PRESENTACIÓN DE ESCRITOS, EXPEDICIÓN DE COPIAS E … · solicitudes, escritos e comunicacións e...

24
387 § 11 PRESENTACIÓN DE ESCRITOS, EXPEDICIÓN DE COPIAS E RÉXIME DAS OFICINAS DE REXISTRO DA ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO § 11 REAL DECRETO 772/1999, DO 7 DE MAIO  (ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS), POLO QUE  SE REGULA A PRESENTACIÓN DE SOLICITU- DES, ESCRITOS E COMUNICACIÓNS ANTE A  ADMINISTRACIÓN XERAL DO ESTADO, A  EXPEDICIÓN DE COPIAS DE DOCUMENTOS E  DEVOLUCIÓN DE ORIXINAIS E O RÉXIME DAS  OFICINAS DE REXISTRO («BOE» número 122, do 22 de maio de 1999). A achega máis transcendental e positiva da Lei 30/1992,  do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións  públicas e do procedemento administrativo común (LRX- PAC) é –como con rara unanimidade se recoñeceu en todos  os ámbitos– a consagración dunha serie de dereitos do cida- dán nas súas relacións coas administracións públicas, que se  reflicten no propio texto legal. Entre tales dereitos destaca, pola súa importancia, o reco- ñecido no artigo 35.c) da citada lei en canto faculta os cida- dáns «a obteren copia selada dos documentos que presenten,  achegándoa xunto cos orixinais, así como á devolución des- tes, agás cando os orixinais deban constar no procedemento».  A iso débeselle engadir a previsión que efectúa o artigo 70 

Transcript of PRESENTACIÓN DE ESCRITOS, EXPEDICIÓN DE COPIAS E … · solicitudes, escritos e comunicacións e...

387

§ 11

PRESENTACIÓN DE ESCRITOS, EXPEDICIÓN DE COPIAS E RÉXIME DAS OFICINAS DE REXISTRO DA ADMINISTRACIÓN XERAL

DO ESTADO

§ 11     REAL  DECRETO  772/1999,  DO  7  DE  MAIO (ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS), POLO QUE SE REGULA A PRESENTACIÓN DE SOLICITU-DES, ESCRITOS E COMUNICACIÓNS ANTE A ADMINISTRACIÓN  XERAL  DO  ESTADO, A EXPEDICIÓN DE COPIAS DE DOCUMENTOS E DEVOLUCIÓN DE ORIXINAIS E O RÉXIME DAS 

OFICINAS DE REXISTRO(«BOE» número 122, do 22 de maio de 1999).

A achega máis transcendental e positiva da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC) é –como con rara unanimidade se recoñeceu en todos os ámbitos– a consagración dunha serie de dereitos do cida-dán nas súas relacións coas administracións públicas, que se reflicten no propio texto legal.

Entre tales dereitos destaca, pola súa importancia, o reco-ñecido no artigo 35.c) da citada lei en canto faculta os cida-dáns «a obteren copia selada dos documentos que presenten, achegándoa xunto cos orixinais, así como á devolución des-tes, agás cando os orixinais deban constar no procedemento». A iso débeselle engadir a previsión que efectúa o artigo 70 

388

§ 11 acerca da expedición polas administracións de recibos das solicitudes, escritos e comunicacións presentados polos cida-dáns e a posibilidade, consagrada polo artigo 46, de que os órganos que regulamentariamente teñan atribuída tal compe-tencia en cada Administración pública expidan copias autén-ticas de documentos públicos e privados, o que constitúe unha das novidades máis salientables da Lei 30/1992. Todas estas previsións, xunto coa nova regulación dos lugares de presentación de documentos no artigo 38, configuran os pia-res básicos do marco no que se deberá desenvolver en boa medida a participación dos cidadáns na tramitación dos pro-cedementos  e  actuacións  da Administración  que  lles atinxen.

Precisamente este último precepto foi obxecto dunha importante modificación operada pola recente Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de modificación da Lei 30/1992, que intro-duce no texto un novo punto 5 no que, por unha parte se dispón expresamente que as copias de documentos que se deban efectuar para satisfacer os dereitos recoñecidos aos cidadáns no artigo 35.c) deberán ser expedidos non só polos rexistros dos órganos administrativos aos que se dirixan, senón tamén polos de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado, á de calquera Administración das comunidades autónomas ou á dalgunha das entidades que integran a Administración local se, neste último caso, se subscribise o oportuno convenio; e, por outro lado, distínguense con claridade dous supostos substancial-mente diferentes: a emisión de copias de documentos que se lle deben remitir ao órgano destinatario xunto coa solicitude, escrito ou comunicación ao que se xuntan, devolvéndoselle o orixinal ao cidadán e a daquelas que, pola contra, se lle deben entregar a este, cando o orixinal deba constar no procede-mento.

É clara a importancia que reviste a puntualización e clari-ficación dos aspectos que se acaban de citar, co fin de conse-guir unha verdadeira transformación da posición do cidadán nas súas relacións coa Administración pública. Pero, ade-mais, a necesidade da norma que se promulga resulta indis-cutible á luz das múltiples queixas e suxestións presentadas ao abeiro do Real decreto 208/1996, do 9 de febreiro, polo 

389

que se regulan os servizos de información administrativa e de atención ao cidadán, e que non son senón reprodución das que nos últimos anos se dirixiron ao Defensor do Pobo vén-dose reflectidas nos sucesivos informes da dita institución ás Cortes Xerais. Tales queixas e reclamacións obedecen ás dis-funcións que unha deficiente comprensión dos mencionados preceptos legais –en certa medida debida á súa relativa escu-ridade– provocou no funcionamento das administracións. Por outra parte, a dita necesidade vese acreditada polo feito de que nos últimos tempos vén proliferando a subscrición, ao abeiro do artigo 38.4.b) da Lei 30/1992, de convenios con entidades locais e coas comunidades autónomas que avanzan na construción do sistema global e intercomunicado de rexis-tros que pretende a citada lei.

