Programa electoral · Luis Castelo

28
Programa Electoral Luis Castedo Candidato a reitor da UDC 2011 http://luiscastedo.com

description

Programa electoral de Luis Castelo; candidato o reitor da UDC 2011

Transcript of Programa electoral · Luis Castelo

Page 1: Programa electoral · Luis Castelo

Programa ElectoralLuis Castedo

Candidato a reitor da UDC 2011

http://luiscastedo.com

Page 2: Programa electoral · Luis Castelo

Ao longo dos últimos anos tiven a oportunidade de desempeñar distintas tarefas de xestión nesta univer-sidade, tanto de carácter xeral, como representante do Claustro e membro do Consello de Goberno, como de maneira concreta na miña Facultade e no meu Departa-mento. Durante este tempo fostes varios os compañei-ros que me animastes a presentarme a reitor da UDC. A medida que estes ánimos se ían estendendo, e tras recibir numerosos apoios de persoal docente e inves-tigador, estudantes e membros do persoal de admi-nistración e servizos, puiden ir estudando e analizado de forma pormenorizada as inquedanzas que me fa-ciades chegar e as carencias que todos detectabamos dentro da nosa Institución. Puiden descubrir que si é posible construír outra universidade máis aberta, máis internacional, máis emprendedora e máis centrada na-queles que nunca deberon deixar de ser os auténticos protagonistas: vós. A isto debo unir o apoio explícito

Benqueridos amigos e amigas da

Universidade da Coruña

Page 3: Programa electoral · Luis Castelo

prestado polo grupo Alternativa Universitaria de Pro-greso que decidiron elixirme, tamén eles, como o can-didato idóneo para representar a UDC ao máis alto ni-vel, cousa que agradezo encarecidamente. Todos estes folgos fixeron que non dubidase á hora de asumir con ilusión e convicción esta grandísima responsabilidade que agora teño por diante.

Preséntome para facer da UDC unha universidade máis plural, máis eficaz e máis innovadora. Plural por-que cremos que é posible que estudantes, persoal de administración e servizos, profesores e investigado-res, malia a súa diversidade, se identifiquen cun mes-mo proxecto, que ten como fin último a excelencia na formación dos nosos estudantes, o éxito académico dos nosos docentes, a solvencia da nosa xestión e o progreso da institución que nos acolle a todos. Eficaz porque os tempos de crise en que nos atopamos nos obrigan a aproveitar ao máximo todos os nosos re-cursos humanos, materiais e financeiros. E innovadora porque estamos certos de que os desafíos aos que nos imos enfrontar se poden superar se recorremos a novas fórmulas e solucións. Afrontamos tempos de cambio, e por iso apaixonantes, nos que non hai lugar para o pe-simismo nin a desilusión. Máis ben o contrario. Na Ga-licia do futuro coa que todos soñamos, o coñecemento e a súa transmisión á nosa xuventude van xogar un papel decisivo. É responsabilidade nosa adaptarnos aos

novos tempos para que a UDC estea á altura dos retos que se nos presentan. A UDC debe responder axeita-damente á esixencia que Galicia nos demanda de ter un servizo público de educación superior de calidade, que lle permita proxectarse no futuro e lle axude a alcanzar as súas aspiracións máis nobres de desenvolvemento humano, científico e social.

Unha aperta afectuosa

Luis Castedo

http://luiscastedo.com

Page 4: Programa electoral · Luis Castelo

As universidades teñen a responsabilidade de formar profesionais competentes e de liderar a investigación e a innovación, mediante a implantación de políticas orientadas a conseguir a calidade, a eficiencia e a ex-celencia docente e investigadora, de xeito que os seus titulados cumpran cos máximos niveis de esixencia de cualificacións académicas que a sociedade demande, e que os resultados dos seus grupos de investigación contribúan ao crecemento económico e á mellora da calidade de vida da súa contorna.

Na actualidade, o sistema universitario español está a vivir un período cheo de cambios e incertezas, o que dificulta que unha universidade pública, como a UDC, alcance os seus obxectivos.

A todo isto temos que engadir que nos últimos anos a nosa universidade foi perdendo prestixio dentro do Sistema Universitario Galego (SUG). De feito é a ins-titución universitaria de Galicia con menos grupos de investigación de referencia recoñecidos pola Xunta, con menos proxectos de investigación, a única sen campus

Motivación

Page 5: Programa electoral · Luis Castelo

de excelencia e, entre outras cousas, a que acada me-nor financiamento por estudante.

Ante esta realidade e tendo en conta que, tal como establece o recentemente aprobado Plan de Financia-mento do Sistema Universitario de Galicia 2011-2015, a competencia polos fondos públicos vai estar condi-cionada á consecución duns obxectivos específicos, medidos a través de indicadores auditados, cómpre fa-cer unha análise crítica das nosas debilidades.

É o momento de promover un profundo cambio na UDC, asumindo as súas responsabilidades sociais e respondendo ás demandas derivadas da natureza dun-ha institución pública e de calidade.

