Tema 5 diversidade climática galega e a súa influencia nos ríos e a súa vexetación
poéticas para unha vida - eteatro.files.wordpress.com · clases). Fernando, pola súa banda,...
Transcript of poéticas para unha vida - eteatro.files.wordpress.com · clases). Fernando, pola súa banda,...
‐3-
índice
A PERFORMATIVIDADE DA POESÍA VIVA. Julio Fernández p. 4
ARTE, PAZ, VIDA, Clemente Padín p.7
ON THE ROAD, Tiago Gomes e Tó Trips (Dead Combo) p.13
NOVE, María Lado p.17
SANTIA FISTER, Nela Que e Dr. Pause p.29
SEÑALES DE ADVERTENCIA, Daniel Rojo p.22
PERFORMANCE POÉTICA, Fernando Aguiar p.32
ACCIONES POÉTICAS, Bartolomé Ferrando p.45
PERFORMANCE, Víctor Bonet p.52
(((((((FATALISMO CIRCULAR))))))), Margarida Chambel y Nuno Oliveira
p.57
RECITAL, Chus Pato p.64
‐4-
A PERFORMATIVIDADE DA POESÍA VIVA
É na construción dun código poético onde o artista establece nexos coa realidade e coa vida mesma. O carácter emancipador da poesía non só libera o humano do autocontrol imposto polo social, a súa espida presentación en público deixa sen ataduras o pensamento, mergúllao nun océano de clarividente irracionalidade. A través da vivencialidade do xesto poético, a palabra acentúa a súa capacidade evocadora. No impulso, os fonemas son accións de resistencia, son salpicaduras de vida.
Ao longo de dous meses, e grazas ao Museo Verbum puido desenvolverse en Vigo un ciclo de presentacións poéticas inauditas baixo o título de Poéticas para unha vida. Durante ese tempo, A casa das palabras converteuse no lugar de encontro entre creadores e receptores de linguaxes poéticos.
‐5-
Non é frecuente, na xeografía ibérica, atoparse con acontecementos nos que sexa a performatividade do texto a que sirva ao texto para a súa difusión –máis aló do documento visual ou impreso-. Tampouco é frecuente que a poesía sexa comprendida no seu sentido amplo, como linguaxe descodificador de procesos de sentimento e de reflexión, no que non só ten cabida a escritura, tamén os sons, as imaxes, as accións, o xogo, o contacto e o intercambio.
Entre os invitados ao evento estiveron representantes ben coñecidos da poesía experimental. Tanto Bartolomeu Ferrando como Fernando Aguiar constitúen xa referencias fundamentais, case históricas, á hora de comprender o fenómeno da poesía viva en España e Portugal. Bartolomeu –desde as aulas na Universidade de Valencia-, é a orixe dunha prolífica tendencia dentro da performance poética e sonora (non son poucos os alumnos de Belas Artes que deciden trasladarse a Valencia para acudir ás súas clases). Fernando, pola súa banda, exportou a medio mundo o seu xeito de entender a poesía visual e concreta (a súa extraordinaria actividade levoulle a participar en multitude de exposicións, encontros e bienais dentro e fóra de Portugal). Sen esquecernos, ademais, do poeta uruguaio Clemente Padín, unha das figuras internacionais con maior peso dentro da poesía performátiva, e que estivo presente a través dunha recompilación en vídeo das súas primeiras accións.
Nos traballos de Bartolomeu, a escoita visual convértese en apertura cara ao esencial. Herdeiro de Felipe Boso -a quen debe o seu irrespectuoso malabarismo coas palabras-, Bartolomeu explora a través dun ruidismo íntimo e persoal a complexidade da materia coa que se fabrica a realidade que vemos. A súa música do silencio non é só intervalo ao que tenden os sons –como diría Giovanni Papini-, é fundamentalmente silencio, e con silencio reconstrúese. O seus intervencións son sedutoras, atraen ao receptor e fano cómplice da ironía, da delicada ironía coa que Bartolomeu devolve o viño á terra mentres mastiga na súa boca a cortiza da botella.
