POEMAS 2ºGRUPO
-
Upload
rogelio-garcia -
Category
Documents
-
view
230 -
download
3
description
Transcript of POEMAS 2ºGRUPO
Tixosa de poulo
É a miña aldea favorita
ten casas en ruínas
pero segue sendo bonita.
Hai unha casa dunha veciña
que 80 anos ten,
rodeada de moitas árbores
e un canastro tamén.
Hai unha igrexa
Na que non hai pelexa
E os domingos
O cura da misa nela.
Adios aldea, aldeíña
Déixote ata outro poema
voume bailando e voando
aínda que me dá moita pena.
Héctor alvarez barbosa 6º
Aldea ,aldeíña pequeniña,
Ao pé da capela do San Adrián,
No medio da montaña Das Mil fontes
Rodeada de castiñeiros que cantan.
Toxos, praderías, castiñeiros
Máis piñeiros no alto da Serra,
Amieiros , corgos ,regas e fontes,
A cova dos Moucos agora na primavera.
On niños dos merlos nas carballeiras,
Aguias, xílgaros e outros paxaros;
Terra de moitas e grandes castañas,
Tamén de lendas de meigas e fadas.
Adeus aldea, aldeíña
Co preciosa e pequena que es,
coa miña mau despídome de vos
E algún día volverei.
Adrián Rodríguez Sánchez 4º
Querido Sol
Querida Lúa
Polo día o Sol
e pola noite a Lúa.
As árbores
deste aldea
son moi grandes
e no outono cáenlle as follas.
No verán
vai moito calor
e os habitantes danse un chapuzón
Na primavera
Hai moitas flores
E desfrutámolas cos seus olores.
Pablo Cobelo 4º
Querido sol
Querida lúa
Aquí está a paisaxe
Que ti alumeas.
Queridas árbores
Queridos castiñeiros
Moi vellos ides
Máis seguides nos lameiros.
Cando me levanto polas mañás
Vexo andoriñas voar,
miro pola ventá
parece que sego a soñar.
Querida veciña
Querido veciño
Hai vos deixo
Cun abraciño.
Anxo Armada Álvarez 4º
Na miña aldea
hai una capela,
chea de flores
e a xente vai vela.
Na miña aldea
hai una fonte,
peiteda por flores
na que collín auga onte.
Na miña aldea
hai moitas persoas,
que miran para o ceo
e ven paxaros que voan.
Esta é a miña aldea,
¿gustouche?
aquí podes vir
en moto ou en coche.
Iria Da Mota 6ª
Nesta aldea tan bonita
hai moitas cousas,
Capelas, fontes…
Vestidas con rosas.
A gardería situada
Nun bonito campo
Con fermosas flores
e nenos xogando.
.
Ao lado da miña casa
Hai unha panadaría
Que reparte pan
Con moita alegría.
A casa rural
De pedra marrón
Cun campo fermoso
Con pedras a montón.
A viaxe terminou
Os veciños máis eu
DIcimosvos “good bye”
“Arrivederci”, adeus.
Aida Da Mota Díaz 6º
Na aldea de As Pereiras, eu nacín e me criei,
unha infancia de ledicia que nunca olvidarei.
Hai prados e montes, flores de moitas cores,
invítovos a velo de mil amores.
Somos poucos veciños, xente maior e sinxela, eu o máis pequeniño
agardamos a túa presenza.
Ao longo do tempo, non sei onde andarei, pero sempre comigo
As Pereiras levarei.
Álvaro García Diéguez 5º
Co nome Almariz
Miña aldeíña preciosa
Tes un río encantador
E unha fonte preciosa.
Cando me esperto
Vexo o teu sol brillar
as árbores bailan
E os paxaros cantan.
Lúa, luíña
Vexo estrelas brillar
En fontes, ríos, regatos
Que me invitan a soñar
A miña aldea e moi bonita,
Chamase Almariz
Paso moi ben
E son moi feliz.
Natalia Morandi Rubio 4º
Aldea , aldeíña tan fermosiña
Cunhas casiñas pequeniñas
Uns farois que iluminan
Todos os nosos camiños..
Montes preciosos
con árbores preciosas
Toxos ,silvas,fentos
E demais cousas.
Pozos e montes,
Regatos e Riós
Onde reflexa
A lúa todos os días.
Adeus aldea
Ata outro momento
Nesta vila divertida
Esta o meu pensamento.
DIANA LÓPEZ SELAS4º
A miña aldea
é fermosa e pequena,
E acollemos nela
a todo o que veña.
Ten unha fonte,
ten unha igrexa
que lle aporta
unha gran beleza.
Na súa praza
Gústame escoitar
O que os maiores
Se poñen a falar.
Poucas cousas máis
Teño que dicir,
Só que esta aldeíña
Me fai moi, moi feliz.
Damián Rodríguez Rodríguez 6º
QUERIDOS CASIÑAS,
QUERIDOS VECIÑOS,
QUÉROVOS MOITO
VOUVOS DAR MOITOS ABRACIÑOS.
QUERIDAS ÁRBORES
QUERIDOS CASTIÑEIROS
QUERIDOS CARBALLOS
QUE ESTADES NOS LAMEIROS.
QUERIDA PRIMAVERA
QUERIDAS FLORES
DISFRUTAMOS NA MIÑA ALDEA
DE TODOS OS VOSOS OLORES.
QUÉROTE MOITO ALDEA,
E AÍNDA QUE NON ESTEA CONTIGO
E A DISTANCIA NOS SEPARE
LÉVOTE NO MEU CORAZÓN QUERIDO.
JULIO SUAREZ TORRES 4º
Doces casas
Doces flores
Doces árbores
Doces os amores.
Flores que florecen
Plantas que eu adoro
Arbores que a min me gustan
A miña Aldea é un tesouro.
Flores que vivides ao lado da auga
Flores que andades de camiño en camiño
medrades hasta que alguén vos colle
para facer algún regaliño.
Sol que apareces de mañaciña
Sol que desapareces ha noitiña
Lúa que apareces ha noitiña
Lúa que Marchas á mañanciña.
Érika GIL Álvarez 5ª
Aldea a o pé da serra Silvana,
que chea de segredos estás
un deles a pisada da Mula
pero sei que hai moitos máis .
Os teus bosques e soutos
que cheos de castañas están
no inverno están preciosos
pero moito máis no verán.
No outono a serra
de moitas cores se pon
castiñeiros ,piñeiros , amieiros
árbores a montón.
Cando me levanto pola mañá
os paxariños están a cantar,
coa boca aberta do ben que estou
na miña aldea vou quedar.
Ana María Rodríguez Sánchez 4º
A miña aldea bonita
chámase O Viso,
alí están os meus veciños
e os meus animaliños .
Está rodeada de bosque,
de campos e un río,
gústame ir de paseo
cos meus amigos.
Ten moitos veciños
e todos coñecidos ,
xogamos todos no parque
sábados , vacacións e domingos.
Na terra da miña avoa
hai horta , herba e froitas,
vai coidalas todos os días
para ver se medran moito.
Pablo Alén García 5º