Por iso, este real decreto desenvolve os artigos 35.c), 38, 46 e 70.3 da Lei 30/1992 e aborda, aínda que exclusivamente no ámbito propio da Administración xeral do Estado, os res-tantes aspectos mencionados que instauran un sistema carac-terizado polas seguintes notas:

a)  A ampliación dos lugares de presentación de solici-tudes, escritos e comunicacións. A Lei 30/1992 habilita os cidadáns a presentalos en todos os rexistros de calquera órgano administrativo que pertenza á Administración xeral do Estado ou a algunha das administracións das comunida-des  autónomas,  con  independencia  da Administración pública e do órgano ou entidade ao que se dirixen. Tamén os rexistros das entidades que integran a Administración local poden servir como lugares de presentación de comunicacións dirixidas a outra Administración sempre que previamente subscribisen un convenio para o efecto.

b)  Presentación de solicitudes, escritos e comunica-cións dirixidos  á Administración. Para  estes  efectos,  o artigo 70 da LRX-PAC recoñécelles aos cidadáns o dereito a que se lles expida un «recibo acreditativo da data de presen-tación, admitíndose como tal unha copia na que figure a data de presentación anotada». Refírese exclusivamente a solici-tudes, escritos e comunicacións, e non aos documentos que se xunten a estas. Neste real decreto recóllese no capítulo II.

§ 11

390

§ 11 c)  Achega de documentos orixinais ao expediente. O capítulo III recolle en primeiro lugar a innovación introdu-cida na primeira parte da alínea c) do artigo 35, ao recoñecer o dereito «a obter copia selada dos documentos que presen-ten, achegándoa xunto cos orixinais». O lexislador soluciona unha lagoa da anterior normativa: cando o cidadán –por razón da regulación procedemental específica– debía ache-gar documentos orixinais xunto coa súa solicitude, non tiña ningunha constancia nin acreditación de que tales documen-tos foran entregados e estaban en poder da Administración. Conforme a Lei 30/1992, o cidadán ten dereito a quedar cunha copia selada de tales documentos, que lle permita acreditar a razón da non tenza do documento entregado e facilite o exercicio de dereitos como o da non presentación dos  documentos  que  xa  lle  achegase  á Administración actuante.

d)  Expedición de copias compulsadas dos documentos orixinais. A segunda parte do parágrafo c) do artigo 35 reco-ñece o dereito á devolución dos documentos orixinais salvo cando deban constar no procedemento. No suposto de que a norma procedemental non exixa a achega de documentos orixinais, débese proceder ao cotexo de orixinal e copia e á devolución do orixinal ao cidadán; a copia compulsada que-dará incorporada á correspondente solicitude, escrito ou comunicación. Esta materia abórdase igualmente no capí-tulo III.

e)  Copias auténticas de documentos públicos. Final-mente, o artigo 46 establece unha figura totalmente novi-dosa: as copias auténticas, distintas das anteriores pola súa función certificante, e a súa independencia con respecto á presentación de solicitudes, escritos e comunicacións. O capítulo III finaliza abordando parcialmente a súa regula-ción, exclusivamente polo que se refire á emisión de copias auténticas de documentos públicos administrativos. Queda, pola contra, fóra dos contidos normativos deste real decreto o desenvolvemento dos aspectos referidos á expedición de copias auténticas de documentos privados, por exceder esta cuestión dos obxectivos propios da norma.

391

§ 11Abórdanse, ademais, no capítulo IV, as cuestións referi-das á presentación de solicitudes redactadas en linguas ofi-ciais  distintas  do  castelán  e  á  emisión  de  copias  de documentos igualmente redactados nas ditas linguas, como complemento necesario da regulación anterior.

Finalmente, o real decreto establece, no seu capítulo V e nas súas disposicións adicionais, o réxime básico de funcio-namento dos rexistros da Administración xeral do Estado, declarando en primeiro lugar que tales unidades reúnen o carácter de órganos administrativos ao abeiro do disposto na Lei 6/1997, do 14 de abril, de organización e funcionamento da Administración xeral do Estado, e establecendo a conti-nuación regras relativas á creación, modificación e extinción das oficinas rexistrais; á distinción entre rexistros xerais e auxiliares; ás funcións duns e outros en canto á recepción de solicitudes, escritos e comunicacións e á expedición de reci-bos de presentación dos ditos documentos e das copias dos demais que sexan achegados polos cidadáns; ao réxime de días e horarios de apertura; á publicación anual dunha rela-ción das oficinas de rexistro da Administración xeral do Estado e dos seus organismos públicos, e ao establecemento dun sistema de codificación unificada das ditas oficinas que faga posible a súa interconexión informática, así como ás oficinas de rexistro que poidan existir en entidades de dereito público.

En definitiva, o real decreto que se promulga ten como obxectivo mellorar e facilitar as relacións dos cidadáns coa Administración xeral do Estado, o que é tanto como promover unha maior calidade e eficacia da actividade administrativa.