Se en Bartolomeu as palabras destílanse ata compor fíos de conexión entre as imaxes poéticas, en Fernando Aguiar as sílabas arrincan desde a súa definición silábica, sonora e desprovista de significado para –a través do seu golpeo no aire- elaborar rizomas de sentido. Pero tamén á inversa: partindo dunha elaboración reflexionada, o poema devén en signo a través dun proceso de conceptualización e desambiguación sincréticas. Para Fernando, os seus performances son esencialmente públicas, inciden no carácter espectacular do feito poético e a capacidade deste para conmocionar mediante a voz en vivo. A súa poesía sonora non queda no coro (como as ras de Aristófanes) senón que son mensaxe aberta, os olhos que o nosso olhar nao vé, como o título da súa antoloxía poética (1972-1980).
En canto ás presentacións escénicas de Clemente Padín, habería que advertir que o documento videográfico é un testemuño de acción tan relevante como a acción mesma. A poesía ten unha potencia creadora e reivindicativa dentro da realidade cotiá de América Latina que dificilmente podemos imaxinar
‐6-
en Europa. A sátira de Padín incide en o mercantilismo como gran mentira, á vez que dá voz aos descoñecidos poetas da rúa.
Pero na programación desta primeira edición de Poéticas para unha vida non habitou só un desexo de dar a coñecer recoñecidos representantes da poesía experimental ou da arte procesual (no sentido que apuntaba Filliou: a arte como aquilo que fai da vida máis interesante que a arte), a intención tamén foi abrir canles, novas vías de expresión e de investigación dentro do poético por parte de artistas nos que o percorrido é biográfico e vivencial. Neste nivel sitúanse as apostas conxuntas de Tiago Gomes e Tò Trips, Margarida Chambel e Nuno Oliveira, Nela Que e Dr. Pause, ademais das intervencións individuais de Daniel Rojo e Víctor Bonet.
Nas actuacións de Tiago e Tò Trips prodúcese unha simbiose entre a lectura desenfadada beat e o uso virtuoso do instrumento musical -non esquezamos que Tò Trips (Dead Combo) é considerado como un dos mellores baixistas de Portugal-. A performance presentada por Margarida e Nuno titulada Fatalismo circular, e inspirada na poesía existencialista de Raúl Brandao, deriva cara ao teatral e o happening, con momentos caracterizados por un expresionismo de gran beleza. Nela e Sr. Pause indagan na idea de collage a tempo real. Víctor Bonet crea un retrato de actualidade, una instantánea da construción/destrución mediante a utilización duns simples xices, chegando ao poético desde a proxección do imaxinario do real. No caso de Daniel Rojo –unha acción levada a cabo no casco vello de Vigo-, este poeta utiliza o cartelismo semiótico para confeccionar un percorrido de pequenas intervencións nas que o propio nome das rúas determina o contido lírico.
Finalmente, e como representantes da nova poesía galega, participaron en Poéticas para unha vida María Lado e Chus Pato. A poesía de María conecta coa sensorialidade dos elementos (terra, mar, aire) e en si mesma é viaxe a través da vida, un transitar nas paisaxes emotivas. Chus Pato -cuxas importantes achegas á poesía galega non é necesario mencionar aquí-, é ao noso xuízo artífice dunha persoal poética do pensamento. Mesturada entre os asistentes, converteu a súa intervención nun lugar para o encontro, un mundo soñado para Ismene errante.
Julio Fernández Peláez é coordinador, xunto a Zaida Gómez, da primeira edición de Poéticas para unha vida,, 2009.
‐8-
Proxección documental das performances e accións deste poeta, artista e activista uruguaio.
4 de Abril de 2009. Verbum. Casa das Palabras. Vigo
‐11-
Fotogramas de performance: “Memorial por América Latina”, 4 de Noviembre de 1989, Yelow Springs Institute.
Intervienen: Coco Fusco, Jenette Ingberman, Julio López, Papo Colo, Danny Torres, Yolanda López, Guillermo Gómez Peña, Felipe Ehrenberg, César Espinosa, Guadalupe García, Vinicio González, Craig Little.
Video: Francis James. Dirección: Clemente Padín.
