POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · POMBA DOURADA POMBA DOURADA 4 XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, LETRAS...

52
POMBA DOURADA Instituto Alfredo Brañas Carballo de Bergantiños

Transcript of POMBA DOURADA - edu.xunta.gal · POMBA DOURADA POMBA DOURADA 4 XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, LETRAS...

POMBA DOURADA

Instituto Alfredo Brañas Carballo de Bergantiños

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 2

2015 SUMARIO

Portada: Cartel da X Feira das Ciencias. Autor: Xulio García Rivas. Álvaro Cunqueiro: Pomba Dourada (páx. 3) Letras Galegas 2014: Xosé Filgueira Valverde (Páx. 4,5) Día das Letras Galegas: Apoio do IES Alfredo Brañas (Páx. 6) 30 aniversario da primeira sentenza xudicial en galego (páx. 7) “Vivencias” (páx. 8-10) A poesía feita día (pax 11-13) Ai que ver como pasan os anos... (pax 14-19) José María de la Viña: testemuña dos 45 anos da nosa historia (pax 20) X Feira das Ciencias. Presencias e ausencias. (páx. 21,22) E foi, e díxome… (páx. 23) Eses chalados científicos!.... (páx. 24-29) O gato de Schrödinger: vivo ou morto? (páx. 30,31) X Feira das Ciencias (páx. 32,33) Visita a Applus+ Norcontrol (páx. 34,35) VII Olimpíada de Xeografía de España (páx. 36,37) Viaxe a Sotavento e ao Muncyt (páx. 38) Viaxe a Porto, Proxecto Terra (páx. 39) Viaxe a Porto (páx. 40) Disertación: Natureza e Cultura (Síntese) (páx. 41) Angel Carracedo, O filósofo (páx. 42,43) Filematoloxía (páx. 44,45) Preguntas de lóxica lateral (páx. 46) Os celos (páx. 47) Datos estadisticos do Centro (páx. 48) Proxecto de escola de xadrez no I.E.S. Alfredo Brañas. (páx. 49) Poemas (páx. 50,51) POMBA DOURADA, REVISTA DO IES ALFREDO BRAÑAS Coordinador: Xan Fraga Deseño e Maquetación: Carlos Álvarez e Xan Fraga Supervisión Lingüística: Olivia Pena Pombas: Xulio García Rivas Rúa Corcubión s/n, Carballo. Tfno.: 981 700 911 Fax: 981 704 014 Páxina web: http://centros.edu.xunta.es/iesalfredobranas/

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 3

QUEN PUIDERA NAMORALA

No niño novo do vento hai unha pomba dourada; quen puidera namorala, quen puidera namorala,

meu amigo.

Canta o luar e o mencer en frauta de verde olivo; quen puidera namorala, quen puidera namorala,

meu amigo.

Ten aires de flor recente, cousas de recén casada; quen puidera namorala, quen puidera namorala,

meu amigo.

Tamén ten sombra de sombra e andar primeiro de río; quen puidera namorala, quen puidera namorala,

meu amigo.

(Álvaro Cunqueiro, 1911-1981)

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 4

XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE, LETRAS GALEGAS 2015

Pontevedra (1906-1996) Foi moi polémica a decisión da Real Academia Galega de dedicarlle o día das letras galegas deste ano 2015 a Filgueira Valverde, ente outra razóns polo seu apoio ao franquismo no que ocupou diversos cargos como alcalde de Pontevedra (1959-1968 ) mentras moitos dos compañeiros seus do Partido Galeguista foron asasinados, encarcerados, exiliados ou represaliados de diversas formas.

De todas maneiras realizou traballos interesantes sobre a historia e literatura de Galicia, que deben server para contextualizar a súa vida e a súa obra . Ten unha obra moi extensa, tanto científica coma literaria, fundamentalmente divulgativa, que supera os trescentos títulos entre libros e folletos, máis de mil artigos en xornais e revistas e máis de 1.600 conferencias, en galego e en castelán.

Obra en galego A primeira obra narrativa foi a recolleita de narracións breves: Os nenos, en 1925, recollida despois en Quintana Viva (Galaxia, 1971). Como articulista publicou numerosas colaboracións en diferentes medios, quedando recollidas todas elas na serie Adral, editada entre 1979 e 1996.

Ensaio • O baldaquino en Galicia denantes do arte barroco, con Xosé Ramón

Fernández-Oxea, en Arquivos do Seminario de Estudos Galegos, T. IV, 1932, pp. 93-143.

• Lago González. Arcebispo galego (1934), 40 p, Pontevedra.

• Da épica na Galicia medieval, discurso de ingreso na RAG en 1941. Ningunha lírica do medievo románico mellora o número das nosas cancións; poucas poiden ter comparanza con ela na fondura do sentimento e na gama dos seus xeitos Expresivos.

• A poesía medieval galego-portuguesa fóra dos seus lindeiros (1980).

• O arquivo do Museo de Pontevedra e unha guía sucinta (1988),

• Santiago de Compostela, con fotos de Manuel G. Vicente, ed. trilingüe (1989), Ir Indo,

• Estudios sobre lírica medieval: traballos dispersos (1925-1987), 1992, Galaxia,

En Carballo como conselleiro de cultura na inauguración cruceiro alfredo brañas, praza de galicia

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 5

• Arredor do libro: artigos de bibliografía (1996), Santiago, Xunta, Dicionarios • Vocabulario popular galego-castelán, con Tobío Fernandes, Magariños

Negreira e Cordal Carús (1926-1928), Vigo.

Narrativa • Os nenos, ilustrado por L. Pintos e cuberta e contracuberta de Castelao (1925),

Lar.

• O vigairo: ensaio simbólico, orixinal e inédito, con portada de Camilo Díaz (1927), 22 p., Lar.

• Quintana viva, inclúe Os nenos, con ilustracións de L. Pintos, Seoane, Sesto, Castelao e Torres (1971), Galaxia,

Literatura infanto-xuvenil • Agromar. Farsa pra rapaces (1936), asinado baixo o pseudónimo J. Acuña.

Poesía • 6 canciones de mar "in modo antico" (1941), Albor, n.º 7, Pamplona.

Edicións • Cancioneiriño de Compostela (1932), antoloxía poética, Nós, n.os: 103 e 104.

• Cancioneiriño novo de Compostela (1969), Pombal, Edicións Castelos, Vigo.

• Afonso X e Galicia e unha escolma de cántigas (1980), Real Academia Galega.

• Armando Cotarelo Valledor (1879-1950), 1984, Real Academia Galega. • Enrique Campo (1989), Deputación de Pontevedra.

• Álvaro Cunqueiro (1991), Real Academia Galega, A Coruña, 71 p.

• Antoloxía do conto galego de medo (1996), Galaxia,

Páxina de miniaturas que ilustra a Cantiga 103 (códice escurialense). Filgueira Valverde analizouna polo miúdo na súa tese de doutoramento.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 6

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

APOIO DO IES ALFREDO BRAÑAS

Que se vexa! O galego’ para visibilizar o 17M unha lingua ‘’viva, útil, atractiva’’ A CTNL propón o lema ‘Que se vexa! O galego’ para visibilizar o 17M unha lingua ‘’viva, útil, atractiva’’

Unha lingua “viva, útil, moderna, atractiva, visible", un idioma "para tod@s”. A partir da idea do galego como algo vivo e útil desde a Coordinadora de Traballadores e Traballadoras de Normalización Lingüística (CTNL) propoñen o lema ‘Quer se vexa! O galego’ para unha mellor celebración do 17 de Maio, o Día das Letras Galegas. “A celebración das Letras Galegas debe servir para contribuír a visibilizar a lingua en todos os ámbitos e a dar unha imaxe máis moderna e atractiva do noso idioma”.

Por iso apostan en que os actos, programas, imaxe, actividades, accións, discursos, etc., que se fagan arredor do Día das Letras Galegas “teñan cor e alegría e sirvan para dar ese imaxe de lingua viva, útil e atractiva para todos e todas e en todos os ámbitos e situacións sociais”.

A campaña procura o obxectivo, explica a Coordinadora, de que se lle dea máis protagonismo ao idioma, “especialmente nas celebracións e programas arredor do Día das Letras Galegas, mais lembrando a necesidade de o facer ao longo de todo o ano e en todos os ámbitos”. A CTNL enviaralle a proposta a concellos, centros de ensino e tecido social do país para que nas súas actuacións e propostas ara o 17 de Maio procuren a viveza e o futuro da lingua “alén do ámbito literario e que se centren en visibilizar un idioma vivo e rico válido para todo e para tod@s”.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 7

30 ANIVERSARIO DA PRIMEIRA SENTENZA XUDICIAL EN GALEGO

Foi en 1985 (25 de marzo) cando un tribunal de xustiza redactou por primeira vez, na época moderna, unha sentenza en galego. Tratabase dun fallo nun procedemento interposto en 1981 por un particular contra o concello de Redondela .

A sala do contencioso administrativo da Audiencia Territorial da Coruña, presiddida por Ricardo Leirós Freire, na que estaban como ponentes, Claudio Movilla e Gonzalo de la Huerga Fidalgo, que fora xuíz en Carballo e de quen conservamos moi bo recordo.

Claudio Movilla (Castro Caldelas 1931, Santander, 1998)) foi un maxistrado progresista, chegou a estar no Tribunal Supremo, represaliado pola ditadura franquista por ser membro de Xusticia Democrática. Na Transición Política foi presidente (1980) do Ateneo da Coruña e defensor do idioma galego na xustiza, colaborando activamente coa Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística para impulsar o uso do galego nas administracións públicas. Na súa vila natal, Castro Caldelas tamén se usou por primeira vez o galego nun documento notarial (ano 1228).

Gonzalo de la Huerga Claudio Movilla

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 8

“VIVENCIAS”

A miña infancia, que trae a min un sentimento de felicidade, desenvolveuse en Entrecruces onde nacín e sigo vivindo.

E xa que é para a revista escolar, comezo pola escola. Fun á escola unitaria de Entrecruces. Iamos rapaces e rapazas de distintas idades (nesa época as nais non te acompañaban); o primeiro día eu ía co meu irmán, que é maior ca min, cunha maletiña de madeira ben bonita e dentro pouca cousa, a pizarra e o pizarrillo.

Levaba os zoques moi limpiños que untara o día anterior cunha rixa de touciño que quentaba no lume pero, tan pronto saímos da casa, o meu irmán manchoumos de lama; logo entendín que o facía para que os outros rapaces non se meteran comigo, non estaba ben visto ir “limpiña e coqueta”.

A mestra pegábanos cunha regra de madeira nas mans cando non sabiamos a lección; logo ós 11 anos pasei á LEUS en Carballo e o Director do Colexio zoscaba tanto que non sei se pasaría ningún rapaz polo colexio sen probar as súas mans; cando nos chegaba o cheiro a Varón Dandy xa nos concienciabamos para levalas. Era o seu deporte favorito.

En Entrecruces, como sabedes, hai una fervenza e ese era un dos meus espazos habituais porque alí traballaba o meu avó Miguel (de quen apenas fago memoria) e meu pai, ademais doutros veciños (Milio, José de Xan, Cidre O Zoqueiro)

porque había unha Central Hidroeléctrica fundada por D. Enrique Sánchez “a Férbeda”.

Eu ía a miúdo polo camiño de Sampaio ou pola Pontolonca, neste había que cruzar o río polos pasos (unhas pedras que ías saltando dunha noutra para cruzar). Desde pequena aprendías iso e a pasar rápido pola lama para non te espetar.

Os camiños eran polo medio do monte e ías mirando de esguello por se aparecía o lobo, “que medo tiña!”;

contaban que, ao velo, quedabas paralizada e non podías nin respirar, eu ata lle tiña medo ó raposo e iso que era el o que se asustaba cando se atopaba con xente (pero iso sóubeno despois).

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 9

Unha vez que chegaba esquecíame do lobo e do raposo e gozaba. Dentro da Central tiñan unha cama, unha lareira cun trípode e potas ou tixolas ciscadas onde cociñaban algunha vez. Eu dentro da Central paraba pouco porque había moito ruído, pero sabía como arrincaba a máquina, cal era a turbina, o alternador…etc, gustábame máis xogar fóra, mirar para as troitas no río, facer barcos con xuncos e no verán, que levaba pouca auga, meterme por detrás da Fervenza que antes era como unha cola de cabalo e quedaba un espazo por detrás.

Ao lado da Central había un muíño de pedra, a onde levaban o millo e o trigo en foles (pel de carneiro curtida) para moer.

Despois, na casa, a fariña de millo peneirábase para separar a fina para cociñar e o farelo para os animais; e coa de trigo o mesmo, pero co baruto para cociñar e o salvado para os animais.

O que menos que gustaba era cando estaba D. Enrique porque me apretaba “as fazulas” e outras veces agarrábame polo nariz, tanto… que eu pensaba que mo arrincaba! logo eu dáballe cara atrás para que non me medrara, inda o fago hoxe en día.

Cerca había unha Capela “a Capela de Sampaio” alí facíase a festa. Acudía xente de todas partes e despois da misa había as merendas que, polo xeral, o menú era bacallau rebozado e roscas de bola, da “Dulcería Vella”, rebozadas en ovo. Despois a foliada: os gaiteiros no campo da música e todos a bailar! chamaban a atención os panos das Dubresas e Xalleiras, que eran moi floreados, parecía unha competición de cores e flores.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 10

Os domingos pola tarde ía á casa da miña avoa materna Pepa. Alí estaban tamén os meus primos cos que xogaba preto da fábrica de coiros familiar.

Tiñamos prohibido ir aos pozos, a min xa non me gustaban porque me parecían fantasmais, cheos de peles, e pensaba que estaban alí os animais afogados. Había secadoiros cheos de peles colgadas e todo cheiraba a coiro. Sempre me gustou máis a presa de auga, a canle, o muíño e o televisor que vin por primeira vez na casa da avoa.

Pero, á parte dos xogos, estaba a terra. Como eramos agricultores, teño a lembranza do traballo no campo, non me desgustaba, e máis me valía!! porque desde pequeno participabas un pouco en todo; acórdome dos bois que, unha vez, pisoume un e deixoume o pé esmagadiño!; logo, en vez de bois, había vacas que turraban e dábanche co

rabo ao espantar as moscas e tabáns. Había que traballar pero vin nacer os xatos, os porquiños, os pitiños cando saían do ovo…., vías medrar as patacas, o millo…..etc. En fin vivías a natureza en directo.