Page 6: Programa electoral · Luis Castelo

Unha UDC da que nos sintamos orgullosos

✓ Ao servizo dos seus estudantes ✓ Que aprecie o labor do seu PAS ✓ Ilusionada coa docencia e a investigación ✓ Próxima, amable, que conte coa opinión de todos ✓ Que contribúa á proxección da cultura, a ciencia e a innovación galegas.

Unha UDC que xestione eficazmente os seus recursos e loite por un mellor financiamento

✓ Capaz de negociar coas administracións públicas ✓ Que racionalice e priorice axeitadamente o gasto ✓ Imaxinativa á hora de explorar novas vías de finan-ciamento

✓ Áxil, sen confusos procedementos burocráticos ✓ Cunha eficiente estrutura organizativa do seu PAS

A UDC que queremos ...

Page 7: Programa electoral · Luis Castelo

Unha UDC atractiva para os estudantes

✓ Cunha oferta académica de titulacións que sexa un referente en Galicia

✓ Con residencias universitarias públicas nos Campus da Coruña e Ferrol

✓ Que dispoña dunhas infraestruturas e un transpor-te colectivo axeitados

✓ Que se preocupe pola inserción laboral dos seus titulados.

✓ Cun Consello de Estudantes que represente a todo o estudantado

Unha UDC que aposte pola calidade da súa docencia

✓ Que motive os labores docentes dos seus profe-sores

✓ Que fomente o uso de metodoloxías docentes in-novadoras

✓ Que utilice linguas estranxeiras durante a apren-dizaxe

✓ Que organice racionalmente as súas actividades docentes

✓ Que promova sinerxías entre docencia e investiga-ción

Unha UDC que aposte decididamente pola investigación e a innovación

✓ Que potencie os grupos de investigación ✓ Cuns altos índices de produción científica ✓ Que valore a captación de axudas á investigación ✓ Que impulse as actividades do Parque Tecnolóxico nos Campus da Coruña e Ferrol

✓ Que sexa líder en transferencia de tecnoloxía

Page 8: Programa electoral · Luis Castelo

Obxectivos

O que co apoio de Alternativa Universitaria de Progreso queremos é unha universidade plural, eficiente, inno-vadora e integradora que desde unha posición aberta, independente e non aliñada politicamente, desenvol-va modelos de xestión democráticos, transparentes e participativos, orientados a lograr a calidade docente, a excelencia na investigación, e a proxección interna-cional da cultura, a ciencia e a innovación galegas, pois estes elementos son a base do desenvolvemento so-cial, compromiso ineludible que lle corresponde á UDC como universidade pública.

Queremos liderar unha universidade que conte coa colaboración de todos os axentes implicados, que avance sen tutelaxes, nin herdanzas, nin sucesións im-postas, que teña como principal obxectivo converter-se nunha institución que estableza as condicións ne-cesarias para prestixiar a formación que imparte e a investigación que realiza, de xeito que, por un lado, o seu alumnado se poida incorporar ao mercado laboral o antes posible, nos postos para os que se prepararon e, por outro, para que a sociedade e a industria vexan na

Page 9: Programa electoral · Luis Castelo

UDC unha institución da que emana coñecemento e in-novación con grupos de investigación aos que recorrer na procura de solucións.

Para afrontar este reto contamos cun equipo capaz e ilusionado, con ganas de traballar con empeño por e para a nosa universidade, poñendo en práctica un es-tilo de goberno integrador, baseado no consenso e na liberdade de expresión que, xuntando os esforzos e as ilusións da súa comunidade universitaria, logre reva-lorizar as potencialidades da UDC converténdoa nunha marca de calidade prestixada.

Propoñemos un programa electoral estruturado ao redor de cinco liñas de acción básicas, orientado a mo-dificar a situación actual, acadando maiores niveis de calidade docente e investigadora que permitan recu-perar o prestixio perdido nos últimos anos e mellorar significativamente nos indicadores que inciden na cap-tación de recursos do modelo de financiamento auto-nómico.

Page 10: Programa electoral · Luis Castelo

As liñas de acción que propoñemos actuarán de xeito conxunto para que cheguemos a ter unha universida-de prestixiada, eficiente, integrada na nosa contorna, comprometida coas súas necesidades, cunha oferta académica moderna e de calidade, capaz de formar os mellores profesionais, con grupos de investigación de excelencia capacitados para realizar unha transferencia innovadora e efectiva de tecnoloxía que contribúa ao crecemento económico e á mellora do nivel de vida da nosa rexión.

Programa

Page 11: Programa electoral · Luis Castelo

A UDC precisa desenvolver un modelo de xestión eco-nómica eficiente, próximo a todos os usuarios, que garanta que a execución orzamentaria se adapte aos obxectivos expostos e ás normas legais aplicables. Unha xestión eficiente implica un uso sistemático e aínda máis extenso das novas tecnoloxías, mais tamén a simplificación e racionalización da burocracia. Pero, ademais, resulta imprescindible adoptar algunhas me-didas de aforro que permitan liberar recursos para fins máis necesarios.

