POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en...

32
A POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIA EN GALICIA EN GALICIA EN GALICIA: : : : UN UN UN UNHA PROPOSTA ESTRATEXICA PARA COMBATILAS HA PROPOSTA ESTRATEXICA PARA COMBATILAS HA PROPOSTA ESTRATEXICA PARA COMBATILAS HA PROPOSTA ESTRATEXICA PARA COMBATILAS Manoel Barbeitos Alcántara Outubro 2010- Febreiro 2011

Transcript of POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en...

Page 1: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

AAAA POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL POBREZA E A EXCLUSIÓN SOCIAL EN GALICIAEN GALICIAEN GALICIAEN GALICIA: : : :

UNUNUNUNHA PROPOSTA ESTRATEXICA PARA COMBATILASHA PROPOSTA ESTRATEXICA PARA COMBATILASHA PROPOSTA ESTRATEXICA PARA COMBATILASHA PROPOSTA ESTRATEXICA PARA COMBATILAS

Manoel Barbeitos Alcántara Outubro 2010- Febreiro 2011

Page 2: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

1

LIMIAR

Un dos elementos da realidade social onde mais visibles se fan os avances ou os retrocesos no desenrolo social de calquera pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou

diminúe.

Na segunda quincena do mes de setembro do 2010 celebrouse en Nova York un novo Cumio sobre os Obxectivos de Desenrolo do Milenio (ODM) que ten entre os seus obxectivos prioritarios, nada mais e nada menos, que reducir a pobreza extrema á metade antes do 2015.

Un cumio que a pesar da súa relevancia, da importancia dos obxectivos fixados tendo en conta a poboación afectada a nivel mundial –supera os mil millóns de persoas-, apeas tivo eco tanto nos medios políticos como mediatices, como nos círculos de opinión, etc. españois e galegos. Algo realmente abraiante.

Neste ermo informativo aquí en Galicia e nun dos seus derradeiros informes Cáritas chamaba a atención sobre o brutal incremento na demanda de alimentos e medicamentos por parte de persoas sen recursos. As solicitudes á esta entidade subiron en Galicia un 150% dende o inicio da crise. ”A principal necesidade percíbese na alimentación, con un panorama de comedores, parroquias e economatos desbordados. Repletas cada día atópanse cociñas económicas como as de A Coruña e o Ferrol. Cambaléanse os fogares” (CÁRITAS GALICIA, maio 2010).

Cáritas viña a dicir, con todo o fundamento, que a pobreza é tamén un grave problema nos países mais desenvolvidos e, xa que logo, nas súas rexións periféricas como é o caso de Galicia.

Page 3: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

2

PRECEDENTES

Entre os obxectivos fixados para o ano 2015 no CUMIO DO MILENIO DAS NACIÓNS UNIDAS celebrado en setembro do ano 2000 figuraba (Obxectivo 1) o erradicar á pobreza extrema e a fame. Cara a consecución deste obxectivo o Cumio do Milenio fixou como unha das súas metas (Meta 1A) reducir a metade, entre 1990 e 2015, a porcentaxe de persoas pobres.

Nun dos derradeiros balances o PNUD reflectía que, en relación ó Obxectivo 1, á pesares do deterioro do mercado laboral provocado pola crise económica e da persistencia de conflitos que ameazan a seguridade das persoas e obrigan á moitas destas a abandonar os seus fogares, “séguese progresando no que respecta á redución da pobreza, a pesar do importante revés que supuxo a crise económica, enerxética e alimentaria do 2008-2009. Os países en vías de desenrolo no seu conxunto aínda permanecen en camiño de acadar a meta de redución da pobreza para 2015. Espérase que a taxa total de pobreza caia á un 15 por cento para entón, o que significaría que habería uns 920 millóns de persoas vivindo baixo a liña internacional da pobreza, é dicir, a metade dos que había en 1990” (1).

Nun documento presentado posteriormente polo Presidente da Asemblea Xeral da ONU subliñábase que aínda que se están á facer progresos na erradicación da pobreza, “estamos, nembargantes, preocupados por que o número de persoas que viven na pobreza e as fames extremas superan os 1.000 millóns e as desigualdades entre os países e dentro deles seguen sendo un importante desafío (...) Coidamos que a erradicación da pobreza e a fame, así como a loita contra as desigualdades a todos os niveis, son fundamentais para crear un futuro mais próspero e sostible para todos” (2)

Neste documento recoñecese que “os países en desenrolo fixeron considerables esforzos a prol do cumprimento dos Obxectivos de Desenrolo do Milenio e conseguiron logros importantes ó acadar algunhas das metas do ODM. Conseguíronse logros na loita contra a pobreza extrema, .......” nembargantes “o progreso foi desigual dunha rexión á outra e entre os países e dentro deles” (3). I é que “as disparidades entre países desenrolados e os países en desenrolo e as desigualdades entre ricos e pobres e entre poboacións rurais e urbanas, entre outras, persisten e son significativas” (4) polo

Page 4: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

3

que “as políticas e as accións deben centrarse nos pobres i en quen vive as situacións mais vulnerables” (5).

Faltan cinco anos para que se cumpra o prazo fixado no Cumio cara conseguir os Obxectivos do Milenio e todo parece subliñar que, a pesares do optimismo amosado por algúns responsables das Nacións Unidas, a meta de reducir a pobreza extrema a metade no 2015 será moi difícil –por non dicir imposible- de conseguir. Un das razóns fundamentais está, sen dúbidas, no escaso compromiso con este obxectivo por parte da maioría dos países mais desenvolvidos que se comprometeran a aportar fondos e que non o están á facer ou fano por baixo do prometido: no exercicio do 2009 –segundo informa o PNUD- a axuda non chegou sequera os 100 millóns de euros, o que supón unha media de 0,3% do PIB dos países membros, moi por baixo do obxectivo acordado do 0,7%: en realidade este obxectivo so o cumpren Suecia, Noruega, Dinamarca, Holanda e Luxemburgo. Unha bagaxe moi pobre.

O balance dos Obxectivos do Milenio tamén puxo en evidencia unha realidade internacional pouco explícita, pero politicamente relevante polo que merece ser destacada: mentres moitos países en desenrolo (China, India, Viet Nam, Brasil, Venezuela –si a Venezuela de Chaves-, Brasil, Bolivia, Ecuador, Etiopía, Mozambique, etc.), con grandes esforzos, están conseguindo avances importantes na redución da pobreza extrema, en moitos países desenrolados medra de xeito espectacular a pobreza relativa sen que as autoridades tomen en serio este problema: mentres preto de 79 millóns de residentes na Unión Europea viven na pobreza a Comisión Europa, ó traveso da xefa de Unidade de Asuntos Sociais, subliñaba (outubro 2009) que os obxectivos para combater a pobreza en Europa retraíanse deica o ano 2020.

Unha realidade internacional desigual que, xa que logo, evidencia como, mais aló da importancia dos fondos e as axudas, son as políticas económicas quen marcan os avances e/ou os retrocesos respectivos na redución da pobreza.

A POBREZA EN ESPAÑA

Diante de mais nada quero facer unha puntualización moi importante: si a nivel mundial a distinción entre pobreza absoluta (extrema) e pobreza relativa resulta procedente, cando se trata dos países mais desenvolvidos –caso de España e

Page 5: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

4

mesmo Galicia- á primeira non se corresponde con a realidade cotiá, polo que ó falar de pobreza nestes países faise referencia, a diferenza dos países do Sur, ó concepto de pobreza relativa.

De feito “na maioría dos países desenrolados, a pobreza mídese en térmenos relativos mais que absolutos, o cal significa que o elemento de referencia para a medición, tanto da pobreza mesma como da súa redución, sole estar definido en relación ó ingresos prometio ou mediano. Polo tanto, cando os gobernos fixan obxectivos de redución da pobreza, están apuntando a facer cambios na distribución que impliquen acurtar a distancia entre o extremo mais pobre da escala de ingresos e o elemento de referencia” (6).