Como podedes ver, as vivencias da miña infancia non teñen nada que ver coas da vosa, rodeados de tecnoloxía (móviles, consolas, tabletas, Internet.) e con escaso contacto coa natureza.

Os tempos anteriores non son mellores nin peores,

son distintos; o importante, é vivilos!!!. Matilde

Ollo! deixar o galego como está

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 11

A POESÍA FEITA DÍA

Nós, os alumnos de 1ºB, 1ºC, 2ºC, 2ºD, 3ºB e 1º Bacharelato C participamos e cooperamos para que o instituto quedase ben bonito para ‘’ O Día Mundial Da Poesía ‘’que se celebrou o 21 de marzo .

Aínda que todos puxemos o noso gran de area, os cursos máis traballadores fomos 1º B e 1º C.

As ideas que se nos ocorreron para esta celebración foron:

O tendal da poesía Para decorar a entrada ao centro, nós, os alumnos de 1ºB e C, tivemos grandes ideas coma o tendal da poesía. Esta idea tivo moito traballo detrás do resultado final dado que para cada prenda de roupa do tendal houbo que buscar o poema adecuado e un eslogan para que chamara a atención. Isto levounos moitas semanas de duro traballo e moitísimo esforzo. Pero a idea do tendal non foi a orixinal senón que pasou por moitas fases moi distintas: en principio a idea de 1ºB era poñer un cordel na entrada e que a xente collera un poema. Logo pensamos que iso daría moito traballo así que decidimos cambiar algunhas cousas da idea orixinal e, coa axuda de Carme e María Xesús, chegamos ao resultado final.

Citas ou versos sobre a poesía Para que a xente puidese ler os poemas con total claridade decidímonos a debuxar, recortar e pegar unhas grandes letras para construír as citas e os versos e o autor; e o mesmo na entrada do centro indicando a chegada do Día Mundial da Poesía.

Debemos admitir que ás nosas profesoras custoulles moito conseguir permiso para que nós puidesemos realizar todo isto, posto que a directora Mónica, nun principio, non deixaba pegar cousas na parede pero , por sorte, ao final saímonos coa nosa!

Os versos da entrada eran estes:

Que o verso baixe á rúa de Pilar Pallarés

A poesía é una fogueira ,queimémonos nela de Celso Emilio Ferreiro Porque o poema está feito da materia dos soños de Eusebio Lorenzo

O que máis me gusta da poesía Os silencios de Kiko Neves

A poesía é o gran milagre do mundo de Luís Pimentel

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 12

Xogos poéticos A todos nós ocorréusenos tamén poñer na entrada xogos poéticos para que todos (tanto profesores coma alumnos) puidesen entreterse xogando e para que ,en certo modo, a poesía se faga moito máis divertida e interesante. Un dos xogos ,por exemplo,foi a ruleta que consistía en facer preguntas sobre poetas e poesía.Todo este magnífico repertorio de xogos débeselle agadecer aos alumnos de 3ºB que foron os que deseñaron e levaron a cabo todo isto.

Saída á praza A poesía é algo que hai que compartir , por iso os alumnos que participamos nesta celebración poética tivemos a idea de regalar poemas tanto nas casas coma fóra .Pero xurdiu un problema : Como iamos repartir poemas por fóra? A solución era moi sinxela había que organizar unha excursión á praza do concello para contaxiar a nosa ilusión á xente de fóra do centro.

Poemas para regalar Neste gran día os alumnos decidímonos a recortar cartolinas, escribir uns poemas engadíndolles o nome do autor e regalalos. Podíanse entregar en persoa ou darlle unha gran sorpresa cando os alumnos de 2º C entraran na aula do receptor e llo deran. Algúns quedamos abraiados, outros estrañados, pero, a fin de contas, a maior parte quedamos encantados. Algúns optamos por regalarlla ao noso amor, outros a un bo amigo, outros para os seus pais, ben como regalo do día do pai ou coma un detalle calquera... En resumo, unha gran idea da profesora María Xesús Lema que non deixou indiferente a ninguén.

Pombas douradas As pombas douradas foi outra das ideas que tivemos os alumnos do noso centro. Aínda que foi unha das actividades de menos traballo, nunca dixemos que non levara tempo e esforzo. Pegamos pombas por toda a entrada, na porta do salón de actos, xunta ás citas dos poemas…

Todas estas pombas douradas foron postas en homenaxe ao poema “ Quen puidera namorala” e ao seu autor Álvaro Cunqueiro.

Puideron ser pero non foron... Como sempre nas celebracións hai ideas moi boas que , por falta de presuposto ,de tempo ou por problemas varios, non puidemos realizar.

Faremos mención á idea "Tirar poesía pola fiestra “que consistía en colgar das ventás do centro citas e versos relacionados coa poesía. Isto acabouse facendo na entrada do instituto.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 13

Aquí remata o artigo do alumnado de 1º ESO B e agora tócanos a nós, Carme Vázquez e María X. Lema. Queremos agradecerlle este traballo ao noso alumnado. Sen eles/elas nada disto tería sido posible. Agradecer, tamén, ao profesorado que nos felicitou polo traballo e esforzo desenvolto , aínda que tamén se escoitaron voces protestando e pedindo que sacaramos o tendal da poesía. Hai xente que non sabe calar, como diría Castelao.

E para rematar poesía, sempre poesía: O poema é unha pedrada na cabeza. por iso lles recomendamos aos leitores que usen casco

Ronseltz (colectivo poético)

Unicornio de cenorias que cabalga os sábados

Gracias quero dar polos días que compartes comigo, pola caricia e polo beixo. Gracias polo mar, absoluto e poderoso. Gracias polo silencio e polo verso.

Xulio Valcárcel (1953) Memoria de agosto Ninguén me prohibirá nunca estar soa. Lupe Gómez, Os teus dedos na miña braga con regra

Diego Galdo Fidalgo, Adrián Mesejo González, Lara Oliveira Campos, Sara Vilariño Rama. 1º ESO B

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 14

AI QUE VER COMO PASAN OS ANOS...

Non había nada. Daquela, non había absolutamente nada. Si: xestas, pedra e herba.¡Ah!, si, bueno: estaba a Polvoreira: a “Polvoreira de Rega”. Aquel misterioso valado cunha caseta pequena no seu interior, que dis que era onde Rega gardaba a dinamita (¿para que querería a dinamita?). Máis nada. Estaba chea de misterio. Non sei quen me dixera que alí agochábase un home de mala vida. Iso poñía medo, ¿que non?. Pero eu érache moi atrevido. Xa se sabe, canto máis novo, máis ousado... ou máis tolo. Meu irmán e máis eu distinguiámonos por seren moi botados para adiante. Así que, aínda que tremendo dun certo medo, subín pola muralla de cemento, que non me deixaba ver o que alí dentro había. Eu quería sabelo, ¡media leva!. O corazón brincaba no meu peito. Subín, ¡e entón vino!. ¡Meu Deus!, que medo pasei. Alí estaba a proba do delito: un coitelo cravado na porta de madeira da caseta. A miña imaxinación infantil, botou a voar disparada. De súpeto imaxinei o coitelo dun asasino... ¡Esa era, sen dúbida, a arma do mal nacido!. Sabe Deus cantas mortes tiña na súa folla. ¿Estaba sanguento?. Solteime do muro, e boteime a correr como se viñeran as Ánimas do Purgatorio, a Santa Compaña, e máis a Garda Civil todos xuntos, tras miña. ¡Eu que sei canto tempo andei fungando!. Corrín, corrín, corrín, corrín.... ata que o peito estouraba dentro de min. Abafaba. Non tiña folgos ningúns xa; e parei. Dei a volta, e quedei mirando; aínda suando; aínda rebentado pola carreira; alasaba.... Iso estaba alí: a Polvoreira de Rega e tamén o refuxio dalgún delincuente; de algún desalmado. Naquel descampado nu. A casa máis próxima eran as Monxas, por unha banda; e o cuartel da Garda Civil, pola outra.

Pero un bo día, o entón alcalde de Carballo, Don Jacinto Amigo Lera (máis coñecido como Chinto; esta sería unha historia moi longa...), moveu os seus fíos, e conseguiu traer para a vila de Carballo, un complexo escolar, modélico para a época, de Ensino Primario e Secundario, separados por unhas instalacións deportivas que compartían os dous centros. Impresionantes. Os centros eran punteiros e avanzados nas súas instalacións. Do mellor que había en toda Galicia. Dicíanse Centros Piloto. Non foi de balde, pois os terreos que tiña ó redor dos que doou, el e outros máis, de súpeto revalorizáronse, xa que, de estaren perdidos no monte, agora había un punto arredor do cal se fixeron novas estradas, e melloraron camiños. Os comercios comezaron a aparecer dun lado e de outro: cafés e bares os primeiros, pero tamén vivendas e outros máis. E unha cousa trae á outra, xa se sabe. Mais ía a modo. A estrada agora chamada Avenida de Bergantiños, morría onde o colexio O Fogar (entón Francisco Franco). Aínda teño fotos desa avenida, estragada pola lama, que non se podía nin camiñar. Ó fondo da estrada, morría a rúa, coas árbores que alí había, xa preto de Bértoa.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 15

Todo iso ó redor daquel lugar onde antes só estaba o cercado da Polvoreira de Rega. Sen nada máis que medio monte ó seu redor.

Agora todo iso está sementado de casas. Os coches pasan seguidos, sempre con presa dun lado e do outro. A xente camiña, anda, corre. Vai e vén coas súas mochilas cara a piscina municipal; ou cargados de bolsas co pan e coa compra. Pouco falta para que haxa semáforos, alí onde non había máis que toxo e toupeiras. Se ides desde o Instituto cara o barrio da Milagrosa, no cruce Vila de Corcubión, coa rúa Vila de Noia (que vai dar á Vila de Negreira), alí naquel curruncho, medio cuberto por un enorme bloque de casas, a carón dos depósitos de auga, estaba a Polvoreira, agora esquecida.

Quen me ía dicir a min que moi preto de alí, pasaría eu tantos anos de profesor, no agora chamado Instituto Alfredo Brañas, pero de aquela simplemente Instituto de Bachillerato Mixto de Carballo; onde os nenos estaban na ala esquerda (mirando ó instituto desde os depósitos), e as rapazas no lado dereito. Separados como as cargas positiva e negativas de electricidade, ó estilo social da época, creando unha alta tensión, que de cando en vez, xeraba algunha chispa. Así que agora que volve a escoitarse de separar os nenos das nenas no ensino, como unha corrente progresista, e innovadora, chea de vantaxes, dígovos eu que non, que diso nada. Eu dei clase só a nenas e só a nenos; e era horrible. Eran moito máis agresivos que os de agora; tanto eles como elas. E non vin ningunha vantaxe académica por estar separados. Pola contra, cando pasou esta maneira de entende-lo ensino, e xuntáronse os dous xéneros na mesma aula, aquela agresividade desapareceu. Como por un encantamento, convertéronse nunha balsa de aceite. E foi moito máis doado explicar naquelas aulas.

Case non había coches nos aparcamentos, sobradamente baleiros, do instituto. A maioría dos profesores, residían en Carballo. Xente nova, recén casada, os máis. Comezando polo director, Don Constantino Freire Llamas, extraordinaria persoa onde as haxa, culpable de que eu quedara no ensino para sempre; pero tamén estaban Don Víctor Serantes, moitos anos Xefe de Estudios, Don José Villasuso, secretario que foi

do centro, e a súa dona Dna Mari Luz Castaño, coido que a primeira Xefe de Estudios que me dea eu conta; e como non, a outra carballesa que encetou o instituto comigo: Dna Gema Paz, a severa, pero entrañable profe de ximnasia, de quen ducias e ducias de alumnas gardarán de por vida un bo recordo de aquela profesora

berrona, que as trataba sempre de Usted. Máis adiante viñeron outra parellas que tamén vivían en Carballo: Os Morán (Don Manuel e Dna Pilar), os Vallo (Don Emilio e Dna Mari Carmen)... E tamén algún que estaba solteiro/a, como Baleato, Don Enrique Villarino (francés), e algún

Tal vez o primeiro Claustro

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 16

máis . E iamos xuntos uns á casa dos outros: a merendar, a ver un partido de fútbol, ou tal vez un programa de La Clave. Ou senón ó cine na Coruña (case enchemos unha fila do Colón, nunha ocasión); ou a merendar ó refuxio de Bértoa, hoxe esquecido e abandonado. O patio actual viunos xogar ó tenis ós profesores, polas tardes de algunha semana; e Cheché, o peculiar conserxe, que era o que nos levaba ó río de pesca; outra das afeccións que compartiamos varios profesores ... O ambiente non podía ser mellor. Eramos camaradas. Os claustros non chegaban a unha ducia de profesores. Como na casa. Aqueles profesores non eran aínda funcionarios de carreira: non fixeramos oposicións, agás o xefe; o director. Os demais eramos contratados. O famosos PNN (profesores non numerarios). Entón os profesores nomeábaos o director, segundo as necesidades. Así andou durante uns oito anos. Máis do noventa por cento do ensino en España estaba en mans de Pnns.

Anos máis tarde souben que tampouco era tan doada a cousa: para poder entrar, tiñas que ter o visto e prace duns profesores universitarios que te coñecían, e que eran os que che abrían ou pechaban a porta. En letras o reitor da Universidade Don Manuel J. García Garrido, profesor de Dereito Romano, e en ciencias Don José Ramón Masaguer, catedrático de Química Inorgánica, que sucedeu na reitoría de Santiago de Compostela ó profesor Garrido. Así que tódolos profesores do instituto, foramos “aprobados” por estes dous personaxes. Se tiñas uns antecedentes de estudiante, que destacaras por “actividades políticas”, non tiñas nada que facer. Estabamos fichados. Sumádelle a iso, que daquela, para poder exercer de profesor, tiñas que xurar os Principios do Movemento. É dicir, eras de Franco...... Pobre de quen non o fora... Meu Deus, que cousas ten a historia...

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 17

Diante do instituto, aínda non había as árbores que agora vedes, dentro do recinto. Daquela, as que había, eran uns pinos que estaban onde o actual bloque de pisos, diante do Insti. Algúns profesores íamos cando viña o bo tempo, a dar clase ó campo, baixo aqueles pinos, que suavizaban os raios do ardente sol de primavera. ¡Fermosa lembranza!. As veces teño que aparcar o meu coche, sobre o tristeiro e desolado solar que agora hai, onde antes estaba aquel luminoso campo. Desde as ventás do laboratorio de Ciencias, víase todo o Val de Berdillo, sen ningún obstáculo que o impedira. ¡Preciosas vistas, ás veces cubertas de brétema, por onde sae o sol, xusto enriba do Anllóns!. A néboa, en contraluz co sol do leste, dáballe un toque máxico, á paisaxe. Tamén temos ido ata o bosque ou ata o río, cos alumnos, con algunha desculpa científica, hoxe impensable. E desde o alto do depósito de augas, teño sacado algunha foto do Instituto, agora perdida nos caixóns dalgún curruncho da miña casa.

Os profesores veñen e van, como as ondas da canción da Rianxeira. A maioría xa non me lembro deles, pero algúns deixaron en min profunda marca, pola súa personalidade, por ser modelos de quen aprender, ou por ser belísimas persoas, de quen merecían quedar para sempre no meu recordo. Faciamos partidos de fútbol

entre alumnos e profesores. Sesións divertidísimas de auténticos compañeiros e amigos. A media de idade dos profesores, permitía tal cousa. Era a época das Actividades Extraescolares, onde uns cuantos profesores, voluntariamente e sen ter consideración lectiva, e por suposto sen remuneración, dedicabamos parte do noso tempo polas tardes do mércores ou outro día, ás actividades lúdicas, culturais ou deportivas que complementaban moi ben coa vida académica máis ortodoxa. Lembro esa época con especial cariño, por ser unha ocasión de achegamento ós alumnos, os rapaces e rapazas que agromaban as súas habelencias nun determinado campo. Así se daban clases de ping-pong, de fotografía, de teatro, de pintura, de música, de xornalismo de radio... Algúns deles, ben sei, atoparon en elas a orientación da súa vida: por exemplo en fotografía. Houbo dous fotógrafos que naceron en aquelas actividades. Houbo locutores de radio, que atoparon alí, a semente do seu futuro profesional. E tamén o cine: de alí saíu o berce do que máis adiante serían actividades do Cine Club de Carballo, que por certo, como institución, naceu no noso Centro. Se me preguntaran (que non o van facer), eu propoñería nas novas liñas do ensino, as actividades extraescolares, como actividades intraescolares; quero dicir non fóra das horas lectivas; pois son o mellor complemento para unha programación educativa de calidade.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 18

Foi a época de Tespis, unha compañía de Teatro non profesional, nacente, de calidade, que traía con frecuencia, ó noso Salón de Actos, obras modernas ou versións de antigas dunha calidade sorprendente. Hoxe en día, os seus antigos compoñentes, son ou foron figuras senlleiras do Teatro Galego, ou das institucións do ramo cultural galego. Con eles aprendín moito, pero moito teatro. Entre os nomes máis sobresaíntes desta cativa compañía, quedáronme gravados os de Santiago Fernández e Fernando Morán. Pero había máis...

Foi a época de Amancio Prada, no eido da música, un ponferradino que cantaba harmoniosas e sentidas cancións te tema galego ou de cantiga, dunha beleza sublime. Música doce; voz fermosa, que asolagaba as paredes do noso Salón de Actos. Convídovos a que poñades algunha canción deste cantautor. A súa sensibilidade musical, era engaiolante. ¡Que fermosos momentos nos fixo pasar!. Inesquecible Amancio Prada; inesquecible Gatinoni... Que ben interpretaban o sentir galego, a súa morriña, entre outras.

Foi a época de persoeiros importantes, naquel nacente país, recén chegado dunha ditadura, e agromando á democracia. A sociedade estaba revolta, inqueda. Podíase falar; non como antes. A xente quería cambios. Bulían as ideas, e os personaxes. Lembro que foramos ver a un tal Xosé Manuel Beiras, disque un famoso economista, que veu dar unha charla ó Fogar; no comedor foi. Case tódolos profesores do instituto fomos escoitalo, cheos de curiosidade. E tamén ó noso instituto viñeron outros persoeiros. O que máis me chamara a atención foi a presenza de Don Enrique Tierno Galván, presidente fundador dun dos novos partidos políticos nacentes. Futuro alcalde, querido e aclamado, de Madrid. Alí estaba, expoñendo as súas ideas, no salón de actos do noso instituto. Ateigado ata rebentar, de xente famenta dos novos aires.

Moitos, moitos máis pasaron polo Salón de Actos do noso centro. Non hai demasiado tempo (ano 2008) tivemos alí, nada menos que a un premio Nobel de Química (ano 1991): Richard Ersnst (suízo), polos seus descubrimentos no campo da Resonancia

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 19

Magnética Nuclear (RMN); co que a medicina moderna é capaz de detectar o máis pequeno detalle do noso organismo. Pois veu alí, con ocasión do XX aniversario de ENCIGA (Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia), que mira ti por onde: naceu tamén, no Alfredo Brañas, fundada por un dos seus directores máis controvertidos: Don Frutos Fernández. A charla de Ernst fora sobre o Cometido dos Científicos. E o derradeiro (ata o de agora) foi o encantador profesor Don Ángel Carracedo, autoridade mundial no eido da medicina forense (ADN e demais), que cativou a propios e visitantes nas súas conferencias, establecendo unha relación fantástica cos alumnos e profesores, do Brañas e alleos; aqueles que tivemos a oportunidade e a sorte de disfrutar das súas sabias palabras. Houbo moitos máis conferenciantes ilustres, neste Salón de Actos. Moitos catedráticos de universidade e figuras do acervo cultural de España, como por exemplo, acábaseme de vir á memoria Fernando Savater, famoso filósofo da universidade complutense de Madrid, que tamén veu dar unha charla pola intercesión de outro distinguido ex alumno do Brañas: Don Santiago Pazos, con quen Savater ten unha grande amizade. E xa que falamos de catedráticos, cómpre citar tamén aquí ós ex alumnos deste Centro, Don Francisco Penedo, catedrático de Química na Facultade de Químicas da Universidade de A Coruña, e a Don Jorge Mira, catedrático de Electromagnetismo da Facultade de Físicas da USC, que é o que trae, como case seguro que xa sabiades, ós premios Nobel tódolos anos a Santiago, e que tamén veu varias veces a deleitarnos coa súa Ciencia, a este o seu Instituto. Eles teñen para min o encanto especial, de que foran alumnos meus.

Sucederon unha morea de historias dignas de lembrar nun pequeno relato como este. Se cadra un dos máis curiosos, foi aquel verán que os obreiros puxéronse a arranxar o tellado do Centro, e déuselle por chover, ¡a reo!. Enchoupouse de tal xeito o instituto, que ¡chovía dentro!. ¡Había que abrir o paraugas, cando entrabas no instituto!. Tardaron un montón de semanas en quitar toda aquela humidade. Moitos mobles estragáronse, daquela. Mágoa non facer fotos da historia. Claro que sucederon cousas. Pero no é a miña intención, facer un ensaio, ou unha listaxe de tódolos eventos, e nomes que sucederon aquí. Tedes que perdoar, pois, se esquezo algún nome ou acontecemento importante. Seguro que si. Nunca tiven boa memoria; non sei como rematei unha carreira e fixen unhas oposicións. E agora, por riba, vou maior.... O cal, lonxe de preocupar, debéravos animar. Pois con toda esa carga, cheguei ata aquí.

“Adiós al colegio, adiós...”, di unha coñecida canción. E outra frase que vén a conto é a do tango Volver, de Carlos Gardel: “Veinte años no son nada”. Pois non che digo nada entón, corenta e cinco que fago eu. Insisto que con este artigo, que non ensaio, só quero agarimar ó meu Centro, ós meus alumnos e compañeiros con algunhas pinceladas feitas de lembranzas; con algunhas palabras nacidas do corazón, coas que me estou despedindo logo deste feixe de anos de labor de profesor. É moito tempo, para que non che queden pegadas na túa alma. Grazas a todas e todos. Foi unha experiencia marabillosa. Volvería a repetila. Unha aperta para todos os que me acompañastes nesta fantástica viaxe. O meu corazón foise cos que se foron; o meu corazón quédase cos que quedades.

Ata sempre.

José María de la Viña Varela

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 20

DE LA VIÑA: TESTEMUÑA DOS 45 ANOS DA NOSA HISTORIA

Se nos remontamos á primavera de 1970 vemos a carballo ilusionado coa perspectiva da próxima apertura do Instituto. Non era cousa menor se temos en conta que ata ese ano na provincia de A Coruña só había 11 institutos. Ademais viña a satisfacer, con retraso, iso si, as aspiracións dunha sociedade carballesa sempre preocupada pola formación dos seus fillos. Despois de moitas xestións o Consello de Ministros celebrado en agosto de 1968 en Meirás decretou a creación dun instituto de ensinanza media en Carballo. As obras saíron a subhasta en novembro do mesmo ano por algo máis de 18 millóns de pesetas. Eu cursaba o Preuniversitario no Instituto Masculino de A Coruña, non quedaba outra. As clases deron comezo en outubro dese 1970, cun claustro de 17 profesores e profesoras entre os que xa estaba José María de la Viña Varela.

Fora nomeado director Constantino Freire Llamas xoven e entusiasta catedrático de lingua española e, entre outras responsabilidades, debía formar o equipo completo para arrancar este novo centro. Daquela José Mª de la Viña era un xoven licenciado en química. Tiña vinte e cinco anos e dise que a súa vocación non ía pola docencia. Foi Freire Llamas quen o chamou e lle contaxiou o entusiasmo polo novo proxecto docente. Ese curso deu clase en 2º, 3º, 4º e 5º de bacharelato. Tiña clase tódolos días ás nove da mañá, ¡ mecachis la mar…!. Nos corenta e catro cursos que cumprimos este ano só se ausentou un: andou exilado non instituto das Rías Baixas, que non lle debeu marcar moito xa que nunca fala del.

O instituto da súa vida é o INB Mixto de Carballo, logo IB Alfredo Brañas e finalmente IES Alfredo Brañas. Tres nomes, tres sistemas educativos pero un só Viña. Digo ben. Mantivo a mesma actitude durante os corenta e tres cursos. Moitas veces para desesperación dos equipos directivos. Tódolos que pasamos por responsabilidades directivas tivemos que bregar co pouco rigor no horario, case sempre pos exceso, e sufrir fortes críticas nos claustros. Desesperou a Xefes de Seminario ou Departamento polo seu estrano ritmo no desenvolvemento das programacións. Un profe bastante heterodoxo. Pero ó final o seu sistema dá resultados: alumnos con comportamento moi e sobre todo xerou moitas e notables vocacións pola química.

Pero De la Viña sempre percorreu novos camiños paralelos ós puramente docentes. Deu clases de fotografía cando a fotografía era case cousa máxica. Dirixiu grupos de teatro contribuíndo notablemente á grande afección de hoxe na comarca. Divulgou en prensa escrita en radio e nos últimos anos centrou case tódolos seus esforzos a impulsar esa actividade, que tan bos resultados esta a dar na creación de vocacións científicas, que é a Feira das Ciencias. Apurou a súa vida profesional ata o límite. Para quen hai corenta e cinco anos non tiña pensado dedicarse á docencia non está mal. Por certo que agora que se vai alguén se terá que encargar de poñer na esquina do encerado S.C. e o volume da esfera. Arquímedes tamén estaba obsesionado con este asunto.

Como secretario do Centro, en nome propio, do Equipo Directivo e da comunidade educativa en xeral, quero mostrarlle a José María de la Viña Varela o agradecemento polos corenta e catro menos un cursos impartidos neste centro e por todo o demais. Queremos desexarlle así mesmo que disfrute do tempo libre pero que esta sigue sendo a súa casa.

José Antonio Viña Patiño (Secretario do Centro)

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 21

X FEIRA DAS CIENCIAS. PRESENCIAS E AUSENCIAS.

Mércores 25 de febreiro, catro da tarde, silencio, pronto empezarán a oirse risas e voces xóvenes, procedentes de ducias de mozos e mozas enfundados nas suas fermosas camisetas azuis con un luminoso cometa de nome impronunciable no peito. Volverán os nervios, non sei si tantos como onte as nove, cando comenzou a Feira e se enfrentaban a primeira exposición pública do seu traballo ... quizais máis, hoxe veñen

as familias, e iso sempre lles impón, queren agradar, non se decatan de que sempre o fan ben, o nervios impídelles velo, que si, que o facedes moi ben!, tranquilos! con un pouquiño máis de confianza en vos mesmos ainda saería mellor!, si é fácil dicilo, pero están na "dubidiscencia".

A emoción únese o cansancio, foron días de intensa actividade e semanas de preparación.

Eu tamén estou cansada, e mentras superviso o material para as prácticas da tarde lembro os acontecementos das últimas horas, Uf! Que intensas! Sinto un desacougo, caigo na conta de que hoxe non vin a De La Viña, tampouco onte, preocúpome, pensaba que a súa doenza non era importante, pero... De La Viña sen vir á Feira! Con todo o traxín non me decatara antes da súa ausencia, levamos dez Feiras nas que a sua presencia era manifesta, preocupado de que todo saíra ben, as prácticas de Química, as camisetas, os patrocinadores, a prensa escrita, a radio, os carteis,...estaba por todas partes. E na décima Feira vai e non ven, precisamente esta, a última Feira como profesor do Instituto. Unha ausencia notable.

Empezan a oirse voces e a verse camisetas azuis e batas blancas, a Feira colle vida de novo. Son as catro e media, debe comenzar a sesión de portas abertas, non hai público, as camisetas revolotean polos corredores, as batas blancas impaciéntanse, será esta a outra gran ausencia da Feira? Non virán os familiares e os amiguiños a vernos?.

Son as sete, xa casi non queda ninguén, media ducia de camisetas recollendo

material, colocando mesas e cadeiras nas aulas. Si que viñeron os pais, irmáns, avós e amiguiños, nunca fallan! e son unha presencia moi importante na Feira das Ciencias, como tamén o é a presencia dos compañeiros dos outros Centros, este ano contamos ca presencia e o ánimo de moitos compañeiros do Colexio Artai, do CPI Alcalde Pichel de Coristanco e do IES Monte Neme. Moitas gracias a todos, sen vos a Feria sería menos Feira.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 22

E as presencias non quedan ahi, este ano contamos coa maravillosa presencia do noso convidado, profesor, amigo... máis especial e querido, O NOSO PROFESOR ANGEL CARRACEDO.