‐12-
Fotogramas de performance “Para no morder el polvo”, Sayago-Montevideo, 1988 Intérpretes: Grupo Fabla: Elder Silva, Luis Pereira, Atilio Pérez da Cunha, Edgar Senciún y Víctor Cunha)
con el apoyo de la Comisión Barrial de Sayago Director: Clemente Padín
‐14-
FILME DE ACÇÃO RODADO EM CIDADE SOTURNA COM PUTAS A PASSAGEM
As personagens passam a noite a andar no meio da confusão
entre o fado vadio e os arcos antigos
ruas labirinticas e luzes foscas
ruas silenciosas.
pela noite fora, fogem dos carros de bêbados azuis.
Passam depois por rituais danças africanas
músicos compondo serenatas à mesa do bar
estrangeiros espangtados porque não sabiam que ainda existía Lisboa,
alguns mortos-vivos, morrendo um pouco mais esta noite,
vagabundos cheios de razão, fome, filosofía original e sacos de plástico
e gente rica em discotecas de martelo pneumático.
Tiago Gomes. Do seu libro: “Auto-ajuda”.
‐15-
Caminhas ao sol de um dia qualquer
em frente ao hospital psiquiátrico da tua cidade
mas tu sabes, já estiveste sozinho de verdade
e caminhas para o sol
no final do filme
despois do the end
vamos os dois dar um passeio
pelo antigo bairro operário da cidade
Tiago Gomes. Do seu libro: “Auto-ajuda”.
‐16-
11 de Abril de 2009. Verbum. Casa das palabras, Vigo
ON THE ROAD
Performance baseada en textos do poeta Jack Kerouac. Route 66, América de todos os soños comúns a todas as estradas do mundo: vías rápidas e secundarias, deserto, cidades perdidas na noite, canellóns
sen saída. Vídeo-beat de Raquel Castro.
Tó Trips (Dead Combo)
‐18-
Intervención baseada nos poemas do seu último libro “nove”: un poemario sobre o desacougo, o exilio interior e a dor.
María Lado no Verbum. Casa das Palabras. 18 de Abril de 2009
‐19-
dous
o libro comeza aquí. despois veñen as palabras que eu inventei para amar
mesmo antes
de que ti o soubeses.
e as barrigas das letras.
alí agochei as paisaxes que fixeron medrar o meu sorriso
onde ti camiñabas entre a xente,
sen saber da nosa historia.
e eu fixen destes versos unha casa
para atoparnos.
e os mellores momentos
están escritos nas paredes
para que poidas aprendelos de memoria.
eles serán a nosa lingua.
e estas páxinas
a maneira na que os teus dedos
viaxen polo meu corpo.
María Lado, do seu libro “Berlín”
‐21-
18 de Abril de 2009. Museo Verbum. Casa das Palabras. Vigo
Acción pluripoética.
Peza-collage na que conviven pintura e composicións visuais a tempo real, palabras, fetos sonoros e presentación escénica de acción: os ladrillos pesan, a auga molla.
‐23-
Paso previo I: Envío de material a Bos Aires. Fotografías da zona vella de Vigo para a confección dunha acción poética programada a distancia. Paso previo II: Recepción de poemas visuais a través de correo electrónico con indicacións precisas sobre a súa impresión e colocación nas paredes das rúas. Paso previo III: Recepción por correo ordinario de instrucións para a realización do percorrido da acción deseñada.
Acción: 25 de Abril de 2009, Casco vello.
PRAZA DA CONSTITUCIÓN Logo de dar efusivamente a man a todos os presentes, péguese o cartel: “Encontro de urxencia”
RUA CESTEIROS Entrega aos presentes de “poemas de vimbia”. Estes poemas, consistentes nunha soa palabra deberán ser abandonados ao longo do percorrido en lugares que estean en xusta relación co significado de cada poema, e coa esperanza de que futuros viandantes fixen a súa mirada neles.
‐24-
PRAZA ALMEIDA Pegar un sumidoiro impreso sobre outra real, reunirse en corro ao redor dela e reflexionar durante apenas 10 segundos sobre o instante no que cada cal vive.
PRAZA MENDEZ NUÑEZ Tendo en conta a súa situación de precariedade, Daniel Rojo solicita séxalle enviado un banco ao seu domicilio.