Neste marco estratéxico de redución da pobreza e cambios na distribución a prol dunha maior igualdade a situación en España aparece, segundo tódalas información i estatísticas, como claramente insatisfactoria.

Dende mediados dos anos noventa produciuse en España un “cambio silencioso ... pero de grande relevancia polo que implica de ruptura de tendencias previas e de persistencia de grandes deficiencias estruturais (....) A manifestación mais notable dese cambio é o truncamento nun contexto de crecemento económico, da tendencia de redución continuada de desigualdade e a pobreza en España. Por primeira vez nas derradeiras catro décadas, nin a desigualdade nin as situacións de pobreza monetaria se reduciron nun contexto de crecemento económico” (7) e de crecemento intenso do emprego. Este aspecto resulta extremadamente relevante xa que reflicte como o crecemento do emprego non se traduciu nunha redución da pobreza.

Este fenómeno fai que a taxa de pobreza presente dende fai varios anos unha forte resistencia á baixa, manténdose ó redor do 19,5% que supón unha cifra moi elevada no contexto da Unión Europea. En relación á distribución da renda a nivel nacional este enquistamento supón que a pobreza segue afectando “á quinta parte dos fogares españois. Permanece enquistado, ademais, na estrutura social española un segmento de pobreza extrema, que comprendería entre un 2,6 e un 4% da poboación” (8)

Situación que parece por en evidencia a incapacidade do actual sistema de prestacións sociais –especialmente as

Page 6: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

5

propiamente dirixidas á combater a pobreza: asistencia social, pensións non contributivas, rendas de inserción, etc.- para protexer da pobreza a unha boa parte da poboación, e que resulta mais manifesta no caso da pobreza infantil (9).

Un sistema de prestacións que ó tempo presenta unha crecente iniquidade territorial “con diferenzas notables na cobertura que reciben fogares con similares necesidades pero residentes en zonas distintas do territorio nacional” (10). Un dos ámbitos mais relevantes para a interpretación da pobreza e a desigualdade en España é, xa que logo, o territorial pois segue sendo un dos países da Unión Europea con maiores diferenzas de rendas entre as distintas rexións que compoñen o territorio nacional (11), diferenzas que, por outra parte, medraron dende mediados da década dos noventa. Como veremos mais adiante Galicia é un fiel reflexo desta iniquidade territorial.

A POBREZA EN GALICIA

A distribución da renda en Galicia experimentara, nas derradeiras décadas, profundos cambios “especialmente durante os anos oitenta, onde prodúcese unha redución dos niveis de pobreza e desigualdade. Nembargantes, este proceso parece verse freado posteriormente, na década dos noventa,” –en liña con o acontecido a nivel español- “ó producirse un estancamento e incluso un retroceso nesa tendencia (....) a redución da pobreza produciuse fundamentalmente nas áreas rurais, mentres que a pobreza urbana medraba de xeito notable, reducíndose así a diferencial existente entre ámbolos dous ámbitos (....) pese a elo continuaban sendo importantes as diferenzas en canto o risco de caer na pobreza segundo o fogar residise no medio rural ou no urbano” (12).

Segundo datos oficiais, a principios da pasada década, a incidencia da pobreza en Galicia estaba entre o 14% e o 15% da poboación galega –umbral rexional- o que significaba que

Page 7: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

6

387.000 galegos estaban en situación de pobreza –unha posición intermedia a nivel nacional (19,9%) i entre os países da UE15-. En térmenos de desigualdade (índice de Gini) Galicia ocupaba, polas mesmas datas, tamén unha posición intermedia no conxunto das CCAA nacionais, presentando, xa que logo, uns niveis comparativamente baixos de desigualdade. (0,261 fronte á 0,282 de media nacional).

Neses anos anteriores a crise a fonte de ingreso xogou un papel determinante -tanto nas áreas rurais como urbanas- na incidencia da pobreza en Galicia. Fontes de ingresos que presentaban algunhas diferenzas importantes con relación ó conxunto de España. “En Galicia a fonte de ingresos mais habitual era a procedente do traballo por conta allea (38% dos maiores de 16 anos), seguida de preto polas pensións de diversas natureza (30%). O traballo por conta propia supón unha vía de ingresos para un 12% da poboación, mentres o resto de fontes teñen en prometio unha presenza menor” (13). En España a distribución era do 39%, 23% e 8% respectivamente: o peculiar de Galicia en relación ó conxunto de España estaba, xa que logo, na maior presenza tanto das pensións como das rendas por conta propia.

“Si atendemos ás tres principais fontes de ingreso, traballo por conta propia, allea e pensións, a incidencia da pobreza vai dende o 8,4%, no caso de que o sustentador obteña os seus ingresos principais do traballo por conta allea, ó 24,2% no caso de que proveña das pensións, ocupando unha posición intermedia, similar a taxa de pobreza media galega, cando proceden do traballo por conta propia. A probabilidade de que un individuo sexa clasificado como pobre dispárase no caso de que o sustentador principal do fogar reciba prestacións por desemprego e outros ingresos como principal fonte de renda, deica acadar niveis que incluso superan un 60%” (14). A incidencia de Galicia aparece, xa que logo, como maior nos desempregados e os receptores de pensións.

Outro aspecto relevante dos ingresos en Galicia é o elevado número de fogares nos que existe un so ingreso. “En Galicia, no 2003, o 24% da poboación reside en fogares nos que unicamente hai un perceptor de ingresos. O resto repártese entre fogares con 2 perceptores (40%) e fogares con 3 ou mais perceptores de renda (un 36%). Esta característica é importante xa que o escaso número de perceptores de rendas revelouse, nas

Page 8: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

7

derradeiras décadas, como unha das principais variables explicativas da pobreza en Galicia” (15). En contrapartida a incidencia da pobreza é baixa nos fogares en que os dous membros principais, sustentador principal e conxugue, están empregados. En senso contrario en tódolos fogares con nenos a incidencia da pobreza é maior que no resto da poboación o que da idea dunha clara insuficiencia nas prestacións sociais de atención a familia e a infancia.

A distribución de ingresos por xénero presenta tamén importantes desigualdades. “En Galicia, no 2003, a diferenza entre o ingreso medio dun home e o dunha muller ascende a case 300 euros mensuais (un 32% do ingreso masculino)” (16). Diferenza que é extensible a todas e cada unha das fontes de ingresos e que “vai dende o 14% nas prestacións por desemprego, ó 40% nas rendas declaradas por conta propia. No caso das pensións a diferenza sitúase no 27%, mentres que nos ingresos de traballo por conta allea a renda entre homes e mulleres é dun 25%” (17).

A nivel territorial compre subliñar a importancia das pensións nas comarcas mais rurais, especialmente nas provincias de Lugo e Ourense, onde a porcentaxe de perceptores de ingresos que son pensionistas chega ó 40% fronte o 25% nas zonas urbanas. Outro aspecto tamén relevante –en parte derivado do anterior- son as notables diferenzas de ingresos entre as zonas urbanas e as zonas rurais: claramente superiores a media no primeiro caso e inferiores no segundo. “Nestes casos” –as áreas rurais- “os ingresos medios sitúanse entre 616 e 600 euros, valores que apenas supoñen dúas terceiras partes dos existentes nas comarcas con maiores rendas” (18). Estas diferenzas débense a dous factores: 1. Maior porcentaxe de perceptores de ingresos que son pensionistas nas zonas rurais e menor de traballadores por conta allea, 2. Contías das pensións medias mais elevadas nas zonas urbanas que nas zonas rurais.

A distribución territorial dos ingresos presenta tamén outros aspectos interesantes. “Son os concellos pequenos os que acumulan unha maior porcentaxe de individuos na cola baixa da distribución e en torno a renda mediana. Isto significa que canto menor é o tamaño do concello maior é a porcentaxe da súa poboación que se sitúa por debaixo do umbral de pobreza ou inmediatamente por riba do mesmo (poboación especialmente

Page 9: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

8

relevante dada a súa situación de vulnerabilidade en termos de pobreza). Así e a luz do que reflicten as funcións de densidade, nos concellos pequenos esta maior incidencia da pobreza parece simultanearse cuns niveis de renda de menor contía, pero a vez mais homoxéneos entre si” (19).

