PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e...

19

Transcript of PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e...

Page 1: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría
Page 2: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 1

XULLO 2010

ÍNDICE

1. ESTUDO DO MEDIO RURAL. ...................................................................................... 2 1.1. CLIMA. ...................................................................................................................................... 3 1.2. XEOMORFOLOXÍA. ................................................................................................................. 4 1.3. XEOLOXÍA................................................................................................................................ 7 1.4. HIDROLOXÍA............................................................................................................................ 9 1.5. VEXETACIÓN......................................................................................................................... 10 1.6. FAUNA.................................................................................................................................... 12 1.7. USOS DO SOLO. ................................................................................................................... 12 1.8. ESPAZOS DE INTERESE NATURAL. ................................................................................... 14 1.9. POTENCIALIDADES E FORTALEZAS DO TERRITORIO. ................................................... 15 1.10. A PAISAXE.......................................................................................................................... 16

Page 3: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 2

XULLO 2010

1. ESTUDO DO MEDIO RURAL.

Page 4: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 3

XULLO 2010

1.1. CLIMA.

Nogueira de Ramuín presenta unhas condicións climáticas oceánicas con influencias mediterráneas, onde o efecto da altitude faise notar tanto na precipitación coma na temperatura, cunhas variacións notables entre as zonas baixas a carón do Miño e do Sil e as zonas das serras periféricas, como pode observase nos seguintes mapas. En resumo, o territorio presenta unha serie de matices climáticos causados fundamentalmente pola configuración topográfica.

Precipitación media anual

Page 5: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 4

XULLO 2010

Temperatura media anual

1.2. XEOMORFOLOXÍA.

O municipio caracterízase ao norte polo estreito e profundo val do Sil e ao oeste polo máis amplo val do Miño; presenta unha superficie de aplanamento a 600 – 800 m na parte central do concello, unha aliñación montañosa no flanco sueste paralela ao val do Sil, onde se acadan as máximas alturas, e no extremo suroeste atópase unha zona de val amplo e cha por onde percorre o río Loña.

Esta particular, a configuración permite diferenciar tres grandes unidades: a zona montañosa, a penechaira, e os vales do Sil e Miño e en menor medida o val chairo que forma o río no suroeste.

• A zona montañosa, que vertebra o territorio de SL a NO, está representada polos montes de Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas.

• A penechaira é onde se atopan a maioría dos núcleos de poboación.

• Os vales onde se diferencian: o val do Sil, un canón espectacular de máis de 300 m de paredes case verticais; o val do Miño cunhas ladeiras más moderadas e o val case chan polo sur do río Loña.

Page 6: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 5

XULLO 2010

MDT do ámbito do concello

No seguinte mapa de altitudes obsérvase que o concello presenta fortes desniveis desde menos de 100 m no Miño e no Sil, ata superar os 1.000 metros do pico máis alto.

Mapa de altitudes

Nunha breve síntese da xeografía física de Nogueira de Ramuín pódense distinguir 3 grandes unidades morfolóxicas que serán, á súa vez, tres grandes unidades paisaxísticas.

• Ao norte, o estreito val do Sil e ao oeste o val do Miño, que conflúen no norte do concello, nas inmediacións da localidade dos Peares.

• Unha aliñación montañosa na zona sueste, paralela ao canón do río Sil, onde se acadan alturas próximas aos 1.200 m de altitude (o pico Mallada Vella 1.183 m).

• O resto do concello, constituído por unha superficie de aplanamento con zonas máis chairas

Page 7: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 6

XULLO 2010

e de vales e outeiros, salientando na zona sur o val do río Loña.

