PROGRAMA ESC OLAR 17/ 18. INFANTIL E PRIMARIA Infantil e Primaria 17...Para nos visitar tedes que...

4
Queridas amigas e queridos amigos, Achegámosvos o noso programa deseñado para este curso 17/18, co que queremos convidarvos a vir coñecer, pasear e aprender neste Museo, o do Pobo, o cal cobra máis sentido coas vosas achegas e visitas. As nosas propostas divídense nas actividades dirixidas polas educadoras do departamento de Educación e Acción Cultural (DEAC) do Museo e nas Actividades Autónomas, deseñadas por nós para que podan ser dirixidas polo profesorado dentro do Museo. PROGRAMA ESCOLAR 17/ 18. INFANTIL E PRIMARIA Neste curso queremos tentar que tamén nos visitedes neses momentos do ano nos que as salas do Museo están máis libres e o alumnado pode apropiarse comodamente do espazo museístico. É por isto que de Setembro a Marzo ofrecemos actividades específicas dirixidas polo DEAC que só se desenvolverán neste período. De Setembro a Xuño , e tamén dirixidas desde o DEAC, ofrecémosvos visitas dinamizadas que seguen a apostar por unha aprendizaxe activa a partir de dinámicas lúdicas, de descubrimento e simulación. Durante todo o curso procuramos facilitar que os e as docentes, quen mellor coñecedes ao voso alumnado, sexades as persoas que teñades a dirección das actividades dentro do Museo. É por iso que ofrecemos materiais deseñados por nós para que poidades desenvolvelos co voso alumnado de maneira autónoma polas salas do Museo. Denominámolas "Actividades Autónomas". Podedes visitarnos coa modalidade de "Visita Libre" contando, se o considerades preciso, co noso asesoramento ou coas pequenas unidades didácticas que temos á vosa disposición para o aproveitamento da colección. Moitas grazas pola vosa atención. Educación e Acción Cultural MUSEO DO POBO GALEGO ( 0034)981583620 [email protected] www.museodopobo.gal Museo do Pobo Galego @MuseodoPobo Para nos visitar tedes que ter en conta: Prezo da entrada: de balde para o alumnado menor de 18 anos e para o profesorado acompañante, que deberá ser o número marcado por lei e permanecer co grupo durante toda a actividade. Prezo das actividades: de balde ao seren dirixidas polo persoal docente (visita autónoma) ou ao vir por libre. 70 céntimos por alumno ou alumna ao seren dirixidas polo DEAC. De balde para os centros socios. Horario do Museo: de martes a sábado de 10h30 a 14h e de 16h a 19h30. Domingos de 11h a 14h. Horario das actividades co DEAC: de martes a venres de 10h30 a 14h. Algunhas das propostas terán un horario específico sinalado na información concreta da actividade. Solicitudes e/ou información: podedes chamar ao 981583620 (de martes a venres de 10h a 14h30) ou escribir en calquera momento a [email protected] Reserva previa: é necesario reservar a visita cunha antelación mínima de 15 días. O espazo museístico conta cun aforo limitado e para asegurar a circulación sen problemas en salas e na escaleira helicoidal, é necesaria a reserva previa en calquera das modalidades de visita que ofrecemos.

Transcript of PROGRAMA ESC OLAR 17/ 18. INFANTIL E PRIMARIA Infantil e Primaria 17...Para nos visitar tedes que...

Page 1: PROGRAMA ESC OLAR 17/ 18. INFANTIL E PRIMARIA Infantil e Primaria 17...Para nos visitar tedes que ter en ... á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos ...

Queridas amigas e queridos amigos,

Achegámosvos o noso programa deseñado para este curso 17/18, co que queremos convidarvos a vir coñecer, pasear e aprender neste Museo, o do Pobo, o cal cobra máis sentido coas vosas achegas e visitas. As nosas propostas divídense nas actividades dirixidas polas educadoras do departamento de Educación e Acción Cultural (DEAC) do Museo e nas Actividades Autónomas, deseñadas por nós para que podan ser dirixidas polo profesorado dentro do Museo.

