Pregunta Relativa Ao Elevado Das Taxas Por Expedición Ou Renovación Da Licenza de Tenencia de...

download Pregunta Relativa Ao Elevado Das Taxas Por Expedición Ou Renovación Da Licenza de Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos e de Inscrición, Modificación e Cancelacións de

of 1

Transcript of Pregunta Relativa Ao Elevado Das Taxas Por Expedición Ou Renovación Da Licenza de Tenencia de...

  • 8/18/2019 Pregunta Relativa Ao Elevado Das Taxas Por Expedición Ou Renovación Da Licenza de Tenencia de Animais Poten…

    1/1

    Vilalbaberta 

    Ao Pleno do Concello de Vilalba

    D. Modesto Renda Santiso con DNI 33550924L, en calidade de Portavoz de Vilalba

    Aberta e Coportavoz do Grupo Municipal Mixto no Concello de Vilalba, ao amparo do

    disposto no Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das

    Entidades Locais e con domicilio a efectos de notificación en Rúa da Pravia 46 2ºB;

    formula a segunte PREGUNTA en base á seguinte

    EXPOSICIÓN DE MOTIVOS

    Algunhas das taxas no noso Concello sitúanse entre as máis elevadas en comparación

    cos municipios da contorna. Entre elas, destacan por abusivas a relativa á expedición

    ou renovación da licenza de tenencia de animais potencialmente perigosos ou a de

    inscrición, modificación e cancelacións de unións de feito no rexistro municipal,

    ámbalas dúas fixadas en 300 euros e cuxa modificación data de Xullo de 2012,

    momento no cal a nosa asemblea non contaba con representación municipal.

    Neste sentido, e ao tempo que compartimos e trasladamos a perplexidade e

    indignación de moitos veciños/as que así nolo fixeron saber a través das nosas

    asembleas:

    Cal é o motivo que xustifica o elevado destas taxas?

    En Vilalba, a 29 de Marzo de 2016

    Fdo.: Modesto Renda Santiso

    Concelleiro / Coportavoz do Grupo Municipal Mixto