Programa Abreviado Estudiantes

4
Programa Electoral Luis Castedo Candidato a reitor da UDC 2011 http://luiscastedo.com

Transcript of Programa Abreviado Estudiantes

Page 1: Programa Abreviado Estudiantes

Programa ElectoralLuis Castedo

Candidato a reitor da UDC 2011

http://luiscastedo.com

Page 2: Programa Abreviado Estudiantes

Calidade docente e de aprendizaxe• Impulsar un modelo de ensino centrado no estudante, tal como se

demanda na aplicación de Boloña, fomentando a implicación do alum-nado no proceso formativo, na vida universitaria e especialmente nas decisións que lle afectan

• Fomentar e facilitar a creación de itinerarios que conduzan á obten-ción de dobres titulacións que atraian estudantes con interese nunha formación diferenciada e menos convencional

• Ofertar títulos conxuntos con outras universidades nacionais e es-tranxeiras

• Asegurar a vosa participación na avaliación de Centros e Titulacións• Optimizar o servizo de bibliotecas promovendo a súa transformación

en Centros de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación (CRAI)• Promover, incrementar, explotar e mellorar o acceso a contidos e ser-

vizos electrónicos da biblioteca• Organizar “campamentos científicos de verán”, ofertando cursos e

obradoiros eminentemente prácticos sobre diferentes temáticas cien-tíficas, tecnolóxicas e humanísticas (natureza, informática, enxeñaría, deporte, humanidade, linguas estranxeiras, etc.)

Mellorar os servizos• Reorganizar o Servizo de Asesoramento e Promoción do Estudante

(SAPE) mellorando o asesoramento sobre bolsas, itinerarios formati-vos e as posibilidades de mobilidade no EEES

• Fundar a Páxina Web e a Revista Dixital do Estudantado

Presénto a miña candidatura a Reitor para facer da UDC unha universidade máis plural, máis eficaz e máis innovadora. Plural porque cremos que é posible que estudantes, persoal de administración e servizos, profeso-res e investigadores, malia a súa diversidade, se identifiquen cun mesmo proxecto, que ten como fin último a excelencia na formación dos nosos estudantes, o éxito académico dos nosos docentes, a solvencia da nosa xestión e o progreso da institución que nos acolle a todos. Eficaz por-que os tempos de crise en que nos atopamos nos obrigan a aproveitar ao máximo todos os nosos recursos humanos, materiais e financeiros. E innovadora porque estamos certos de que os desafíos a que nos imos enfrontar se poden superar se recorremos a novas fórmulas e solucións. Afrontamos tempos de cambio, e por iso apaixonantes, nos que non hai lugar para o pesimismo nin a desilusión. Máis ben o contrario. Na Galicia do futuro coa que todos soñamos, o coñecemento e a súa transmisión á nosa xuventude van xogar un papel decisivo. É responsabilidade nosa adaptarnos aos novos tempos para que a UDC estea á altura dos retos que se nos presentan. A UDC debe responder axeitadamente á esixencia que Galicia nos demanda de ter un servizo público de educación superior de calidade, que lle permita proxectarse no futuro e lle axude a alcanzar as súas aspiracións máis nobres de desenvolvemento humano, científico e social.

Unha aperta afectuosa

Luis Castedohtttp://luiscastedo.com

Benqueridos amigos e amigas da Universidade da Coruña Para vós reivindicamos

Page 3: Programa Abreviado Estudiantes

• Crear un Consello de Estudantes onde estean representadas as distin-tas facultades e cada unha das Asociación de Estudantes

• Ampliar, na medida do posible, as bolsas e axudas da UDC • Promover a creación de residencias públicas e a sinatura de convenios

coas privadas tanto no campus da Coruña como no de Ferrol• Mellorar as condicións de estudo (horarios, bibliotecas, salas de estu-

do, reprografías, etc.) sen esquecer os campus periféricos• Negociar coas autoridades responsables un mellor servizo de trans-

porte público axeitado aos nosos horarios que ao tempo sexa eficaz e barato

• Promover un transporte colectivo eficaz entre os distintos campus da UDC

• Supervisar a calidade dos servizos de restauración e cafetería nos dis-tintos campus

• Xestionar axudas indirectas (bonos de comida, transporte, viaxes, fo-tocopias, etc.)

• Mellorar a oferta de cursos de linguas estranxeiras como complemen-to da formación

• Ofertar cursos de emprendemento para apoiar os estudantes que queiran crear novas empresas

Promover a vosa inserción laboral e a vosa preparación pro-fesional

• Impulsar a firma de convenios a nivel institucional para que un núme-ro maior de estudantes poida realizar prácticas en empresas

• Crear un servizo telemático de emprego da UDC que proporcione orientación e apoio á inserción laboral dos seus estudantes e egre-sados

• Proporcionar asesoría gratuíta e incentivos ao alumnado emprendedor que opte por desenvolver proxectos empresariais como medio de in-serción no mercado laboral

• Potenciar e mellorar o Observatorio Ocupacional • Realizar estudos sistemáticos da inserción laboral dos titulados da

UDC• Promover a implicación do Consello social e da Fundación da Uni-

versidad da Coruña (FUAC) na orientación e na inserción laboral do estudantado

Optimizar a oferta deportiva da UDC• Maximizar a divulgación dos deportes que practica a comunidade

académica da UDC facilitando a organización de competicións e con-cursos, así como a participación nas competicións que xa existan a nivel autonómico ou nacional

• Ampliar e difundir os convenios da UDC para o uso de instalacións deportivas externas co fin de lograr unha oferta de actividades depor-tivas o máis ampla posible

• Ampliar o horario de apertura das instalacións deportivas• Ampliar os descontos que se aplican ao persoal da UDC polo uso de

instalacións deportivas aos seus familiares directos• Establecer un plan de mellora da calidade dos equipos deportivos uni-

versitarios• Abrir a oferta de deportes da universidade a proposta de aqueles que

os practican• Promocionar aos nosos equipos deportivos para conseguir patroci-

nadores

Page 4: Programa Abreviado Estudiantes

Unha UDC da que nos sintamos orgullosos ✓ Ao servizo dos seus estudantes ✓ Que aprecie o labor do seu PAS ✓ Ilusionada coa docencia e a investigación ✓ Próxima, amable, que conte coa opinión de todos ✓ Que contribúa á proxección da cultura, a ciencia e a innovación ga-

legas

Unha UDC que xestione eficazmente os seus recursos e loite por un mellor financiamento

✓ Capaz de negociar coas administracións públicas ✓ Que racionalice e priorice axeitadamente o gasto ✓ Imaxinativa á hora de explorar novas vías de financiamento ✓ Áxil, sen confusos procedementos burocráticos ✓ Cunha eficiente estrutura organizativa do seu PAS

Unha UDC atractiva para os estudantes ✓ Cunha oferta académica de titulacións que sexa un referente en Ga-

licia ✓ Con residencias universitarias públicas nos Campus da Coruña e Fe-

rrol ✓ Que dispoña dunhas infraestruturas e un transporte colectivo axei-

tados ✓ Que se preocupe pola inserción laboral dos seus titulados. ✓ Cun Consello de Estudantes que represente a todo o estudantado

A UDC que queremos ...Unha UDC que aposte pola calidade da súa docencia

✓ Que motive os labores docentes dos seus profesores ✓ Que fomente o uso de metodoloxías docentes innovadoras ✓ Que utilice linguas estranxeiras durante a aprendizaxe ✓ Que organice racionalmente as súas actividades docentes ✓ Que promova sinerxías entre docencia e investigación

Unha UDC que aposte decididamente pola investigación e a innovación

✓ Que potencie os grupos de investigación ✓ Cuns altos índices de produción científica ✓ Que valore a captación de axudas á investigación ✓ Que impulse as actividades do Parque Tecnolóxico nos Campus da

Coruña e Ferrol ✓ Que sexa líder en transferencia de tecnoloxía