Poetízate - Grupo Anaya · •O antólogo de Poetízate, Fran Alonso, escribiu sobre as cidades no...

8
Poetízate Fran Alonso X E R A I S

Transcript of Poetízate - Grupo Anaya · •O antólogo de Poetízate, Fran Alonso, escribiu sobre as cidades no...

Poetízate Fran Alonso

X E R A I S

O AUTOR

2

Título: PoetízateAutor: Fran AlonsoEditorial: Edicións Xerais de GaliciaColección: Fóra de XogoNº páxinas: 216ISBN: 84-9782-402-4

FICHA TÉCNICA

FRAN ALONSO (Vigo, 1963)

É poeta, narrador, editor e xornalista. Traballa nunha editorial, mantén o blogCabrafanada e colabora na prensa. Durante os anos 90 dirixiu a colección de poesíaAblativo Absoluto, de Xerais. Como poeta, o seu libro máis coñecido é Cidades (1997),aínda que tamén destacan Persianas, pedramol e outros nervios (1992); Tortillas para osobreiros (1996); Subversións (2001) e Balada solitaria (2004). O seus libros máis lidos polamocidade son: Cartas de amor (2006, colección Fóra de Xogo), O brillo dos elefantes(1999), Cemiterio de elefantes (1994), Silencio (1995), A vida secreta de María Mariño(2007), Tráiler (1991) e Males de cabeza (2001). A súa obra obtivo diversos premios comoBlanco Amor de Novela, o Rañolas de Literatura Infantil e Xuvenil, o Losada Diéguez decreación literaria ou a distinción White Ravens 2003 da Internationale Jugendbibliothek de Múnic (Alemaña).

3

• O gusto pola poesía.A narrativa semella ser o xénero con máis adeptos, pero isto non pode ser debido ao des-coñecemento ou os prexuízos ante outros coma o teatro ou a poesía. Para collerlle ogusto a algo, primeiro hai que coñecelo, e disto se trata, de ler poesía para descubrir quenos gusta, que a poesía tamén pode ser alegre e divertida.

• O recoñecemento e a reivindicación de Galicia e da súa fala.Foi a palabra poética a que fixo re x u rdir a literatura galega despois dos anos escuros. Apoesía trata con frecuencia as temáticas de país e lingua.

• A análise histórica desde o intimismo.Podemos velo nos poemas relacionados coa guerra civil ou outras guerras, cos temposdos celtas, etc.

• Educación para a igualdade.É un dos temas transversais que aparece na antoloxía, como pode verse nos poemas deRosalía de Castro, Xohana Torres ou Marilar Aleixandre.

• Educación ambiental.Nalgúns poemas podemos rastrear este contido.

• Enfermidade e morte.Outros temas que acostuman facerse presentes.

• A ironía como un recurso que podemos atopar en varios poemas.

• Poemas de formas distintas, máis lúdicas, como o caligrama ou o palíndromo.

TEMAS E VALORES

O LIBRO

Pode considerarse a primeira antoloxía de poesía galega para a mocidade. Un libro desen-fadado que pretende achegar os versos a aqueles que normalmente non os len. Unha selec-ción de poemas que percorre a historia do xénero desde Rosalía de Castro ata Xiana Arias,cunha mirada atenta, tamén, á voz das mulleres.O libro consta dun limiar que se argumenta en contra dos tópicos sobre a poesía e un epí-logo a modo de visita guiada polos poemas que compoñen o texto.

4

* As actividades que se propoñen, a continuación están pensadas para que o profesora-do elixa aquelas que poidan resultar máis adecuadas para o seu alumnado ou para a diná-mica do grupo.

ANTES DA LECTURA:• O título Poetízate xa adianta o significado da obra. Creade outros títulos para unha ini-

ciación ou inmersión na poesía: «Versifícate»…• Comentemos: que pensades da poesía?; quen credes que a escribe e para quen?; quen a

le?; de que falan os poemas que lestes?; que poetas coñecedes?; que poemas lembrades?• Tipos de poesía. Facede a vosa propia clasificación.• As letras das cancións son poesía? Poñédelles música a algúns poemas. Buscade a poe-

sía dalgúns cantautores ou a que fan os grupos pop ou rock. O grupo Dios Ke Te Crewmusicou a Celso Emilio Ferreiro.

