Pranto Matrcial

1

Click here to load reader

description

Pranto Matricial

Transcript of Pranto Matrcial

Page 1: Pranto Matrcial

NA MATRICIAL GALIZA, SEMPRE TÚA,que dend-a Torre d'Hercules ao Miñoun facho acenderá por cada illa,cando ti volvas pol-o mare;de toxo unha fogueira en cada monte,cando ti volvas pol-o mare;dos castros na coróa unha cachela,cando ti volvas pol-o mare;unha loura candea en cada pino,cando ti volvas pol-o mare;o seu cirio de frouma os alciprestes,cando ti volvas pol-o mare;luces de ardora branca en cada mastro,cando ti volvas pol-o mare;un farol mariñeiro en cada dorna,cando ti volvas pol-o mare;veliñas â xanela en cada casa,cando ti volvas pol-o mare;e as pérolas das bágoas derramadas,cando ti volvas pol-o mare,cando ti volvas pol-o mare...

Paz Andrade, Valentín (1955). Pranto matricial (Buenos Aires: Ediciones Galicia del Centro Gallego de Buenos Aires)