E que presencia! nin nos mellores soños! A feira contou ca participación do mellor científico de Galicia, o xefe do equipo de investigación máis punteiro, un dos mellores especialistas do mundo en xenética forense ... e unha das mellores persoas que te podas atopar. Carracedo, para nos, O NOSO CARRACEDO.

Veu a compartir con nos un día, fixo unha práctica moi interesante de electroforese en xel de agarosa con hemoglobina de maragota e de pinto, ensinounos fotografias dos seus paseos polo fondo das nosas augas (unha das súas aficcións é o submarinismo), comiu con nos (primeiro plato na mesa dos rapaces, segundo na mesa das rapazas de bacharelato, o postre cas rapazas de 4º de ESO e o café cos profesores de Ciencias, falounos da Universidade, do Centro de Mediciña xenómica, de enfermidades, de xenética, de futuro, de traballo, de ilusión, de esforzo, da súa vida, da súa familia, de...todo, falounos de todo e tivo moito interés en escoitarnos, ata nos invitou a entrar nun prexecto de investigación con él. Sentímolo máis NOSO que nunca.

O alumndo xa o coñecía, veu o curso pasado a dar unha conferencia, e os alumnos e profesores de Anatomía e de Bioloxía de 1º e 2º de bacharelato tivemos a sorte de que foi o noso estupendo anfitrión na visita que fixemos, a invitación súa, en decembro a Facultade de Mediciña e ao Centro de Xenómica que el dirixe; e ainda así consegue cautivarnos de novo, é un fantástico divulgador de Ciencia e conecta moi ben ca xuventude.

Antes de empezar a Feira fixeranlle unha entrevista na Voz e deixounos encantados polos piropazos que nos votou ao alumnado e ao profesorado do ensino público e moi especialmente ao do noso Instituto, o seu "instituto favorito", el si que é o noso profesor favorito. É unha sorte ter contado con él na nosa Feira, esta si que foi UNHA GRAN PRESENCIA que fixo da de este ano UNHA GRAN FEIRA.

Foi o mellor broche para celebrar que xa van dez anos de Feira das Ciencias, solo mellorable se algún dia ven a compartir con nos unha Feira das Ciencias un "Carracedo/a" que tivera sido alumno/a do Alfredo Brañas, todo é posible, si se volve a repetir un Carracedo/a na ciencia e na investigación galega seguro que terá estudiado no Alfredo Brañas, non porque sexamos tan bos alumnos e profes como di Carracedo senon porque ese futuro investigador/ora tería a sorte de que o NOSO CARRACEDO lle animase a estudar e a investigar durante a súa estancia no noso Centro, nunha Feira das Ciencias.

Antes nin nos mellores soños podería meter a Carracedo na Feira das Ciencias, e estivo! Así que me concedo o dereito de seguir soñando, porque ben é certo que confio na nosa xuventude e no seu traballo, ilusión e futuro.

Carracedo: non deixes de vir!

De La Viña: non volvas a faltar!

María Díaz Rama

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 23

E FOI, E DÍXOME…

E foi, e díxome: non penses que porque cho contei, xa o podes latricar ós catro ventos. ¿Quen, eu?, díxenlle. ¡Es ben esfarrapada!. Eu non fago coma ti, que fuches laretando, dálle que dálle, o martes pasado, cando a exposición dos cadros da viaxe á L’Ile Jourdain, que por certo, foi preciosa. Se non fora por aqueles tres que se meteron polo morro na voda de Martin e Loreine, ... ¡Que guapa ía ela!, co seu lindo vestido branco e rosa, que semellaba un anxo; non sei como casou con aquel Xan das Bólas!. Que, mira ti o mingurrias, tiña un irmán ben guapo: si, muller, o que apareceu de súpeto, ó día seguinte. ¡Deus, como chovía!. E eu sen paraugas. ¿E do camareiro, que me dis?. ¡Ten unhas boas endorgas!, deixarnos alí empapadas, e el co seu paraugas. ¡Non ten vergonza!. En cambio o chofer do bus... ¡un señor!. Arranxou a situación nun plis plas. ¡Anda que!... se non fora pola súa dona, que o mandou para dentro... Hai xente que non debera saír da casa; ¿que non?. ¡Ai, quero eu!, que logo da chocolatada, lisquei a fume de carozo cara a praia. E deixei á vella alí, fala que fala. O mar estaba fermoso; e non había moita xente. Estábase ben, ben; agás polo airiño mareiro, e sobre todo polo cativo do demo aquel, que no paraba de berrar. ¡Ai, que gañas de esganalo!. Algunhas nais teñen un lombo que... Ata o seu home cansou do neno, e foise tomar unhas cervexas ó quiosco do areal. ¡Vaia arrecendo que de alí saía!. Traíame á memoria, os guisos da avoa de Marcial, o xornaleiro. ¿Non te lembras?: coello con patacas. ¡Ulía a gloria!. E sabía mellor. Pero claro, as patacas eran de Coristanco. ¡Non ía saber!. Coido que tamén as levan para París. As patacas, digo. Que non hai outras mellores, por moito que digan das italianas. ¡Que cho digho eu, que son de Carballo!. E ademais díxomo Josefa.... Eles terán boa pasta, que a teñen. Pero probas unha pataca das nosas, e enxergas o ceo. ¡Boh!, xa sei que os italianos teñen outras cousas. E terán, que de algún conto terán que presumir; como dos seus mares. A derradeira vez que estiven no Adriático, escordei os nocellos, por querer bañar de noite, naquelas augas tan mornas. Non se vía, e claro!... Batín cunha pedra e pisei mal. Pasei a noite dorido, á carón dun lume, ata que asomou o Sol no amencer. Estaba coa cadela de meu curmán, que me deu compaña toda a noite, ata que veu o día. Érache ben boíña, miña xoia... O médico que me atendera era francés, pero vivía alí, na costa italiana, desde había unha chea de anos. Gustáballe. E, mira ti, deixara á muller cun rapaz de dez anos, aló en Lyon. Escribíanse, pero ela non quería vir, a canda el. Tiña unha boa razón: pagábanlle moito polo seu labor de deseñadora. ¡Mala chispa te coma!, tenlle dito el. ¡Eeeh...!, que lle imos facer; dicíalle ela. Pero iso foiche culpa do cuñado do irmán do sobriño do que está casado coa panadeira dela, que lle conseguira aquel posto. E non sei se sabedes que ese sobriño tiña terras arreo. Prendía os cigarros con billetes. Contan. Que vai ti a saber o que é certo e o que non. Que a xente empeza a contar historias e non sabes cando van rematar. E se o que contan é verdade. Que o é; que neste caso, volo conto eu. Que vivín case tódalas historias, menos a do Adriático, que fora que me bañara eu coa Lúa chea no ceo. E non escordei pé ningún. E todo isto sóubeno pola panadeira; que foi, e díxome... Resumo de todo o anterior: ¡Bueno, oh, vaia leria!. Boh!. ¿Por que?. Porque si. ¡Érache boa!. Non me amoles. ¡Ai, como es...!. Anda que ti... ¿Seica toleaches?. O teu é chegar e encher. Anda, arreda de aí. Nin arre, nin xo!. Vai mirar se chove en Sísamo. Que che dean. ¿E logo?. Malo será. ¡Éche o que hai!. Vaiche boa, Vilaboa. ¿Sabes que?: vai rañala.........

José María de la Viña Varela

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 24

ESES CHALADOS CIENTÍFICOS!....

Conta una lenda que na India, un rei moi rico chamado Sheram, encontrou acougo, trala morte dun fillo, nun novo xogo que lle propuxo un sabio chamado Sissa: o xadrez. Tal foi a satisfacción do rei, que quixo recompensar o sabio. Pídeme o que queiras, Sissa, son moi rico dareiche o que me pidas. O sabio, tras pensalo un pouco contestoulle: dáme un grano de trigo polo primeiro cadrado do xadrez, dous polo segundo, catro polo terceiro, e así sucesivamente, dobrando sempre o contido do anterior; ata chegar ó cadrado 64 do taboleiro. O rei responde molesto, ¿nada máis?, ¿iso é todo o que pides, podendo darche calquera cousa que pides?, ¿só uns cantos grans de trigo?; ben, mandarei que cho dean. E encargoulle ó matemático da corte que calculara cantos eran para metelos nun saco. Pasaron tres días e o rei preguntou se lle deran xa a recompensa ó sabio, ó que o seu servente contestou, non maxestade, diso tiña que falar con vostede: non hai suficiente trigo no seu reino para darlle ó sabio; nin con tódolos reinos dos arredores; nin con todo o trigo de todos os hórreos de todo o mundo, durante miles de anos de colleitas, poderíase entregar dita cantidade.

¿Que cousas teñen as matemáticas, verdade?. Está claro que o rei descoñecía o que era unha progresión xeométrica. Este é o estilo de cousas que ides ler aquí: cousas curiosas, ou raras. Anécdotas á fin e o cabo, do mundo da ciencia e, sobre todo, dos seus sabios.

Arquímedes: Este portentoso sabio grego, está cheo de anécdotas. A máis coñecida de todos, é aquela da coroa: o rei Hierón (parente seu), famoso polo seu mal xenio, encargoulle a Arquímedes que mirara se un ourive á quen lle dera unha certa cantidade de ouro, para que lle fixera unha coroa, lle enganara. Mírame iso, pero non me estragues a coroa, díxolle. Arquímedes, preocupado, marchou para casa e deuse un baño, e decatouse que saía tanta auga ó meterse el no baño, como volume ocupaba. Con isto caeu na conta que así tiña un método para medir o volume da coroa do rei, sen estragala. Contan que saíu correndo todo contento, completamente nu, berrando “eureka!, eureka!” , que en grego clásico quería dicir: atopeina, atopeina (a solución ó problema). Pediulle ó rei unha cantidade de ouro igual á que lle dera ó ourive, e mergullouna en agua. Se non lle enganara, tería que desprazar a mesma cantidade de volume. Parece ser que non. Non se sabe o que lle pasou ó ourive. Pero

non é a única historia curiosa deste home. Arquímedes dicía “dádeme un punto de apoio e moverei o mundo”. Outra vez o rei, amolando coas súas cousas, desconfiaba do que dicía Arquímedes, así que retouno a que movera un barco da súa armada, cheo de soldados que estaba preto dunha praia. Arquímedes sentouse, e mediante unha polea múltiple (polipasto), e só coas súas mans, puxo o barco, e mais ós soldados enriba da area. Arquímedes tamén é famoso por impedir o asalto da cidade Siracusa polas tropas romanas, que asediaron a cidade durante máis dun ano. Mediante

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 25

instrumentos de guerra inventados por el, como catapultas, impediu a entrada dos invasores. Mesmo a lenda fala de que Arquímedes queimaba as velas dos barcos mediante uns grandes lentes que concentraban os raios do sol nelas. Grande Arquímedes. Ó final, mediante unha traizón, conseguiron entrar. O xeneral romano, Marcelo, quíxolle dar, a Arquímedes, honras dun xeneral.

Aristarco de Samos, outro sabio grego: intentou calcular o tamaño da Lúa, e as distancias ó Sol e máis á Lúa. Se chega a ter os instrumentos de hoxe, cravaba os resultados. E por certo, el xa aseguraba que era o Sol o que estaba quieto no centro do Sistema Solar, e a Terra, e os demais astros eran os que daban voltas ó seu redor. E tamén dixo que a Terra era redonda. Estouvos falando do ano 300 antes de Cristo... Durante case dous mil anos despois, ata a chegada de Copérnico, seguíase pensando que a Terra era plana, pequena e que todo daba voltas ó redor dela. Incrible, ¿non?.

Eratóstenes, este é o meu sabio grego preferido. O que fixo este home paréceme incrible e abraiante. Naceu no ano 276 a.C. (antes de Cristo), en Cirene. Observou que no solsticio de verán, a inclinación dos raios do Sol era nula en Siena, e ó mesmo tempo formaba un ángulo duns sete graos en Alexandría, cidade moito máis ó norte. Deduciu que este ángulo só podía ser explicado pola curvatura da Terra (lembrade que case todo o mundo pensaba que a Terra era plana). Mandou a un escravo medir a distancia entre as dúas cidades, e supoñendo (atinadamente) que a Terra fora esférica, calculou, cuns sinxelos razoamentos de xeometría, o radio da Terra, e con iso a lonxitude da circunferencia que a rodea: 40.000 Km, ¡incriblemente exacto!. Pero os seus contemporáneos non o creron, e mesmo fixeron uns cálculos, erróneos, polos que o radio sería moito máis pequeno. E por tanto a circunferencia tamén. Por esa razón, animouse Colón, séculos máis tarde, a facer a viaxe que fixo, pensando que “as Indias” estaban “aí ó lado”. Non creo que ninguén se atrevera se souberan a distancia real que tiña.