• Escribide un longo listado de palabras que relacionedes coa poesía.

AO LONGO DA LECTURA:• Coa poesía o que hai que facer é lela, ler para collerlle o ritmo, ler para gozar das pala-

bras unha a unha, ler para sentila… e vivila. Probade a ler poemas en alto.• Que poema dos que estades lendo vos gustaría ter escrito ou que alguén escribira pen-

sando en vós?• Elixide o mellor verso.• Realizade entre todos un recital de poesía, preparando as lecturas ou recitados, elixin-

do aquelas que máis vos gusten ou chamen a atención.• Organizade a vosa propia visita guiada polas poesías preferidas.• Facede a vosa propia antoloxía poética. «Os mellores poemas.»• Lede outras antoloxías e tentade descifrar o criterio co que está realizada a selección.• Ilustremos os poemas que máis nos gusten.• A linguaxe poética está no día a día, cando facemos comparacións –«É bo coma un

cacho de pan»– ou metáforas –«Es un sol»–. Busquemos máis.• A linguaxe poética é connotativa; o seu significado é amplo e dive rxente, por iso cada un

de nós é libre para entendela ou explicala, para sentila á súa maneira. Fagamos unha pro b a :falemos dun poema entre todos, sumando os significados que cada un de nós lle atopa.

• Escollamos un poema e escribamos nun papel todo aquilo que nos suxire.• Traede á clase poemas que vos gusten.• Ler e escribir son as dúas caras da mesma moeda. Agora tócavos a vós escribir un

poema. Pode ser longo ou curto, de amor ou desamor, sobre a música ou sobre a pai-xase, sobre a vosa cidade ou sobre as vosas preocupacións…

ACTIVIDADES

5

• Tamén podedes basearvos noutro poema para escribir o voso. Buscade na biblioteca Nafogueira dos versos, un libro de Antonio García Teijeiro no que o autor parte dunhaestrofa doutro poema para escribir o seu.

• No u t ros casos podes tomar un verso que se preste. Hai poemas que parecen dar pé parapoder continualos. A min gustaríame seguir con este de Méndez Ferrín «Reclamo a liber-dade para o meu pobo» ou con aquel outro de «Ti dis Galiza é ben pequena». ¿E a ti?

• Podemos xogar a adiviñar a que poema pertencen determinados versos, por exemplo,os dous citados na actividade anterior.

• Ás veces, cando escribe, o poeta descríbese como se quitase a roupa e quedase en coirono poema, ofrecéndose ao lector, amosándolle as súas miserias e grandezas. Destes conalgún así?

• Buscade poemas de amor e facede un libro de poemas ou escollede os mellores e ela-borade unha antoloxía.

• O antólogo de Poetízate, Fran Alonso, escribiu sobre as cidades no seu libro Cidades.Buscade un poema dese libro que vos guste ou algún outro poema sobre unha cidadedoutro autor.

• Entre todos podedes escribir un cadáver exquisito. Preguntade o que é, buscade a des-crición da técnica e seguide os pasos. É moi divertido.

• «En abril versos mil.» Un mes dedicado á poesía. Cada un de vós pode especializarsenun autor e, posteriormente, presentarllo aos compañeiros e compañeiras. Será unhavisita guiada polos seus poemas, a súa vida, o seu tempo… Outra actividade poderíaser ler: que cada un prepare un poema para compartilo cos demais.

• Adestremos a memoria: aprendamos cada un o noso poema e recitémolo sen ler.• O poema ten algo de arquitectura, sobre todo cando se trata de caligramas, pictogra-

mas ou poemas visuais. Realicemos unha exposición con eses poemas de arquitecturaperfecta, visuais.

• Buscade un poema aburrido, un poema con humor, outro inintelixible, un luminoso,outro simplemente bonito…

• Seguramente hai unha serie de poemas ou cancións que vos foron acompañando aolongo da vida. Con eles podedes facer «O libro dos meus versos» ou «Os versos damiña vida».