Para a valoración das pendentes do municipio como se pode ver no mapa de pendentes, estas clasifícanse en sete intervalos: 0-3%,. 3–6%, 6-9%,9-15%,15-25%,25-45% e>45%. A distribución das pendentes máis elevadas: as escarpadas (as maiores de 45%) céntranse no Canón do Sil, as pendentes fortes entre 25 e 45% distribúense nas contrafortes das serras e nas ribeiras do Miño principalmente, mentres as pendentes medias e moderadas distribúense nas penechairas que conforman o concello, e as zonas máis chas están no suroeste.

RANGO %

< 3% 3.68%

3 - 6% 10.69%

6 - 9% 11.55%

9 - 15% 18.53%

15 - 25% 19.95%

25 - 45% 20.13%

> 45% 15.47%

Mapa de pendentes

Con respecto as orientacións, debido á constitución do concello nunha zona con tres divisorias de augas, áchanse representadas tódolos tipos de orientación. Coma se pode apreciar no mapa seguinte:

Page 8: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 7

XULLO 2010

Mapa orientacións

1.3. XEOLOXÍA.

A distribución territorial dos principais grupos litolóxicos amósase no mapa axunto, sendo maioritario o dominio granítico na maior parte do concello, fundamentalmente un granito de dúas micas, e en menor medida distribúense rochas metamórficas representadas por xistos no noroeste e nas marxes do Miño e no sueste e unha banda de lousas de norte a sur polo leste do concello; así como depósitos cuaternarios asociados ao río Loña no sur do municipio.

Page 9: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 8

XULLO 2010

Mapa xeolóxico

Desde o punto de vista hidroxeolóxico, a litoloxía que conforma o municipio, condiciona as características hidroxeolóxicas. Así, as litoloxías de media baixa permeabilidade como son as graníticas e por tanto as máis abondosas, non son a priori formadoras de acuíferos profundos, non obstante é probable o movementos das augas subterráneas a través de fracturas nas litoloxías. Salientamos a alta permeabilidade dos terreos cuaternarios.

O elemento xeomorfolóxico máis característico son os Canóns do Sil. A xénese do Canón do Sil non é fluvial senón tectónica. O seu enfaixamento prodúcese por fracturas que partiron o terreo en bloques xigantescos ao comezar o basculamento da planicie que se elevou polo sur e oeste. A acción erosiva da auga afonda o barranco encaixado en dirección leste oeste.

Page 10: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 9

XULLO 2010

Graos de permeabilidade

1.4. HIDROLOXÍA.

A rede hidrográfica de Nogueira de Ramuín está integrada dentro da bacía do Miño, pertencendo á Confederación Hidrográfica Miño Sil.

Son o Miño e o Sil os principais ríos do concello. O Miño entra no municipio e na comarca polos Peares (A Peroxa- Nogueira da Ramuín), punto no que recibe ao Sil, e o Sil no concello forma parte do espazo protexido Canóns do Sil. E xunto a estes dous grandes ríos temos polos sur o río Loña e os seus tributarios que nacen nos contrafortes occidentais de cabeza de Meda e drena e forma un val chairo no suroeste do concello.

O Sil é un río caudaloso e regular que achega ao Miño, na súa desembocadura, case o dobre de auga que a que trae o Miño. Ámbolos ríos son notablemente regulares, aínda que teñen máximas de caudal en inverno e un mínimo en verán. As augas do Sil están utilizadas polos encoros hidroeléctricos de San Pedro e San Estevo, e as augas do Miño polo encoro de Velle, dedicados a produción de enerxía eléctrica.

Ademais destes ríos son moitos os ríos e regatos curtos e de fortes desniveis, condicionados fortemente polas condicións climatolóxicas. Así, temos polo menos toda unha serie de barrancos profundos , de dirección SO NL a S - N e que son afluente pola marxe dereita do Sil, destacando unha serie de barrancos.