Os cambios anteriormente subliñados reflicten que á maior riqueza territorial maiores niveis de desigualdade: “as áreas con maiores ingresos padecen niveis mais elevados de desigualdade”(20). O mesmo sucede coas rendas do traballo por conta allea: “as áreas con un maior rateo de perceptores de rendas procedentes do traballo por conta allea presentan uns maiores niveis de desigualdade” (21). En senso contrario “aquelas bisbarras con perceptores de rendas do traballo por conta propia ou pensións caracterízanse por soportar menos niveis de desigualdade” (22). A confirmación deste mapa está intimamente xunguida a natureza dos ingresos, “ó diferente modo no que os fogares obteñen os seus ingresos, segundo estes residan en áreas rurais ou urbanas. Nas áreas urbanas unha porcentaxe importante dos ingresos dos fogares proveñen das rendas do traballo por conta allea, mais desiguais, y, en menor medida, das pensións e das rendas de traballo por conta propia, o que se traduce en niveis de ingresos con elevada dispersión” (23).

Resumindo todo o anterior resulta que na fase expansiva anterior a actual crise económica o risco de pobreza era maior nos fogares con un so ingreso e si este era unha prestación de desemprego ou outro ingreso (60%) ou unha pensión (24,2%). Tamén era maior para as mulleres e os habitantes de concellos pequenos. Nembargantes era nas áreas de maiores ingresos, coincidentes con as que tiñan unha maior porcentaxe de perceptores de rendas procedentes de traballos por conta allea, onde se daban os maiores niveis de desigualdade.

O IMPACTO DA CRISE

Segundo a maioría dos datos dispoñibles, nos primeiros anos da crise obsérvase en España “un aumento tanto da pobreza como da exclusión social (....). O aumento de 2,2 puntos de fogares excluídos e de 3,4 de pobreza relativa é moi significativo ó tratarse dun período tan curto (....) medraron moi significativamente os fogares situados en posicións de precariedade e de exclusión moderada. No seu conxunto, a

Page 10: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

9

exclusión social (moderada e severa) tería medrado un 13,5% nestes dous anos” I esta situación aparece, en termos xerais, como peor para o grupo en “exclusión severa” dándose unha intensificación das situacións de exclusión extrema que están un 26% peor que fai dous anos. Como era de esperar os problemas de exclusión do mercado de traballo -o desemprego- son o principal factor de exclusión social –tanto moderada (53,3%) como severa (63,9%)- (24).

En relación ós grupos sociais mais afectados os cambios mais significativos destacan que a crise acentúa o perfil feminino da exclusión social, afectando ós fogares mais novos, os fogares monoparentais, e aparece como mais relevante a variable territorial (25). O desemprego, na medida en que se estendeu a grupos moi amplos da poboación, tamén se normalizou e ten efectos menos intensos en termos de exclusión social: hai moitos mais fogares con parados no espazo social da exclusión, pero tamén noutros sectores sociais mais integrados socialmente. Nembargantes en sectores integrados antes da crise,”nos que se experimenta un impacto brutal do desemprego, que desencadea outros problemas económicos para pagar a vivenda (en un da cada cinco casos) e un empeoramento xeral das condicións de vida. O desemprego, ademais vai da man dun aumento dos empregos de exclusión (9% das persoas sustentadoras principais traballan sen cobertura da Seguridade Social). A taxa de pobreza, similar no punto de partida á do grupo anterior, multiplícase por mais de 3 e chega á acadar o 39,5% (...) os procesos de caída en exclusión van ligados á ruptura das redes sociais que viñan funcionando antes” (26).

Nun dos seus derradeiros informes (primavera 2010) Cáritas chamaba á atención en Galicia sobre o brutal incremento na demanda de alimentos e medicamentos por parte de persoas sen recursos. As solicitudes á esta entidade subiron en Galicia un 150% dende o inicio da crise .”A principal necesidade percíbese na alimentación, con un panorama de comedores, parroquias e economatos desbordados. Repletas cada día atópanse cociñas económicas como as de A Coruña e o Ferrol. Cambaléanse os fogares” (27).

A estatística oficial virá á confirmar o subliñado polas organizacións sociais:

Page 11: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

10

Se a incidencia da pobreza en Galicia, a principios da presente década, estaba no 14% da poboación galega o que significaba que 387.000 galegos estaban en situación de pobreza relativa –unha posición intermedia a nivel nacional (19%) i entre os países da UE15 (15%)-, esa porcentaxe iría medrando ó longo dos seguintes anos de tal xeito que á finais do ano 2009 a incidencia da pobreza en Galicia situábase no 19,1% (21%, segundo outras fontes) da poboación, 530.000 galegos, polo que parece indubidable que nestes anos tivo un crecemento espectacular (mais de 5 puntos que reflicten 150.000 novos galegos que viven por baixo do umbra da pobreza) e superior -o sexto mais elevado- o auxe medio habido a nivel nacional (19,5%).

Este tendencia negativa virá tamén confirmada pola ECV (INE) que nos informa de que si nos primeiros anos desta década a porcentaxe de fogares galegos que tiñan dificultades para chegar a fin de mes (58,5%) era lixeiramente inferior á media nacional (60,4%) –dous puntos- no ano 2009 a relación mudouse sendo mais os fogares galegos (60,5%) que tiveron dificultades para chegar a fin de mes que a media nacional (59%) –punto e medio: unha perda de tres puntos e medio-.

De confirmarse estes datos indicarían que nos derradeiros anos produciuse en Galicia un claro empeoramento da situación tanto a nivel xeral como en relación a media nacional: notable incremento, tanto a nivel de extensión como de intensidade. Notable incremento que está relacionado tanto con cambios nas situacións de risco derivados -como veremos a continuación- da debilidade dos ingresos como a incapacidade do actual sistema de prestacións sociais –especialmente as propiamente dirixidas á combater a pobreza e a exclusión social: asistencia social, pensións non contributivas, rendas de inserción, etc.- para protexer da pobreza a unha boa parte da poboación.

Incapacidade confirmada polas mesmas fontes anteriormente citadas que reflicten como “o paro está levando a moitas familias galegas a unha situación desesperada” (28) entre outras razóns porque o número de desempregados galegos que non cobra o seguro de desemprego (37,1%) e notablemente superior a media nacional (26%: 11,1 puntos de diferenza). Todo elo nun contexto, como xa dixen, de menor gasto público social en atención a

Page 12: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

11

pobreza e a exclusión social (pensións, vivenda, atención sanitaria, rendas de inserción, etc.)

En páxinas anteriores reflectín que segundo tódolos estudios i evidencias empíricas a pobreza en Galicia, como noutras comunidades españolas, está intimamente xunguida á natureza e dinámica dos ingresos. Ingresos que en Galicia adoptaban unha serie de particularidades xa subliñadas e que agora vense relativamente ampliadas pola relevancia adquirida polo desemprego.

Deste xeito hai unha serie de variables que inciden nos ingresos como o desemprego, as pensións, un único perceptor no fogar, menores ingresos nas áreas rurais e importantes diferenzas de xénero e cuxa natureza explica a grande dimensión que acadou a pobreza en Galicia nos derradeiros anos: elevado número de desempregados que deixaron de percibir o subsidio, subsidios do desemprego e pensións cativos, baixos salarios reais, precarios empregos en fogares cun so ingreso e importantes diferenzas salariais a nivel de xénero.

Elementos todos eles, acentuados pola crise e as medidas recesivas adoptadas, que coadxuvan a precariedade dos ingresos e, xa que logo, o crecemento da pobreza e que teñen que ver tanto con a natureza do mercado de traballo en Galicia como con o nivel de desenrolo do estado de benestar.

A baixa empregabilidade –especialmente das mulleres-, o baixo nivel dos salarios reais e a precariedade laboral, a cativa media das pensións e os seguros de desemprego e a debilidade da función social de atención á pobreza e a exclusión social explican o auxe da pobreza en Galicia.

A nivel de distribución territorial, e co transcurso dos anos, a situación sufriría algunhas modificacións importantes xa que será nas cidades –especialmente nas comunidades de Ferrol e Santiago- onde medre a poboación mais vulnerable a caer na pobreza mentres diminúe nos concellos pequenos. Este cambio territorial na distribución da pobreza camiña paralelo o incremento xeral tanto da pobreza como da desigualdade que se fai mais intensa nos concellos medianos e grandes, os mais urbanos.

A FUNCION SOCIAL DE ATENCIÓN A POBREZA EN GALICIA

Page 13: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

12

A función social de atención a pobreza está, en Galicia, maioritariamente nucleada en torno á Renda Básica de Inserción (RISGA) e ó Programa de Servizos Sociais de Promoción Social (PSSPS).

Tódolos informes sobre a pobreza en Galicia subliñan, como xa reflectín noutro traballo (29), unha clara insuficiencia das prestacións sociais en atención a pobreza. Dende hai xa algúns anos Galicia ven destinando á esta función un gasto público equivalente ó 0,1% do PIB cantidade que está claramente por debaixo da media nacional, exactamente a metade (0,2%), e moi aloxada da media comunitaria (0,4%). O déficit, xa que logo, de gasto en exclusión social de Galicia con respecto ó gasto medio nacional é de 48 millóns de euros que serían necesarios para situarnos no nivel medio nacional e de 96 millóns de euros para equipararnos á media europea. Nesta prestación Galicia sitúase no furgón de cola da Unión Europea.

Este déficit ven provocado porque as dúas maiores axudas (72%) na loita contra a pobreza e a exclusión, a Renda básica de inserción (RISGA) e o Programa de Servizos Sociais de Promoción Social presentan aportacións claramente insuficientes. En concreto a RISGA en Galicia situábase (2009) polo seu importe medio no furgón de cola nacional (30).

Galicia é unha das comunidades autónomas españolas que utiliza como indicador de referencia para fixala contía da RISGA o Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples (IPREM) –non o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) como fan, p.e., Castela A Mancha, País Vasco ou Navarra-. En base a aquel (IPREM) establece a contía do subsidio básico –“mínimo garantido”- e o tope máximo da prestación por unidade de convivencia: 75% do IPREM para o primeiro, e 125% do IPREM para o segundo. Consecuencia: Galicia ó fixar os importes en base o IPREM –e non o SMI- está no furgón de cola das comunidades autónomas españolas segundo o importe medio da RISGA. (31)

Nembargantes Galicia é das comunidades autónomas que mantén no tempo esta axuda “mentres subsistan as causas da súa concesión” aínda que ó cabo de catro anos, de manterse, limítase a súa contía ó salario base. (32)

Page 14: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

13

A FUNCION SOCIAL DE ATENCIÓN A POBREZA NALGUNS PAISES DA UNION EUROPEA

Segundo datos oficiais 84 millóns de persoas na UE –o 16% da poboación e o 16% dos/as nenos/as- “están en situación de pobreza” e o 17% dos europeos sofren de privacións materiais o que significa que as súas condicións de vida están severamente afectadas pola carencia de recursos (33). Se ben as transferencias sociais teñen reducido o risco de pobreza nun 38% á porcentaxe na UE o seu impacto varía segundo o pais europeo considerado dende un 10% no extremo inferior á un 60% na superior.

No ano 2008 o Parlamento Europeo aprobaba un texto relativo o ano europeo de Loita contra a pobreza e a exclusión social (2010) que contiña algúns considerandos relevantes:

“Unha grande parte da poboación (europea) segue sufrindo privacións ou un acceso limitado e desigual ós servizos ou esta excluída da sociedade (...) 78 millóns de persoas na UE viven con risco de caer na pobreza, dos cales 19 son nenos. A lenda de xénero representa aproximadamente dous puntos porcentuais. (....) as desigualdades de renda e a pobreza son asuntos cada vez mais preocupantes en toda a Unión” (34). Se comparamos estes datos cos reflectidos anteriormente vemos o espectacular crecemento do número de persoas que na Unión Europea están en risco de caer na pobreza nestes anos de crise económica (en dous anos 6 millóns de europeos caeron na pobreza).

“O problema da pobreza e a exclusión social adopta formas amplas, complexas e pluridimensionais. Garda relación con unha grande cantidade de factores, cos ingresos e cas condicións de vida, a necesidade de oportunidades educativas e de traballo dignos, os sistemas de protección social eficaces, a vivenda, o acceso ós servizos sanitarios e outros servizos de boa calidade, así como a cidadanía activa. Por conseguinte, deben participar os interesados en tódolos ámbitos políticos pertinentes (...) a prevención e a loita contra a pobreza requiren políticas pluridimensionais a nivel nacional, rexional e local que garanten o equilibrio entre políticas económicas e sociais i estratéxicas focalizadas para os grupos ou as persoas en situacións especialmente vulnerables” (35).

E ben certo que “o emprego digno pode reducir notablemente o risco de pobreza das persoas” (36) nembargantes “o emprego por si mesmo non sempre é condición suficiente para alóngalas da

Page 15: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

14

mesma, polo que a taxa de persoas con risco de caer na pobreza segue sendo relativamente alta incluso para quen traballa. A pobreza das persoas con emprego vai unida a unha baixa remuneración, diferenzas retributivas entre os homes e as mulleres, escasas cualificacións, oportunidades limitadas de formación profesional, a necesidade de combinar traballo e familia, emprego e condicións laborais precarias, e tamén unhas condicións difíciles de vivenda. Xa que logo, un emprego de calidade e o apoio social i económico son esenciais para alongar ás persoas da pobreza (....) Un factor clave para que a acción comunitaria de loita contra a pobreza e a exclusión social teña éxito é a amplitude do apoio popular e político” (36).

Inclusión social e loita contra a pobreza na Unión Europea

Como sucede con demasiada frecuencia na Unión Europea os textos escritos –algúns magníficos- non solen ir acompañados das correspondentes e debidas actuacións políticas i esta diverxencia non sería unha excepción na loita contra a pobreza e a exclusión social pois, como xa dixen, a UE recentemente decidiría que o obxectivo de reducila taxa da pobreza a metade retardábase deica o ano 2020 –e dicir, 10 anos- polo que a posibilidade dunha acción común contra a pobreza no conxunto da Unión Europea desvaneceuse unha vez mais. Unha proba do que digo é que, como subliñei antes, os europeos en risco de pobreza medraron de xeito exponencial na derradeira década: 55 millóns no 2001, que eran 78 millóns no 2007 e 84 millóns no 2010. A “estratexia europea” de loita contra a pobreza ten sido, xa que logo, un auténtico fracaso.

Unha estratexia que, nembargantes, recollía (2006):

“A inclusión social e a loita contra a pobreza son parte integrante dos obxectivos da Unión Europea en materia de crecemento e emprego. A coordinación das políticas nacionais sobre protección e inclusión social basease nun proceso de intercambio e aprendizaxe mutuos, coñecido normalmente como <<método aberto de coordinación>> (MAC). Ademais da eliminación da pobreza e a exclusión social, o establecemento de pensións viables e adaptadas, así como o desenrolo dunha asistencia sanitaria e de coidados de longa duración accesibles, sostibles e de calidade, constitúen a base de dito proceso para os vindeiros anos” (37).

Page 16: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

15

Unha estratexia que, en base os criterios anteriores, incluía sete actuacións prioritarias en tódolos estados membros da UE:

1. Aumentar a participación no mercado de traballo, expandindo as políticas activas do mercado de traballo e creando uns lazos mais estreitos entre protección social e aprendizaxe permanente.