Na súa virtude, por proposta do ministro de Administra-cións Públicas, de acordo co dictame do Consello de Estado e  logo de deliberación do Consello de Ministros na súa reunión do día 7 de maio de 1999, dispoño:

CAPÍTULO PRIMEIRO

Disposicións de carácter xeral

Artigo 1.  Obxecto e ámbito de aplicación.–Este real decreto, en desenvolvemento dos artigos 35.c), 38, 46 e 70.3 

392

§ 11 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común,  regula,  no  ámbito  da Administración  xeral  do Estado:

a)  A presentación polos cidadáns de solicitudes, escri-tos e comunicacións, así como dos documentos que se lles xunten, dirixidos ás administracións públicas.

b) O exercicio polos cidadáns dos seus dereitos á obten-ción dun recibo das solicitudes, escritos e comunicacións que dirixan ás administracións públicas; á expedición pola Administración xeral do Estado de copias seladas dos docu-mentos orixinais que acheguen e deban constar no procede-mento, así como á devolución dos documentos orixinais, logo de compulsa das súas copias, cando aqueles non deban constar no procedemento.

c)  A expedición de copias auténticas dos documentos públicos administrativos.

d)  O réxime das oficinas de rexistro.

Este real decreto non é de aplicación á expedición de copias auténticas de documentos privados e de documentos públicos non administrativos, que se rexerá pola correspon-dente normativa que sexa de aplicación.

CAPÍTULO II

Presentación de solicitudes, escritos e comunica-cións

Art. 2.  Lugares de presentación.–1. Os cidadáns teñen dereito a presentar as solicitudes, escritos e comunicacións que dirixan aos órganos de calquera Administración pública ou das entidades de dereito público vinculadas ou dependen-tes delas, así como a documentación complementaria que xunten a aqueles, en calquera dos seguintes lugares do ámbito da Administración xeral do Estado:

a)  Nas oficinas de rexistro do órgano administrativo ao que se dirixan.

393

§ 11b)  Nas oficinas de rexistro de calquera órgano adminis-trativo pertencente á Administración xeral do Estado, ou dos organismos públicos vinculados ou dependentes daquela.

c)  Nas oficinas de correos, na forma establecida regula-mentariamente.

d)  Nas representacións diplomáticas e oficinas consula-res de España no estranxeiro.

e)  En calquera outro que establezan as disposicións vixentes.

2.  Así mesmo, os cidadáns poden presentar solicitudes, escritos e comunicacións dirixidos á Administración xeral do Estado e aos seus organismos públicos nos seguintes lugares:

a)  Nos rexistros das administracións das comunidades autónomas.

b)  Nos rexistros das entidades que integran a Adminis-tración  local;  sempre que previamente  se  subscribise o correspondente convenio (1).

Art. 3.  Medios de presentación.–1. A presentación de solicitudes, escritos, comunicacións e documentos en cal-quera dos lugares previstos no punto 1 do artigo anterior poderase efectuar polos seguintes medios:

a) En soporte papel.b) Por medios informáticos, electrónicos ou telemáti-

cos, de acordo co previsto no Real decreto 263/1996, do 16 de febreiro, polo que se regula a utilización de técnicas elec-trónicas, informáticas e telemáticas na Administración xeral do Estado (2).

2.  Nas oficinas de rexistro ás que se refire o artigo 2.1.a) e b) porase á disposición daquelas persoas que pretendan a presentación simultánea dun número superior a 10 solicitu-

 (1)  Véxase  o  artigo  38.4  da  Lei  30/1992,  do  26  de  novembro,  de  réxime xurídico  das  administracións  públicas  e  do  procedemento  administrativo  común (§ 1), e as súas notas.

 (2)  Publicado  no  «Boletín  Oficial  del  Estado»  núm.  52,  do  29  de  febreiro de 1996  e  modificado  polo  Real  decreto  209/2003,  do  21  de  febreiro  («BOE» núm. 51, do 28 de febreiro).

394

§ 11 des, escritos ou comunicacións un modelo para que relacio-nen aquelas, numerándoas e especificando a identidade dos interesados, os órganos destinatarios, así como un extracto dos contidos.

Art. 4.  Efectos da presentación.–1.  A data de entrada das solicitudes, escritos e comunicacións dirixidos á Admi-nistración xeral do Estado e aos seus organismos públicos nos lugares previstos no artigo 2 deste real decreto producirá efectos, se é o caso, en canto ao cumprimento dos prazos dos cidadáns.

2.  A data de entrada das solicitudes, escritos e comuni-cacións ás que se refire o punto anterior nas oficinas de rexis-tro do órgano competente para a súa tramitación producirá como efecto o inicio do cómputo dos prazos que teña que cumprir a Administración e, en particular, do prazo máximo para notificar a resolución expresa (3).

A este respecto, no ámbito dos departamentos ministe-riais enténdese por rexistro do órgano competente para a tra-mitación  calquera  dos  pertencentes  ao  departamento competente para iniciar aquela, coa excepción dos corres-pondentes aos seus organismos públicos.

Non obstante, nos procedementos iniciados por solicitude do interesado a tramitación e resolución dos cales correspon-dan a órganos integrados no órgano central do Ministerio de Defensa, Estado Maior da Defensa e cuarteis xerais dos exér-citos, o prazo para resolver e notificar contarase desde a data en que a solicitude tivese entrada nos rexistros dos citados órganos.

Art. 5.  Modelos e sistemas normalizados de solicitude. 1.  Cando se considere conveniente para facilitarlles aos cidadáns a achega dos datos e informacións requiridos ou para simplificar a tramitación do correspondente procede-mento, o órgano competente para a súa instrución ou resolu-ción poderá establecer modelos normalizados de solicitude. En todo caso, deberanse establecer tales modelos cando con-corra a circunstancia sinalada no artigo 70.4 da Lei 30/1992, 

 (3)  Véxase o artigo 42.2 e 3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (§1).

395

§ 11do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2.  Os modelos aos que se refire o punto anterior pode-ranse integrar en sistemas normalizados de solicitude que permitan a transmisión por medios telemáticos dos datos e informacións requiridos sempre que se garanta o cumpri-mento dos requisitos recollidos no artigo 45 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no Real decreto 263/1996, do 16 de febreiro, polo que se regula a utilización de técnicas electrónicas, informáticas e telemáti-cas na Administración xeral do Estado. Os sistemas normali-zados de solicitude deberán ser establecidos por orde do titular do ministerio correspondente, logo de informe favora-ble do Ministerio de Administracións Públicas (4).

Art. 6.  Recibos de presentación.–1.  A expedición dos recibos acreditativos da data de presentación de calquera solicitude, escrito ou comunicación, aos que se refire o artigo 70.3 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, nos lugares sinalados no artigo 2.1 deste real decreto, efectuarase no mesmo momento da pre-sentación da solicitude, escrito ou comunicación.

2.  Cando a solicitude, escrito ou comunicación estea en soporte papel e a presentación a efectúe o cidadán ou o seu representante xuntando unha copia, o recibo consistirá na mencionada copia na que se fará constar o lugar de presenta-ción, así como a data. Neste suposto, o órgano competente para expedir o recibo deberá verificar a exacta concordancia entre o contido da solicitude, escrito ou comunicación orixi-nal e o da súa copia.

Se o cidadán ou o seu representante non a achegase, o órgano competente poderá optar por realizar unha copia da solicitude, escrito ou comunicación con iguais requisitos que os sinalados no parágrafo anterior ou pola expedición dun recibo no que, ademais, consten o remitente, o órgano desti-

 (4)  Véxanse os artigos 7 a 9 do Real decreto 1465/1999, do 17 de setembro (§ 17).

396

§ 11 natario e un extracto do contido da solicitude, escrito ou comunicación.

3.  Cando  nos  supostos  previstos  no  Real  decre- to 263/1996, do 16 de febreiro, polo que se regula a utiliza-ción de técnicas electrónicas, informáticas e telemáticas na Administración xeral do Estado, o cidadán efectúe a presen-tación a través de soportes, medios ou aplicacións informáti-cas, electrónicas ou  telemáticas, o recibo expedirase de acordo coas características do soporte, medio ou aplicación, e deberá reunir os requisitos expresados nos puntos anterio-res (5).

CAPÍTULO III

Expedición de copias de documentos

Art. 7.  Achega de documentos orixinais ao procede-mento.–1.  Cando as normas reguladoras do correspondente procedemento ou actuación administrativa requiran a achega de documentos orixinais polos cidadáns, estes terán dereito á expedición polas oficinas de rexistro dunha copia selada do documento orixinal no momento da súa presentación. As ofi-cinas de rexistro non estarán obrigadas a expedir copias sela-das  de  documentos  orixinais  que  non  se  acheguen  ás solicitudes, escritos ou comunicacións presentados polo cidadán.

2.  Para o exercicio deste dereito o cidadán achegará, xunto co documento orixinal, unha copia del. A oficina de rexistro cotexará a copia e o documento orixinal, compro-bando a identidade dos seus contidos, unirá o documento orixinal á solicitude, escrito ou comunicación ao que se xunte para a súa remisión ao órgano destinatario, e entrega-ralle a copia ao cidadán, unha vez dilixenciada cun selo no que consten os seguintes datos:

a) Data de entrega do documento orixinal e lugar de presentación.

 (5)  Véxase  o  artigo  45.5  da  Lei  de  réxime  xurídico  das  administracións públicas e do procedemento administrativo común (§ 1).

397

§ 11b) Órgano destinatario do documento orixinal e extracto do obxecto do procedemento ou actuación para a tramitación do cal se achega.

A oficina de rexistro levará un rexistro expresivo das copias seladas que expida, no que anotará os datos sinalados no parágrafo anterior.

3.  A copia selada acreditará que o documento orixinal se encontra en poder da Administración correspondente, e será válida para os efectos do exercicio polo cidadán do dereito recoñecido no artigo 35.f) da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, así como para solicitar, se é o caso, a devolución do documento orixinal unha vez finalizado o procedemento ou actuación ou de acordo co que dispoña a normativa de aplicación.

A copia selada será entregada á Administración corres-pondente no momento en que o documento orixinal lle sexa devolto ao interesado. Se se producise a perda ou destrución accidental da copia, a súa entrega substituirase por unha declaración achegada polo cidadán na que expoña por escrito a circunstancia producida.

Art. 8.  Achega de copias compulsadas ao procede-mento.–1.  Cando as normas reguladoras dun procedemento ou actividade administrativa requiran a achega de copias compulsadas ou cotexadas de documentos orixinais, o cida-dán poderá exercer o seu dereito á inmediata devolución des-tes últimos polas oficinas de rexistro nas que se presente a solicitude, escrito ou comunicación aos que se deba achegar a copia compulsada, con independencia do órgano, entidade ou Administración destinataria. As oficinas de rexistro non estarán obrigadas a compulsar copias de documentos orixi-nais cando as ditas copias non se xunten a solicitudes, escri-tos ou comunicacións presentados polo cidadán.

2.  Para o exercicio deste dereito o cidadán achegará, xunto co documento orixinal, unha copia del. A oficina de rexistro realizará o cotexo dos documentos e copias, com-probando a identidade dos seus contidos; devolveralle o documento orixinal ao cidadán e unirá a copia, unha vez 

398

§ 11 dilixenciada cun selo ou acreditación de compulsa, á solici-tude, escrito ou comunicación aos que se xunte para a súa remisión ao destinatario.

O selo ou acreditación de compulsa expresará a data en que se practicou así como a identificación do órgano e da persoa que expiden a copia compulsada.