A auga doce ten unha enorme importancia dentro do conxunto dos recursos naturais, sendo os cursos fluviais, un dos principais elementos clave na biodiversidade dun territorio, e máis neste concello, onde por unha banda o río Sil e as súas ribeiras conforman un espazo de alta biodiversidade que se atopa protexido por lei na Rede Galega de Espazos Protexidos, e por outra banda, o río Miño e as súas

Page 11: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 10

XULLO 2010

ribeiras conforman outro singular espazo de biodiversidade e paisaxe aínda que sen protección legal, e xunto a estas dúas grandes cuncas fluviais temos unha terceira cunca conformada polo río Loña no seu paso polo concello.

Rede hídrica

1.5. VEXETACIÓN.

Desde o punto de vista bioxeográfico o territorio de Nogueira de Ramuín encádrase nunha área de transición entre dúas grandes áreas bioclimáticas: a Eurosiberiana e a Mediterránea, o que lle confire unhas características singulares que fan posible a convivencia de flora e fauna propias de ámbalas áreas bioclimáticas. E a isto hai que engadir a existencia de zonas abruptas como os Canóns do Sil que permiten manter unha vexetación natural e unha fauna asociada, en especial avifauna, que pode aniñar con tranquilidade.

A vexetación potencial está ligada ás características climáticas que están asociadas á distribución das áreas bioxeográficas. Así o territorio é unha zona de encontro entre dúas rexións bioxeográficas: a Eurosiberiana a Mediterránea. Atendendo aos parámetros bioclimáticos o territorio inclúese no subsector ourensá-sanabrés e a vexetación potencial é Holco molli-Quercetum pyrenaicae, con sobreira nas ribeiras e con carballo no resto do territorio. As etapas de substitución son, en primeiro termo, os piornedos e as xesteiras e, nos estadios de maior degradación, os queirogais e as uceiras. E no subsector xuresiano queixense a vexetación potencial é unha carballeira con arándonos Vaccinio myrtilli- Querceto roboris, como se pode observar no seguinte mapa de vexetación potencial conforme ao mapa de series de vexetación de España (Rivas Martinez, 1987).

Page 12: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 11

XULLO 2010

Nogueira de Ramuín presenta notables valores ambientais que veñen realzados pola súa característica transición climática e pola singular xeográfica conforma un territorio de interese bioxeográfica (a confluencia de dous dominios bioclimáticos, Mediterráneo e Eurosiberiano, potencia unha alta biodiversidade.

A vexetación actual é moi diversa podendo atopar desde os escarpados vales a combinación de formacións arbóreas mediterráneas (sobreiras, aciñeiras, érbedos, cerquiños) e atlánticas (carballos, castiñeiros e bidueiros) propias do val; as superficies altas da serra cubertas de uceiras secas europeas e oromediterráneas, bosques aluviais nos barrancos, soutos de castiñeiros, carballeiras galaico portuguesa de carballos e cerquiños. Ademais, as ribeiras son un reduto de especies tipicamente mediterráneas como as sobreiras e os érbedos. E nas valgadas, angostas e pouco accesibles, cóbrense de estreitas fragas de vexetación de ribeira.

Os cerquiños aparecen polo xeral abertos e alterados pola intervención do home formando áreas de matogueiras arboradas.

Page 13: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 12

XULLO 2010

Tipos predominantes de bosques

1.6. FAUNA.

A fauna existente no territorio, está constituída por unha serie de especies de importancia ecolóxica. Destaca fundamentalmente réptiles, anfibios e aves, constituíndo o canón do Sil un dos lugares con interese ornitolóxico.

A diversidade faunística é elevada, segundo datos do espazo protexido do Canón do Sil tense contabilizado máis de 160 especies de vertebrados, 10 especies de peixes, 5 especies de anfibios e oito de réptiles e unha rica ornitofauna 117 especies; así como máis de 32 especies de mamíferos. Destaca a rica ornitofauna (aguia albela, falcón peregrino, merlo louro,...) facilmente observable sobre os viñedos cultivados en bancais.