RUA DO FUNIL
Pegar cartel. continuación e cos ollos pechados, darlle a volta ao funil.
‐25-
RUA DÁ ESPERANZA Ler en voz baixa e mentres se camiña a seguinte carta:
Queridos amigos, en confidencia:
Ás veces creo estar perdendo iso que chaman esperanza (un son tenue que se escapa mentres se camiña). O vento varre os recordos con escobas de cemento, algúns quedan e incendian aos seus compañeiros, e estes contaxian ao resto ata converterse en aire líquido. Merece a pena deterse agora para defenderse. Os lugares acábanse. O pensamento non espera, con todo. É o único que non espera. De esperar a pensar, non pensaría, de pensalo dúas veces non quedaría. O pensamento é antiesperanza. Pero como perder a esperanza intencionadamente? A esperanza non pode perderse, para perderse necesitaría non estar parada, aí queda, agardando sempre. Para estar perdida sería preciso que escapase a si mesma, como escapa o desexo ao desexo a pesar das cadeas que o suxeitan a si mesmo. Esperanza: unha puta locuaz e sen paraugas. Espero que lean as miñas queixas. Espero que perdoen o meu atrevemento de pedirlles que as lean. Xa non quedan lugares, só edificios, sombras, vaidades e liñas veloces. Mala racha. Pero así é a esperanza, onde antes había fiestras ábrense contraventanas ao ceo de plástico, xa non queda fame que devorar, xa non quedan terremotos que non fagan tremer a máis absoluta desesperanza e derrúbena ata afundila na terra. Por fortuna, os sentimentos suceden logo dunha longa reflexión. Se puidese espiríame para que vexan que non escondo esperanza algunha. Os camiños que circundo non levan a ningunha parte, miro cara atrás, xa non podo saber cando botamos a andar sen saber onde regresar. Non queda máis remedio que difuminar a espera logo de consumila a cegas. Emancipemos a espera. Teñamos preguiza. Os tempos dos hemisferios pártense a berros, é tempo de contar os segundos en fraccións horarias de continentes dispersos que navegan sen ramal. Confesareilles que ás veces creo perder iso que chaman esperanza. Por fortuna, aínda son capaz de enganarme. Reciban un forte abrazo.
PRAZA EDUARDO CHAO
Pegar cartel. Dicir gritando: “Por favor, miren fixamente a este poema radioactivo”
‐26-
SUBIDA SAN XULIAN
Neste lugar o desexable sería mirar ao mundo a través da fiestra, deixando ao carón a prohibición de circular polo mundo.
Máis adiante, na ruela, pegar cartel:
A orde para este poema é a seguinte “Saír correndo de aquí”.
‐27-
RÚA DOUS PERIGOS Logo de pegar o cartel de “zona videovixilada” sacar unha instantánea de cada un dos presentes para, en canto sexa posible, envialas por correo electrónico ao autor da acción.
RÚA DO PEIXE Rogar aos presentes logo da pegada: “Por favor, un minuto de silencio”
PRAZA DOUS PESCADORES Neste duelo entre semellantes, hai que tirar ovos insistentemente.
‐28-
RUA DO PEÑASCO Desde o alto do peñasco recitar con naturalidade o seguinte poema sobre o pudor
Pudor Dor
Roca Grito
Vaxina que se enche de palabras Pudor Ardor Folla Bico
Mans abertas cubertas de pegadas Pudor Fedor Lousa Ceo
Un mundo opaco para cubrir as pupilas Pudor Fervor Nota Rocío
Barcos de nostalxia perdidos na noite Pudor Terra Aroma Beizos
Espontáneos fluídos internos.
e ao subir, pegar cartel prohibindo aparcar os días pares.
‐29-
PRAZA DO PEÑASCO Escribir no chan: “As palabras que se pisan non llas leva o aire”.
BAIXADA AO FORTE Nesta baixada, subir con forza para gritar a través dun altofalante: “¡Non queda tempo!” A continuación descender sen máis.
PRAZA POBOADORES
Nesta acción probarase a poboar unha árbore.
