Presentación O tempo made in ´Bueu

22
METEOESCOLAS “O TEMPO MADE IN BUEU CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU CURSO 2015-16 http://otempomadeinbueu.blogspot.com

Transcript of Presentación O tempo made in ´Bueu

Page 1: Presentación O tempo made in ´Bueu

METEOESCOLAS

“O TEMPO MADE IN BUEU”

CEIP PLURILINGÜE A PEDRA DE BUEU CURSO 2015-16

http://otempomadeinbueu.blogspot.com

Page 2: Presentación O tempo made in ´Bueu

QUE IMOS FACER NESTE PROXECTO?

Imos observar o tempo que fai en Bueu. Observaremos e

apuntaremos os días que vai sol, que chove, que está

nubrado que neva … e o seu carón colocaremos a icona

correspondente. O alumnado de educación

infantil elaborará debuxos

sobre o tempo que está a

facer en Bueu e estamparano

nun mural contando cantos

días houbo de sol, nubrado,

choiva ...

Page 3: Presentación O tempo made in ´Bueu

Na garita meteorolóxica

que colocamos no patio

do recreo están colocados

dous instrumentos que

nos van a axudar a tomar

outros datos.

Page 4: Presentación O tempo made in ´Bueu

Un termómetro que todos os días vai medir a temperatura máxima e mínima do día, é dicir, teremos a información do momento de máis calor e de máis frío do día.

Page 5: Presentación O tempo made in ´Bueu

Un pluviómetro: O pluviómetro é un aparello que recolle a cantidade de choiva que cae nun día, nun lugar determinado, no noso caso en Bueu. Conta cunha probeta con dúas gradacións: unha que indica o volume de auga recollida (cm3) e outra que indica a súa equivalencia en mm ou L/m2. A recollida de datos de temperatura e pluviosidade está organizada para que todos poidamos acudir a facela acompañados dos titores.

Page 6: Presentación O tempo made in ´Bueu

Outro dato que observaremos tamén é a fase na que se atopa a Lúa, o noso satélite.Todos esta información, que recolleremos diariamente, estará no taboleiro da entrada que poderedes consultar sempre que queirades.

Page 7: Presentación O tempo made in ´Bueu

Con todos estes datos recollidos: temperaturas máximas e mínimas, pluviosidade e os días de sol, nubrados ou de choiva elaboraremos gráficos de barras e climogramas, que nos darán unha información máis visual do tempo meteorolóxico de Bueu.

GRÁFICOS DE BARRAS DE TEMPERATURAS MÁXIMAS E MÍNIMAS

Page 8: Presentación O tempo made in ´Bueu
Page 9: Presentación O tempo made in ´Bueu

CLIMOGRAMA Neste gráfico recóllense os datos das temperaturas medias de cada mes así como a pluviosidade (cantidade de choiva ).

Page 10: Presentación O tempo made in ´Bueu

Pois claro que si, é o que imos facer todos os días no colexio. Apuntar o tempo que vai en Bueu cada día, ese é o tempo meteorolóxico. Despois de varios anos de anotar o tempo meteorolóxico de Bueu e analizando todos eses datos poderemos sacar conclusións do clima de Bueu.

SABEMOS XA QUE É O TEMPO METEOROLÓXICO ?

TEMPO METEOROLÓXICO CLIMAÉ o tempo que vai en Bueu nun momento do día. Estúdano os meteorólogos con instrumentos colocados en estacións meteorolóxicas con instrumentos como o termómetro, o pluviómetro, o anemómetro…

Clima é o conxunto de datos meteorolóxicos dun lugar durante varios anos.

Page 11: Presentación O tempo made in ´Bueu

ONDE SE PRODUCEN ESES FENÓMENOS METEOROLÓXICOS OU METEOROS?

Os fenómenos meteorolóxicos tamén chamados meteoros prodúcense na atmosfera que como xa sabemos é a capa gasosa que rodea a Terra.

Na atmosfera atopamos distintas capas que van dende o solo do noso planeta ata o espazo exterior. É na primeira capa chamada Troposfera onde se producen os fenómenos atmosféricos que todos coñecemos: chuvia, vento, sarabia, néboa, nubes, …

Page 12: Presentación O tempo made in ´Bueu

Como este é un proxecto de TODO O CENTRO temos que traballar EN EQUIPO, polo que imos repartir as actividades por niveis do seguinte xeito

Page 13: Presentación O tempo made in ´Bueu

INVENTAREMOS ADIVIÑAS E BUSCAREMOS REFRÁNS QUE FALEN DO TEMPO

ATMOSFÉRICO

• O alumnado de 1º e 2º inventará adiviñas que teñan que ver co Sol, as nubes, a chuvia, o arco da vella, a neve, a sarabia, os lóstregos, a tronada, o vento ... Ilustrarán estas adiviñas e farán un libro con elas para que todos podamos divertirnos con el.

• Tamén buscarán refráns que falen de como é o tempo nas distintas épocas do ano.

Page 14: Presentación O tempo made in ´Bueu

INVESTIGAREMOS SOBRE OUTROS APARATOS QUE SERVEN PARA PREDECIR O TEMPO

ATMOSFÉRICO.

Os nenos e nenas de 5º e 6º buscarán información sobre aparellos meteorolóxicos, buscarán fotografías deles e elaborarán un libro con toda esta información. Eles tamén serán encargados de introducir os datos na páxina de meteogalicia.

Page 15: Presentación O tempo made in ´Bueu

OBSERVAREMOS FENÓMENOS METEOROLÓXICOS

Fixádevos ben, porque imos ter que estar moi atentos para facer fotos deles xa que no mes de maio imos facer unha exposición con todas os fenómenos meteorolóxicos que fotografamos en Bueu. Teremos fotos tan interesantes como ...

VENTO

CHUVIA

MARUSÍA

Page 16: Presentación O tempo made in ´Bueu

ARCO DA VELLA NEVE

RAIOS (TORMENTA) FURACÁN

Page 17: Presentación O tempo made in ´Bueu

NÉBOA SARABIA

ORBALLO XIADA

Page 18: Presentación O tempo made in ´Bueu

Tamén podemos observar e fotografar os distintos tipos de nubes como:

Os nenos e nenas de 3º e 4º investigarán como se chaman estas nubes e se son de chuvia ou non

Page 19: Presentación O tempo made in ´Bueu

O TEMPO EN ROCKFORD (ILLINOIS)En inglés imos facer un pequeño estudo do tempo en Rockford, cidade orixinaria de Alma.

Durante varias semanas tomaremos nota dos datos meteorolóxicos: temperatura, vento, precipitacións… tanto en Rockford como en Bueu.Finalmente faremos unha gráfica comparativa das dúas cidades.

Page 20: Presentación O tempo made in ´Bueu

 QUE IMOS FACER CON TODOS ESTES TRABALLOS?

• Na sala polivalente temos preparada toda unha parede, a modo de mural, para que cada nivel coloque alí os seus traballos e así podelos consultar e aprender xuntos. Nesta sala colocaremos tamén as fotografías que vaiades traendo sobre os fenómenos meteorolóxicos que se produzan en Bueu.

• Ademais, e para seguir aprendendo xuntos imos celebrar o día da meteoroloxía, 23 de marzo, elaborando viraventos que faremos xirar no patio do recreo.

• Será o mes de maio cando vexamos o resultado de todo o traballo realizado e comprobemos canto aprendemos.

Ánimo e mans a obra!

Page 21: Presentación O tempo made in ´Bueu

QUE IMOS FACER NESTE PROXECTO? Resumo• Neste curso imos levar a cabo un novo proxecto que se

chama Meteoescolas e todos e todas imos participar porque cada nivel de alumnado do colexio vai realizar distintas tarefas sobre o tempo meteorolóxico que estea a facer na nosa vila, Bueu. Teremos que facer un bo traballo en equipo para que rematemos un traballo ben feito. Os traballos que temos previsto realizar son:

• O alumnado de educación infantil: pintar paisaxes onde se reflicta o tempo atmosférico e anotar mediante estampado, debuxos e números os días de sol, nubes e choiva

• Os nenos e nenas de 1º e 2º realizarán un refraneiro dos meses do ano que teñan que ver co tempo atmosférico, adiviñas sobre o tempo atmosférico e elaborarán libros con este material para a biblioteca do cole.

• En 3º e 4º encargaranse de medir a temperatura máxima e mínima así como a cantidade de choiva ao entrar ao cole ou na hora de ler. Elaborarán gráficos de barras con esta información. Tamén Investigarán sobre as distintas formas das nubes sobre os símbolos meteorolóxicos. Elaborarán un tríptico con eles

Page 22: Presentación O tempo made in ´Bueu

• Os maiores de 5º e 6º informarán do proxecto a todo o alumnado. Analizarán unha vez á semana na hora de ler os datos recollidos. Compararán os nosos datos con outro cole do interior e de montaña se pode ser. Pasarán ao ordenador os datos recollidos polos compañeiros de 3º e 4º. Investigarán sobre os aparatos meteorolóxicos. Elaborarán un libro con esta información. Elaboración dun pluviómetro. Cando se produzan fenómenos meteorolóxicos relevantes na nosa Comunidade Autónoma comentarémolos na hora de ler. Na área de Inglés, preparación de vocabulario básico, iconas meteorolóxicas. O tempo meteorolóxico en Rockford, lugar de procedencia da nosa auxiliar de conversa este ano.

• Celebraremos todos xuntos o día da meteoroloxía o 23 de marzo con estas dúas actividades

• Actividade para toda a comunidade educativa: durante todo o curso poderanse enviar fotografías do tempo atmosférico en Bueu coas que se realizará unha exposición (distintas formas de nubes, xeadas, rocío, arco da vella, treboadas, néboas, cicloxénesis explosiva ...)

• Actividade para as aulas: elaboración de viraventos e anemómetros para a súa exposición o 23 de marzo día da meteoroloxía se o tempo o permite no patio de recreo.