Presentación1

12
“SACA AS PALABRAS E OS REFRÁNS DA ARTESA”

Transcript of Presentación1

Page 1: Presentación1

“SACA AS PALABRAS E OS REFRÁNS DA ARTESA”

Page 2: Presentación1

REFRÁNS

Page 3: Presentación1

•Abril concluído, inverno ido.•O lobo en xaneiro, arrímase ó palleiro.•A muller e a manteiga adóbanse para ir á feira.•Abril frío, fornos quentes e ledicia para os meus dentes.•O can e o meniño van para onde lles dan cariño.•Almorzo cedo, cría carne e sebo. Almorzo tarde, nin sebo nin carne.•O que nin fuma , nin bebe viño, o demo o leva por outro camiño.•Gasta en pan e viño o que lle deixas ós sobriños.•Con chuvia e vento, nin monte nin río, que perdes o tempo. •O que nin fuma , nin bebe viño, o demo o leva por outro camiño.•Gasta en pan e viño o que lle deixas ós sobriños.•Con chuvia e vento, nin monte nin río, que perdes o tempo.•Abril frío, moito pan e pouco viño. Meigas fóra.•Cata que diaño!•Sen un canto no cu (tacaño).•Roer corda (aguantar).•Untarlle o lombo a alguén (pegarlle).•Ser persoa de pouco pelo (humilde).•Non ter vela neste enterro.•Hai roupa colgada (hai nenos, non se pode falar).•Val máis un mal arranxo, que un bo preito.•No pais dos cegos, o chosco é o rei.•Po bo traballador , non hai ferramenta mala.•Abril frío, fornos quentes e ledicia para os meus dentes.•O can e o meniño van para onde lles dan cariño.•Almorzo cedo, cría carne e sebo. Almorzo tarde, nin sebo nin carne

Page 4: Presentación1

•Dile o pote ó caldeiro: “achégate aló, non me tisnes”.•Víchelo lobo?•Andan os ladróns detrás dos que rouban.•Tantarantán, a onde vas vella?•Levantouse a preguiza e puxo lume a casa.•Es xeitoso coma un angazo.•Sábado á noite, Marica toma a roca.•Non está o alcacén para gaitas.•Falou a vaca e dixo... muuuu.•Nunca choveu que non escampara.•A boa porta vas petar.•Aínda non lle viu as orellas ao lobo.•Ainda Deus non é vello.•Manda chover na Habana.•Máis adiante hai casas.•Manda navo.•Outra vaca máichores.•Manda truco Farruco.•Sabe máis o diaño por vello que por diaño.•Cando chove e quenta o sol, corre o demo para Ferrol.•Febreiro coas súas frebas.•Febreiro rabicorto cos seus vinte e oito. Se dura outros catro, non para can nin gato, nin ovella con palella.•Botar leña ao lume.•Mover Roma con Santiago.•Auga corrente, non mata a xente. Auga estancada pode está envelenada.•Este cre nos paxariños preñados.

Page 5: Presentación1

•Vai a vella morrendo e vai aprendendo.•Deus creou a Muller, e a Muller creou o fogar.•Cada parto, unha aventura e cada parto, un sobresalto.•Servos dos meus servos, levádeme mexar , que os da miña nai, non poden andar.•O lobo come toda a carne menos a súa,que a lambe.•Home cansado, burro escarallado.•O amor é lume, pero nel non ferve o caldo.•En abril, queima a moza o mandil.•Nesta terra, terruca o que non traballa, manduca.•Se queres chegar a vello, garda graxa no pelello.•Esto din os obreiros de Matías: pasa a noite e veñen os días.•Amigo que non dá e coitelo que non corta, aínda que se perda, pouco importa.•A moita fame,non hai pan duro.•Días de decembro, dias de amargura, apenas amence, xa é noite escura.•A faneca de xaneiro, vale carneiro.•Bola quente e auga fría, tres días de cagarría.•Fillos criados, traballos dobrados.•O diñeiro do pobre aínda que queira non pode.•Cazador e troiteiro, nin boa meda nin bo palleiro.•Burro morto, cebada do rabo.•Ir nun pé e voltar no outro.•Facer chorar ás pedras (compadecerse).•Comerlle a ponca ós libros (ser mal estudante).•Coller auga no cesto (traballar inútilmente).•Ser agudo coma o pé dun muíño (ser bobo).

Page 6: Presentación1

•Estar nas verzas (estar despistado).•Santa María, morreu miña tía, papas lle daban e non as comía.•Criado novo, pan e ovo, criado vello, dalle o demo.•Casa de dúas portas, mala de gardar•En maio, aínda a vella queima o tallo.•En marzo e abril, sae o cuco do cubil.•Marzo, marzolo, trebón ou raolo.•En San Xoán, tanto queixo coma pan.•Xente nova e leña verde, todo e fume.•Non gañar a auga que bebes.•Hai zocas alleas debaixo da cama.•Non ter que limpar (ser pobre).•Poñer a alguén nos cornos da lúa.•Saír a pascua na sesta feira.•Non ser rei nin Roque.•Ter maniotas.•Escribir na auga.•O demo nunca ten sono.•Non ter que limpar.•Pasar por detrás da igrexa.•Calcarlle as costelas a alguén.•Pola porta da confianza cólase a mala crianza.•Sardiña que leva o gato, tarde ou nunca volve ó prato.•Abril concluído, inverno ido.•O lobo en xaneiro, arrímase ó palleiro.•A muller e a manteiga adóbanse para ir á feira.

Page 7: Presentación1

PALABRAS

Page 8: Presentación1

APEIROS DE LABRANZA

ANGAZO: apeiro de madeira con dentes para enciñar a herba.GALLETO: ferramenta agrícola feita dunha póla delgada e resistente que remata en dúas gallas.GADAÑA: aparello para cortar a herba.LIGÓN: ferramenta para cavar a terra.SACHA: parecido ó ligón, pero máis pequeno.RANQUEIRO: ferramenta que se usaba para arrancar o esterco nas cortes.CIBELA: aparello de coiro que se lle poñía a parella de vacas por debaixo do pescozo para termar do xugo.CHAVELLA: pao de madeira que ia no burato da cabezalla do carro e termaba do xugo.CAINZO: grade de madeira que se utilizaba para labrar a terra.CRIBO: utensilio que se utilizaba para limpar os grans de trigo ou centeo.MALLO: utensilio que se usaba para mallar o liño e o froito.PENEIRA: utensilio que se usaba para facer máis fina a fariña.SULIÑO: apeiro que se usaba para tirar pola grade e o cainzo.TRONZÓN: utensilio que se usaba para cortar as árbores que tiña un mango a cada lado.XUGO: aparello de labranza que se lle poñía os bois ou vacas para tirar do carro e o arado.LORO: o que se poñía no medio do xugo para aguantar do arado e o carro.LIMPEIRO: tea para poner o trigo ou calquer outra cousa para deixar secar.VINCALLO: ligadura, atume, feita con palla, rama de xesta…para atar feixes ou mollos.CARRO: obxecto donde se levaba a comida dos animais.

Page 9: Presentación1

CONSTRUCIÓNS/ ZONAS DE LABRANZAPALLEIRO: sitio donde se amoreaba a palla despois de mallar.MEDA: construcción cónica que se fai na eira cos monllos de cereal para despois mallalos.MEDEIRO: pequena construción de monllos que se fai na leira despois de segar e antes de traelos á eira para mallar.MONLLO: feixe de plantas de cereais para a malla e cós que se fan as medas.EIRA: parte de diante da casa.CHOUSA: leira onde se levan as vacas comer, rodeada de árbores.PULEIRO: sitio onde durmían as galiñas e os galos.SOBEIRA: cuberto, alpendre feito xeralmente á carón da casa; corredor que separa a parte da vivenda das cortes.PASADOIRO: chanzos de pedra que se poñen nun valado para que as persoas poidan acceder a una leira ou a un carreiro interior da mesma.CORREDOIRA: camino estreito que solo pasaban os carros ou persoas a andar.

