Poemiñas para colorear en galego

4
Poemiñas para colorear en galego. Adaptación ao galego de :"POEMITAS DIVERTIDOS" CARMEN GIL ( Ilustracións e poemas) http://www.poemitas.com/poemitascoe.htm Feito por: www.patripenalogopeda.blogspot.es As imaxes están sacadas da rede e van ser usadas con fins unicamente educativos, se alguén quere que sexan retiradas non ten máis que poñerse en contacto comigo no correo do blog.

Transcript of Poemiñas para colorear en galego

Page 1: Poemiñas para colorear en galego

Poemiñas para colorear en galego.

Adaptación ao galego de :"POEMITAS DIVERTIDOS"

CARMEN GIL ( Ilustracións e poemas)

http://www.poemitas.com/poemitascoe.htm

Feito por: www.patripenalogopeda.blogspot.es As imaxes están sacadas da rede e van ser usadas con fins

unicamente educativos, se alguén quere que sexan retiradas non ten máis que poñerse en contacto comigo

no correo do blog.

Page 2: Poemiñas para colorear en galego

Sabedes o que pasa? A pantasma Antón

é amo de casa, traballa un montón!

Limpa, barre e frota todo o seu castelo co seu escobón

verde e amarelo.

A dragona Sixta, xoga á pelota,

é unha grande futbolista e hoxe estrea botas.

Con moita destreza (choiva ou faga sol)

dalle de cabeza e sempre mete gol!

Page 3: Poemiñas para colorear en galego

O lobo Raúl ten unha boneca

co pelo azul, coletas e pecas.

Ao sair a lúa,

cántalle unha nana cando o lobo canta

a boneca cala.

A vampira Inés, con casco amarelo,

tanto levanta un chalé como receba un castelo.

Dende o mes de abril ten un novo oficio:

peón albanel nun edificio

Page 4: Poemiñas para colorear en galego

O bruxo Edelmiro é moi laborioso

fíxolle un vestido a mar de gracioso de tea de araña

á súa irmá bruxa. Non o hai con máis maña

dándolle á agulla!

A bruxa Maruxa larpeira quere ser camioneira, ter un camión violeta e percorrer o planeta.

Espera levar, movendo o volante, unha vida emocionante e coñecer a moita xente

en lugares diferentes.