Existen diversidade de ecosistemas no municipio e amplas extensións de mato e bosque, así coma varias especies de elevado interese para a conservación da diversidade biolóxica (a análise realízase en base á información cartográfica dispoñible do inventario nacional de biodiversidade de vertebrados, invertebrados e flora amenazada do MMARM, referida á cuadrícula UTM 29TPG09 que é a que corresponde a maior parte do territorio de estudo).

1.7. USOS DO SOLO.

O territorio destaca pola diferenciación de tipos característicos de cuberta vexetal.

Page 14: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 13

XULLO 2010

Distínguense, por unha banda todas aquelas zonas onde se practica algún tipo de aproveitamento agrícola, e por outro o resto das zonas con aproveitamento forestal, e por último aquelas zonas urbanizadas e de augas.

Usos solos

As zonas con aproveitamento agrícola que representan o 29.2% segréganse á súa vez en cultivo e praderías o 77% e viñedos o 33 % restante.

As zonas con aproveitamento forestal, incluirán aquelas de monte ralo, frondosas, especies de aproveitamento forestal e asociacións varias entre todas as anteriores. Sendo o forestal o 68.3%, destacando por unha banda os matos que representan o 52 % do forestal e o 48% o representa o forestal arborado, destacando as manchas de caducifolias e piñeiros.

As superficies que ocupan cada un dos diferentes usos dentro do concello serían: Clases %

Zonas Urbanizadas 0.1

Cultivos e praderías 22.5

Viñedo 6.6

Caducifolias e piñeiros 29.1

Eucaliptos, piñeiros e caducifolias 2.0

Piñeiros 2.1

Matos e matos forestais 32.5

Mato pasteiro con rocha 2.5

Ríos e encoros 2.4

Page 15: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 14

XULLO 2010

Mapa Usos e coberturas

1.8. ESPAZOS DE INTERESE NATURAL.

No presente apartado analízase a presenza de espazos protexidos, xa sexa a nivel internacional como comunitario, estatal, autonómico ou local, así como calquera outro espazo que consideramos de interese.

Dentro das Normas Complementarias e Subsidiarias de Planeamento da provincia de Ourense recóllense tres ámbitos de protección de Espazos Naturais:

• Contorno do mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil.

• Canón do Sil.

• Ribeiras do río Miño.

Os dous primeiros atópanse englobados dentro da delimitación do LIC Canón do Sil da Rede Natura 2000 que ademais de por Nogueira de Ramuín esténdese ao longo da ribeira do río Sil de Parada do Sil, Pantón e Sober cunha superficie conxunta de 5.914 Ha. Mentres o terceiro as ribeiras do Miño non están dentro de ningunha delimitación da rede galega de espazos protexidos. Este espazo natural denominado Ribeiras do Miño delimitado polas N.N.S.S.P.P. (Normas Subsidiarias Provinciais) caracterízase por seu un enclave con vexetación autóctona de grande importancia como corredor de biodiversidade e pola súa topografía que lle confire un alto valor paisaxístico.

Page 16: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 15

XULLO 2010

Espazos protexidos

Segundo a Lei 9/2001, de Conservación da Natureza defínense os espazos naturais protexidos como aqueles espazos que conteñan elementos ou sistemas naturais de particular valor, interese ou singularidade, tanto debido á acción e evolución da natureza coma derivado da actividade humana, e que fosen declarados como tales.

Nesta lei os LIC (lugares de Importancia comunitaria) pasan a formar parte da figura de Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais definíndose como aqueles espazos nos que, polos seus valores ou interese natural, cultural, científico, educativo ou paisaxístico, sexa necesario asegurar a súa conservación e non teñan outra protección específica. Nestas áreas poderanse seguir levando a cabo, de maneira ordenada, os usos e as actividades tradicionais que non vulneren os valores protexidos (Decreto 72/2004, do 2 de abril).

No concello está incluído parte do espazo natural do Canón do Sil (5.914 ha), espazo que comparte cos concellos de Pantón, Sober e Parada do Sil.