Por outra banda, a sustentabilidade da nosa univer-sidade non é posible sen unha xestión eficaz dos re-cursos humanos que inclúa medidas para mellorar as súas condicións de traballo, a súa formación e o re-coñecemento e a incentivación no desempeño da súas funcións.

A nosa proposta concrétase en medidas conducen-tes a aumentar a eficacia e a eficiencia na xestión dos recursos económicos, humanos e materiais de que dis-pón a nosa universidade.

Liña 1Transparencia e eficiencia na

xestión dos recursos

Xestión económica

Implantar medidas de eficacia, aforro e mode-ración do gasto

• Reordenar as políticas orzamentarias cara a mode-ración do gasto, a racionalización dos consumos e a captación de novos recursos

• Reestruturar o equipo de goberno reducindo o nú-mero de vicerreitorías

• Impulsar a xestión e a administración electrónica, implantando progresivamente o acceso web a to-dos os servizos e adaptando o DNI electrónico a todos os trámites administrativos, tales como auto-rexistro de documentos, petición de documenta-ción, certificados, etc

• Potenciar o papel do Consello Social na xestión económica da universidade

• Simplificar os procesos burocráticos da xestión económica impulsando as modificacións normati-vas pertinentes

• Promover que os postos de máxima responsabi-lidade administrativa dos servizos e dos centros sexan ocupados por PAS

• Desenvolver manuais de procedemento adminis-trativo que sirvan como instrumento de apoio na xestión

Page 12: Programa electoral · Luis Castelo

• Priorizar os investimentos• Racionalizar o horario de apertura e peche dos cen-

tros en datas especiais de escasa actividade aca-démica

Instaurar procedementos de transparencia, comunicación e debate

• Implantar modelos de administración participativa, impulsando o traballo en equipo

• Potenciar o debate democrático e integrador de normativas e toma de decisións

• Desalentar a indeterminación de acordos e o apra-zamento da toma de decisións

• Aumentar o apoio institucional ao Defensor Uni-versitario para o axeitado cumprimento das súas funcións de garantía de dereitos para toda a comu-nidade universitaria

• Maximizar o uso da Web da UDC para dar transpa-rencia a todos os procesos

Xestión dos recursos humanos

Incrementar a eficacia na xestión dos recursos humanos

• Definir unha Relación de Postos de Traballo (RPT) eficaz e ben dotada que responda ás necesidades actuais, fixando un calendario de execución

• Garantir orzamentariamente a carreira profesional do PDI e do PAS dotando prazas para o PDI acre-ditado, estruturando a carreira profesional do PAS e establecendo un plan de promoción e estabiliza-ción para os traballadores da UDC

• Promover o consenso no plano de funcionarización do PAS laboral

• Esclarecer os criterios para conceder a prolonga-ción da permanencia no servizo activo dos PAS

• Garantir o cumprimento dos acordos existentes e dos que se acaden no marco da negociación cos representantes dos traballadores

• Negociar a elaboración dun catálogo de competen-cias e funcións dos PAS

• Promover e defender a creación dun corpo de per-soal investigador para dotar de estabilidade laboral ao persoal do capítulo VI

• Estudar a integración do persoal do capítulo VI que desempeña tarefas administrativas no colecivo do PAS laboral

Page 13: Programa electoral · Luis Castelo

Impulsar a formación e a mobilidade

• Incentivar e promover a formación continua, a ac-tualización de coñecementos, e a formación espe-cífica adaptada ás necesidades de cada posto de traballo

• Potenciar os cursos de formación on-line• Propiciar o establecemento de convenios ou a co-

laboración con outras universidades para compartir os recursos formativos dos que, que pola súa es-pecificidade ou a súa contía, resulte difícil a orga-nización

• Revisar o acordo de mobilidade entre as universi-dades galegas que permita xestionar o proceso de forma máis áxil e eficaz

Facilitar a conciliación da vida persoal, familiar e laboral

• Establecer concertos e/ou convenios con centros especializados para facilitar que todo o persoal da UDC atenda aos seus familiares dependentes

• Potenciar a organización de talleres e actividades para os fillos de traballadores e do alumnado du-rante os períodos de vacacións escolares

• Facilitar a adaptación da xornada laboral e a flexi-bilidade horaria para persoas con cargas familiares importantes

Promover activamente actos de convivencia da comunidade universitaria coa sociedade

• Potenciar as asociacións de antigos alumnos

Manter e, no posible, reforzar o plan de acción social

• Establecer vías de participación na vida da universi-dade despois da xubilación

• Revisar a normativa sobre profesores eméritos e honorarios para posibilitar a creación dun Colexio de Profesores Eméritos e Honorarios

Xestión das infrastructuras

Potenciar a xestión sostible e ambiental das instalacións da UDC

• Elaborar un plano medioambiental de reciclaxe e uso de materiais ecolóxicos

• Rematar as obras inacabadas e reparar e mellorar as actuais realizando, onde se precise, acondicio-namentos para persoas con minusvalidez