3.  A copia compulsada  terá a mesma validez que o orixinal no procedemento concreto de que se trate, sen que en ningún caso acredite a autenticidade do documento orixi-nal.

Art. 9.  Copias auténticas de documentos públicos administrativos.–1.  Os cidadáns poderán, en calquera momento, solicitar a expedición de copias auténticas dos documentos públicos administrativos que fosen valida-mente emitidos polos órganos da Administración xeral do Estado e polos organismos públicos vinculados ou depen-dentes dela.

As copias auténticas dos documentos públicos adminis-trativos teñen a mesma validez e eficacia que estes, e produ-cen idénticos efectos fronte ás administracións públicas e fronte aos interesados (6).

2.  A expedición solicitaráselle ao órgano administrativo ou ao organismo público que emitiu o documento orixinal. O dito órgano expedirá a copia logo de comprobación nos seus arquivos da existencia do orixinal ou dos datos contidos nel.

No suposto de que, polo tempo transcorrido, o documento orixinal ou os datos contidos nel constasen nun arquivo xeral, histórico e organismo similar, a solicitude será cursada ao correspondente arquivo para a expedición, de ser o caso, da copia auténtica (7).

A copia auténtica poderá consistir na transcrición íntegra do contido do documento orixinal ou nunha copia realizada por calquera medio informático, electrónico ou telemático. En ambos os casos figurará a acreditación da autenticidade 

 (6)  Véxase o artigo 46.1 e 2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (§ 1). (7)  Véxase  o  artigo  57  da  Lei  16/1985,  do  25  de  xuño  («BOE»  núm. 155, 

do 29 de xuño; corrección de erros no «BOE» núm. 296, do 11 de decembro), do patrimonio histórico español.

399

§ 11da copia identificando o órgano, arquivo e organismo que a expide, e a persoa responsable de tal expedición.

3.  A copia auténtica daqueles documentos que conte-ñan datos nominativos poderá ser solicitada polos titulares de tales datos ou por terceiros que acrediten un interese lexí-timo na súa obtención. Cando o documento conteña datos persoais que puidesen afectar a intimidade dos titulares, a copia só poderá ser solicitada por estes. Se os datos contidos no documento afectasen tamén a intimidade de persoas dife-rentes do solicitante, só se expedirá a copia logo de consenti-mento dos restantes afectados (8).

4.  A solicitude poderá ser denegada por  resolución motivada que porá fin á vía administrativa, cando concorran razóns de protección do interese público ou de protección de intereses de terceiros, cando así o dispoña unha norma legal ou regulamentaria e, en todo caso, nos seguintes supostos:

a) Inexistencia ou perda do documento orixinal ou dos datos contidos nel.

b) Copias de documentos emitidos no curso da investi-gación sobre delitos, cando a expedición da copia puidese pór en perigo a protección dos dereitos e liberdades de ter-ceiros ou as necesidades das investigacións que se estean a realizar.

c) Copias de documentos que conteñan información sobre a defensa nacional ou a seguridade do Estado.

d) Copias de documentos que conteñan información sobre as actuacións do Goberno da Nación no exercicio das súas competencias constitucionais non suxeitas ao dereito administrativo.

e) Copias de documentos que conteñan información sobre materias protexidas polo segredo comercial ou indus-trial, así como relativa a actuacións administrativas derivadas da política monetaria.

f) Copias de documentos que conteñan datos sanitarios persoais, naqueles casos en que as disposicións específicas que os rexen impidan exercer o dereito de acceso (9).

 (8)  Véxanse os artigos 37.2 e 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (§ 1). (9)  Véxase o artigo 37.4, 5 e 8 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (§ 1).

400

§ 11 5.  No prazo máximo dun mes contado desde a recep-ción da solicitude deberanse expedir as copias auténticas ou notificar a resolución que as denegue.

6.  A expedición de copias auténticas de documentos que consten no Rexistro Civil, Mercantil, da Propiedade, de Venda a Prazos de Bens Mobles, de Hipoteca Mobiliaria e Peñor sen Desprazamento, de Condicións Xerais da Contra-tación, da Propiedade Intelectual, Central de Penados e Rebeldes, da Oficina Española de Patentes e Marcas, así como nos arquivos sometidos á normativa sobre materias clasificadas, rexerase polas disposicións específicas regula-doras dos ditos rexistros.

CAPÍTULO IV

Comunicacións e documentos en linguas cooficiais

Art. 10.  Solicitudes, escritos, comunicacións e docu-mentos en linguas cooficiais.–1.  As solicitudes, escritos e comunicacións dirixidos a órganos radicados no ámbito territorial dunha comunidade autónoma con lingua cooficial poderán estar redactados na dita lingua ou en castelán (10); en ambos os casos debe ser admitida a súa presentación en calquera oficina de rexistro da Administración xeral do Estado e dos seus organismos públicos. Cando a oficina de rexistro en que se presenten estea situada fóra do ámbito territorial de vixencia da lingua cooficial, expedirase en todo caso unha copia da solicitude, escrito ou comunicación como recibo acreditativo da súa presentación de acordo co disposto no artigo 6 deste real decreto.

2.  Para a expedición de copias seladas ou compulsadas de documentos redactados en linguas cooficiais, achegados ou presentados xunto cunha solicitude, escrito ou comunica-ción, as oficinas de rexistro situadas fóra do ámbito territo-rial de vixencia da lingua cooficial realizarán sempre a copia cos seus propios medios.

 (10)  Sobre o uso das diferentes linguas españolas nas relacións dos cidadáns coa Administración, véxase o artigo 36 da Lei 30/1992, do 26 de novembro (§ 1), e a súa nota.