Otto von Guericke, era alcalde de Magdeburgo, unha cidade xermana. Século dezasete. En 1654 fixo unha demostración para o emperador Fernando III, sobre o poder do baleiro. Naquela época, a idea vixente era a de Aristóteles que negaba o baleiro (“A Natureza aborrece o baleiro”), pero xustamente nese momento, Torricelli, demostraba nun experimento que si existe o baleiro. Otto Von Guericke, construíu dúas semiesferas ocas, ás que aplicou unha máquina de baleiro construída por el. Unha vez achegadas unha cara outra, e feito o baleiro nelas (é dicir, sacándolle o aire de dentro da esfera), nin tan sequera unha reata de cabalos por cada lado das semiesferas, foron quen de separalas, mentres que cando se abría unha chave que tiñan para que entrara o aire, calquera persoa podía facelo. Foi un experimento impresionante no seu momento, feito publicamente; e que aínda agora, custa traballo imaxinar que un montón de cabalos non teñan forza para separar esas semiesferas, porque a presión do aire, as comprimía unha contra a outra.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 26

Gauss, Johann Carl Friedich Gauss, foi un dos matemáticos más sobresaíntes da historia das matemáticas. Nacido en Alemania en 1777, fillo dunha familia extremadamente pobre e analfabeta. Aprendeu ler el só; e con tres anos dise que deixou sorprendido ó pai, por indicarlle que había un erro nas operacións que estaba facendo dunha conta. Destacou en case todos los campos desde moi novo, facendo importantes contribucións, á física, astronomía e matemáticas. O máis destacado del, foi unha anécdota que me contou, por primeira vez o profesor deste centro, José Antonio Viña. Cando tiña 10 anos, estando na escola o seu mestre, se cadra cansado polo barullo dos cativos, e para telos entretidos, mandoulles sumar os números do un ó cen. Case ó dereito de dicilo o pequeno Gauss, achegou o seu resultado ó profesor, tendo que esperar unha hora polas demais repostas. Resultado: 5050. Para obter este número, en lugar de ir sumando o un, co dous, e logo co tres, despois co catro, etc. o que fixo o neno Gauss, foi sumalos de dous en dous da seguinte maneira: o primeiro co último (1+100= 101), o segundo co penúltimo (2+99= 101), o terceiro co antepenúltimo (3+98= 101) e así sucesivamente. Como hai 50 parellas e cada unha delas suman 101, como acabamos de ver, só hai que multiplicar 50x101, para obter o resultado final. ¡Incrible, para un neno de dez anos!

Cavendish, Henry. Físico e químico inglés nacido en 1731, foi unha das historias máis curiosas coa que me teño atopado. Educouse na Universidade de Cambridge, aínda que non foi capaz en catro anos de obter título algún. Polo visto era incapaz de enfrontarse ós profesores nos exames, e durante o resto da súa vida, amosou esa mesma dificultade para enfrontarse coas persoas. O cal non quita

para que sexa considerado como un dos científicos máis importantes de toda a Historia. Un dos laboratorios máis importantes de Gran Bretaña, leva o seu nome. El foi quen deu a resposta á pregunta, ¿canto “pesa” o planeta Terra?. Tal proeza parece imposible de resolver; ¿como imos poñer á Terra nun prato dunha balanza?. Pero el foi quen de responder ó problema. Aproveitando a recén postulada fórmula da Lei da Gravitación Universal, de Isaac Newton, inventou unha balanza (balanza de Cavendish) extremadamente sensible, coa que se podía medir a forza coa que interactuaban dúas masas coñecidas de chumbo, que estaban enfrontadas unha coa outra, e mediante un fío, no que se producía torsión por efecto desa forza, medíase a intensidade da mesma. Deste xeito calculouse a constante G da fórmula, que permitiu coñecer o valor de M, masa da Terra, e a partir de aí, calquera outra masa. Era extremadamente tímido e retraído; case nunca falaba; nunca intercambiaba palabra con máis dun home á vez; e de facelo só por imperiosa necesidade, e individualmente. Por suposto, nunca con muller algunha, ás que tiña medo, mesmo de miralas. Para dar algunha orde ás súas serventas (por exemplo, dá-la cea), facíao sempre por escrito; e se algunha delas se atravesaba no seu camiño pola casa, era inmediatamente despedida. Fixo construír unha porta na súa casa, pola que só el entraba e saía. E a súa biblioteca estaba a sete km de Londres, para que os que a consultaran, non o molestaran. Ó final empeñouse incluso en morrer só; aínda que chegou case ós oitenta anos, idade difícil de acadar, para aquela época. Este ser excéntrico só tivo un amor na súa vida: a investigación científica.

P.G. Lejeune-Dirichlet, matemático do século XIX (1805-1859), que destaca tamén pola súa pouca afección a escribir cartas. Cóntase que unha das poucas veces que escribiu algunha misiva foi no nacemento do seu primeiro fillo. Dirichlet enviou un telegrama ó seu sogro coa mensaxe seguinte:

2 + 1 = 3

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 27

Isaac Newton. Considerado como un dos homes máis intelixentes da historia, xunto con Arquímedes antes e Einstein despois, tamén está cheo de anécdotas curiosas. Naceu o día de Nadal de 1642, o ano en que, curiosamente, morrera Galileo Galilei. Tivo unha

xuventude moi enfermiza. Foi neno prematuro, chegando a vivir de casualidade. Avanzou moi lentamente nos seus estudios, ata ben pasados os vinte anos. Tamén tivo que escapar da peste que asolou Londres por aqueles anos, refuxiándose na granxa da familia. Intentou levar adiante os negocios da granxa, e destacou por ser o peor granxeiro do reino. O seu tío, sen embargo, decatouse das súas capacidades

intelectuais, e mandouno para a Universidade de Cambridge, onde, cinco anos despois, obtiña o doutorado. Todo o mundo sabe que tralo nome de Newton está o estudio das leis da gravidade, cousa que, por certo, desenrolou mentres estaba no campo, lonxe da peste en Londres. Cos sorprendentes estudios en col da gravidade, Isaac Newton daba resposta a moitas preguntas que ata ese momento non a tiñan. Pero se cadra é menos coñecido deste home, considerado unha das maiores intelixencias de tódolos tempos, é que era un tanto misóxino, socialmente falando un exemplar un pouco mediocre. Non chegou a casar, e salvo un pequeno idilio de xuventude, non se interesou nunca nin sequera pola existencia das mulleres. Non obstante, coidaba del unha sobriña (Catherin Barton), guapa e intelixente a quen realmente quería. Esta sobriña tenlle pedido en máis dunha ocasión que dera resposta a problemas intelectuais ou retos que científicos europeos lanzaban o aire, para ver quen era capaz de resolvelos, como foi o caso de dous problemas que propuxo Johan Bernoulli. O irmán de Johan, Leibnitz, Halley, Robert Hooke e L’Hopital, entre outros sabios resolveron un en 6 meses. Newton recollei a carta cos dous problemas que lle deixara a sobriña co rogo de que o resolvera e, ó día seguinte, deixáballo resolto, sen darlle moita importancia. Newton descubriu, para resolver un problema, o que hoxe chamamos cálculo diferencial, proeza que comparte con Leibnitz un matemático alemán, que por outros camiños, chegou ó mesmo resultado. Newton foi quen descubriu mediante un prisma, que a luz branca está formada polas sete cores fundamentais (elaborou unha teoría corpuscular da luz). Este experimento fíxoo famoso, e á idade de 27 anos, no 1669, o seu profesor de matemáticas (Barrow), primeiro en ocupar a cátedra lucasiana de Cambridge, renunciou ó cargo en favor do seu alumno Isaac Newton. Foi nomeado membro da Royal Society, da cal foi más tarde presidente ata a súa morte. Da cátedra lucasiana foi moitos anos máis tarde profesor, o astrofísico Stephen Hawking. Tamén foi Newton quen inventou un novo tipo de telescopio inédito ata ese momento: o telescopio de espello, chamado precisamente newtoniano, en lugar da lente que levaban ata ese momento. A fama de Newton foi medrando pouco a pouco e acabou sendo nomeado xefe da Casa da Moeda, que o afastou dos estudios científicos, pero foi o terror dos falsificadores; e tamén foi nomeado membro do Parlamento, a onde asistía, pero non tiña intervención nunca nos seus debates. Así que un día que pediu a palabra, fíxose un grande silencio para escoitar o que dicía o Grande Home. Só quería pedir que si se podía pechar unha ventá, que había corrente de aire... Ó remate da súa vida, sen embargo, deu un xiro nas súas inquedanzas. Estaba convencido que Deus tiña escrito, na Biblia, mensaxes encriptados que el intentou descubrir. E tamén dedicouse en corpo e alma, ó estudio da transmutación dos metais en ouro, ó descubrimento da pedra filosofal, e demais preocupacións da Alquimia, na que cría firmemente.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 28

Stephen Hawking. Xa que falamos da cátedra lucasiana, cómpre mencionar como científico notable a este físico teórico, matemático e astrofísico. É considerado a maior autoridade mundial, no eido dos buratos negros, e da cosmoloxía en xeral. Pero a xente sabe de el por ser ese sabio raro que está tolleito nunha cadeira de rodas, que sae ás veces na TV, e que dis que sabe tanto. A pesares de que o seu rendemento escolar na primaria foi deficiente, enseguida destacou nos seus estudios superiores. Ten o mesmo coeficiente intelectual que Einstein (160), e a pesares de parecer que é un despoxo humano, como dixen é unha autoridade mundial en cosmoloxía e na teoría da relatividade. E para min, un exemplo de vontade de vivir. Este home aparentemente inútil para todo, padece unha enfermidade que lle impide o movemento en xeral; nin tampouco pode falar, polo que se comunica mediante un

ordenador que interpreta os movementos dos músculos da cara que aínda pode mover, para expresarse e dirixir a cadeira. Aí onde o vedes, aparente farrapo, formou parte do equipo de remo da universidade de Oxford, estivo casado (e divorciado) dúas veces, tendo tres fillos. Naceu no ano 1942, e de momento nunca recibiu o Premio Nobel.

Albert Einstein (1879-1955). Non pode faltar nunha lista como esta, o nome do considerado maior científico de tódolos tempos, xunto con Newton e Arquímedes. E como eles, a súa vida tamén está chea de curiosidades. Só vou destacar unhas poucas, pero hai moitas máis. Como lle pasara a Newton anteriormente, non demostrou, de novo, que ía ser unha promesa intelectual. De feito foi tan lento en aprender a falar, que se chegou a pensar que ía ser retrasado mental. Foi un neno gordo e cabezón. Máis adiante, nos seus estudios só demostraba interese polas matemáticas, a pesares de que un profesor que tivo na súa estadía italiana, díxolle que nunca chegaría a ser ninguén. Para que te fíes ti dos profesores proféticos... Logo de graduarse intentou ser profesor en Suiza, pero non o conseguiu; así que buscou un traballo na oficina de patentes. Foi alí onde desenvolveu os mellores traballos. No seu Annus Mirabilis, 1905, publicou cinco traballos, por un dos cales (efecto fotoeléctrico) recibiría en 1921 o premio Nobel de Física. Outro deses traballos foi a Teoría Especial da Relatividade, e varios anos despois desenvolveu a Teoría Xeral, coa que completaba a Teoría da Relatividade, que á fin, sería a revolucionaria teoría que movería os cimentos da Física. Non vou citar os demais traballos, por consideralos bastante coñecidos. Pero en cambio a súa parte humana é máis descoñecida. Tivo varios romances e un fillo “ilexítimo” (a min este adxectivo faime graza) cunha compañeira de universidade, coa que máis tarde casaría (Mileva Maric), tería fillos e logo distanciaríase. De resultado deste matrimonio e distanciamento, xurdiría unha estraña relación que se rexería por un “Contrato de Convivencia”. Os termos deste contrato, asustan a calquera de hoxe en día, pero hai que ter en conta a época en que foi redactado. Casaría por segunda vez cunha prima súa, Elsa Lowenthal, que lle consentiu unha morea de amantes. Mira ti que pillo o Alberto. Nunha reunión social disque (que eu non o vin...) Marilyn Monroe díxolle a Einstein, ¿que lle parece profesor?, deberiamos casar e ter un fillo xuntos. ¿Imaxina un bebé coa miña beleza e a

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 29

súa intelixencia?. Ó que Eintein respondeu: Teño medo que o experimento saia ó contrario e rematemos cun fillo coa miña beleza e a súa intelixencia... E máis curiosa é a que se conta dunha conversa entre Einstein e Charles Chaplin. Di Einstein: o que admirei sempre de vostede é que a súa arte é universal; todo o mundo o comprende e o admira. Chaplin respondeulle, o seu é moito máis digno de respecto: todo o mundo o admira, e practicamente ninguén o comprende. As anécdotas sobre Einstein son innumerables. Só tedes que poñer nun buscador de internet as palabras Anécdotas sobre Einstein, para darvos conta. E certamente, algunhas son realmente curiosas.

Non quero (nin podo) facer unha lista de sabios que teñan unha vida curiosa que destacar. Non hai sitio dabondo. Só escollín unha serie deles que agardo foran do voso agrado, polas peculiaridades das súas vidas e circunstancias. Para rematar gustaríame mencionar, tamén como representante dunha serie de homes coma el, a Thomas Alva Edison, nacido en USA, no ano 1847. Ós tres meses de ingresar na escola, de pequeno, botárono fóra. Os mestres alegaban unha total falta de interese e certa torpeza (se cadra por un problema de oído); que era un inepto. A nai, que fora mestra, encargouse da súa educación, con bastante tino, pois conseguiu espertar nel, a curiosidade por todo, o que sería unha constante ó longo da súa vida. Edison, era un home práctico, e enseguida o demostrou, arranxando instrumentos, vendendo xornais con doce anos, interesándose polo funcionamento das cousas. Pouco a pouco vai montando os seus laboratorios e procurando buscarlle o lado práctico ós seus inventos. Funda o seu propio periódico (Weekly Herald), primeiro que se imprimía no propio tren. Ó longo da súa dilatada vida (morreu de máis de oitenta anos), patentou 1093 inventos. De cada un deles, sacaba ideas para outros futuros. O seu experimento favorito foi a invención do fonógrafo, un

dispositivo que inscribía sobre unha superficie de estaño nun cilindro, nada menos que a voz e o son; podíase logo, volver a reproducir o son facendo os pasos inversos. Aínda hoxe, os discos de vinilo, usan o mesmo principio. Francamente era un inventazo. Iso de que “as palabras as leva o vento”, deixou de ter sentido. Polo que máis foi coñecido, sen embargo, foi pola invención dunha lámpada que emitira luz ó paso dunha corrente eléctrica, e que non se fundira. A súa primeira lámpada, durou corenta horas. Pero foi perfeccionándose. Eis a vida dunha persoa sen

estudios, pero incansable traballador, e incriblemente práctico e intuitivo, que deu traballo nun momento dado a máis de 5000 persoas nos seus talleres. O día que anunciou que ía a iluminar unha rúa de Menlo Park, cun só movemento do interruptor, e sen perigo de incendio, baixaron as accións das compañías do gas en Estados Unidos e en Inglaterra. Tal era a confianza que tiñan en el.

Isto foi un resumo, mal redactado e con presas, dunha escolma de circunstancias e vivencias de científicos famosos da Humanidade, que non lle fai xustiza á realidade. Só pretendín entreter. Se tedes ocasión de mirar polo miúdo, algunhas das historias que aquí vos conto, veredes que interesantes son. E quedan moitas, pero moitas no tinteiro.