PROGRAMA ESCOLAR 17/ 18. INFANTIL E PRIMARIA

Neste curso queremos tentar que tamén nos visitedes neses momentos do ano nos que as salas do Museo están máis libres e o alumnado pode apropiarse comodamente do espazo museístico. É por isto que de Setembro a Marzo ofrecemos actividades específicas dirixidas polo DEAC que só se desenvolverán neste período. De Setembro a Xuño, e tamén dirixidas desde o DEAC, ofrecémosvos visitas dinamizadas que seguen a apostar por unha aprendizaxe activa a partir de dinámicas lúdicas, de descubrimento e simulación. Durante todo o curso procuramos facilitar que os e as docentes, quen mellor coñecedes ao voso alumnado, sexades as persoas que teñades a dirección das actividades dentro do Museo. É por iso que ofrecemos materiais deseñados por nós para que poidades desenvolvelos co voso alumnado de maneira autónoma polas salas do Museo. Denominámolas "Actividades Autónomas". Podedes visitarnos coa modalidade de "Visita Libre" contando, se o considerades preciso, co noso asesoramento ou coas pequenas unidades didácticas que temos á vosa disposición para o aproveitamento da colección.

Moitas grazas pola vosa atención.

Educación e Acción Cultural MUSEO DO POBO GALEGO

( 0034)981583620 [email protected]

www.museodopobo.gal Museo do Pobo Galego @MuseodoPobo

Para nos visitar tedes que ter en conta: Prezo da entrada: de balde para o alumnado menor de 18 anos e para o profesorado acompañante, que deberá ser o número marcado por lei e permanecer co grupo durante toda a actividade. Prezo das actividades: de balde ao seren dirixidas polo persoal docente (visita autónoma) ou ao vir por libre. 70 céntimos por alumno ou alumna ao seren dirixidas polo DEAC. De balde para os centros socios. Horario do Museo: de martes a sábado de 10h30 a 14h e de 16h a 19h30. Domingos de 11h a 14h. Horario das actividades co DEAC: de martes a venres de 10h30 a 14h. Algunhas das propostas terán un horario específico sinalado na información concreta da actividade. Solicitudes e/ou información: podedes chamar ao 981583620 (de martes a venres de 10h a 14h30) ou escribir en calquera momento a [email protected] Reserva previa: é necesario reservar a visita cunha antelación mínima de 15 días. O espazo museístico conta cun aforo limitado e para asegurar a circulación sen problemas en salas e na escaleira helicoidal, é necesaria a reserva previa en calquera das modalidades de visita que ofrecemos.

Page 2: PROGRAMA ESC OLAR 17/ 18. INFANTIL E PRIMARIA Infantil e Primaria 17...Para nos visitar tedes que ter en ... á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos ...

PARA INFANTIL:

Raposadas. A raposa é moi lista, é moi curiosa. Gústalle vivir libre no monte mais tamén achegarse

á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos que lles contan na lareira. Raposadas é un espectáculo de contos de tradición oral con obxectos e monicreques que nos levará

polo Museo da man da narradora Raquel Queizás.

PARA PRIMARIA:

Tramando Fíos. O proceso de elaboración do tecido a partir do liño e a lá constitúe a base dunha

actividade teórico-práctica na que nenas e nenos poderán cruzar trama e urdime en teares infantís onde elaborar a súa propia tea.

• Destinado ao alumnado de 3º de Educación Primaria.

• Máximo de participantes por sesión: 25

• Temporalización: 70 minutos.

• Datas: a concretar co centro interesado.

Apeiros. “Para que serven as mans?” Con esta pregunta comezamos un percorrido polo Museo da

man do narrador Celso Fernández Sanmartín a partir de distintos obxectos expostos como apeiros

nas salas do Museo. Traballaremos coa curiosidade e a participación buscando unha aprendizaxe significativa.

• Destinado ao alumnado de 4º, 5º e 6º de Primaria.

• Máximo de participantes por sesión: 25

• Temporalización: 70 minutos.

• Hora de comezo: 11h.

• Datas: Martes 24 e 31 de Outubro; 7, 14, 21 e 28 de Novembro.

ACTIVIDADES DEAC DE SETEMBRO A MARZO

• Destinado ao alumnado de Infantil de 3 e 4 anos.

• Máximo de participantes por sesión: 25

• Temporalización: 50 minutos.

• Hora de comezo: 11h.