• Adecuar e adecentar os accesos aos distintos cam-

Page 14: Programa electoral · Luis Castelo

O Plan de Financiamento do Sistema Universitario de Galicia 2011-2015 establece que parte dos fondos que se recibirán terán a súa orixe en obxectivos ligados aos resultados docentes polo que é ineludible tomar me-didas orientadas a mellorar a calidade da docencia, así como a fomentar a actualización e a innovación. Estas medidas, xunto cunha ampla oferta de estudos con de-manda que faciliten a inserción laboral e a mellora da calidade dos servizos, sentarán as bases para propor-cionar un servizo educativo diferenciado que sexa refe-rente en Galicia e convrta a UDC nun polo de atracción de estudantes que contribuirá a incrementar a capta-ción de financiamento.

As propostas que expoñemos para acadar unha me-llora da calidade na nosa universidade estrutúranse en medidas para mellorar a calidade na docencia, na oferta académica e nos nosos servizos.

Liña 2Calidade na docencia, na oferta

académica e nos servizos

pus (xardíns, sinalización, pavimentos…)• Poñer en valor todas as instalacións da UDC con

especial atención ás deportivas

Ampliar as infraestruturas do Campus de Ferrol

• Promover conxuntamente co Concello de Ferrol unha solución aos problemas de aparcadoiro no campus de Esteiro

• Impulsar a construción dun edificio que albergue un Centro Politécnico no que se impartan todas as titulacións de enxeñaría do Campus de Ferrol

Page 15: Programa electoral · Luis Castelo

Docencia de calidade

Desenvolver medidas para mellorar a calidade da docencia e incentivala e avaliala axeitada-mente

• Impulsar un modelo de ensino centrado no estu-dante, tal como se demanda na aplicación de Bo-loña, fomentando a implicación do alumnado no proceso formativo, na vida universitaria e especial-mente nas decisións que lle afectan

• Flexibilizar a organización docente para adaptala ás necesidades de cada centro e titulación

• Aumentar a autonomía de Centros, Departamentos, Institutos de Investigación na xestión académica

• Revisar o actual sistema de avaliación da actividade docente do profesorado

• Implantar un sistema de incentivos, axudas e apoio técnico para proxectos de mellora docente, elabo-ración de materiais, uso das TICs ou calquera outro proxecto de innovación da formación

• Fomentar a utilización da lingua estranxeira na en-sinanza e na aprendizaxe

• Recoñecer todas as actividades docentes do pro-fesorado: grao, proxectos, traballos fin de grao, máster, traballos de fin de máster, teses de douto-ramento, etcétera

• Simplificar a burocracia asociada á calidade docente

Mellorar e modernizar os medios materiais e os recursos destinados á docencia

• Elaborar un plan específico de medios e recursos docentes

• Mellorar o funcionamento do Campus Virtual faci-litando o seu uso

• Potenciar e incentivar a creación de contidos tanto para a auto-aprendizaxe (coleccións de exercicios, materias para ensino virtual, etcétera) como para o ensino non presencial

Oferta académica de calidade

Reorientar a Unidade Técnica de Calidade cara a un servizo de asesoramento na acreditación das novas titulacións

Dotar aos centros dos recursos humanos ne-cesarios para a xestión dos procesos de calidade das titulacións

Page 16: Programa electoral · Luis Castelo

Mellorar e ampliar a oferta académica de grao atendendo ás demandas da contorna

• Consolidar a actual oferta académica de títulos de Grao e facilitar a súa continua adaptación para co-rrixir as deficiencias que se detecten

• Implantar novas titulacións atractivas, adaptadas ás necesidades do noso mercado laboral e da nosa contorna social, facendo un estudo do seu interese e da súa viabilidade

• Fomentar e facilitar a creación de itinerarios que conduzan á obtención de dobres titulacións que atraian estudantes con interese nunha formación diferenciada e menos convencional

• Ofertar títulos conxuntos con outras universidades nacionais e estranxeiras

Realizar unha oferta atractiva de estudos de máster coordinados coa oferta de grao e coa investigación

• Manter e fomentar a creación de estudos de Máster de calidade, adaptándoos ás necesidades de cada centro

• Elaborar unha normativa que estableza as condi-cións que debe cumprir un Máster en termos de ca-lidade, nivel de esixencia e demanda social

• Estimular a participación do profesorado co pleno recoñecemento da docencia no Máster como activi-dade docente regrada para todos os efectos

• Impulsar o desenvolvemento de mestrados e pro-gramas de doutorado conxuntos con outras univer-sidades nacionais e estranxeiras

Impulsar o ciclo clínico compartido de Medici-na coa Universidade de Santiago de Composte-la ou con outra universidade do EEES

Potenciar o Campus Sénior establecendo máis cur-sos de interese

Calidade nos servizos

Reorientar a Unidade Técnica de Calidade cara a un servizo de asesoramento na certificación dos di-ferentes servizos