No catálogo de biodiversidade (Consellería de Medio Rural) aparece catalogada no concello a fervenza de Loureiro no punto de coordenadas (610767, 4696093) e a árbore singular incluída no catálogo de árbores senlleiras: o castiñeiro do Souto de Ramigoa (605377,4692595).

Tódolos cursos fluviais conforman unha rede de corredores ecolóxicos que contribúen ao mantemento da biodiversidade.

1.9. POTENCIALIDADES E FORTALEZAS DO TERRITORIO.

Unha das características do territorio é o seu destacado patrimonio natural e paisaxístico. Os espazos naturais protexidos, e todos os demais ecosistemas da rede fluvial e moi especialmente o Miño o río Loña e os seus tributarios. Todos eles presentan uns altos valores ambientais e un elevado interese paisaxístico. A diversidade e riqueza natural do municipio podémola sistematizar en:

• Espazos naturais protexidos.

Page 17: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 16

XULLO 2010

• Espazos fluviais e as súas ripisilvas.

• Ámbitos de interese paisaxístico.

• Masas forestais de caducifolias.

No sector agrario as potencialidades van da man, por unha banda dos viñedos da Ribeira Sacra, e por outra, dun aproveitamento agrogandeiro cunhas boas condicións climáticas para a produción agraria de calidade.

Os recursos forestais son un potencial, tanto desde a perspectiva ambiental como natural e económica, acrecentado pola considerable superficie forestal, moita dela de MVMC, sendo estes solos forestais grandes masas arboradas de frondosas autóctonas das que é necesario asegurar o seu mantemento, tanto polos seus valores naturais como paisaxísticos.

No sector turístico, o concello ten boas condicións climáticas, naturais, paisaxísticas e culturais para o turismo de calidade. Importantes recursos turísticos asociados, tanto aos valores naturais e paisaxísticos da comarca como os valores agrarios e vitivinícolas.

Grande diversidade territorial con riqueza de recursos naturais e paisaxísticos.

Existencia dun espazo natural de alto valor ecolóxico e ambiental: o Canón do Sil.

Asemade temos no territorio un sector enerxético xa que conta con importantes recursos eólicos, e encoros. A orografía da serra favorece a intensidade dos ventos, que na actualidade están a ser explotados nun Parque Eólico nas zonas altas da serra.

Por último, debemos asegurar o mantemento e mellora da calidade territorial, sendo necesario protexer e poñer en valor os recursos naturais, para o cal o modelo de ordenación proposta deberá maximizar a integración paisaxística e territorial e terase que avaliar a aptitude do territorio para que a protección da paisaxe e o mantemento da biodiversidade sexa compatible cos novos usos que o planeamento demande. Neste eido cómpre analizar a aptitude do territorio e a súa capacidade de acollida mediante as diferentes características do medio, tanto para a posible localización de novas implantacións residencias, de servizos e ou industriais ou infraestruturas xa que as zonas de fortes pendentes, ou mesmo as afectadas por riscos naturais, presentan unha moi baixa aptitude e por tanto pouca ou nula capacidade de acoller calquera uso construtivo. Por outra banda, analízase e valórase o territorio, de acordo á conservación dos valores naturais e paisaxísticos . Así, os espazos naturais e as súas zonas de ecotono teñen valores sobresaíntes, a rede hídrica, as masas arboradas de certo tamaño e porte, as ripisilvas son os espazos que han de ter os valores máis altos para a súa conservación e mellora. As terras cultivadas teñen a vocación agraria e paisaxística, así temos que conseguir un modelo que maximice a integración paisaxística e a biodiversidade para evitar dilapidar recursos non renovables como o solo e evitar degradar os valores naturais e paisaxísticos deste concello tan rico en recursos naturais.