• Datas: Xoves 18 e 25 de Xaneiro; 1, 8 e 22 de Febreiro; 1, 15 e 22 de Marzo.

Page 3: PROGRAMA ESC OLAR 17/ 18. INFANTIL E PRIMARIA Infantil e Primaria 17...Para nos visitar tedes que ter en ... á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos ...

Todas as propostas teñen o máximo de 25 participantes e a duración aproximada de 60 minutos.

ACTIVIDADES DEAC DE SETEMBRO A XUÑO

PARA INFANTIL

Xogos Bailados. A través dun xogo de roda que

leva asociado coreografías e cantigas, os cativos e cativas poden facer o seu primeiro achegamento ao Museo do Pobo Galego. Recomendado para nenos e nenas a partir dos 4

anos.

PARA 6º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Oleiras e teceláns. Un xogo de

descubrimento polas salas no que traballaremos os sistemas de produción revelando a natural presenza das mulleres nas actividades económicas da sociedade tradicional que, habitualmente consideramos e tratamos só como masculinas. Unha estratexia para tratar de rachar cos estereotipos construídos socialmente.

PARA 1º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Canta Adiviña. Unha actividade de descubrimento a

través de adiviñas, sons e cancións onde o alumnado se envolverá nos instrumentos tradicionais.

PARA 2º E 3º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Da vara ao carabelo. Unha visita obradoiro na que o alumnado terá

contacto con saberes e técnicas do patrimonio náutico e pesqueiro promovendo o respecto e o coidado polo medio mariño. Simularemos un mar con diferentes especies de peixes a tamaños reais que haberá que pescar con pequenas canas montadas con liña. Despois clasificarémolo segundo as especies e os tamaños, rexeitando aqueles que non sexan comerciais.

PARA 4º E 5º DE EDUCACIÓN PRIMARIA

Ferramentas… en mimo! Coa entrega descontextualizada dunha

ferramenta de traballo e algúns elementos relacionados, o alumnado deberá deducir que oficio teñen entre mans e, a través do mimo, transmitirllo ao resto dos e das compañeiras. Trabállanse temas como tradición ou artesanía, as materias primas máis usadas, á vez que a comprensión, o aspecto lúdico e creativo da comunicación e a expresión corporal.

Page 4: PROGRAMA ESC OLAR 17/ 18. INFANTIL E PRIMARIA Infantil e Primaria 17...Para nos visitar tedes que ter en ... á aldea para ver xogar ás nenas e aos nenos e escoitar os contos ...

Son aquelas que dirixides o persoal docente dentro do propio Museo usando materiais subministrados polo departamento a través da páxina web ou do correo electrónico. Desde o DEAC recomendamos que a duración das actividades non supere os 50' e o grupo non sexa maior de 25 participantes, mais a decisión final será do profesorado que dirixa a actividade. En ningún caso os grupos poderán ser maiores de 45 pax, por motivos de circulación e seguridade.

PARA INFANTIL

PARA 3º e 4º de PRIMARIA

123, Museo en test. Xogo tipo test que consiste en resolver un cuestionario sobre os contidos das

salas do Museo. Practícase a busca e organización de información, o traballo cooperativo ou a orientación.

Existe unha versión para 5º e 6º de Primaria.

Coscobellos ao Cesto. Un xogo que quere achegar aos e ás

máis pequenas ao mundo simbólico galego. Para isto escollemos ao “coscobello”, un personaxe moi escorregadizo, tanto que para atrapalo precisaremos de moito tino e uns cantos trucos que aprenderedes polo Museo.

ACTIVIDADES AUTÓNOMAS DE SETEMBRO A XUÑO

PARA 1º e 2º PRIMARIA

A historia de Rosa. Un conto narrado cunha

dinámica de xogo de pistas que nos levará a coñecer algo máis sobre Rosa, unha embarcación tradicional galega.

PARA 5º e 6º de PRIMARIA

Remuíño de pistas. Percorrido lúdico

pola colección do Museo onde o alumnado poderá descubrila cunha dinámica de xogo de

pistas.

Con vento mareiro. Actividade ao redor

da cultura mariñeira centrada nas embarcacións e a explotación tradicional dos recursos mariños.

Recomendado para 6º de primaria