁX.8

5. OS TRES PORQUIÑOS....................................................................................................... PÁX.9

6. PINTAMOS UN CADRO.................................................................................................... PÁX.10

7. CONTA CONTOS ENTRE 1º B E 5º C............................................................................. PÁX.11

8. MINICONTOS..................................................................................................................... PÁX.13

9. CONTACONTOS................................................................................................................. PÁX.14

10. DÍA DO LIBRO................................................................................................................. PÁX.16

11. EXPOSICIÓN DE INSTRUMENTOS.................................................................................. PÁX.17

12. CONTACONTOS................................................................................................................ PÁX.19

13. LEMOS LIBROS................................................................................................................ PÁX.21

14. EXCURSIÓN ZOO............................................................................................................... PÁX.24

15. FERNANDO: O REPORTEIRO........................................................................................... PÁX.27

16. EXCURSIÓN A ONS........................................................................................................... PÁX.28

17. EXCURSIÓN FIN DE CURSO DE 6º................................................................................... PÁX.32

18. EXCURSIÓN A SANTIAGO.................................................................................................PÁX. 36

19. HORA DE LER.................................................................................................................... PÁX.37

20. CONSELLOS ECOLÓXICOS................................................................................................ PÁX.39

21. SEMINARIO INTERCULTURAL........................................................................................... PÁX.42

22. DICIONARIO MÉDICO IMAXINARIO................................................................................ PÁX.45

23. SEGUE AS PEGADAS....................................................................................................... PÁX.47

24. BIBLIOTECA..................................................................................................................... PÁX.48

25. PASATEMPOS.................................................................................................................. PÁX.50

26. EQUIPOS RADIO FALADORA E PITA FALADORA....................................................... PÁX.52

3

Mes de xuño do ano 2009, parece a simple vista unha data coma outra calquera, pero para o alumnado de 6º de primaria vai ser un mes moi especial, cheo de ledicias, tristuras, despedidas,…

Algúns ímonos outros quedarán. A nosa andaina no CEIP NOSA SRA DOS REMEDIOS está chegando ao seu fin, é hora de lembrarnos das nosas vivencias neste colexio: o primeiro día de escola, os nosos amigos, os nosos mestres e mestras,…

Aínda nos lembramos dos nervios que pasamos o primeiro día de clase, parece que foi onte, e xa estamos rematando 6º de primaria. Os recordos de cada un de nós quedarán nas nosas mentes para o resto das nosas vidas.

Algúns estamos orgullosos, outros desilusionados, outros nerviosos,… posto que o ano que vén xa non veremos esta bonita escola, e tampouco moitas amigas e amigos que atrás quedarán.

Ben, non hai que poñerse no peor, hai que pensar que marchar de aquí ten moitas cousas boas; coñeceremos xente nova e teremos novos amigos, aínda que haberá que estudar máis, porque xa somos maiores e estamos suficientemente preparados para seguir un novo camiño e acadar o que cada un de nós desexe e soñe para o seu futuro .

Esta é a nosa despedida breve pero sinxela. Nela gustaríanos darlle as grazas a todas as mestras e mestres que pasaron ao longo desta etapa polas nosas vidas, compartindo connosco tantos momentos inesquecibles. Tamén queremos darlle as grazas a todas e todos os compañeiras e compañeiros por eses momentos tan agradables e divertidos cos que nos agasallaron durante este período marabilloso. Alumnos e alumnas 6ºA

4

O día 18 de maio celebrouse no colexio o acto dedicado a celebración das Nosas Letras, que este ano dedicóuselle a Ramón Piñeiro López.

Este acto tivo dúas partes: unha primeira, con exposición e charla de artesáns, que nun principio ían ser seis e logo só foron dúas, palilleira e

arte con tella e outros materiais. Porén a organización mantivose e acadamos que os nosos e alumnas poidesen ter un día de festexo diferente e coñecer a mestura da tradición coa arte máis actual.

E unha segunda cun acto no patio onde se comezou cantando o himno e o “Rap de Lingua”, logo fixose a lectura da biografía do autor, a cargo dos alumnos e alumnas de 4º de E. Primaria, leronse os lemas a prol do galego con carteis ilustrados polos alumnos e alumnas de 3º de E. Primaria, que tamén leron un poema. O grupo de baile “Pedra da Garza”, do que forman parte alumnos e alumnas do colexio, agasallaronnos cun par de muiñeiras, para rematar a ritmo de baile.