Deseñar unha nova páxina web da UDC

Mellorar os servizos de restauración e trans-porte

Page 17: Programa electoral · Luis Castelo

• Negociar coas autoridades responsables un mellor servizo de transporte público axeitado aos nosos horarios que ao tempo sexa eficaz e barato

• Promover un transporte colectivo eficaz entre os distintos campus da UDC

• Supervisar a calidade dos servizos de restauración e cafetería nos distintos campus

Mellorar os servizos ao alumnado

• Reorganizar o Servizo de Asesoramento e Promo-ción do Estudante (SAPE) mellorando o asesora-mento sobre bolsas, itinerarios formativos e as po-sibilidades de mobilidade no EEES

• Fundar a Páxina Web e a Revista Dixital do Estu-dantado

• Crear un Consello de Estudantes onde estean re-presentadas as distintas facultades e cada unha das Asociación de Estudantes

• Ampliar, na medida do posible, as bolsas e axudas da UDC

• Promover a creación de residencias públicas e a si-natura de convenios coas privadas tanto no campus da Coruña como no de Ferrol

• Mellorar as condicións de estudo (horarios, biblio-tecas, salas de estudo, etcétera) sen esquecer os campus periféricos

• Mellorar a oferta de cursos de linguas estranxeiras como complemento da formación

• Ofertar cursos de emprendemento para apoiar os estudantes que queiran crear novas empresas

Promover a inserción laboral dos/as estudan-tes e a súa preparación profesional

• Impulsar a firma de convenios a nivel institucional para que un número maior de estudantes poida realizar prácticas en empresas

• Crear un servizo telemático de emprego da UDC que proporcione orientación e apoio á inserción la-boral dos seus estudantes e egresados

• Proporcionar asesoría gratuíta e incentivos ao alumnado emprendedor que opte por desenvolver proxectos empresariais como medio de inserción no mercado laboral

• Potenciar e mellorar o Observatorio Ocupacional • Realizar estudos sistemáticos da inserción laboral

dos titulados da UDC• Promover a implicación do Consello social e da

Fundación da Universidad da Coruña (FUAC) na orientación e na inserción laboral do estudantado

Page 18: Programa electoral · Luis Castelo

Mellorar a oferta deportiva da UDC

• Maximizar a divulgación dos deportes que practica a comunidade académica da UDC facilitando a or-ganización de competicións e concursos, así como a participación nas competicións que xa existan a nivel autonómico ou nacional

• Ampliar e difundir os convenios da UDC para o uso de instalacións deportivas externas co fin de lograr unha oferta de actividades deportivas o máis ampla posible

• Ampliar o horario de apertura das instalacións de-portivas

• Ampliar os descontos que se aplican ao persoal da UDC polo uso de instalacións deportivas aos seus familiares directos

• Establecer un plan de mellora da calidade dos equi-pos deportivos universitarios

Page 19: Programa electoral · Luis Castelo

A UDC atravesa un proceso de profunda reestrutura-ción motivado por diversas causas, entre as que des-taca a implantación do Espazo Europeo de Educación Superior, a crecente demanda por parte das empresas e da sociedade de coñecemento e innovación que contri-búan ao desenvolvemento económico, social e huma-no, e o novo Plan de Financiamento das universidades galegas que establece fondos condicionados pola con-secución duns obxectivos específicos, medidos a tra-vés de indicadores auditados. Como consecuencia de todo iso e co fin de garantir a súa sustentabilidade, a nosa universidade ten que diversificar os seus recursos, captar fondos e aplicar distintas estratexias para invo-lucrar aos seus contribuíntes no desempeño das súas funcións. As medidas que propoñemos para diversificar recursos e ampliar a captación de fondos concrétanse nas seguintes:

Liña 3Captación de máis financiamento

publico e privado

Impulsar a captación de recursos a través das actividades de transferencia de tecnoloxía

• Promover unha regulación máis sinxela e eficaz dos contratos de transferencia de tecnoloxía con em-presas e administracións

• Facilitar a contratación de servizos de I+D+i da UDC por parte de empresas

• Recoñecer o traballo de transferencia de tecnoloxía realizado polo profesorado

• Fomentar no PDI a cultura da innovación e a trans-ferencia, apoiándoo na xestión e comercialización de patentes e na formulación da súa oferta científi-ca, tecnolóxica e humanística

• Regular, reorganizar, valorar e impulsar as activi-dades da OTRI e da Fundación da UDC garantindo a súa transparencia e eficacia

• Desenvolver unha normativa clara, sinxela e incen-tivadora da xestión de patentes da UDC

• Regular as condicións para a creación de cátedras de empresa e o desenvolvemento social e huma-nístico, establecendo convenios coas empresas e institucións en que se recollan as actividades que se desenvolverán e o procedemento de selección do director/a da cátedra en cuestión

Page 20: Programa electoral · Luis Castelo

Fortalecer o parque tecnolóxico da UDC para a promoción da transferencia de tecnoloxía

• Elaborar unha normativa para as Empresas de Base Tecnolóxica

• Establecer marcos de colaboración entre as empre-sas do parque científico e grupos de I+D+i da UDC