401

§ 11CAPÍTULO V

Oficinas de rexistro

Art. 11.  Consideración como órganos administrativos. 1.  As oficinas de  rexistro da Administración xeral do Estado son unidades administrativas que, de acordo co dis-posto no artigo 5.2 da Lei 6/1997, do 14 de abril, de organi-zación  e  funcionamento  da  Administración  xeral  do Estado (11), teñen a consideración de órgano administrativo por teren atribuídas funcións con efectos xurídicos fronte a terceiros.

2.  A súa creación, modificación ou supresión efectua-rase de acordo coas  regras establecidas no artigo 67 da Lei 6/1997, de organización e funcionamento da Administra-ción xeral do Estado.

As oficinas de rexistro das delegacións e subdelegacións do Goberno e dos  servizos  territoriais  integrados nelas créanse, modifícanse ou suprímense por orde do ministro de Administracións Públicas.

3.  Nas ordes de creación, modificación ou supresión expresarase o carácter xeral ou auxiliar da correspondente oficina de rexistro.

4.  A creación, modificación ou supresión de oficinas de rexistro dos organismos públicos efectuarase de conformi-dade co que dispoñan as súas normas reguladoras.

Art. 12.  Oficinas de rexistro xerais e auxiliares. 1.  Teñen a consideración de oficina de rexistro xeral aque-las que exercen funcións de recepción e remisión de solicitu-des, escritos e comunicacións para un ou varios órganos administrativos. Todo órgano administrativo terá asignada unha única oficina de rexistro xeral, sen prexuízo de que esta teña tal carácter para varios órganos administrativos.

2.  Teñen a consideración de oficinas de rexistro auxilia-res aquelas que, exercendo idénticas funcións e para os mes-mos órganos administrativos que a oficina de rexistro xeral, se encontran situadas en dependencias diferentes daquela. 

 (11)  Figura como § 2.

402

§ 11 De cada oficina de rexistro xeral poderán depender varias oficinas de rexistro auxiliares.

3.  As oficinas de rexistro auxiliares remitiranlle copia da totalidade dos asentos que practiquen á correspondente oficina de rexistro xeral, sendo esta última a que exerce as funcións de  constancia  e  certificación nos  supostos de litixios, discrepancias ou dúbidas acerca da recepción ou remisión de solicitudes, escritos e comunicacións.

4.  A instalación en soporte informático das oficinas de rexistro garantirá a plena interconexión e integración das de carácter xeral e as respectivas oficinas de carácter auxiliar, establecendo unha única numeración correlativa dos asentos en función da orde temporal de recepción ou saída. No caso de que a numeración dos rexistros auxiliares e do rexistro xeral non sexa única, a xerada por aqueles levará incorpo-rado o código da oficina de rexistro auxiliar. En todo caso, os asentos incluirán a data, expresada con oito díxitos para o día, mes e ano; e a hora, expresada con seis díxitos para a hora, minutos e segundos, ademais dos restantes datos espe-cificados no artigo 38.3 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra-tivo común.

Art. 13.  Funcións das oficinas de rexistro.–As oficinas de rexistro, tanto de carácter xeral como de carácter auxiliar, desenvolven as seguintes funcións:

a) A recepción de solicitudes, escritos e comunicacións dirixidos a calquera órgano ou entidade de calquera Admi-nistración pública, de conformidade co disposto nos artigos 2 e 3 deste real decreto.

b) A expedición de recibos da presentación de solicitu-des, escritos e comunicacións, de acordo co disposto no artigo 6 deste real decreto.

c) A anotación de asentos de entrada ou saída das soli-citudes, escritos e comunicacións, de acordo co disposto nos puntos 2 e 3 do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novem-bro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

d) A remisión de solicitudes, escritos e comunicacións ás persoas, órganos ou unidades destinatarias, de acordo co 

403

§ 11disposto no punto 2 do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

e) A expedición de copias seladas dos documentos orixinais que os cidadáns deban achegar xunto cunha solici-tude, escrito ou comunicación; así como o rexistro da dita expedición; todo iso de conformidade co disposto no artigo 7 deste real decreto.

f) A realización de cotexos e a expedición de copias compulsadas de documentos orixinais achegados polos inte-resados,  segundo  o  establecido  no  artigo  8  deste  real decreto.

g) Calquera outra que se lles atribúa legal ou regula-mentariamente. 

CAPÍTULO VI

Rexistros telemáticos (12)

Art. 14. Creación de rexistros telemáticos.–1.  A crea-ción de rexistros  telemáticos efectuarase mediante orde ministerial ou, no caso de organismos públicos, mediante a disposición que prevexa a súa correspondente normativa reguladora. En todo caso, as disposicións de creación de rexistros telemáticos serán publicadas no «Boletín Oficial del Estado» e o seu texto íntegro deberá estar permanente-mente dispoñible para consulta no enderezo electrónico ao que deba accederse para presentar solicitudes, escritos ou comunicacións.

2.  As disposicións de creación de rexistros telemáticos terán o seguinte contido mínimo: 

a)  Indicación do enderezo ou enderezos electrónicos ou telemáticos nos que pode accederse ao rexistro.

b)  Requisitos  técnicos  mínimos  necesarios  para  o acceso e a utilización do rexistro.

 (12)  Capítulo  engadido  polo  Real  decreto  209/2003,  do  21  de  febreiro («BOE» núm. 51, do 28 de febreiro), polo que se regulan os rexistros e as notificacións telemáticas,  así  como  a  utilización  de  medios  telemáticos  para  a  substitución  da achega de certificados polos cidadáns.