Nenos e nenas de E. Infantil

Alumnos e alumnas de E. Primaria

5

INFLUENCIA EN XERACIÓNS DE GALEGUISTAS

Ramón Piñeiro naceu en Láncara (Lugo) o 31 de maio de 1915 e finou en Santiago no 1990, tivo gran influencia nas xeracións galeguistas, logrou, segundo a Real Academia, que o galego superarse a cualificación de lingua rural ou poética na que estaba encadrado. O labor ensaística de Ramón Piñeiro, recollido parcialmente nos libros “Olladas no futuro"”, "”Galicia"”, "”A linguaxe e as linguas”" ou “"Lembrando a Castelao”", que reflicten os eixos fundamentais do seu pensamento e destacan a necesidade da reafirmación cultural de Galicia como "camiño fundamental para a súa realización como pobo".

IMPULSOR DA NORMALIZACIÓN

O seu labor como impulsor da normalización do galego nos anos difíciles da postguerra, o que quedou recollido en numerosos artigos e actividades, como a publicación do Dicionario Enciclopédico de Don Eladio González. Como director literario da editorial Galaxia, tamén contribuíu á publicación de numerosos libros en galego nos anos anteriores á transición democrática. Piñeiro tamén destaca como animador cultural galeguista, recollido en actividades tan singulares como a colección Graal e a Revista Galega de Cultura, que recolleu a maioría do traballo ensaístico galego.

PRIMEIRO PRESIDENTE DO CONSELLO DA CULTURA Foi elixido en 1967 como membro numerario da Real Academia, á que se incorporou cun discurso sobre a linguaxe e as linguas. Tamén participou na creación do Consello da Cultura Galega no ano 1983 e foi o seu primeiro presidente, ata a súa morte. Outra das súas facetas foi o seu labor "socrática, exemplarizada nas conversas, na súa intensa e xenerosa correspondencia epistolar fóra e dentro de Galicia, en concreto en relación coa mocidade" e con toda "persoa que tivese Galicia como referente das súas actividades ou ideais".

6

Os alumnos e alumnas de 3º de E. Primaria, co gallo da celebración do Día das Nosas Letras e en homenaxe a Ramón Piñeiro López, un gran traballador e defensor pola difusión e uso do galego; elaboraron uns carteis con diferentes lemas a prol do uso do Galego.

Dende aquí agardamos pensedes coma estes alumnos e alumnas e xuntos todos e todas os levemos a práctica diaria. Agora a reflexionar con estes carteis.

7

8

Os alumnos e alumnas da aula de 4 anos A e 5 anos B sementaron

diferentes sementes, coidáronas e logo levaron a súa planta para a

casa para agasallar a súa familia. MOI BO O SEU TRABALLO!!!

Raúl coida das sementes Saray

rega as plantas

Todos levan a

súa planta

4 ANOS A

5 ANOS B

9

O día 23 de abril os alumnos e alumnas de E. Infantil foron ao teatro, a Vigo, a ver unha adaptación do conto “ Os tres porquiños”. Gustolles moito e foi un gran día!!

Xa de volta na aula, os alumnos e alumnas de 4 anos B, ao día seguinte fixeron unha actividade sobre o que viron.

Sabela E. e Andrea

Sabela G., José e Mª Clara

Mª Clara

Miguel Bandamio

Andrés

Daniel e Marcos F.

10

Os alumnos e alumnas da aula de E. Infantil, 5 anos B, fixemos un traballo de plástica e pintamos un cadro para agasallar as nosas familias.

Pintamos con ceras e plastilina, pegamos sementes e boliñas de papel, logo fixémoslle un

marco....

...E o traballo quedou

rematado.

QUE BONITO, gustaravos, verdade?

11

O día vinteoito de abril os alumnos e alumnas de 5ºA contáronlle aos nenos e nenas de 1º B o conto titulado: “Encontros no parque”.

Este conto, feito para representar con monicreques; nesta ocasión, foron as novas tecnoloxías as que puxeron en marcha o traballo de maneira que o que se mostrou foi unha presentación en PowerPoint lida polos nenos e nenas.