• Fomentar, promover e incentivar a creación de em-presas innovadoras Spin-off de Base Tecnolóxica

• Promocionar entre empresas, organizacións e ad-ministracións o catálogo de oferta tecnolóxica e de servizos, tanto das empresas do parque tecnolóxi-co como dos diferentes grupos de investigación da UDC

Crear unha oficina de proxectos de I+D+i que apoie as solicitudes de axudas de investigación

• Crear a figura de promotor da investigación, des-envolvemento e innovación

• Asesorar aos grupos de investigación de cara á súa participación en convocatorias de proxectos de I+D+i en xeral e en proxectos europeos en parti-cular

• Impulsar o lobby UDC procurando a máxima re-presentación nos organismos de financiamento da investigación e establecendo unha interlocución

directa coas axencias públicas de xestión da inves-tigación

Desenvolver un plan de captación de recursos que explore novas vías de financiamento

• Potenciar e ampliar a oferta de títulos propios e de formación permanente, e ofrecer cursos de reci-claxe profesional das especialidades presentes na UDC a empresas e organizacións

• Promover, a través do Consello Social, a colabora-ción da sociedade no financiamento da UDC

• Organizar e promover cursos de español e galego para estranxeiros

• Ofertar cursos de calidade e idiomas para as em-presas e as organizacións externas impartidos po-los expertos da nosa Unidade Técnica de Calidade e polos profesores e investigadores dos centros da UDC que traballan con linguas estranxeiras

• Planificar unha oferta atractiva de cursos de verán• Promocionar os nosos equipos deportivos para

conseguir patrocinadores• Alugar instalacións da UDC en horarios non lectivos• Crear unha rede comercial de merchandising da

UDC• Ofertar servizos clínicos, de consultoría e a reali-

zación de traballos profesionais relacionados cos

Page 21: Programa electoral · Luis Castelo

Unha universidade moderna xa non ten como princi-pal e case único obxectivo a docencia. Os labores de investigación e transferencia de tecnoloxía e coñece-mentos á sociedade e á industria toman cada vez máis importancia, até o punto de que son o eixe principal en que se basean os rankings das universidades. Non debemos esquecer que, ademais, a investigación e a transferencia constitúen unha importante fonte de fi-nanciamento. Así, para que a posición da UDC progrese nos rankings estatais e internacionais de universidades cómpre mellorar significativamente a cantidade e cali-dade dos seus resultados de investigación.

As medidas que propoñemos para acadar a excelen-cia na investigación na UDC son:

Recoñecer e incentivar o labor investigador do profesorado

• Potenciar os descontos docentes por actividades de investigación

• Incentivar e facilitar a consecución do grao de doutor/a

Liña 4Excelencia na investigación

temas en que temos expertos, respectando sempre non incorrer en competencia desleal coas empresas do ramo

• Ofertar servizos de formación e ciclos de confe-rencias a diferentes colectivos (co mesmo esquema que o da Universidade Sénior) impartidos por pro-fesorado da UDC

• Fomentar a contratación dos servizos de I+D+i da UDC e das empresas do noso parque tecnolóxico

Page 22: Programa electoral · Luis Castelo

Simplificar os procedementos burocráticos de xestión da investigación

• Reestruturar e descentralizar o Servizo de Investi-gación

• Incentivar e promover a participación do PAS na xestión da investigación

• Estudar as modificacións normativas para simpli-ficar a burocracia contable evitando a duplicidade na elaboración dos documentos e flexibilizando os procedementos de control de gasto, garantindo sempre a súa correcta xustificación

• Negociar con entidades bancarias o uso de tarxe-tas de crédito de pagamento previo con cargo a proxectos garantindo sempre a correcta execución dos seus gastos

Elaborar un plan estratéxico para o servizo de bibliotecas

• Optimizar o servizo de bibliotecas promovendo a súa transformación en Centros de Recursos para a Aprendizaxe e a Investigación (CRAI)

• Adaptar a estrutura do persoal ás liñas estratéxicas de REBIUN (Red de Bibliotecas Universitarias) for-mándoo nas novas competencias e tarefas

• Potenciar e promover accións para o desenvolve-

• Deseñar un plan de acción que axude a crear no-vos grupos de investigación naqueles centros onde hoxe non existe unha suficiente actividade investi-gadora consolidada

• Facilitar que o profesorado que ten perfil eminen-temente docente e/ou profesional se incorpore a liñas de investigación prometedoras e de interese dándolle o apoio e a orientación que precise

Incentivar aos grupos de investigación

• Incrementar a reversión dos custos indirectos nos grupos de investigación que os xeran

• Establecer programas de dotación de persoal do-cente e investigador e/ou persoal de administra-ción e servizos ligados á calidade dos grupos de investigación

• Proporcionar soporte burocrático aos grupos de in-vestigación

• Establecer un plan de xestión de espazos para ga-rantir a transparencia na súa asignación en función dos resultados de investigación