404

§ 11 c)  Sistema ou sistemas de sinatura electrónica recoñe-cidos polo rexistro para a identificación do usuario e a admi-sión da solicitude, escrito ou comunicación.

d)  Identificación orgánica do responsable de seguridade do rexistro e a indicación da dispoñibilidade para consulta dun resumo dos protocolos de seguridade do rexistro e das transaccións telemáticas.

e)  Especificación dos trámites e procedementos aos que se refiren as solicitudes, escritos e comunicacións que poden presentarse.

f)  Identificación do órgano competente para a aproba-ción e modificación da relación de solicitudes, escritos e comunicacións que poden presentarse no rexistro, nos ter-mos da alínea e).

g)  Indicación do calendario de días inhábiles, estatal, autonómico ou local, que rexe o rexistro, para os efectos da aplicación das regras de cómputo do artigo 18.a).

Art. 15.  Funcións dos rexistros telemáticos.–1.  Os órganos da Administración xeral do Estado, así como os organismos públicos vinculados ou dependentes daquela, poden crear rexistros telemáticos ao abeiro do artigo 38.9 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. A creación e funcionamento dos devanditos rexistros axustaranse ao disposto neste capítulo.

2.  Os rexistros telemáticos realizarán as seguintes fun-cións:

a)  A recepción e remisión de solicitudes, escritos e comunicacións relativas aos trámites e procedementos que se especifiquen na súa norma de creación e que sexa compe-tencia do órgano que creou o rexistro.

b)  A anotación dos correspondentes asentos de entrada e saída de acordo co disposto neste real decreto e nos pun-tos 2 e 3 do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procede-mento administrativo común.

En ningún caso realizarán funcións de expedición de copias seladas ou compulsadas dos documentos que, se é o 

405

§ 11caso, se transmitan xunto coa solicitude, escrito ou comuni-cación.

Art. 16.  Presentación de solicitudes, escritos e comu-nicacións en rexistros telemáticos.–1.  Os rexistros telemá-ticos deberán admitir a presentación por medios telemáticos de solicitudes, escritos e comunicacións relativos aos trámi-tes e procedementos que se especifiquen na súa norma de creación. No enderezo electrónico de acceso ao rexistro figu-rará a relación actualizada das solicitudes, escritos e comuni-cacións que poden presentarse naquel.

A devandita presentación terá carácter voluntario para os interesados, e será alternativa á utilización dos lugares sina-lados no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procede-mento administrativo común, coa excepción dos supostos considerados nunha norma con rango de lei.

2.  A recepción nun rexistro telemático de solicitudes, escritos e comunicacións que non estean incluídos na rela-ción a que se refire o punto anterior, ou que fosen presenta-dos por medios diferentes ao  telemático, non producirá ningún efecto. Nestes casos, arquivaranse, e teranse por non presentadas, comunicándollo así ao remitente.

3.  A presentación de solicitudes, escritos e comunica-cións en rexistros telemáticos terá idénticos efectos que a efectuada polos demais medios admitidos no artigo 38.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Art. 17.  Recepción.–1.  A presentación de solicitudes, escritos e comunicacións poderá realizarse nos rexistros tele-máticos durante as 24 horas de todos os días do ano. Os rexistros telemáticos rexeranse pola data e hora oficial espa-ñola, que deberá figurar visible no enderezo electrónico de acceso ao rexistro. A hora oficial, para os efectos do rexistro telemático, será a correspondente á península e o arquipé-lago balear, salvo que o rexistro teña como ámbito territorial a Comunidade Autónoma de Canarias, caso en que será a hora oficial correspondente ao arquipélago canario.

406

§ 11 2.  Só cando concorran razóns xustificadas de mante-mento  técnico ou operativo se poderá  interromper, polo tempo imprescindible, a recepción de solicitudes, escritos e comunicacións. A interrupción deberáselles anunciar aos potenciais usuarios do rexistro telemático coa antelación que, se é o caso, resulte posible. En supostos de interrupción non planificada no funcionamento do rexistro telemático, e sempre que sexa posible, o usuario visualizará unha mensaxe en que se comunique tal circunstancia.

3.  O rexistro telemático emitirá polo mesmo medio unha mensaxe de confirmación da recepción da solicitude, escrito ou comunicación na que constarán os datos propor-cionados polo interesado, xunto coa acreditación da data e hora en que se produciu a recepción e unha clave de identifi-cación da transmisión. A mensaxe de confirmación, que se configurará de forma que poida ser impresa ou arquivada informaticamente polo interesado e garanta a identidade do rexistro, terá o valor de recibo de presentación para os efec-tos do disposto no artigo 6.3 deste real decreto. O usuario deberá ser advertido de que a non recepción da mensaxe de confirmación ou, se é o caso, a recepción dunha mensaxe de indicación de erro ou deficiencia da transmisión implica que non se produciu a recepción, debendo realizarse a presenta-ción noutro momento ou utilizando outros medios.

Art. 18.  Cómputos.–A presentación de solicitudes, escritos e comunicacións nos rexistros telemáticos, a súa recepción, así como as remisións de escritos e comunica-cións por aqueles, rexerase para os efectos de cómputo dos prazos fixados en días hábiles polos seguintes criterios: 

a) Serán considerados días inhábiles para os rexistros telemáticos e para os usuarios destes só os así declarados para todo o territorio nacional no calendario anual de días inhábiles. Para aqueles rexistros telemáticos destinados á recepción de solicitudes, escritos e comunicacións referentes a trámites ou procedementos en que a instrución e resolución corresponda a órganos cunha competencia territorialmente delimitada a unha comunidade autónoma, provincia ou municipio, serán tamén inhábiles os así declarados no ámbito territorial correspondente.

