Programa das Letras Galegas 2013 no IES A Cachada

2
SOBRE ROBERTO VIDAL BOLAÑO Foi un tipo grande, todo nel era grande: dende a súa impresionante estatura con aquel nariz afiado que cortaba o vento, a súa inquebrantable forza de vontade, e toda a súa grande humanidade, que ás veces agachaba tras un redondo nariz vermello de pallaso que, para agasallo dos deuses, lle serviu para berrar verdades coma puños. Como home foi inconmensurable, auténtico e íntegro, e bebeu a vida en grandes grolos, tras unha mesta nube de fume de tabaco. De fortes conviccións éticas, loitou vehementemente por defender as súas ideas e, teimudo como era, levounas adiante, sen parar a medir o esforzo e as consecuencias. Aberto ás ideas e ás persoas, foi quen de franquear a porta aos que viñan de fóra e facerlles un sitio dentro da escena. Sempre colaborou con todos e foi un dos grandes animadores do debate permanente do Teatro”. César Lombera “Non, Roberto no se nos vai dun bar, nin dun teatro, nin da memoria dos bares, dos teatros, dos libros, dos labirintos que compoñen e edifican esta nosa experiencia vital, artística e dialéctica. El é, sen máis, unha presenza viva e perdurábel… Perdura nos teatros e na memoria da xente, do paisano ao catedrático. Non é un desaparecido. Eu sei por que. Porque o necesitamos. Hoxe talvez máis que nunca”. Manuel Lourenzo. Programa IES A Cachada. Boiro 13,14,15 de maio

description

Programa das Letras Galegas 2013 no IES A Cachada.

Transcript of Programa das Letras Galegas 2013 no IES A Cachada

Page 1: Programa das Letras Galegas 2013 no IES A Cachada

   

 SOBRE  ROBERTO  VIDAL  BOLAÑO  

 “Foi   un   tipo  grande,   todo  nel   era  grande:   dende  a  súa   impresionante   estatura   con   aquel   nariz   afiado  que  cortaba  o  vento,  a  súa  inquebrantable  forza  de  vontade,   e   toda   a   súa   grande   humanidade,   que   ás  veces   agachaba   tras   un   redondo   nariz   vermello   de  pallaso   que,   para   agasallo   dos   deuses,   lle   serviu  para   berrar   verdades   coma   puños.   Como   home   foi  inconmensurable,   auténtico   e   íntegro,   e   bebeu   a  vida   en   grandes   grolos,   tras   unha   mesta   nube   de  fume  de  tabaco.  De  fortes  conviccións  éticas,   loitou  vehementemente   por   defender   as   súas   ideas   e,  teimudo   como   era,   levounas   adiante,   sen   parar   a  medir  o  esforzo  e  as  consecuencias.  Aberto  ás  ideas  e  ás  persoas,  foi  quen  de  franquear  a  porta  aos  que  viñan  de   fóra  e   facerlles  un   sitio  dentro  da  escena.  Sempre   colaborou   con   todos   e   foi   un   dos   grandes  animadores   do   debate   permanente   do   Teatro”.  César  Lombera  

“Non,  Roberto  no  se  nos  vai  dun  bar,  nin  dun  teatro,  nin   da  memoria   dos   bares,   dos   teatros,   dos   libros,  dos   labirintos   que   compoñen   e   edifican   esta   nosa  experiencia   vital,   artística   e   dialéctica.   El   é,   sen  máis,   unha   presenza   viva   e   perdurábel…   Perdura  nos   teatros  e  na  memoria  da   xente,  do  paisano  ao  catedrático.  Non  é  un  desaparecido.  Eu  sei  por  que.  Porque  o  necesitamos.  Hoxe  talvez  máis  que  nunca”.  Manuel  Lourenzo.  

   

   

   

Programa

IES A Cachada. Boiro

13,14,15 de maio

Page 2: Programa das Letras Galegas 2013 no IES A Cachada

MÉRCORES,  8  DE  MAIO  

11:00   Encontro   do   alumnado   de   1º   de   ESO   co   escritor   Marcos  Calveiro,  autor  do  libro  Palabras  de  auga.    

 

LUNS,  13  DE  MAIO  

11.:00  Encontro  do  alumnado  de  2º  de  ESO  co  escritor  Tucho  Calvo,  autor  do  libro  Formigas.    

12:45   Encontro   do   alumnado   de   3º   de   ESO   coa   escritora   Natalia  Carou,  autora  do  libro  O  alento  nas  costas.    

 

MARTES,  14  DE  MAIO  

12:35  Todos  ao  teatro!  

O  seguinte.  1º  premio  do  concurso  de  microtextos  teatrais.  Autores:  Lois  Pimentel  e  Loreto  Abalo.    

Benvido   ao   mundo   real:   2º   premio   do   concurso   de  microtextos   teatrais.   Autores:   Iván   Segade,   Irene  Vicente   e  Xacobe  Galbán.      

Sketchs  da    obra  Anxos  de  garda.  Autora:  Anxos  Sumai.    

 

16:30  

Sesión  de  contacontos  con  Cándido  Pazó:  Historias  de  sempre  para  rapaces  de  agora.  

“Un   espectáculo   de   conto   e   comedia   que   fai   da   lingua   unha  experiencia   lúdica.   Unha   hora   de   diversión,   evocación,   imaxinación,  emoción,  reflexión  e  outras  cousas  para  estar  on”.  

 MÉRCORES  15  DE  MAIO  

12:35   Homenaxe  a  Roberto  Vidal  Bolaño.    

Presentación   do   vídeo   sobre   a   súa   vida   e   obra  realizado  polo  Club  do  Antifás.    

Presentación  do  nº  1  da  revista  Xanela  Dixital.    Os   membros   do   consello   de   redacción   da   revista  amosarán   as   seccións   que   aparecerán   neste   novo  número.  

Entrega  de  premios   Concurso   de   relato   curto,   poesía   e   banda   deseñada,  

organizado   polo   departamento   de   Lingua   galega   e   o  Equipo  de  Dinamización  Lingüística.  

Concurso   de   microtextos   teatrais,   organizado   polo  Equipo  de  Dinamización  Lingüística.  

Concurso   de  marcapáxinas,   organizado  polo   Equipo  de  Dinamización  Lingüística.  

Entroido   2013,   organizado   polo   departamento   de  Actividades  Complementarias  e  Extraescolares.    

EXPOSICIÓN  ROBERTO  VIDAL  BOLAÑO  

Durante   os   días   14,   15   e   16   de  maio   poderase   ver   no   noso   centro  unha  exposición  sobre  Roberto  Vidal  Bolaño  enviada  pola  Secretaría  Xeral   de   Política   Lingüística   e   que   vén   acompañada   dunha   serie   de  actividades   que   están   a   disposición   de   todos   os   que   desexen  realizalas.    

Organiza:  Equipo  de  Dinamización  da  Lingua  Galega  IES  A  Cachada.  

Colabora: