Programa excepcional de emprego

2
Traballamos para ti SERVICIO PÚBLICO DE EMPLEO ESTATAL Trabajamos para ti No Servicio Público de Empleo Estatal traballamos en colaboración coas CC. AA. e os Axentes Sociais e Económicos para facilitar xestións relativas ao emprego, tanto á cidadanía como ás empresas. Coa reforma das Políticas Activas de Emprego queremos contribuír á redución do desemprego e ao incremento da actividade da economía española. Que normativa se aplica? Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro, de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas. (B.O.E. núm. 37, do 12 de febreiro de 2011) Programa excepcional de emprego para a transición cara á contratación estable Para máis información: Servicio Público de Empleo Estatal Cidadanía 901 11 99 99 Empresas 901 01 01 21 www.sepe.es www.redtrabaja.es NIPO: 794-11-061-4 Catálogo de publicacións da Administración Xeral do Estado: http://publicacionesoficiales.boe.es

description

Programa excepcional de emprego para a transición cara a contratacion estable

Transcript of Programa excepcional de emprego

Page 1: Programa excepcional de emprego

Traballamos para ti

SERVICIO PÚBLICO DE EMPLEO ESTATALTrabajamos para ti

No Servicio Público de Empleo Estatal traballamos en colaboración coas CC. AA. e os Axentes Sociais e Económicos para facilitar xestións relativas ao emprego, tanto á cidadanía como ás empresas.

Coa reforma das Políticas Activas de Emprego queremos contribuír á redución do desemprego e ao incremento da actividade da economía española.

Que normativa se aplica?

Real decreto lei 1/2011, do 11 de febreiro,de medidas urxentes para promover a transición ao emprego estable e a recualificación profesional das persoas desempregadas.

(B.O.E. núm. 37, do 12 de febreiro de 2011)

Programaexcepcional deemprego para atransición caraá contratación

estable

Para máis información:Servicio Público de Empleo Estatal

Cidadanía

901 11 99 99 Empresas

901 01 01 21www.sepe.eswww.redtrabaja.es

NIPO: 794-11-061-4Catálogo de publicacións da Administración Xeral do Estado:http://publicacionesoficiales.boe.es

Page 2: Programa excepcional de emprego

Programa excepcional de emprego para a transición cara á contratación estable (contrato a tempo parcial)

OBXECTIVO

INCENTIVOS

DESTINO DOS INCENTIVOS

CARACTERÍSTICAS BÁSICAS

DURACIÓN DO PROGRAMA

PERSOAS BENEFICIARIAS

Impulsar a contratación a tempo parcial de mocidade desempregada e persoas desempregadas de longa duración, mediante reducións na cota empresarial á Seguridade Social.

Redución das cotas empresariais á Seguridade Social durante o primeiro ano de vixencia do contrato. Esta redución será do 100% se o contrato se realiza por empresas cuxo cadro de persoal sexa inferior a 250 persoas, ou do 75%, no suposto de que a empresa contratante teña un cadro igual ou superior a esa cifra.

O contrato a tempo parcial poderá ser indefinido ou temporal de polo menos seis meses de duración e deberá ter unha xornada que oscile entre o 50% e o 75% da dunha persoa traballadora a tempo completo.

O programa poderá aplicarse aos contratos de traballo, destas características, que se establezan entre o 13 de febreiro de 2011 e o 12 de febreiro de 2012.

Poderase realizar con calquera contrato indefinido, temporal, de duración determinada e tamén cos contratos en prácticas.

O contrato a tempo parcial, acollido a esta medida, non poderá realizarse:

3Nos contratos de relevo e interinidade.

3Nos contratos de formación.

3Nos contratos de substitución por anticipación da idade de xubilación.

A transformación en indefinidos dos contratos temporais, de duración determinada ou de prácticas, con duración inicial prevista igual ou superior a 6 meses, antes do transcurso dun ano da súa celebración, dará dereito:

3Á aplicación de bonificacións se a persoa traballadora pertence no momento da contratación inicial a colectivos con dereito a bonificación.

3Aos incentivos regulados no Contrato para o Fomento da Contratación Indefinida.

3As empresas.

3Os autónomos que contraten a outras persoas coas características dalgún dos colectivos beneficiarios.

3As Sociedades Laborais e Cooperativas que incorporen persoal como socios traballadores

ou de traballo, dados de alta na Seguridade Social como traballadores por conta allea.

Os contratos acollidos a esta medida deben dar lugar a un incremento no cadro de persoal neto da empresa.

Persoas desempregadas, inscritas ininterrompidamente nas correspondentes Oficinas de Emprego polo menos desde o 1 de xaneiro de 2011, e que pertenzan a algún destes colectivos:

3Mocidade con idade igual ou inferior a 30 anos.

3Persoas desempregadas que leven polo menos 12 meses inscritas nas Oficinas de Emprego, no período dos 18 meses anteriores á súa contratación.