PROBAS SELECTIVAS PARA CUBRIR CON PERSOAL … · probas selectivas para cubrir con persoal laboral...

23
PROBAS SELECTIVAS PARA CUBRIR CON PERSOAL LABORAL FIXO DE UNHA PRAZA DE ENXEÑEIRO INDUSTRIAL DA USC, POLAS QUENDAS DE PROMOCIÓN INTERNA E ACCESO LIBRE, CONVOCADA POR RESOLUCIÓN REITORAL DE 20 DE NOVEMBRO DE 2013 (DOG Nº 230, DE 2 DE DECEMBRO DE 2014) Quenda de promoción interna Exercicio: 2º Exercicio, tipo Test Duración: 120 minutos Non abra este cadernillo ata que llo indique o Tribunal. Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014.

Transcript of PROBAS SELECTIVAS PARA CUBRIR CON PERSOAL … · probas selectivas para cubrir con persoal laboral...

PROBAS SELECTIVAS PARA CUBRIR CON PERSOAL LABORAL FIXO DE UNHA PRAZA DE ENXEÑEIRO INDUSTRIAL DA USC, POLAS QUENDAS DE PROMOCIÓN INTERNA E ACCESO LIBRE, CONVOCADA POR RESOLUCIÓN REITORAL DE 20 DE NOVEMBRO DE 2013 (DOG Nº 230, DE 2 DE DECEMBRO DE

2014)

Quenda de promoción interna Exercicio: 2º Exercicio, tipo Test Duración: 120 minutos Non abra este cadernillo ata que llo indique o Tribunal.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2014.

2

Páxina 3 de 23

1) Qué organismo vela pola libre competencia, inspecciona as instalacións eléctricas (condicións técnicas e económicas), elabora normas para mellorar o funcionamento do sistema? a) Ministerio de Industria, Turismo e Comercio. b) Comisión Nacional de Mercado y de la Competencia (CNMC). c) Operador do Sistema (REE).

2) Cales dos seguintes dous obxectivos perseguía a liberalización do sector eléctrico español? a) Que os consumidores puidesen formalizar contratos con empresas distribuidoras de electricidade a

prezos variables e mellorar a calidade da subministración b) Mellorar a calidade do servizo e obter prezos competitivos da electricidade c) Mellorar as conexións internacionais e a calidade do servizo

3) Un consumidor cualificado formalizará o contrato de subministración de electricidade cunha empresa: a) Distribuidora b) Comercializadora c) Transportista

4) Nunha instalación eléctrica de certa entidade o control da demanda de potencia realízase mediante un equipo denominado: a) Voltímetro b) Potenciómetro c) Maxímetro

5) Cal é a potencia máxima que un consumidor pode contratar en baixa tensión dentro dos Prezos

Voluntarios ao Pequeno Consumidor (PVPC)? a) Potencia maior ou igual a 5 kW b) Potencia menor ou igual a 10 kW c) Potencia menor ou igual a 15 kW

6) A tarifa de acceso 3.1.A aplícase ás subministracións eléctricas de: a) Baixa tensión con potencia superior a 15 kW b) Tensións entre 1 e 36 kV cuxa potencia contratada en todos os períodos tarifarios sexa menor ou

igual a 450 kW c) Tensións entre 1 e 36 kV cuxa potencia contratada en todos os períodos tarifarios sexa superior a

450 kW e inferior a 1.000 kW

7) O aval para solicitar o acceso á rede de distribución debe depositarse: a) Na compañía distribuidora b) Na empresa transportista c) No órgano competente da comunidade autónoma

Páxina 4 de 23

8) O Real Decreto-lei 1/2012: a) Deixa sen efecto as convocatorias de preasignación de retribución previstas para 2012 para o

réxime especial e para aquelas de réxime ordinario de tecnoloxías asimilables ás de réxime especial e suspende con carácter indefinido a celebración das convocatorias que deberían ter lugar en anos sucesivos.

b) Deixa sen efecto as convocatorias de preasignación de retribución previstas para 2012, pero autoriza novas convocatorias a partir de 2014.

c) Deixa sen efecto as convocatorias de preasignación de retribución previstas para 2012 para as instalacións eólicas e fotovoltaicas e suspende con carácter indefinido a celebración das convocatorias que deberían ter lugar en anos sucesivos.

9) Por razóns de deseño, a velocidade no extremo da pa limítase a velocidade angulares entre 19 e 65

rpm. Se se empregan xeradores eléctricos convencionais síncronos, que mecanismo cómpre instalar entre o tren de potencia e o xerador? a) Un redutor de eixe paralelo b) Un multiplicador de tipo planetario c) Un multiplicador de eixe paralelo

10) A Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, establece que o valor sobre o que xirará a rendibilidade dos proxectos tipo de referencia de xeración de enerxía eléctrica a partir de fontes renovables, coxeración de alta eficiencia e residuos para os procedementos de concorrencia competitiva, antes de impostos será: a) prezo do mercado eléctrico máis unha prima de 50 euros. b) rendemento medio no mercado secundario dos tres meses anteriores á entrada en vigor do RD-lei

9/2013, das Obrigacións do Estado a 10 anos incrementado en 500 puntos c) rendemento medio no mercado secundario dos tres meses anteriores á entrada en vigor do RD-lei

9/2013, das Obrigacións do Estado a 10 anos incrementado en 300 puntos

11) A rede de transporte secundaria de enerxía eléctrica está constituída polas liñas, parques, transformadores e outros elementos eléctricos con tensións nominais: a) Inferiores a 380 kV b) Superiores a 132 kV, pero inferiores a 220 kV c) Con tensións nominais iguais ou superiores a 220 kV e por aquelas outras instalacións con

tensións inferiores a 220 kV que cumpran funcións de transporte

12) Enténdese por permiso de conexión a un punto da rede eléctrica: a) Aquel que se outorga para poder conectar unha instalación de produción ou consumo a un punto

concreto da rede de transporte ou, de ser o c aso, de distribución b) Aquel que se outorga para poder conectar unha instalación de produción a un punto concreto da

rede de transporte ou, de ser o caso, de distribución. c) Aquel que se outorga para poder conectar unha instalación de consumo a un punto concreto da

rede de distribución.