• Deseñar axudas dirixidas aos grupos emerxentes para que acaden niveis de excelencia

Page 23: Programa electoral · Luis Castelo

mento e a implantación das habilidades de infor-mación como competencias transversais no novo modelo académico do EEES

• Promover, incrementar, explotar e mellorar o acce-so a contidos e servizos electrónicos da biblioteca

A UDC é un servizo público que debe ter un impacto social non só polas súas actividades docentes e inves-tigadoras e de transferencia, senón tamén porque debe ter un compromiso co desenvolvemento social e cultu-ral da contorna. A nosa universidade debe participar e potenciar a vida cultural e deportiva da nosa contorna estreitando lazos coas organizacións sociais, as insti-tucións político-administrativas e coas outras universi-dades da nosa Comunidade Autónoma. Ademais, a UDC ten que manter e incrementar o seu compromiso coa promoción da lingua e a cultura galegas, contribuíndo ao seu prestixio e difusión.

Así mesmo, a UDC terá que pór en coñecemento da sociedade en xeral e dos seus potenciais estudantes en particular a súa capacidade para formar axeitadamente profesionais competentes e ofrecer calidade nos servi-zos que ofrece.

Neste ámbito consideramos que as medidas que te-mos que desenvolver son:

Liña 5Afianzamento dos lazos coa

sociedade e promoción da UDC

Page 24: Programa electoral · Luis Castelo

aquelas publicacións suxeridas pola comunidade científica e poderá abrir liñas de publicación máis xenéricas ou coleccións que recollan novas obras, novas tendencias e novos campos de estudo

• Establecer lazos e asinar convenios con editoriais tanto nacionais como internacionais e cos Servizos de Publicacións doutras universidades

Impulsar o interese pola ciencia, a tecnoloxía e as humanidades

• Promover actividades de difusión do coñecemen-to organizando conferencias, exposicións, días de portas abertas, concursos ou olimpíadas do coñe-cemento, entre outras

Estreitar as relacións institucionais

• Establecer o mellor marco posible para o desenvol-vemento de infraestruturas con especial énfase no que ten que ver coa regularización das obras non concluídas en diversos campus

• Fomentar e impulsar a participación nas comisións e organismos da Xunta que concirnan a asuntos re-levantes para a UDC

• Impulsar a presenza do noso profesorado nas co-misións e postos de avaliación da actividade do-

Establecer vínculos e acordos de colaboración con asociacións culturais, fundacións, museos, concellos, deputacións, colexios profesionais e demais organizacións sociais e culturais da nosa contorna

• Organizar, conxuntamente coas devanditas orga-nizacións, conferencias, visitas e outras actividades de difusión cultural, científica e tecnolóxica

• Estreitar a vinculación con todos os colexios pro-fesionais

Difundir a lingua, a cultura, a ciencia e a inno-vación galegas

• Promover o uso do galego desde a oficina de nor-malización lingüística

• Apoiar iniciativas de promoción da lingua, a cultu-ra, a ciencia e a innovación galegas fóra da comu-nidade

• Promover a difusión dos resultados científico-tec-nolóxicos dos grupos de I+D+i da UDC na prensa escrita, nos medios de comunicación audiovisuais, na web institucional, nos boletíns internos de no-ticias etcétera

• Crear un selo editorial denominado Edicións da Universidade da Coruña (EUDC) que promoverá

Page 25: Programa electoral · Luis Castelo

cente e investigadora na Xunta e no Estado• Impulsar as relacións coas universidades de Santia-

go e Vigo, coordinando accións conxuntas de cara a lograr financiamento e eficiencia, diversificando e especializando os campus

• Establecer un marco de colaboración coas univer-sidades de Santiago e Vigo para o uso conxunto de recursos específicos evitando as duplicidades neste tipo de gastos

• Promover a concesión de doutores Honoris Causa

Potenciar o compromiso coa igualdade, a co-operación e a acción humanitaria

• Promocionar o voluntariado universitario• Impulsar a formación especializada e a investiga-

ción en materias de cooperación ao desenvolve-mento e acción humanitaria

• Incrementar as medidas potenciando o desenvol-vemento de accións en materias de igualdade de xénero e de oportunidades

• Participar en plans de cooperación e axuda ao des-envolvemento

Promocionar a UDC entre os seus potenciais alumnos

• Realizar visitas de promoción da UDC aos centros de secundaria

• Establecer vínculos de comunicación frecuente cos responsables de orientación dos centros de secun-daria, facilitándolles materiais explicativos das ti-tulacións e dos servizos que ofrecemos aos nosos estudantes, garantindo así o coñecemento da nosa oferta académica e a valoración da nosa calidade

• Organizar “días de portas abertas” para que os es-tudantes dos últimos cursos de secundaria visiten laboratorios de investigación de diferentes centros da UDC

• Organizar “campamentos científicos de verán” ofer-tando cursos e obradorios eminentemente prácticos sobre diferentes temáticas científicas, tecnolóxicas e humanísticas (natureza, informática, enxeñaría, deporte, humanidades, linguas, etcétera)