‐30-
SUBIDA DÁ BARROCA Pegar “obviamente”. A continuación pedir aos presentes que interpreten.
FONTE DE BARROCA
Pegar poema para crear controversia ecolóxica.
LAVADOIROS
Anuncio de parada
.
CALQUERA RÚA PRÓXIMA
Buscar gato para pegar ao seu lado un corazón lixeiro.
‐31-
FIN DE ACCIÓN Regalar poema inédito a quen prometa queimalo.
POSTERIORMENTE Abandonar os poemas para sempre.
(semanas despois)
‐33-
As minhas performances poéticas são normalmente constituídas pela leitura e encenação de poemas experimentais, pela interpretação de poemas sonoros com a utilização, por vezes, de um traje-soneto, ou por sonetos onde as palavras são substituídas por acções. Utilizo também poemas pré-gravados e video-poemas com os quais entro em diálogo e sobreponho leituras em tempo real. A poesia torna-se assim mais viva e mais vibrante, ganhando em movimento, cor e em sonoridade. Torna-se “visível”, o que permite valorizar a componente estética e sonora das palavras que ao serem tornadas objecto podem ser manipuladas, disparadas, rasgadas, destruídas, potencializando a acção e o sentido das mesmas.
Fernando Aguiar
‐35-
A POESIA VISUAL NO SÉCULO XXI
Ao dar uma importância crescente à imagem e aos signos formais e pictóricos no início dos anos 70, a Poesia Visual veio, de certo modo, antecipar o crescente peso da comunicação visual na sociedade e nas culturas quer ocidentais como asiáticas.
O processo informativo e comunicativo do século XX caracterizou-se pela massificação da informação e pela simultaneidade dessa mesma informação – todos sabem o que está a acontecer no momento em que acontece – e pela multiplicidade de mensagens com que as pessoas são permanentemente bombardeadas.
E se a Poesia Visual constituiu uma antevisão poética desse fenómeno e da importância que a imagem viria a ter, tornou-se agora o reflexo desse mesmo fenómeno, tendo sido largamente ultrapassada pelos diversos “média” e pela publicidade, que transmite os seus conteúdos de uma forma poderosa e criativa, recorrendo muitas vezes às técnicas e às soluções formais e plásticas que os poetas experimentais ensaiaram nos anos 60 e 70, mas com uma capacidade de penetração e de aceitação infinitamente maior.
Contra esse aspecto, o facto dos poetas visuais procurarem continuamente outras técnicas e novas soluções para a expressividade da poesia, que levou muitos deles a recorrerem às tecnologias mais recentes como o vídeo, a criação digital (Hipertexto/hiperpoesia) ou ainda os raios laser, como a poesia holográfica ou a holopoesia.
‐36-
Mas não poderia ser de outro modo, porque essa é a essência da arte, o procurar permanente de novas soluções para o acto/objecto artístico, neste caso para a arte poética, (embora a poesia, como eu a entendo, só possa ser uma obra de arte, senão não é Poesia), utilizando a linguagem do seu tempo e os meios tecnológicos que estão ao seu alcance. Apesar de quase nunca relacionar o resultado plástico-poético dessa procura com o movimento, a tridimensionalidade ou com o som. Como o fazem os meios de comunicação e de informação, e a publicidade e os vídeo-clips reflectem, remetendo muitas vezes as palavras para um plano secundário.
Paradoxalmente, talvez seja a Poesia Visual que, no meio desta densa e absorvente selva mediática recupere, num próximo futuro a importância da(s) palavra(s) e a(s) mantenha actuante(s), como é de seu pleno direito.
Fernando Aguiar
‐38-
Por fuera y por dentro
ser fuera estar fuera y poner fuera de afuera
por fuera poner afuera ahora aquí fuera
poner fuera en la hora y mejora allá afuera
ahora otrora estar fuera y ser afuera.
ven afuera entrar fuera y dar fuera acá afuera
para afuera aquí fuera demora ponerla fuera
estar fuera de afuera y desflora en la hora
aunque ser fuera y de afuera poner fuera
estar afuera por fuera y de afuera poner dentro
ser fuera ahora y por dentro demora
por dentro estar fuera y poner fuera de dentro
si entro sediento por dentro y por fuera.
estar fuera ahora y ver dentro del centro
dar adentro acá adentro y poner dentro de afuera
si entro allá afuera y de fuera concentro
ven fuera ven dentro por dentro y por fuera.
