Poesía épica: Virxilio

35
A POESÍA ÉPICA LATINA: A POESÍA ÉPICA LATINA: Virxilio e a “Eneida” Virxilio e a “Eneida” ÍNDICE: ÍNDICE: · Definición de poesía épica · Definición de poesía épica · Características da épica · Características da épica · A poesía épica en Roma · A poesía épica en Roma antes de Virxilio antes de Virxilio despois de Virxilio despois de Virxilio Virxilio e a Eneida Virxilio e a Eneida.

description

Introdución á poesía épica e á obra de Virxilio.

Transcript of Poesía épica: Virxilio

Page 1: Poesía épica: Virxilio

A POESÍA ÉPICA LATINA:A POESÍA ÉPICA LATINA:

Virxilio e a “Eneida”Virxilio e a “Eneida”

ÍNDICE:ÍNDICE:

· Definición de poesía épica· Definición de poesía épica

· Características da épica· Características da épica

· A poesía épica en Roma· A poesía épica en Roma

antes de Virxilioantes de Virxilio

despois de Virxiliodespois de Virxilio

Virxilio e a EneidaVirxilio e a Eneida.

Page 2: Poesía épica: Virxilio

1º.- Definición de poesía épica

Page 3: Poesía épica: Virxilio

To\ e)/poj -ouj: narración

e)(poj > épico

Page 4: Poesía épica: Virxilio

Con que relacionamos en literatura o adxectivo “épico” ?

A) A Celestina

B) O Lazarillo

C) Rosalía de Castro

D) Poema de Mio Çid

Page 5: Poesía épica: Virxilio

Entón, que é un poema épico?

Page 6: Poesía épica: Virxilio

Unha composición poética extensa, deUnha composición poética extensa, decarácter narrativo e temática heróica carácter narrativo e temática heróica ou mitolóxica.ou mitolóxica.

COMPOSICIÓN EXTENSA

NARRA HISTORIAS DE HEROES OU DEUSES

EN VERSO

Page 7: Poesía épica: Virxilio

2º.- Características

Page 9: Poesía épica: Virxilio

O primeiro poeta épico con nome propio foi Homero: a Ilíada e a Odisea exerceron unha enorme influencia na creación e desenvolvemento deste xénero literario.

Page 10: Poesía épica: Virxilio

AA poesía épica latina ten certas peculiaridadespoesía épica latina ten certas peculiaridades

NON NACE DA POESÍA ORAL: É UNHA IMITACIÓN CULTA DA ÉPICA GREGA.

O SEU CARÁCTER PATRIÓTICO.

Page 11: Poesía épica: Virxilio

3º.- A poesía épica en Roma

Page 12: Poesía épica: Virxilio

Antes de Virxilio

Livio Andronico (III a.C.) Escribiu a Odussia, unha tradución da Odisea de Homero ao latín.

Nevio (III a.C) É o autor do Bellum Poenicum, poema no que narra a victoria dos romanos na 1ª Guerra Púnica.

Ennio (III-II a.C) Era considerado como o gran poeta épico romano antes de que Virxilio escribise a súa Eneida. A obra de Ennio titúlase Annales e conta a historia de Roma desde as súas orixes.

Page 13: Poesía épica: Virxilio

Despois de Virxilio

Ovidio (I d.C.) É o autor das Metamorfoses, un mosaico de historias mitolóxicas que teñen como punto común o feito de que en todas elas ten lugar unha transformación prodixiosa.

Lucano (I d.C) Poetizou na Farsalia a guerra civil na que se enfrontaron Xulio César e Pompeio.

Silio Itálico (I d.C) No seu poema titulado Punica narrou as guerras entre romanos e cartaxineses.

Page 15: Poesía épica: Virxilio

70 a.C. Nace nunha pequena aldea cerca de Mantua

Edúcase en Cremona, Milán e Roma.

48 a.C Chega a Nápoles, onde pasará boa parte da súa vida.

19 a.C Morre en Bríndise cando regresaba dunha viaxe por Grecia. Foi sepultado en Nápoles.

A vida do gran poeta romano non foi moi apaixoante...

Page 16: Poesía épica: Virxilio

A grandeza de Virxilio hai que buscala na súa obra... Antes da Eneida, Virxilio escribira dúas obras importantes...

42-39 a.C. Bucólicas

36-29 a.C. Xeórxicas

Page 17: Poesía épica: Virxilio

As Bucólicas é unha obra de te-mática pastoril. Nun ambente idí-lico, namorados pastores cantan as súas preocupacións e os seus amores.

Page 19: Poesía épica: Virxilio

Pero a obra máis coñecida de Virxilio é a Eneida, obra á que o poeta adicou os dez últimos anos da súa vida...

Page 20: Poesía épica: Virxilio

A Eneida fora un encargo que o A Eneida fora un encargo que o príncipe Octaviano lle fixera a príncipe Octaviano lle fixera a

Virxilio. Cando éste, pouco antes de Virxilio. Cando éste, pouco antes de morrer, pediu que a Eneida fose morrer, pediu que a Eneida fose destruida, Octaviano impediuno.destruida, Octaviano impediuno.