Páxina 5 de 23

13) Os elementos do deseño solar pasivo dun edificio desenvólvense: a) Para recoller, almacenar e distribuír a enerxía solar en forma de calor no inverno e rexeitar a calor

solar en verán. b) Unicamente para recoller a enerxía solar en forma de calor en inverno. c) Unicamente para rexeitar a calor solar en verán.

14) Os elementos illantes térmicos en construción son materiais caracterizados por: a) A súa elevada resistencia térmica, é dicir, unha elevada condutividade da calor b) A súa elevada resistencia térmica, é dicir, unha baixa condutividade da calor c) Baixa resistencia térmica, que non afecta á condutividade da calor

15) Unha ponte térmica: a) É unha zona onde se transmite máis facilmente a calor b) É un sistema construtivo empregado para diminuír as perdas de calor desde o interior do edificio. c) É un sistema construtivo empregado para diminuír a formación de condensacións no interior do

edificio 16) Na ecuación xeral do balance térmico dun edificio, no termo de ganancias internas:

a) Non se inclúe o fluxo de calor achegado polo metabolismo das persoas. b) Inclúese o fluxo de calor achegado polo metabolismo das persoas. c) Unicamente se teñen en conta as achegas do sistema de iluminación.

17) Un autoseccionador:

a) É un aparato que abre un circuíto automaticamente en condicións predeterminadas, cando o citado circuíto está con tensión

b) É un aparato que abre un circuíto automaticamente en condicións predeterminadas, cando o citado circuíto está sen tensión

c) É un aparato que abre un circuíto manualmente, cando o citado circuíto está con tensión. 18) Habitualmente, os efectos dunha sobretensión transitoria, son debidos a:

a) Unha sobretensión derivada dun fallo do neutro na rede de distribución. b) Unha sobretensión con motivo dunha derivación a terra. c) Unha sobretensión producida na súa maioría por caída de raios.

19) Un centro de transformación é de abonado, cando cumpre as seguintes características:

a) Leva cela de medida. b) Non leva cela de medida. c) Vai instalado nunha cela de formigón prefabricado.

20) Que tipos de radiación solar se aproveita nos colectores planos de solar térmica de baixa temperatura?

a) Directa b) Difusa c) Directa e difusa

Páxina 6 de 23

21) Cales dos seguintes compoñentes ou sistemas poden forman parte dunha instalación solar térmica de baixa temperatura? a) Sistema de captación, inversor e sistema de acumulación b) Sistema de captación, sistema de intercambio e caldeira de condensación c) Sistema de captación, sistema de acumulación, sistema de intercambiador e sistema de fonte

auxiliar 22) Na enerxía solar térmica de media temperatura, a tecnoloxía aplicada é:

a) Cilindros parabólicos 250-450 ºC b) Colectores planos T<80ºC c) Tubos de baleiro 110 ºC

23) Para a instalación de canalizacións de auga potable está autorizado ou seguinte material:

a) Policloruro de vinilo (PVC) plastificado b) Polibutileno c) Aluminio

24) Disporanse sistemas anti-retorno para evitar a inversión do sentido do fluxo nos contadores:

a) Despois dos contadores b) Previo aos contadores c) Non é necesario instalar un dispositivo anti-retorno nos contadores.

25) Nas instalacións de auga potable debe instalarse un filtro da instalación xeral

a) Con limiar de filtrado entre 25 e 50 micras b) Con limiar de filtrado entre 10 e 25 micras c) Non é preciso instalar ningún filtro tipo

26) número de bombas a instalar no caso dun grupo de tipo convencional, excluíndo as de reserva,

determinarase en función do caudal total do grupo. Disporanse : a) 1 bomba para caudais de ata 30 dm3/s b) 2 bombas para caudais de ata 30 dm3/s c) 3 bombas para caudais de ata 30 dm3/s

27) Por que se limita o número máximo de colectores en serie?

a) Para evitar xeo b) Para evitar perdas de rendemento e altas temperaturas c) Para non sobredimensionar o sistema

28) O sistema Drain-back protexe fronte a:

a) Xeadas b) Xeadas e sobrequecementos c) Sobrequecementos

Páxina 7 de 23

29) Nos sistemas de enerxía solar térmica por transferencia indirecta (circuíto pechado): a) Existe un intercambiador de calor, onde o fluído caloportador cede a calor á auga de consumo sen

entrar en contacto con esta en ningún caso b) Existe un intercambiador de calor, onde o fluído caloportador cede a calor á auga de consumo

entrando en contacto con esta c) Non dispón de intercambiador de calor

30) Como afecta a temperatura do fluído interior no comportamento dos colectores planos?

a) A maior temperatura máis rendemento b) A maior temperatura menos rendemento c) Non afecta

31) Instalacións de coxeración, cal das seguintes afirmacións é falsa?

a) Reduce as perdas no transporte e na distribución de electricidade ao achegar a xeración á demanda b) Incide na competitividade dunha industria ao diminuír os seus custos enerxéticos c) Aumenta o consumo de enerxía primaria dun país

32) Coxeración mediante ciclo combinado, cal das seguintes afirmacións é falsa?

a) Alto rateo de investimento por kW instalado b) Baixas emisións á atmosfera c) Alta dispoñibilidade e fiabilidade

33) O rendemento medio dunha instalación termoeléctrica de gran tamaño para xerar electricidade con ciclo

termodinámico Rankine é da orde do: a) 35% b) 50% c) 10%

34) Instalación fotovoltaica. Nos reguladores de carga con sistema de conmutación coa batería en paralelo:

a) exceso de tensión contrólase derivando a corrente a un circuíto que disipa a enerxía sobrante b) Incorpora interruptores electromecánicos que desconectan o xerador cando a tensión excede dun

determinado valor de referencia c) Incorpora interruptor de control de potencia con derivación a terra

35) Definición de potencia pico en instalacións solares fotovoltaicas

a) Potencia subministrada por módulo a T=25ºC e radiación solar 100 W/m2. b) Potencia subministrada por módulo a T=20ºC e radiación solar 1.000 W/m2. c) Potencia subministrada por módulo a T=25ºC e radiación solar 1.000 W/m2.