12

Encontros no Parque é un conto no que se trata a alimentación saudable, o coidado do entorno e a separación do lixo. Ademais Fito, un dos protagonistas, invita aos nenos e nenas a participar no xogo “Segue as pegadas”.

Tamén a titora de 5ºA, Josefa, contou para todos 5ºA-1ºB o conto da carapuchiña vermella contado polo lobo.

Axudándose de dúas marionetas: a Carapuchiña e o Lobo.

13

O alumnado de 5ºA fixemos un miniconto (conto -acordeón) resumo do conto de Susana Lamela titulado “Soños de Andel”

Estas son algunhas mostras:

14

15

16

23 DE ABRIL DÍA DO LIBRO

O 23 de abril como todos os anos celebramos no colexio o Día do Libro. Lembramos a Don Miguel de Cervantes autor da novela “ Don Quijote de la Mancha” obra universal traducida a todas as linguas.

Hai libros de aventuras, de medo, de viaxes, de fantasía….

Todos temos o noso libro preferido, o amigo no que lemos todas as noites antes de deitarnos.

Alumnos e alumnas de 2º A

17

A mestra mandounos

coa axuda da familia

para velo que pasa.

facer instrumentos na casa

Unha gran exposición

polos corredores montamos

¡Ai,que variedade!

nela atopamos.

18

Instrumentos de corda

vento e percusión

todos ben feitos

con moita ilusión.

Saímos na tele

saímos na radio

só falta que saia

no telediario.

19

20

21

22

23

24

25

26

27

O día 13 de maio os alumnos e alumnas de 2º de Primaria foron ao zoo de Vigo, pero acompañounos un reporteiro moi especial. Fernando, un alumno da aula de 2º A, a quen lle gusta moito tirar fotos coa súa cámara, encargouse de traer unha reportaxe dos animais que alí viron. A continuación el a súa cámara e algunhas desas fotografías.

Onde estará Fernando?

28

29

30

NURIA 3º B

31

32

O martes día 26 de maio, ás 7:30 h da mañá subiamos ao autobús rumbo á Coruña. Fixemos unha parada polo camiño nunha área de servizo, tomamos o bocata e continuamos o camiño.

Ás 10:30 h , xa estabamos no ACUARIUM, alí informáronnos de que a sala “Nautilus” estaba pechada por reformas , por este motivo non nos cobraron a entrada. Visitamos as salas interiores e a parte exterior, incluso puidemos gozar ao ver como alimentaban ás focas.

Pasadas as 12:30 h chegamos ao Planetario , tivemos que subir ata a última planta, unha vez alí nunha cúpula moi grande proxectáronnos 24 horas seguidas de observación do ceo, aprendemos moitas cousas . Tamén nos mostraron un vídeo sobre o Universo moi interesante.

Xa era hora de comer, así que montamos no autobús e dirixímonos ao DOMUS. Comemos no comedor , gardamos as mochilas e deseguido iniciamos a visita . Estivemos xogando e manipulando en todos os aparellos das distintas salas. Pasámolo moi ben e gustounos moitísimo..

Un vez rematada a visita do Domus , fomos a Torre de Hércules, subimos polo paseo, e desfixemos os peiteados porque sopraba moitísimo o vento. Unha vez arriba fixemos unha sesión de fotos.

Ao baixar da derradeira visita, merendamos e comemos un xeado e uns chupas. Recollemos todo moi ben recollido. E … para o autobús de volta ao cole,,,xa estabamos cansos, viñemos vendo unha película.

Chegamos as 20:3 0h ao colexio , as nosas familias xa nos estaban esperando.

Para a maioría de nós ,esta foi a derradeira excursión neste cole xa que o próximo curso estaremos noutro centro cursando a ESO.

EXCURSIÓN FIN DE CURSO DOS NENOS/AS DE 6º A E 6º B Á CORUÑA

2008-2009

33

ILUSTRACIÓNS EXCURSIÓN 6º

34

35

Alumnas e alumnos de 6º B

36

Este curso, os alumnos e alumnas de 5º fomos a Santiago de Compostela, onde visitamos o Parlamento e a catedral. A viaxe fixémola en tren e en autobús. Inda que a visita non foi como se esperaba, pasámolo ben porque xogamos todos xuntos e compramos moitas cousas.

O que máis nos gustou da viaxe foi cando viaxamos en tren, porque dentro do tren hasta había unha máquina para coller chucherías. Tamén nos gustou moito a visita ao Parlamento, vimos as salas onde os deputados fan o seu traballo e onde votan. A continuación, comemos ao lado do Parlamento. Despois de comer, fomos visitar a Catedral de Santiago e aproveitamos para comprar polos mercados que había arredor da Catedral.

37

Na aula de 4º A durante este curso, os alumnos e alumnas tiveron un gran reto, o que máis libros lese gañaba unha representación da nosa mascota da Biblioteca, UNHA POPI.

A gañadora foi IRIA, que leu nada menos que 20 libros.

MOITAS FELICITACIÓNS!!!!

Iria levame para a súa casa, vou seguir medrando moito, porque esta nena le moitooooos libros. QUE BEN!!!

38

O día 27 de maio celebrouse no colexio a cuarta convivencia de E. Infantil, nela participaron os alumnos e alumnas de Infantil, xunto coas súas mestras e familias; así como tamén os alumnos e alumnas das unitarias adscritas ao colexio, Pías e Ribadetea, tamén xunto cos seus mestres e familias. Participaron nos distintos obradoiros e demostracións de Bombeiros e Garda Civil coas súas motos e cans adestrados.

A continuación aparecen os alumnos e alumnas da aula de 3 anos B nestes obradoiros. Pasárono XENIAL!!

Fixemos fotos no obradoiro de

fotografía

Agardamos quenda para ir aos brincadoiros

Aprendemos a facer unha alfombra

Estivemos atentos coas exhibicións dos cans da Garda Civil

No conta contos escoitamos a

Susana Lamela

39

Consellos ecolóxicos 6º A

Le as etiquetas dos produtos e observa a información medioambiental que ofrecen. Compra só aqueles que sexan respectuosos co Medio.

Elixe sempre que sexa posible envases de vidro, pois son máis fáciles de reciclar.

Rexeita produtos que leven un envase excesivo xa que xeran moitos residuos.

Non tires lixo cando saias ao campo ou á praia.

Compra as froitas e hortalizas a granel, rexeitando as que veñen envasadas en láminas de plástico ou bandexas.

Reduce no posible o uso do papel: as fábricas que o producen consumen grandes cantidades de auga e enerxía.

Non compres produtos que veñan en sprays e en aerosois. Existen outros produtos que non prexudican tanto a capa de ozono.

Reutiliza: se tés algo que xa non che sirve ou non usas, non o tires. Pensa que moitos nenos coma os do Sáhara poden necesitalo .

40

Sabías que: as pilas producen enerxía 450 veces máis cara cá eléctrica e son moi contaminantes.

Utiliza a lavadora e o lavalouza a carga completa. E na cociña evita os rolos de papel, mellor utiliza trapos.

Sabías que: as bombillas de baixo consumo son máis caras cando as compramos, pero resultan moito máis baratas porque duran moitísimo máis e gastan menos.

Na cociña: evita usar papel de aluminio. . Compra produtos de limpeza respectuosos co Medio.

Non compres mobles elaborados con madeiras tropicais. Mellor mobles feitos por empresas comprometidas co medio e de árbores plantadas especificamente para a produción de mobles.

Cada animal debe vivir no seu entorno. Non teñas na casa animais que poidan sufrir por estar pechados.

Aproveita luz natural. Cando esteas na casa, sempre que poidas usa a luz natural antes de acender as lámpadas: abrindo ben as ventás, a maioría das veces podemos ver perfectamente coa luz exterior.

No transporte trata de optimizar o uso do automóbil: se vas de viaxe compartide o coche cos compañeiros e compañeiras, ou usade o transporte público.

Separa o lixo que xeres na túa casa. Como mínimo debes ter 4 recipientes: un para materia orgánica, un para envases lixeiros (latas, brics, plásticos), un para vidros e outro para papeis.

41

Unha cousa que seguro usas moito e que tamén contamina e ademais é moi tóxico é o "tipex". Realmente na escola non fai falta usalo. Se te equivocas, tachas cunha liña e xa está.