José María de la Viña Varela

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 30

O GATO DE SCHRÖDINGER: VIVO OU MORTO?

O gato de Schrödinger é un dos paradoxos máis famosos da ciencia e aínda hoxe segue a ser obxecto de discusión. Foi proposto polo físico Erwin Schrödinger en 1935 para explicar unha das interpretacións da física cuántica (rama da física que opera a escalas moi pequenas para estudar o comportamento das partículas).

Cabe destacar que Schrödinger foi un dos pais da física cuántica e, sen embargo, con este paradoxo trata de subliñar o absurdo das súas consecuencias. Isto débese a que o desenvolvemento desta ciencia implicou a aceptación dunha serie de afirmacións absurdas para a lóxica, polo que moitos físicos que nun principio a apoiaron afirmaron despois que carecía de sentido algún.

A proposta foi a seguinte:

• Metemos nunha caixa opaca un gato, un frasco con gas velenoso e un dispositivo que, ao activarse, rompe ese frasco. Pechamos a caixa.

• O dispositivo contén unha partícula radioactiva (partícula que se desintegra emitindo radiación) que ten unha probabilidade do 50% de desintegrarse para un tempo determinado.

1. Se a partícula se desintegra nese tempo, o dispositivo actívase: rompe o frasco, libera o gas e mata ao gato.

2. Se pola contra a partícula non se desintegra, o dispositivo non se activará, o veleno non será liberado e o gato seguirá vivo.

• Polo tanto, pasado ese tempo, cando abramos a caixa, atoparemos o gato vivo ou morto. Haberá un 50% de probabilidade de que o gato siga vivo e un 50% de que morrera. Ata aquí todo é lóxico.

• Sen embargo, a física cuántica desafía a nosa lóxica: a nivel atómico as partículas non se comportan de forma intuitiva. Deste modo, a descrición do sistema (a súa función de onda) vén dada polo Principio de Superposición. Segundo este principio, a solución que buscamos para a función de onda non é única senón que vén dada pola superposición dos estados vivo e morto.

• Conclusión: no mundo cuántico, o gato está vivo e morto e só abrindo a caixa se poderá ver se está vivo ou morto.

"Se abres a caixa do Gato de Schrödinger e ves que está morto, pódese dicir que a curiosidade matou ó gato?”

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 31

Isto débese a que, cando abrimos a caixa, dise que a función de onda colapsa; é dicir, estamos expoñendo o experimento a condicións externas (como a entrada de fotóns), polo que a probabilidade elimínase (interferimos no experimento). En consecuencia, haberá unha única solución para a función de onda. Esta solución será que o gato está vivo ou que está morto. Sen embargo, mentres non abramos a caixa e non colapsemos a función de onda, esta

non terá unha única solución, polo que o gato estará nos dous estados ao mesmo tempo.

Schrödinger demostraba así que o simple feito de observar un experimento modifica o resultado e que a física cuántica desafía o sentido común. Outro científico desta época co que Erwin Schrödinger mantivo unha longa correspondencia e que tamén se opuxo ás consecuencias desta física foi Albert Einstein, quen dixo a famosa frase de “Deus non xoga aos dados co Universo” ou “Acaso a Lúa non está aí cando a miramos?”, referíndose a que as conclusións ás que chega a física cuántica carecen de lóxica.

Como conclusión, cabe salientar a importante contribución á mecánica cuántica de Erwin Schrödinger, quen recibirá o premio Nobel de Física en 1933 polo desenvolvemento da ecuación de Schrödinger. O paradoxo que propuxo é un dos máis coñecidos actualmente e amosa os interrogantes aos que aboca a física cuántica. Na actualidade, a pesar do desafío que supón para a nosa lóxica, foi demostrado que a mecánica cuántica funciona. Pese a ser rexeitada por parte da comunidade científica do século pasado, segue vixente e hoxe en día supón un recurso fundamental para o estudo da física a pequenas escalas.

Manuel Gundín Martínez - 2º BACH B

-"Síntoo moito Schrödinger pero teu gato está morto" -"Ensíname os cálculos"

"Erwin, colega, pon o gato nunha caixa cun gas velenoso para demostrar a influencia do

observador na mecánica cuántica"

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 32

X FEIRA DAS CIENCIAS

Este ano celebrouse a X Feira das Ciencias, un dos actos mais importantes do IES Alfredo Brañas, este ano caui os días 24 e 25 de Febreiro, onde os alumnos de 3º e 4º ESO mais os alumnos de 1º de Bach converteronse por 2 días en Mestres e seus compañeiros en alumnos. E unha meneira de ensinarlle aos alumnos a parte pratica e teórica das ciencias e non a parte aburrida e cansina que se nos da nas aulas de forma exclusivamente teorica. Polo cal o 3º andar do instituto convertese por 2 días nun lugar único onde monitores esnsinan os encantos da ciencia. O 2º dia a tarde o IES abre as súas portas a familiares e amigos doutros centros para que poidan asistir a este espectáculo que se repite ano tras ano.

Este ano participaron os departamentos de: Antropoloxía, Bioloxía ( Anatomía Aplicada), Física, Matemáticas, Química e Tecnoloxía. Os monitores de cada departamento explicaron con excelentemente cada experimento e traballo que levaban preparando dende había meses.

En Antropoloxía explicaronos o que era a filematoloxía e diredes vos que diablos e

eso, pois resulta que é a ciencia que estuda o beso falaronos da eva primixenia, de que o amor e unha droga ainda que parezca difícil de crer, e algunhas diferencias entre o cerebro masculino e feminino

En Bioloxía traballouse desde distintas ramas a bioloxia molecular coa obtención de destintas moléculas como a extracción do ADN dun Kiwi e Anatomia humana dos ollos e dos riles, os monitores da bioloxia molecular explicaron con detalle como se extraen distintos encimas como son a..- os monitores de Anatomia explicaron o funcionamento dos ollos e riles cunha parte teorica como nas aulas e unha parte practica diseccionando en directo para os alumnos que aguantaran a impresión de ver en cubetas uns ollos que obiamente non eran humanos senon de cocho e diversos animais. Ademais de traballarse no laboratorio traballouse tamen no corredor con diversos Stands sobre o reino vexetal e como cambiar a cor dunha fror usando colorantes.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 33

O departamento de Tecnoloxía este ano inventos extraordinarios e futuristas como a Impresora 3D ca que os monitores invitaban a un alumno a sentares escaneabano e imprimían a esa persoa un busto en 3D, na mesma aula onde se atopaba a impresora 3D hallábanse un robot que seguía un rayo de luz dunha linterna, outros explicaban como funcionaba a porta corredera dos supermecados que cando te acercas se abre, e noutro lado

explicaban o funcionamento dun ascensor e dun garaxe, noutra aula estaban outro grupo de alumnos que explicaban como funcionaba un Dron.

Química este ano o Departamento de Quimica trouxo Volcans de bicarbonato e vinagre e un volcán de dicromato de amonio e a serpe e o faraón

No departamento de Fisica trouxeronos a Camara escura ou cámara estenopeica que consiste en sacar una foto pero sen tanta tecnoloxía como as cámaras actuais aforrando un pouco asi que xa sabes Elias para o ano xa estas construindo unha camara destas.

Matematicas trouxeronos as teselacions que consiste que a partir dunha figura podemos encher unha parede so dela.

Este ano a feira foi un pouco especial por duas razóns a primeira que eun pouco triste e que o profesor José María de la Viña que a leva organizando dende a sua creación xa que foi el a que a creou non puido asistir xa que se atopaba de baixa por enfermedade. E a segunda un pouco mais alegre foi que os alumno de Bach puideron gozar da presencia dun dos maiores científicos e xenetistas de Galicia e de España e probablemente do mundo, que ademais estaba encantado de vira o IES xa que como el di somos o seu centro preferido e por se ainda non sabedes que xa

volo digo eu tratase de Ángel Carracedo.

Ángel ensinounos a técnica da electroforesis en xel e mentres esperábamos a que se completara o proceso, Angel ensinounos imaxes que el mesmo sacara do fondo oceánico de Galicia e propuxolles aos alumnos un proxecto en conxunto.

Con esto rematou a X Feira das Ciencias que este ano estivo marcada pola

innovación e presecia de ilustres como o Doutor Ángel Carracedo.

Marc Añón Mertz 1º BACH A

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 34

VISITA A APPLUS+ NORCONTROL

O xoves 15 de xaneiro os alumnos de Tecnoloxía Industrial de 1º de BAC B fixemos unha visita a Applus+ Norcontrol en Sada (A Coruña), empresa dedicada á inspección e comprobación de calidade de materiais industriais.

Cando chegamos, amosáronnos probas mediante as cales se comprobaba a calidade do formigón, así como os métodos de fraguado do mesmo.

Ensináronnos unha cámara húmida onde fragua o formigón durante vinteoito días e despois se someten os cilindros ou placas deste material para comprobar a súa calidade e o seu nivel para resistir esforzos de compresión.

Máis tarde vimos unhas probas de resistencia a tracción de varillas de aceiro que nos permiten saber con exactitude o máximo aguante dunha barra de aceiro corrugado ante un esforzo de tracción, como podería ser o levantamento de carga dunha grúa, e a súa elasticidade e etapas desta.

Esta é a sala na que nos amosaron as pedras e aglomerados que se engaden ao formigón no proceso anterior ao fraguado, co fin de obter misturas asfálticas.

Entre visita e visita, fixemos un pequeno descanso e invitáronnos a unha agradable comida onde puidemos intercambiar diversas opinións sobre a visita e relaxarnos, ao tempo, cuns pinchos.

A continuación fomos ao laboratorio de ensaios non destrutivos. Alí amosáronnos unhas técnicas para detectar desperfectos nas pezas

analizadas que poden ser un defecto importante á hora de realizar o traballo para o que as pezas están pensadas e ocasionar fallos.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 35

Algúns dos métodos que vimos para poder detectar esta falta de homoxeneidade nos materiais foron:

-Un spray de cor vermella que se vertía sobre a peza analizada: a cor do líquido metíase polas posibles fendas que tivera. Despois de aproximadamente cinco ou dez minutos, pulverizábamos a peza cun spray doutra cor e víanse as fendas moi claramente.

- Equipos de magnetización.

- Sistemas de videoendoscopia, cos cales podemos saber o grosor dun material e se por exemplo unha soldadura esta ben feita ou no medio dela quedou aire.

-Cámaras termográficas mediante as que somos quen de averiguar se existen perdas de calor e onde, xa que nos permite ver perfectamente onde se está perdendo unha masa de calor importante.

Por último, visitamos o laboratorio de microscopía. Nel, mediante técnicas de microscopía óptica, é dicir, aumentando as imaxes dos materiais a analizar podemos ver detalles non visibles a ollo. O que máis captou a nosa atención foi o aumento dunha mostra de aceiro aumentada. Tamén nos explicaron que segundo sexa a estructura interna deste pode ser máis resistente ou menos, dependendo de se foi templado, normalizado….

Foi unha saída bastante interesante e instructiva, que se fixo amena agás ao final, que xa estabamos todos un pouquiño cansados, despois da intensa xornada.

Alumn@s Tecnoloxía Industrial 1º Bacharelato

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 36

VII OLIMPÍADA DE XEOGRAFÍA DE ESPAÑA

Este relato trata sobre as experiencias que me aconteceron na VII Olimpíada de Xeografía de España, celebrada na cidade de Valencia o 17 e o 18 de abril.

Todo comezou cando a miña profesora de Xeografía de 2º de bacharelato, Ana María Riveiro Cardeso, nos animou na clase a participar na I Olimpíada de Xeografía de Galicia, a cal se celebrou

en Santiago de Compostela o venres 6 de marzo. Como resultado da nosa participación, clasifiqueime para a fase estatal de Valencia.

A Valencia tiven a oportunidade de ir con dous alumnos do colexio Manuel Peleteiro de Santiago xunto cun profesor da Universidade de Santiago de Compostela que nos acompañou durante a viaxe. A nosa viaxe comezou o venres 17 de abril no aeroporto de Lavacolla ás 7 da mañá. Alí foi onde tomamos contacto por primeira vez. Preto das 11 da mañá aterramos no aeroporto de Manises en Valencia, e o primeiro que fixemos foi coller o metro dirección ao hotel na zona Facultats, onde nos dispuxemos a almorzar. A nosa primeira visita turística foi a praia da Malvarrosa, que xa pola mañá estaba ateigada de bañistas cunha calor abafante, non apta para os galegos chegados de Carballo; onde non estamos afeitos ao clima mediterráneo. Sen desmerecer as nosas praias, cambiáballe a temperatura da auga sen ningún problema.

A continuación, aproveitamos para xantar nun dos numerosos “chiringuitos” que se sitúan na primeira liña de praia, onde o prato típico é a paella. Probamos dúas especialidades: unha máis tradicional e outra de caracois (non apta para todos os padais).

Co estómago lixeiro (pola miña parte, ao non estar acostumado a estas “delicatessen”), dirixímonos ao casco histórico (Ciutat Vella), onde aproveitamos para ver importantes construcións como a Catedral da Asunción de Nosa Señora, as Torres de Quart ou a antiga Lonxa da Seda (tamén coñecida como Lonxa dos Mercaderes polos intercambios comerciais que alí se realizaban).

Tras visitar o casco histórico, puidemos camiñar por algunha das rúas do Ensanche (Eixample), que data de finais do século XIX. Alí dispuxémonos a probar a típica orchata nunha tenda tradicional con máis de medio século de historia.

Máis tarde, collemos novamente o metro (o cal é espectacular, pois é unha mestura de metro e tranvía que unhas veces vai por debaixo da terra e outras veces polas rúas da cidade) para dirixirnos ao hotel onde ía celebrarse o acto de recepción de todos os participantes, na que nos obsequiaron cuns pequenos agasallos para despois dar paso a un pequeno refrixerio.

Catedral de Valencia.

Torres de Quart.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 37

Ao día seguinte, ás 9 da mañá, xa duchados e almorzados, presentámonos na universidade, onde nos ofreceron un discurso de benvida. Ao redor das 10 da mañá, dou comezo a proba escrita, a cal contaba cunha duración de hora e media. Ao rematar o exame, fomos conducidos a unha cafetaría onde nos ofreceron uns refrescos e algo de comer. Resaltaremos que a Universidade de Valencia tanto na súa arquitectura como no trato humano dispensado deixa moito que desexar con respecto á de Santiago. Antes da proclamación dos resultados, asistimos a dúas charlas de membros “históricos” do claustro universitario e do Colexio de Xeógrafos valenciano, as cales resultaron non de todo amenas.

