Presentación de PowerPoint -...

10
GU Sistema de Notificacións de Galicia Notifica.gal Elaborado por : Área de Modernización Versión 02.04

Transcript of Presentación de PowerPoint -...

Page 1: Presentación de PowerPoint - ficheiros-web.xunta.galficheiros-web.xunta.gal/notifica/NOTIFICA_GuiaRapidaPortal.pdf · 5 Como me dou de alta? Pode darse de alta en Notifica.gal a

GU Sistema de Notificacións de

Galicia Notifica.gal

Elaborado por : Área de ModernizaciónVersión 02.04

Page 2: Presentación de PowerPoint - ficheiros-web.xunta.galficheiros-web.xunta.gal/notifica/NOTIFICA_GuiaRapidaPortal.pdf · 5 Como me dou de alta? Pode darse de alta en Notifica.gal a

2

Qué é Notifica.gal?

O Sistema de Notificacións de Galicia, Notifica.gal, é o enderezo electrónico a través do cal os cidadáns e empresas poden acceder ás notificacións enviadas pola Xunta de Galicia oucalquera das entidades locais galegas adheridas ao mesmo.

Page 3: Presentación de PowerPoint - ficheiros-web.xunta.galficheiros-web.xunta.gal/notifica/NOTIFICA_GuiaRapidaPortal.pdf · 5 Como me dou de alta? Pode darse de alta en Notifica.gal a

3

Quen pode utilizalo?

Calquera cidadán pode solicitar a recepción das notificacións de forma electrónica através de Notifica.gal no formulario de iniciación do procedemento administrativocorrespondente, nunha comunicación posterior ou en calquera momento a través dopropio Notifica.gal.

No caso de solicitar a recepción das mesmas por vía postal, a Administración emisora danotificación tamén a poñerá á súa disposición en Notifica.gal por se desexase acceder aela a través de medios electrónicos.

Con todo, a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común dasAdministracións Públicas establece que as persoas xurídicas, entidades senpersonalidade xurídica, os/as profesionais colexiados/as e os/as empregados/as dasadministracións públicas para os trámites e actuacións que realicen con elas por razónda súa condición de empregado/a público/a teñen a obriga de recibir todas asnotificacións por vía exclusivamente electrónica.

Page 4: Presentación de PowerPoint - ficheiros-web.xunta.galficheiros-web.xunta.gal/notifica/NOTIFICA_GuiaRapidaPortal.pdf · 5 Como me dou de alta? Pode darse de alta en Notifica.gal a

4

Como podo acceder?

Pode acceder a Notifica.gal con:• Certificado dixital ou DNI electrónico• Usuario Chave365

Chave365 é o sistema que permite identificarse e asinar documentos sen necesidadede usar certificados dixitais nin DNI electrónico. A persoa identifícase co seu NIF eclave persoal e asina electronicamente cun código único por operación, que recibe noseu teléfono móbil.

Para empregar Chave365, o cidadán ten que darse de alta no sistema e, antes deempregalo por primeira vez, cambiar obrigatoriamente o contrasinal recibido porSMS. Pode consultar aquí máis información.

Lembre que o seu usuario de Chave365 pode bloquearse se:• Introduce de forma errónea o contrasinal de acceso máis de 6 veces• Introduce de forma errónea a clave de sinatura máis de 3 veces

Page 5: Presentación de PowerPoint - ficheiros-web.xunta.galficheiros-web.xunta.gal/notifica/NOTIFICA_GuiaRapidaPortal.pdf · 5 Como me dou de alta? Pode darse de alta en Notifica.gal a

5

Como me dou de alta?

Pode darse de alta en Notifica.gal a través doformulario habilitado accesible na páxinaprincipal.

No caso de que se lle realice o envío dunhanotificación electrónica sen que se derapreviamente de alta no sistema, a súa altarealizarase de oficio pola Administraciónemisora da mesma.

O teléfono móbil e/ou os enderezoselectrónicos indicados na alta serán utilizadoscon carácter xeral para o envío de avisos daposta a disposición de novas notificacións, asícomo recordatorios, salvo que se indiqueoutra preferencia no formulario de solicitude.