Page 21: Poesía épica: Virxilio

Quen era Octaviano, e por Quen era Octaviano, e por que estaba tan interesado na que estaba tan interesado na redacción e conservación da redacción e conservación da

Eneida?Eneida?

Page 22: Poesía épica: Virxilio

Durante os últimos setenta anos, Roma vivira un período convulso de guerras civis, intrigas políticas e asesinatos.

Page 23: Poesía épica: Virxilio

Guerra Social

Guerra civil e dictadura de Sila

Rebelión de Espartaco

Guerra civil entre Pompeio e César

Bruto e Casio contra Marco Antonio e Octaviano

Octaviano contra Marco Antonio e Cleopatra

Page 25: Poesía épica: Virxilio

Para xustificar ante o pobo romano o seu poder absoluto, Octaviano iniciou, coa axuda de Mecenas, unha intensa campaña propagandística destinada á auto-

glorificación e a lexitimación do seu reximen.

Octaviano necesitaba demostrar que estaba ao frente de Roma por vontade dos deuses, e que tiña a misión sagrada de salvar a República.

Page 26: Poesía épica: Virxilio

Por vontade do Senado, concédeselle o apelativo de “Augusto”.

Page 27: Poesía épica: Virxilio

Os poetas do círculo de Mecenas colaboraron na sacralización da figura de Augusto, o salvador de Roma.

O ti, nacido dos bondadosos deuses,

eximio protector da liñaxe de Rómulo:

estás ausente xa fai demasiado tempo;

Volve.

Devolve a luz, bo caudillo,

á túa patria.

(Horacio)

Page 28: Poesía épica: Virxilio

Para reforzar a súa imaxe de novo Rómulo, Augusto necesitaba un novo poema épico que substituise ao de Ennio e que fose símbolo dunha nova Roma que renacía das súas cinsas. Virxilio, que xa era un poeta de éxito,foi o elexido para levar a cabo esetraballo. A Eneida foi o resultado. Durante os últimos dez anos da súa vida, Virxilio adicou todos os seus esforzos a ese proxecto que finalmentenon chegou a rematar.

Page 29: Poesía épica: Virxilio

Na Eneida, Virxilio toma como protagonista a Eneas,un héroe da antigaguerra de Troia. A elección dese temapermitíalle presentar o seu poema como unha especie de continuacióndos poemas épicos de Homero. Hai que ter en conta que Virxilio nonse dirixe só aos romanos, senón a todosos lectores cultos do Imperio, que coñecían ben a Ilíada e a Odisea.

Page 30: Poesía épica: Virxilio

Estrutura e argumento da Eneida

Está dividida en 12 libros:

- Os seis primeiros narran as viaxes de Eneas ata chegar ao Lacio.

- Os seis últimos narran as guerras que Eneas tivo que manter en Italia.

Os seis primeiros libros lembran á Odisea, os seis últimos á Ilíada.

Page 31: Poesía épica: Virxilio

Libro I: A causa dunha tormenta, as naves de Eneas chegan a Cartago. Alí atopan á raíña Dido.

Libros II e III: Durante a cea, Eneas narra a destrución de Troia e a súa chegada a Cartago.

Libro IV: Nunha cacería, Dido e Eneas gorécense da choiva nunha cova. Confésanse o seu amor. Poucos días despois, por mandato dos deuses, Eneas parte de Cartago e Dido suicídase.

Libro V: Eneas chega a Sicilia, onde organiza uns xogos en memoria do seu pai Anquises, morto durante a viaxe.

Libro VI: Eneas descende ao Hades acompañado pola Sibila de Cumas. Alí, Anquises cóntalle o futuro da súa estirpe.

Page 32: Poesía épica: Virxilio

Libro VII: Eneas chega ao Lacio. O rei Latino promételle a man da súa filla Lavinia. Turno decláralle a guerra.

Libro VIII: Alianza de Eneas con Evandro. Vulcano fabrica para Eneas un escudo no que se representa o futuro de Roma.

Libros IX, X e XI: Guerra entre Turno e Eneas

Libro XII: Eneas mata a Turno.

Page 33: Poesía épica: Virxilio

Na Eneida, Virxilio deixa claro que o destino de Roma estaba escrito desde

antes da súa fundación.

Utiliza elementos tradicionais comoa guerra de Troia e a lenda da chegadade Eneas ao Lacio, pero aporta o usoda profecía para falar do futuro do

pobo romano.

Page 34: Poesía épica: Virxilio

Ao converter a Eneas en personaxecentral do destino de Roma

favorecía a imaxe de Xulio César edo seu herdeiro, Octaviano.

a lenda dicía que a gens Iulia descendíade Iulo, o fillo de Eneas.

Page 35: Poesía épica: Virxilio

Aínda que Virxilio non puido darlleos retoques finais, a Eneida é unhaobra de excepcional calidadeliteraria. O amor de Dido, o descenso de Eneas ao Hades ou o relato dadestrución de Troia inspiraron a poetas e artistas de todos os tempos.