Presentacion blog informatica
Transcript of Presentacion blog informatica
Os coidados paliativos en Enfermaría
Que son os Coidados Paliativos?
Para a Organización Mundial da Saúde (OMS), os Coidados Paliativos defínense como:
“O coidado activo total dos enfermos cuxa enfermidade non responde ao tratamento curativo”
A Sociedade Española de Coidados Paliativos (SECPAL) defíneos como:
“un tipo especial de coidados deseñados para proporcionar benestar ou confort e soporte aos pacientes e as súas familias nas fases finais dunha enfermidade terminal”.
Os coidados paliativos pretenden dar soporte emocional e espiritual ademais de tentar que o paciente pase os seus últimos días libre de dor, cos síntomas da súa enfermidade baixo control.
Non aceleran nin deteñen o proceso da morte.
Reafirman a importancia da vida, considerando a morte algo normal.
Proporcionan sistemas de apoio para que avida sexa o máis activa posíbel.
A tríada básica dos CP
Comunicación eficaz.
Control dos síntomas.
Apoio á familia.
Que define a enfermidade terminal?
Presencia dunha enfermidade terminal avanzada, progresiva e incurabel.
Falta de posibilidades razonabeis de resposta ao tratamento específico.
Presencia de numerosos problemas ou síntomas intensos, múltiples, multifactoriais e cambiantes.
Grande impacto emocional no paciente, familia e equipa terapéutica, moi relacionado coa presencia, explícita ou non, da morte.
Pronóstico de vida inferior a seis meses.
Certos profesionaisCicely Saunders (pioneira na visión dos CP)
Consideran que o importante é tratar o paciente até as últimas consecuencias.
Defendía que na fase terminal o deterioro e impacto que ha sufrir o enfermo, o obxetivo debe cambiar e ser substituído polo coidado como única meta.
Visións dos CP
Cicely Saunders
fundadora do movimento dos hospices, como acabamos de ver, defendía o coidado coma única meta. Ese coidado debe virar cara proporcionar confort ao enfermo e familia. Porque nesta fase, cada acción positiva realizada sobre un deles é tomada como algo tamén positivo polo outro.
A equipa sanitaria debe transformarse em equipa coidadora. O coidado como medio e a calidade de vida e o confort como finalidade son os obxectivos que debemos ter os coidadores durante a fase final da vida, tal como promulgou o Subcomité Europeo de Coidados Paliativos da CEE, o 5 de maio de 1991, ao definir os coidados paliativos.
Principais obxectivos da enfermeira na atención a pacientes en fase terminal.
Proporcionar os coidados de Enfermaría que o paciente terminal precise, conseguindo a maior calidade de vida para el e os seus achegados.
Valorar as alteracións na calidade de vida provocadas pola enfermidade e o seu tratamento, procurando o maior equilibrio físico, psíquico e ambiental do enfermo.
Aconsellar e educar á familia e ao paciente sobre a dieta, medicamentos, hixiene, cambios posturais… Axudándoos a previr e sobrelevar os momentos de crise.
A enfermeira terá que saber identificar os síntomas que o paciente perciva como ameazas.
Potenciar os propios recursos do enfermo.Ter conta da adaptación de do estado anímico
do paciente.Escoitar, o contacto físico e sensibilizarnos
cos probemas do paciente e as súas preocupacións.
A atención debe ser integral, coidando as necesidades físicas, emocionais, sociais e espirituais. Necesitan coidados de confort, que requiren dunha determinada actitude
persoal, á vez que o desenrolo dun maior equilibrio e madurez.