Elixe sempre deportes respectuosos co Medio, e cando os practiques lembra que non deben afectar ao teu entorno: non rompas árbores nin plantas, non molestes os animais e deixa todo como estaba.

Sabias que: unha capa de 5mm de espesor de xeo no conxelador, supón un 20% máis na factura eléctrica. Desconxela a miúdo o conxelador se forma xeo.

O coidado do Medio non só implica coidar os animais e a vexetación. Se destruímos un monumento ou un edificio antigo, estamos destruíndo parte da nosa historia, e son elementos importantes do Medio.

Sabías que: o consumo enerxético que temos hoxe en día está poñendo en perigo o abastecemento das xeracións futuras porque se están acabando os recursos. Temos que usar conscientemente os recursos e utilizar enerxías renovables.

Só nós sabemos como coidar o Medio. Se tes imaxinación e interese ocorreránseche un montón de cousas que podes facer para non contaminar, non gastar auga, electricidade, non molestar ós animais e plantas, etc...

42

GUINEA ECUATORIAL

Ola, son Mª Magdalena, teño 12 anos e levo en Ponteareas case 3 anos. Quero contarvos algo de min e do meu país. Eu teño 3 apelidos, Nzang Ndong Asue. Nzang é o apelido polo meu pai, Ndong é pola miña avoa e Asue é pola miña nai. Ao mesmo tempo puxéronme 3 nomes: miña nai chámame Pichuana, Nani púxomo o meu pai para demostrarme canto cariño me tiña pero o meu nome oficial é como o da miña avoa: Mª Magdalena, pois no meu país e costume poñer o nome dos nosos antepasados. Cando estaba no meu país asistín a 3 escolas: Santo Angel, La Inmaculada Concepción e La Divina Pastora.

Cando vivía en Kogo, unha cidade pequena, asistía ao colexio Santo Angel e o horario era de 8h a 13:30 h, cun recreo de 45 minutos. Faciamos excursións e acampadas.

Despois a miña familia trasladouse a Bata e alí ía a unha escola chamada La Inmaculada e entrabamos a clase ás 12h! Que tarde, verdade? E saiamos ás 17:30 h., só os máis pequenos entraban cedo pola mañá. Unha vez neste colexio fixemos unha excursión á praia e ao paseo marítimo.

Un pouco antes de vir para España fun a outro colexio, La Divina Pastora e nesta as clases xa eran de 8 a 13:00 h.

Unha cousa diferente no meu país e que tanto nos colexios privados como nos públicos hai que levar uniforme obrigatoriamente, e tamén que cando un neno suspendía ou chegaba tarde recibía un gran castigo. Os profesores alá son máis duros que os de aquí.

43

No meu país tamén é costume trenzar os cabelos pero as colexialas, que son as internas de La Inmaculada, non tiñan quen lles trenzara o pelo e tiñan que cortalo bastante. Este era un colexio e internado onde só vivían nenas, comían, rezaban polas noites, ceaban e despois ían durmir en habitacións compartidas. Durante o día os nenos podían ir ás clases.

Imaxes de Bata, a miña cidade

María 6ºB

44

VENEZUELA Ola, chámome Daniel Enrique Armero Trujillo e nacín en Puerto la

Cruz, Venezuela. É unha cidade costeira moi parecida a Vigo porque

ten un porto de mercancías e turismo. A súa principal entrada de

diñeiro e polo turismo xa que alí hai fermosas praias de augas

cristalinas e area branca.

O meu colexio chamábase Juan Antonio Sotillo e era moi grande

pois alí estudaban máis de 1000 nenos.

No meu tempo libre dedicábame a xogar ao fútbol e ía a unhas

clases de música polas tardes xa que eu tocaba a frauta e o violín.

En marzo de 2006 viñemos toda a familia para España, en

concreto, a Valencia porque os meus avós estaban alí.

Pero despois meu pai decidiu vir para a súa terra, Galicia, e por iso

estamos agora aquí.

Algún día gustaríame voltar a Venezuela pero só de vacacións

porque eu prefiro vivir aquí.

Daniel Armero 6º A

45

DICIONARIO MÉDICo Imaxinario

(continuación)

TAMBOR: Instrumento musical feito a base de tímpanos.