36) O silicio monocristalino utilizado na fabricación das células que compoñen os módulos fotovoltaicos:

a) É o que proporciona maior eficiencia na conversión de luz en enerxía eléctrica b) É a tecnoloxía máis barata, pero obtén rendementos inferiores ao policristalino c) Presenta menor rendemento que o silicio amorfo

Páxina 8 de 23

37) A enerxía xeotérmica é a enerxía natural almacenada na Terra que pode utilizarse para a xeración de: a) Enerxía térmica b) Enerxía eléctrica e térmica c) Enerxía química

38) Que porcentaxe de aforro en enerxía eléctrica pode conseguirse cunha bomba xeotérmica para

calefacción comparado cunha calefacción eléctrica convencional con radiadores? a) Entre 20 e 40 % b) Entre 40 e 60 % c) Entre 60 e 80 %

39) En Galicia existen xacementos xeotérmicos:

a) De alta temperatura (máis de 150 ºC) e baixos caudais b) De media temperatura (entre 90 e 150 ºC) e altos caudais c) De baixa temperatura (T<80 ºC) e baixos caudais

40) Nunha instalación eléctrica con potencia contratada de 100 kW, o maxímetro rexistra 130 kW. Cal debe

ser a potencia facturada? a) 180 kW b) 130 kW c) 160

41) Que significaTep?

a) Enerxía equivalente á producida na combustión dunha tonelada de petróleo cun poder calorífico de 5.000 kcal/kg.

b) Enerxía equivalente á producida na combustión dunha tonelada de carbón cun poder calorífico de 1.000 kcal./kg.

c) Enerxía equivalente á producida na combustión dunha tonelada de petróleo cun poder calorífico de 10.000 kcal/kg.

42) O factor de potencia dunha instalación cuxo consumo de enerxía activa é de 500 kWh e o consumo de

enerxía reactiva é de 400 kVArh, é de: a) 0,78 b) 0,50 c) 0,94

43) A tarifa de acceso 3.0 A de baixa tensión ten:

a) Dous períodos horarios b) Seis períodos horarios c) Tres períodos horarios

44) Que é a TIR?

a) Taxa interna de retorno b) Taxa de interese reducida c) Tendencia indicativa de recuperación

Páxina 9 de 23

45) Nun proxecto a 10 anos, interesa que o VAN:

a) Sexa o menor posible b) Sexa o maior posible c) Sexa igual a cero

46) A rendibilidade financeira ou ROE é:

a) O beneficio entre os fondos propios b) O beneficio entre o investimento total que require o proxecto c) O beneficio derivado do financiamento bancario

47) Nunha rede de distribución soterrada con canalizacións entubada:

a) Para facilitar o tendido instalaranse arquetas, como máximo cada 40 metros b) Non fan falta arquetas c) Instalaranse arquetas cada 25 metros como máximo para facilitar o tendido.

48) Nas instalación de iluminación exterior, os condutores serán:

a) De aluminio b) De cobre c) De calquera dos anteriores

49) Cal debe ser o tempo mínimo de funcionamento da iluminación de reemprazamento?

a) 1 hora b) 2 horas c) 30 minutos

50) Os condutores de aluminio nas redes soterradas de distribución BT terán unha sección mínima de:

a) 16 mm2 b) 6 mm2 c) 10 mm2

51) Denomínanse instalacións de enlace:

a) As que unen a Caixa Xeral de Protección ou Caixas Xerais de Protección, incluíndo estas coas instalacións interiores ou receptoras

b) As que formando parte das instalacións da rede de distribución, alimentan a caixa o caixas xerais de protección

c) As que unen a Caixa Xeral de Protección coas Caixas Xerais de Protección, sen incluílas, coas instalacións interiores ou receptoras do usuario

52) Indicar, de acordo co DB HE-3, cal destes tres factores non intervén na eficiencia dunha instalación de

iluminación nunha zona: a) A potencia das lámpadas. b) A potencia do equipo auxiliar das lámpadas. c) A iluminancia inicial.

Páxina 10 de 23

53) Sinalar en cal destes edificios é obrigatorio instalar paneis fotovoltaicos segundo o DB HE 5: a) Edificios de vivendas situados na mesma parcela catastral e que teñen no seu conxunto unha

superficie construída de 7.000 m2. b) Naves dedicadas situadas na mesma parcela catastral e que no seu conxunto superen os 10.000

m2 construídos c) Hipermercados de máis de 5.000 m2 de superficie construída.

54) Segundo o DB HE 5, a irradiación solar é:

a) A potencia radiante incidente por unidade de superficie sobre un plano dado. b) A enerxía radiante incidente por unidade de superficie sobre un plano dado, obtida por integración

da irradiancia durante un período determinado de tempo. c) A irradiancia por unidade de superficie sobre un plano dado.

55) As instalacións eléctricas incluídas no Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de

seguridade en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación, de segunda categoría son: a) As de tensión nominal igual ou inferior a 66 kV e superior a 30 kV b) As de tensión superior a 132 kV c) As de tensión igual ou inferior a 132 kV e superior a 66 kV.

56) Inspeccións periódicas en centrais eléctricas, subestacións e centros de transformación:

a) Realizaranse polo menos cada catro anos, podéndose establecer condicións especiais nas ITC do Regulamento

b) Realizaranse polo menos cada cinco anos, podéndose establecer condicións especiais nas ITC do Regulamento

c) Realizaranse polo menos cada tres anos, podéndose establecer condicións especiais nas ITC do Regulamento

57) Segundo a ITC MIE-RAT 01, a tensión de contacto.

a) É a parte da tensión a terra que pode ser ponteada por un ser humano entre os dous pés, considerándose o paso dunha lonxitude dun metro

b) É a tensión que aparece a causa dun defecto de illamento, entre dúas masas, entre unha masa e un condutor ou entre unha masa e terra

c) É a fracción da tensión de posta a terra que pode ser ponteada por unha persoa entre a man e o pe (considerando un metro) ou entre ambas as dúas mans

58) O cálculo da capacidade nominal de contido total de GLP dun determinado tipo de envase almacenado

nun centro virá determinada pola seguinte fórmula: a) Ct = Cn x N x 0,65; Sendo: Cn = Capacidade nominal do envase considerado e N = Número de

envases do mesmo tipo (tanto cheos como baleiros). b) Ct = Cn x N x 0,85; Sendo: Cn = Capacidade nominal do envase considerado e N = Número de

envases do mesmo tipo (tanto cheos como baleiros). c) Ct = Cn x N x 0,85; Sendo: Cn = Capacidade nominal do envase considerado e N = Número de

envases cheos do mesmo tipo.

Páxina 11 de 23

59) O Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles é aplicable a Plantas satélite de GNL: Instalacións de almacenamento de gas natural licuado (GNL) con capacidade de almacenamento xeométrica conxunta de: a) Ata 2.000 metros cúbicos e presión máxima de operación superior a 1 bar que teñan como

finalidade o fornezo directo a redes de distribución ou instalacións receptoras. b) Ata 3.000 metros cúbicos e presión máxima de operación superior a 1 bar que teñan como

finalidade o fornezo directo a redes de distribución ou instalacións receptoras. c) Ata 1.000 metros cúbicos e presión máxima de operación superior a 1 bar que teñan como

finalidade o fornezo directo a redes de distribución ou instalacións receptoras. 60) O Regulamento técnico de distribución e utilización de combustibles define como especialista crioxénico

a: a) Persoa física ou xurídica especialista na realización de traballos crioxénicos e en equipos a alta

presión. b) Persoa física ou xurídica especialista na realización de traballos crioxénicos. c) Persoa física ou xurídica especialista na realización de traballos crioxénicos e en equipos a presión.

61) Nas instalacións de GLP con envases de capacidade unitaria superior a 15 kg, a capacidade de

almacenamento: a) Obtida como suma das capacidades unitarias de todos os envases, incluídos tanto os cheos como

os baleiros, non deberá superar os 1.000 kg. b) Obtida como suma das capacidades unitarias de todos os envases, incluídos tanto os cheos como

os baleiros, non deberá superar os 10.000 kg. c) Obtida como suma das capacidades unitarias de todos os envases, excluídos os baleiros, non

deberá superar os 1.000 kg. 62) Segundo o regulamento de equipos a presión, as empresas instaladoras e reparadoras de equipos a

presión clasifícanse en: a) Non se clasifican en categorías. b) Catro categorías: Categoría EIP-1; Categoría EIP-2: Categoría EIP-3; Categoría EIP-4 c) Dúas categorías: Categoría EIP-1; Categoría EIP-2:

63) Segundo o regulamento de equipos a presión, para o emprazamento da zona de carga dos centros de

recarga de GLP deberán cumprirse: a) A zona de carga non será colindante a locais ou espazos habitados en ningún caso. b) A zona de carga non será colindante a locais ou espazos habitados a menos que se xustifique no

proxecto que, nos cerramentos, disponse dunha protección adecuada que sexa capaz de soportar o impacto, en caso de accidente, por desprendemento ou explosión dunha botella ou dalgún dos seus compoñentes.

c) A zona de carga non será colindante a locais ou espazos habitados a menos que se xustifique no proxecto que, nos cerramentos, disponse dunha protección adecuada que sexa capaz de soportar o impacto, en caso de accidente, por desprendemento ou explosión do 10% da capacidade de almacenamento das botellas ou dalgún dos seus compoñentes.

Páxina 12 de 23

64) Segundo a ITC-EP 6 relativa a recipientes a presión transportables, un bidón a presión é un recipiente a presión transportable illado termicamente para o transporte de gases licuados refrixerados cuxa capacidade non exceda de: a) 2.000 litros. b) 500 litros. c) 1.000 litros.

65) Segundo o CTE HE 2.2.2, o dimensionamento dunha instalación de paneis solares destinados á

produción de auga quente deberase realizar tendo en conta que: a) En ningún mes do ano a enerxía producida pola instalación poderá superar o 110% da demanda e

en non máis de tres meses o 100%, sen tomar en consideración aqueles períodos de tempo nos cales a demanda enerxética se sitúe un 50% por debaixo da media correspondente ao resto do ano.

b) Que en ningún mes do ano a enerxía producida pola instalación supere o 120% da demanda. c) En non máis de tres meses a instalación non deberá producir máis do 110% da demanda enerxética

do edificio. 66) Indicar que afirmación é correcta segundo o DB HE-4:

a) Para os acumuladores solares destinados a produción de ACS que veñan preparados de fábrica para albergar un sistema de xeración auxiliar eléctrico, deberase anular esta posibilidade durante os meses nos cales a produción solar de auga supere á demanda da instalación.

b) Para os equipos solares destinados a produción de ACS que veñan preparados de fábrica para albergar un sistema auxiliar eléctrico, deberase anular esta posibilidade de xeito permanente, mediante selado irreversible ou outro medio.

c) Para os equipos solares destinados a produción de ACS que veñan preparados de fábrica para albergar un sistema auxiliar eléctrico, este deberase conectar a unha sonda de temperatura, de tal maneira que aquel se poña en funcionamento cando a temperatura da auga do acumulador descenda 10º por debaixo da temperatura de consigna da instalación.

67) Segundo o CTRE DB HE4, a orientación e inclinación dunha cuberta é tal que a instalación nela de

paneis solares para a produción de ACS sofre unha porcentaxe do perdas de captación de enerxía solar con respecto á orientación Sur e a inclinación óptima conforme á latitude da súa localización. Neste caso podemos afirmar que: a) Permítese que a contribución solar mínima para a produción de ACS se vexa reducida na mesma

porcentaxe anterior. b) A contribución solar mínima para a produción de ACS non supón unha minoración da contribución

solar mínima establecida. c) Permitiríase unha minoración da contribución solar de ACS na mesma porcentaxe de perdas por

orientación e inclinación, sempre que estas no seu conxunto non superen o 10%. 68) A efectos da súa inspección de eficiencia enerxética a cualificación da instalación poderá ser:

a) Aceptable, condicionada e non aceptable b) Positiva, aceptable e negativa c) Aceptable, condicionada e negativa

Páxina 13 de 23

69) O titular da instalación térmica suxeita ao RITE deberá subscribir un contrato de mantemento coa empresa mantedora cando a potencia térmica nominal total instalada en xeración de calor ou frío sexa maior que: a) 50 kW. b) 100 kW. c) 70 kW.

70) En función do uso do edificio ou local, a categoría de calidade do aire interior (IDA), IDA 2 é:

a) Aire de calidade baixa b) Aire de óptima calidade: hospitais, clínicas, laboratorios e garderías. c) Aire de boa calidade: oficinas, residencias (locais comúns de hoteis e similares, residencias de

anciáns e de estudantes), salas de lectura, museos, salas de tribunais, aulas de ensino e asimilables e piscinas.

71) Indicar cal é a temperatura mínima que ten que garantirse na canalización de retorno dunha instalación

de auga quente sanitaria, segundo o RD 865/2003: Prevención de Legionella: a) 50ºC b) 60ºC c) 70ºC

72) A revisión do estado de conservación e limpeza duns acumuladores de auga quente, deberase realizar

de acordo co RD 865/2003: Prevención de Legionella: a) Anualmente b) Mensualmente c) Trimestralmente

73) De acordo co RD 865/2003 para a Prevención de Legionella, cando se realice a limpeza e desinfección

anual dunha instalación de auga quente sanitaria polo procedemento térmico e unha vez baleirado o sistema e realizada a limpeza das paredes dos depósitos acumuladores, deberase encher o depósito acumulador e proceder a: a) Elevar a temperatura da auga ata 70ºC e mantela polo menos durante 2 horas. Posteriormente abrir

por sectores todas as billas e duchas, durante 5 minutos de forma secuencial, confirmando que en todos os puntos terminais da rede se alcance unha temperatura de 60ºC.

b) Elevar a temperatura da auga ata 70ºC e mantela polo menos durante 1 hora. Posteriormente abrir por sectores todas as billas e duchas, durante 10 minutos de forma secuencial, confirmando que en todos os puntos terminais da rede se alcance unha temperatura de 60ºC.

c) Elevar a temperatura da auga ata 70ºC e mantela polo menos durante 2 horas. Posteriormente abrir por sectores todas as billas e duchas, durante 10 minutos de forma secuencial, confirmando que en todos os puntos terminais da rede se alcance unha temperatura de 60ºC.

Páxina 14 de 23

74) Cando exista un brote de lexionelose, a primeira cloración que se debe realizar nunha instalación de auga quente sanitaria farase nas seguintes condicións: a) Clorar con 10 mg/l de cloro residual libre, mantendo a auga por debaixo de 30ºC e a un pH de 7-8 e

manter durante 4 horas. b) Clorar con 30 mg/l de cloro residual libre, mantendo a auga por debaixo de 30ºC e a un pH de 7-8 e

manter durante 1 hora. c) Clorar con 15 mg/l de cloro residual libre, mantendo a auga por debaixo de 30ºC e a un pH de 7-8 e

manter durante 4 horas. 75) De conformidade co disposto na ITC-AEM 1 “Ascensores” aprobado polo Real decreto 88/2013, do 8 de

febreiro, indique que documentos e de que modo entregaranse ao órgano competente dá Comunidade Autónoma para a posta en servizo dun ascensor. Sinale a resposta correcta: a) A ficha técnica dá instalación, a declaración CE de conformidade e a copia do contrato de

conservación b) Cando sexa aplicable, a ficha técnica dá instalación, a declaración CE de conformidade e a copia do

contrato de conservación c) Ningunha dás respostas anteriores é correcta

76) De conformidade co disposto na norma UNE 81-1 “Regras de seguridade para a construción e

instalación de ascensores. Parte 1: ascensores eléctricos”. Sinale a resposta correcta: a) Os ascensores sempre deben ter un cuarto de máquinas específico b) Os ascensores sempre deben ter a maquinaria nun armario específico para tal efecto c) Ningunha das anteriores é correcta

77) En cumprimento do DB HR, indicar en cal destes edificios non é válida a opción simplificada para o

deseño e dimensionamento dos elementos construtivos: a) Edificios con forxados resistentes de formigón alixeirado. b) Edificios con forxados resistentes mixtos formados por formigón e chapa de aceiro. c) Edificios con forxados resistentes de madeira.

78) As condicións mínimas esixidas á tabicaría no DB HR

a) Están definidas exclusivamente polo valor mínimo da masa por unidade de superficie que debe de ter o tabique.

b) Defínense exclusivamente polo valor mínimo do índice global de redución acústica, sendo indiferente a masa do tabique.

c) Deben cumprir conxuntamente uns valores mínimos de masa por unidade de superficie e do índice global de redución acústica

79) Segundo o DB HR, a absorción acústica media no aire dun recinto:

a) En ningún caso inflúe no cálculo da absorción acústica dese recinto. b) Pódese desprezar para o cálculo da absorción acústica sempre e cando o volume do recinto non

supere 250 m3. c) Débese de ter sempre en conta para calcular a absorción acústica dun recinto sexa cal for o volume

deste.

Páxina 15 de 23

80) A separación mínima entre canalizacións de auga fría e quente é: a) 4 cm b) 5 cm c) 6 cm

81) O volume do depósito auxiliar de alimentación dun grupo de presión para un caudal máximo simultáneo

de 5 l/s e un tempo previsto de utilización de 15 minutos será de: a) 75 l b) 4,5 m3 c) 450 l

82) Indicar cal dos factores que se indican a continuación inflúen no risco admisible por impacto de raio nun

edificio. a) A altura do edificio. b) A altura dos edificios próximos. c) O uso do edificio

83) Indicar cando non é necesario dotar de protección de impacto de raio a un edificio, segundo o DB SUA

8. a) Cando a frecuencia esperada de impacto de raios é menor que o risco admisible de impacto. b) Cando a eficacia requirida para unha instalación de protección contra o raio nun edificio sexa menor

que 0,80. c) Cando o nivel de protección esixido para un edificio sexa 1.