Page 10: Presentación1

UTENSILIOS PARA ENFORNARBARREDOIRO: xesta para barrer o forno.ZOSCADOIRO: pao longo para atizalo lume do forno ou removelas brasas.RODO: serve para sacar o pan do forno.BARREDOIRO: manoxo de loureiros que se usaba para barrer o forno.FURNA: sitio onde ia parar toda a cinza que saía do forno ou lareira.ARTESA: obxecto donde se amasa o pan. PRENDASCOBERTOR: manta feita de cachos de trapos.ZOCOS OU ZOCAS: calzado feito dunha peza de madeira.MOLIDA: almohadiña para transportar algo na cabeza que ten peso.XUSTILLO: corpiño, prenda femenina interior sen mangas.TOCA: prenda que levaban as mulleres maiores atadas á cintura.

UTENSILIOS PARA FIARSARILLO: utensilio que tiña forma de roda e usábase para facer mazarocas de lá ou liño.MARANAS: madeixas de lá ou liño.DEBADOIRA: utensilio con dous paus cruzados que se utilizaba para facer as marañas.CARDAS: utensilio con dúas táboas con puntas que se utilizaba para cardar a lá ou o liño.FUSO: aparello que se usaba para fiar o liño e a lá.ROCA: instrumento que serve para fiar que se compón dunha vara delgada que envolve nun extremo a estriga que se quere fiar.

Page 11: Presentación1

UTENSILIOS E PARTES DA COCIÑA. PARTES DA CASA.CALDEIRA: obxecto grande parecido a un caldeiro, cun aro.TREPIA: obxecto de ferro de tres pés, que se pon sobre as brasas, para quentar algo.FERRADA: cullerón grande de ferro.AREA BRAVA: produto de limpeza que se usaba para fregar todo.CHINERO: moble de cociña onde se gardaban os pratos, tenedores...BOTA DE VIÑO: utensílio de coiro onde se levaba o viño.BAÑO: onde se salaban as pezas do porco.SELLA DE MADEIRA: depósito da auga na cociña.PALANGANA: utensilio de porcelana que se usaba para lavarse.SELLA: recipiente de forma troncocónica, feito con doelas de madeira suxeitas con aros de metal que se emprega para transportar e conter auga.CARAVILLA: anaco de ferro cun gancho curvo ou recto, fixo ou movible que se introduce nun buraco para asegurar ou pechar portas ou ventas.ALZADEIRO: parte alta dun moble de cociña e estaba aberto.SALEIRO DA CARNE: onde se gardaba a carne salgada de porco.GRAMALLEIRA: cadea de ferro pendurada sobre a lareira que ten un gancho no extremo para colgar potes e poñelos ao lume.CAMBOTA: parte alta que cubre a lareira.LAREIRA: lugar onde se fai lume.CUNCA: taza.TIXOLA: utensilio de cociña metálico, de forma redonda, pouco fondo e con mango longo, no que se friten os alimentos.PARRUMEIRA: parede que vai desde o chan da lareira ata a parte baixa da cheminea na cociña tradicional, onde se acumula a feluxeULLAR: lugar onde se gardaba a leña para o lume, preto das lareiras das casas.CANDIL: aparello que se utilizaba para dar luz.SOBRADO: planta alta dunha vivenda de dous andares.PATÍN: balcón de madeira que había nas casas de pedra.

Page 12: Presentación1

OUTROSBOGADA: lavar a roupa.ABOFÉ: de verdade.ESFOLLAR: quitarlle a espiga á cana.DEBULLAR: quitarlle os grans de millo a espiga.DESCABEZAR: degraelas espigas.GRAVUÑAR: afilala gadaña ou outra ferramenta.CAROLO: parte que queda o quitarlle os grans a espiga.BACENILLA: utensilio que se usaba para facer as necesidades.ZAFRA: peza prismática de aceiro sobre a que os ferreiros baten o ferro para moldéalo.VALILLA: coche da casa Fiat que tiña forma de escarabello.BARRELO: cama para un neno pequeno, que se pode abanar con facilidade. Arrola o barrelo a ver se dorme o cativo.GARLOPA: cepillo longo de carpinteiro.CALMEA: lostrega.FREIXÓ: filloa.ESTRICARSE: estirar moito os brazos.LANGRÁN: perssoa moi grande e preguiceira.ANAZAR: bater os ovos.FOCHANCA: bache.CAREPAS: monda da fruta.BURRUALLO:malavoz,vello.