Polo Salnés con Ramón Cabanillas (fotógrafos)

2

Transcript of Polo Salnés con Ramón Cabanillas (fotógrafos)

Page 1: Polo Salnés con Ramón Cabanillas (fotógrafos)
Page 2: Polo Salnés con Ramón Cabanillas (fotógrafos)

Realizou estudos de Técnico Medio de Laboratorio de Imaxe Fotográfica (1998-1999) e Realización de Audiovisuais e Espectáculos (1999-2001) na Escola de Imaxe e Son de Vigo (EISV).Traballa, desde o 2003, como fotógrafo en El Faro de Vigo, redacción de Vilagarcia de Arousa

En 1987 iníciase na fotografía no Taller Fotográfico "Auzotegi", de Pamplona. En anos posteriores, comeza a publicar en medios locais de Navarra. A partir de 1991 dá o salto á profesionalidade, con traballos en publicacións de varios lugares de España. En 1992, cunha reportaxe sobre a guerra en Croacia e Bosnia, comeza como "freelance", traballando como tal ata 2001. En 1994 trasládase a Barcelona, onde compaxina o traballo con estudos no Instituto de Estudos Fotográficos e Cinematográficos de Cataluña (U.P.I.F.C), para completar a súa formación técnica, ata ese momento autodidacta. Desde 2001, abandona o traballo de reporteiro, dedicándose a outras disciplinas fotográficas, traballos de creación persoal e ensaios fotográficos.

Coruñés, nado en París o 3 de decembro de 1965, e cambadés desde fai 18 años.Fotógrafo desde 1991. Ten como principal actividade a fotografía de autor e fai traballos esporádicos en publicidade, sen dedicación profesional exclusiva, ata 2007, data na que montou un estudo fotográfico en Cambados.Autor da páxina web www.cambadosenfotos.net

Meaño (Pontevedra) 1981.Cursou estudos superiores de Artes Plásticas (Fotografía Artística), na Escola de Artes Antón Faílde de Ourense (2002-2004). Realizou con Óscar Molina �Mirar detrás de la cámara�, -workshop encamiñado cara unha búsqueda creativa, mudando a súa posición ante a imaxe contemporánea- (2005). Ampliou a súa formación na Escola GrisArt de Barcelona, cos artistas Luca Pagliari e Rafael Badía (2005-2006).Realizou diversas exposicións en Galicia, España e Portugal. Participa nunha exposición colectiva de 10 fotógrafos contemporáneos galegos no proxecto �Galigrafías� (próximamente). Colabora habitualmente no colectivo galego Fotoxoguete, onde publicarán dúas monografías súas durante o 2009.

Nada o dous de novembro de 1973.Descubriu a fotografía nos anos 90 e o seu primeiro contacto foi co laboratorio de branco e negro que lle parecía máxico. Desde entón ten traballado en prensa en varios medios. Aquí, na comarca do Salnes, actualmente faino en La Voz de Galicia.

Cambados, 1980. Estudou o Ciclo Superior de Imaxe na Escola de Imaxe e Son de A Coruña (1998 a 2000). Traballa desde aquela como fotoxornalista na Delegación de Arousa do Xornal La Voz de Galicia, agás no 2004, que traballou no Diario de Arousa.

Nado en Poio (Pontevedra) o 8 de xaneiro de 1981. Cursou estudos de laboratorio de fotografia no IES Arcebispo Xelmirez en Santiago de Compostela no curso 2003-2004, e realizou un curso de operador de camara de cine e video na mesma cidade durante o ano 2004. En 2005 comenzou o seu periplo pola fotografía de prensa, labor que desempeña na comarca de Arousa para o Diario de Arousa.

Nado en Curitiba-Paraná-Brasil, fillo de pai galego e nai brasileira.Licenciado en Educación Artística-Artes Plásticas (UFPR), profesor de fotografía e artes na International School of Curitiba. Redactor gráfico Faro de Vigo-Arousa desde 1993.

Traballa como fotoxornalista desde o ano 1989 en diversos xornais galegos. Desde o ano 2000 ata hoxe traballa como fotoperiodista en diversas revistas de toda España.No 2004 fundou �Fotoxoguete� empresa cultural da fotografía en Galiza, con propostas como: obradoiros, librería, encontros, comisariados e coordinacións.No 2006 crea a editorial �Fotoxoguete� coa publicación ata o día de hoxe de varios libros.

Cursou estudos de fotografía artística na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo de Santiago de Compostela, e Imaxe na Escola de Imaxe e Son de A Coruña.Traballou en Fotofixa na produtora NTR Telefábrica do Grupo Voz, e como fotoxornalista nos Xornais: La Voz de Galicia, Faro de Vigo e Diario de Arousa no Salnés. Na actualidade traballa en La Voz de Galicia en Pontevedra.

Fotógrafo identificado co ambiente cotián e cunha tendencia creativa orientada cara á a realización de imaxes que tentan representar, desde unha perspectiva metafísica e poética, espazos temporais apoiados na memoria. Expón a súa obra regularmente, participando nos últimos anos en numerosas exposicións colectivas e individuais. Camiñante incansable, curioso e observador, imprime aos seus traballos unha coherencia estilística, con dose de naturalidade e de aberta visión.