‐39-
poner dentro por dentro por el centro adentro
ir dentro estar adentro y aguantar en el centro
ser dentro por dentro y no tener sentimiento
invento el viento e intento ver adentro.
ser dentro allá adentro leer adentro por dentro
acá adentro argumento y siento en el centro
entrar dando adentro y salir con aumento
por dentro del viento si intento reviento.
desde dentro o desde fuera
afuera o adentro
por ser o ser ven
¡FUERA!
(por dentro)
‐40-
ERRATA
(en forma de soneto con rabo)
Luego en la primera página, precisamente en la primera línea, donde se lee era una vez..., léase finalmente...
En la página catorce, en la línea cuatro, donde se lee cuadro, léase cuarto.
En la página siguiente, en la línea ocho y medio, donde se lee por medio de, léase en el medio que.
Casi en la página treinta, en la línea férrea, donde se lee tanto mar, léase poca tierra.
En la página rasgada, en la línea de fuego, donde se lee horca, léase fuerza.
En una página inexistente, en la línea del horizonte, donde se debería leer, léase así.
En la página del medio, en la línea del ecuador, donde se lee en paralelo, léase en diagonal.
En la página oscura, entrelíneas, donde se lee se jode, léase se puede.
‐41-
En la página suelta, en la línea de la tierra, donde se lee suelo, léase sueño.
En una página distante, en la línea del pensamiento, donde se lee no pienso, léase pero existo.
Al pasar de la página, en la línea del infinito, donde se tiene mucho que leer, léase lo mucho que se tiene.
En la página en blanco, en la línea de lo imaginario, donde no se lee, no se lea.
En una página perdida, en una línea al acaso, donde se lee incluso así, léase así mismo.
A tantas páginas, en la línea con que cada una se cose, donde se lee entrevistase, léase entredíspase.
En la última página, incluso en la última línea, donde se lee finalmente..., léase era una vez...
‐42-
ESTRATEGIAS DEL GUSTO
o se gusta
o no se gusta.
o se gusta
entre el se gusta
y el no
se gusta.
o se gusta
entre el se gusta
y el se gusta
así-así.
o se gusta
entre el no se gusta
y el se gusta
así-así.
o se gusta
entre el
así
y el así.
o simplemente
(dis)gústase.
‐43-
Problemática de la dificultad
está difícil. está muy difícil.
está incluso muy difícil. está
realmente incluso muy difícil. no
hay duda de que está realmente
incluso muy difícil.
está difícil. está muy difícil.
está mucho más difícil. está
incluso mucho más difícil. está
realmente incluso mucho más difícil.
no hay duda de que está realmente
incluso mucho más difícil.
está difícil. está muy difícil.
está todavía más difícil. está
todavía mucho más difícil. está incluso
todavía mucho más difícil. está
‐44-
realmente incluso todavía mucho más
difícil. No hay duda de que está
realmente incluso todavía mucho más
difícil.
está difícil. está muy difícil.
está cada vez más difícil. está
cada vez aún mucho más difícil.
está incluso cada vez todavía mucho
más difícil. está realmente
incluso cada vez todavía mucho más
difícil. no hay duda que está
realmente incluso cada vez todavía
mucho más difícil.
para quien juzga que estoy exagerando,
no digo apenas que no existe duda de
que está realmente incluso cada vez
todavía mucho más difícil. ni que está
dificílimo. ¡ está dificilísimo !
‐46-
POÉTICA
* A menudo desarreglo el orden de las palabras y las
articulo de otra manera: todos los substantivos agrupados,
apelotonados, mientras cabalgan los verbos unos sobre otros
intercambiando sus papeles. Los artículos cambian de
género. Los adjetivos, de pronto, desaparecen.
* En ocasiones hago gimnasia con las palabras: las estiro,
las hago saltar o las doblo sobre sí mismas; en otras, les
cambio la velocidad: convierto las palabras lentas en
rápidas y a la inversa, dando uso a un sinfín de variantes.