TIBIA: Único óso do corpo que non é nin frío nin quente.

TUNTÚN: Método de diagnóstico no que non se require reflexión algunha, se non “ollo de bo cubeiro “.

UFF!! : Modo de expresar os síntomas de cansazo, fastidio, sufocación dun paciente tras un día de ambulatorio.

UNTAL: Paciente do que nunca se acorda o seu médico de cabeceira.

URXENCIAS: Servizo no que máis esperan os pacientes españois.

URINARIO: Servizo de recollida de ouriños fóra do domicilio.

URTICARA: Afección prurixinosa que che pode saír por un ollo da cara.

VALOR: Ánimo dos pacientes para poñerse nas mans dun MIR do primeiro ano.

VAREAR: Zarandear ao paciente ata que caia o diagnóstico.

VEGETARRIANO: Herexe que, ademais, apostata da carne.

46

VELA: Materia espesa e pegañosa coa que os nenos soen demostrar unha habilidade de narices ante o seu pediatra.

VENA: Dise dos vasos por onde volven ao corazón a inspiración, o humor ou calquera outro filón.

VERDE: Paciente que aínda non está maduro e seco.

VERMICIDA: Nome orixinario do individuo que intentou asasinar a Xulio Verme.

VISTA: É realmente a que traballa, salvo cando é curta ou está cansa.

VOLANTE: Obxecto co que morren na man un maior número de pacientes.

XL: Talla de bata usada por algúns médicos do seguro.

XOBACO: Axila. Alerón da talla grande.

ZOPITA: Réxime alimentario más frecuente nos hospitais.

ZURCIDORA: Costureira que, nos seus ratos libres, exerce a cirurxía.

ZURUXANO: Ciruxán que quedou obsoleto.

ZACABOU: Non hai máis. Ata aquí chegamos. Esperamos que disfrutarades.

Alumnos e alumnas de 3º C

47

GAÑADORES DETECTIVES 2008-09 1 9 Beatriz Lorrana Rodrigues Reis 5º C 1º PREMIO 2 7 Eva Varela Pérez 3º C 2º PREMIO 3 7 Sara Méndez Amil 5ºB 4 7 Ana Mª Álvarez Domímguez 5ºA 5 6 Noelia Estévez Ferreiro 5ºA 3º PREMIO 6 6 Alexiane Labajos 5º A 7 5 Esteban Martínez Pérez 5º B 4º PREMIO 8 5 Victoria Gándara Vilas 5ºB 9 5 Mª Teresa Otero Iglesias 5º A

10 5 Silvia Guisado Ruibal 5ºB 11 5 Manuel Otero Gómez 5º C 12 5 Facundo Guerreiro 5ºA 13 5 Jamile da Hora Santos 6ºA 14 5 Blas Carballido Rodríguez 5ºA 15 4 Daniel González Otero 5ºC 5º PREMIO 16 4 Martín Rodriguez Ledo 6ºB 17 4 Christopher de León Campo 5ºA 18 4 Nerea Puentes Fernández 5º C 19 3 Francisco Martínez Bugarín 5º A 6º PREMIO 20 3 Erik Ferreira Oset 5º A 21 3 Nicolás Pérez Rodríguez 5ºC 22 3 Ángel Gándara Vilas 5º A 23 3 Paula Codeseda Troncoso 6ºA 24 2 Noelia Ucha González 5ºC 7º PREMIO 25 2 Alexandre Álvarez Amil 5ºA 26 2 Ariana Santos Otero 5ºC 27 2 Miguel Pumares Covelo 5ºC 28 2 Cristian Pérez Gándara 5ºC 29 2 Estefanía González Domínguez 5º B 30 2 Daniel Castellini Verrone 5ºA 31 2 Diego Domínguez Pérez 5ºA 32 2 Raquel Álvarez Freitas 5ºA 33 2 Uxia Gómez Bouzó 6ºA 34 1 Leticia Álvarez Domínguez 6º A 8º PREMIO 35 1 Alex Hermida Fernández 5º B 36 1 Ainhoa Marcos Alonso 6º A 37 1 Jorge Martínez 5ºB 38 1 Juan David Ortiz Sánchez 6º A 39 1 Ángela Carrera Amoedo 6ºA 40 1 Noemi Castelo Veiga 6ºA 41 1 Beatriz Alonso Cal 6ºA 42 1 Noelia Lorenzo Barrera 6ºA 43 1 Andrea Sabino Rodríguez 5ºC 44 1 Julia Maruxa González 5ºB 45 1 Joel Jiménez Jiménez 5ºB 46 1 Belén Arjones Fernández 6ºA 47 1 Adrián Carballido Nogueira 5ºA 48 1 Cristian Fernández Bernárdez 5º B 49 1 Raquel Cea de Castro 5ºA

