Premios do Certame Literario "Letras Galegas-2012" IES As Mercedes (LUGO)

4

Click here to load reader

description

Premios do Certame Literario "Letras Galegas-2012" IES As Mercedes (LUGO)

Transcript of Premios do Certame Literario "Letras Galegas-2012" IES As Mercedes (LUGO)

Page 1: Premios do Certame Literario "Letras Galegas-2012" IES As Mercedes (LUGO)

Equipo de Dinamización da Lingua GalegaEquipo de Dinamización da Lingua GalegaEquipo de Dinamización da Lingua GalegaEquipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG)(EDLG)(EDLG)(EDLG)

Departamento de Lingua Galega e LiteraturaDepartamento de Lingua Galega e LiteraturaDepartamento de Lingua Galega e LiteraturaDepartamento de Lingua Galega e Literatura

PREMIOS POESÍA - ESO 1º PREMIO :1º PREMIO :1º PREMIO :1º PREMIO : "As árbores" FRANCISCO JOSÉ FLORES DÍAZ FRANCISCO JOSÉ FLORES DÍAZ FRANCISCO JOSÉ FLORES DÍAZ FRANCISCO JOSÉ FLORES DÍAZ (2º ESO-A) 2º PREMIO : 2º PREMIO : 2º PREMIO : 2º PREMIO : “Onte soñei contigo" ROCÍO FERNÁNDEZ SCARINGI ROCÍO FERNÁNDEZ SCARINGI ROCÍO FERNÁNDEZ SCARINGI ROCÍO FERNÁNDEZ SCARINGI (4º ESO) 3º PREMIO 3º PREMIO 3º PREMIO 3º PREMIO (Deserto)

PREMIOS POESÍA - BAC/CICLOS FP 1º PREMIO :1º PREMIO :1º PREMIO :1º PREMIO : "O sentir cunha bágoa" SILVIA NÚÑEZ SÁNCHEZSILVIA NÚÑEZ SÁNCHEZSILVIA NÚÑEZ SÁNCHEZSILVIA NÚÑEZ SÁNCHEZ (1º BAC) 2º PREMIO 2º PREMIO 2º PREMIO 2º PREMIO (Deserto) 3º PREMIO 3º PREMIO 3º PREMIO 3º PREMIO (Deserto)

PREMIOS MICRORRELATO - ESO

1º PREMIO1º PREMIO1º PREMIO1º PREMIO :::: "A outra cara da moeda" ICÍA FERNÁNDEZ FIDALGO ICÍA FERNÁNDEZ FIDALGO ICÍA FERNÁNDEZ FIDALGO ICÍA FERNÁNDEZ FIDALGO (2º ESO-A) 2º PREMIO2º PREMIO2º PREMIO2º PREMIO : : : : "Dende sempre e para sempre" ANDREA CASTRO CORREDOIRAANDREA CASTRO CORREDOIRAANDREA CASTRO CORREDOIRAANDREA CASTRO CORREDOIRA (2º ESO-A) 3º PREMIO 3º PREMIO 3º PREMIO 3º PREMIO (Deserto)

PREMIOS MICRORRELATO - BAC/CICLOS FP

1º PREMIO1º PREMIO1º PREMIO1º PREMIO : : : : “ Mar” JJJJUDITH UDITH UDITH UDITH LÓPEZ LÓPEZ LÓPEZ LÓPEZ GONZÁLEZGONZÁLEZGONZÁLEZGONZÁLEZ (1º BAC) 2º PREMIO2º PREMIO2º PREMIO2º PREMIO (Deserto) 3º PREMIO3º PREMIO3º PREMIO3º PREMIO (Deserto)

Page 2: Premios do Certame Literario "Letras Galegas-2012" IES As Mercedes (LUGO)

Mar

Ía engorde, paseniño. Ía á praia cando aínda non clareara,

non rompera o día, e ía soa. Mentres deixaba as súas pegadas na area

escoitaba o son das ondas do mar coma se dunha sinfonía se tratase,

escoitaba esa música que coñecía de memoria e que sempre lle soaba como nova.

Sentou na area,

e perdeu a súa vista na fina liña onde o gris do ceo e o do mar se xuntan. Alí quedou vendo como as ondas rompían, como aloumiñaban a area e marchaban.

Abrazando as pernas e chorando.

Xa asomaba o sol cando se decatou de que a auga lle bicaba os pés, decatouse de que as súas bágoas,

amontoadas na area, xa as estaba levando o mar.

Ergueuse e marchou, tiña frío.

De camiño á casa empezou a chuviscar.

Todos choran os nichos dos seus seres queridos, ela facíao cada alborada.

1º Premio MICRORRELATO / BAC (Judith López González, 1º BAC)

Page 3: Premios do Certame Literario "Letras Galegas-2012" IES As Mercedes (LUGO)

O SENTIR CUNHA BÁGOA

Suspiros negros e ollos húmidos, como estrela en noite pechada. Pena negra, pena arrepiante

que ó meu pobre espírito abafa.

Abafa a lenta cerimonia, miñas entrañas anegadas, arroupa con manto de dor, lágrimas quentes e salgadas.

Salgadas e quentes as lágrimas como a auga do mar templada, que bañan a miña pobre alma tristeira, soa e desesperada.

Tan desesperada como soa, tan tristeira como apenada.

Leva o meu corpo, pena moura! Que a alma xa ma tes gañada.

E dende que levado fora,

cal carne na folla da espada, desfai con fereza e bravura os diamantes da miña cara.

Que eses diamantes de invernía, que arrefecen coma a xeada,

fan sucos fondos no meu rostro, fan secas gretas na mirada.

É greta de bágoa dóce,

é balcón con portas tapiadas. Leva o meu corpo, pena moura! Lévao e non preguntes nada.

1º Premio POESÍA / BAC (Silvia Núñez Sánchez, 1º BAC)

Page 4: Premios do Certame Literario "Letras Galegas-2012" IES As Mercedes (LUGO)

AS ÁRBORES

Estes pequenos carballos

que crecedes amodiño,

aínda non tedes landras,

planteivos con agarimo.

Grandes, fortes e longos,

os enormes castiñeiros

as vosas ricas castañas,

mercarei aos castañeiros.

As dúas árbores xuntas,

cos vosos bonitos froitos,

poñedes a un moi contento,

quero que teñades moitos.

Destes de comer ás persoas,

agora quizais non tanto,

mais ó meu querido avoíño,

si, seguídeslle gustando.

1º Premio POESÍA / ESO (Francisco José Flores Díaz, 2º ESO-A)