2. Modernizar os sistemas de protección social para facelos viables, adecuados e accesibles para todos.

3. Abordar as desvantaxes educativas, investindo mais en capital humano de calquera idade e dirixíndose, en particular, ós grupos mais desfavorecidos.

4. Garantir unha vivenda digna ós grupos vulnerables e desenrolar enfoques xerais para evitar que haxa persoas sen fogar.

5. Mellora-lo acceso á servizos de calidade nos ámbitos da sanidade, as axudas sociais para o transporte e as novas tecnoloxías da información e a comunicación.

6. Vencer a discriminación entre homes e mulleres e aumentar a integración social das persoas con discapacidade, as minorías étnicas e os inmigrantes. (38).

En base a este marco estratéxico a Unión Europea ven facendo unha avaliación dos plans de accións nacionais para a inclusión social e a loita contra a pobreza. Avaliacións que reflicten como Dinamarca, Países Baixos, Finlandia e Suecia presentan as taxas de pobreza mais baixas da Unión ó tempo que os gastos de protección social (%PIB) mais elevados.

Programa de Dinamarca para combater a pobreza e a exclusión social

O goberno danés (ano 2010) o tempo que reflicte con orgullo como Dinamarca é un dos países do mundo que dedica maiores recursos ó benestar da poboación recoñece que as funcións da sociedade do benestar non cobren a tódolos afectados polo que hai cidadáns que aínda viven no umbral da pobreza.

Segundo tódolos estudios serios Dinamarca e un dos países mais igualitarios do mundo sendo o país da OCDE onde as diferenzas entre a dicila mais alta da poboación e a mas baixa son

Page 17: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

16

menores. O modelo de benestar danés asegura á toda a poboación unha rede de seguridade financiada polo o sector público para cando os cidadáns individuais necesitan axuda. Neste contexto estratéxico a pobreza non é vista exclusivamente como un problema financeiro:

Pobreza i exclusión social deben ser enfocadas conxuntamente e nun amplo contexto que inclúa igualmente as dimensións financeira, cultura e social. Isto supón que é necesario desenvolver una extenso grupo de iniciativas dende a atención social, ó emprego, a saúde, a formación e a educación e a integración.

Por outra parte a loita contra a pobreza e a exclusión social é considerada unha responsabilidade colectiva que require o compromiso e a participación das autoridades nacionais, rexionais e locais, o movemento sindical, as organizacións non gobernamentais así como as asociacións de voluntarios.

As autoridades locais danesas xogan un importante rol nas iniciativas públicas dirixidas a combater a pobreza e a exclusión social. Os traballadores dos servizos sociais locais, os educadores infantís, os médicos escolares –pediatras-, as/os enfermeiros e os profesores con frecuencia teñen asignado un rol nas situacións individuais dos cidadáns. O que non resta para que as asociacións de voluntarios sexan un suplemento fundamental das iniciativas públicas o tempo que son un signo da responsabilidade persoal. Este compromiso global de cooperación –pública/privada- é fundamental nos programas daneses para combater a pobreza e a exclusión social (39).

Responsabilidade colectiva –pública e privada- e amplo catálogo de iniciativas e proxectos que cobren as areas social, emprego, saúde, formación, educación e integración son os eixes sobre os que camiña a actuación do goberno danés na loita contra a pobreza e a exclusión social.

Responsabilidade colectiva que se reflicte na ampla participación de organismos públicos tanto nacionais –Ministerios de Interior e Asuntos Sociais; Emprego; Educación; Refuxiados, inmigración e integración; Saúde e Prevención; Instituto Nacional de Saúde Pública, etc.-, como rexionais –Gobernos rexionais- e locais –Gobernos locais- así como de diversas entidades privadas: confederación sindical, confederación de empresarios,

Page 18: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

17

confederación de profesionais, organización de discapacitados, consello nacional infantil, consello nacional de voluntarios sociais, consello social de persoas marxinadas, consello nacional de adultos, consello danés de refuxiados, consello de minorías étnicas, etc.

Compromiso público nacional que se plasma no monto orzamentario destinado a loita contra a pobreza e a exclusión social que resulta un dos mais elevados entre os países da Unión Europea: con un gasto público total en exclusión social equivalente ó 1% do PIB (0,4% media da UE15) Dinamarca está no pelotón de cabeza entre os países europeos nesta función social.

Dentro das diferentes partidas de gasto as prestacións monetarias para o mantemento de ingresos (MI-schemes) copan a maior partida de gasto público (76,3%), tendo preferencia as transferencias periódicas (63,3%) sobre as puntuais (13%). Asemade hai prestacións en especie (aloxamento, rehabilitación, atención sanitaria, etc...).

As prestacións monetarias para o mantemento de ingresos (MI-schemes) responden, como outros tipos de rendas públicas, ó principio de universalización que atinxe tanto a seguridade social como os servizos sociais e que sustenta o estado de benestar danés: en Dinamarca ó acceso a estes plans basease no principio de residencia e na carencia familiar de recursos. Noutras verbas calquera cidadán residente en Dinamarca –un período mínimo- e carente –el ou o/a seu conxugue- de recursos ten dereito a recibir unha renda, unha prestación monetaria (MI-schemes) (40).

Page 19: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

18

Esta prestación monetaria (MI-schemes) pode adoptar tres categorías segundo os/as beneficiarios/as: a. Cash benefit –asignación en efectivo- para cidadáns daneses que sufriron significativos cambios nas súas circunstancias sociais, que supuxeron a privación de medios de subsistencia, que individualmente non teñen aceso a ningún outro tipo de ingreso (p.e. seguro de desemprego) ou conxuntamente co conxugue non teñen ingresos dunha certa magnitude, e levan residindo en Dinamarca 7 dos últimos 8 anos. b. Initial benefit –asignación inicial- para inmigrantes que viviran en Dinamarca 7 dos últimos 8 anos, e cidadáns daneses que viviran nalgún país non pertencente a UE por mais de 1 ano nos últimos 8. Poden recibir esta paga durante os tres primeiros anos sempre que participen en programas de inserción. c. Introductory benefit –asignación introdutoria- para inmigrantes que non pertencen os países nórdicos nin son refuxiados da UE (41).

Das tres prestacións cash benefit é a de maior importe e para cuxo cálculo téñense en conta varios factores: anos de cidadanía danesa, idade do/a beneficiario/a (maior ou menor de 25 anos), en caso de matrimonio os anos de casados, con ou sen fillos á cargo, tempo recibindo algún ingreso de sustento, tempo anterior empregado no mercado de traballo, causa que xustifica a necesidade deste ingreso, dificultades para a inserción laboral, etc. Hai unha serie de circunstancias polas que o importe inicial de cash benefit pode verse reducido tanto en caso de matrimonio como de persoas individuais. Por todas estas razóns o monto final da cash benefit é moi variable entre os diferentes beneficiarios: no ano 2009 o seu importe mensual medio ía dos 350 –solteiro/a menor de 25 anos vivindo na casa propia- os 1700 euros –persoas menores de 25 anos con cativos ó cargo e/ou maiores de 25 anos con persoas a cargo-.

Aínda que o período de percepción do cash benefit é indefinido –deica atopar un ingreso fixo-, en caso de mozos/as menores de 25 anos o importe sofre unha redución despois de 39 semanas, para parellas con mais de 2 anos de matrimonio un dos conxugues deixará de percibir a axuda logo de 2 anos. En tódolos casos o importe acada ó valor máximo despois dos seis meses e unha redución por mes e persoa para parellas casadas despois de 6 meses.

Por outra parte os perceptores destas prestacións monetarias (MI-schemes), especialmente os integrados na cash benefit,

Page 20: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

19

poden beneficiarse doutras axudas suplementarias para diferentes servizos como coidado dos nenos, aluguer vivenda, coidado dental, atención médica, (42).