50 1 Juan Camilo Hernández Mina 5º

48

Durante o 3º trimestre na Biblioteca fixéronse un gran número de actividades cara ao fomento da lectura e a investigación.

SEMANA DO LIBRO

Co gallo do Día do Libro, dende a Biblioteca propuxéronse sesións de conta contos a cargo das titoras/es facendo intercambios. Así como obradoiros coa escritora e mestra do cole Susana Lamela, que contou e escenificou o seu libro “Soños de andel”" en E Infantil , e seguiu logo con E. Primaria cos que ademais mantivo entrevistas. Tamén participaron mestras especialistas.

CONTACONTOS-KALANDRAKA

O pasado día 15 de maio a editorial Kalandraka agasallou ao colexio cunha actividade de contacontos na Biblioteca para os alumnos e alumnas de 2º.

Dende aquí moitas GRAZAS a esta editorial polo seu gran traballo a prol da lectura e o idioma.

Ademais a actividade resultou moi positiva e gratificante tanto para os nosos alumnos e alumnas coma para os mestres e mestras acompañantes.

CONCURSO: "SOÑOS DE ANDEL"

Despois dos actos da semana do Día do Libro, conta contos, charlas e talleres literarios coa autora do libro “Soños de andel”", Susana Lamela;

propúxose dende a Biblioteca un

concurso con preguntas sobre o libro que os alumnos e alumnas foron respondendo e deixando nunha caixa. Logo abriuse a caixa e agasallouse aos acertantes cun libro asinado pola autora.

49

CONCURSO DO SABICHONDO Neste trimestre leváronse a cabo dous concursos, o dos PAXAROS e o dos PEIXES. Nestes concursos, igual que nos anteriores, os alumnos e alumnas tiñan que adiviñar o nome destes animais que estaban no panel fotografados, e deixar a solución xunto co seu nome nunha caixa. Os gañadores recibiron cada un o seu agasallo.

FESTA NA BIBLIOTECA

O día 5 de xuño, na hora do recreo, celebrouse a festa de remate de curso na nosa Biblioteca, previa convocatoria a semana anterior a través da súa mascota Popi.

O dinamizador da Biblioteca, xunto coa súa mascota e algunha axudante, organizou unha festa para todo o alumnado, con música e comilona. Pois a biblioteca pecha as súas portas até o vindeiro curso.

Primeiro tiveron a festa de despedida de curso os rapaces e rapazas de E. Infantil, na hora do seu recreo. Estes rapaces e rapazas fixerono de xeito moi ordenado.

Logo chegoulle o turno aos rapaces e rapazas de Primaria no seu recreo, estaban moi inquedos e non lles daba chegado a hora de que os deixaran pasar.

A festa, como se pode ver na galería de imaxes, resultou todo un éxito. Agardamos que no vindeiro curso estes rapaces e rapazas sigan con tantas ganas de vires a visitar a Biblioteca e a súa mascota, Popi. E....LER MOOOOITO!

MOI BOAS VACACIÓNS!! E NON VOS ESQUEZADES DE LER!!

COS LIBROS PODEMOS VIVIR GRANDES AVENTURAS!!

50

Colorea Como el modelo:

51

52

EQUIPO DE REDACCIÓN DA PITa FALADORA

3º TRIMESTRE Durante o 3º trimestre colaboraron na elaboración do xornal escolar “A Pita Faladora” o Equipo de redacción formado por: Nacho, Bernardo, Milary e María.

EQUIPOS radio FALADORA 3º trimestre

Equipo do mes de abril

Equipo do mes de maio

Equipo do mes de xuño