Page 6: Presentación de PowerPoint - ficheiros-web.xunta.galficheiros-web.xunta.gal/notifica/NOTIFICA_GuiaRapidaPortal.pdf · 5 Como me dou de alta? Pode darse de alta en Notifica.gal a

6

Que pasa se non accedo ás notificacións?

Se solicitou expresamente recibir notificacións electrónicas oupertence a un colectivo obrigado, a notificación entenderaserexeitada cando transcorran dezdías naturais (ou os díasestablecidos para o procedementonotificado) desde a posta a disposición da notificación senque se acceda ao seu contido.

No caso de solicitar a recepción das súas notificacións por vía postal, a falta de acceso a estas non terá ningunha consecuencia.

Page 7: Presentación de PowerPoint - ficheiros-web.xunta.galficheiros-web.xunta.gal/notifica/NOTIFICA_GuiaRapidaPortal.pdf · 5 Como me dou de alta? Pode darse de alta en Notifica.gal a

7

Quen pode ler as miñas notificacións?

O destino dunha notificación posta a disposición a través de canles electrónicas é un Enderezo Electrónico Habilitado asociado ao NIF dunha persoa física ou xurídica. Para poder acceder ás notificacións, deberá contar cun certificado electrónico ou usuario Chave365 asociado ao NIF do destinatario.

Así mesmo, pode autorizar a calquera outra persoa a acceder ao contido das súasnotificacións a través da opción Administrar Autorizacións dentro de “As Miñas Opcions”.

Page 8: Presentación de PowerPoint - ficheiros-web.xunta.galficheiros-web.xunta.gal/notifica/NOTIFICA_GuiaRapidaPortal.pdf · 5 Como me dou de alta? Pode darse de alta en Notifica.gal a

8

Outras opcións

A través da pestana “As miñas opcións”, vostede pode:

• Elixir o medio de notificación: é posible elixir o medio de notificación, electrónico oupostal, para os diferentes procedementos administrativos.

No caso de pertencer a un colectivo obrigado a recibir notificacións electrónicas estaelección non terá ningunha consecuencia.

• Modificar os datos persoais do usuario: permite modificar os datos recollidosdurante o proceso de alta, incluíndo que datos se utilizarán para o envío dos avisos deposta a disposición e recordatorios.

• Administrar autorizacións: pode xestionar autorizacións para o acceso ás súasnotificacións por parte doutras persoas.

• Darse de baixa: no caso de non estar na obriga de recibir notificacións electrónicas,pode darse de baixa do servizo sempre que non teña notificacións pendentes de ler.

Page 9: Presentación de PowerPoint - ficheiros-web.xunta.galficheiros-web.xunta.gal/notifica/NOTIFICA_GuiaRapidaPortal.pdf · 5 Como me dou de alta? Pode darse de alta en Notifica.gal a

9

Requisitos técnicos

Para poder acceder e xestionar correctamente as notificacións dende o portal é necesario:

• Estar dado/a de alta no sistema Chave365 ou

• Ter instalado no navegador ou nunha tarxeta criptográfica un certificado dixital admitido pola plataforma@firma.

Ademais, é necesario que o equipo cumpra con algún dos seguintes requisitos en canto ao sistema operativo enavegador:

• Sistemas operativos:

• Microsoft Windows 7 ou superior• LINUX• Mac OS X

• Navegador web:

• Internet Explorer 11 ou superior• Mozilla Firefox• Google Chrome• Safari

É necesario ter instalado un lector de Acrobat Reader (versión 8.0 ou superior) para poder visualizarcorrectamente os documentos adxuntos as notificacións en formato PDF.

Finalmente, en caso de acceder ao sistema con certificado dixital, será necesario ter instalado AutoFirma,ferramenta de escritorio que permite a execución de operacións de sinatura.

Page 10: Presentación de PowerPoint - ficheiros-web.xunta.galficheiros-web.xunta.gal/notifica/NOTIFICA_GuiaRapidaPortal.pdf · 5 Como me dou de alta? Pode darse de alta en Notifica.gal a

10

Para calquera dúbida ou aclaración que precisen poden dirixirse ao Servizo de atención á cidadanía:

Correo electrónico: [email protected]éfono: Galicia - 012 Fóra de Galicia - 981 900 643

Canles de soporte