Un aspecto a destacar é a conexión existente entre os MI-schemes e os programas de fomento do emprego. Así tódolos beneficiarios dos MI-schemes deberán seren incluídos, nun período de tempo variable, nalgún programa específico de fomento do emprego que de seren rexeitado polo beneficiario suporá unha redución da cash benefit. Esta conexión responde ó criterio de que as MI-schemes son entendidas como axudas temporais para o tempo que dure o atopar un ingreso fixo polo que tamén serven para medir a eficacia das políticas de inserción laboral.

Deste xeito os MI-schemes responden á idea de integración social mediante a conexión entre os programas de formación i emprego e programas sociais como os MI-schemes que, ademais, sirve á un dobre obxectivo. En primeiro lugar mellora-las capacidades e os recursos das persoas excluídas, que se benefician dos MI-schemes, mediante programas de formación i emprego. En segundo lugar, e ó mesmo tempo, incentivar a procura dun emprego ós beneficiarios das prestacións que, por outra parte, ven limitado o tempo de libre disposición das axudas. Este dobre obxectivo camiña da man dos criterios base do estado de benestar danés: tódolos cidadáns teñen a responsabilidade de formar parte activa da sociedade, pero o mesmo tempo, o estado é responsable de asegurarlles a tódolos cidadáns unha seguridade financeira e unha respectable forma de vida tal que ninguén quede fora da rede de seguridade social (43).

Programa de acción nacional de Finlandia

No Informe sobre a Estratexia Nacional de Protección e Inclusión Social (2008-2010) “a situación social foi avaliada como boa. Os beneficios da seguridade social, os servizos de saúde e social e outras servizos públicos que cobren a toda poboación contribuíron ó feito de que a pobreza e a exclusión social sexan relativamente infrecuentes e a que o obxectivo da igualdade se realizara bastante ben” (44).

Page 21: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

20

“No sistema finlandés, a asistencia social é o derradeiro recurso dun ingreso seguro. Os concellos pagan unha asistencia social básica cando os ingresos e os recursos dun individuo ou unha familia non son suficientes para cubrir os gastos diarios. O concello e o estado participan nos custos desa asistencia social básica igualitaria, que se paga as familias ó tempo que se outorgan outros beneficios e transferencias económicas que están conectados a outras formas de asistencia social” (45).

Deste xeito, e o igual que sucede en Dinamarca, o programa finlandés de loita contra a pobreza e a exclusión social componse dun ingreso mínimo, asistencia social e a conexión con outros programas de axuda social: de acordo con a constitución finlandesa todo aquel cidadán residente en Finlandia que non poida obter os ingresos necesarios para unha vida con dignidade ten o dereito a recibir os coidados e os medios de subsistencia necesarios para elo.

Coidados e medios que se reparten en pensión nacional (National pension) –prestación monetaria básica para aqueles que non reciben ningunha outra prestación económica e que varía segundo a situación familiar: solteiro/a, casado/a, con ou sen fillos, etc.-, e asistencia social que adopta tres formas: asistencia social básica –tamén chamada asignación de subsistencia- consistente en axudas a familia e a infancia, atención sanitaria e axudas para vivenda, seguro de enfermidade e accidente, gastos de necesidades básicas –alimentación, vestido, hixiene, transporte, medicinas, fogar, .....-etc., asistencia preventiva que inclúe axudas para a atención á persoas dependentes, familias en crise, rehabilitación, formación, etc., e sistema suplementario de asistencia que inclúe medidas excepcionais de asistencia para custes médicos, funerais e outros gastos necesarios (46).

A asistencia social apóiase na condición –propia dos países nórdicos- de residente, -todos os residentes no país, cando menos 3 anos, teñen dereito a asistencia social independentemente da súa nacionalidade: os refuxiados e exiliados tamén-, sen límite de idade –na práctica ser maiores de 18 anos (entre os 17 e os 64 anos –idade de xubilación-) aínda que no caso dos estudantes estes quedan fora ó contar con outras axudas específicas-, de duración indefinida –mentres sexa necesaria e os beneficiarios

Page 22: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

21

non teñan outra fonte de ingresos ou estes sexan insuficientes-. Un aspecto importante da asistencia social finlandesa é que non se trata dun dereito individual senón subsidiario e dependente da situación familiar: so se recibe cando a totalidade dos recursos familiares son insuficientes para garantir un mínimo de subsistencia.

O dereito a asistencia social camiña da man do dereito a un emprego: a política social e a política de fomento do emprego estiveron, durante a derradeira década, intimamente integradas en Finlandia na estratexia de inclusión social. A integración no mercado laboral tanto dos receptores das MI-schemes así como doutras persoas desempregadas é favorecida por varios programas de formación i emprego algún dos cales inclúe elementos de servizo persoal (47). Os beneficiarios da asistencia social están obrigados a rexistrarse nas oficinas de desemprego e a participar nos programas de formación i emprego que desenvolven os concellos. En caso de rexeitaren un oferta de emprego ou calquera outra medida laboral sen unha razón xustificada a prestación básica vese reducida entre un 20 e un 20% do seu valor total.

Deste xeito a política social vai dirixida a fomentar a procura dun emprego, a permanencia no emprego e a volta ó emprego. Os medios son contar con eficientes servizos de emprego e a educación, a formación e a rehabilitación.

Dende o ano 2006 a asistencia social básica está transferida ós concellos, velaí que as autoridades locais finlandesas, ó igual que sucede noutros países nórdicos, xoguen un papel fundamental nas iniciativas públicas orientadas a combater a pobreza e a exclusión social. O concello e o estado repártense, a partes iguais, os custos da asistencia social básica.

Dende o punto de vista institucional, os servizos públicos de emprego, os servizos sociais municipais e a Seguridade social nacional son os piares institucionais da política finlandesa de inclusión social e loita contra a pobreza. En moitos casos estas institucións contan coa colaboración de organizacións non gobernamentais, voluntariados, traballadores sociais, organizacións sindicais i empresariais, e outros actores sociais así como institutos de investigación, etc.

Page 23: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

22

Medidas para previr a pobreza e a exclusión social en Suecia

O número de persoas que reciben asistencia social en Suecia rolda o 6% da poboación residente -unha porcentaxe importante son inmigrantes- o que nos da idea de que se trata dun dos pais da Unión Europea nos que a pobreza e a exclusión social están menos estendidas. Aínda que maioría destas persoas reciben asistencia por un curto período de tempo (unha media de 5 a 6 meses) xa que a asistencia financeira representa a última rede de seguridade para aquelas persoas que temporalmente atopan dificultades para manterse por si mesmos, hai outras persoas que dependen durante moito tempo da asistencia social.

O estado de benestar sueco está, esencialmente, individualizado xa que case tódalas transferencias, taxas e beneficios son dirixidas ás persoas individuais e non os fogares. A maioría das transferencias e beneficios son fixados polo goberno central e os criterios de elixibilidade están baseados en normas xerais e universais. Nembargantes, e si ben a asistencia social é regulada polo Social Service Act, a administración corresponde os concellos. A Social Service Act establece que cada quen debe ter garantido un razoable nivel de vida que inclúe un ingreso mínimo suficiente que equivale, aproximadamente o 60% do salario medio sueco (48)

Para poder beneficiarse destes ingresos mínimos a Social Service Act ten establecidos criterios moi estritos especialmente para a xente moza (principal beneficiaria, xunto a poboación inmigrante, destes programas). Os desempregados beneficiarios están obrigados a participar nos programas de formación i emprego así como noutras actividades senón quere perder a axuda social.

A percepción desta renda mínima non exclúe que os receptores poidan beneficiarse doutras axudas establecidas como, p.e., axudas familiares para a xente moza que busca establecerse e independizarse e/ou para xente maior, pensións de vellez.... A idea central é que o sistema xeral de renda de supervivencia (seguro de enfermidade, seguro de desemprego, axuda familiar, pensións, etc.) debe garantir a cada quen un ingreso razoable sen que teña que depender da asistencia social. A asistencia social é so o ultimo e temporal recurso, un residuo selectivo nun sistema universal.