84) Marque a opción incorrecta: segundo o Regulamento de seguridade para plantas e instalación

frigoríficas quedan excluídas do seu ámbito de aplicación os sistemas de refrixeración compactos (sistemas de acondicionamento de aire portátiles, frigoríficos e conxeladores domésticos, etc.) con carga de refrixerante inferior a: a) 0,5 Kg. de refrixerante do grupo L2 b) 0,2 Kg. de refrixerante do grupo L3 c) 1 Kg. de refrixerante do grupo L2

85) Marque a incorrecta: segundo o Regulamento de seguridade para plantas e instalación frigoríficas

atendendo á forma en que realizan o intercambio de calor, os fluídos secundarios clasifícanse nos seguintes tipos: a) Tipo b: Fluídos cuxo intercambio de calor verifícase con cambio de fase sólido-líquido. b) Tipo c: Fluídos cuxo intercambio de calor verifícase con cambio de fase líquido-vapor. c) Tipo d: Fluídos cuxo intercambio de calor verifícase sen que se produza cambio de fase.

Páxina 16 de 23

86) Marque a opción incorrecta: segundo o Regulamento de seguridade para plantas e instalación frigoríficas atendendo a criterios de seguridade, os sistemas de refrixeración clasifícanse nos seguintes tipos, segundo cal sexa o seu emprazamento: a) Tipo 2: Sistema de refrixeración co sector de alta presión instalado nunha sala de máquinas

específica ou ao aire libre. b) Tipo 3: Sistema de refrixeración con todas as partes que conteñen refrixerante situado nunha sala

de máquinas específica ou ao aire libre c) Tipo 4: Sistema de refrixeración instalado nunha sala de máquinas específica ou ao aire libre.

87) Segundo o Regulamento de seguridade para plantas e instalación frigoríficas os refrixerantes serán

denominados obrigatoriamente: a) Pola súa fórmula ou pola súa denominación química b) Pola súa denominación comercial c) Pola súa denominación comercial e pola súa fórmula química.

88) Segundo o Regulamento de seguridade para plantas e instalación frigoríficas as instalacións frigoríficas de nivel 1 a) Poden constar de varios sistemas, sempre que a potencia de cada un sexa inferior a 30 kW. b) A potencia eléctrica instalada total non pode ser superior a 100 kW. c) A potencia de cada sistema non pode ser superior a 100 kW.

89) Segundo o Regulamento de seguridade para plantas e instalación frigoríficas a sala de máquinas

pódense almacenar ata: a) 200 kg de refrixerante propio b) O 25 % da carga total da instalación. c) O 20% da carga total da instalación, sen superar 50 kg.

90) Segundo o CTE SI 1 no interior dun local de risco especial de incendios, situado nunha planta (altura de

evacuación =12 m) que dispón de dúas saídas, o percorrido de evacuación ata a saída do devandito local é de 10 m. Cal será a distancia máxima que debe existir dende a saída do local de risco especial ata a saída de planta, tendo en conta que o edificio é de uso docente universitario e unha ocupación por planta de máis de 100 usuarios? a) 35 m b) 25 m c) 40 m

91) Un edificio docente está desenvolvido en dúas plantas que se comunican exclusivamente por dúas

escaleiras, das cales soamente unha é protexida e a outra posúe un ollo que ocupa unha superficie en planta de 1,20 m2. Cada planta ten máis de 100 usuarios de ocupación. En cuxo caso podemos afirmar que o percorrido máximo de evacuación da planta superior ata unha das escaleiras é de: a) 25. b) 35. c) 50.

Páxina 17 de 23

92) Os edificios que teñan unha altura de evacuación descendente de 9 m deben dispoñer para o servizo de bombeiros dun espazo de manobra ao longo das fachadas nas que estean situados os accesos principais, que cumpra as seguinte condicións: a) Anchura mínima 5 m. Altura libre a do edificio. Separación máxima do vehículo de bombeiros a

plano de fachada 23 m e 30 m a calquera acceso principal. Pendente máxima do 10% e unha resistencia ao punzonamento do chan de 20 t sobre 20 cm. de ø

b) Anchura mínima 10 m. Altura libre a do edificio. Separación máxima do vehículo de bombeiros a plano de fachada 25 m e 30 m a calquera acceso principal. Pendente máxima do 10% e unha resistencia ao punzonamento do chan de 20 t sobre 20 cm. de ø

c) Anchura mínima 15 m. Altura libre a do edificio. Separación máxima do vehículo de bombeiros a plano de fachada 25 m e 30 m a calquera acceso principal. Pendente máxima do 10% e unha resistencia ao punzonamento do chan de 20 t sobre 20 cm. de ø

93) Segundo o DB SE 4 a partir de que superficie un edificio docente debe estar equipado con instalación

de alarma de incendios: a) 1.000 m2 b) 2.000 m2 c) 5.000 m2

94) Segundo a clasificación de produtos de construción, o índice SMOGRA dun material ou un elemento

construtivo, indica a) A velocidade de propagación do lume. b) A velocidade de propagación do fume. c) A propagación lateral das lapas.

95) Un material de construción, de forma non lineal e non destinado a pavimento, ten o seguinte

comportamento ao lume:

• Velocidade de propagación do fume ≤180 m2/seg2

• Velocidade de propagación do lume ≤750 w/seg

• Propagación das lapas 150 mm en 60 seg

• Produción total de fume en 600 seg é de 200 m2

• e ao arder non desprende gotas nin partículas inflamables durante 600 seg. En este caso, a clasificación do material será: a) DFL - s2, d1 b) F-s1, d1 c) D-s2,d0

96) Para que un produto composto por máis dun material poida ser considerado de clase A1:

a) Terá necesariamente que ser ensaiado en calquera caso. b) Non existirá necesidade de ensaio se o produto está composto por materiais clasificados A1 e o

aglomerante ou adhesivo utilizado non supera o 1% do peso ou do volume do material (o que sexa máis desfavorable).

c) Non existirá necesidade de ensaio se o produto está composto por materiais clasificados A1 segundo o RD 31/2005 e o aglomerante ou adhesivo utilizado non supera o 0,1% do peso ou do volume do material (o que sexa máis desfavorable).