Tras a proclamación dos resultados e a entrega de diplomas, na que non houbo moita sorte para Galicia (sendo xa todo un logro que Galicia chegue á fase estatal, pois ata o momento non participara nas edicións anteriores como ben nos explicaron os organizadores), voltamos todos en grupo ao hotel para xantar, onde o prato estrela era outra vez a paella (destacando a gran variedade da dieta valenciana). Hai que mencionar que os que sexan vexetarianos teñen o seu paraíso en Valencia. Se algún ano chega a celebrarse algunha edición en Galicia propoño que, botando man da tradición, o caldo sexa o prato único para todos. O marisco agocharémosllo como fixeron eles con nós.

Había unha viaxe programada ao Parque Natural da Albufeira, á que decidín non acudir xa que as miñas forzas estaban moi minguadas debido a unha dieta e un clima adversos. A continuación, aproveitei para pasear pola zona comercial de Valencia, por zonas comerciais moi coñecidas como Colón ou Don Juan de Austria. Alí puiden contemplar libros moi interesantes en enormes tendas especializadas, a arquitectura da cidade… Todo isto da man do profesor que nos acompañou, que me serviu de guía desta cidade que el xa coñecía. Direi que se boto alí uns cantos días máis, xa collo as bases do valenciano, porque este profesor é un catalán afincado en Galicia que domina o idioma. Resaltarei que co valenciano pasa un pouco coma na nosa terra co galego: nas tendas, os dependentes falan entre eles o valenciano pero diríxense aos clientes en castelán, pero se lles falas en valenciano cambian de idioma para comunicarse contigo. Tamén tiven oportunidade de contemplar o exterior do célebre Estadio de Mestalla .

Esa noite, na cea, fíxenlle por derradeira vez unha homenaxe á gastronomía valenciana, tomando unha orchata acompañada dos populares fartóns (para que me poidades comprender, son unha especie de xigantescos churros de múltiples variedades dun sabor exquisito) no concello limítrofe de Alboraya. Para rematar, tamén descubrín que en Valencia, malia que semelle o contrario, tamén existen outras comidas máis alá da paella (cousa da que eu tiña as miñas dúbidas).

Deste xeito rematou a miña aventura por terras valencianas, chegando de volta a Santiago ás oito menos cuarto da mañá do día seguinte. Fins sempre, València!

José Manuel Souto Lema-2º BAC. C

Orchata e fartóns

Vista interior da Lonxa de Seda.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 38

VIAXE A SOTAVENTO E AO MUNCYT.

Ás nove da mañá dun martes saímos cara a Serra da Loba, onde se atopa a Fundación Sotavento Galicia. Despois de, máis ou menos, unha hora e media de viaxe en autobús chegamos e unha guía levou ao meu grupo a visitar a casa bioclimática, unha casa adaptada ás condicións climáticas da serra e que coida moito o medio ambiente.

Despois de ver todo o interior da casa, na que recibimos varios consellos sobre aforro de enerxético, fomos tomar un chocolate solar, é dicir, un chocolate que un dos empregados de Sotavento puxo a quentar nunha especie de parabólica metálica que dirixía os raios do sol cara a unha pota negra, colocada no centro desta. Cando rematamos o chocolate, leváronos a ver o edificio de control, un edificio con forma de aspas, onde nos explicaron a historia dos eólicos, desde os muíños de vento para moer. Tamén nos falaron das características do coche que teñen para moverse polo parque, un Renault Twizy, un vehículo completamente eléctrico cunha autonomía de só 100 quilómetros, pero eses quilómetros fainos por tan só 39 céntimos de euro. Despois de explicarnos todo iso, fomos a un dos eólicos, ao máis próximo, onde só puidemos subir ata o primeiro piso, a unha altura de tan só 3 metros, porque para seguir ascendendo era necesario o uso de arnés. Cando volvemos ensinounos a pantalla desde a que se controlan os eólicos, a velocidade á que van, a enerxía que xeran...

Unha vez rematada a visita comemos e volvemos a coller o bus pero, desta vez, en dirección á Coruña ao MUNCYT (Museo Nacional de Ciencia e Tecnoloxía) onde tivemos unha visita curta, por ir mal de tempo, pero entretida, na que comezamos indo a unha sala a facer un xogo que consistía en ver anacos de películas de ciencia-ficción, e adiviñar os erros que tiñan. Continuamos cunha visita

guiada por unha parte do museo xa que non había tempo a velo todo. Entre as cousas que vimos están un coche antigo, unha antiga lámpada da Torre de Hércules ou unha cabina dun Boeing 747, o Lope de Vega, o que trouxo a España o Guernica de Picasso, no que puidemos entrar e sentar na zona VIP del,e do que nos explicaron a súa historia.

Unha vez rematada a visita volvemos a Carballo, despois de sacar unhas fotos para a páxina do instituto. Déixovos unha do grupo.

Sergio Pombo Cruz 3ºA

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 39

VIAXE A PORTO, PROXECTO TERRA

O día 17 de abril, algúns dos alumnos de terceiro da eso, saimos dende Carballo pola mañá cedo en bus. Chegamos a Porto a media mañá. Nada máis chegar fomos visitar a Fundación Serralves, que é un museo de arte contemporáneo, diseñado por Siza Vieira onde fixemos unha visita guiada.

Explicaronos que o múseo estaba onde antes houbera un xardín que era propiedade dos condes de Vizuela . Tamén que estaba dividida en duas partes, unha para o artista Monika Sosnowska e para outro escultor .

Nas salas observamos algunas esculturas do artista e en todas había unas ventás que facían de cadro, explicando o contraste da natureza e o home.

Por último ensinaronnos os xardíns e a casa donde vivían os condes. Actualmente fanse obras de teatro, presentacións e ata bodas.

En canto rematamos de comer collemos o bus con dous guías, un deles, Rita, foinos explicando a historia de O Porto mentras nos dirixíamos cara o río Douro. De seguido visitamos a Cidade Vella onde puidemos ver algúns edificios antigos, como a librería de Llelo e

irmáns , unha das máis famosas, onde se gravou Harry Potter.

Unha vez que acabamos a visita fomos dar un paseo libremente polas rúas dos comercios, dirixímonos a Gaia pa voltar ao bus e marchar para o albergue descasar ( cousa que pouco fixemos)

O día seguinte foi un día duro. A noite pasada apenas durmiramos e estábamos esgotados.

Collemos o metro ata a Casa da Música. Nela dixeronos que alí tocaban músicos moi importantes. Explicaronnos que a forma da casa estaba feita por 12 caras donde recreaban o choque dun meteorito na terra. Mostraronnos diversas salas, como a sala laranxa ou morada, donde nos puxeron un video, xa que estaban celebrando o seu décimo aniversario.

Nunha das salas o arquiteto pedíu que se copiasen os azulexos da estación de tren de Porto, nalgunhas salas estaban os cristais ondulados e dende eles podíase ver a sala principal. Despois de comer visitamos os arredores da Casa da Música e xa voltamos para aquí. Chegamos a Carballo a tardiña, contentos pero cansados.

Núria Tuset, 3º ESO B

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 40

VIAXE A PORTO

No mes de abril, os alumnos de 3º de ESO e algúns de 2º, fixemos unha visita á cidade de Porto, no norte de Portugal. Acompañáronnos Carolina, Ana e Silveira, profesores do centro.

O venres 17, saímos de Carballo e chegamos a Porto ás 12 h. O primeiro lugar que visitamos foi a Fundación Serralves. Alí podemos ver as obras da arquitecta polaca Monika Sosnowska. Tamén na fundación visitamos a casa dun antigo conde do século XX. Tivemos o luxo de pasear polos fermosos xardíns que rodeaban a construción. Pola tarde, acompañados por dous guías, adentrámonos polas rúas da cidade e percorremos a costa. Vimos o río Douro e as numerosas pontes que o atravesan. No casco antigo aprendemos unha chea de curiosidades coa axuda dos guías e coñecemos moitos edificios, como a librería Lello e Irmao. Finalmente hospedámonos nun albergue en Espinho.

O sábado 18 percorremos parte da cidade en metro, unha experiencia moi agradable para nos. Logo visitamos a Casa da Música, no barrio de Boavista. Este edificio, ademais de ser importante pola súa actividade no mundo da música, ten una arquitectura impresionate. Nel atopamos a sala

principal, a sala violeta, a sala laranxa, a sala vip, e algunhas máis. Despois disto emprendemos outra vez a viaxe cara Carballo.

En conclusión, creo que falo no nome de todos os meus compañeiros se digo que foi unha viaxe moi interesante.

Javier Golán Sande. 3º ESO C

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 41

DISERTACIÓN: NATUREZA E CULTURA (SÍNTESE)

O ser humano foi sufrindo un conxunto de cambios ao longo da historia. Dunha banda, sucedéronse alteracións na súa anatomía e fisioloxía que permitiron que aqueles que puideron adaptarse ao medio sobreviviran; isto é a hominización. Doutra banda, sufriu un proceso denominado humanización mediante o cal foi transformando as súas pautas sociais e de conduta. En termos xerais podemos falar de que non só fomos evolucionando como seres vivos senón tamén como seres racionais. É posible prescindir de algún dos dous aspectos? Dende logo que non, natureza e cultura son como as dúas caras dunha moeda.

Para comprender a relación que gardan, podemos adoptar o símil dun globo: a nosa capacidade, dada

pola natureza, serían as paredes (o grosor, o material ou a forma virían dados pola propia natureza); mentres que a substancia que contén o recipiente, dependerá da nosa cultura. Podemos imaxinar un recipiente de moitos xeitos, pero seguirá sendo un recipiente. Cadrado ou redondo, de vidro ou de plástico, ancho ou estreito... un recipiente ao fin e ao cabo. Sen embargo, podemos imaxinar infinidade de substancias, distintos estados, mesturas, propiedades... os límites son inabarcables.

Sen embargo, os límites dun globo non son fixos, senón que poden expandirse. Do mesmo xeito, os límites que nos veñen impostos por natureza poden ser moderadamente expandidos ou encollidos. Trátase dun proceso que require esforzo e sacrificio. Tal como dicía Platón, saír da caverna e mirar ao sol é un proceso custoso que require esforzo.

A modo de conclusión: o ser humano é natureza e cultura, aspectos insubstituíbles que nos definen como persoas e que nos diferencian de outras. A nosa esencia.

Manuel Gundín Martínez, 2º BACH B

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 42

ANGEL CARRACEDO, o filósofo

Este ano, cando Angel volveu ao Alfredo Brañas, pola Feira das Ciencias (24 de febreiro), en Antropoloxía fixémoslle unha entrevista. Segundo entrou pola porta e viu que so había mulleres, non daba creto “nunca vin parvez semellante, cun so home que ben estaría entre tantas mulleres”, así empezou o noso encontro, facéndonos rir.

Ista é unha escolma das súas reflexións, das respostas que nos foi dando a tanta curiosidade como lle amosamos: é fácil preguntar cando a PERSOA que tés diante se mostra

próxima, te considera un interlocutor válido1

O primeiro que nos dixo foi que era o rei dos escépticos

; e se por riba ten un nível pedagóxico tan alto, que imos facer se non aprender aproveitando a excelencia do mestre.

2

Falamos de futuro, onde a medicina será personalizada, onde non haberá enfermidades se non síntomas, onde a farmacoxenética será unha solución máis económica para todos, onde saberemos moito máis das enfermidades psiquiátricas (un terreo no que Angel adica moito do seu potencial), onde coñeceremos un pouco máis dos nosos xenes (agora andamos polo 10%), onde seguiremos atopando relacións xenéticas con moitos dos nosos problemas médicos (alguns deles quedan en “stand by” esperando un eureka, que pode chegar en calquera momento: mentras corre, toca a guitarra ou mesmo dormindo).

, o cal xa nos poñía sobreaviso: non hai nada establecido de antemán, haberá que probar, demostrar, experimentar, ... as verdades e falsidades.

Falamos de emocións porque traballar en investigación leva grandes doses de ilusión, de sentimentos, de curiosidade (púxonos o exemplo de como el investigou se o pinto e a maragota eran a mesma especie: cambian de sexo segundo lles convén, varias veces na vida) e como non todo pode ser racional. Por iso el valora o potencial humano, veña de onde veña “para min ata o último técnico do laboratorio é igual de importante que o científico máis famoso.

Falamos da nosa herdanza xenética: sabemos para que vale o 65% dos nosos xenes. Pero tamén sabemos que temos máis instruccións ca xenes e algunhas interactúan co ambiente, o resultado é que ignoramos moito máis do que coñecemos.

Falamos das series televisivas (CSI, Bones): non ve a tele pero polo que lle contan afirma que en Europa estamos máis adiantados en ciencia forense que os americanos (pero precisamos máis tempo, non nos chega con un capítulo).

1 Cando dúas ou máis persoas poden dialogar coas mesmas condicións. 2 Os escépticos non dan nada por seguro, calquera verdade é relativa, non hai nada definitivo.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 43

Falamos da morte: este é un deses conceptos que cambiou moito co paso do tempo, igual que o da vida. Mórrese cando o tronco encefálico deixa de funcionar, non cando morren as células (todos os días hai morte celular). Á pregunta de se hai algo máis aló da morte, que queda de nós, responde como biólogo: a vida é a transmisión da especie e non temos probas biolóxicas para saber se hai algo máis aló. Pero unha vez máis saiu o Angel emocional e díxonos que, desde un punto de vista moi persoal, quere

crer que sí, que hai algo máis aló. En canto á vida: tamén habería que cambiar o concepto, porque para el ten tanta vida un espermatozoide, coma un óvulo, un cigoto ou un embrión. Pero se aplicamos o paralelismo coa morte, a vida empezaría co funcionamento do sistema nervioso central. Sen esquecer que o concepto da vida ten compoñentes filosóficos, científicos, éticos, legais.