Page 26: Programa electoral · Luis Castelo

Estructura de goberno

Para levar adiante o programa descrito, organizaremos a xestión da universidade segundo a seguinte estrutura de goberno:

• Reitor• Secretariado xeral• Vicerreitorías

‣ Organización e Proxección do Campus de Ferrol

‣ Relacións Internacionais, Institucionais e Difusión Cultural

‣ Estudantes, Prácticas en Empresa e Orienta-ción Laboral

‣ Economía, Planificación e Novas Tecnoloxías ‣ Investigación, Innovación e Transferencia ‣ Ordenación Académica, Persoal Docente e

Investigador e Calidade • Xerencia: un xerente e dous vicexerentes

As vicerreitorías propostas son transversais ás cinco liñas de acción do noso programa, de xeito que se fo-menta a integración do labor do goberno, garantindo a eficacia na xestión e a orientación de todos os medios ao logro dos obxectivos propostos. A Vicerreitoría do Campus de Ferrol abarca todas as liñas de acción, pois encárgase de impulsar e coordinar todas as actividades previstas no campus de Ferrol.

Page 27: Programa electoral · Luis Castelo

Luis Castedo Ribas é catedrático da Facultade de Infor-mática da Universidade da Coruña. Nacido en Santiago de Compostela en 1966, está casado e ten un fillo. Tras superar o curso selectivo das Escolas Técnicas na Uni-versidade de Santiago, trasladouse a Madrid para es-tudar Enxeñaría de Telecomunicación na Universidade Politécnica de Madrid, superando os ditos estudos en 1990 coas máis altas cualificacións. Recibiu unha bolsa do entón Ministerio de Educación e Ciencia para reali-zar os seus estudos de doutoramento, que completou en 1993 baixo a dirección do profesor Aníbal Figueiras Vidal, tamén na Universidade Politécnica de Madrid. Foi investigador visitante na University of Southern Califor-nia, EEUU, e na École Supérieure d’électricité, Francia.

En 1994 incorpórase á Universidade da Coruña como profesor titular de Universidade e en 2001 accede por oposición á praza de catedrático. Desempeñou diversos cargos de xestión na Universidade da Coruña entre os que destaca director do Departamento de Electrónica e Sistemas durante seis anos; membro da Comisión de Doutoramento durante outros seis; e coordinador do Mestrado Interuniversitario en Tecnoloxías da Informa-ción e Comunicacións en Redes Móbiles.

O candidato

Page 28: Programa electoral · Luis Castelo

versidade da Coruña máis de 4 millóns de euros, o que o levou a ser recoñecido pola Consellería de Educación como Unidade de Transferencia dentro do programa de consolidación e estruturación de unidades de investiga-ción competitivas do SUG para o ano 2007. Finalmente, é de salientar que do seu grupo xurdiu a empresa de base tecnolóxica Nomasystems S.L. que se dedica ao desenvolvemento de software de comunicacións para contornas de telefonía móbil e fixa.

Ademais da súa familia e do mundo académico, ten unha gran paixón: a música. Estudou nos conservato-rios de Santiago e “Padre Soler” de El Escorial, aínda que non chegou a rematar. Recoñece ter unha débeda de gratitude con D. Atilano Pereira Barcia, o profesor de primaria que lle ensinou a escoitar música, e con D. Francisco Comesaña, o seu profesor de violín no Es-corial. Deles aprendeu as leccións máis importantes: coñecer e amar a música como manifestación das as-piracións máis nobres e elevadas do ser humano e, por extensión, outras formas de expresión artística como a arquitectura, a pintura ou a literatura, con especial énfase na novela histórica, outra das súas grandes paixóns.

Luis Castedo amósase especialmente compracido da alta estima que os seus alumnos teñen del como do-cente, segundo o acreditan os resultados das enquisas docentes que anualmente deben cubrir os estudantes da Universidade da Coruña. No que se refire á inves-tigación, é coautor de máis de 150 artigos en revis-tas e congresos internacionais do máximo prestixio no ámbito da enxeñaría eléctrica. Dirixiu, até o momento, 10 teses de doutoramento e moitos dos seus antigos alumnos son actualmente profesores na State Univer-sity of New York (EEUU), Universidade Carlos III de Ma-drid, Universidade de Sevilla e na propia Universidade da Coruña.

É coordinador do grupo de investigación en Tecno-loxía Electrónica e Comunicacións, grupo que fundou á súa chegada á Universidade da Coruña e que actual-mente está integrado por nove profesores doutores e doce investigadores contratados/bolseiros. Con este grupo levou a cabo máis de 30 proxectos de investi-gación financiados por organismos públicos de ámbito galego, estatal e europeo, sendo director da maioría deles. Tamén asinou máis de 20 contratos de transfe-rencia de tecnoloxía con importantes empresas do sec-tor das Tecnoloxías da Información e Comunicacións (Indra, Telefónica I+D e ATOS Origin, entre outros). En total, o seu grupo de investigación captou para a Uni-