Páxina 18 de 23

97) Segundo o Regulamento de Instalacións contraincendios, os interruptores de alarma estarán separados

a unha distancia máxima de: a) 25 m b) 30 m c) 15 m

98) Segundo o Regulamento de Instalacións contraincendios, indicar cal destes axentes extintores é o máis axeitado para un lume tipo A (sólidos): a) Auga a chorro b) Auga pulverizada c) Po polivalente (ABC)

99) O diámetro dunha columna seca dunha instalación de extinción de incendios debe de ser:

a) 80 mm b) 60 mm c) Dependerá do número de bocas de incendio que sirva e da lonxitude da columna seca.

100) Segundo o DB HS-2, o almacén para colectores de residuos deberase dispoñer:

a) Obrigatoriamente no interior do edificio. b) A unha distancia menor de 25 m do acceso do edificio. c) A unha distancia menor de 15 m do acceso do edificio.

101) Indicar cal destas afirmacións non se axusta ás especificacións do DB HS 2 (Recollida e Evacuación

de Residuos): a) A temperatura interior do almacén de colectores non deberá superar os 30ºC. b) O almacén de colectores deberá ter unha toma base fixa de enchufe de 16 A 2p+T segundo UNE

20.315: 1994. c) As paredes e teitos que a separan do resto do edificio deben de ter unha resistencia ao lume EI 60.

102) Nun edificio destinado a residencia de estudantes dispúxose unha instalación de evacuación

discriminada de residuos mediante baixantes por gravidade. Sabendo que o percorrido vertical destas é de 12 m, indicar o número mínimo de dobraduras que hai que dispoñer no devandito percorrido para evitar os ruídos producidos por unha velocidade excesiva de caída, segundo as indicacións do DB HS 2 (Recollida e Evacuación de Residuos): a) 2 dobraduras b) 1 dobradura c) Ningunha, xa que o percorrido vertical non supera os 12 m.

Páxina 19 de 23

103) De acordo co RD que regula a produción e xestión de residuos de construción ou demolición, a documentación esixida neste deberase entregar previamente ao outorgamento da licenza urbanística para a construción ou demolición dun edificio: a) Co proxecto básico, o cal deberá necesariamente incluír a totalidade da documentación esixida en

Real Decreto. b) Achegarase obrigatoriamente no proxecto de execución da obra a totalidade da documentación

esixida no Real Decreto. c) Poderase presentar parte da documentación requirida no Real Decreto formando parte do proxecto

básico cando se solicite a licenza urbanística, completándose o resto no proxecto de execución. 104) De acordo co RD de Produción e Xestión de Residuos na construción e demolición, o produtor de

residuos nunha obra que necesita licenza urbanística é: a) O promotor da obra. b) O construtor da obra c) O titular da licenza urbanística

105) Indicar que resposta é válida segundo o RD de Produción e Xestión de Residuos na construción e

demolición: a) A validación dos residuos deberá contar sempre coa aprobación previa da Administración da

comunidade autónoma. b) A Administración da comunidade autónoma poderá eximir da aprobación previa da validación dos

residuos, se estes son reutilizados na propia obra. c) A validación dos residuos deberá contar sempre coa aprobación previa da Administración Municipal

do concello onde se vaia realizar a validación. 106) Segundo a Lei de prevención de riscos laborais, a formación dos traballadores deberá de realizarse:

a) Só no momento da súa contratación e ten validez permanente b) No momento da súa contratación e dependendo da modalidade da súa contratación c) Haberá de repetirse cando se produzan cambios nas funcións que desempeñe ou se introduzan

novas tecnoloxías ou cambios nos equipos de traballo 107) Segundo a Lei de prevención de riscos laborais, cando un traballador considere que unha

actividade entraña un risco grave e inminente para a súa vida ou a súa saúde: a) Poderá interromper a súa actividade e abandonar o lugar de traballo. b) Poderá interromper a súa actividade unha vez que o seu inmediato superior avaliase a situación c) Poderá interromper a súa actividade só por orde da inspección de traballo.

108) Segundo a Lei de prevención de riscos laborais, cando nun mesmo centro de traballo desenvolven

actividades traballadores de dúas ou máis empresas: a) O titular do centro de traballlo está obrigado a realizar a coordinación de actividades empreariais

cando o risco das actividades o xustifique b) O titular do centro de traballo está sempre obrigado a realizar a coordinación de actividades

empresariais c) Só se se produce unha petición dalgunha das empresas, o titular do centro de traballo está

obrigado a realizar a coordinación de actividades empresariais.

Páxina 20 de 23

109) Segundo a Lei de prevención de riscos laborais, os traballadores contratados por empresas de

traballo temporal a) Deberán gozar do mesmo nivel de protección en materia de seguridade e saúde que os restantes

traballadores da empresa na que prestan os seus servizos. b) O nivel de protección en materia de seguridade e saúde é o que establece a empresa de traballo

temporal de forma xeral para todos os traballadores c) Só existe obrigatoriedade en relación á vixilancia da saúde

110) A designación de coordinador de seguridade e saúde en obras de construción será realizada por:

a) O contratista principal. b) O promotor. c) O director facultativo da obra

111) No caso dunha obra realizada por unha Administración Pública, a aprobación do plan de seguridade

e saúde correspóndelle a) Á administración contratante. b) Ao coordinador c) Non é necesaria a aprobación

112) Cal das seguintes características dos resgardos non é correcta?

a) Serán de fabricación sólida e resistente. b) Non deberán limitar máis do imprescindible ou necesario a observación do ciclo de traballo. c) Estarán fabricados na UE.