407

§ 11b) A entrada das solicitudes, escritos e comunicacións recibidas nun día inhábil para o rexistro telemático entende-rase efectuada na primeira hora do primeiro día hábil seguinte. Para estes efectos, no asento da entrada inscribiranse como data e hora de presentación aquelas nas que se produciu efec-tivamente a recepción, constando como data e hora de entrada as cero horas e un segundo do primeiro día hábil seguinte.

c) Os rexistros telemáticos non realizarán nin anotarán saídas de escritos e comunicacións en días inhábiles. 

Disposicións adicionais

Primeira.  Días e horarios de apertura, relación e codi-ficación das oficinas de rexistro.–1. O réxime de días e hora-rios de apertura das oficinas de rexistro da Administración xeral do Estado e dos seus organismos públicos será estable-cido polo Ministerio de Administracións Públicas mediante resolución da Secretaría de Estado para a Administración Pública (13) que regulará, logo de audiencia dos departa-mentos ministeriais afectados, as especialidades precisas en relación cos organismos públicos dependentes deles. Non obstante o anterior, os subsecretarios dos departamentos ministeriais e os presidentes ou directores dos organismos públicos poderán establecer un réxime de atención horaria superior ao previsto na mencionada resolución (14).

2.  O Ministerio de Administracións Públicas manterá permanentemente  actualizada  e  publicará  anualmente, mediante resolución da Secretaría de Estado para a Adminis-tración Pública, a relación das oficinas de rexistro da Admi-nistración xeral do Estado e dos seus organismos públicos, na que figurarán os seus sistemas de acceso e comunicación e os horarios de funcionamento (15).

 (13)  Conforme  o  Real  decreto  562/2004,  do  19  de  abril  («BOE»  núm. 96,  de 20 de abril), polo que  se aproba a estrutura orgánica básica dos departamentos ministeriais, a Secretaría de Estado para a Administración Pública pasa a denominarse Secretaría Xeral para a Administración Pública.

 (14)  Véxanse  os  puntos  quinto  1,  sexto  1,  2  e  3  e  noveno  3  da  Resolución do 20 de decembro de 2005 que se reproduce en nota ao artigo 37 da Lei do 17 de xullo de 1958 (§ 5).

 (15)  Véxase a resolución do 4 de novembro de 2003 («BOE» núm. 286, do 29 de novembro), da Secretaría de Estado para a Administración Pública, pola que se fai 

408

§ 11 As oficinas de rexistro incluídas na relación identifica-ranse mediante un código, asignado de conformidade co sis-tema de codificación unificada que se estableza mediante resolución da Secretaría de Estado para a Administración Pública, co obxecto de posibilitar a transmisión telemática dos asentos rexistrais e dos seus documentos asociados entre as ditas oficinas.

Na dita relación incluiranse, debidamente diferenciados, os rexistros telemáticos aos que se refire o capítulo VI deste real decreto (16).

3.  Os departamentos e organismos comunicaranlle ao Ministerio de Administracións Públicas os datos correspon-dentes ás súas oficinas de rexistro e as variacións que se pro-duzan nelas.

Segunda.  Oficinas de rexistro en entidades de dereito público.–As entidades públicas empresariais e o resto de entidades de dereito público que non teñan a consideración de organismo autónomo disporán de oficinas de rexistro cando, de acordo coa súa norma de creación, teñan atribuído o exercicio de potestades administrativas que requiran a exis-tencia dos ditos órganos. Neste suposto, as oficinas de rexis-tro rexeranse polo disposto neste real decreto.

Terceira.  Procedementos tributarios e procedementos instados ante misións diplomáticas e oficinas consulares. 1.  De acordo co establecido na disposición adicional quinta da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, os proce-dementos tributarios e a aplicación dos tributos rexeranse pola  súa normativa  específica  e,  supletoriamente,  pola Lei 30/1992 e este real decreto.

2.  De conformidade co establecido na disposición adi-cional décimo primeira da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administra-

pública a relación das oficinas de rexistro propias ou concertadas coa Administración xeral do Estado e os seus organismos públicos e se establecen os días e horarios de apertura.

 (16)  O  derradeiro  parágrafo  deste  número  2  foi  engadido  polo  Real  decre-to 209/2003, do 21 de febreiro («BOE» núm. 51, do 28 de febreiro).

409

§ 11tivo común, os procedementos  instados ante as misións diplomáticas e as oficinas consulares por cidadáns estranxei-ros non comunitarios rexeranse pola súa normativa especí-fica e, supletoriamente, por este real decreto.

Disposición transitoria

Única.  Unidades con funcións de rexistro existente.–Sen prexuízo do disposto nos artigos 11 e 12 deste real decreto, as unidades que desenvolven funcións de rexistro á súa entrada en vigor e que non fosen creadas de acordo co establecido nos artigos antes citados terán a consideración de oficinas de rexistro, e rexeranse polo disposto neste real decreto. No prazo de seis meses contados desde a entrada en vigor deste real decreto, os ministerios e organismos adopta-rán as disposicións precisas para regularizar a situación das ditas unidades.

Disposición derrogatoria

Única.  Derrogación normativa.–Quedan derrogadas todas as normas de igual ou inferior rango no que contradi-gan ou se opoñan ao disposto neste real decreto.

Disposición derradeira

Única.  Desenvolvemento e entrada en vigor.–1.  Auto-rízase o ministro de Administracións Públicas para ditar can-tas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento deste real decreto. Os subsecretarios dos distintos departamentos poderán ditar, no ámbito das súas respectivas competencias e con suxeición ao establecido neste real decreto e nas súas disposicións de desenvolvemento, as instrucións precisas para a súa aplicación.

2.  Este real decreto entrará en vigor dous meses despois da súa publicación no «Boletín Oficial del Estado».