Falamos do amor e da posibilidade de estudar as nosas alteracións hormonais e cerebrais cando estamos namorados, o que pasa é que os resultados probablemente se confundisen cunha esquizofrenia, nos dous casos son reaccións biolóxicas semellantes (por iso se di que os namorados están tolos?). E como o ben e o mal son relativos: consideramos que as alteraccións neuronais que se producen nunha esquizofrenia son malas (na nosa cultura). Nalgunhas culturas os bruxos ou chamáns e alguns santos, que disque sufrían alucinacións, seguramente eran esquizofrénicos.

A enfermidade tamén é relativa: sempre houbo TDH3

En ciencia non debemos ser dogmáticos

e sábese por unha variante xenética que tamén tiñan as poboacións nómades, e os homes infieis tamén teñen esa variante (daquela poderíamos facer un estudo xenético para saber se a nosa parella nos vai ser infiel?).

4

Pero admite un dogma biolóxico: todo ven de algo, nada ven da nada. E por moito que liu de filosofía non atopou un contraargumento que explicase o primeiro paso da física na terra.

, sí precavidos, co cal resulta incompatible a crenza relixiosa coa ciencia. Sabemos que o ADN é a molécula da vida e que seguramente surxiu espontaneamente. O improbable é que fose diseñado por un ser supremo.

Falamos de premios (pasados e futuros): non lle gustan, desacóugano pero se serven para que seus pais e a súa familia se leven unha alegría, benvidos sexan. Pero “eu son consciente da miña realidade, das limitacións, das cousas que sei e que non sei, sei onde estou e sei todo o que teño que aprender e todo o que teño que facer” MAGISTER DIXIT.

As mulleres de Antropoloxía 1º Bac 14/15

3 Trastorno de déficit de atención por hiperactividade. 4 O dogmatismo admite verdades irrefutables, son así e non poderían ser doutra maneira.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 44

FILEMATOLOXÍA

É bo saber que a palabra que lle da título a este artigo significa “o estudo dos bicos”, porque hai unha ciencia que se ocupa de analizar con detalle semellante acto tan cotiá: a súa fisioloxía, cultura, xeografía, ... E tamén hai que saber que hai un día do bico: 13 abril.

Empezando pola fisioloxía: os nosos beizos teñen tal cantidade de terminacións nerviosas que no mapa da corteza cerebral ocupan máis espazo que os nosos xenitais. Precisamos 34 músculos da cara (todos) e 112 máis do resto do corpo para dar un bico, aínda que se é un dos simples, so precisamos dous músculos. O corazón duplica as súas pulsacións. Bicar mellora a pel, axuda á circulación, prevén a

caries e incluso pode aliviar as dores de cabeza. Desestresa porque axuda a reducir a cantidade de cortisol. E pódense queimar 26 calorías cun bico dun minuto. Claro que tamén se transfiren 350 bacterias (estando sans) e millóns de xermes.

Culturalmente hai moitos TIPOS DE BICOS: dise que os Inuit (esquimós): chéiranse as meixelas. Para eles a palabra bico e olor é kunik (oféndelles a idea extendida de que se bican fregando a punta do nariz). Un musulmán estricto non bica á súa muller na boca. En España damos dous bicos nas meixelas como saúdo (empezando pola dereita). En Francia tres (en Holanda, Alemaña e Suiza tamén). Nalgúns países árabes danse catro, sempre entre homes. O Papa Juan Pablo II bicaba o chan cando baixaba do avión ao chegar ao destino. Connecticut (USA) a lei prohíbelle aos matrimonios bicarse os domingos ou días de festa. O bico de Xudas ou mafioso: dáselle á persoa que se vai traizoar.

En canto á súa xeografía: sabemos que en Indonesia o bico en público está penado pola lei (ata uns 33 mil $). En Dubai os estranxeiros poden ser condenados ao cárcere por bicos en público. Na India a multa pode ir desde 50 $ a dous anos de cárcere e iso que teñen unhas esculturas de 4.500 anos que amosan escenas de bicos. En Nepal non se bican. En Xapón os bicos con paixón danse no pescozo ou nas mans, non na boca. En Turquía os bicos das películas censúranse. En Suráfrica os menores de 16 anos teñen prohibido bicarse. En Oriente Medio o bico en público é tabú. En Gran Bretaña hai poucos anos que bicarse en público é aceptable. A palabra inglesa kiss ( e noutras linguas nórdicas é semellante) fai referencia ao son que se produce ao roce dos beizos dos amantes (non son tan agarimosos coma os do mediterráneo). En Alemaña pensaron en prohibir os bicos como saúdo entre compañeiros de traballo. En Arxentina os homes non se podían bicar en público ata 1986.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 45

OS SABIOS OPINAN:

• Platón di que cando bicamos, gozamos. • Charles Darwin: o bico nace na Idade de Pedra, para recoñecerse polo olfato

como membros dun mesmo clan. • Gisele Dahl (bióloga alemana): o bico compromete os tres sentidos relacionados

co desexo sexual: gusto, olfato e tacto. • John Naper (antropólogo británico): os australopithecus xa practicaban as

relacións sexuais cara a cara, con aloumiños e bicos (=eran a leña do lume). • Helen Fisher (antropóloga americana): o bico é un mecanismo de adaptación no

90% da poboación mundial. É unha cuestión química: o bico do home leva testosterona no cuspe para transmitirlla á parella e facela máis receptiva no acto sexual. A muller usa o bico para detectar o estado do sistema inmune (canto se cuida). O bico tamén axuda ao desexo sexual pola testosterona, ao amor paixonal ou obsesivo grazas á dopamina, e un maior nivel de apego grazas á oxitocina.

• Irenäus Eibl-Eibesfeldt (etólogo alemán) coincide con Fisher en decir que o 10% dos humanos non se bican.

• Kristoffer Nyrop (filólogo danés) escribiu sobre tribos finesas que consideraban os bicos indecentes.

• Paul d’Enjoy (antropólogo) en 1987 fala dunhas zonas da China nas que consideran o bico como unha forma de canibalismo.

• Ángel Carracedo: seguramente está nos nosos xenes bicar. Cando lle deixamos a alguén bicar o pescozo (o punto máis vulnerable do noso ser) estamos demostrando moita confianza.

NOTA: as imaxes da outra páxina son de 50 sombras de Grey. Nesta temos as esculturas de August Rodin e Luis Torralva.

Antropoloxía, 1º Bach 14/15

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 46

PREGUNTAS DE LÓXICA LATERAL

O pai de Xoán O pai de Xoán dille ao seu fillo que lle van otorgar dúas moedas de curso legal. Entre as dúas suman tres euros, pero unha de elas non é dun euro. ¿Cales son as moedas?

Resposta: Unha de dous euros e outra de un euro. O pai de Xoán dille ao seu fillo que unha de elas non é de un euro, pero a outra si que pode selo.

Cantas veces pode restarse o número 1 do número 1.111? Resposta: tan so unha, posto que nas ocasións consecutivas estaríamos restándollo ao número 1.110, 1.109. 1.108.

O home do coche Un home empurra o seu coche. Detense ao chegar a un hotel e nese momento sabe que está en bancarrota. Por qué?

Resposta: Xogaba ao monopoly

Adán e Eva Un home morre e vai ao ceo. Alí atopa miles de persoas. Todas van espidas. Mira ao seu redor para ver se recoñece a alguén. Ve a unha parella e sabe de inmediato que eran Adán e Eva. Por qué?

Resposta: eran os únicos que non tiñan embigo.

Algúns meses teñen 30 días, outros teñen 31. Cántos teñen 28? Resposta: Todos

Cinco homes Cinco homes iban xuntos por un camiño no campo. Comenzou a chover e catro apuran o paso. O quinto home non fai ningún esforzo por apurarse. Sin embargo, mantense seco mentras que os outros catro móllanse. Os cinco chegan ao destino xuntos. Cómo puido ser? Nota: para trasladarse só contaban cos pés. Resposta: os catro homes levaban ao quinto, que se atopaba no seu ataúde.

Lorena e Saray 1ºBac C

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 47

OS CELOS

¿A supervivencia depende dos celos ou os celos dependen da supervivencia? Os celos son unha cuestión cuxa problemática se remite á historia da especie humana, xa que cumplen funcións específicas relacionadas coa supervivencia. Na súa definición máis básica, os celos constitúen aquelo oposto á noción da confianza. A súa existencia é universal, e dáse tanto en homes como en mulleres, xa sexan situacións reais ou imaxinarias. A súa presenza nas relacións de parellas é innegable, xa sexa ao principio, no transcurso ou ao final. A vantaxe dos celos é que permiten construir relacións monogámicas e fieis. Os celos son emocións que funcionan como mecanismos de defensa dentro dunha parella para axudar a mantela e que a relación non se acabe. Hai dous tipos de celos: os positivos, os cales conlevan a unha confirmación do amor; e os negativos, que conlevan xogo, vinganza e control.

Existen certas diferenzas nas formas de sentir e expresar os celos entre homes e mulleres. En primeiro lugar, aos homes adoitan verse máis afectados ante a idea de que a súa parella manteña relacións sexuais con outros, é dicir, ante unha infidelidade sexual; mentres que as mulleres sofren máis cando se trata de cuestións que fan referencia a que a parella lle dedique tempo, atención e recursos a outra persoa sen ter que existir unha relación sexual, é dicir, cando se trata dunha infidelidade emocional.

Unha diferenza importante atopámola na forma de expresar os celos: por unha banda, os homes maniféstanos mediante actos violentos a través dos cales pensan que os seus dereitos quedan claros; por outra banda, as mulleres exprésanos intentando chamar a atención da parella por medio de tácticas que lle fagan verse e sentirse máis atractiva.

No referente á función que cumplen os celos e o sexo, os homes tratan de garantizar a paternidade dos fillos, sen embargo, as mulleres tratan de asegurar os recursos e o compromiso da súa parella con ela e cos seus descendentes.

Unha última diferenza é que as mulleres ante a evidencia de infidelidade experimenta sentimentos de tristeza e sensación de abandono, pero os homes experimentan unha maior porcentaxe de rabia e furia. A pesar destas diferenzas sábese que un sentimento común entre ambos sexos é a humillación.

En conclusión, existen moitos tipos de celos, experimentados tanto por homes como por mulleres e que poden ser provocados por situacións reais ou imaxinarias. Aínda que hai moitas diferenzas entre homes e mulleres á hora de sentilos e experimentalos, tamén hai certas semellanzas entre ambos sexos á hora de expresalos.

Andrea Fariña Pérez, 1º BACH - B Antropoloxía

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 48

DATOS ESTADISTICOS DO CENTRO

Réxime ordinario Alumnado Grupos ESO 1º 89 3 ESO 2º 111 4 ESO 3º 106 5 ESO 4º 74 4

TOTAL ESO 380 16 BACH. 1º Ciencias e Tecnoloxía 61 2 BACH 1º Humanidades e Ciencias Sociais 36 1 BACH 2º Ciencias e Tecnoloxía 43 2 BACH 2º Humanidades e Ciencias Sociais 33 1

TOTAL BACH 173 6 CM Comercio 1º 29 1 CM Comercio 2º (FCT) 8 1

TOTAL CF GM 37 2 TOTAL CENTRO 590 24

Profesorado - 55

Persoal de Administración e servizos - 8

ALUMNADO NADO FORA DE ESPAÑA. ANO 2014/2015

1º de ESO 2º de ESO 3º de ESO 4º de ESO Mulleres Homes Mulleres Homes Mulleres Homes Mulleres Homes Suiza (1) Suiza (2) Romanía (1) Suiza (4) Suiza (5) Suiza (4) Suiza (1) Suiza (3) Romania(1) Uruguai (2) Uruguai (2) Uruguai (1) Uruguai (1) Uruguai (4) Uruguai (2) Andorra (1) Colombia (1) Colombia (1) Paquistan (1) Ecuador (2) Brasil (1) Arxentina (1) Italia (1) Camerún (1) Mónaco (1) Andorra (1)

1º de BACHARELATO 2º de BACHARELATO Mulleres Homes Mulleres Homes Suiza (1) Francia (1) Suiza (2) Suiza (3) Uruguai (2) Polonia (1) Uruguai (1) Colombia (1) Venezuela (1) Paises baixos (1) Alemaña (1)

TOTAL ALUMNADO E GRUPOS ANO 2014/2015

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 49

PROXECTO DE ESCOLA DE XADREZ NO I.E.S. ALFREDO BRAÑAS.

No curso 2014-2015 iniciouse un proxecto de Escola de xadrez ( antes de que o Cogreso aprobase a introducción do milenario xogo no programa escolar ) co covencemento da potencialidade do xadrez como ferramenta educativa.

Concentración, memoria, capacidade de decisión, pensamento analítico ou afán de superación son algunhas das capacidades que se poden adquirir ou reforzar coa práctica periódica do xadrez.

Rematamos este primeiro ano da Escola co 1º Torneo de Xadrez do I.E.S. Alfredo Brañas.

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 50

POEMAS

SÓ QUERO QUE VOLVAN

Miña nai xa marchou, meu pai lonxequedou sinto unha gran invasión Que só estou !

Marcharon se darme consello, boto de menos o seu blanco pelo onde botaba raíz unha sabiduría que non coñecín.

Non atopo palabras, para describir esta dó interior que me deixa destrozado e cun nó no corazón.

Só quero que volvan onde queira que estean ; e me guien sabiamente por esta vida trampeira. Invademe rofundamente, un sentimento de medo, a miña mente está a rebosar dun medo que me vai a matar.

Non vexo o momento, no que acabe este tormento que golpea a miña mente e me deixa sin resposta .

Por que esta sensación percorrendo o meu corazón? Sensación , que anula toda razón , e deixame se movemento

POMBA DOURADA

POMBA DOURADA 51

COÑECINTE CUN ABRAZO

Coñecinte cun abrazo que foi inocente e foise transformando nun sentimento ardente.

Dende que te vin, o meu corazón moviuse por tí.

Parece que non, pero tesme extrañado ¿Non queres seguir sendo un ser amado?

Se me queres , non teñas medo polo pasado, e fai que me sinta un rapaz afortunado. Estou entre a espada e a parede; Non vou poder mirar esos ollos que soía amar.

Mira que mala sorte que non podo nin quererte por non poder non podo amar esos ollos que soía mirar.

Aron 2 C

I.E.S. ALFREDO BRAÑAS – CARBALLO DE BERGANTIÑOS

POMBA DOURADA 2015