113) Cal das seguintes afirmacións non é correcta?: A iluminación de cada zona ou parte dun lugar de traballo deberá adaptarse ás características da actividade que se efectúe nela, tendo en conta: a) Os riscos para a seguridade e saúde dos traballadores dependentes das condicións de visibilidade. b) O consumo enerxético c) As esixencias visuais das tarefas desenvolvidas

114) Segundo o ámbito de aplicación da Lei reguladora da subcontratación no sector da construción:

a) Un traballador autónomo non pode empregar nunca a traballadores por conta allea en traballos de subcontratación.

b) Un traballador autónomo pode contratar a traballadores por conta allea se aquel asume contractualmente co contratista ou o subcontratista os traballos a realizar.

c) Un traballador autónomo pode empregar a traballadores por conta allea.

Páxina 21 de 23

115) Indicar cál destas afirmacións é verdadeira segundo a Lei reguladora da subcontratación no sector da construción: a) Unha subcontrata á que só lle contrataran man de obra, así como as ferramentas manuais e

portátiles necesarias para desenvolver os traballos, non poderá subcontratar outra empresa ou traballadores autónomos.

b) Unha subcontrata á que só lle contrataran man de obra, así como as ferramentas manuais e portátiles necesarias para desenvolver os traballos, poderá subcontratar outra empresa ou traballadores autónomos, sempre e cando sexa o primeiro subcontratista.

c) Unha subcontrata á que só lle contrataran man de obra, así como as ferramentas manuais e portátiles necesarias para desenvolver os traballos, poderá subcontratar outra empresa ou traballadores autónomos sempre e cando non sexa terceiro subcontratista.

116) De acordo coa Lei reguladora da subcontratación no sector da construción, sinalar cál destas

respostas é a correcta: a) A inscrición no Rexistro de Empresas acreditadas realizarase ante o Ministerio de Industria, Turismo

e Enerxía e terá validez en todo o territorio nacional. b) A inscrición no Rexistro de Empresas acreditadas realizarase ante a autoridade laboral da

comunidade autónoma e terá validez en todo o territorio nacional. c) A inscrición no Rexistro de Empresas acreditadas realizarase ante a autoridade laboral da

comunidade autónoma e terá validez no territorio da súa competencia. 117) Indique cal é o prazo máximo dunha prórroga para un contrato de servizos que ten un prazo de

vixencia orixinal de 2 anos segundo a Lei de Contratos do Sector Público: a) 4 anos b) 2 anos c) 1 ano

118) Segundo a Lei de Contratos do Sector Público indique cal das seguintes afirmacións é verdadeira

sobre o criterio de adxudicación, naqueles casos nos que o criterio de adxudicación sexa único: a) Nestes casos o criterio debe ser sempre o do prezo máis baixo. b) Pode escollerse calquera criterio que poida valorarse mediante a simple aplicación de fórmulas

establecidas nos pregos. c) Pode escollerse calquera criterio que a mesa de contratación vincule ao obxecto do contrato.

119) Indique cal das seguintes opcións é correcta respecto á modificación de contratos do sector público

segundo a Lei de Contratos do Sector Público: a) Os contratos poderán modificarse en calquera caso, sempre que exista unha resolución motivada

por parte do órgano de contratación e exista dotación orzamentaria suficiente. b) Os contratos non poderán modificarse baixo ningunha circunstancia e calquera contrato que inclúa

cláusulas ao respecto será declarado nulo. c) Os contratos poderán modificarse segundo estea previsto nos pregos, no anuncio de licitación, ou

naqueles casos que están regulados na propia Lei de Contratos do Sector Público.

Páxina 22 de 23

120) Indique cal dos seguintes supostos está recollido na Lei de Contratos do Sector Público como limiar de valor estimado para permitir a adxudicación de contratos de obras mediante procedemento negociado: a) Cando o seu valor estimado sexa inferior a 100.000 euros. b) Cando o seu valor estimado sexa inferior a un millón de euros. c) Cando o seu valor estimado sexa inferior a 500.000 euros.

PREGUNTAS DE RESERVA

121) Elixir a resposta correcta: a) Todas as instalacións de subministración de augas requirirán dun proxecto técnico. b) Soamente aquelas instalacións cun caudal de auga superior a 3 L/s requirirán dun proxecto ou

dunha memoria técnica c) As instalación cun caudal inferior a 3L/s non requiren proxecto pero si memoria técnica

122) Os requisitos para a autorización das empresas instaladoras subministros de auga inclúen a

obrigatoriedade de que a relación entre o número total de operarios e o de operarios con carné de instalador de fontanaría non sexa superior a a) Dez b) Cinco c) Vinte

123) Qué caudal mínimo debe estimarse para baixos comerciais por cada 50 m2 ou fracción, ós efectos

de cálculo de caudal simultáneo, segundo ó documento básico DB-HS 4? a) 0,2 l/s b) 1,0 l/s c) 5,0 l/s

124) Marque a resposta correcta: O procedemento básico para a certificación da eficiencia enerxética dos edificios será de aplicación a: a) Edificios ou partes de edificios nos que unha autoridade pública ocupe unha superficie útil total

superior a 300 m2 e que sexan frecuentados habitualmente polo público. b) Edificios ou partes de edificios nos que unha autoridade pública ocupe unha superficie útil total

superior a 250 m2 e que sexan frecuentados habitualmente polo público. c) Edificios ou partes de edificios nos que unha autoridade pública ocupe unha superficie útil total

superior a 150 m2 e que sexan frecuentados habitualmente polo público. 125) A validez dun certificado de eficiencia enerxética é de :

a) 20 anos b) 15 anos c) 10 anos

126) Marque a resposta incorrecta. Exclúense do ámbito de aplicación do Real Decreto 235/2013,

(certificación enerxética de edificios): a) Construcións provisionais cun prazo previsto de utilización igual ou inferior a dous anos. b) Edificios industriais, da defensa e agrícolas ou partes dos mesmos. c) Edificios ou partes de edificios illados cunha superficie útil total inferior a 50 m2.

Páxina 23 de 23