1.10. A PAISAXE.

O municipio conta cunha grande diversidade paisaxística. Dos vales encaixados que conforman uns espectaculares canóns, podemos dicir que son unhas das paisaxes máis atractivas de Galicia, caracterizadas pola súa verticalidade, o que dificultou extraordinariamente a ocupación, e obrigou para cultivar a vide a crear uns impresionantes socalcos. Ademais este espazo conserva un patrimonio cultural de grande importancia .

A paisaxe de Nogueira de Ramuín, posúe unha configuración topográfica moi singular, con dous importantes e característicos contornos de alto valor natural e paisaxístico: o Canón do Sil e as marxes do Miño.

Un dos factores que máis se pode ver afectado nun plan de ordenación é a paisaxe, á vez que engloba multitude de aspectos, polo que o seu estudo admite unha gran diversidade de enfoques; posto que a paisaxe é un recurso, un patrimonio cultural, un elemento aglutinador de toda unha serie de

Page 18: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 17

XULLO 2010

características naturais e antrópicas do territorio, xa que logo, un criterio xeral na elaboración do novo planeamento é favorecer a integridade paisaxístico, polo tanto analízase a paisaxe do territorio desde dous enfoques principais; o primeiro enfoque é identificar as principais unidades paisaxísticas, isto é a paisaxe global que identifica a paisaxe co medio, a paisaxe dos profundos canóns do Sil con desniveis de 300 a 500 m, a paisaxe das ribeiras do Miño, a de costas e chás, nun territorio fragmentando en pequenos montes e vales, onde entre a vexetación natural predominan os prados, nas chairas, os matos e o arborado de carballos e cerquiños nos montes e o labradío en ladeiras de pouco pendente. E na serra afloran á superficie elementos rochosos formando relevos destacados como bolos, penedos, tors...

O cultivo da vide nas ladeiras das canles fluviais do Miño e do Sil, mediante a construción de socalcos que sostén uns muros de pedra para evitar o arrastre de terra cara os ríos e reducir dista forma as acusadas pendentes, forma parte dunha paisaxe que perdura desde o medievo ata os noso días. Así, a especial estrutura xeomorfolóxica das canles fluviais do Sil e do Miño conforman tamén un espazo único de identidade vitivinícola: a “Ribeira Sacra”.

O concello aínda que só conta cun espazo natural protexido, presenta bastantes espazos de grande interese non catalogados. Na conca do Miño, os bosques de ribeira, os soutos de castiñeiros... unha importante biodiversidade tapiza boa parte do concello, todo o cal complementa os tres ámbitos paisaxísticos principais anteriormente sinalados:

• Ao norte o estreito val do Sil e ao oeste o val do Miño que conflúen no norte do concello nas inmediacións da localidade dos Peares.

• Unha aliñación montañosa na zona sueste paralela ao canón do río Sil, onde se acadan alturas próximas aos 1.200 m de altitude ( A Mallada Vella 1.183 m).

• O resto do concello, constituído por unha superficie de aplanamento, en xeral nunha chaira e na súa zona sur, onde temos o val do río Loña.

En resumo, a paisaxe neste concello é un elemento fundamental; un recurso de gran valor, sendo polo tanto necesario ter en consideración os valores paisaxísticos na toma de decisións das novas accións proxectadas polo plan; sendo a paisaxe un recurso ambiental valioso, un elemento patrimonial, valorado, tanto como patrimonio arquitectónico, arqueolóxico ou patrimonio natural, que cómpre, xa que logo, protexer.

Page 19: PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE … · Meda que van paralelos ao canón do Sil e onde se acadan as máximas alturas. • A penechaira é onde se atopan a maioría

PLAN XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL DE NOGUEIRA DE RAMUÍN

DOCUMENTO DE INICIO

consultora galega s.l. ESTUDO DO MEDIO RURAL 18

XULLO 2010

Penedos e Tors nos cumes.

Espazo agrario e pastos.

Canón do Sil.

Val do Miño.

Río Loña

Serra e parque eólico ao leste