En Suecia os concellos, como responsables da asistencia social, ocúpanse daqueles programas dirixidos as persoas que

Page 24: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

23

non poden manterse por si mesma: persoas excluídas e no umbral da pobreza. Únicos programas do estado de benestar e únicas axudas económicas que non están organizadas polo goberno central. Para poder financiar estes programas os concellos suecos solen fixar taxas municipais: a maior parte dos recursos financeiros proceden dunha taxa sobre os ingresos que pode chegar o 30% do salario ou ingreso.

Deste xeito en Suecia, ó igual que sucede con Finlandia e Dinamarca, as autoridades locais xogan un papel básico nas políticas públicas dirixidas a combater a pobreza e a exclusión social no seu territorio. Nembargantes isto non significa que as autoridades nacionais non poidan influír ou incluso ditar sobre o que as autoridades municipais deberán ou non facer, por exemplo mediante a lexislación nacional. As autoridades nacionais teñen un papel importante na vixiancia de que tódolos cidadáns suecos reciban o mesmo trato aínda cando sexan beneficiarios de programas municipais: deica o ano 1998 cada concello tiña dereito a definir e valorar as necesidades económicas mínimas para asegurar un axeitado nivel de vida –a renda mínima-. Na actualidade é a lexislación nacional, o parlamento, quen fixa anualmente as normas nacionais de asistencia social ás que os concellos deben axustarse: isto implica que cada concello pode “pagar mais pero non menos”. Os compoñentes básicos da asistencia social varían segundo a idade (nenos –tamén diferente segunda a idade, deica os 20 anos- e adultos –solteiros ou cohabitando-) e fíxanse para as necesidades básicas: comida, roupa e calzado, ocio, hixiene, coidado dos nenos/mozos. Recibir a asistencia social non exclúe que os beneficiarios poidan recibir complementariamente outras axudas: vivenda, enerxía, transporte, seguro de desemprego, etc. Deste xeito a asistencia social sirve para garantir unha renda mínima, equivalente o 60% da mediana dos ingresos que define o risco da pobreza (49).

O estado de benestar sueco é percibido como un sistema universal e xeral o que con frecuencia se entende como se cada sueco estivera cuberto por unha renda de inserción. Isto non é verdade e nunca o foi. O modelo de benestar sueco caracterizase por unha política de benestar xeral e unha política activa de emprego: un modelo que baseado na participación no mercado de traballo no que a poboación ten que habilitarse pola vía do traballo para ser cuberta polo sistema protector de renda xeral. Para conseguir unha auténtica integración social hai que apostar polo traballo social e profesional,

Page 25: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

24

poñendo o acento non so no ingreso económico senón tamén no traballo activo cos beneficios en orde a facilitar a participación no mercado de traballo e a independencia económica. Isto require a presentación dunha estratexia que estimule a cooperación entre diferentes departamentos públicos, especialmente coidado da saúde, seguridade social e axencias locais de emprego cada unha das cales é administrada ben polo goberno nacional ben polas autoridades locais.

Os programas anuais para combater a pobreza e a exclusión social fanse en estreita colaboración tanto cos afectados como coas organizacións representativas e outros actores da sociedade civil, moi numerosos en Suecia –aproximadamente, unhas 40 organizacións- para posteriormente seren aprobados pola Comisión encargada de desenrolo social no Ministerio de Saúde e Asuntos Sociais (50). A mobilización, e o conseguinte apoio, das organizacións voluntarias da sociedade civil –así como das propias persoas afectadas pola pobreza e a exclusión social: persoas sen fogar, inmigrantes irregulares ou sen papeis, etc.,- é considerada fundamental na batalla contra a pobreza e a exclusión social xa que, entre outros beneficios, axudan na identificación dos grupos sociais mais vulnerables.

Algunhas conclusións

Segundo tódolos informes e estudios consultados sobre a exclusión social e a pobreza os países anteriormente citados, que entran no grupo dos chamados “países nórdicos”, presentan os mellores resultados, con un mais baixo nivel de exclusión social e de pobreza entre a poboación.

Aínda que hai multitude de factores que explican estes resultados tres resultan fundamentais:

a. Un moi alto nivel de ocupación: as taxas de ocupación de Dinamarca (75,7%), Finlandia (68,7%) e Suecia (72,2%) resultan das mais elevadas de UE 15 estando moi por riba das que temos en España (59,8%) e, asemade, en Galicia (52,1%). Especialmente relevante é a ocupación feminina con taxas superiores ó 70%.

b. Un grande nivel de desenrolo das funcións do estado de benestar reflectido no nivel de gasto público social. En protección social o gasto público destes tres países, Dinamarca (29,3% do

Page 26: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

25

PIB), Finlandia (25,9%) e Suecia (30,9%) é dos mais elevados da UE 15 e moi superior á media de España (20,3%) e Galicia (19%).

Dentro do gasto público en protección social estes tres países teñen tamén un gasto público en exclusión social –que inclúe a loita contra a exclusión social e a pobreza- superior, Dinamarca (1% do PIB), Finlandia (0,5%) e Suecia (0,6%), ó resto dos países europeos (UE15: 0,3%) e, xa que logo, moi por riba de España (0,2% do PIB) e Galicia (0,1%).

c. Unha grande participación da sociedade civil avaliada pola relevancia que os gobernos de estes países –Dinamarca, Finlandia e Suecia- lle dan a cooperación entre as administracións públicas e as organizacións privadas na loita contra a exclusión social e a pobreza. Cooperación que se considera fundamental para mobilizar a toda a sociedade na loita contra a pobreza e a exclusión social e que vese favorecida polo elevado nivel de artellamento da sociedade civil.

Dentro das administracións públicas os concellos, ó traveso dos servizos sociais, desempeñan un papel fundamental na loita contra a exclusión social e a pobreza para o que contan, na maioría dos casos, cos seus propios orzamentos amais dos orzamentos públicos nacionais.

Estes factores xustifican tamén que nestes países a exclusión social e a pobreza estean relacionadas moi directamente coa falta de emprego e focalizadas en cidadáns activos en moitos casos, mozos. A cobertura que prestan as funcións do estado de benestar –atención a familia e a infancia, vivenda, atención sanitaria, atención a vellez, etc.- posibilita que moitos colectivos sociais –maiores, diminuídos, viúvas, nais solteiras, etc.- eviten caer na pobreza por mor duns recursos económicos –rendas- escasos.

O tempo o pago dunha renda de supervivencia non é o eixo central da estratexia contra a exclusión social e a pobreza, nin tampouco constitúe un elemento excluínte. Por unha parte a renda mínima ou de subsistencia –ingreso monetario- preséntase como unha solución transitoria o tempo que a súa percepción non exclúe, de ningures, que os beneficiarios poidan recibir outras axudas contempladas nas funcións de benestar –vivenda, familia, atención sanitaria, desemprego, etc.-.

Page 27: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

26

A EXCLUSIÓN SOCIAL E A POBREZA: UNHA PROPOSTA ESTRATÉXICA DE LOITA

Aínda gardando as distancias –algunhas enormes- entre as realidades política, social, económica e cultural dos países nórdicos e de Galicia hai nembargantes moitos elementos das estratexias para combater a exclusión social e a pobreza deses países que poden servir para ver de implantar aquí.

E neste camiño hai un primeiro aspecto diferencial a subliñar. O alto nivel de emprego deses países fai que a exclusión social e a pobreza estean relacionadas na maioría dos casos con a falta de emprego. No caso galego, o débil desenrolo de moitas das funcións do estado de benestar, os baixos ingresos xunto ó elevado desemprego fan que sexan múltiples as causas (vid. páxs. 11 e 12) da exclusión e a pobreza: a falta dun emprego, a natureza dos ingresos -desemprego, pensións non contributivas, etc.-, a debilidade dalgunhas funcións de benestar –atención a familia e a infancia, vivenda, atención a vellez, saúde, etc.-....