• ¿Cres que a canción Yolanda, de Pablo Milanés, é un poema? A canción In the ocean,de Pulpiño Viascón? Podes ver o vídeo en You Tube ou baixala libremente da rede.

• Preguntádelle á xente que coñecedes polos poemas que lembre, os que prefire… e abri-ránsevos novos campos.

• Entre todos podedes seleccionar unha serie de valores que vos resulten defendiblescomo a solidariedade, a paz, etc. Agora buscade un poema para cada un deles.

• En internet podedes atopar páxinas dedicadas á poesía, pois tamén os versos andanpola rede. Entrade nelas, lede os textos e logo poderedes facer un informe a modo devisita guiada que as percorra.

• O libro podería chamarse «De Rosalía a Antía». Por que credes que comeza e acabacunha muller? Que opinades da literatura escrita por mulleres?

6

• No libro hai caligramas. Podedes buscar algún máis e animarvos a escribir vós algún outro.• Na visita guiada, Fran Alonso condúcevos aos poemas que falan da lingua.

Seguramente vós coñecedes algún máis. Podedes escribir un, se vos animades, perosobre todo poderedes opinar acerca da razón pola que a lingua é un tema que se repi-te ao longo da historia da nosa literatura.

• Fran Alonso fala do poema de Novoneyra, na páxina 82, e enumera unha serie de topó-nimos que nos sitúan na sonoridade e a esencia do país. Sabiades que hai tantos topó-nimos en Galicia como no resto do Estado? A que credes que é debido? Citade aque-les que coñezades e que vos fagan sentir algo especial. Con eses, xustamente, poderia-des elaborar un poema persoal.

• Toca que continuedes a visita guiada onde a deixou Fran Alonso. Compartide con nóso que vos chame a atención. Eu, por exemplo, deteríame no poema da páxina 83 paraobservar a repetición do son e da letra «o», e tentaría buscarlle unha causa.

• Despois de ler os poemas das poetas, que opinades da diferenza entre a súa escrita e ados seus compañeiros? Existe?

• Contestemos: cal é o poema máis longo?; e o máis curto?; o mais divertido?; o máistriste?; cal é o poema máis reivindicativo?; e o máis aburrido?

• Hai versos que son coma graffitis e poderían estar pintados nas paredes. Atopastes algún?• Buscade os palíndromos e podedes continuar lendo A torre da derro t a de Gonzalo Na va z a .

Despois é posible que xa teñades os ollos dispostos a descubrir ou crear algún novo.• Buscade poemas urbanos e poemas rurais, poemas que falan de morte e poemas que

agradecen a vida, poemas modernos e poemas antigos… Poemas que conteñan aseguinte temática: soidade, paisaxe, emigración, guerra, mar, Galicia, amizade…Tamén poderiamos relacionar estes poemas con aqueles temas que chamamos trans-versais: educación para a paz, educación para a igualdade, educación medioambiental,educación para o ocio, educación para o consumo responsable…

• Buscade o acróstico de Lois Pereiro e outros que se escribiron ao longo do tempo.Escribide vós tamén algún. Que vos parece facer un libro só de acrósticos?

• Lede o índice onomástico e dicide que poetas que non están en Po e t í z a t e incluiríades vós.• Realizamos unha visita guiada a un libro de poesía. A continuación tentamos «ler» un

cadro; pode ser a ilustración dun poema ou unha pintura calquera, arredor da quepodedes falar ou escribir un texto.

• Poetízate é un imperativo, unha palabra creada polo autor. Iso tamén é poesía.Inventade outras . «Escríbete» pode equivaler a autobiografiarse en verso, non si?

• A palabra «poetízate» non vos lembra á linguaxe publicitaria? Hai poesía na linguaxepublicitaria?

• Realicemos unha audición de poemas musicados. Amancio Prada, Dios Ke Te Crew,Astarot, Marful, Lamatumbá, Xabier Díaz, Voces Ceibes, Milladoiro poden resultaraxeitados.

• Relacionade algúns poemas con cancións. Relacionade poemas co tempo atmosférico:un poema para ler un día de chuvia, para unha mañá soleada, para un ceo anubrado…(non sempre apetece o mesmo).

7

• Hai «minipoemas», é dicir, poemas contundentes dun ou dous versos. Atopade algúnmáis.

• Pódeselle facer un poema a calquera cousa, desde a máis excepcional á máis cotiá.Probemos a facerlle, por exemplo, unha oda ao cepillo de dentes, á lavadora Balay, áluva da man dereita…

• No libro Poetízate hai dous poemas que fan referencia a Penélope. Buscádeos e repasá-deos. Comentade, a continuación, todo o que saibades deste personaxe mítico e, final-mente, será preciso que lembrades a canción de Serrat que leva ese título.

• Averiguade cal é o significado de «Penélope» para os poetas dos anos 90.• A poesía é linguaxe sintética, densa. Léndoa, ás veces, cáese na conta de «verdades» fun-

damentais. Cal recolleriades do poema de Pimentel das páxinas 32 e 33?• Houbo un poeta que escribiu «A poesía é unha arma cargada de futuro». Ti que cres

que quere dicir o autor? Busquemos o autor e o tempo histórico no que foi escrito.• Neotrobadorismo. Hai algún poema escrito á maneira medieval, como se fose unha

cantiga de amor ou de amigo. Localizádea e escribide algunha seguindo o xeito.• Observemos o poema de Yolanda Castaño da páxina 184 e expliquemos ata onde chega

o abecedario.

DESPOIS DA LECTURA:• Lemos o Limiar e a Visita guiada conscientes de que está escrita en segunda persoa,

polo tanto, dirixida a cada un de nós, os lectores.• Ás veces os títulos dos poemas achegan claves que nos axudan á súa comprensión.

Explicade algún deles.• A reflexión sobre Galicia é imprescindible nunha poesía que é palabra identificadora e

de recoñecemento do pro p i o. Credes que isto sucede noutras literaturas?Argumentade a resposta.

• Elixide os poemas que máis vos gusten do libro e organizade entre todos un «ranking»do un ao dez.

• Sigamos lendo poesía. Busquemos aquelas composicións que lle regalaríamos á nosaparella.

• Lembremos cales son os sonetos que aparecen nesta antoloxía. Es capaz ti de escribirun? Busquemos outros sonetos famosos.

• Rosa Serdio, unha profesora asturiana, fala de tirar a poesía pola fiestra. Cando querenconmemorar algo relacionado con ela, escríbena en longos papeis de embalar e cólga-nos das ventás do colexio; desta maneira non só eles a gozan senón tamén todos osque pasan por diante e se preguntan a que vén todo iso. Nunca é tarde para comezara facelo ou buscar outras maneiras de dala a coñecer.

• Tamén estamos a tempo a recoller aquel costume, practicado polos nosos maiores, deregalar libros de poesía ou simplemente poemas escritos de puño e letra.

• Sería interesante seguir lendo as obras daqueles poetas que máis nos gustaron. Unhaantoloxía serve para iso, para descubrir novas voces e poder seguir léndoas.

• O autor da antoloxía, Fran Alonso, tamén é poeta. Coñeces algúns dos seus poemas?

Pedidos a:

C o m e rcial Grupo AnayaPol í gon o d e B e rg o n d o1ª Tr avesía - Pa rcela B115.165 Bergondo (A Coruña)Te l f. : 981 795 656 / Fa x : 981 795 660

EDICIÓNS X E R A I S DE GALICIA

X E R A I SDoutor Marañón, 1 2 . 36211 V i goA p a rtado Postal 1446. 36200 V i goTe l é fonos (986) 21 48 88 - 21 48 80T e l e f a x : ( 9 8 6 ) 2 0 1 3 6 6Correo electrónico: xe r a i s @ xe r a i s . e sh t t p : / / w w w . x e r a i s . e s /

© Pilar Sampedro e Maruxa Caamaño, 2007© Edicións Xerais de Galicia, S.A., 2007Depósito legal: VG 58-2007

8