El resultado es un atasco o una gran fluidez. De este modo
los objetos reposan o se mueven frenéticamente. Casi nada
permanece en su sitio. Mostramos y demostramos un parpadeo
arrítmico, asimétrico.
‐47-
* Mellar las palabras, agujerearlas, arrugarlas, quemarlas
parcialmente, aplastarlas, coagularlas o romperlas,
descubre y revela una pluralidad de vías creativas y de
intervención con el lenguaje escrito: desde cambios de
sentido hasta superposiciones o encabalgamientos; desde la
construcción de vocablos parcialmente ininteligibles hasta
la reagrupación o dispersión de elementos residuales. Usamos
el cuerpo de la letra con las características físicas que
ostenta: su dureza, su fragilidad, su textura, su
flexibilidad, su elasticidad. La escritura se diluye, se
disuelve, se desbarata.
* Pienso palabras. Palabras redondas, elásticas,
angulares, puntiagudas. Con el pensamiento toco y
acaricio las palabras. Pensamientos de colores
impregnan palabras. Palabras que dan sombra a otras,
encogidas en los repliegues y esquinas del pensamiento.
Palabras que recorren el pensamiento de parte a parte, se
balancean a la deriva o permanecen encaramadas en lo alto
de un montículo. Tejidos. Retales de habla.
* Acompaño las palabras con gestos. Gestos redondos,
cuadrados, curvos, en zig-zag. Gestos que escriben palabras
allí donde no están. Gestos que repiten siempre la misma
trayectoria, el mismo recorrido. En el centro de un gesto
‐48-
incrusto otro que se mueve en sentido contrario. Relaciono
un pensamiento con un gesto que nada tiene que ver con él,
sin mediar palabra alguna. Injerto trozos de habla en un
discurso encadenado de gestos. Reutilizo en ocasiones
algunos que ya había olvidado y arrinconado.
* A veces miro las cosas a través de las palabras, y si
éstas fermentan y se descomponen, también lo hacen aquellas.
El resultado es imprevisible: los objetos se deshacen y
permiten que el lenguaje entre a formar parte de ellos, o
a la inversa. De este modo todas las cosas albergan
potencialmente su propia transformación, su permanente
cambio. Entonces preciso volver a construir la trabazón
del pensamiento y Del habla. Palabras desconocidas exigen
ir acompañadas de nuevos gestos. Los objetos nos miran con
sus ojos apuntando en otra dirección. La escritura se
despeina y desgrana como un puzzle, a medida que el espacio
no ocupado cobra mayor relieve. La movilidad de los
corpúsculos es enorme.
Es en ese momento, en esa situación, cuando advierto
que las posibilidades creativas se expanden, se multiplican, se desbocan.
Bartolomé Ferrando
(Texto publicado originalmente en la revista Insula 603-604, pág 21)
‐53-
“Antes foi terra, logo terreo, mais tarde territorio...” Poética da imaxe e do corpo. Acción contundente, eficaz, sen espazos para os artificios e os enganos. Minuciosa posta en escena e coidado emprego dos materiais.
‐58-
Acción inserida entre a arte sonora e a oralidade. Texto cantado e modificado co corpo. Performance da repetición baseada na obra poética do existencialista portugués Raúl Brandão. Interacción co público.