A loita contra a exclusión social e a pobreza en Galicia debe combinar o desenrolo das funcións de benestar cara a súa progresiva equiparación á media nacional e posterior aproximación o nivel medio europeo con políticas activas de formación i emprego para os afectados pola exclusión social e a pobreza.

No curto prazo esta estratexia debera empezar por buscar asegurar a todo residente en Galicia un período mínimo de tempo (3 dos 4 últimos anos) e carente de recursos suficientes un ingreso monetario –renda mínima ou de supervivencia- equivalente o SMI, recurso contemplado non como un pago vitalicio senón temporal (un período medio de 6 meses) e coa obriga para os beneficiarios, sempre que estean en idade de traballar, de rexistrarse no SGE (Servizo Galego de Emprego) e participar nos programas de formación e emprego que a Administración autonómica, co apoio dos concellos e os axentes sociais, deberá elaborar para estes colectivos. Os beneficiarios/as destes ingresos, de ningures, quedarán excluídos de poder beneficiarse doutras axudas contempladas nas funcións de benestar: atención a familia e a infancia, vivenda, desemprego, saúde, vellez, etc.. Para todos aqueles que non estean en idade de traballar (maiores, etc.) ou non poidan facelo (minusválidos/as...) garantiráselles este ingreso ben directamente, senón reciben algún outro, ben complementado os

Page 28: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

27

que reciban –pensión non contributiva, pensión contributiva, subsidio, etc.- deica chegar a ingresar o equivalente ó SMI. O importe deste ingreso poderá variar en función das características do/a beneficiario: condición familiar, laboral, etc.

Paralelamente resulta imprescindible avanzar no desenrolo das funcións de benestar, especialmente daquelas mais relacionadas coa exclusión social e citadas anteriormente: atención a familia e a infancia, vivenda, etc..

A participación dos concellos –ó traveso dos servizos sociais- aparece nos países nórdicos como fundamental para o bo funcionamento da estratexia contra a exclusión social e a pobreza. A peculiaridade municipal de Galicia –numerosos concellos e moitos deles de escasa dimensión- xunto a súa crónica falta de recursos fai que sexa necesario estudar como debera ser a participación municipal na loita contra a pobreza e a exclusión: a dotación de recursos e a colaboración intermunicipal –por bisbarras- aparecen como elementos a avaliar.

A elaboración, posta en marcha i execución desta estratexia debe facerse en contacto directo coas organizacións privadas que traballan na exclusión social e a pobreza –organizacións sindicais, oenegés, entidades relixiosas como CARITAS, asociacións de afectados así como outros actores da sociedade civil concernidos-.

Neste marco a Xunta de Galicia debera convocar á información e consulta a tódolos axentes públicos e privados representativos relacionados coa exclusión social e a pobreza de Galicia. Encontro que debe servir para a elaboración e implantación dun PROGRAMA ANUAL CONTRA A EXCLUSIÓN SOCIAL E A POBREZA. Un programa cuxo obxectivo central sexa crear oportunidades para que os residentes galegos afectados pola exclusión social e a pobreza poidan abandonala.

Un programa que deberá ter unha ampla difusión, a nivel local e autonómico, procurando que toda a poboación galega tome conciencia da existencia e a importancia da exclusión social e a pobreza en Galicia.

Un programa que debe buscar mobilizar á sociedade civil e ós axentes sociais galegos na súa batalla contra a exclusión social e a pobreza.

Page 29: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

28

Un programa que dea voz ás persoas afectadas pola exclusión social e a pobreza o tempo que lle ofreza oportunidades de abandonar esa situación.

Un programa que integre a perspectiva da igualdade de xénero e a protección da infancia por estar as mulleres e os nenos entre os colectivos mais vulnerables.

Un programa que contemple as dificultades das persoas con discapacidade para ter as mesmas oportunidades que os demais o que as sitúa nunha situación de risco elevada.

Un programa que poña o acento na integración no mercado laboral posto que en moitos casos a razón da exclusión social e a pobreza é a falta de traballo.

Un programa que, finalmente, estableza a garantía duns ingresos mínimos de subsistencia e dun fogar onde vivir para todos os residentes en Galicia pero con especial atención ós colectivos mais vulnerables –maiores, viuvos/as, familias numerosas, etc.-.

A dimensión cuantitativa –un número crecente de persoas en situación de exclusión social e pobreza tal que, neste intre, supera ó medio millón- e cualitativa –atinxe á diferentes idades e a persoas en diferente situación laboral, económica, familiar, etc.- da exclusión social e a pobreza en Galicia así como esa tendencia ascendente que presenta nos derradeiros anos xustifican a necesidade dun gran esforzo colectivo de revisión das políticas seguidas deica agora e de adopción doutras mais axeitadas e eficaces.

Page 30: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

29

BIBLIOGRAFIA:

(1). “Obxectivos do Milenio. Informe 2010”. NACIONS UNIDAS.

(2). “Proxecto de documento final da Xuntanza Plenaria de Alto Nivel do sesaxésimo quinto período de sesións da Asemblea Xeral sobre os obxectivos do Milenio”. NACIONS UNIDAS, setembro 2010.

(3). Ídem

(4). Ídem

(5). Ídem

(6). “Informe sobre Desenrolo Humano”. PNUD.

(7). “IV Informe sobre exclusión e desenrolo social en España”. FUNDACION FOESSA, 2008.

(8). Ídem

(9). Ídem

(10). Ídem

(11). Ídem

(12). “La distribución de la renta en Galicia”. CARLOS GRADIN. Fundación Caixa Galicia. 2006

(13). Ídem

(14). Ídem

(15). Ídem

(16). Ídem

(17). Ídem

(18). Ídem

(19). Ídem

(20). Ídem

(21). Ídem

(22). Ídem

(23). Ídem

(24). “O primeiro impacto da crise na cohesión social en España: unha análise provisional”. FUNDACION FOESSA. 2009

(25). Ídem

(26). Ídem

Page 31: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

30

(27). “Informe”. CARITAS, maio 2010.

(28). Ídem

(29). “A protección social en Galicia na crise económica”. FUNDACION LUIS TILVE. 2009.

(30). “Comparativa da normativa da Renda de Inserción Social”. GABINETE ECONÓMICO UGT-GALICIA.

(31). Ídem

(32). Ídem

(33). “Poverty and social exclusión”. COMISION EUROPEA. 2010.

(34). DECISION 1098/2008/CE DO PARLAMENTO EUROPEO E DO CONSELLO, DE 22 DE OUTUBRO, relativo ó ano europeo de loita contra a pobreza e a exclusión social.

(35). Ídem

(36). Ídem

(37). Ídem

(38). Ídem

(39). “Overview and analysis minimum income´s schemes in Denmark”. EUROPEAN COMISSION DG EMPLOYMENT. Abril 2009.

(40). Ídem

(41). Ídem

(42). Ídem

(43). Ídem

(44). “The national action programme of Finland”. SOCIAL AFFAIRS AND HEALTH FINLAND, may 2009.

(45). Ídem

(46). “Minimum income schemes. A study of national polices Finland”. EUROPEAN COMISSION DG EMPLOYMENT SOCIAL AFFAIRS AND EQUAL OPORTUNITIES, april 2009.

(47). Ídem

(48). “Minimum income schemes Sweden”. EUROPEAN COMISSION DG EMPLOYMENT SOCIAL AFFAIRS AND EQUAL OPORTUNITIES, april 2009.

Page 32: POBREZA EN GALICIA[1] - Fundación Luis Tilve EN GALICIA[1].pdf · pais ou comunidade é o grao en que a pobreza medra ou diminúe. Na segunda quincena do mes de setembro do 2010

31

(49). Ídem

(50). “European year for combating poverty and social exclusión. National program for Sweden”. EUPEAN COMISSION DG EMPLOYMENT SOCIAL AFFAIRS AND EQUAL OPORTUNITIES, 2010.