‐59-
O Gabiru não entende a vida. Acha-se de repente num pélago refervendo oiro. Descobre torrentes impetuosas de ódio, torrentes de escárnio, a Árvore, as estrelas, um eterno redemoinho, gritos, levadas de sonho. Para onde? para onde corre tudo isto? A Morte ao lado duma árvore cheia de flor. Um caos. Treva e sol, oiro em borbotões, e o homem indiferente... Ao dar de cara com a existência, ao ver-se escarnecido, o Gabiru grita. Pois passa o inverno e a tempestade, vem a primavera e o sol, e o homem nem sequer os olhos ergue? Sob os seus pés a terra move-se, num burburinho, toda ela viva; sobre a sua cabeça a abóbada do céu arqueja, carregadinha de estrelas – e o homem queda-se inconsciente? Há o escárnio, a desgraça, pedras, constelações e o mar profundo e o homem continua impassível. O que é isto? o que é a vida? o que é este mistério onde o homem entra como a salamandra no fogo? Pode alguém de repente dar com uma árvore cobrindo-se de flor, sem ficar espavorido? No mais desprezível charco se espelha o sol e tumultua a matéria em combinações infinitas – e o homem segue o seu trilho inconsciente!.. Todos os desgraçados se reúnem no saguão para o interrogarem – os ladrões, os pobres e as mulheres da viela. O que é a Vida? o que é a Vida? Uma alma, um sonho? A vida tem realidade? O que pratico sobre a terra é indiferente ou vai repercutir-se algures? Isto é lodo ou fogo, aparência ou temerosa realidade? E o escárnio e a água a nascer fulgindo de entre a terra, a dor, o amor, a nuvem que passa, o vento? Tudo isto é um turbilhão de almas e de pedras, de árvores e de sonho, sem fito, ou esta levada esplêndida caminha para um fim ignorado de beleza? Ideio numa cova, num sepulcro fechado, ou vivo a verdadeira existência? E os pobres? porque é que os pobres sofrem sem gritos, revolvidos como a terra por este arado – a dor? Só vêm a este mundo para sofrer? O Gabiru via-os cheios de resignação seguirem o caminho da vida, cada um com sua cruz, feridos nas pedras aspérrimas, sem pão, escarnecidos, tombando por terra sem poderem mais. Porquê tudo isto? Para quê sofrer? Ele e o Astrónomo ficaram um pedaço a cismar. O que os prendia afinal à vida? em que criam? Nesse fim da tarde, chovia e aquilo era lúgubre: como que as coisas os empurravam para a morte. Na vida tudo lhes falhara e aos quarenta anos já se não constroem nuvens. Só o Astrónomo se consumia ainda em sonho: os outros, sentindo-o feliz, puxavam-no para o fundo, como os afogados aos que se querem salvar. – Sonhar! sonhar!
Fragmento de “Os Pobres “, Raúl Brandão. (1906).
‐65-
a batalla non a ves porque sucede lonxe, en Eritrea
a pintura é enorme, tres ou catro veces maior que os cortinados dun teatro de ópera. A nai, unha das catro nais do rapaz, vai falar e efectivamente fala. Nada, nalgún lugar simbólico o fungo transfigúrase en doncela
—míralle a capotiña e o manto lepiota
intúeslle o corpo, esvelto e atigrado; o tacto, frío. Como xeado é nos cogomelos cando atardece. E sorprendente e feliz porque podes retirar a mao e enluvar os dedos ou quecelos nos teus petos. Seguramente é muda. Só o nome perfecto de Deus, o nome de Antonin Artaud onde alguén ispe a pedra. Grandes lenzos de chuvia cara a dentro, a moitos quilómetros, profundos de follas moi húmidas e mortas e porque chegas tarde escachas nos ourizos onde dormen nenos con tiara solar e bambéanse e unha das catro nais vai falar e efectivamente fala nesta alcoba dedicada a Stern porque estamos dentro, no grimorio dun poeta, e conta Xulia Moesa cómo tivo que camiñar sobre o esterco vintecinco metros para buscar unha peciña da muxidoira que se lle perdera, e contemplan todos, a moitos quilómetros de profundidade, as páxinas da Ultratumba conxeladas por mor da couza, por lle sandar o mal, e respiran e hai que vestir a pedra
o que nunca chegaremos a desvelar é se estamos dentro ou non, se a lágrima é de acibeche ou de basalto, se dentro están as tres magas danzarinas, se lograremos algunha vez abrir o túnel. A pedra condénsase coma nun rito ciguri. Sinala entón as iniciais, as iniciais brancas e as iniciais vermellas, do sol-macho real, do sol-femia, real. Nunca chegaremos a saber se os nosos nervios son emanacións do sol, se a páxina é parasitaria das secrecións do meu cerebro
os nosos nervios radiantes de azafrán nas letras do betilo
sobre todo cando as perdas son tan violentas e próximas
Veracruz, maio, 1947.